Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano...

18
Os continentes 1. Que continentes aprecias na ilustración? 2. Que accidentes xeográficos recoñeces nestes continentes? 3. Cita o nome dun río europeo, unha cordilleira americana e un pico asiático. CUESTIÓNS

Transcript of Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano...

Page 1: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Os continentes

1. Que continentes apreciasna ilustración?

2. Que accidentesxeográficos recoñeces nestescontinentes?

3. Cita o nome dun ríoeuropeo, unha cordilleiraamericana e un pico asiático.

CU

EST

IÓN

S

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página76

Page 2: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Os continentes

A terra está formada por seis continentes: Europa, África, Asia,América, Oceanía e A Antártida. Todos teñen cadansúas característi-cas únicas. Así, por exemplo:

� Todo o territorio de Europa atópase no hemisferio norte.� A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de

Cáncer e o de Capricornio.� Asia está formada por territorio continental e por illas.� América é o único continente que case se estende desde o polo Nor-

te ata o polo Sur.� Oceanía está composta exclusivamente por illas.� No centro da Antártida sitúase o polo Sur. As condicións climá-

ticas deste continente son moi adversas.

Actividades

Observa o mapa e responde no teu caderno:

a) Que continentes atravesa o ecuador?

b) Cales se sitúan só no hemisferio sur?

c) Que dous continentes separan os montes Urais?

d) A que continentes rodean os seguintes mares e océanos: océano Atlánti-co, océano Índico, océano Pacífico e mar Mediterráneo?

e) Que continentes separa o mar Mediterráneo?

1

1

Os continentes 77

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página77

Page 3: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Europa

Despois de Oceanía, Europa é o continente máis pequeno da Terra.Posúe unha ampla liña de costa e está bañado polos océanos Glacial Árti-co e Atlántico e polo mar Mediterráneo. Ademais, ten numerosas illas(Islandia, illas Británicas, illas Baleares, Córsega, Sardeña, Sicilia e Creta,entre outras) e penínsulas1 (Ibérica, Itálica, Balcánica, Escandinava e deIutlandia), ademais dun mar interior (Negro).

2

UNIDADE 578

1península: extensión de terra rodeadade auga agás unha zona que está uni-da a outro territorio máis amplo.

2vertente: Superficie por onde discorrenos ríos que verten as augas no mar.

A maior parte do territorio europeo é chan. Existenalgunhas montañas de grande altura, coma o monteElbrus (5 633 m), situado na cordilleira do Cáucaso. Asprincipais formas de relevo europeo son as que seguen:

� Macizos ou montañas antigas. Son cordilleiras des-gastadas pola erosión que non superan os 2 000 m dealtitude. Destacan as montañas de Irlanda, Escocia,Galicia e o Macizo Central francés.

� Montañas novas. A súa formación é máis recente caa dos macizos e teñen unha altitude elevada. Pode-mos sinalar os Pireneos, os Alpes, os Cárpatos...

� Chairas. Sobresae a Gran Chaira Europea, que per-corre o centro do continente de oeste a leste.

As costas europeas presentan numerosos entrantese saíntes.

Por outra banda, os ríos poden clasificarse segundo assúas vertentes2:

� Vertente ártica. Son ríos longos que están xeados ameirande parte do ano. Destacan o Pechora e o Dvi-na Setentrional.

� Vertente atlántica. Os ríos son curtos e de caudalconstante. Citaremos o Vístula, o Oder, o Elba…

� Vertente mediterránea. Os ríos son curtos e decaudal irregular. O Ródano e o Po pertencen a estavertente.

� Vertentes do mar Caspio e do mar Negro. Son ríos lon-gos e regulares. Destacan o Volga e o Danubio.

Os lagos de Europa son de tamaño medio ou reducido;entre eles podemos nomear o Ladoga, o Onega, oVänern, o Leman (ou de Xenebra) e o Constanza.

O relevo e as augas continentais

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página78

Page 4: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Actividades

Observa o mapa da páxina anterior e contesta as preguntas ou realiza asactividades:

a) Cales son as maiores illas de Europa?

b) Cita os principais mares e océanos que bañan as costas europeas.

c) Localiza os montes Elbrus, Mont Blanc e Gerlachovsky. Indica no teucaderno que altura teñen e en que cordilleira se sitúan.

Que medios naturais predominan en Europa? Coa axuda dun atlas, expli-ca que medios naturais son máis extensos en Francia, Noruega, Ucraína eGrecia.

3

2

Os continentes 79

Os medios naturais

1lemming: roedor que habita no nortede Europa e nalgunhas zonas de Asia eAmérica.

Medio natural Clima Vexetación Fauna

Medios de climastemperados

Bosque e matomediterráneos

Mediterráneo Aciñeira, sobreira, tomiño, xara… Lince, coello, voitre…

Bosque caducifolio OceánicoFaia, carballo… campiñasoceánicas

Cervo, oso, esquío…

Bosque de coníferas Continental Abeto, piñeiro albar… Alce, reno…

Prados e estepa Continental Herbas Aguia esteparia…

Medios de climasfríos

Tundra PolarBrión, liques, bidueiras,salgueiros…

Lemming1, lebreártica…

Alta montaña De alta montaña Diversificada segundo a altitude Cabra montesa, rebezo…

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página79

Page 5: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

África

África é o terceiro continente máis grande do mundo, despois de Asiae América. Forma un bloque compacto que se ensancha na metade nor-te e estréitase e alóngase na metade sur.

As illas constitúen menos do 2% da súa superficie. A máis grande éMadagascar.

Actividades

Observa o mapa e escribe no teu caderno:

a) O nome dos mares e océanos que bañan as costas de África.

b) O nome de tres illas situadas arredor do continente africano.

c) O nome dun golfo e un cabo africanos.

En que zona deste continente predominan as montañas? E as chairas?

Relaciona cada un destes nomes cunha meseta, un lago ou un río africa-nos: Turkana, Níxer e Darfur.6

5

4

3

UNIDADE 580

1depresión: zona afundida sobre a quese foron depositando materiais dandolugar a un relevo plano.

2fosa tectónica: zona afundida orixina-da por unha fractura do terreo.

O trazo máis salientable do relevo afri-cano é a existencia de numerosas me-setas que están formadas por materiaisantigos. Entre elas existen depresiónspolas que discorren ríos como o Con-go.

Ademais, en África existen outras for-mas de relevo:

� Cadeas montañosas. Destaca a cordi-lleira do Atlas (ao noroeste), formadapor montañas novas e elevadas; e osmontes Drakensberg, ao sudoeste,de menor altitude e constituídos pormateriais antigos.

� Rift Valley. É unha gran fosa tectó-nica2 situada ao sueste e ocupada porlagos.

Nos arredores atópanse os cumesmáis elevados de África: o monte Ke-nia e volcáns como o Kilimanjaro.

� Chairas. Localízanse no fondo de RiftValley e das depresións, pero, sobretodo, na costa.

As costas son pouco accidentadas, é di-cir, con escasos entrantes e saíntes.

Destacan as penínsulas de Cirenaica ede Somalia, e o golfo de Guinea.

O relevo

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página80

Page 6: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Actividades

Cita un río africano que desaugue no mar Mediterráneo e outros tres queo fagan no océano Atlántico.

Que medios naturais predominan en África? Por que non existen bosquesde coníferas ou caducifolias?8

7

Os continentes 81

Os ríos distribúense en tres verten-tes:

� Mediterránea. Son ríos curtos ede caudal escaso ou irregular.Unha excepción é o río Nilo(6700 km), o río máis longo doplaneta.

� Atlántica. Algúns ríos, como oGambia, son relativamentecurtos; outros, coma o Níxer eo Congo, son moi longos. Estesúltimos contan con numerososafluentes.

� Índica. Estes ríos adoitan sermáis curtos ca os da vertenteatlántica. Destacan o Zambezi eo Limpopo.

En África tamén existen numero-sos lagos; algúns sitúanse en RiftValley.

Os lagos africanos máis salientablesson:

� O Malawi, o Tanganika e o Tur-kana, que son estreitos e alon-gados.

� O Victoria (onde nace o Nilo) e oChad (situado en África central).Ambos os dous lagos son an-chos.

As augas continentais e os medios naturais

Medio natural Clima Vexetación Fauna

Medios de climascálidos

Selva e bosque tropical Ecuatorial Bosque denso Gorila, mandril…

Sabana Tropical chuvioso Herbas altas, baobab, acacia… Xirafa, cebra, león…

Pradaría e estepa Tropical seco Herbas baixas Gacela, avestruz…

Deserto cálido Desértico Herbas e matogueira espiñenta Camelo, alacrán…

Medios de climastemperados

Bosque e matomediterráneos

Mediterráneo Oliveira, figueira… Lobo, raposo…

Medios de climasfríos

Alta montaña De alta montaña Diversificada segundo a altitudeGorila das montañas…

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página81

Page 7: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Asia

Asia é o continente máis extenso da Terra. Presenta numerosaspenínsulas: a de Anatolia, a Arábiga, a do Indostán e a de Kamchatka,entre outras.

Os arquipélagos1 e illas localízanse ao leste e ao sur-leste; a maiorparte das illas son de orixe volcánica e nelas prodúcense terremotos fre-cuentemente. Destacan os arquipélagos de Xapón e Filipinas, así como ailla de Formosa (Taiwán), Borneo, Sumatra, Xava e Sri Lanka.

4

UNIDADE 582

As principais formas do relevo asiático son:

� As chairas. No norte atópanse as de Siberia Occiden-tal e Siberia Setentrional; nas zonas leste e sur, aschairas aluviais2, que ocupan o curso baixo de gran-des ríos.

� Mesetas. Destacan a de Siberia Central (no norte), ade Irán (no oeste), pero sobre todo as de Mongolia,Tíbet e Pamir (no centro). Nestas tres últimas as alti-tudes poden superar os 5 000 m.

� Sistemas montañosos. Están situados no centro eno oeste do continente.

Entre eles destaca a cordilleira do Himalaia, que for-ma parte dun gran arco montañoso que se estendedesde a península de Anatolia (no oeste) ata a deIndochina (no sueste). Nesta cordilleira atópase oEverest (8 848 m), o cume máis alto da Terra.

As costas de Asia son baixas e lamacentas no noroeste emáis accidentadas no leste.

O relevo

1arquipélago: conxunto de illas que es-tán próximas entre elas.

2chaira aluvial: é aquela que se formapolo arrastre de terra, area e pedrasdebido ás fortes chuvias ou a enxu-rradas.

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página82

Page 8: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Actividades

Observa o mapa de Asia da páxina anterior e indica no teu caderno:

a) Que océanos e mares rodean este continente?

b) Cal é o pico máis elevado de Asia? A que cordilleira pertence?

c) Localiza a illa de Sumatra e a península do Indostán. Que medios naturaisexisten neses territorios?

9

Os continentes 83

Os ríos asiáticos organízanse entres vertentes:

� Ártica. Son ríos moi longos. So-bresaen o Obi, o Ienisei e o Le-na.

� Pacífica. Estes dous ríos au-mentan o seu caudal no verándebido ao desxeo e ás chuviasdos monzóns.

Destacan os ríos Amur, Huang-He, Yangtsé e Mekong.

� Índica. Destacan o Ganxes e oIndo, que tamén incrementan oseu caudal no verán a causa dosmonzóns.

A esta vertente pertencen taméno Tigre e o Éufrates, que posú-en o maior caudal no inverno ena primavera polas chuvias e odesxeo.

Entre os lagos salientaremos o Bai-kal. Ademais, existen varios maresinteriores: mar de Aral, mar Caspioe mar Morto; este último é opunto máis baixo da Terra (395 m)por debaixo do nivel do mar.

As augas continentais e os medios naturais

Medio natural Clima Vexetación Fauna

Medios de climascálidos

Selva, bosque tropical e sabana

Ecuatorial, tropical e chuvioso

Bosque denso e de herbas altas

Aves, insectos, réptiles…

Bosque monzónico Monzónico Ficus, teca… Elefante, tigre…

Deserto cálido Desértico Escasa Camelo, réptiles…

Medios de climastemperados

Bosque e matomediterráneos

Mediterráneo Aciñeira, coníferas… Réptiles, lobo…

Bosque de tipo chinés Chinés Piñeiro, carballo… Cervo, lobo…

Bosque caducifolio Oceánico Carballo, olmeiro… Cervo, oso…

Bosque de coníferas Continental Abeto, piñeiro… Reno, cervo…

Pradaría e estepa Continental Herbas Roedores…

Deserto frío Desértico (con invernos fríos) Matogueiras, herbas… Camelo, cabalo…

Medios de climasfríos

Tundra Polar Brión, liques Reno, alce, oso…

Alta montaña De alta montaña Diversificada Cabra montesa…

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página83

Page 9: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

América

América é o segundo continente máis grande da Terra. Podemosdiferenciar tres grandes áreas: América do Norte, América Central eAmérica do Sur. A maioría das illas sitúanse no norte e no centro: Terra-nova, Cuba, Xamaica... (océano Atlántico) e as illas Aleutianas e Vancou-ver (océano Pacífico); en América do Sur destacan as Galápagos (océanoPacífico) e as Malvinas (océano Atlántico).

5

UNIDADE 584

Por áreas xeográficas, o relevo deAmérica mostra as seguintes ca-racterísticas:

� América do Norte. Presentamacizos antigos, amplas zonasmoi erosionadas que forman ca-deas montañosas, como os mon-tes Apalaches. As chairas máisextensas son as que percorrenos ríos Mackenzie e Mississippi.As cordilleiras novas, como asMontañas Rochosas e SerraMadre, son de elevada altitude.Hai volcáns elevados coma o Po-pocatépetl e o Orizaba.

� América Central. Na zona conti-nental, o relevo é montañoso eamosa numerosos volcáns.

Na zona insular existen illas chás,como Cuba; outras, como a Espa-ñola, son máis montañosas. Al-gunhas teñen orixe volcánica,como Martinica e Guadalupe.

� América do Sur. Posúe maci-zos antigos moi erosionados,como o das Guayanas e a Mese-ta Brasileira; chairas moi amplas,coma os Chans do Orinoco, aChaira Amazónica, o Gran Chacoe a Pampa.

No oeste desta área localízaseunha cordilleira nova, os Andes,con máis de 7 000 km de lonxi-tude; nela atópase o pico máisalto de América, o Aconcagua,ademais de numerosos volcáns.

As costas americanas presentancontrastes: a ártica é moi recorta-da, a atlántica ten moitos entran-tes e saíntes e a pacífica é a máisalta e rectilínea.

O relevo

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página84

Page 10: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Actividades

Observa o mapa da páxina anterior e indica que océanos e mares rodeanas illas e o continente americano.10

Os continentes 85

Os ríos americanos clasifícanse entres vertentes:

� Ártica. Os ríos desta vertente,como o Mackenzie, permanecenxeados no inverno.

� Atlántica. Son ríos longos e moicaudalosos. Entre eles destacano Saint Lawrence, o Mississippi,o Orinoco, o Paraná e o Amazo-nas; este último é o río máiscaudaloso do mundo.

� Pacífica. Agás o Colorado, oColumbia e mais o Yukon, sonríos curtos porque nacen nasmontañas próximas á costa.

En América atópanse algúns doslagos máis grandes do planeta.

En América do Norte son moi nu-merosos e de gran tamaño: GranLago do Oso, Gran Lago do Escra-vo, Winnipeg e o grupo dos Gran-des Lagos.

En América Central sitúase o lagoNicaragua, e en América do Sur, oTiticaca..

As augas continentais e os medios naturais

Medio natural Clima Vexetación Fauna

Medios de climascálidos

Selva e bosque tropical Ecuatorial Bosque denso Mono, térmites, tapir, xaguar…

Sabana Tropical chuvioso Herbas altas, acacias… Puma, gacela…

Pradaría e estepa Tropical seco Herbas e mato Guanaco…

Deserto Desértico Cactos, mato… Coiote, correcamiños…

Medios de climastemperados

Bosque e matomediterráneos

Mediterráneo Aciñeira, mato… Xabarín americano, lobo…

Bosque de tipo chinés Chinés Faia, carballo, loureiro… Cervo, gato montés…

Bosque caducifolio Oceánico Carballo, faia, coihué… Oso, esquío, pudú…

Bosque de coníferas Continental Coníferas e pradarías Alce, mapache…

Pradaría e estepa Continental Herbas e mato Bisonte, cabalo salvaxe…

Medios de climasfríos

Tundra PolarLíques, brión,matogueira baixa…

Oso polar, lebre americana…

Alta montaña De alta montaña Diversificada Llama, cóndor…

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página85

Page 11: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Oceanía

Este continente está situado no hemisferio sur ao sueste de Asia; é ode menor tamaño, xa que só representa o 6% da superficie terrestre. Estáformado por unha grande illa, Australia, e varios arquipélagos: NovaZelandia, Nova Guinea, Melanesia, Micronesia e Polinesia.

6.1. AustraliaDebido á súa grande extensión, esta illa pódese considerar un peque-

no continente, xa que o seu territorio representa o 89% de Oceanía. Estábañada polo océano Índico (ao sur e ao oeste) e polo océano Pacífico (aonorte e ao leste). As principais unidades do relevo australiano son asseguintes:

� Unha extensa meseta, que ocupa a metade oeste da illa, na queexisten grandes desertos: o Gran Deserto de Area, no norte, e oGran Deserto Victoria, no sur.

� Un conxunto de chairas, situadas no centro da illa, que constitúena rexión da Gran Cunca Artesiana.

� A Gran Cordilleira Divisoria, que bordea a costa oriental austra-liana na que se encontra o pico máis alto de Australia: o Kosciusco(2 230 m).

As costas australianas caracterízanse por ter escasos entrantes esaíntes: no norte destacan o golfo de Carpentaria e a península de CaboYork, e no sur, a Gran Baía Australiana.

Entre os ríos sobresaen o Murray e o seu afluente máis destacado, oDarling. Existen lagos como o Eyre, que é de auga salgada.

6

UNIDADE 586

Actividades

Que mares e océanos rodeanAustralia?

É Australia unha illa montaño-sa? Por que?

Cita algún entrante e saíntedas costas australianas.13

12

11

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página86

Page 12: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

6.2. Outras illas de OceaníaNova Zelandia é un arquipélago situado ao sueste de Australia que

está formado pola illa Norte, a illa Sur e outras illas próximas de menortamaño.

O relevo de Nova Zelandia caracterízase pola presenza de numerososvolcáns na illa Norte; e montañas como os Alpes Neocelandeses que per-corren a illa Sur. Neste arquipélago destacan accidentes costeiros como asbaías de Plenty e Canterbury. Os ríos son curtos e só existen lagos na illaSur.

Nova Guinea está situada ao norte de Australia e é unha illa moimontañosa; os cumes máis altos chegan aos 5 000 m. O accidente cos-teiro máis destacado é o golfo de Papúa. En Nova Guinea os ríos taménson curtos.

Os continentes 87

P r e s t a a t e n c i ó n

Os arquipélagos menoresEn Oceanía tamén se atopan os ar-quipélagos de Micronesia, Melane-sia e Polinesia, que son de orixe vol-cánica ou coralina e localízanse noocéano Pacífico (entre os trópicos deCáncer e Capricornio).

Os medios naturais de Oceanía

Medio natural Clima Vexetación Fauna

Medios de climascálidos

Selva e bosque tropical Ecuatorial Bosque denso, manglares… Lagarto, tartaruga, pap…

Sabana Tropical chuvioso Eucaliptos, acacias… Canguro, coala…

Pradarías e estepas Tropical seco Eucaliptos de escasa altura, acacias… Réptiles…

Deserto cálido Desértico Herbas, matogueira… Demo espiñento…

Medios de climastemperados

Bosque e matomediterráneos

Mediterráneo Mato Réptiles, roedores…

Bosque de tipo chinés Chinés Faia, coníferas Morcego…

Medios de climasfríos

Alta montaña De alta montaña Diversificada segundo a altitude Ave do paraíso…

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página87

Page 13: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

A Antártida

Este continente, situado no hemisferio sur (a máis de 60° de latitudesur), encóntrase circundado polo océano Glacial Antártico. Esta consti-tuído por unha gran masa continental e múltiples illas; case toda asúa superficie está cuberta por unha capa de xeo que ten unha espesu-ra media de 2 000 m. Ás veces, dela despréndense bloques de xeo degrandes dimensións (icebergs), que flotan no océano.

Actividades

Por que non existen nin ríos nin lagos na Antártida?

Que pode pasar cando un barco se encontra cun iceberg?

Observa o mapa e responde no teu caderno:

a) Que mares e océanos rodean a Antártida? Que unidades de relevo desta-can?

b) Como son as costas da Antártida?

7

16

15

14

UNIDADE 588

A metade occidental da Antártida é montañosa e conta con numerososvolcéns. Nesta zona atopamos a maior elevación do continente, o monteVinson (4 897 m). A metade oriental do continente está formada por ele-vadas mesetas; as costas son moi recortadas.

Debido ás súas baixas temperaturas, a Antártida non ten nin ríos ninlagos.

O relevo

0º 20º E 40º E

60º S

80º E

100º E

120º E

140º E160º E180º160º O140º O

120º O

100º O

80º O

60º O

40º O 20º O

60º S

60º EO

AN

O

P A C Í F I C O

POLO SUR

Erebus3 794 Terra

Vitoria

Terra daPrincesa Isabel

Terra deEnderby

Terra daRaíña Maud

Terra de Palmer

Terra deMaría Byrd

Terra

deW

ilkes

CORDILLEIRATRANSANTÁRTICA

Vinson4 897

Pen.Antártica

Plataformade xeo de Ross

Plataformade xeo de Ronne

Scott(N. Zelanda) McMurdo

(EE UU)

Dumont d’Urville(Francia)

Casey(Australia)

Mirmy(Fed. de Rusia)

Vostok(Fed. de Rusia)

Amundsen-Scott(EE UU)

Mawson(Australia)

Molodezhnaia(Fed. de Rusia)

Sanae(Rep. de Suráfrica)

General Belgrano(Arxentina)

Halley Bay(R. Unido)

O’Higgins(Chile)

Juan Carlos I(España)

Palmer(EE UU)

Gabriel de Castilla(España)

círculo polar antártico

círculo polar antártico

OC

É ANO

A T L Á N T I C OO C É A N O

ÍND

I CO

Cabo Adare

Cabo Ann

Mar deWeddell

Mar deAmundsen

Mar deRoss

OC

ÉA

NO

G L A C I A L A N T Á R T I C O N

1 000 km0

1 :64 390 000Base científica

A altura da Antártida

A Antártida é o continente demaior altura do mundo, cunha me-dia de 2 650 metros. Deste xeito, apaisaxe, a diferenza de monotoníada chaira do polo Norte, vese suca-da por cadeas montañosas.

AA. VV.Geografía universal

Salvat (Adaptación)

1. Segundo di o texto, que dife-rencia o polo Sur do polo Norte?

2. Coa axuda dun atlas, indicaque océano rodea cada un dospolos.

Le e comenta

Montes Ellsworth (Antártida).

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página88

Page 14: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Actividades

Investiga se viven algunhas persoas na Antártida e que actividadesdesenvolven alí. Explícao a continuación no teu caderno.

Por que sobreviven os pingüíns neste continente?

Que prohiben os acordos internacionais respecto á Antártida? Indica caldestas actividades poderías realizar alí e explica por que:

a) Cazar baleas.

b) Realizar un estudo sobre o brión.

c) Levar a cabo actividades militares.

19

18

17

Os continentes 89

A Antártida correspóndese cun medio natural de clima polar extremo,con temperaturas invernais moi baixas (inferiores a 60 °C) e tampoucoas do verán superan os 0° C. As temperaturas son algo máis elevadasnalgunhas illas da Antártida.

As precipitacións son escasas e sempre en forma de neve. Son característi-cos os fortes ventos, que por veces chegan a alcanzar unha velocidade de300 km/h.

Debido ás duras condicións climáticas, a vexetación é case inexistente; sóse desenvolven brións e liques nas escasas áreas que non están cubertaspolo xeo de forma permanente.

A fauna está formada por focas e diversas especies de pingüíns. Nas augasque rodean a Antártida viven baleas, candorcas e cachalotes. Existentamén aves mariñas de diversas especies; entre elas a gaivota cociñeira e apomba antártica.

O medio natural A protección da Antártida

A Antártida está practicamentedeshabitada; é unha das escasaszonas do planeta que permaneceno seu estado natural; por estemotivo é moi apropiada para levara cabo investigacións científicas.Ademais, este continente posúeunha enorme riqueza mineral e ani-mal. Para evitar que algún país seapropie deste lugar ou estrague oseu medio natural asináronse variosacordos internacionais; o último foio Tratado sobre a Conservaciónda Antártida (1991). Este docu-mento confirma que a Antártida éun territorio dedicado á investiga-ción científica con fins pacíficos.Ademais, prohibe a práctica de ac-tividades militares no seu territo-rio e a explotación dos recursosminerais e enerxéticos. Tamén es-tablece que calquera actividadeque teña lugar na Antártida tenque ser compatible coa conserva-ción do seu medio natural. Algúnspaíses posúen bases científicasneste continente; España contacon dúas: Juan Carlos I e Gabrielde Castilla.

Pingüíns na Antártida.

Instalacións dunha base científica naAntártida.

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página89

Page 15: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Se tes previsto realizar unha excursión polo campo,a montaña ou a fraga, cómpre que leves un compáspara te orientares e comprobes antes de saír que osabes utilizar.

Tamén debes levar un mapa da zona na que te vasmover e trazar sobre el a ruta que vas seguir e en quedirección: norte, sur, leste ou oeste.

A escala do mapa permitirache calcular a distanciareal entre o lugar de saída e o de chegada.

Podes atopar o mapa en tendas especializadas, en ofi-cinas de turismo ou nos concellos. Existen buscadores deinternet que tamén che proporcionan mapas da maioríadas áreas xeográficas; podes descargalos no teu ordena-dor e imprimilos para levalos contigo cando vaias deexcursión.

Se non levas compás nin mapa, podes orientartetomando algunhas precaucións e observando o espazoque te rodea.

Así, cando comeces a camiñar é importante que tefixes en elementos que che poidan servir como sinaispara orientarte á volta. Por exemplo, unha árbore ou plan-ta diferente ao resto, unha casa, un tronco cortado, unharocha, o comezo dun sendeiro…Outra opción é que timesmo vaias deixando un «rastro» que poidas atopar:pedras, pólas, follas, cascas de árbores…

Se a pesar de todas as precaucións te perdes, podessaber onde estás observando o medio natural. Así, porexemplo:

� Unha árbore, un outeiro ou unha rocha pódencheservir de plataforma para contemplar a zona.

� O descenso dunha corrente de auga conducirate aunha zona de cultivo ou a unha poboación.

� O brión das árbores adoita medrar na parte dotronco orientada ao norte.

� Os muros dos edificios están máis secos nafachada situada ao sur.

� As tobeiras dos coellos adoitan estar orientadascara ao sur.

� Nas montañas, a aba orientada ao norte é máishúmida e fría.

� Se é de noite, a Estrela Polar indicarache o norte.

Actividades

Elixe una ruta para coñecer un medio natural próximoá túa localidade. Consigue un mapa da zona e planifica aruta que vas seguir, calcula o tempo aproximado que vastardar e que formas do relevo e outros elementos natu-rais poderías encontrar.

I

Aprende a te orientar

UNIDADE 590

Para orientarse nun medio natural é recomendable usar un mapa.

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página90

Page 16: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Os continentes

Os continentes 91

Europa

� Ten numerosas illas e penínsulas. A meirande parte do territorio europeoé chan. Existen algunhas montañas de grande altura. As costas presentanmoitos entrantes e saíntes. Predominan os ríos curtos e os lagos de tama-ño medio ou reducido. Os medios naturais son temperados e fríos.

África

� Forma un bloque compacto e posúe escasas illas. Existen numerosasmesetas, tamén ten cadeas montañosas; un gran val (Rift Valley) e chai-ras. Abundan os ríos e os lagos. Conta con diversos medios naturais, peropredominan a sabana e o deserto cálido.

Asia

� Presenta numerosas penínsulas, arquipélagos e illas. O seu relevo fórma-no chairas, mesetas e sistemas montañosos. As costas son baixas e pan-tanosas no noroeste e accidentadas no leste. Posúe ríos caudalosos e mares interiores, así como unha gran variedade de medios naturais.

América

� Diferéncianse tres áreas xeográficas: América do Norte, América Central eAmérica do Sur. No relevo altérnanse macizos antigos, cordilleiras novas,amplas chairas e numerosos volcáns; a costa presenta grandes contrastes.Existen ríos moi caudalosos e lagos de gran tamaño. Os medios naturais sonde climas cálidos, temperados e fríos.

Oceanía

� Está formada por Australia e os arquipélagos de Nova Zelandia, Nova Gui-nea, Melanesia, Micronesia e Polinesia.

� Australia representa a maior parte de Oceanía; contén unha extensameseta, un conxunto de chairas e a Gran Cordilleira Divisoria; as costasson pouco accidentadas; o relevo de Nova Zelandia conta con numerososvolcáns; Nova Guinea é unha illa moi montañosa.

A Antártida

� É unha gran masa continental rodeada por múltiples illas e bañada poloocéano Glacial Antártico. Case toda a súa superficie está cuberta por unhacapa de xeo; a metade occidental do continente é moi montañosa e aoriental está formada por elevadas mesetas. As costas son moi recorta-das e non existen ríos nin lagos. O clima é polar extremo e apenas tenvexetación.

Elabora un esquema cos principais contidos da unidade.

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página91

Page 17: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Define no teu caderno os seguintes termos:

� Península.

� Macizo.

� Rift Valley.

� Chaira aluvial.

� Arquipélago.

� Depresión.

Localiza neste barullo de letras os nomes de cin-co cordilleiras de Europa, Asia, África, América eOceanía. Copia o resultado no teu caderno.

Observa as fotografías e contesta as preguntas:

a) Que diferenzas atopas entre elas?

b) En que continentes poderían darse os mediosnaturais que representan as fotografías? Que cli-ma corresponde a cada un deles?

Indica se estas frases son verdadeiras ou falsas ecorrixe estas últimas no teu caderno:

� Europa é o continente máis pequeno da Terra.

� O Everest é o pico máis elevado de África.

� En África só existen medios de climas cálidos.

� En Asia atópanse as cordilleiras máis elevadas doplaneta.

� O océano Glacial Ártico bordea a Antártida.

� A cordilleira dos Andes está en América do Nor-te.

� Oceanía encóntrase no hemisferio sur e está com-posta por numerosas illas.

Copia no teu caderno e relaciona con frechas:

En que continente están situadas as illas deNova Zelandia? Como se chaman? Cal é o medionatural que predomina nelas?

Explica no caderno como é o continente euro-peo: os trazos máis importantes do seu relevo, ríos,lagos e medios naturais.

7

6

5

4

3

2

1

UNIDADE 592

ApalachesAntártida

África

Asia

Oceanía

América do Sur

América do Norte

Mar de Tasmania

Patagonia

Mar de Weddell

Península de Kamchatka

Kilimanjaro

D P I R E N E O S R

R E T K U E N O F O

H I M A L A I A A C

Y R T O I P T S T H

O A C R D D V L L O

D I V I S O R I A S

N U D A A H O D S A

E A U G W T E W K S

R C P S Y O L G E A

T D K Y Z V Ñ J T U

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página92

Page 18: Os continentes - Oxford University Press España · A meirande parte do continente africano sitúase entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio. ... Que continentes separa o mar

Indica a que vertente pertencen os seguintes ríosamericanos: Mackenzie, Amazonas e Yukon e sinalacales son as súas características.

Le esta listaxe e descubre os erros que poida haber.Escríbeos de forma correcta no teu caderno:

a) Océano Atlántico.

b) Estreito de Hornos.

c) Río de Somalia.

d) Gran Cordilleira Australiana.

e) Deserto de Gobi.

f) Montes Urais.

g) Golfo de Kamchatka.

h) Cabo de Mississippi.

i) Río de Nova Zelandia.

l) Océano Pérsico.

m) Golfo de Guinea.

n) Mar dos Andes.

Se sobrevoases nun avión o continente asiáticodesde a península de Kamchatka (nordeste) ata o marVermello (sudoeste), que unidades de relevo poderíasver pola xanela?

Copia e completa este cadro.

Copia este mapa no teu caderno e sitúa nel osseguintes elementos:

a) Cordilleira dos Andes.

b) Río Nilo.

c) Océano Atlántico.

d) Cordilleira do Himalaia.

e) Arquipélago de Nova Guinea.

f) Río Amazonas.

g) Península Balcánica.

h) Océano Pacífico.

i) Deserto do Sáhara.

j) Río Indo.

9

8

12

11

10

Os continentes 93

Nome

Alpes Montaña Europa

Kilimanjaro

Zambezi

Mekong

Darling

Aconcagua

Tipo de accidente Localización

0S1CSLA_05 22/3/11 17:21 Página93