Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
-
Upload
adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia -
Category
Education
-
view
205 -
download
3
description
Transcript of Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
Profesor: Adán Gonçalves
ÓRGANOS, ÓRGANOS, SISTEMASSISTEMAS
EEAPARELLOSAPARELLOS
ENENANIMAISANIMAIS
1. INTRODUCIÓN1. INTRODUCIÓN
Durante a evolución xurdiu a posibilidade de que as células se agrupasen como solución
fronte a determinadas situacións (favorecer a reprodución, mellorar a defensa, colonizar
novos medios...).
Nun primeiro momento estas agrupacións eran de células independentes entre sí
(coloniascolonias), pero en determinadas asociacións apareceu, no proceso evolutivo, a
facultade de cooperar e especializarseespecializarse dando lugar aos primeiros pluricelulares.
Esta diferenciación e especialización das células permitíu aos organismos ser máis
eficientes ao levar a cabo as distintas funcións vitais.
No curso evolutivo os distintos grupos alcanzaron diversos graos de complexidade
organizativa atendendo a esta especialización celular.
As células reuníronse para formar tecidos tecidos, éstes asociáronse formando órganosórganos, e por
último os órganos coordináronse para dar lugar aos sistemas sistemas e aparellos.aparellos.
1. INTRODUCIÓN1. INTRODUCIÓN
Os órganosórganos, son por tanto, a asociación de varios tecidos para desempeñar unha función.
Normalmente, a función dun órgano é máis especializada que a dun tecido. Son
exemplos, os ósos, o corazón ou o cerebro.
É habitual, ademais, que nun órgano haxa un tecido que realiza o traballo principal; por
exemplo o miocardio no caso do corazón ou o nervioso no caso do cerebro.
A ciencia que estuda os órganos denomínase organografíaorganografía e a adicada ás súas función
chámase fisioloxíafisioloxía.
2. SISTEMAS2. SISTEMAS
Un sistema sistema é un conxunto de órganos parecidos (mesma orixe embrionaria) que se
asocian para levar a cabo unha función máis xeral que no caso dos órganos.
Por exemplo, o sistema muscular é unha asociación de órganos (os músculos) que
permiten o movemento de distintas partes do noso corpo
No animais máis complexos, como os Vertebrados, diferencianse seis sistemas:
Sistema endócrinoSistema endócrino
Sistema nerviosoSistema nervioso
Sistema tegumentarioSistema tegumentario
Sistema inmunitarioSistema inmunitario
Sistema muscularSistema muscular
Sistema esqueléticoSistema esquelético
2. SISTEMAS2. SISTEMAS
Sistema endócrinoSistema endócrino: formado por tecido epitelial glandular. Os seus órganos son as
glándulas endócrinasglándulas endócrinas. Leva a cabo xunto co sistema nervioso as tarefas de coordinación
e regulación do organismo.
Sistema nerviosoSistema nervioso: constituído polo tecido nervioso. Os órganos principais son o
encéfalo, medula espiñal e os nervios. Elabora respostas fronte a estímulos internos e
externos.
Sistema tegumentarioSistema tegumentario: formado pola pel e outras estruturas asociadas como pelos,
glándulas exócrinas, escamas...Posúe diversas funcións: defensiva (impedindo a
entrada no organismo de axentes patóxenos), reguladora da temperatura, evita as
perdas de auga, recepción de estímulos externos (receptores)...
Sistema inmunitarioSistema inmunitario: constituído polos órganos linfoides: bazo, timo, ganglios
linfáticos... Protéxenos das infeccións de axentes patóxenos.
2. SISTEMAS2. SISTEMAS
Sistema muscularSistema muscular: formado por tecido muscular estriado ou esquelético. Os seus
órganos son os diferentes músculos esqueléticos. É o responsable dos movementos do
corpo.
Sistema esqueléticoSistema esquelético: constituído por tecido óseo. Seus órganos son os ósos. Ten
diversas funcións: sostén do noso corpo (esqueleto), almacén de calcio, protección de
órganos internos e lugar de insercción dos músculos para posibilitar o movemento.
3. APARELLOS3. APARELLOS
Un aparelloaparello é unha asociación de varios órganos, que poden ser moi diferentes entre sí
(teñen distinta orixe embrionaria), pero que actúan coordinadamente para levar a cabo
unha función xeral (habitualmente máis xeral que no caso dos sistemas).
Incluso, é frecuente que un aparello poida conter varios sistemas.
Nos Vertebrados diferenciamos seis aparellos:
Aparello respiratorioAparello respiratorio
Aparello dixestivoAparello dixestivo
Aparello circulatorioAparello circulatorio
Aparello reprodutorAparello reprodutor
Aparello excretorAparello excretor
Aparello locomotorAparello locomotor
3. APARELLOS3. APARELLOS
Aparello respiratorioAparello respiratorio: constituído polas vías respiratorias e os pulmóns. Capta o O2 e
expulsa o CO2.
Aparello dixestivoAparello dixestivo: formado polo tubo dixestivo e as gándulas anexas (glándulas
salivares, fígado e páncreas). Capta o alimento, degradao, e absorbe os nutrientes e
elimina os restos non dixeribles.
Aparello circulatorioAparello circulatorio: composto polo sistema circulatorio (arterial e venoso) e o
sistema linfático. Formado polo corazón, os vasos sanguíneos, o sangue, os vasos
linfáticos, a linfa...
Encárgase de distribuir os nutrientes polo organismo e de recoller os refugallos do
metabolismo celular que serán eliminados nos órganos correspondentes. Tamén
participa na defensa e no control da temperatura corporal.
Aparello reprodutorAparello reprodutor: Formado polas gónadas, vías xenitais e xenitais externos.
Produce os gametos (óvulos nas femias e espermatozoides en animais).
3. APARELLOS3. APARELLOS
Aparello excretorAparello excretor: formado polas vías urinarias, os riles e outros órganos excretores
(p.e. as glándulas sudoríparas).
Mantén o equilibrio hídrico do corpo e intervén na eliminación de substancias de refugallo.
Aparello locomotorAparello locomotor: constituído polos sistemas muscular, articular e esquelético.
Posibilita a locomoción.
Grazas por atendermeGrazas por atenderme
Bibliografía e Webgrafía:Castillo de la Torre, Aurelio; Meléndez Hevia, Ignacio; Madrid Rangel, Miguel Ángel; Blanco Kroeger, Marcos. 2008.“Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato”. Proxecto A Casa do Saber. Obradoiro-Santillana. Santiago de Compostela. España.biologia-lacienciadelavida.blogspot.commauricioarouesty.com www.saberespractico.com www.salonhogar.net