Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar...

26
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30888 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE SANIDADE ORDE do 4 de xullo de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de acción de saúde pública no campo do VIH/sida en Galicia. A infección polo VIH (virus de inmunodeficiencia humana) e a sida (síndrome de inmu- nodeficiencia adquirida) continúan a ser un dos principais problemas de saúde pública no ámbito mundial e tamén, aínda que en menor medida, nos países desenvolvidos. En Galicia, a pesar das melloras experimentadas nos últimos anos, cómpre continuar co im- pulso das accións de saúde pública encamiñadas a enfrontar este importante problema de saúde. Dentro do marco das actividades anti VIH/sida no campo da saúde pública atópase o apoio a proxectos, de entidades privadas sen ánimo de lucro, que participan e colaboran desde os seus respectivos ámbitos coa Consellería de Sanidade no esforzo global anti VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas entidades no campo de VIH/sida. Para tal fin, e con suxeición ao previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e ao Decreto11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 4/2006, do 30 de xullo, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e de acordo coas fa- cultades que me confiren na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, nos seus artigos 34 e 38, DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións a proxectos de accións de saúde pública relaciona- dos coa infección polo VIH e a sida, que se realizarán desde o 1 de xuño de 2014 ata o 31 de maio de 2015. Subvencionaranse os proxectos máis valorados ate un máximo de dez. CVE-DOG: d9vk3yv2-ocz7-6di3-cu86-dw3tfuzhfqe0

Transcript of Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar...

Page 1: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30888

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 4 de xullo de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de acción de saúde pública no campo do VIH/sida en Galicia.

A infección polo VIH (virus de inmunodeficiencia humana) e a sida (síndrome de inmu-nodeficiencia adquirida) continúan a ser un dos principais problemas de saúde pública no ámbito mundial e tamén, aínda que en menor medida, nos países desenvolvidos. En Galicia, a pesar das melloras experimentadas nos últimos anos, cómpre continuar co im-pulso das accións de saúde pública encamiñadas a enfrontar este importante problema de saúde.

Dentro do marco das actividades anti VIH/sida no campo da saúde pública atópase o apoio a proxectos, de entidades privadas sen ánimo de lucro, que participan e colaboran desde os seus respectivos ámbitos coa Consellería de Sanidade no esforzo global anti VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas entidades no campo de VIH/sida.

Para tal fin, e con suxeición ao previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e ao Decreto11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 4/2006, do 30 de xullo, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e de acordo coas fa-cultades que me confiren na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, nos seus artigos 34 e 38,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións a proxectos de accións de saúde pública relaciona-dos coa infección polo VIH e a sida, que se realizarán desde o 1 de xuño de 2014 ata o 31 de maio de 2015.

Subvencionaranse os proxectos máis valorados ate un máximo de dez.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 2: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30889

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Artigo 2. Dispoñibilidades orzamentarias

Estas axudas financiaranse segundo o crédito orzamentario dispoñible de 149.500,00 €

para este fin nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para as axudas

do período 2014-2015.

En 2014, estas axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 1002.413A.481.1

(código do proxecto: 00473) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

de 2014 que dispón dun crédito orzamentario de 87.000,00 € para este fin.

En 2015, o crédito orzamentario dispoñible de 62.500,00 € para financiar estas axudas

virá determinado nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia correspon-

dentes ao ano 2015.

Non obstante, estas contías pódense ver incrementadas a través, se é o caso, das

oportunas modificacións orzamentarias, por maior dispoñibilidade de crédito como conse-

cuencia dalgunha das circunstancias expostas no artigo 30.2 do Decreto11/2009, do 8 de

xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións

de Galicia, incluíndo a dispoñibilidade de fondos procedentes do Estado, quedando en todo

o demais, ao dispor do mencionado no citado artigo. En calquera caso, a concesión das

subvencións reguladas nesta orde limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias existentes

no momento de resolución de concesión.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán solicitar e ser beneficiarias destas subvencións as entidades privadas sen

ánimo de lucro que presenten un único proxecto e que cumpran co obxecto e normas desta

orde.

2. Non poderán ser beneficiarias as entidades privadas sen ánimo de lucro que estean

incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007,

do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Requisitos

1. O proxecto realizarase integramente na Comunidade Autónoma de Galicia.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 3: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30890

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2. A entidade beneficiaria para desenvolver o proxecto deberá dispor en Galicia de:

– Local con capacidade para levar a cabo o proxecto.

– Polo menos unha persoa contratada para desenvolver o proxecto.

3. O proxecto recollerá obrigatoriamente a promoción e distribución de preservativos.

4. O proxecto deberá ter como área xeográfica de actuación polo menos unha das 11 áreas sanitarias de Galicia (Ferrol, A Coruña, Cervo, Santiago de Compostela. Lugo, O Sal-nés, Pontevedra, Vigo, Ourense, Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras).

5. No caso de empregar material divulgativo non editado pola Consellería de Sanidade ou polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade presentarase no Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública (DXIXSP) un exemplar antes da súa distribución para valorar a idoneidade destes materiais. No proxecto subvencionado, soamente se poderá empregar material di-vulgativo editado polas anteditas administracións ou valoradas positivamente polo Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles.

Artigo 5. Contidos do proxecto

As actividades do proxecto subvencionado serán necesariamente algunha das seguin-tes:

1. Facilitar e fomentar o uso do preservativo nos colectivos máis vulnerables.

2. Promover a realización da proba do VIH ás persoas con prácticas de risco.

3. Programas específicos de prevención do VIH para homes que teñen sexo con homes (HSH).

4. Programas específicos de prevención do VIH para persoas que exercen a prostitución e os/as seus/súas clientes.

5. Programas de prevención para persoas que viven co VIH e/ou en casas de acollida para persoas afectadas polo VIH/sida.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 4: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30891

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

6. Programas de rúa ou achegamento que faciliten o acceso á información sobre o VIH/sida

e aos servizos sanitarios, en poboacións máis vulnerables.

7. Actividades preventivas da transmisión do VIH por vía sexual, coa participación de

pares.

8. Educación para a saúde con perspectiva de xénero, sobre hábitos sexuais saudables,

infección polo VIH e a sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS).

9. Programas de loita contra o estigma e a discriminación das persoas afectadas polo

VIH e a sida.

Artigo 6. Conceptos subvencionables

1. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan

á natureza da actividade subvencionada, en particular:

– Gastos de persoal.

– Axudas de custo por desprazamento (debidamente xustificadas en relación co proxec-

to).

– Gastos de material preventivo, divulgativo e de visualización social do proxecto.

– Gastos do mantemento do local: aluguer, electricidade, gas, auga, lixo, comunidade,

seguros, imposto sobre bens inmobles.

– Telefonía e tecnoloxías da información e comunicación (TIC), correos e mensaxaría.

– Gastos de xestoría e gastos financeiros derivados do proxecto.

2. Considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á fina-

lización do período de xustificación, debendo acreditarse os pagamentos a través de xusti-

ficantes de pagamento. En todo caso, a forma de xustificación deberá atender ao previsto

no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 5: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30892

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Artigo 7. Solicitude e documentación que se achega con ela

As entidades beneficiarias deberán achegar a seguinte documentación:

a) Anexo I: solicitude de subvención, que contén o NIF e o número de conta bancaria da entidade beneficiaria, que deberá asinar a persoa responsable desta entidade. Mediante ela, o representante legal da entidade beneficiara formula unha declaración responsable acerca da veracidade dos documentos e datos consignados na solicitude e outorga o con-sentimento para que, de acordo co establecido nos puntos 3 e 4 do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública, e no De-creto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta orde no Diario Oficial de Galicia, na súa páxina web oficial e nos rexistros públicos referidos, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a súa finalidade, na forma que determine o órgano competente.

Xunto co anexo I presentaranse os seguintes documentos:

– DNI do representante da entidade beneficiaria, para o caso de que non autorice ex-presamente, a través do anexo I, a Consellería de Sanidade a consulta dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade.

– Certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia, de que a entidade beneficiaria non ten débedas coas administracións públicas, para o caso de que a entidade beneficiaria non autorice expresamente, a través do anexo I, a Consellería de Sanidade para recadar esta documentación.

b) Memoria explicativa do proxecto que se estea ou se pretenda realizar que deberá asi-nar a persoa responsable da entidade beneficiaria. Esta memoria deberá incluír a seguinte información:

1. Extensión máxima: 15 páxinas.

2. Datos de identificación:

– Nome e número de NIF da entidade.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 6: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30893

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

– Datos de filiación do/a representante da entidade: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono e correo electrónico.

– Título do proxecto, lugar de realización e cronograma do proxecto.

– Datos de filiación do/a responsable ou coordinador do proxecto: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono e correo electrónico.

– Datos das persoas asalariadas para o proxecto: nome, apelidos, DNI, datos profesio-nais, función e tempo dedicado.

– Datos das persoas voluntarias para o proxecto: nome, apelidos, DNI, datos profesio-nais, función e tempo dedicado.

3. Deseño:

– Xustificación.

– Obxectivos.

– Material e método.

– Criterios de avaliación.

4. Describir as actividades en relación cos criterios de valoración (artigo 13), que cumpre o proxecto. Exemplar do material divulgativo que se empregará no proxecto se non está editado pola Consellería de Sanidade nin polo Ministerio de Sanidade Servizos Sociais e Igualdade.

5. Orzamento para o período 2014-2015 (non se desagregará por anualidades):

– Gastos de persoal.

– Gastos de local.

– Gastos de material preventivo e divulgativo.

– Gastos de desprazamento.

– Recursos propios e outras subvencións concedidas.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 7: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30894

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

6. Importe solicitado de subvención.

7. Data e sinatura do/da representante legal da entidade.

Artigo 8. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Conse-llería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a per-soa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

2. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideran impoñerse nos correspondentes rexistros públi-cos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

Artigo 9. Lugar de presentación da solicitude

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formu-lario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desen-volvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela de-pendentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por cal-quera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das ad-

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 8: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30895

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ministracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando cal-quera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Artigo 10. Prazo de presentación da solicitude

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 11. Emendas da solicitude

As unidades administrativas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, responsables da tramitación dos procedementos de concesión das subven-cións reguladas nesta orde, comprobarán que as solicitudes reúnen todos os requisitos exixidos.

Se unha solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a docu-mentación exixida, requirirase a entidade beneficiaria para que, de conformidade co dis-posto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adminis-trativo común, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos nun prazo máximo e improrrogable de 10 días con indicación de que, se así non o fixer, se lle terá por desis-tido da súa solicitude logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada lei.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 9: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30896

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Artigo 12. Instrución e comisión de valoración

1. Órganos competentes.

A unidade administrativa competente para ordenar o procedemento de concesión será a Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía que realizará de oficio, cantas actuacións estime necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos que deben motivar a proposta de resolución.

2. Comisión avaliadora.

A concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva, polo que, unha vez instruídos os expedientes, constituirase como órgano colexiado unha comisión avaliadora que, de acordo cos criterios de baremación das solicitudes establecidos no artigo 13, ava-liará os proxectos das entidades beneficiarias e emitirá a correspondente acta que informa o órgano instrutor da puntuación acadada polos proxectos presentados e da selección dos proxectos subvencionados para o período 2014-2015.

Esta comisión poderá adoptar validamente os seus acordos, sempre que asistan o presidente/a, ou persoa en que delegue, a persoa que exerza de secretario/a e polo me-nos a metade dos seus membros. Se por calquera causa, no momento en que a comisión de avaliación teña que examinar as solicitudes, algún dos membros que a compoñen non puidese asistir, delegará na persoa que, para o efecto, designe o/a titular.

Na composición dos membros da comisión de valoración, procurarase acadar unha composición equilibrada entre homes e mulleres.

A comisión de avaliación rexerase polo establecido no título II, capítulo II, artigos 22 ao 27 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, relativo aos órganos colexiados.

A comisión de avaliación, para facer a motivación oportuna, poderá requirir as entidades beneficiarias das axudas información ou documentación adicional que, por non estar en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

A comisión avaliadora estará integrada polos seguintes membros:

a) A persoa titular da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ou per-soa en quen delegue, que actuará como presidente/a.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 10: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30897

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

b) A persoa titular da Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía.

c) A persoa titular da xefatura do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles.

d) Un membro do persoal técnico do devandito servizo, que actuará como secretario/a.

3. Órganos competentes para a instrución e resolución.

A persoa titular da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública é o órgano instrutor do procedemento e á vista dos expedientes e da acta da comisión de valoración, elevará a proposta de resolución á persoa titular da Consellería de Sanidade, quen adop-tará a resolución en virtude da cal se outorgarán ou denegarán as subvencións solicitadas.

Artigo 13. Criterios de valoración

1. Áreas sanitarias nas que se realiza o proxecto:

Grupo 1 (>250.000 habitantes): A Coruña, Santiago, Vigo, Ourense: 8 puntos.

Grupo 2 (100.000-250.000 habitantes): Ferrol, Lugo, Pontevedra: 5 puntos.

Grupo 3 (<100.000 habitantes): Cervo, O Salnés, Monforte de Lemos, O Barco de Val-deorras: 2 puntos.

Para puntuar cada área o proxecto disporá de local e persoa contratada para traballar nesa área.

Puntuaranse un máximo de dúas áreas sanitarias.

2. Dispor de local social por parte da entidade beneficiaria: ata un máximo de dous lo-cais e 12 puntos, valorados do seguinte modo cada un:

– En propiedade: 6 puntos.

– En arrendamento: 5 puntos.

– En cesión dunha Administración pública: 3 puntos.

– En cesión dunha persoa ou institución privada: 1 punto.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 11: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30898

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

3. Dispor de persoal contratado pola entidade beneficiaria para realizar o proxecto: ata

un máximo de 200 puntos. Por cada traballador/a contratado/a: 100 puntos.

4. Número de persoas voluntarias participantes no proxecto: ata un máximo de 16 pun-

tos. Por cada persoa voluntaria participante: 2 puntos.

5. Tipo de colectivo diana ao que vai dirixido. Valorarase só o colectivo principal e de

existir máis de un, valorarase só o definido como principal no proxecto. Neste apartado

só se puntuarán os proxectos que teñen claramente definido un colectivo principal e que

inclúan nas súas actividades a prevención da transmisión sexual do VIH coa distribución

regular e continuada de preservativos, realización de probas diagnósticas, tramitación de

citas ou acompañamentos a institucións sanitarias.

A valoración dos colectivos será a seguinte:

HSH: 30 puntos.

Persoas que vivan co VIH/sida e o seu contorno: 8 puntos.

Inmigrantes: 7 puntos.

Prostitución: 7 puntos.

Persoas internas en prisións: 5 puntos.

Mocidade non escolarizada ou pertencente a grupos con elevada vulnerabilidade social

(residente en centros tutelares de menores, minorías étnicas marxinadas, familias deses-

truturadas, etc.): 3 puntos.

Transeúntes, persoas sen fogar e minorías étnicas marxinadas: 2 puntos.

Mulleres: 2 puntos.

Outros colectivos: 0 puntos.

6. Duración das actividades do proxecto: 10 puntos por mes.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 12: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30899

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

7. Realizar probas rápidas de VIH en fluído oral a persoas con prácticas de elevado risco para a infección polo VIH dentro do Proxecto de detección anónima do VIH en Galicia da DXIXSP: 80 puntos.

8 Promover a realización da proba do VIH nas persoas con prácticas de risco para a infección polo VIH: 20 puntos.

9. Participación de educadoras/es de pares no desenvolvemento do proxecto: 10 pun-tos.

10. Realizar actividades de prevención en casas de acollida para persoas afectadas polo VIH/sida: 4 puntos.

11. Realizar actividades de prevención en persoas que vivan co VIH/sida e o seu con-torno: 3 puntos.

12. Realizar actividades de loita contra a discriminación das persoas afectadas polo VIH/sida: 15 puntos.

13. Proxectos que continúan respecto do ano anterior: 80 puntos.

14. Rigor metodolóxico do proxecto: ata un máximo de 200 puntos.

14.1. A xustificación do proxecto: 0 a 30 puntos. Puntuación mínima exixida: 15 puntos.

14.2. Definición e cuantificación de obxectivos: 0 a 20 puntos. Puntuación mínima exixi-da: 10 puntos.

14.3. Material e método empregado con definición dos contidos, da poboación e do plan de traballo: 0 a 100 puntos. Puntuación mínima exixida: 50 puntos.

14.4. Avaliación dos resultados: 0 a 50 puntos. Puntuación mínima exixida: 25 puntos.

Deberá acadarse a puntuación mínima en todos e cada un destes puntos.

Só se subvencionarán os proxectos que acaden a puntuación mínima en todos os pun-tos deste punto 14, independentemente da puntuación acadada noutros puntos deste ar-tigo.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 13: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30900

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

15. Valorarase a porcentaxe da partida orzamentaria de gastos de persoal, sobre o total do orzamento do proxecto:

– Igual ou máis do 80 %: 0 puntos.

– Entre o 60-79 %: 60 puntos.

– Entre o 40-59 %: 40 puntos.

– Entre o 20-39 %: 20 puntos.

– Igual ou menos do 19 %: 0 puntos.

16. Presentar unha certificación acreditativa de calidade da entidade beneficiaria: ata un máximo de 5 puntos.

ISO: 2 puntos.

FQM: 2 puntos.

Outras: 1 punto.

17. Recoller a perspectiva de xénero: 20 puntos.

18. Segundo a incidencia de VIH da provincia* na que se realiza o proxecto (media da incidencia de VIH do anos 2010-2012):

– Igual ou superior a 55 casos por millón de habitantes (A Coruña e Pontevedra): 50 puntos.

– Menor de 55 casos por millón de habitantes (Ourense e Lugo): 10 puntos.

*Segundo os datos publicados pola DXIXSP.

De traballar en máis dunha provincia, puntuarase a de maior puntuación.

19. Para resolver os posibles empates empregaranse os seguintes criterios:

1º. O que obteña maior valoración no punto 5.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 14: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30901

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2º. O que obteña maior valoración no punto 14.

3º. O que empregue o galego no desenvolvemento xeral do proxecto.

4º. O que presentara a solicitude por vía electrónica.

5º. O que presente antes a solicitude destas axudas.

Artigo 14. Contías das subvencións

1. A contía solicitada pode ser como máximo o orzamento do proxecto e o crédito orza-mentario dispoñible desta orden.

2. A contía subvencionable non poderá superar, en ningún caso, nin a contía solicitada nin a totalidade do orzamento do proxecto, ben sexa illadamente ou en concorrencia con outras axudas de administracións públicas ou entes privados.

3. Determinación das contías das subvencións:

3.1. Cálculo do importe das subvencións para o ano 2014:

Dividirase o crédito orzamentario dispoñible para o ano 2014 (87.000,00 €) entre o total de puntos dos proxectos máis puntuados ate un máximo de dez proxectos. Así obterase o valor en € de cada punto (€/punto). O importe que se concederá a cada proxecto obterase de multiplicar o valor en € de cada punto (€/punto) polos puntos obtidos por cada proxecto.

Se logo destes cálculos, a contía que lle corresponda a algún proxecto fose superior á contía subvencionable, concederáselle esta última.

Unha vez finalizadas estas operacións, o posible resto orzamentario que poida xurdir adxudicarase ao proxecto máis puntuado. De non esgotarse o resto orzamentario con este proxecto, adxudicarase o importe restante ao seguinte proxecto máis puntuado, e así su-cesivamente. A adxudicación do resto orzamentario terá sempre en conta que se cumpre o punto 2 deste artigo.

3.2. Cálculo do importe das subvencións para o ano 2015:

Para calcular o importe que se concederá a cada proxecto para o ano 2015, repetirase o mesmo procedemento que para o ano 2014 pero empregarase nos cálculos, o crédito orzamentario dispoñible para o 2015 (62.5000,00 €).

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 15: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30902

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Artigo 15. Resolución

1. Unha vez emitida a proposta de resolución, a persoa titular da Consellería de Sani-dade ditará resolución de conformidade co previsto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. A resolución, deberá conter, de maneira expresa, a relación de proxectos de entidades beneficiarias ás cales se lles concede a subvención e a desestimación do resto das solicitudes xunto coas contías destas axudas para o período 2014-2015.

2. A resolución de concesión de subvencións será motivada e notificaranse ás entidades beneficiarias no prazo de 3 meses. Transcorrido o dito prazo sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas por silencio administrativo as súas solicitudes, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da nor-mativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modifica-ción da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Todo incumprimento ou alteración das condicións en que se basea a concesión da subvención e, se é o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados (nacionais ou internacionais), poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 16. Notificación e publicación

1. A resolución deberá ser notificada ás entidades beneficiarias de forma individualiza-da, de acordo co previsto nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxi-me xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Unha vez notificada a resolución definitiva polo órgano competente, as entidades pro-postas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para aceptala, presentando a correspondente declaración de aceptación ou renuncia da subvención concedida segundo os modelos do anexo III e IV desta orde. Transcorrido o cal e sen que se producise manifes-tación expresa, entenderase tacitamente aceptada, segundo o artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A notificación de forma individualizada das subvencións concedidas farase sen prexuí-zo da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 15 e 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 16: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30903

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

A publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia deberá conter a relación de so-licitantes aos que se conceden ou desestimen as subvencións para os respectivos proxec-tos, con indicación da norma reguladora, a súa correspondente contía e as causas de denegación, se é o caso.

3. De conformidade co establecido nos artigos 14.2 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 13.3 e 4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparen-cia e de boas prácticas na Administración pública galega e no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Consellería de Sanidade publicará na súa páxina web oficial e nos rexistros públicos referidos, a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas conce-didas, polo que a solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.

4. En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos ao abeiro desta orde se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento coa finalidade da xestión deste procedemento, podendo exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposi-ción previstos na lei dirixindo un escrito á:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.Consellería de Sanidade.Edificio administrativo San Lázaro, s/n.15703 Santiago de Compostela, A Coruña.

5. Segundo o establecido no artigo 14.1.ñ) da Lei 9/2007, informámoslles ás entidades beneficiarias que existe o Rexistro Público de Subvencións, regulado no artigo 16 da mes-ma lei.

Artigo 17. Recursos

1. Contra a resolución do procedemento que pon fin á vía administrativa, as entidades beneficiarias poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante a Conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución á entidade beneficiaria.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 17: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30904

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2. Igualmente procederá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-admi-nistrativa, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da recepción da corres-pondente notificación se a resolución é expresa; se non o fose, o prazo será de seis meses contados a partires do día seguinte a aquel que se produza o acto presunto.

3. De presentarse recurso potestativo de reposición, non poderá acudirse á vía conten-cioso-administrativa ata que este sexa resolto expresamente ou se produza a súa deses-timación presunta.

4. Non obstante, de conformidade co disposto no artigo 44 da referida Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderase requirir pre-viamente ao órgano que ditou a resolución, para que derrogue a disposición, anule ou revo-gue o acto, no prazo de dous meses contados desde a notificación da resolución. O requi-rimento entenderase rexeitado se non fose contestado no mes seguinte á súa recepción.

Artigo 18. Xustificación

Unha vez realizado o proxecto, deberá remitirse á Dirección Xeral de Innovación e Xes-tión da Saúde Pública, con data límite o 1 de xuño de 2015, a correspondente conta xusti-ficativa, prevista no artigo 44.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. De conformidade co previsto no número 3 do artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, a conta xustificativa abranguerá:

1. Unha memoria de actuación do período 2014-2015 xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación do proxecto, das activi-dades realizadas e dos resultados obtidos.

2. Unha memoria económica do custo das actividades realizadas que conterá:

a) Unha relación clasificada dos gastos da actividade que inclúa a seguinte informa-ción: número de orde do documento na relación de gastos, nome da entidade beneficiaria que emite o documento de gasto, NIF da entidade beneficiaria que emite ese documento, concepto do gasto (se é unha nómina deberá indicar o nome, os dous apelidos e o DNI da persoa empregada, xunto co mes e o ano da nómina), número identificativo do documento, data de emisión do documento, data de pagamento dese gasto, importe total do documen-to e, se é o caso, importe imputado á subvención.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 18: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30905

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Ao final desa relación debe incluírse o importe total dos gastos pagados para o proxecto, a sinatura da persoa responsable da entidade beneficiaria, o lugar e data da sinatura.

Independentemente da data de adxudicación da subvención, na relación de gastos que hai que presentar, aceptaranse os gastos do seguinte período: 1 de xuño de 2014 ao 31 de maio de 2015.

b) A presentación (orixinal ou copia cotexada) das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, incorpo-rados na relación a que se fai referencia no anterior punto e a documentación acreditativa do pagamento.

Os recibín asinados terán validez para xustificar pagamentos ata un importe máximo de 1.000,00 € por proxecto.

3. Anexo II coa relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen o proxecto con indicación do importe e a súa procedencia. Este documento terá que estar asinado polo/a representante da entidade beneficiaria.

Artigo 19. Pagamento e xestión económica

Os pagamentos correspondentes a cada subvención concedida realizaranse de confor-midade co previsto no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e farase efectiva para cada un dos exercicios orzamentarios do seguinte xeito:

Farase o pagamento anticipado do importe da subvención concedida para o ano 2014 tras a publicación da resolución de concesión destas axudas. Estes importes non supera-rán o 80 % da subvención concedida para o período 2014-2015 de acordo co punto 1.1 do artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. O importe restante de 2015 pagarase unha vez completado correctamente todo o proceso de xustificación en 2015.

En todo caso, segundo o disposto no artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 60.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, as entidades beneficiarias terán acreditado con anteriorida-de ao pagamento que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma, na forma que se determine regu-lamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 19: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30906

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 20. Obrigas das entidades beneficiarias

Tendo en conta o artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, son obrigas das entidades beneficiarias:

Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comporta-mento que fundamenta a concesión das subvencións.

Xustificar ante o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, o cum-primento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumpri-mento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de compro-bación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Comunicarlle ao órgano concedente ou á entidade colaboradora a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subven-ción. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamen-te auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ás entida-des beneficiarias en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 20: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30907

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axei-

tado exercicio das facultades de comprobación e control.

Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os

documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e

control.

Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei de subvencións

de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei

de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o

seu regulamento.

Artigo 21. Revogación e reintegro das axudas

O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta orde,

así como a duplicidade de axudas con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais

do Estado, da Seguridade Social e da Administración institucional, autonómica ou local,

constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro pola entidade

beneficiaria ou solicitante, xunto cos xuros de demora, segundo o previsto no artigo 33.1.b)

da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de

xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Artigo 22. Infraccións e sancións

No relativo a esta materia, rexerá o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño,

de subvencións de Galicia, e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se

aproba o seu regulamento.

Artigo 23. Contraprestacións da Consellería de Sanidade

A Consellería de Sanidade facilitará, para a realización dos proxectos, materiais divul-

gativos e preventivos de maneira gratuíta segundo as dispoñibilidades e protocolos da

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 21: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30908

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Disposición derradeira primeira

Aos aspectos non contidos nesta orde aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, pola que se aproba o seu regulamento e, supletoriamente, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de sub-vencións e no seu regulamento, Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Disposición derradeira segunda

A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública adoptará as medidas opor-tunas para o seguimento, avaliación, difusión e execución dos proxectos seleccionados, previstos nesta orde, así como para o seguimento, avaliación e difusión dos proxectos seleccionados para o seu financiamento.

Disposición derradeira terceira

Autorízase o director/a xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública para ditar as instrucións necesarias que permiten a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira cuarta

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

Rocío Mosquera Álvarez Conselleira de Sanidade

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 22: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30909

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO I

PROCEDEMENTO

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ACCIÓNS DE SAÚDE PÚBLICA NO CAMPO DO VIH/SIDA EN GALICIA

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

SA645A

DOCUMENTO

SOLICITUDE

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTERAZÓN SOCIAL NIF

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)

NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior)

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO

DATOS BANCARIOS

Declaro, baixo a miña responsabilidade, que son certos os datos consignados relativos á conta bancaria indicada.

TITULAR DA CONTA NÚMERO DA CONTA BANCARIA (24 DÍXITOS)

NOME DO PROXECTOSOLICITA SUBVENCIÓN PARA O PROXECTO TITULADO

A PERSOA REPRESENTANTE DECLARA

Non ter solicitada ningunha outra axuda para a mesma actividade ou proxecto.

Ter solicitada/s e/ou concedida/s a/s seguinte/s axuda/s.

1. A veracidade de todos os documentos e datos achegados con esta solicitude. 2. Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:

AXUDA/S SOLICITADA/S

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA Á QUE SE SOLICITAN AXUDAS CONTÍA SOLICITADA

AXUDA/S CONCEDIDA/S

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA QUE CONCEDE A AXUDA CONTÍA CONCEDIDA

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 23: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30910

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO I (continuación)

De conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e o artigo 4.3 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia AUTORIZO a Consellería de Sanidade para recadar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia, cando sexan pertinentes. A falla deste consentimento implica que o solicitante debe presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

SI NON (neste caso achegaranse copias das certificacións).

Autorizo a Consellería de Sanidade, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade do solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente).

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería de Sanidade publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei mediante un escrito dirixido a este centro directivo como responsable do ficheiro.

LEXISLACIÓN APLICABLE

Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de acción de saúde pública no campo do VIH/sida en Galicia.

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 24: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30911

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO II

DECLARACIÓN DOUTRAS AXUDAS

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTERAZÓN SOCIAL NIF

E, NA SÚA REPRESENTACIÓNNOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

PROXECTO QUE SE VAI REALIZAR

DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE:

AXUDA/S SOLICITADA/S

Non ter solicitada ningunha outra axuda para a mesma actividade ou proxecto.

Ter solicitada/s e/ou concedida/s a/s seguinte/s axuda/s.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA Á QUE SE SOLICITAN AXUDAS CONTÍA SOLICITADA

AXUDA/S CONCEDIDA/S

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA QUE CONCEDE A AXUDA CONTÍA CONCEDIDA

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 25: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30912

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO III

DECLARACIÓN DE ACEPTACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTERAZÓN SOCIAL NIF

E, NA SÚA REPRESENTACIÓNNOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

MANIFIESTA

Que o día _____________________ se publicou no Diario Oficial de Galicia a resolución de concesión da subvención que lle foi outorgada ao

abeiro da Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de acción de saúde

pública no campo do VIH/sida en Galicia, por unha contía de _____________________ euros.

DECLARA

Que acepta a subvención concedida.

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0

Page 26: Orde DOG Venres, 11 de xullo de 2014 · VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas

DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30913

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO IV

DECLARACIÓN DE RENUNCIA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTERAZÓN SOCIAL NIF

E, NA SÚA REPRESENTACIÓNNOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

MANIFIESTA

Que o día ____________________ se publicou no Diario Oficial de Galicia a resolución de concesión da subvención que lle foi outorgada ao

abeiro da Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de acción de saúde

pública no campo do VIH/sida en Galicia, por unha contía de _____________________ euros.

DECLARA

Que renuncia á subvención concedida.

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: d9v

k3yv

2-oc

z7-6

di3-

cu86

-dw

3tfu

zhfq

e0