O Xunquiño de Verán 2012

53
~1~

description

Esta é a nosa revista escolar de Verán do ano 2012, dende o Equipo de Normalización Lingüística esperamos que a disfrutedes.

Transcript of O Xunquiño de Verán 2012

Page 1: O Xunquiño de Verán 2012

~1~

Page 2: O Xunquiño de Verán 2012

~2~

Page 3: O Xunquiño de Verán 2012

~3~

Page 4: O Xunquiño de Verán 2012

~4~

O Xunquiño de Verán

Receitas do mundo

Biscoito de iogur e limón:

.Para tres persoas

.Tempo:1 hora

.Dificultade:Fácil

Ingredientes:

.3 ovos

.1 iogur de limón

.3 medidas do vaso de iogur de fariña

.2 medidas do vaso de iogur de azucre

.1 medida do vaso de iogur de aceite

.1 sobre de levadura

.raspadura dun limón

Preparación:

Nun bol bótanse todos os ingredientes e bátese co ba-tedor ata lograr unha mestura cremosa.

Bótase nun molde e a continuación métese no forno

a 170 grados durante 1 hora.

Pablo 4º E.P

Page 5: O Xunquiño de Verán 2012

~5~

O Xunquiño de Verán

Pastel de Queijo

Ingredientes:

1kg de farinha de trigo

1 xícore de leite

sal a gosto

3 ½ culleres (sopa)de margarina

150 g de mozarela cortada em cubinhos

óleo para fritar

Preperation:

1.Coloque a farinha sobre una superficie.Faça un buraco no meio.Despeje o leite morno com rol e a margari-na.Traballe a massa ata que fique lisa e homoênea

2.Divida a massa en 3 pedaços.Embrulhe 2 pedaços nun guardanapo.Abra o outro pedaço com un rilo de macamrếo obixendoo com algúns milímetros de espesu-ra.

3.Corte em rodelos com o auxilio de um copo.Coloque um pouco de mozarela no centro de cada rodela de mas-sa.Dobre e pressione bem os beirados para evitar que o

queijo saia.Faça o mesmo com os outros pedaços de massa. 4Frite os patéis em óleo bem quente.Coloque-os

em papel absorvente para tirar o exceso de gordura.

Fabio Guilherme Severiano Artiaga 6º

Page 6: O Xunquiño de Verán 2012

~6~

O Xunquiño de Verán

Page 7: O Xunquiño de Verán 2012

~7~

O Xunquiño de Verán

Postre de piña:

Ingredientes:

8 follas de xelatina

1 bote de piña no seu xugo ou unha piña fresca

1 bote de leite

150 g de azucre

250 g de queixo de Burgos

Preparación:

1º Poñemos a xelatina a remollo en auga fría

2º Escorremos o bote de piña sobre un papel. Se é piña na-tural,quitamos o penacho,cortámola en anacos,quitámoslle o centro e a escorremos en papel.

3ºPoñemos no vaso a leite e programamos 4 minutos a 70º,velocidade 2.Ao terminar escorremos a xelatina e a bota-mos no vaso xunto co azucre.

4ºIncorporamos o queixo escorrido de soro e mesturamos to-do 10 segundos e velocidade 3.

5ºReservamos 3 anacos de piña para decorar e partimos o resto en anacos pequenos. Botamos a mestura do va-so,unimos todo coa espátula

6ºForramos un testo con film transparente e botamos a mes-tura. O deixamos na neveira 3-5 horas. Desmoldámolo e co-locamos o penacho na parte superior. Cortamos pola metade

as tres anacos de piña e rodeamos coas mesmas o borde.

Yan Lin 6º

Page 8: O Xunquiño de Verán 2012

~8~

O Xunquiño de Verán

Page 9: O Xunquiño de Verán 2012

~9~

O Xunquiño de Verán

Coñecín o meu amigo

Da man foise comigo.

Por el esto a esperar

Coñecín o meu amada

Da man foise namorado

Por el estou a esperar

Da man foise comigo

O meu querido amigo

Por el estou a esperar

Da man foise namorado

O meu querido amado

Por el estou a esperar.

Beatriz Lage Vilariño 3ºA

Non podía correr

Porque te vía morrer Adeus meu amado

Non podía fuxir Porque te vía deixar de vivir Adeus meu amado

Porque te vía morrer Decidín contigo falecer

Adeus meu amado

Porque te vía deixar de vivir Decidín contigo deixar de existir Adeus meu amado.

Jerumy B. Gomez Pablo 3ºA

A pulseira do meu amado,

Perdina no prado

Canto choro por ela!

A pulseira do meu amigo,

Perdina no pino.

Canto choro por ela!

Perdina no prado,

Aínda que Quero ó amado,

Canto choro por ela!

Perdina no pino,

Aínda que Quero ó amigo,

Canto choro por ela!

Jesús Cernadas Martínez 3ºA

Non contesta ás chamadas E pasa o día de carallada Non sei que facer con el Non contesta ás mensaxes E pasa o día probando traxes Non sei que facer con el Pasa o día de carallada E sempre anda nalgunha argallada Non sei que facer con el Pasa o día probando traxes E sempre anda feito un personaxe Non sei que facer con el. Uxía Castro Martínez 3ºA

Obradoiro Poético

Page 10: O Xunquiño de Verán 2012

~10~

O Xunquiño de Verán

O meu querido amigo

ía comendo un figo.

Que fermoso era el.

O meu querido amado

Ía comendo un polo asado

Que fermoso era el

Alí vai o meu amigo

No seu Citröen Berlingo

Que fermoso era el

Alí vai o meu amado

nunha silveira estampado

Que fermoso era el

Daniel Pena Romero 3ºB

Onde está o meu amigo

Onde está o coitado

Pobriño el.

Onde está meu amado

Onde está que eu laio

Pobriño el.

Onde está o coitado

Anda por aí apendado

Pobriño el.

Onde está que eu laio

Anda por aí aloucado

Pobriño el.

Ignacio Carpente 3ºB

Máis non o podo agardar Dime que si virá Ai,o meu corazón! Máis non o podo esperar, Dime que chegará, Ai, o meu corazón! Dime que si virá, E axiña me bicará, Ai, o meu corazón! Dime que chegará, E axiña me apertará, Ai,o meu corazón! Marina Martínez Sande 3ºA

Polo meu rencor,

Perdín o seu amor,

Ai, pobriña de min!

Pola miña paixón,

Perdin o seu corazón,

Ai, pobriña de min!

Perdín o seu amor,

Por non soportar a paixón,

Ai, pobriña de min!

Perdín o seu corazón,

Por non soportar a dor,

Ai,pobriña de min!

Miriam Castro Sánchez

3ºA

Na disco vin ó meu amigo

Que ía moi ben vestido,

Ai, que guapiño!

Na disco vin ó meu amado

Que ía moi ben amañando,

Ai, que guapiño!

Que ía moi ben vestido,

Aló vai o meu cariño,

Ai, que guapiño!

Que ía moi ben amañana-

do,

Aló vai tan namorado,

Ai,que guapiño!

Alicia Paz Fraga 3ºA

Dende a noite que o vin

Esa noite non durmín,

Eu non sei

Dende a noite que o mirei

Esa noite non soñei

Eu non sei

Esa noite non durmín

Que os seus ollos non vin

Eu non sei

Es anoite non soñei

Porque sen el non sei

Eu non sei

John Freddy Cardona

Ramírez 3ºB

Page 11: O Xunquiño de Verán 2012

~11~

O Xunquiño de Verán

Page 12: O Xunquiño de Verán 2012

~12~

O Xunquiño de Verán

Page 13: O Xunquiño de Verán 2012

~13~

O Xunquiño de Verán

Page 14: O Xunquiño de Verán 2012

~14~

O Xunquiño de Verán

Page 15: O Xunquiño de Verán 2012

~15~

O Xunquiño de Verán

Esta historia comeza un día dun mes de outono do ano 2011. Ato-pábame New York por unha viaxe de estudos e dispuña de todas as tardes libres. Todos os días acostumaba facer o que calquera persoa digna do

título turista: ir de museos, de tendas, dar paseos, ir a concertos… Pero unha vez que levas tres se-manas aquí empezas a precisar cousas novas; por iso comecei a facer turismo propio, isto é: visitar todas as partes da cidade que son pouco coñecidas, coarme nas trastendas dos museos, subir as azote-as, ir a tendas estrañas … Pero houbo un momento no que incluso isto me chegou a encher. Daquela foi cando decidín ir á parte más extrema de Queens, que era o único anaco onde aínda non estivera. Ao preguntar por un taxi xurdiu o problema: non me querían levar. Como é posible que este distrito teña una cruz? O xardín botánico de Queens é precioso e o seu museo africano moito máis! Pero eu quería achegarme á zona puramente marxinal onde podes ver a realidade dos Estados Uni-dos. Cando estaba alí atopeime coa pluralidade e co grande contraste que había en comparanza con Manhattan. Pero o máis importante é que me atopei co que me cambiaría a vida. Cando estaba pa-seando por un parque perdido tropecei cun anticuario que tiña unha pinta de película. Despois de sacarlle unhas fotos decidín entrar. Nada más poñer un pé nese mundo de obxectos inertes que no seu momento foron utilizados e que agora non teñen máis que po enriba, só puiden reparar nun libro que estaba na parte máis alta dun vello andel. Collino e nono pensei dúas veces: merqueino. A ven-dedora deuse conta de que era estranxeiro e foi algo reticente a venderme o libro pero ó final acep-tou. Antes de saír díxome cunha voz do máis enigmática: “You mustn’t lose the bookmarks”. Cando subín ó metro para volver ó hotel púxenme a follear o libro e chamoume a atención que se ti-tulaba “Autumn in New York” e só tiña escrita a letra da canción co mesmo nome de Billie Ho-liday, e a pregunta: Estás disposto a descubrir por que New York te acollerá como o teu fogar? E máis nada que datas que arrincaban no 2012 e acababan en el 1524. Como non me interesaba ler datas puxen o marcapáxinas no 1940 e levanteime para saír do metro. Cal foi a miña mi sorpresa ó ver que xa no estaba no Manhattan que coñecía! Levoume un tempo descubrilo pero ... estaba en 1940! Como era posible que un libro fora quen de me trasladar no tem-po? David Seoane Fernández 3ºESO A

Page 16: O Xunquiño de Verán 2012

~16~

O Xunquiño de Verán

Vacas asasinas

Foi a principios de outono. As vacas non se comportaban con normalidade. Sacábaas a pacer e non facían nada. Quedábanse quedas, inmóbiles, cos ollos fixos. Non comían nada. Era arre-piente velas. Parecían zombis. E o peor é que polas noites desaparecía algún cordeiro, unha pita, o can do veciño, o hamster da nena de enfronte… E o mías inquietante é que todas as mañás

había rastros de sangue cara á corte onde estaban as va-cas, con manchas de sangue e os ollos inxectados en san-gue. Algo raro coas vacas. Todas menos unha, a máis nova. Aínda que é máis rara, polo menos comportábase como unha vaca normal, ou dentro do que cabe, xa que á pobre faltáballe un corno… O caso é que a mediados de outono empezou a desaparecer xente: o carniceiro, o carteiro, a se-ñora que botaba as cartas nunca esquiña… A policía non lle encontraba explicación ás desaparicións. Cada semana eran máis e máis. E na corte seguían cegando novos rastros de sangue, con algún cadáver ocasional. Se-guiu morrendo tanta xente que mo-rreron ata os meus seres queridos: a miña muller, o fillo, a sogra… ben, a sogra non, pero a avóa, pobre avóa! Agora as vacas andan todo o día mirándome fixamente. Empezo a sospeitar que foron elas as dos asesinatos; o outro día vin a unha das vacas comendo un porco (ou porco ou miña sogra, non o teño claro). Se alguén le esto, xa estarei lonxe, ou morto…

Diego Rodríguez Rojo 3ºESO A

Page 17: O Xunquiño de Verán 2012

~17~

O Xunquiño de Verán

Page 18: O Xunquiño de Verán 2012

~18~

O Xunquiño de Verán

Page 19: O Xunquiño de Verán 2012

~19~

O Xunquiño de Verán

Page 20: O Xunquiño de Verán 2012

~20~

O Xunquiño de Verán

Page 21: O Xunquiño de Verán 2012

~21~

O Xunquiño de Verán

Laura Castro Carpil 1ºC

Page 22: O Xunquiño de Verán 2012

~22~

O Xunquiño de Verán

O martes 15 de maio,veu ó noso colexio o escri-tor galego Pepe Carballude para darnos unha char-la aos nenos de 1º da ESO,que tivemos que ler o seu libro “O talismán dos druídas” Primeiro,contounos unha historia da súa vida, e lo-go fixémoslle unhas preguntas como as seguintes: P: Onde empezaches a pensar no Talismán dos Druidas? R: Pois... Estaba nunha aldea de Carballo, cerca de Buño, porque aí había unha mina e tamén había un castro.. Comecei a ma-quinar. P: Canto tardaches en escribir este libro? R: Exacto non o sei, pero, seis ou sete meses, facendo un guión e argallan-do pequenas cousas. P: Que libro nos recomendas? R: Este que estades lendo e “A historia do home-can”; e para nenos máis pequenos, “Andrea quere ser maior”. Ese gústame porque me inspirei na miña filla máis pequena. P: Que che gusta facer no teu tempo libre? R: Gústame moito ler, ir ao cine e estar coa miña familia, son moi familiar. P: Cal é o teu libro favorito? R: “Cien años de soledad” de Gabriel García Márquez Terminou a súa visita e algúns nenos pedíronlle que lles firmase o libro. Díxonos que había xente que non lle gustara ou que non acabara de enten-der o libro, pero el é catedrático de latín, polo que a historia, xa sexa cas-trexa como a do libro ou paleolítico lle gusta e está moi presente na súa vi-da

Laura Ponce Leira 1º ESO C

Page 23: O Xunquiño de Verán 2012

~23~

O Xunquiño de Verán

O KÁRATE O kárate é unha arte marcial nada nas illas Okinawa entre China e Xapón. Foi de-

senvolvido para a defensa destas illas contra os seus invasores. A súa data de orixe

non está determinada. O seu significado literal é man baleira (kara significa balei-

ro e te significa man). O karate ten un lema básico: “Karate Ni Senti Nashi”, que

significa que o karate nunca comeza atacando. Isto quere dicir que o karate debe

ser sempre utilizado unicamente para a defensa. Practícase cun traxe especial de-

nominado karategui.

Esta arte marcial non se utiliza simplemente para aprender a defenderse, tamén se

aprenden outros moitos conceptos como o respecto, a disciplina ou a educación.

Dentro del distínguense 9 estilos diferentes: Shito ryu, Shotokan, Goju ryu, Renbu

kai, Shoto kai, Gensei ryu, Wado ryu, Kyokushin kai e Shorinji-ryu.

-Shito ryu : esta escola

foi creada polo mestre

Kenwa Mabuni (1893-

1957) no ano 1930. O

seu significado é:

Shi Representa a Ito-

su (mestre de Mabuni)

To Representa a

Higaonna (mestre de

Mabuni)

Ryu Escola

-Shotokan : o seu crea-

dor foi o mestre Gichin

Funakoshi (1868-

1957). O seu significa-

do é:

Shoto pseudónimo

do mestre Gichin Fu-

nakoshi

Kan casa

-Goju ryu : o

seu creador foi

o mestre Cho-

jun Miyagi (1887-

1953). O seu significa-

do é:

Go dureza

Ju suavidade

Ryu escola

-Renbu kai : o seu

fundador foi un

mestre de escola co-

reano chamado Ge-

ka Yung. O seu sig-

nificado é

“asociación de prac-

ticantes de artes

marciales”.

-Shoto kai : é unha va-

riante do estilo Shoto-

kan. Foi desenrolado

polo mestre Shigeru

Egami (1912-1981). O

seu significado é:

Shoto pseudónimo

do mestre Funakoshi

Kai asociación

-Gensei ryu : foi crea-

do polo mestre Seiken

Shukumite (1925- ) ao

final da década dos 40.

O seu significado é:

Gen serenidade,

razón profunda

Sei lei, regra, for-

mar y dominar

Ryu escola

-Wado ryu : o seu

creador foi o mestre

Hironori Otsuka (1892

-1982) no ano 1934. O

seu significado é escola

de Wado

-Kyokushin kai : foi desenvolto polo

mestre (1923-1994). O seu significado é:

Kyoku último, o máis alto

Shin a verdade ou realidade

Kai asociación

-Shorinji ryu : o seu

fundador foi Ri-

chard Kim (1917-

2001). O seu signifi-

cado é “EScola do

Templo Shaolin” ou

“ Escola do Templo

do pequeno bos-

que”.

Ariadna López Rocha

Page 24: O Xunquiño de Verán 2012

~24~

O Xunquiño de Verán

The Killers é unha banda estadounidense de rock formada en Las Vegas no ano 2002. Está composta por Brandon Flowers (voz e te-clado), Dave Keuning (guitarra), Mark Stoermer (baixo), e Ronnie

Vannucci Jr. (batería).

En 2004 lanzaron o seu álbum debut, “Hot Fuss”, que tivo un gran éxito comercial en Estados Unidos e Reino Unido. En 2006 saca-

ron “Sam’s Town”. En 2007 sacaron un álbum de recopilación, “Sawdust”, con caras-B, rarezas e outros temas. O terceiro álbum

de estudio, “Day And Age” foi lanzado en 2008.

Venderon máis de 15 millóns de álbumes en todo o mundo.

Formación: 2001- 2004

En 2001, Brandon Flowers coñeceu a Dave Keuning despois de responder a un anuncio que este puxera no xornal. A finais de 2002 sumáronse á banda

Ronnie Vannucci Jr como batería e Mark Stoermer como baxista, facendo así a forma-

ción definitiva. Ao principio actuaban en pequenos locais de As Vegas, e comezaron a enviar maquetas a distintos selos discográficos de Estados Uni-dos, sendo rechazados por todos. Finalmen-te firmaron cun selo independente no Reino

Unido en 2003. A banda trasladouse a Londres para dar pequenos concertos; o

seu público aumentou e as críticas eran cada vez máis boas. Vol-veron a Estados Unidos e firmaron por outra discográfica.

Page 25: O Xunquiño de Verán 2012

~25~

O Xunquiño de Verán

Hot Fuss: 2004 - 2006 O seu primeiro álbum foi lanzando en 2004, con can-cións como “Mr. Brightside”, “All These Things That

I’ve Done” e “Somebody Told Me”.

Sam’s Town: 2006 – 2007 O seu Segundo álbum, lanzado en 2006, tivo un

grande éxito, con cancións como “Bones”, “When You Were Young” e “Read My Mind”

Sawdust: 2007 – 2008

Este álbum recopilatorio lanzado en 2007, contén ca-ras B, rarezas e algún tema novo, e conta, por exem-plo, cunha versión do tema “Romeo and Juliet” de Di-

re Straits.

Day & Age: 2008 – 2010 Este álbum é o máis exi-

toso, con temas como “Human”, e o álbum logrou co-locarse no número 1 das listas durante algún tempo.

Diego Rodríguez Rojo 3ºESO A

Page 26: O Xunquiño de Verán 2012

~26~

O Xunquiño de Verán

Como xa sa- bedes Galicia volve ser de primeira! Ágora temos dous equipos, Deportivo da Coruña e Celta de Vigo, na primeira división da liga BBVA. Para celebrar o ascenso do Depor de forma máis partícipe veu o noso colexio Juan Domínguez La-mas, o futbolista do Depor. Estivo toda a mañá no seu antigo colexio asinando autógrafos e contes-tando a moitas das preguntas dos pequechos. Entre Barça e Madrid non se mollou. Esperemos que este ascenso sexa para sempre.

Page 27: O Xunquiño de Verán 2012

~27~

O Xunquiño de Entroido

É unha época na que se poden romper tódalas normas,unha época na que se po-de cambiar de personalidade,unha época na que podemos ironizar sobre as gran-des institucións,é o entroido. O entroido celébrase en toda Europa dende épocas descoñecidas.Ao variar con-forme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de entroido adoita coincidir a finais de febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebra-cións relacionadas poden comezar xa en xaneiro. A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo"da primavera e do rexurdimento da vexetación.A palabra carnaval vén do italiano carnevale. Na zona norte de Galiza emprégase moito a palabra antroido.

Xeralmente,o que define o entroido galego,son ás máscaras.Estas,segundo as zo-nas e comarcas presentan distintos trazos.Pódense distinguir dous grandes gru-pos:

-As máscaras ourensás:A súa misión é meter medo, asustar, bater nos veciños ou escorrentalos realizadas sobretodo en madeira,estas más-caras coloristas cobren toda a cara. Aínda que ás veces van en grupo, a súa presenza é habitualmente individual.Entre elas están os ciga-rróns de Verin, os peliqueiros de Laza,as pantallas de Xinzo... -As máscaras da zona atlántica. Son por exemplo os xenerais de Deza e de Ulla, as damas e galáns de Cangas e Vilalba e as madamitas e madamitos do entroido de Cotobade.Son traxes tamén coloristas, pero que frecuentemente deixan o rostro descuberto. Neles o traba-llo individual de elaboración do vestido é importante, pero máis o é

a performance, que adoita ser colectiva. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas. No entroido,o tradicional é comer e beber ata encherse,sendo outra das facetas da idea de exceso e provocación destas festas.Tamén nestas datas prepáranse so-bremesas especiais como son as orellas e as filloas, que son os platos máis típicos do entroido.O lacon con grelos como prato forte, acompañado destos doces, son as comidas típicas destas festas.

Uxía Castro Martinez 3ESO

Page 28: O Xunquiño de Verán 2012

~28~

O Xunquiño de Verán

Os nenos da Xunqueira

falan galego!

Page 29: O Xunquiño de Verán 2012

~29~

O Xunquiño de Verán

Page 30: O Xunquiño de Verán 2012

~30~

O Xunquiño de Verán

OS NENOS DE 3 ANOS,

ASÍ SOMOS E ASÍ NOS VEMOS

Nenos de 2º de E.P

Page 31: O Xunquiño de Verán 2012

~31~

O Xunquiño de Verán

OS NENOS DE 3 ANOS,

ASÍ SOMOS E ASÍ NOS VEMOS

Page 32: O Xunquiño de Verán 2012

~32~

O Xunquiño de Verán

Page 33: O Xunquiño de Verán 2012

~33~

O Xunquiño de Verán

Page 34: O Xunquiño de Verán 2012

~34~

O Xunquiño de Verán

Page 35: O Xunquiño de Verán 2012

~35~

O Xunquiño de Verán

Page 36: O Xunquiño de Verán 2012

~36~

O Xunquiño de Verán

Page 37: O Xunquiño de Verán 2012

~37~

O Xunquiño de Verán

Page 38: O Xunquiño de Verán 2012

~38~

O Xunquiño de Verán

Page 39: O Xunquiño de Verán 2012

~39~

O Xunquiño de Verán

Page 40: O Xunquiño de Verán 2012

~40~

O Xunquiño de Verán

Page 41: O Xunquiño de Verán 2012

~41~

O Xunquiño de Verán

Estudou Bacharelato en Pontevedra. Posteriormente estudou Dereito en Santiago. Ó remata-los seus estudos dirixe o diario 'Galicia', no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside e Vilar Ponte. En 1924 Valentín é condeado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos. En 1931 foi candidato a Deputado de Pontevedra nas Cortes Constituíntes. Despois do alzamento militar contra a República, é desterrado a Verín na Serra de Queixa. Posteriormente é confinado a Villanueva de la Serena (Extremadura). En 1939 casou con Pilar Rodríguez de Prada. En 1942 empezou a dirixir a revista Industrias Pesqueras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego. En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega co discurso titulado A Galeguidade na obra de Guimaraes Rosa. Despois da morte de Franco, formou parte da 'Comisión dos 10' da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc). En 1977 foi elexido Senador de Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega. Valentín Paz Andrade publicou numerosos artigos xornalísticos.Como xurista amosou a súa preocupación pola realidade socio-económica de Galicia en obras como Pranto matricial, Galicia como tarea, Sementeira do vento, La marginación de Galicia, El capital como factor del desarrollo de Galicia, El sistema económico de la pesca en Galicia, Producción y fluctuación de las pesquerías e Los derechos sobre el espacio marítimo. A súa personalidade polifacética levouno tamén a publicar algunhas obras de poesía como Pranto matricial (1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves na sombra (1979) e ensaios como La Anunciación de Valle Inclán (1967), Transferencias etnológicas de Galicia en el Brasil Ulterior (1976), e A galeguidade na obra de Guimaraes Rosa (1978). Paz Andrade amosa tamén a súa preocupación política en obras como O modelo federal para a constitución do Estado galego e Testimuñas e prespectivas de homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978). Ademais publicou a biografía máis importante que existe sobre Castelao, titulada Castelao na luz e na sombra (1982). “A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño”O porvir da lingua Andrea Chao Fernández e Sara Pena Caaveiro 3º A

Page 42: O Xunquiño de Verán 2012

~42~

O Xunquiño de Verán

Page 43: O Xunquiño de Verán 2012

~43~

O Xunquiño de Verán

Page 44: O Xunquiño de Verán 2012

~44~

O Xunquiño de Verán

A última peza dos grandes galegos sempre comprometidos coa súa terra e co desenvolvemento da lingua, que tivo sempre como súa incluso cando non estaba na terra que sempre amou.

Isaac foi unha persoa emprendedora que desde os primeiros momentos da súa vida cando rodeado do ambiente intelectual e galeguista dos Irmáns da fala do que era participante o seu pai, o pintor Camilo Díaz Baliño, e do que pasaría a ser parte el de non ser pola aparición da Guerra Civil. Por esta guerra ti-vo que estar escondido nun piso da súa tía en Santia-go. Durante toda a súa vida tivo ese sentimento de supervivente que o impulsou a ser unha persoa em-prendedora, comprensiva, directa e protectora.

Co fin da guerra decidiu estudar artes plásticas, pero

deuse conta de que non era capaz de vender unha arte do máis persoal que facía como se fora a sangue que corría polas veas. Co paso dos anos dedicouse a distintos traballos, pero ao final dispúxose a abrir unha das empresas máis prósperas de Galiza; ata hai uns anos cando, lle quitaron o poder e as ganas de vivir.

Co cambio de “goberno” viuse obrigado a emigrar a Arxentina onde coa axuda doutros destacados galeguistas, como Luís Seoane, crea o Labora-torio de Formas. Uns anos despois crea as Cerámica de Sargadelos, o

Museo Carlos Maside, o Instituto Galego de Información, a editorial Edi-cións do Castro, o Seminario de Estudos Galegos, etc.

Nas cerámicas dende o primeiro momento deulles axuda, educación e se-guridade a todos/as traballadores/as das fábricas, que tivo asegurados dende o primeiro momento de vida da fábrica.

Ao longo da súa vida recibiu moitas distincións e recoñecementos, coma o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedraio das Deputacións

Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991), Premio Trasalba da Funda-ción Otero Pedraio (1993), a Vieira de Prata do Patronato da Cultura Gale-ga de Montevideo (1995), a Medalla de Ouro de Galicia e a Medalla ao Traballo (2007) entre moitísimos outros.

Morreu o 5 de xaneiro do 2012 aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña.

David Seoane Fernández 3 ESO

Isaac Díaz Pardo

Page 45: O Xunquiño de Verán 2012

~45~

O Xunquiño de Verán

Page 46: O Xunquiño de Verán 2012

~46~

O Xunquiño de Verán

Page 47: O Xunquiño de Verán 2012

~47~

O Xunquiño de Verán

Page 48: O Xunquiño de Verán 2012

~48~

O Xunquiño de Verán

Page 49: O Xunquiño de Verán 2012

~49~

O Xunquiño de Verán

Page 50: O Xunquiño de Verán 2012

~50~

O Xunquiño de Verán

Page 51: O Xunquiño de Verán 2012

~51~

Page 52: O Xunquiño de Verán 2012

~52~

Page 53: O Xunquiño de Verán 2012

~53~