o sistema nervioso
description
Transcript of o sistema nervioso
O SISTEMA NERVIOSO
6º CEIP FRIAN - TEIS
ESTÍMULOS E RESPOSTAS
• O noso corpo ten a capacidade de producir respostas ao recibir estímulos do exterior.
• Existen dous tipos de estímulos:– Estímulos:• Internos: se producen do interior do noso corpo.
Exemplo: fame, sede.• Externos: se producen do exterior do noso corpo.
Exemplo: olor dunha froita, a textura dunha tea.
ESTÍMULOS E RESPOSTAS
• A resposta é o resultado do organismo ante o estímulo.
• Existen dous tipos de respostas:– Respostas musculares: movementos que realizan
os músculos como resposta a un estímulo. Exemplo: retirar a man se tocamos algo moi quente.
– Respostas glandulares: fan que as glándulas produzan diversas substancias. Exemplo: as glándulas sudoríparas producen suor ante a calor.
ESTÍMULOS E RESPOSTAS
• Para recibir os estímulos dispoñemos de dous tipos de receptores:– Receptores internos: os que nos permiten captar
sensacións internas producidas polo noso propio corpo. Exemplo: os que perciben a fame, a sede...
– Receptores externos: os que nos permiten captar os estímulos externos e localízanse nos órganos dos sentidos.
ESTÍMULOS E RESPOSTAS
O SISTEMA NERVIOSO
• O sistema nervioso está formado polos centros nerviosos e polos nervios.
• Os centros nerviosos interpretan a información, elaboran respostas e forman o sistema nervioso central.
• Os nervios transmiten a información e constitúen o sistema nervioso periférico.
O SISTEMA NERVIOSO CENTRAL• Está formado polo:– Encéfalo: situado no
interior do cranio, composto por:• Cerebro.• Cerebelo.• Bulbo raquídeo.
– Medula espiñal: groso cordón formado por moitas neuronas, que discorre pola columna vertebral.
O SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO
Está formado polos nervios que podemos clasificar en:– Nervios sensitivos: transmiten información desde
os órganos dos sentidos e os órganos internos ao sistema nervioso central.
– Nervios motores: transmiten a resposta desde o sistema nervioso central aos músculos e ás glándulas do nodo organismo.
AS NEURONAS• As neuronas son as
células do sistema nervioso e están formadas polo:– Corpo celular: contén o
núcleo e os órganos celulares.
– Dendritas: ramificacións do corpo celular que conectan as neuronas.
– Axón: é a ramificación máis longa.
OS MOVEMENTOS VOLUNTARIOS
Os nervios sensitivos levan a información ao cerebro, que elabora unha resposta e esta, a través dos nervios motores, transmítense aos
músculos.
OS MOVEMENTOS INVOLUNTARIOS OU REFLEXOS
Nestes movementos os nervios sensitivos
transmítenlle a información á medula
espiñal, esta elabora unha resposta moi rápida e
transmítea aos músculos a través dos nervios
motores.