O século XIX: O Rexurdimento

48

description

O século XIX: O Rexurdimento. No século XIX Galiza vivía inda sumida no sistema feudal porque o campesiñado (a maioría do pobo) seguía pagando á Igrexa e fidalguía un arrendamento (o foro) por cultivar as súas terras sen posibilidades de mellora económica. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of O século XIX: O Rexurdimento

Page 1: O século XIX: O Rexurdimento
Page 2: O século XIX: O Rexurdimento

No século XIX Galiza vivía inda sumida no

sistema feudal porque o campesiñado (a maioría do pobo) seguía pagando á Igrexa e fidalguía un arrendamento (o foro)

por cultivar as súas terras sen posibilidades de mellora económica.

Isto motivou que moita poboación emigrase para fuxir non só da pobreza senón da mesma fame.

Page 3: O século XIX: O Rexurdimento

Por outra banda, a literatura escrita escaseaba nun pobo que cría que o seu idioma non podía

ter prestixio social porque o poder non o usaba, por iso só se empregaba oralmente no seo da familia. Ademais os índices de analfabetismo eran altísimos.

Page 4: O século XIX: O Rexurdimento
Page 5: O século XIX: O Rexurdimento

EN 1833 O ESTADO ESPAÑOL

DECIDIU DIVIDIR O PAÍS GALEGO

EN CATRO PROVINCIAS DAS

SETE QUE POSUÍA. ESTA NOVA

DELIMITACIÓN ADMINISTRATIVA

NON TIÑA EN CONTA A

REALIDADE DAS COMARCAS NIN

PRETENDÍA RESOLVER O

PROBLEMA SOCIOECONÓMICO

DA GALIZA.

Page 6: O século XIX: O Rexurdimento

A DESAMORTIZACIÓN

INICIADA EN 1835 POLO

MINISTRO MENDIZÁBAL,

QUE CONSISTÍA NA

VENDA DE TERRAS QUE

A IGREXA NON

UTILIZABA, FOI

INEFICAZ NA GALIZA

PORQUE OS LABREGOS

NON AS PODÍAN

MERCAR.

Mendizábal

Page 7: O século XIX: O Rexurdimento

En 1846 o xeneral Solís dá un

pronunciamento liberal en Lugo

contra o goberno isabelino pero,

perseguidas as súas tropas, marcha cara

a Compostela; apresados, os

incitadores dos sublevados liberais son fusilados sen xuízo previo en

Carral, unha vila ao sur da Coruña.

Solís

Page 8: O século XIX: O Rexurdimento

Este tráxico episodio coñécese

co nome dos Mártires de Carral,

os primeiros mortos implicados

na causa galeguista.

Monumento aos Mártires, en Carral

Page 9: O século XIX: O Rexurdimento

A reacción contra esta situación fai xurdir o primeiro

movemento galeguista, que se

denomina provincialismo por

reclamar que Galiza fose considerada como unha soa

provincia gobernada

principalmente por organismos

galegos.

Antolín Faraldo, líder provincialista

Page 10: O século XIX: O Rexurdimento

Creado xa un ambiente político

galeguista durante o goberno de Isabel II, o seguinte período de

defensa da identidade de Galicia noméase

rexionalismo por reclamarse para o

país dereitos políticos de autogoberno

rexional, a defensa do idioma, a

desaparición dos foros...

Foto familiar de Rosalía e Manuel Murguía, teórico do

rexionalismo

Page 11: O século XIX: O Rexurdimento

A PESAR DA LEI

MOYANO, QUE

OBRIGABA AO USO DO

CASTELÁN NO ENSINO

DENDE 1852, ...

MOYANO, MINISTRO DE EDUCACIÓN

Page 12: O século XIX: O Rexurdimento

...TODO ESTE CLIMA GALEGUISTA

FAVORECEU A APARICIÓN DA

LINGUA NO ÁMBITO DA ESCRITA.

Page 13: O século XIX: O Rexurdimento

Saco e Arce elaborou unha gramática de gran calidade

M. Valladares foi tamén creador dun dicionario e

dunha gramática

Os primeiros estudos lingüísticos non naceron ata 1864, coa gramática de

Francisco Mirás. A partir de entón van xurdindo tamén os dicionarios.

Page 14: O século XIX: O Rexurdimento

A PRENSA ESCRITA EN GALEGO NACE TAMÉN DURANTE O REXURDIMENTO.

VALENTÍN LAMAS CARVAJAL DIRIXÍA O Tío Marcos da Portela MENTRES APARECÍAN OUTROS PERIÓDICOS, COMO A Monteira.

Lamas Carvajal

Page 15: O século XIX: O Rexurdimento

Todo este fervor cultural levou a que se crease a Real Academia Galega en 1905 aínda que ata 1906 non se

reuniu por primeira vez baixo a dirección de

Murguía.

A Real Academia, na rúa do Parrote, na

Coruña, perante a que posa o académico

Neira Vilas

Manuel Murguía apoiaba a cultura

galega malia que só escribiu en galego dúas veces; incluso elaborou o discurso de apertura da RAG en idioma castelán

Page 16: O século XIX: O Rexurdimento

En 1809 a guerra contra os franceses

orixinou a aparición de escritos

propagandísticos en galego animando á

loita.

PRERREXURDIMENTO

Todos os escritores que publicaron antes de

1863, ano da edición de Cantares gallegos, de

Rosalía, en que se inicia o Rexurdimento, son

chamados precursores. A literatura do s. XIX carecía de referentes anteriores pois nos

Séculos Escuros case non houbera textos

escritos inda que esta se mantiña na oralidade (contos, cantigas...).

Page 17: O século XIX: O Rexurdimento

PRERREXURDIMENTO

Miliciano galego

Un romance anónimo que

arengaba contra o invasor de

1809 constitúe o primeiro

texto do XIX: Un labrador que

foi sarxento aos soldados do

novo alistamento.

Page 18: O século XIX: O Rexurdimento

PRERREXURDIMENTO

Fernández Neira, autor de Proezas de Galicia

Ao ano seguinte

aparece un diálogo

propagandístico en

prosa contra o

exército francés onde

se loan as vitorias

galegas, titulado

Proezas de Galicia.

Page 19: O século XIX: O Rexurdimento

Tertulia de Picaños

Tertulia da Quintana

Parola de Cacheiras

Á parte doutro romance de 1813 contra a Inquisición, de Pardo de Andrade, o xénero

narrativo dos diálogos anónimos de política e

actualidade abundou no panorama literario a inicios

do s. XIX:

PRERREXURDIMENTO

Page 20: O século XIX: O Rexurdimento

PEDRO BOADO SÁNCHEZ PUBLICOU EN 1823

UN DIÁLOGO MÁIS EXTENSO E CULTO CÓS

ANTES CITADOS: O tío Farruco. NEL

DENUNCIABA A SITUACIÓN SOCIAL.

INFELIZMENTE TODA A SÚA OBRA SE PERDEU

NO NAUFRAXIO EN QUE FALECEU CANDO SE

TRASLADABA EXILIADO A GRAN BRETAÑA.

PRERREXURDIMENTO

Page 21: O século XIX: O Rexurdimento

Pastor Díaz

Poetas da época do

provincialismo foron Alberte

Camino, Vicente Turnes ou Nicomedes Pastor Díaz,

autor de Alborada e

Égloga, poemas de tipo

popularista.

PRERREXURDIMENTO

Page 22: O século XIX: O Rexurdimento

Vicente Turnes

tamén

compuxo

varios

vilancicos de

Nadal. Moitas

destas

panxoliñas

creáronse

durante o s.

XIX na catedral

de Mondoñedo.

Page 23: O século XIX: O Rexurdimento

X. M. Pintos

PRERREXURDIMENTO

Xoán Manuel Pintos era un avogado de

Pontevedra que en 1853 editou A gaita gallega,

unha obra onde tamén se atopan treitos en

castelán ou latín e se alterna o verso coa prosa. De temática variada, tivo moito éxito, ademais do acadado por poemas e artigos seus aparecidos en distintas publicacións

da época.

Page 24: O século XIX: O Rexurdimento

Francisco Añón foi un poeta da etapa galeguista

do provincialismo moi considerado entre os seus contemporáneos. A súa

poesía, costumista, non se chegou a publicar

compilada en vida. Tivo que morrer no exilio, como

Antolín Faraldo.

PRERREXURDIMENTO

Page 25: O século XIX: O Rexurdimento

Só lle concederon un accésit a Añón e en 1862 publicáronse todos os poemas do concurso no Álbum de

la Caridad, primeira compilación poética do s. XIX.

PondalRosalíaAñón

PRERREXURDIMENTOA última actividade dos precursores foi o certame poético dos Primeiros Xogos Florais, na Coruña, en 1861.

Page 26: O século XIX: O Rexurdimento

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Rosalía de Castro (1837-1885) inaugura este período coa publicación de Cantares gallegos en 1863, que consta de coplas populares baseadas

en cantigas orais.

Page 27: O século XIX: O Rexurdimento

Follas novas (1880) está composto por

cinco partes: “Vaguedás”

“Do íntimo”

“Varia”

“Da terra”

“As viudas dos vivos e as viudas

dos mortos”

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 28: O século XIX: O Rexurdimento

As dúas primeiras partes teñen

carácter subxectivo, nas que

a voz poética expresa o seu

desacougo existencial, ante o

que só atopa repouso na morte. A famosa metáfora da negra sombra

simboliza a angustia vital que

sente a voz poética.

Follas novasREXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 29: O século XIX: O Rexurdimento

A terceira parte xa comeza a mostrar

poemas obxectivos ata o final, nos que a situación social

de miseria debida á inxustiza social que causa unha grande

emigración... ,

Follas novas REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 30: O século XIX: O Rexurdimento

... a defensa do feminismo e a denuncia da precariedade da muller na sociedade machista

do século XIX son os temas básicos.

Follas novas REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 31: O século XIX: O Rexurdimento

Manuel Curros Enríquez (1851-1908) empezou cedo a

facer poesía (o famoso poema “Cántiga” data de 1869). En

1877 gañou un concurso poético en Ourense con tres

composicións: “O gueiteiro”, “Unha boda en Einibó”, de carácter costumista, e “A

Virxe de Cristal”, unha lenda orixinaria da vila da nai,

Vilanova dos Infantes, preto de Celanova, onde el naceu.

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 32: O século XIX: O Rexurdimento

O anticlericalismo e a denuncia das inxustizas

sociais constitúen os temas de Aires da miña terra (1880). A Igrexa perseguiuno por impío

ata facerlle perder a súa praza de funcionario en

Ourense.

(O poema “O maio” constitúe un exemplo

claro de poesía anticlerical).

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 33: O século XIX: O Rexurdimento

“Cando eu me atopare

de donos liberto

e o pan non mo quiten

trabucos e préstemos,

e como os do abade

florezan meus eidos,

chegado habrá estonces

o maio que eu quero.”

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 34: O século XIX: O Rexurdimento

En 1888 edita O Divino Sainete,

poema que imita a Divina Comedia, famosa obra de

Dante do s. XIV. O poeta, xunto ó

espírito de Añón, xa morto daquela, visita os sete vagóns dun

tren (que representan os

pecados capitais, onde satiriza

personaxes da época), no que se

dirixen a Roma para pedirlle ó Papa que a Igrexa deixe de ser

tan materialista.

Curros denunciaba a Igrexa como a culpable da pobreza do pobo galego,

que era maiormente campesiño.

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 35: O século XIX: O Rexurdimento

As sátiras contra a Igrexa e certos

literatos e políticos carrexáronlle o exilio.

Curros foi traballar como xornalista para

Cuba, dende onde promoveu a creación

da Real Academia Galega, que viu

inaugurarse dous anos antes da súa

morte.

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 36: O século XIX: O Rexurdimento

Eduardo Pondal (1835-1917) naceu en

Ponteceso no seo dunha familia fidalga, o

que lle permitiu abandonar o seu

traballo de médico para dedicarse só á

literatura.Presentou o seu primeiro poema, “A campana de Anllóns”, ós primeiros Xogos Florais, aparecendo no Álbum

de la Caridad.

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 37: O século XIX: O Rexurdimento

O seu único poemario publicouse en vida en 1886. Nel identifícase como vate, ó xeito

dos poetas celtas, os bardos, para cantar as excelencias do glorioso pasado do pobo

galego, un pobo forte e guerreiro.

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 38: O século XIX: O Rexurdimento

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

En Queixumes dos pinos Pondal

defendía as orixes célticas de Galiza,

que ligaba con topónimos

inventados ou reais propios da natureza da zona de Bergantiños, a

cal mostra poeticamente en estado salvaxe.

Ademais dotaba ós heroes celtas

dos atributos clásicos dos

espartanos da Grecia Antiga:

fortaleza e masculinidade. As

características femininas eran

propias dos pobos escravos, como o

foron os ilotas para os gregos.

Page 39: O século XIX: O Rexurdimento

A muller é tratada na

súa poesía ás veces

como mero obxecto

sexual ó servizo do home

e outras do xeito

idealizado clásico da loa.

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 40: O século XIX: O Rexurdimento

As catro primeiras estrofas do poema

“Os pinos” constitúen a letra do noso himno, con música de Pascual Veiga.

Page 41: O século XIX: O Rexurdimento

PONDAL TAMÉN É AUTOR DUN

POEMA ÉPICO INACABADO

SOBRE O DESCUBRIMENTO DE

AMÉRICA, Os eoas, QUE

ABANDONOU POR NON SER DE

TEMA GALEGUISTA.

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

Page 42: O século XIX: O Rexurdimento

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

poesía

Leiras Pulpeiro

cultivou a poesía

costumista, patriótica e

anticlerical en Cantares

gallegos, co mesmo título

có libro de Rosalía.

Page 43: O século XIX: O Rexurdimento

REXURDIMENTO REXURDIMENTO novela

A primeira novela galega data de

1880; de temática romántica

costumista, é de Marcial Valladares e

leva por título Maxina ou a filla

espúrea.

Page 44: O século XIX: O Rexurdimento

REXURDIMENTOREXURDIMENTO

narrativa

Á parte de xornalista, Valentín Lamas Carvajal tamén foi poeta (Espiñas, follas e flores) e narrador.

Nesta obra un labrego e o autor dialogan coma nun catecismo sobre as míseras condicións de vida do campesiñado galego.

Page 45: O século XIX: O Rexurdimento

REXURDIMENTO novela

Antonio López Ferreiro nos noventa escribiu tres novelas de tema realista histórico: A tecedeira de

Bonaval, O castelo de Pambre e O niño de pombas.

Page 46: O século XIX: O Rexurdimento

REXURDIMENTOteatro

Francisco Mª de la Iglesia, autor de

A fonte do xuramento

A fonte do xuramento

(1882) considérase a

primeira peza teatral

en tres actos estreada

no século XIX, aínda

que en 1849 xa se

publicara A

casamenteira, obra

escrita en 1812 por

Benito Fandiño

presentando o tema

dos casamentos

amañados.

Page 47: O século XIX: O Rexurdimento

REXURDIMENTO

teatroGalo Salinas,

ademais de

publicar obras

teatrais, fundou a

Escola Rexional de

Declamación (onde

se formaban

actores e actrices),

para a que escribiu

pezas de carácter

costumista, como

Filla! (1904).

Page 48: O século XIX: O Rexurdimento

A LITERATURA DO REXURDIMENTO

INFLUÍU GRANDEMENTE NA DO

SÉCULO XX, SOBRE TODO POR PARTE

DE ROSALÍA (liña intimista e

feminina), CURROS (liña

socialrealista) E PONDAL

(culturalismo).