O noso nadal

28
O noso Nadal, galego e verde

Transcript of O noso nadal

Page 1: O noso nadal

O noso Nadal,galego e verde

Page 2: O noso nadal

Contido- Consellos para un Nadal galego e verde 3

- Agasallos en galego 4

- Roteiros literarios 6

- Artigos galego:“Falas menos galego que un teletubbi”, Séchu Sende 7“A tecnoloxía, tamén en galego”, Marcus Fernández Otero 8“As palabras”, Paula Carballeira 10“Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de sempre”, Kiko Fernández Mújico, Carlos Yus Respaldiza, María Campos Cabaleiro 11

- Receitas:-menús tradicionais 13-menú vexetariano 16

- Artigos verdes:“Como sobrevivir ás festas: algunhas ideas para consumir de forma crítica e responsábel no Nadal”, María Carmen Fidalgo, ONDG Amarante 18 “Receitas para un Nadal sustentable?”, Juan Marcos Pérez Gulín 20“Consumir ou devorar, velaí a cuestión”, Xosé María García Villaverde, asociación Verdegaia 22“Un máis un son tres”, Adrián Serantes Tobío, proxecto Xanela aberta 23“A importancia de conservar as nosas raíces”, Rebeca Carreiro, asociación Amigos da Terra 25

- As termas de Bande, un lugar de interese 27

O noso Nadal, galego e verdeConsello da Xuventude de Galiciawww.cxg.org

Deseño e Maquetación: Ofireyco, S.L. Diseñador: Luis Rodríguez www.luisenrique.infoDepósito Legal: C 3980-2009

Page 3: O noso nadal

Algúns consellos para un Nadal galego e verde Achéganse as celebracións do Nadal e o consumismo increméntase considerablemente (en forma de regalos, comida, decoración, etc). Pero neste remuíño de compras hai que facer unha pausa e preguntarse: que impacto ten este consumismo excesivo sobre o medio? Son necesarios e imprescindibles todos os excesos que cometemos nesta época? Este Nadal consumista do século XXI fainos ser máis felices? Realmente queremos abandonar os nosos costumes e tradicións seculares por outras importadas carentes de significado para nós e que á súa vez son máis prexudiciais para o noso contorno ambiental e cultural?

Vivir un Nadal propio, autóctono é gozar das nosas festas, xunto coa xente que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades. Como lograr un consumo máis responsable co noso contorno:

- Antes de comprar calquera cousa, pensa o que necesitas, non o que queres...

- Cando compres analiza o produto, mira o sistema de etiquetaxe e intenta saber cal é a orixe do produto e de que está composto.

- Infórmate sobre as repercusións na saúde que trae o consumo de certas substancias. Prefire aqueles produtos que teñan menos conservantes e aditivos.

- Escolle aqueles produtos que sexan elaborados localmente, xa que así

ademais de axudar a impulsar a economía local, estarás axudando a frear a xeración dos gases invernadoiro que se xeran co traslado de materiais.

- Elixe consumir aqueles produtos que poidas reciclar.

- Cando compres obxectos para o fogar, podes optar por aqueles que sexan de segunda man. Regala aquelas prendas que xa non uses ou pensa nunha nova utilidade. - Sé orixinal á hora de regalar. Pensa que os mellores agasallos non teñen por que ser os máis caros: os obxectos ou prendas artesanais, feitas a man por ti mesmo/a, son unha boa opción ecolóxica. - Regala o teu tempo para compartir coas persoas que aprecias: un paseo tranquilo e relaxante pola natureza ou simplemente un café acompañado dunha conversa agradable servirannos para deixar a un lado as présas do día a día. - Regala libros, música, cinema, entradas para o teatro, para un concerto... son sempre unha alternativa intelixente. Elixe produtos en lingua galega, acertarás! - A nosa lingua necesita que a coidemos e a divulguemos. Aproveita calquera ocasión para usala. Regala galego.

3

Page 4: O noso nadal

Agasallos en galego1 Regala literatura:Algunhas suxestións de literatura infantil:

-Colección “Así é a vida” da Editorial Galaxia, con títulos como A Max non lle gusta ler, Adoptaron a Sara ou Max quere facer amigos

-Colección “Os Bolechas queren saber…” de Edicións A Nosa Terra, con títulos como Que é o lixo, Educación viaria, Como se cría un xato ou Como se fai un libro

Colección “Gerónimo Stilton. Humor e aventura” da editorial Destino, con títulos como Benvidos ao castelo da rocha rañicas, O misterioso manuscrito de Nostrarratus ou Na procura da marabilla perdida

-Carola, a carteira centola, Mau e Pin, Xerais

A princesa que bocexaba a todas horas, Carmen Gil e Elena Odriozola, OQO editora

-Libro das M’ALICIAS, Miquel Obiols e Miguel Calatayud, editorial Kalandraka

Mil cousas poden pasar. Libro I, Jacobo Fernández Serrano, Xerais

-O planetas das curiosidades. Feitos pioneiros da humanidade. Baía edicións

Algunhas suxestións de literatura xuvenil:

Ás de bolboreta, Rosa Aneiros, Xerais

Faíscas, María Canosa, editorial Galaxia

-O monstro das palabras, María Reimóndez, Xerais

-O contador de estrelas, Santiago Jaureguizar, Edicións Obradoiro

-O Brindo de ouro. II A Táboa de Hospitalidade, Xesús Manuel Marcos, Xerais

-Valados, Agustín Fernández Paz, Xerais

O diario vermello de Carlota, Gemma Lienas, editorial Galaxia

4

Page 5: O noso nadal

Algunhas suxestións de literatura para adultos:

-Sete palabras, Suso de Toro, Xerais

-Xentiario, Carlos G. Reigosa, Editorial Galaxia

-Sol de inverno, Rosa Aneiros, Xerais

-A muller do mediodía, Julia Franck, Sotelo Blanco

-Contos completos I e II, Edgar Allan Poe, Editorial Galaxia

-Neve, Orhan Pamuk, Editorial Galaxia

-Areaquente, An Alfaya, Sotelo Blanco

-Branco, Manuel Darriba, Editorial Galaxia

-Dime algo sucio, Diego Ameixeiras, Xerais

-Diario dunha noiteboa, Manuel Jacobo González Outes, Edicións Baía

-O símbolo perdido, Dan Brown, El Aleph Editores

-Once máis 15, editorial Ir Indo (poesía + música)

-As razóns do galego. Apelo á cidadanía, Henrique Monteagudo, editorial Galaxia

-A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos, Benigno Campos, editorial Galaxia

2 Regala música:

-Ataque escampe, A grande evasión

-Leite de nai, Mirando ao ceo

-The Homens, Cuarta potencia

-Som do galpón, Em terra de ninguém

-Fanny + Alexander, Alfaias

-Esquios, Éche o que hai

-Machina, Post-Bravu

-Kastoma, Almas da noite

-Guadi Galego, Benzón

-Falcatruada, Descarga ao vivo, Cuba-Galiza

Máis información en:A regueifa plataforma: http://aregueifanetlabel.blogspot.com/ Ghastas pista: www.ghastaspista.com Mega, música en Galicia: www.culturagalega.org/mega

3 Regala filmes en galego:

Doraemon e o reino de Kibo (infantil)

Shin Chan, tres minutos para salvar o mundo (infantil)

Os mortos van á présa, Ángel de la Cruz (comedia)

Flores tristes, Teo Abad (película-documental)

Os soños do mar, Daniel López (documental)

Historias de Galicia (serie documental)

Máis información sobre filmes en galego en: www.xunta.es/linguagalega/cine_en_galego

5

Page 6: O noso nadal

Roteiros literariosEstás a organizar unha saída coa familia ou coas amizades para estas vacacións de Nadal? Pensaches en facer algún dos moitos roteiros literarios que hai na nosa Galicia? A continuación propoñémosche algún dos roteiros máis interesantes, pero recorda que pescudando pola internet poderás atopar moitos máis!

1 Roteiro Castelao e Roteiro Sarmiento na cidade de Pontevedra. O obxectivo principal destes roteiros é recuperar e difundir a memoria histórica da cidade de Pontevedra inserida no contorno xeral da historia de Galicia e da lingua galega.

Roteiro SarmientoPercorre a zona vella da cidade amosando a primeira etapa da vida de Sarmiento en Pontevedra, a súa infancia e primeira mocidade.

Roteiro Castelao: Percorre a zona vella e as principais rúas da Pontevedra de principios do século XX. A ruta inclúe a visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao interior do antigo Café Moderno (actual Fundación Caixa Galicia). Máis información: http://www.pontevedra.eu/castelao-pontevedra/ruta.html

2 Roteiros Culturagalega.org. A páxina web www.culturagalega.org/roteiros ofréceche toda a información que precises para que cada persoa ou grupo de persoas poidan facer os roteiros pola súa conta.

Ruta a pé: Curros Enríquez na cidade da Coruñahttp://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=6 O percorrido, apto para facer nunha xornada a pé, inclúe paradas que van desde o porto, que o viu partir cara a emigración, ata o cemiterio, no que

repousan os seus restos mortais, pasando por barrios como o da Cidade Vella e o da Pesacadería..

Rutas en coche:

Roteiro Rosalía de Castrohttp://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=4 Esta ruta percorre o espazo vital e poético da escritora Rosalía de Castro, moi ligada ás comarcas de Santiago e Padrón. Con estas terras, Rosalía de Castro mantivo estreitos lazos vitais, que tiveron o seu reflexo nas súas creacións literarias, en obras como Cantares Gallegos ou En las Orillas del Sar.

Roteiro Curros Enríquez en Ourensehttp://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=5 O roteiro transcorre polos concellos de Celanova, Barbadás, Ourense e O Pereiro de Aguiar. Todos eles tiveron relación coa vida e a obra do vate. Celanova viuno nacer e foi o escenario da súa primeira xuventude e a inspiración para algúns dos seus poemas. Barbadás acolle personaxes e lugares clave nas súas composicións. A capital da provincia marca a vida de Curros, nela coñece o éxito profesional e artístico, pero tamén as adversidades e a censura. O Pereiro é o berce do Padre Feijoo, cuxa vida porá Manuel no teatro.

Roteiro Eduardo Pondalhttp://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=7 O roteiro pondaliano pretende ser un pequeno referente da vida e obra de Eduardo Pondal, o Bardo de Bergantiños. Un percorrido con evocación poética, que nos achegará sen dúbida a un dos grandes da nosa literatura. Este abarca sete concellos da Costa da Morte (Terra de Soneira e Bergantiños), e finaliza no concello da Coruña, lugar onde xacen os seus restos mortais.

6

Page 7: O noso nadal

Falas menos galego que un teletubbiDaria Shornikova é rusa. Ten 19 anos e aprendeu a falar galego en Petersburgo. Marga ten 18, vive en Vigo e di que se sente rara falando galego. Blanka é bosnia, ten 20 anos. Fala o galego que aprendeu na cidade croata de Zadar, na universidade. Marcos vive en Ferrol, ten 18, non fala galego. Mólanlle os Dios ke te Crew. Tom é escocés. Fala galego. Ten 20. Coñeceu a Blanka nunha viaxe de estudos a Santiago, gustáronse e liáronse falando galego entre eles. Lucía ten 17, é da Coruña, di que non sabe falar galego. Dili é coreana. Chegou a Galiza para estudar castelán porque lle gustaba La Oreja de Van Gogh e aprendeu castelán e galego. Cando fala galego ten acento coreano, un sotaque de milleiros de quilómetros de distancia.. Mónica naceu en Pontevedra, ten 20, non fala galego nunca. Alexandra Radu chegou a Vila de Cruces aos 13 anos desde Romanía. En romanés eu tamén se di eu. Axiña comezou a falar en galego. Ao final do curso xa falaba e escribía moi ben a nosa lingua. Romina ten 19 anos, é italiana, naceu ao pé do vulcano Vesubio, gústalle o submarinismo. Fala bastante ben para levar aquí só un ano. Rosa ten 19 e traballa de caixeira no súper onde Romina fai a compra. Romina fálalle galego todos os días, Rosa nunca lle contesta en galego. Eva naceu en Andalucía e chegou a Galiza aos 24, aos 25 aprobou as oposicións de educación física. Hoxe dá as clases no seu galego con sotaque de Cádiz. Ten alumnos e alumnas que non falan galego porque lles dá corte. Cando Ignacio aos 16 comezou a falar as súas primeiras palabras en galego recén chegado de Madrid algúns colegas ríronse del. Deixou de intentalo. Aínda que dous anos despois decidiu pasar do que dixera a xente, e hoxe fala galego sen problemas. Eduardo Estévez chegou aos 20 e poucos de Arxentina. Primeiro aprendeu a escribir en galego e logo a falalo. Publicou varios libros de poesía na nosa lingua, que agora tamén é a súa lingua. Podes atopalo na Galipedia, a wiki galega. E a Daria Shornikova podes vela en Youtube, explicando que se lle fai estraño que haxa galeg@s que non falan galego. En Rusia non hai rus@s que non falen ruso. A Blanka e a Tom tamén podedes velos en Youtube, contando que, como non coñecen aínda moitas palabras do noso idioma, ás veces acaban inventando algunha. Ás veces parece que podería ser máis doado que o resto do mundo se botase a falar galego antes de que o fagan algúns galeg@s que semellan terlle alerxia á nosa lingua. Cando escoito falar a Daria, a Blanka, a Tom, a Dili, a Álex, Eva, Romina ou a Eduardo pregúntome por que lle resultará máis fácil falar galego a un estranxeiro que acaba de baixar do avión que a algúns galegos que levan aquí toda a vida. Hai galegos e galegas para quen a língua máis difícil de falar no planeta é o galego. Precisamente.Hai galegos que falan menos galego que un Telettubi. Eu, por exemplo, cando tiña 15 anos. Falan máis galego os catro telettubies xuntos nun capítulo do que falaba eu nun mes enteiro daquela, cando tiña quince anos. Daquela comecei a facerme preguntas: Por que non podía eu falar galego coma se tal cousa? Por que tiñamos que pagar a xente nova os prexuízos lingüísticos d@s maiores? Por que se estaba desgaleguizando a miña xeración? E botáballe a culpa á sociedade, coma se fose algo contra o que non se puidese facer nada. Afortunadamente deime de conta de que iso non era normal nen irreversíbel. Non era normal que chegase a envexar os debuxos animados xaponeses da tele porque falaban galego con toda a naturalidade que eu non tiña. E fixen o único que podía facer. Poñerme a falar galego.

Séchu Sende, escritor

7

Page 8: O noso nadal

A tecnoloxia, tamén en galegoAo falar de normalización lingüística tendemos a pensar en normas relativas á ortografía e á sintaxe dos textos, esquecendo que o auténtico obxectivo é facer que a nosa lingua acade un uso ordinario entre os galegos, e ao igual que hai iniciativas para promover o galego no ensino e nos medios de comunicación, nos sistemas cos que interactuamos a diario tamén resulta de interese a súa adaptación á nosa lingua, de xeito que o galego non estea limitado a relacións interpersoais, senón que tamén chegue á nosa comunicación cos trebellos tecnolóxicos e sistemas automatizados dos que facemos uso a diario.

O galego na RedeSe acudimos á Internet, o número de páxinas web en galego é bastante limitado, aínda que debemos recoñecer que tamén pasa o mesmo co español, pero no caso das administracións públicas a lección parece estar aprendida, e na súa meirande parte hai opcións multilingüe, onde o galego é o seu idioma por defecto, o que contribúe a dar certa visibilidade da nosa lingua na web, ao que tamén contribúen moitas outras persoas a través das súas páxinas web persoais (principalmente blogues) e incluso contribuíndo coa tradución colaborativa ao galego da interface da plataforma de redes sociais Facebook, polo que podemos acceder a tal servizo na nosa fala, de xeito que ao comunicarnos en galego non atopamos unha imaxe castrapa na que os comentarios en galego se mesturarían cunha interface en español ou inglés como acontece noutras plataformas coma Twitter.

Dende Google tamén fixeron a súa achega hai anos, e a súa páxina principal (o buscador) está traducida ao galego, pero quedan pendentes de tradución servizos coma Gmail, moi empregado na nosa comunidade, e do que podemos agardar unha pronta tradución ao galego, posto que actualmente están dispoñibles versións en catalán e éuscaro.

Outras eivas que atopamos na web é que a presenza do galego nos medios de comunicación é anecdótica, de xeito que a cabeceira de prensa de referencia (La Voz de Galicia) publica textos en galego mediante un tradutor automático (o que dista moito de ser unha solución óptima), medios bilingües coma Xornal de Galicia dan prioridade ao español nos seus contidos (pese a ter un nome en galego) e nos outros medios fóra da CRTVG, a presenza do galego en radios e televisións en liña é insignificante, polo que importantes creadores de contidos están a marxinar a nosa lingua de xeito que o resto de axentes do sector deben esforzarse para que a presenza do galego sexa o suficiente como para atender á demanda dos seus falantes.

Pero resulta evidente que a normalización do galego na Rede non depende só de Administracións, provedores de servizos e medios de comunicación, senón que somos os propios cidadáns os que ao relacionarnos en galego por correo electrónico, na mensaxería instantánea, nos blogs ou nas plataformas de redes sociais os que podemos crear un espazo cunha identidade propia, e ao igual que falamos o galego na nosa vida cotiá, podemos facer o mesmo cos nosos alter egos virtuais.

Un grupo de voluntarios traduciron o Facebook ao galego

8

Page 9: O noso nadal

Poucos trebellos en galego

Os fabricantes de electrónica de consumo teñen moi marxinadas as linguas locais nos seus dispositivos, entendendo que o inglés é unha lingua franca, polo que a localización das interfaces de uso de televisores, reprodutores de DVD, receptores de TDT, terminais de telefonía móbil e outros trebellos habitualmente non vai máis aló do español (en moitos casos, incluso de xeito lamentable) e incluso os fabricantes galegos esquecen en boa parte do seu catálogo a nosa lingua.

Pero distintas campañas de concienciación conseguiron calar nos responsables dos produtos comercializados por compañías galegas, e así podemos gozar dun amplo abano de receptores de TDT coa súa interface en galego de fabricantes coma Blusens, NPG, Sanyo, Ikusi, Engel e moitos outros, de xeito que a interacción co televisor

(probablemente o dispositivo de electrónica do consumo máis presente para os usuarios) da nosa lingua é un importante paso adiante, aínda que sería desexable que compañías coma Blusens ou Televés contemplasen tal opción en todos os seus produtos (o que aínda non é así).

O teléfono móbil tamén é un dispositivo co que interactuamos con

moita frecuencia, e aínda que existen terminais coa súa interface en galego, atopalos é bastante complicado, de aí que creasen unha páxina

web con información sobre o tema (oteumobilengalego.com) e a operadora de cable R incluíse no seu catálogo de móbiles 4 terminais en galego, o que supón unha pequena achega, que agardemos que inste a boa parte dos fabricantes a tomar medidas ao respecto.

De todos os xeitos, neste panorama podemos ver un raio de esperanza, pois ao igual que no mundo da informática podemos gozar dos sistemas operativos Windows XP e Vista en galego, e das distintas distribucións de Linux debidamente traducidas, esta tendencia podería trasladarse aos móbiles grazas a plataformas baseadas en solucións abertas coma Maemo ou Android, de xeito que entidades e persoas alleas aos propios fabricantes poidan ser os que contribúan coas traducións que permitan que terminais de media/alta gama poidan actualizarse para presentar menús e aplicacións en galego.

Futuro prometedorPodemos asegurar así que, grazas ao esforzo común, é posible mirar con esperanza ao futuro, pois ao igual que moitos voluntarios colaboran na tradución ao galego de Facebook ou as aplicacións de Linux, podería pasar o mesmo para moitas outras interfaces que vaian xurdindo, de xeito que mentres o galego viva na nosa sociedade, poderemos trasladar a súa enerxía á Internet e aos trebellos e servizos dos que facemos uso, levando a nosa fala a todos os ámbitos da nosa vida, tanto real coma virtual.

Marcus Fernández Oterohttp://marcus.es/

Blusens tamén conta con dispositivos con menús en galego, coma un dos seus receptores preparados

para a TDT de pagamento

Moitos receptores de TDT permiten ver en galego os seus menús en pantalla

R ofrece aos seus clientes 4 terminais de telefonía móbil en galego

9

Page 10: O noso nadal

As palabrasContan que houbo un home que renunciou ás palabras. Estaba farto de que o enganasen, de que o ferisen, de que lle fixesen burla. Aquel home marchou lonxe do resto dos homes, e levou canda el a súa muller. Vivirían os dous sos, sen palabras, sentindo e escoitando o ritmo imparable do tempo.

Din que aquela parella tivo unha nena, e que cando o home marchaba, a muller, que non lles gardaba xenreira ás palabras, falaba coa súa nena en voz baixa. Tamén din que nas longas noites do inverno, en canto o home quedaba durmido, a muller achegábase á nena e cantáballe na orella para que non tivese medo ao sentir o asubío do vento.

Pero unha mañá choveu, choveu tanto que o home volveu á casa antes de tempo para mudar a roupa enchoupada. Alí descubriu a súa muller e a súa filla falando e cantando coa alegría de quen comparte un segredo. O home toleou ao sentirse enganado de novo, por esa muller a quen quería máis que a nada no mundo, por esa muller a quen quixera rescatar das palabras e botouse a ela ouveando coma un lobo.

−Quieto! - berrou a nena – Non te achegues á miña nai!. Nin se che ocorra facerlle dano!

Ao escoitar a voz da súa filla, o home tivo que parar, primeiro pola sorpresa, despois pola forza que desprendía aquela nena miúda que se lle puxo diante, desafiándoo. Aí foi cando o home lembrou o poder das palabras, que poden deter a furia, que poden mover o mundo, que poden cambialo todo.

Contan que aquela nena fíxolle lembrar tamén ao seu pai quen era e de onde viña, como llo aprendera súa nai a ela, e que lle borrou o odio da fronte, pero non quixo quedar con el no medio das montañas. Cando medrou abondo, a nena que xa non era unha nena levou a súa nai a recorrer os camiños do mundo. O único que ofrecía era o que tiña, as palabras, e din que a xente pagaba por escoitar as súas historias, porque lles lembraban quen eran, de onde viñan e, sobre todo, porque lles lembraban a música da voz das nais cando comparten os seus segredos nas longas noites do inverno.

Paula Carballeira, contacontos

10

Page 11: O noso nadal

Orella pendella, para xogar cos ditos infantis de sempreA páxina www.orellapendella.org naceu hai pouco máis dun ano co obxectivo de difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.

Hoxe en día, debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perder esta riqueza definitivamente. Sen rexeitar as novas formas de diversión e coñecemento que nos ofrecen as últimas tecnoloxías, consideramos que é posible e, mesmo, moi positivo para as relacións humanas recuperar, coñecer e practicar os xogos verbais dos nosos avós.

Por moito que cambien os tempos hai sentimentos como a tenrura entre pais e fillos ou a alegría de xogar cos/as amigos/as que nunca cambiarán. A tradición oral ofrécenos a posibilidade de seguir expresando estes sentimentos e seguir gozando cos xogos máis sinxelos.

Estes días de maior convivencia familiar son os tales para pasarmos o tempo xogando cos máis pequenos a xogos que estimulen a súa intelixencia, a súa memoria e a súa fala galega. Todos lembramos ditos que nos dixeron cando eramos nenos. Non debemos tronzar esa tradición e privar os cativos de gozar con este marabilloso legado que recibimos.

Animámosvos a participar neste proxecto achegándonos os ditos, recitados e cancións que coñezades e xogando cos que aquí descubrades. Deseguido ofrecémosvos unha mostra mínima deste tesouro creado polo noso pobo, desde os ditos máis sinxelos para acariñar os naipelos ata os trabalinguas máis entrambilicados para poñer a proba o enxeño e a destreza verbal dos máis vellos.

Para arrolar:Este neniño pequeñoheino de mandar á escola

heille de comprar un bomboe mais unha castañola.

Heille de dar a meu nenococidiño con repolo,as orellas dunha pulga,as costelas dun piollo.

E para acariñar os pequerrechos nada mellor que os ditos de Mecos no colo:

Para aloumiñar a man:

Manxurriña, manxurriña,come pan e pataquiñae se lle parece pouco,un touciño e cacho doutro.Viches o gato no unto?Pun, que te apunto!

a cara:

Este olliño pimpilín.Este olliño pimpilán.Este nariz narizán.Esta boca pide pan.Este queixo non llo dá.Arríncate, cabalán!

a barriga:

Trispilistrás, trispilistriñas, o que non come non ten barriguiña.Trispilistrás, trispilistrolas,o que non come non ten barrigola.

Para xogar cos dedos:

Este foi ó mar e non pescou nada.Este foi ó mar e pescou unha pescada.Este quedou en terra e lavouna ben lavada.Este quedou en terra e fixo unha caldeirada.E este lambón, lacazán... ¡papouna, ben papada!

Para abanear:

Serra comadre,serra compadrena madeiriñado señor abade.Señor abade,vaia con “dios”,que a madeiriñaserrámoslla nós.

Para cabalgar na perna:

Arre cabaliñoque vas trotando,tres por ribae tres por baixo,ata caer do cabalo:abaixo!

11

Page 12: O noso nadal

Para os nenos e nenas ós que lles gusta preguntar:

- Tantarantán, para onde vas vella?- Tantarantán, vou para Pontevedra.- Tantarantán, que vas buscar?- Tantarantán, unha carga de sal.- Tantarantán, para que é o sal?- Tantarantán, para facer o caldo.- Tantarantán, para que é o caldo?- Tantarantán, para “llo” dar ás vellas- Tantarantán, para que son as vellas?- Tantarantán, para sachar o millo.- Tantarantán, para que é o millo?- Tantarantán, para “llo” dar ás churras.- Tantarantán, para que son as churras?- Tantarantán, para poñer os ovos.- Tantarantán, para que son os ovos?- Tantarantán, para llos dar ó crego.- Tantarantán, para que é o crego?- Tantarantán, para dicir a misa.- Tantarantán, para que é a misa?- Tantarantán, para subir ó Ceo!

Para rir xuntos:

- Como te chamas?- Come castañas.- E de apelido?- Caldo cocido.

- Ola!- Non é pote nin cazola.

- E a caixa?- Que caixa?- A que sobe e baixa.

Para “rezar”:“Por la señal”do papo real,comín touciñoe fíxome mal.Pouseino no prato,comeuno o gato,fun atrás del“con un” zapato.“Me cago no gato!”Para falar cos animaliños:Voa, voa, xoaniña,que teu pai vai no muíñoe a túa nai no Porriño,que che ha de traeruns zapatiñosde cu de ratiño.

Caracol, col, col,bota os cornos ó solque a túa nai e o teu paios botaron en Ferrol.

Para poñerlle ao mal tempo boa cara:

Chove, chovena casa do pobre.Neva, nevana casa da vella.“Xía, xía”na casa da tía.

Sarabeana casa da tía AndreaPinga, pingana casa da tía DomingaTrona, tronano cu da “patrona”.

Para poñer a proba os pulmóns:

Catro boise catro vacassoben carrocosta arriba;non hai home nesta terraque catro veceso diga... (ata dicir catro veces sen coller folgos).

Para exercitar a lingua e os beizos:

Unha pega merga, reborderga,gorda, rebirigorda,acotobelada e xordacría pegos mergos, rebordergos,gordos, rebirigordos,acotobelados e xordos.Se non criase pegos mergos, rebordergos,gordos, rebirigordos,acotobelados e xordosnon sería unha pega merga, reborderga,gorda, rebirigorda,acotobelada e xorda

Ou máis fácil:- Ten tinta, Antón?- Tinta Antón ten.

- Acórdache a corda?- Acorda a corda!

En fin para xogar e aprender dunha forma ben sinxela:

Xan Perillána cabalo dun can;o can era coxo,tirouno nun pozo;o pozo era frío,tirouno nun río;o río era branco,tirouno nun campo;o campo era roxo,tirouno nun toxo;o toxo picaba,Xan Perillán berraba e o can escapaba.

Kiko Fernández MujicoCarlos Yus RespaldizaMaría Campos Cabaleiro http://www.orellapendella.org/

12

Page 13: O noso nadal

Receitas tradicionais para o NadalMENÚ 1

Primeiro pratoCOLIFLOR CON BACALLAU

É unha receita ben sinxela e non moi cara; comparando prezos en distintos sitios podemos adecuarnos ao noso orzamento.

Precisaremos:* unha coliflor* bacallau (desalgado de 24 a 48 h)* 300 g de patacas* allos * aceite

Limparemos ben a verdura, pelaremos as patacas e cortarémolas en dados, máis ou menos do tamaño das flores da verdura, para que nos coza todo por un igual. Poñémolas a cocer coa coliflor.

Cando vexamos que están case feitas engadiremos o bacallau en anaquiños, apagaremos o lume, taparemos a pota e coa calor que ten farase o bacallau.

Á hora de servir escorreremos ben a auga da pota e botarémoslle por enriba un pouco do aceite no que friximos os allos cortados en láminas, e a quen lle guste pode engadirlle os allos.

Segundo pratoCARNE ASADA

200 g de carne por persoa; dependerá do noso orzamento a peza que merquemos: tenreira, porco, boi...

Esta receita irá medida para catro persoas:* +/- 1 kg de xarretes de porco * 1 cebola grande * 2 cenorias grandes * 1 vasiño de viño branco* 1 vaso de caldo de carne, de polo ou auga * aceite de oliva virxe extra * sal

Precisaremos para o adobo:* medio vaso de aceite de oliva virxe extra * media cabeza de allos * unhas ramiñas de pirixel* 1 folla de loureiro* 2 cravos de olor * 3 graíños de pementa negra * 1 cullerada de pemento doce * unhas areíñas de sal

Comezaremos limpando os allos para o adobo, con eles e o sal faremos un puré no morteiro. A esta pasta engadirémoslle o pirixel ben picadiño, a folla de loureiro, os cravos de olor, a pementa negra, a cullerada de pemento doce e o aceite. Con todo isto faremos un prebe ben ligado.

Untaremos con el a carne e deixarémola repousar un mínimo de tres horas, sempre dentro da neveira. Queda moi ben se a deixamos toda a noite.

Faremos a carne nunha pota grande, ao estilo das nosas avoas, que usaban este método para asala.

Botaremos aceite no fondo da pota, cando estea ben quente douraremos a carne por todos os lados para que sele e todos os líquidos queden dentro, así non nos sairá seca. Cando a teñamos dourada engadiremos a cebola e a cenoria cortadas en anacos, darémoslle unhas voltas para que collan cor, este é o momento de engadir o viño, o caldo e todo o zume do adobo, non hai que desperdiciar nada. Baixaremos o lume ao mínimo, este é o momento de engadir o sal e de tapar a pota.

Irémoslle dando voltas a medida que se vaia facendo, máis ou menos cada 15 minutos, calculade uns 75 minutos de cocción.

13

Page 14: O noso nadal

Se vedes que seca podedes engadirlle máis caldo ou auga.

Co líquido que nos quede faremos o prebe: coámolo das impurezas que leve e reducímolo a lume alto.

Para acompañar esta carne podemos poñer de guarnición unhas patacas fritas cortadas en cadradiños, unha compota de mazá, uns champiñóns ou unhas alcachofas refogadas (poden ser de lata, non teñen por que ser frescas), uns pementos do piquillo... O que vos apeteza.

SobremesaANGUÍA DE MAZAPÁN

Esta receita merece moito a pena, leva un pouquiño de tempo, non moito, e parece máis complicada do que realmente é. Cando probedes a facer mazapán e vexades o fácil que é de manexar e o sabor que ten, non volveredes mercar do industrial.

Precisaremos para o mazapán:* 375 g de amándoa moída * 375 g de azucre normal * 150 g de auga * unha pataca cocida pequena * azucre glas para traballalo

Para o recheo e os adornos:* un bote de conserva de cabelo de anxo * froitas confeitadas * 1 oblea redonda * 1 ovo, clara e xema por separado * 200 g de azucre glas, non serve o moído por nós, ten que ser industrial

Comezaremos preparando o mazapán, para iso poremos un cazo ao lume coa auga e o azucre para facer un caldo de azucre forte, saberemos que está no seu punto facendo a proba da culler: collemos un pouco do caldo de azucre nunha culler, esta precaución é para non queimarnos, mollamos o dedo índice e xuntámolo co polgar, se ao separalos paseniñamente se forma un fío xa temos o caldo de azucre no seu punto, se non, que coza un pouco máis.

Esta podemos dicir que é a parte máis complicada do proceso, o resto dependerá da maña que nos deamos na decoración e modelado da anguía.

Cando teñamos o caldo de azucre no seu punto engadimos a améndoa e a pataca previamente esfarelada cun garfo. Mesturamos todo ben até que nos quede unha masa lisa e sen grumos; retiramos do lume e deixamos arrefriar. Logo deixarémola repousar na neveira, tapada 24 horas.

Pasado este tempo, xa podemos comezar a traballar o mazapán, deixaremos unha boliña á parte para adornar a cabeza. Poremos a masa enriba dun papel de forno, que previamente salpicaremos de azucre glas. Faremos un tubo coa masa e coa axuda do azucre glas e dun rolo estiraremos para facer un rectángulo moi estreito e alongado. Agora poremos un pouco de cabelo de anxo por riba do mazapán, coma se preparásemos un brazo de xitano, e axudándonos co papel xuntaremos os dous lados estreitos, co recheo no medio. Agora con coidado iremos enroscando a masa; coa boliña que apartamos darémoslle forma á cabeza, como a dunha serpe máis ou menos. Ao sacala do forno colocámola enriba da oblea.

Coa xema de ovo batida pintaremos a anguía e levarémola ao forno, só co gratinador, para que colla cor.

Tócanos o último paso: facer a Glasa Real para decorar.

Batemos a clara de ovo lixeiramente e comezamos a engadirlle o azucre glas aos poucos, batendo o conxunto fortemente, tennos que quedar a textura da pasta de dentes.

Se se precisa engadiriamos máis azucre.

Cunha manga pasteleira pintaremos os ollos e a boca da anguía, e as escamas do corpo. Quédanos por colocar as froitas confeitadas polo medio dos sucos que forma o corpo, podemos usar a glasa para pegalas.

Merece a pena o esforzo, xa que o resultado é espectacular.

14

Page 15: O noso nadal

MENÚ 2

Primeiro pratoSOPA DE ALLO

Esta é unha receita moi habitual nos meses de frío, quenta o corpo mellor ca ningunha outra. Pero tamén é unha receita moi tradicional do día de Nadal ou do de comezo de ano, para curar os excesos da noite anterior. Que mellor que despois de durmir poucas horas e sobre todo comer máis do normal que meter esta sopiña na barriga.

Precisaremos:* 1 litro de caldo, pode ser de polo, de carne ou vexetal, o que máis nos preste. * media cabeza de allos* 150 g de pan duro, pode ser bolo, barra... o que consumamos.* pemento doce * aceite de oliva virxe extra * 1 ovo por persoa, neste caso catro * sal

O máis tradicional é facela nunha ola de barro, pero serviranos calquera pota, poñemos a quentar o caldo nunha pota e noutra comezamos a fritir un pouco o pan, cortado en rebandas ben finiñas. Cando tome cor retirámolo da pota e engadimos os allos fileteados.No momento en que estean dourados retiramos a pota do lume e engadímoslle unha cullerada de pemento, mesturamos ben, levamos a pota outra vez ao lume e engadímoslle o caldo xa quente e o sal. Cando rompa a ferver botamos o pan e deixamos que coza, só nos restarán os ovos batidos xusto no momento de servir, para que callen un pouco.

Podemos enriquecela cuns cadradiños de xamón salteados, deberemos probar o sal antes de engadirllo.

Segundo pratoOLLOMOL AO FORNO

Este é un peixe moi saboroso e moi doadiño de facer, podemos mercalo con antelación e conxelalo para que logo o peto non se nos asuste.

Para catro persoas precisaremos:

* quilo e medio de ollomol ou outro peixe similar * unha cebola grandiña, do país que teñen máis sabor * catro patacas * dous tomates maduriños * catro allos * un vasiño de viño branco * pan raiado * aceite de oliva virxe extra * sal .

Limpamos ben o peixe, tanto por dentro coma por fóra, e salgamos.Pelamos e cortamos as patacas e as cebolas en toros de non máis de un dedo de grosor.

Nunha fonte de forno previamente untada con aceite poñemos unha cama de patacas e cebolas, enriba poñemos o peixe.

Ao peixe botámoslle o allo ben picadiño e o pan raiado, para que forme unha costra ben gustosa.

Por último, só nos queda cortar os tomates polo medio, colocalos na fonte, co corte cara a arriba, e regar o conxunto co vasiño de viño.

Ao forno prequentado a 180ºC media hora.

As patacas, as cebolas e o tomate xa son a gornición, pero tamén podemos acompañar o prato dunha col lombarda picada moi finiña e salteada en cru cuns allos. Se non nos gusta a col lombarda podemos usar repolo, verza do pais, uns grelos... a verdura que máis nos guste co mesmo procedemento.

15

Page 16: O noso nadal

SobremesaCOMPOTA DE MAZÁ E PERA AO VIÑO TINTO

Quen non prepara na súa casa unha compota? E ben rica que está! E se a esta compota lle engadimos unhas especias, unhas froitas secas e un pouco de viño convertemos un prato normal nunha sobremesa de categoría.

Precisaremos:

* medio litro de viño tinto * dúas mazás grandiñas * dúas peras grandiñas tamén * oito orellóns * unha presadiña de pasas * auga * azucre

Opcional:

* catro anises estrelados * dúas sementes de pementa negra * dous cravos de olor * catro cardamomos

Podemos usalas todas ou só algunhas dependendo do noso gusto.

Empezaremos poñendo dúas potas ao lume, nunha delas poremos a cocer o viño para que reduza e perda parte do seu alcol, e na outra faremos un caldo de azucre coa auga, o azucre e as especias.Cando vexamos que o viño reduciu á metade do seu tamaño engadímosllo ao caldo de azucre, no cal introduciremos as froitas secas e a froita fresca pelada e cortada en catro anacos. Deixamos cocer o conxunto até que a froita feita estea branda pero non se desfaga.

Un licorciño vaille moi ben para acompañar esta sobremesa. Parabéns para todos e todas nestas datas!!

Marta Xen Santiagohttp://cocinhapoetica.blogspot.com

Receitas vexetarianas para o Nadal

Primeiro pratoCEBOLAS ASADAS CON QUEIXO DE CABRA

Ingredientes (4 persoas):

8 cebolas grandes200 g de queixo de cabraaceitesalpementaperexil

Preparación: Pela as cebolas e colócaas nunha bandexa para forno. Rega cun fío de aceite de oliva cada unha das cebolas. Bótalle sal, pementa e perexil ao gusto.

Introduce a fonte no forno quentado previamente a 200 graos durante 25-30 minutos. Retira a bandexa e coloca o queixo de cabra por encima. Volve meter a bandexa no forno. Cando o queixo estea dourado e derretido xa están lista para comer!

16

Page 17: O noso nadal

Segundo pratoBERENXENAS RECHEAS

Ingredientes (4 persoas):

4 berenxenas grandes2 cabezas de allo 100 g de cogomelos100 g de olivas negras1 pemento 2 tomates 50 g de queixo roquefortqueixo para fundirsalazucreaceitepementa

Preparación:

En primeiro lugar pícanse os allos, as olivas, o pemento, o tomate e os cogomelos en anaquiños. Poñemos a quentar nunha tixola unha cullerada de aceite e botamos todo nesta. Cociñamos a lume medio.Por outra banda, cortamos as berenxenas de forma horizontal e baleirámolas por dentro cunha culler. Picamos a carne das berenxenas e botámola na tixola. Engadimos o sal e a pementa ao gusto (e un pouco de azucre para quitar a acidez do tomate). Deixámolo a lume medio durante 7-8 minutos.Nunha bandexa grande apta para o forno, colocamos as berenxenas baleiras e enchémolas co sofrito da tixola. Engadimos uns cachiños de queixo roquefort e metémolo no forno, quentado previamente a 200 graos durante 15-20 minutos.Sacamos a bandexa e colocamos en cada unha das metades de berenxena un pouco de queixo de fundir. Metemos outra vez a bandexa e deixámola ata que o queixo estea dourado.Sacamos a bandexa e servimos.Nota: un bo acompañamento para esta receita son patacas asadas.

SobremesaTORTA DE MAZÁS E NOCES

Ingredientes:4 mazás pequenas ou 3 grandes (mellor das verdes ácidas) 2 cuncas de azucre1 cunca de noces en anacos pequenos100 g de manteiga ou margarina sen sal 4 ovos 1 cunca de iogur natural (sen azucre) 1 culleradiña de vainilla ? culleradiña de canela 2 cuncas de fariña (levedante, de forza) 1 culleradiña de po de enfornar (Royal)

Preparación:

Facemos un caramelo cunha cunca de azucre e acaramelamos un molde redondo de torta de aproximadamente 25 cm. de diámetro.

Pelamos e cortamos as mazás en anaquiños de media lúa e colocámolos enriba do caramelo en forma de flor ou estrela. Para este momento o caramelo xa estará duro. Encima das mazás esparexemos as noces e logo a manteiga cortada en anaquiños pequenos.

Metemos o molde no forno suave uns 10 minutos ou ata que suavicen un pouco as mazás e derreta a manteiga. Mentres o molde está no forno, mesturamos noutro envase os ovos con outra cunca de azucre, o iogur, a vainilla, a canela e a fariña mesturada co po Royal.

Sacamos as mazás do forno e cubrímolas con esta mestura. Métese no molde de novo ao forno e enfornamos como calquera outra torta.

Esperaremos a que arrefríe un pouco a torta para desmoldar (media hora). Dámoslle a volta directamente nun prato e cando retiremos o molde descubrirase unha fermosa torta cuberta de noces e mazás acarameladas en forma de flor.

17

Page 18: O noso nadal

Como sobrevivir ás festas: algunhas ideas para consumir de forma critica e responsábel no Nadal

Maria Carmen Fidalgo. Coordinadora da ONGD Amarante en Compostela

Chegan as festas de Nadal –nas que hai tempo as compoñentes comercial e publicitaria acabaron por desprazar significados vencellados con aspectos relixiosos ou sociais– e atopámonos nun escenario que merece cando menos unha reflexión repousada sobre o consumo voraz que levamos a cabo durante todo o ano e, principalmente, nestas datas.

Inmersas nunha crise que se presenta cunha vocación de permanencia maior do que anuncian a clase política e organismos internacionais, estamos a asistir como as expectativas de poñer freo á mudanza climática mediante un acordo ambicioso e xusto (non podemos esquecer a débeda ecolóxica contraída cos países empobrecidos) no vindeiro Cumio de Copenhagen se desinflan, a xulgar polas declaracións dalgúns dos mandatarios dos países máis influentes do planeta como Estados Unidos e China.

Verdadeiramente son malas noticias para toda a humanidade, máis sobre todo para a mocidade e as xeracións futuras, que herdarán un mundo máis devastado en canto a ecosistemas e recursos naturais, no cal a desigualdade entre os países e pobos será aínda maior se non mudamos de rumbo.

Por que chegamos a ese punto? Desde logo a reposta pasa por reflexionar sobre a forma en como estamos a espremer os recursos do planeta que habitamos e, por ende, sobre o noso modelo de produción e de consumo.

Sobre este último aspecto queremos chamar a atención neste artigo, incidindo na necesidade de facerse preguntas sobre as causas da desigualdade entre unha beira e outra do planeta, para acto seguido repensar a nosa forma de consumir.

O primeiro elemento que precisamos ter en conta á hora de consumir xira en torno á necesidade de mercar algo. Esa ten que ser a pregunta fundamental que nos fagamos antes de adquirir un produto ou servizo, pois en moitas ocasións o consumo atende a outras motivacións moi distintas da necesidade real (sentirnos aceptadas e aceptados e formar parte dun grupo, por exemplo).

No caso de que a resposta sexa positiva, é importante considerar se non podemos acceder a aquilo que nos fai falta a través doutras vías: pedir prestado a unha persoa amiga, trocar, reutilizar ou mercar de segunda man son só algunhas ideas para reducir e minimizar o impacto do noso consumo, aproveitando de forma intelixente os recursos dispoñibles.

Á hora de agasallar paga a pena considerar outras opcións, pensando en detalles que son únicos e exclusivos: facer nós mesmas un agasallo (podemos elaborar desde floreiros, portacandeas ou portalapis con envases, broches con refugallo –basta usar a creatividade e poñer algo de tempo e ganas–), gravar un CD con músicas que nos gustan ou que nos recordan a persoa a quen queremos agasallar, facerlle unha comida ou sobremesa saborosa, pasar

18

´

Page 19: O noso nadal

unha tarde no parque… e tantas outras cousas que non se mercan con cartos!

No caso de que realmente precises mercar algo ou lle queiras facer un agasallo especial a alguén, para a pensar como están feitos os produtos que vemos nos escaparates das grandes superficies e establecementos comerciais. Quen cose esta roupa? Quen cultiva o cacao a partir do que se elaboran as máis diversas lambetadas de chocolate? Onde e en que condicións o fai?

Nese punto da reflexión o comercio xusto xoga un importante papel ao garantirlles un salario digno aos produtores e traballadoras de países empobrecidos, igualdade entre homes e mulleres (a igual traballo, igual salario) e respecto ao medioambiente, apostando pola agricultura ecolóxica. Tamén rexeita o traballo infantil e establece un compromiso comercial a longo prazo, pagando de forma anticipada pola produción, permitindo así que as familias poidan vivir de forma digna no período previo á entrega das colleitas e que poidan planificarse sen temor ás oscilacións do mercado.

Finalmente, as cooperativas de produtores e produtoras que traballan no marco do comercio xusto invisten parte dos beneficios acadados pola comercialización en infraestruturas e servizos que benefician a toda a comunidade, como sanidade, educación, capacitación técnica, saneamento, etc.

Ademais da venda de produtos, algunhas organizacións que traballan no eido do Comercio Xusto tamén realizan diversas actividades de sensibilización (como charlas, obradoiros, ciclos de cinema), difusión e campañas para cambiar as regras do comercio internacional e as condicións e produción nos países do Sur.

Non obstante, a reflexión non remata aí. A necesidade de apostar por unha economía e un comercio solidario, a servizo das persoas e non das grandes corporacións e empresas multinacionais, debe darse tanto nos países do sur como do norte.

Se miramos o noso contorno, por exemplo, vemos como os pequenos agricultores e agricultoras galegas, así como as explotacións gandeiras, sofren unha grave crise, que ameaza o futuro non só dun sector senón tamén dunha forma de vida. Consumir produtos locais e ecolóxicos ou mercar no comercio de proximidade son apostas polo desenvolvemento e a vida nos nosos barrios e no agro

En definitiva, trátase de que paremos a pensar que o acto de mercar tamén pode ser un acto político se o acompañamos dunha análise profunda sobre o impacto das nosas compras. Por que modelo de produción estamos apostando cando nos decantamos por un produto? Pola produción local, respectuosa co contorno e cos dereitos das persoas? Ou pola produción a grande escala, que maximiza os beneficios á custa das condicións laborais e salariais de milleiros de traballadores e traballadoras, e que é unha das principais fontes da mudanza climática?

Facernos estas preguntas e actuar en consecuencia pode ser unha das chaves para sobrevivir ás festas sen devorar o planeta e incorporando un criterio ético e social ás nosas mercas. Atréveste?

Fontes:

www.amaranteong.orgSetem Madrid. Cómo vivir sin acabar con el planeta. Manual para jóvenes inquietos (…y adultos preocupados). Madrid, 2006.Toni Lodeiro. Consumir menos, vivir mejor. Ideas prácticas para un consumo más conciente. Txalaparta. Tafalla, 2008.

19

Page 20: O noso nadal

Receitas para un Nadal sustentable?Juan Marcos Pérez Gulín | [email protected] | www.perezgulin.org Tempos de sobreexcitación

A medida que nos achegamos a estas datas da fin do ano, todos os nosos sentidos vense sometidos a unha enorme sobreexcitación. Os doces de Nadal axudarán a que sigamos a obviar a fame do mundo. As luces de cores xunto cos piñeiros e os abetos disfrazados apartarán a nosa vista dos tempos de crise que estamos a vivir. As músicas melódicas das panxoliñas disimularán os molestos ruídos dos vehículos na rúa. Os agarimos e apertas substitúen temporalmente os berros e as discusións. E o arrecendo das perfumerías trasládanos a unha paréntese que non ten nada que ver coa realidade que vivimos o resto do ano. Aínda que nunha moi pequena proporción, unha parte deste bombardeo ao que serán sometidos os nosos sentidos terá unha marcada compoñente ambiental. Sobre todo a través das superproducións publicitarias que farán as máis grandes empresas do país. Seguramente comezarán por apelar a un renovado espírito do Nadal relacionado coa natureza para chegar á nosa fibra sensible a través da incontestable beleza do Planeta que habitamos. Será entón cando pasen a falar abertamente do seu gran compromiso coa Terra que é o noso lar. Antes de rematar presentarannos algún neno ou nena para facer o paralelismo coas necesidade de coidar o planeta e o futuro que lles deixaremos ás nosas fillas e aos nosos fillos. Como remate, sen nos dar conta, utilizarán unha pregunta retórica como “vés con nos?”, “apúntaste?”, “quéresnos axudar?”,... e case sen nos dar conta, a culpa é nosa e estamos totalmente dispostos a que os nosos compromisos individuais de cara ao 2010 teñan un marcado carácter ambiental e de defensa do planeta. Defender nós, á Terra? Por aquí é por onde comeza o problema básico de comprensión da sustentabilidade. Estamos moi enganados se pensamos que somos quen de salvar a natureza ou o Planeta. Resulta que é a Terra quen nos dá a vida a nós, e os sistemas naturais son os que soportan directamente o noso desenvolvemento. O ecosistema Terra existe dende antes de que tan sequera nós tivésemos subido ás árbores para despois volver baixar, e seguramente existirá despois de nós... Cando baixamos das árbores, moi pouco a pouco organizámonos en familias, clans, tribos,... e evolucionamos até a sociedade actual. Para favorecer o progreso asociado ao intercambio, ao longo deste camiño de socialización comezouse a fraguar o subsistema económico. Este sufriu un crecemento espectacular coa revolución industrial que tivo a nefasta consecuencia de provocar o desligamento teórico e ficticio entre o natural e o humano. É dende esta perspectiva antropocéntrica que xorden moitos dos problemas globais e mais estratéxicos que temos que afrontar na actualidade. Nun momento dado pensamos que podiamos saír do ecosistema global para dominar a natureza e deixamos de asumir que somos a parte máis débil dun todo que funciona de forma sistémica para o seu propio regulamento e sustentabilidade. Neste contexto é preciso asumir que a sustentabilidade da que tanto se fala nestes tempos é simplemente o desexo social de prolongar a existencia da Humanidade na Terra o máximo posible. Polo tanto, non é un favor para a natureza ou para o Planeta senón unha necesidade para a nosa supervivencia como especie. E todo isto acontece no Nadal Precisamente é nestas datas, que son as que máis lonxe están da idea de sustentabilidade, cando teñen un maior calado as mensaxes de salvagardar o futuro do Planeta. A forma en que vivimos o Nadal no “occidente desenvolvido” leva incorporada a insustentabilidade na súa mesma

raíz. Tratarei de exemplificar isto en dous casos moi fáciles de identificar que desvelan os paradoxos que xorden cando se perde a perspectiva dos obxectivos últimos que buscamos coas nosas accións.20

Page 21: O noso nadal

É evidente que nestas datas se disparan os consumos enerxéticos. Unha das causas son as pequenas luces con que iluminamos o ceo das vilas e cidades. A orixe desta iluminación está na representación da estrela de oriente que hoxe non podería guiar os Reis Magos xa que terían dificultades para atopala no ceo, entre outros motivos, pola contaminación atmosférica da produción enerxética para acender as luces de Nadal que a tentan imitar. Ou incluso un paradoxo máis tipicamente galego como é o feito de que en certos casos do rural galego (estou a pensar mesmo na miña aldea) o que non permite ver as estrelas é a contaminación lumínica da propia decoración do Nadal, ou simplemente deses rueiros iluminados constantemente pero por onde non pasa ninguén en toda a noite. Respecto do ciclo de materiais na nosa sociedade, podemos falar dos grandes resultados que conseguimos entre todos aforrando bolsas de plástico durante o ano (seguramente tamén haberá un anuncio dalgunha gran superficie comercial dándonos as grazas por colaborar con eles por un futuro mellor, ou ¿serán grazas por pagarlles as bolsas que até agora eran gratis e tiñan un peso importante nas contas de resultados?). Pois ben, facemos un grande esforzo durante todo o ano e resulta que agora empaquetamos o que xa vén empaquetado para dar unha sorpresa. Estou totalmente de acordo coa sorpresa pero, se o pensamos un pouquiño, seguramente poderiamos inventar mil e unha forma de dar sorpresas que sexan menos obvias que agochar un regalo con papel e poñelo nas mans da agasallada ou do agasallado. E no colmo dos centos de paradoxos que poderían servir como mostra con gran parte dos regalos que estaremos a facer, a República Popular de China está a facer un enorme negocio aproveitándose da maior das festas cristiás!!!Facémolo mal a propósito? Pode haber moitas explicacións posibles para estes e outros paradoxos, e igual de válida que outras (namentres non se demostre o contrario) é considerar que esa sobreexcitación da que falaba ao principio non sexa casual senón que estea ben orientada para converter estes días de final do ano nunha catarse colectiva de consumo compulsivo na procura dun pracer directamente relacionado coa cantidade, máis sempre é mellor. Non existen receitas máxicas para a sustentabilidade Envío postais de UNICEF ou fágoas eu?, árbore natural ou de PVC?, está ben tomar piña na sobremesa?, se ilumino con LEDs poden quedar acendidos toda a noite?, é sustentable regalar un coche? Existen moitas situacións en que sería lóxico xustificar calquera resposta pero non se pode concretar unha receita común. Toca pensar e reflexionar en cada momento e circunstancia para buscar a mellor forma de conseguir o que queremos. O problema é que esta opción resulta menos cómoda que achegarse ao departamento de regalos estándar organizados por prezos, ou que facer a receita de todos os anos sen nos preguntar de onde veñen os ingredientes, ou que decorar a casa co “último grito” en luces máis todas aquelas que aínda nos funcionan de anos anteriores... En termos de planificación estratéxica, diría que deberiamos procurar unha maior coherencia interna entre os obxectivos definidos, as estratexias deseñadas e as accións desenvolvidas para acadar os resultados previstos do modo máis eficiente posible. En termos que nos serven para afrontar todas as decisións que temos que tomar de cara ao Nadal, basta con utilizar o sentido común para escollermos o que realmente queremos conseguir e non o que nos din que queremos conseguir. Dito dunha forma algo máis bonita e igual de eficiente, trátase de que imaxinemos o que desexamos para despois pensar cal é a mellor maneira de conseguilo e, finalmente, crear as condicións necesarias para que todo aconteza como pensamos e o que imaxinamos sexa unha realidade.Imaxina, pensa e crea. E como o movemento se demostra andando, fágovos partícipes de que con escribir estas tres palabras xuntas acabo de facer un regalo que non vai empaquetado, non vén da China, non é moi caro, pero que a quen vai destinado vaille debuxar un sorriso que eu estou a gozar só con imaxinalo. Para o demais, MasterCard. Por un 2010 que permita un 2011 mellor.

21

Page 22: O noso nadal

Consumir ou devorar, velai a cuestiónCelebración do solsticio de inverno transformada pola Igrexa en conmemoración do nacemento de Xesús Cristo para acabar por virar na quinta-esencia do consumismo por obra e graza do sistema capitalista en que vivimos... O Nadal está aquí de novo, aínda que talvez cunha novidade: a(s) crise(s), cada vez máis presente(s).

O noso modo de vida, baseado na sobreprodución e no sobreconsumo, provoca graves impactos ambientais e sociais, locais e globais, inmediatos e demorados no tempo... devora o planeta e o futuro, por iso é insustentábel e, xa que logo, (auto)destrutivo. De aí a crise, a financeira e non só: levamos o planeta a unha crise ecolóxica global (climática, da biodiversidade, da auga, dos solos, enerxética...)

e de nós depende mudar o rumbo para evitar que se continúe a agravar atinxindo extremos catastróficos.

O consumo é un dos contextos onde decidirmos se continuar pola autoestrada da destrución ambiental e social ou escoller o camiño da sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. Consumimos en exceso, por riba das nosas necesidades e mesmo das nosas posibilidades, de forma irreflexiva, compulsiva —e xeramos residuos de modo proporcional, claro—. Facemos isto todo o ano mais en determinadas ocasións decidimos que non é abondo e multiplicamos a desfeita. Este é o caso do Nadal, que ademais adornamos con mensaxes de paz e encontro familiar.

Precisamente polos valores asociados ao Nadal, esta celebración tende a combinar desbaldimento e caridade, opulencia e “boas accións”, xestos que tranquilizan consciencias mais non mudan nada: sexa en forma de esmola, telemaratón ou compra ocasional e anecdótica de produtos de comercio xusto. Doutra banda, a actual crise económica pode moderar as nosas ansias consumistas —tamén a caridade?— pero apenas como unha reacción conxuntural á espera de “mellores tempos” nos que poder volver á total despreocupación.

O consumo responsábel non é un tranquilizador de (máis) consciencias nin unha nova versión do consumismo “clásico” tinxida de verde e solidario. Tal e como na asociación ecopacifista Verdegaia o entendemos, é un elemento fundamental para superarmos a crise ecolóxica global, unha ferramenta para a transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz. Xa que logo, é unha actitude consciente mantida ao longo do ano, unha opción de vida froito da reflexión sobre as nosas necesidades e o modo de as cubrir.

Para alén disto, o consumo responsábel non pode ficar limitado a unha actividade individual e privada, é un exercicio de cidadanía responsábel. Se realmente aspiramos a contribuír para unha mudanza de rumbo, se de verdade queremos axudar a transformar, entón o consumo responsábel débese organizar colectivamente e transcender publicamente, denunciar e construír para facer posíbel vivir sen devorar o planeta e o futuro. Por este motivo, Verdegaia botou a andar a campaña “Consomes ou Devoras?”, na que conflúen análise, sensibilización e presión/mobilización, ademais de

desenvolvemento de alternativas e apoio ás xa existentes, un lugar de encontro no que xerar sinerxías para transformar.22

Page 23: O noso nadal

As crises financeira e ecolóxica globais deberían servir como estímulo para a reflexión sobre o noso (auto)destrutivo modo de vida. O Nadal, dadas as súas características, pode ser unha moi boa ocasión para profundar nesas reflexións e comezar a tomar decisións ao respecto. Celebremos o solsticio de inverno, o nacemento de Xesús Cristo ou simplemente que temos uns días feirados para descansar e nos xuntar coa xente que queremos, fagámolo de forma sincera e sinxela, sen desbaldir, sen devorar. Gocemos máis destes días, libres da presión consumista, sen necesidade de aparentar nin de calar remorsos, poñendo as bases para saírmos da crise, construíndo sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz.

Máis información:http://www.verdegaia.orghttp://www.consomesoudevoras.info

Xosé Maria García VillaverdeSecretario Xeral de Verdegaia

Un máis un son tresDespois deste título preguntaraste de que vai este artigo, sigue lendo se che parece. Nestas datas de felicidade empaquetada, unha gran parte da mocidade vivimos con incerteza o noso futuro, es ti un deles? Malia ser un dos primeiriños estudantes en sufrir a ESO, ben sei que un máis un non dá tres. Aínda así, ese debería ser o resultado axeitado cando che intento falar de cooperación para o desenvolvemento. Que de que vai iso? Agora cho explico. Acotío, empregamos a cooperación coma un xeito de colaboración entre unha ou varias partes para obter unha mellora de calquera tipo, o froito desa unión axuda ao desenvolvemento mutuo. En cru, cústame entendelo ata a min. Dous exemplos. No eido laboral, repartindo pizzas nunha moto para unha cadea de restaurantes, obtés un salario medianamente axeitado a cambio do teu traballo; ambas as partes benefícianse. No persoal, fornicando con xeito, con condón, por exemplo, obterás pracer sexual de proveito. En resumidas contas, as máis das veces para poder conseguir unha mellora nas nosas vidas é necesario dar algo a cambio. Ademais disto, e para que a cooperación sexa efectiva, o trato entre as partes ten que producirse en igualdade. Claro que a teoría dista moito da práctica, non si?

Se che preguntase a que asocias cooperación para o desenvolvemento no eido internacional, que responderías? Non perdas tempo a matinar e sigue a ler, anda! As grandes potencias, isto é, os principais estados do denominado primeiro mundo, eses si que sabes cales son, deron en crear nos seus gobernos áreas para a cooperación, para o desenvolvemento, para axudarlles aos denominados estados do terceiro mundo, estes son os estados pobres, coa finalidade de saír do seu atraso. A principal característica é que este tipo de axuda se distribúe segundo o principio de solidariedade. Que significa isto? Pois que os estados ricos que lles proporcionan axuda aos pobres fano sen esperar nada a cambio. Segundo o dito no primeiro parágrafo,

23

Page 24: O noso nadal

paréceche isto certo? Rotundamente non. A denominada cooperación non é tal, non existe unha situación de igualdade previa. Os medios de comunicación alertan das graves desigualdades que existen no planeta sobre a concentración da riqueza en moi poucas mans e as graves necesidades que disto se deriva en poboacións pobres. Ante isto, asegúroche que calquera pretensión dun goberno ou institución privada, tamén hai empresas, de axudar ás persoas pobres é menos que unha farsa, sempre hai intereses mediante. Cales poden ser os intereses para realizar este tipo de accións? Diversos son, a maioría delas de tipo económico, pero sempre teñen o mesmo denominador común, isto é, o control dese territorio para a súa explotación ou enriquecemento. Denomínase neocolonialismo, ou novo colonialismo, e desta volta o control non é exercido por estados, senón por multinacionais que controlan eses estados e pretenden obter beneficios neses territorios subdesenvolvidos.

Chegados ata este punto, e se aínda non quedaches a durmir lendo, como mínimo andarás a matinar as razóns polas que me dirixo a ti. Vou ao gran do asunto. Intentarei ser claro. O pasado mes de xullo participei xunto con outras cinco persoas nun proxecto de formación que desenvolve a ONGD galega Amarante (www.amaranteong.org) en varios países do sur. Varios eran os destinos posibles, eu fun no grupo de Marrocos a unha cidade no norte, Tánxer. Durante a nosa estancia convivimos na asociación de mulleres traballadoras na industria téxtil que cosen prendas para as industrias que venden nas cidades onde nós vivimos. É necesario mencionar que os marroquís teñen un estado que non coida dos seus intereses, poderíase dicir que sucede ao contrario, os marroquís teñen que coidar os intereses do estado pagando un alto prezo en forma de represión de liberdades e problemas sociais básicos. O control relixioso e a man dura son ferramentas habituais para ter “tranquila” a poboación mentres se produce a verdadeira cooperación para o desenvolvemento. O goberno marroquí está levando a cabo unha occidentalización senlleira permitíndolles ás multinacionais estranxeiras o control dos recursos do país a cambio de contrapartidas económicas. Só na cidade de Tánxer, as subministradoras de electricidade e auga sanitaria son multinacionais francesas, e a que recolle o lixo é española. Que quere dicir isto? Que os recursos da poboación están en mans estranxeiras e son un elemento de control e presión. E que pintan aquí os gobernos? Nada, ou case nada, na situación entre os gobernos de Marrocos e España a cooperación para desenvolvemento ten unha misión de contención dos fluxos migratorios da África subsahariana, é, por así dicilo, o que fai o traballo sucio saltándose dereitos humanos e silenciando unha situación de extrema gravidade. Os gobernos son hoxe en día vasalos das multinacionais e funcionan como actores mediáticos, para ter os cidadáns españois tranquilos e contentos e canto menos se saiba mellor. A poucos quilómetros da cidade de Tánxer están aparecendo moitas das industrias deslocalizadas que pechan en España, casualidade? Fai falla que che conte máis para que te deas conta do verdadeiro uso da axuda ao desenvolvemento que fai en realidade o goberno no noso estado. Se investigases un pouco máis, chegarías á conclusión de que se trata un problema xerado por nós mesmos. O sistema económico en que vivimos está baseado no consumo de produtos, para que isto suceda as empresas que os fabrican teñen que ofrecer novas cousas que mercar, cada vez a prezos máis baixos para que o produto sexa atractivo. Ademais disto, obter beneficios, razón pola cal moitas das empresas están pechando preto da nosa contorna e marchan a un novo polígono industrial a Marrocos, onde os custos de produción son moito máis baixos. A parte menos agradable de cando estiven aló, é cando coñeces algunha das obreiras que traballan nos talleres e falan da situación laboral que viven acotío, as condicións laborais que padecen, os inexistentes dereitos que posúen provócanche unha sensación de impotencia, de incapacidade ante a que o mellor que podes facer é escoitar e reflexionar.

24

Page 25: O noso nadal

Temos que cambiar o noso xeito de vivir. Non sei se estarás de acordo comigo, mais penso que os mozos hoxe en día posuímos demasiadas cousas e non as sabemos valorar. A vida é demasiado rápida para pararse a pensar de onde veñen e a onde van as cousas que mercamos e tiramos cando xa non serven. Compramos continuamente produtos que non serven ren. Es consciente disto? Ata hai pouco eu non, tiven que deter a miña vida e pararme a preguntar o porqué destas cousas. Sabes como se fabrica un pantalón? Cantos pares son necesarios para a vida cotiá? Pensa e fala con outros sobre isto, existen alternativas e xeitos de vida máis sinxelos para acadar un mundo máis igualitario, responsabilízate dos teus actos e sé partícipe do cambio, intenta ver máis aló da túa realidade.

Adrián Serantes TobíoParticipante do proxecto Xanela aberta ao Sur da ONGD Amarante

A importancia de conservar as nosas raices Hoxe en día é moi habitual percorrer vilas e aldeas tragadas polas silvas, vendo o abandono de terras e casas que á vez leva implícito o propio abandono da súa xente. Non nos decatamos de que estamos deixando perder parte da nosa propia existencia, forxa da nosa identidade, da nosa cultura e tradición, e en definitiva o noso patrimonio. A palabra “patrimonio” vén do latín e significa todo aquilo que provén dos pais. Este constitúe o testemuño do traballo e esforzo dos/as nosos/as devanceiros/as por dotarnos dun inxente legado, que abarca dende pazos, monumentos, obras artísticas, artes populares (cestería, olería, tecido, etc.), espazos naturais, ata símbolos, lendas, tradicións e costumes que fortalecen e reproducen a convivencia coma grupo ou comunidade chea de sentimentos de pertenza a unha terra rica e heteroxénea. Entón, por que deixalo perder no tempo? Reflexionemos e pensemos que temos unha irrenunciable responsabilidade de valorar, protexer e manter a nosa herdanza e de ser portadores/as de cultura, así coma seguir transmitindo e impulsando tanto dentro coma fóra da nosa terra e mantendo no tempo coas xeracións futuras para que estas poidan entender a súa propia historia. Temos que darlle importancia a apreciar toda a riqueza, moito máis lonxe dunha cómoda mirada e ir máis alá de expresións coma “non son máis que unha morea de edificios vellos”, “son moi bonitos, pero non sei que importancia teñen?”, “prefiro as cousas modernas, xa que están de moda e funcionan moito mellor”. As expresións da nosa herdanza están concibidas coma a alma dos pobos que conforman a nosa Galiza, e nós podemos proxectalas, mostrando a nosa cultura, costumes, tradicións e, como non, as marabillosas paraxes que lle dan vida á nosa terra. Así, o patrimonio galego confórmase como un importante recurso cultural, social e ao mesmo tempo económico, beneficioso para o desenvolvemento da sociedade onde se asenta, sempre e cando estea integrado baixo unha política baseada nun desenvolvemento sustentable, xa que co paso do tempo xurdiu unha “industria do turismo” que moitas veces deixa de lado a conservación do patrimonio, dándolle máis importancia ao uso dos

25

Page 26: O noso nadal

bens en cuestión. Hai que lograr un equilibrio coherente e respectuoso entre o turismo e o patrimonio, aspirando a promover a toma de conciencia sobre a importancia de conservar e transmitir os legados dos nosos pobos. Aínda non é tarde para volvernos unha comunidade patrimonialista, onde uns dos nosos principais obxectivos sexa conservar, defender e impulsar o noso patrimonio, indagando máis en coñecementos, actividades e expresións da nosa historia, as transformacións sufridas, os costumes e o saber popular que aínda permanece nos pobos. Todo este reflexo de unión achegaranos a información básica e necesaria para comprender a situación na que nos atopamos e a importancia da súa conservación, mostrándonos ao mesmo tempo recursos prácticos e exemplos da capacidade para vivir en coherencia e harmonía co medio. Un exemplo claro de todo isto e como referente do patrimonio galego é Rebordechao, un lugar pequeno a simple vista pero moi grande histórica e culturalmente. Está situado en plena serra de San Mamede, na provincia de Ourense. Era unha das vilas máis importantes daquela zona, non só en número de habitantes, senón porque era unha vila unida, cómplice e xenerosa. A xente traballaba para sobrevivir das leiras e do gando, leiras nas que hoxe en día só hai silvas ou eucaliptos. Traballaban de forma cooperativa, sempre axudándose uns/as a outros/as. Sempre foi unha vila alegre e durante moitas décadas case autosuficiente xa que posuían forxas, muíños, fornos privados e comunais, colmeas, etc. Os/as máis novos/as quedaban abraiados/as cando escoitaban os/as avós/as contando historias antigas da vila sentíndose moi orgullosos/as dela... pero, que aconteceu? Co paso do tempo a xente maior foi morrendo e a xente nova marchou do lugar para ir vivir á cidade en busca de traballo e novas formas de vida. Hoxe en día Rebordechao segue sendo un lugar pequeno, pero aínda máis pequeno, xa que case non queda xente e a pouca que hai é moi maior. Intentan manter un pouco todo o de antes, e non queren resignarse a que a súa aldea esmoreza día a día. Agora converteuse nunha “vila museo”, onde a xente que vai de visita queda abraiada coa forma de vivir, traballar, falar e, como non, coa boa vontade dos/as habitantes que a cada persoa que por alí pasa, dinlle “que pracer dá ver xente polas rúas, a ver se vindes máis a miúdo que isto quedou un pouco morto...”. Esta vila posúe un enorme patrimonio non só cultural, ambiental, etnográfico, etc., e sobre todo humano, xa que seguen loitando por non deixar que a súa historia se perda, por non ver a súa vila comida por un montón de silvas e xestas. Intentan rehabilitar casas, recuperar labores, tradicións, costumes... pero é duro e aínda así mantéñense. A historia, como vedes, é o resultado do labor dun pobo que se enfronta no tempo aos máis diversos retos para a súa propia existencia, permanencia e reprodución. Esta historia xera unha cultura nun tempo e espazo determinado, onde á vez, a historia e a cultura xeran unha identidade, que nos cohesiona e nos une, que é a identidade cultural. Por iso sempre se dixo que un pobo, nación ou comunidade que conserva, protexe e defende a súa identidade cultural, é un pobo que coñece a súa historia, que é consciente do seu presente e que ten todo o poder de pensar, reflexionar e soñar co seu futuro.

Rebeca Carreiro Amigos da Terra

26

Page 27: O noso nadal

Ti debes ser o cambio que desexas ver no mundo.Mahatma Gandhi

Un lugar de interese:Termas de BandeAos pés do Río Limia, existe un fermoso e reconfortante lugar para relaxarse e gozar da natureza: as Termas de Bande. Atópanse entre Bande, Muíños e Santa Comba (Ourense) ao carón do embalse das Conchas, preto do campamento romano Aquis Querquennis. O nome aquis significa auga e o nome querquennis procede de quercus que é o termo latino para designar o carballo. Aquis debido ás augas termais e o querquennis pola abundancia de

carballos na zona. Ademais, Querquennia era o nome co que os romanos designaron esta comarca na antigüidade.

Estas termas evocan tranquilidade e paz. As augas xeadas do embalse xunto coas augas termais serven como medicina natural contra o reumatismo e as enfermidades da pel, como explican os poboadores da zona.

As termas naturais están dentro dun antigo balneario romano, e moitas das pozas están dentro mesmo á beira do río. Só están delimitadas por pequenos muros feitos coas propias pedras do río.

Como chegar:

Dende Ourense debes tomar a vía OU-540 en dirección a Bande. Debes atravesar A Manchica, Celanova e Bande en dirección a Santa Comba. Pasando Lobosandaus hai un camiño de terra que vai dar ao primeiro campamento e un pouco máis adiante están as termas.

27

Page 28: O noso nadal

Cantar de Nadal Déano-lo aguinaldose no lo han de dareque vimos de lonxee temos que marchare.

Moitos anos viva a dona desta casa,para dar o aguinaldo nunca foi escasa.

Moitos anos viva o dono tamén,temos por noticia que é home de ben.

Aquí hai mociñas que gastan saleroque nos han de dare o viño do xerro.

Aquí hai mociños que gastan sombreiroque nos han de dareo real enteiro.

Os señores desta casa saberannos perdonareque somos rapazas novas e non sabemos cantare.

Dios llo pague, señora, Dios queira que dun anome dea vosté o aguinaldo coas súas benditas manos.

Quédense con Dios, señores, hasta o ano que volvamos,se non nos vemos aquí ¡que no Ceo nos vexamos!

Déanos o aguinaldo anque sexa pouco,un touciño enteiro e a metade doutro.

Catro mancebos xuntiños aquí xuntiños estamos,e tan cansados os catro que é preciso alimentarnos.

De moi lonxe xa viñemos noite que andar aínda falta;as forzas piden reparo mollo as gorxas e non de auga.

Chourizo, pois, longaniza, uña de porco, fociño;ou de xamón dúas tortillas con dous xerriños de viño.

De cantar xa nos cansamos por probes non nos desprecienque se algo os ricos non dan os probes mal se remexen.

Vivan e vivamos todos que para todos Dios nos dousaudiña, ¡cante o merlo! ¡adiós ano que acabou!

A señora ama da casaten a color da cereixaela como é boa mozasen esmola non nos deixa.

Esta casa si que é casaestas si que son paredesa muller que nela estáé muller entre as mulleres.

Ai, señora ama da casa,cachee ben os petose se non nos ha de dar cartos,déanos ovos ou chourizos.

Déanolo, señora, se nolo ha de darsomos camiñantes e temos que andar.

Esta vai por despedida hoxe aquí non canto outraos señores desta casade hoxe nun ano me oian outra. ¡Hoxe, día de Reis, principio do ano,damas e doncellas dádenos o aguinaldo!