O noso ecosistema

5
ENTENDENDO O ECOSISTEMA A PARTIR DO HORTO No horto da nosa escola fomos creando un pequeno ecosistema no que o chan, o clima, a flora e a fauna atoparon equilibrio. A súa observación permítenos entender as relacións que se dan entre os seres vivos e o seu medio, o que nos fará reflexionar sobre a enorme capacidade que ten o ser humano para introducir modificacións no medio natural. No desenvolvemento do horto inciden directamente aspectos ambientais e fenómenos climatolóxicos, que convén ter en conta á hora de organizar as actividades que se vaian a levar a cabo nel. Para entender a importancia que ten o ser humano no coidado do ecosistema será moi importante ter sempre próxima a referencia de como era o horto antes de traballar nel, o que nós permitirá comprobar a capacidade do ser humano para coidar e protexer o medio.

Transcript of O noso ecosistema

Page 1: O noso ecosistema

ENTENDENDO O ECOSISTEMA

A PARTIR DO HORTO

No horto da nosa escola fomos creando un pequeno

ecosistema no que o chan, o clima, a flora e a fauna atoparon

equilibrio.

A súa observación permítenos entender as relacións que se

dan entre os seres vivos e o seu medio, o que nos fará reflexionar

sobre a enorme capacidade que ten o ser humano para introducir

modificacións no medio natural.

No desenvolvemento do horto inciden directamente aspectos

ambientais e fenómenos climatolóxicos, que convén ter en conta á

hora de organizar as actividades que se vaian a levar a cabo nel.

Para entender a importancia que ten o ser humano no

coidado do ecosistema será moi importante ter sempre próxima a

referencia de como era o horto antes de traballar nel, o que nós

permitirá comprobar a capacidade do ser humano para coidar e

protexer o medio.

Page 2: O noso ecosistema

Deste xeito, ao longo deste bloque temático, o alumnado

poderá achegarse a diversos elementos que é imprescindible ter

en conta, para o desenvolvemento do noso horto, como son o

clima, a auga, a terra, a luz e o vento.

A TERRA

É un elemento moi importante da natureza, fundamental

para que medren as plantas.

O chan é o órgano que

nutre as plantas, é o espazo vital

onde estas se desenvolverán.

O chan está vivo e a súa

función básica é a de albergar

vida, polo que hai que

consideralo como un ecosistema

onde se desenvolven unha serie

de seres vivos interdependentes,

entre os que se atopan as

hortalizas e as verduras que

cultivamos.

O que coñecemos como

terra está composto de

fragmentos de rocas, minerais,

restos de plantas e animais

mortos, bacterias, auga e aire.

Diferéncianse distintos tipos de terra en función do seu tacto

e contido de elementos, tal como nós ensinou Roberto , o día que

visitou a nosa escola.

Neste senso teremos que aprender a corrixir a nosa terra, ata

conseguir que sexa franca, o cal beneficiará aos nosos cultivos.

Page 3: O noso ecosistema

FAUNA

Os nenos poderán comprobar cal é a fauna do horto, e cales

son as medidas que favorecerán a

súa vida. Pasiño a pasiño iremos

analizando o papel que teñen as

miñocas, as bolboretas, as

xoaniñas...favorecendo o

funcionamento do ecosistema.

Tamén descubriremos:especies en

perigo de extinción, a fauna dos

muros da escola e as medidas

ecolóxicas para protexer e respectar a cada especie.

VENTILACIÓN E VENTO

A ventilación regular dos espazos é vital, pois asegura a

renovación correcta do aire e o control da humidade.

A osixenación das raíces das plantas

tamén é moi importante para o adecuado

desenvolvemento das mesmas, polo que é

preciso remover a terra do horto de cando en

vez , por iso se consideran moi útiles as

miñocas nos hortos.

O vento moi forte adoita ser prexudicial

para moitas plantas ao crebar os seus talos ou

ramas, deshidratándoos...

O vento moderado, e sobre todo algúns ventos fríos, exercen

unha acción desinfectante das plantas, eliminando pulgón e

inhibindo condicións de desenvolvemento de fungos.

Os ventos siberianos ou do norte, poden xear ou queimar as

partes máis sensibles da planta.

No noso horto comprobaremos como lle afecta o vento ás

verduras e ás hortalizas , e teremos en conta a súa orientación

para descubrir que cultivos serán os idóneos.

Page 4: O noso ecosistema

A AUGA

Abrimos unha billa e sae a auga. Pechamos a billa e deixa de

saír auga.

Non pensamos

na auga nin na

importancia que ten na

nosa vida.

A Terra é un

planeta acuoso. A auga

e o xeo cobren o 70%

da superficie

terrestre. Sen embargo

existen moitos lugares

do planeta onde non

hai suficiente auga

para lavarse ou para beber.

97% da auga da Terra é salgada e por tanto non potable, un

2%, está xeada nos glaciares e icebergs; e só un 1% permanece

nun estado no cal a podemos utilizar e beber.

Mediante o traballo de rega no horto, o alumnado poderá

comprender o papel que xoga a auga na natureza e a importancia

que ten o seu coidado.

Page 5: O noso ecosistema

Para sensibilizar á comunidade educativa coa

necesidade de aforrar

auga iniciaremos a

campaña : Deixa correr o

aforro!!!

Na que a nosa mascota

Narigota (feita por unha

nai da comunidde

educativa), visitará os

fogares dos nosos nenos

levándolles consellos para

aforrar auga.