O noso corpo po® fórå - AV Online -...
Transcript of O noso corpo po® fórå - AV Online -...
O noso corpo po® fórå
Aínda que nos parecemos, todos somos diferentes.
O noso corpo está cuberto pola pel. A pel protéxenos da calor, do frío e dos microbios.
Coidamos a nosa pel protexéndoa do sol.
Pero ás veces, cando facemos unha ferida, a pel rompe. Debemos curar a ferida rapidamente para evitar que entren os microbios no interior do noso corpo.
O noso corpo po® ∂entroOs ósos
Xoguemos a tocar algúns dos nosos ósos!
Sabías que…?O óso máis pequeno do corpo chámase martelo e está no interior do noso oído. O máis longo chámase fémur e está na coxa.
As costelas protexen o corazón e os pulmóns.
Dentro do noso corpo temos 206 ósos.
Debemos tomar leite, queixo e iogur para que os nosos ósos medren sans.
Se damos un golpe forte, os ósos poden romper.
O médico coloca unha escaiola para que os ósos solden.
O corazón e os pulmónsO corazón e os pulmóns están no peito.
O noso corazón bombea o sangue a todas as partes do corpo.
Os nosos pulmóns énchense de aire cando respiramos.
Podemos escoitar o corazón
Coloca o teu oído no peito dun compañeiro que estea deitado e tranquilo.
Vólveo facer despois de que o teu compañeiro salte cinco veces.
Usa os teus pulmóns para xogar a soprar papeliños.
Vas ver que divertido!
Déitate no chan e respira forte. Comproba como os teus pulmóns se enchen de aire e o teu peito se levanta.
O cerebroO cerebro está dentro da cabeza. Está protexido polos ósos do cranio.
O cerebro controla os nosos pensamentos, emocións e accións.
Co noso cerebro podemos pensar. Intenta resolver estas situacións.
Como pode coller a comida?
Como pode verse no espello?
Como pode separar a area das follas?
Sabías que…?As uñas e o pelo medran máis rápido ca outras partes do corpo.
Sabías que…?Os dentes de leite caen aos 5 ou 6 anos. Despois saen os definitivos.
O noso corpo cambiå
Completa esta ficha persoal coa axuda dun familiar.
Teño anos.
Mido cm.
Peso kg.
O meu pelo é de cor
Os meus ollos son de cor
A miña pel é de cor
Volve medirte dentro dun mes. Seguro que medraches! Pero… a que a cor da túa pel e a dos teus ollos non cambiaron?
O noso corpo πermí†enofi di√±rtirnofiCo noso corpo podemos facer cousas moi divertidas. Mira cantas!