O gratuíto galego Galicia non ten previsto pechar urxencias … · meiro publicaba onte en portada...

16
>deportes otempo AC SC FE PO VI LU OU 15 13 14 14 14 12 14 10 8 9 9 10 7 7 HOXE O gratuíto galego Vigo/A Coruña/Ourense/Lugo/Santiago/Pontevedra/Ferrol XOVES.17.01.2013 > ANO.8 > Nº.1.350 www.l-v.es FRANCISCO O cantante nega que estafara un promotor ao que lle debe 80.000 euros dun Maseratti P12 >unrespiro Galicia non ten previsto pechar urxencias nocturnas por agora > Sanidade DESCARTA plans como os de Castela-A Mancha > 410 persoas están agardando por un órgano na comunidade > O 80% dos galegos sofre arrefriados P6 Segunda xornada do xuízo pola morte de Diego Novo. A nai do pequeno que afogou nunha piscina do Liceo La Paz chega ao xulgado acompañada do avogado e do seu marido (detrás, á dereita). Unha profesora do colexio da Coruña declarou onte que atopou a Diego só e sen chancletas nos vestiarios. P3 Preto de 11.400 funcionarios da Xunta solicitan o anticipo da paga extra de verán Os sindicatos din que xa existía a medida, da que se beneficia o 13% do persoal P5 A despoboación segue avanzando e deixa baleiras 1.469 aldeas e cun veciño, 799 Ortigueira, o concello que ten máis núcleos hoxe sen habitantes P5 ESPAÑA O ex tesoureiro do PP Bárcenas chegou a ter 22 millóns de euros nun banco suízo O Partido Popular di non saber “nada” deses fondos, que foron transferidos ao resultar imputado P8 GALICIA Soterrado en Palas o pai de José Blanco, a quen acudiu a dar o pésame Zapatero P5 CAMBADOS Recupera o diñeiro con intereses tras preitear un afectado polas preferentes P5 FÚTBOL GUARDIOLA Elixe o Bayern para adestrar P10

Transcript of O gratuíto galego Galicia non ten previsto pechar urxencias … · meiro publicaba onte en portada...

  • >deportes

    otempo

    ACSCFEPOVILUOU

    15131414141214

    10899

    1077

    HOXE

    O gratuíto galego Vigo/A Coruña/Ourense/Lugo/Santiago/Pontevedra/Ferrol XOVES.17.01.2013 > ANO.8 > Nº.1.350

    ww

    w.l-v

    .es

    FRANCISCOO cantante nega que estafara

    un promotor ao que lle debe 80.000 euros dun Maseratti P12

    >unrespiro

    Galicia non ten previsto pechar urxencias nocturnas por agora> Sanidade DESCARTA plans como os de Castela-A Mancha > 410 persoas están agardando por un órgano na comunidade > O 80% dos galegos sofre arrefriados P6

    Segunda xornada do xuízo pola morte de Diego Novo. A nai do pequeno que afogou nunha piscina do Liceo La Paz chega ao xulgado acompañada do avogado e do seu marido (detrás, á dereita). Unha profesora do colexio da Coruña declarou onte que atopou a Diego só e sen chancletas nos vestiarios. P3

    Preto de 11.400 funcionarios da Xunta solicitan o anticipo da paga extra de verán Os sindicatos din que xa existía a medida, da que se beneficia o 13% do persoal P5

    A despoboación segue avanzando e deixa baleiras 1.469 aldeas e cun veciño, 799

    Ortigueira, o concello que ten máis núcleos hoxe sen habitantes P5

    ESPAÑA

    O ex tesoureiro do PP Bárcenas chegou a ter 22 millóns de euros nun banco suízo O Partido Popular di non saber “nada” deses fondos, que foron transferidos ao resultar imputado P8

    GALICIA

    Soterrado en Palas o pai de José Blanco, a quen acudiu a dar o pésame Zapatero P5

    CAMBADOS

    Recupera o diñeiro con intereses tras preitear un afectado polas preferentes P5

    FÚTBOL

    GUARDIOLAElixe o Bayern para adestrar P10

  • Os principais xornais non deixan tranquilo o presidente de MadridA Ignacio González estáselle a facer duro xaneiro, sobre todo polas novas de El Mundo e El País. O pri-meiro publicaba onte en portada que se investigará o seu ático de Marbella. E o segundo di que, segundo declarou un garda, estaba moi interesado en espiar, anos atrás, o hoxe ministro Ruiz Gallardón.

    >gorxaroucaPor Álvaro Sal

    Disque Rajoy e Moragas forzaron a saída do ‘número dous’ de InteriorDe El Confidencial Digital: “¿Por que marchou o secretario de Estado de Seguridad? As presións de Mariano Rajoy e Jorge Moragas ao ministro Jor-ge Fernández Díaz forzaron a súa saída. E iso malia que a nota oficial [de Interior] dicía que Ignacio Ulloa abandonaba o cargo por motivos persoais”.

    O xuíz Marlaska fala abertamente da súa homosexualidade con FrancinoO maxistrado da Audiencia Nacional Fernando Grande Marlaska falou abertamente da súa homo-sexualidade con Carles Francino na Cadena SER: “O momento máis difícil foi dicirllo a miña nai”. Di que está casado con Gorka, con quen viviu desde o principio da relación pero ocultándollo á xente.

    >galeg@sJUAN FERNANDO DE LAIGLESIACATEDRÁTICO DE ESCULTURA

    >galeg@s

    “Galicia é terra de libre experimentación que entrará nunha nova era se inviste nas persoas”

    A.V.

    P ¿Un sinónimo de Galicia?R Unha cama na beira do mar tenebroso.P ¿Un lema?R Inventar un novo cada mañá.P ¿Un lugar para perderse?R O bosque que rodea a miña casa á tardiña.P ¿Que atopará o público en ‘Arte. Diccionario ilustrado’?R Un verdadeiro dicionario pero dunha soa palabra. Son 90 defi-nicións de “arte”, todas verdadei-ras e experimentadas polos seus autores. Isto demostra que a arte é un pensamento complexo, múl-tiple e rigoroso á vez.P ¿Canto tempo lle levou?R Dous anos e un equipo de doce persoas cunha idea moi clara: cada artista debía expoñer a súa defini-ción con palabras e con imaxes do seu traballo cun compromiso de liberdade e transparencia.

    Juan F. de LaiglesiaNado en Madrid en 1946, formouse nas universidades de Lima, Milán e Madrid, e é licenciado en Belas ArtesDesde 1991 é catedrático de Escultura na facultade de Belas Artes de PontevedraA súa obra expúxose en40 exposicións desde 1975 e vén de presentar o libro Arte. Diccionario ilustrado

    P ¿Como ve a arte en Galicia?R Galicia é unha terra de expe-rimentación libre que entrará nunha nova era cando invista nas persoas. Os espazos desertos dos museos que a política clientelar deixou sen ideas deben agora ser habitados polos significados.

    >cóntanosE-MAIL>[email protected]>www.l-v.esSMS>649 953984 / 647 595648‘O Cartafol Dixital’Este medio, voceiro en materia de normalización lingüística da USC, presentou no mes de de-cembro novos contidos, ademais das súas seccións habituais. Pódense ver xa en internet.http: //ocartafol.usc.es

    InvitaciónEstades convidad@s á exposición de fotografías de Eduardo Perei-

    ra na segunda planta do Ateneo Ferrolán. Será hoxe, xoves día 17, ás 20.30 horas.Ateneo Ferrolán. Ferrol

    Protesta das preferentesA marcha de afectados das Rías Altas polas preferentes e subordi-nadas será o vindeiro sábado, día 19, desde ás 11 horas en Ferrol. Grazas de antemán.PAPS Rías Altas. Ferrol

    CataluñaO que había que suspender é a autonomía de Cataluña. Qué-dalle grande [a Artur Mas] e só serve para insultar o resto.Nostrus. www.l-v.es

    O vigués Reboredo“A familia de David Reboredo pide a Gallardón que cumpra sobre o indulto”. Pero é que non se apelida Carromero, Urdanga-rín, Sáez, Servitje...Sarai. www.l-v.es

    Nin arre nin xoHai partidos que nin goberna-ron nin fan oposición. Sanjose. www.l-v.es

    >santygutierrez.com

    O arqueiro Iñaki Fariña revalida o seu título galegoSigrás (Cambre) acolleu o IV Campionato Galego de Sala de Arco Tradicio-nal e Arco Espido. Iñaki Fariña Muradás, do Club Arqueiros de Compos-tela, obtivo o primeiro posto e proclamouse campión de sala na categoría de arco espido, modalidade de precisión na que non existen axudas para apuntar, como poden ser os visores ou estabilizadores. Iñaki é ademais o primeiro en obter dous títulos autonómicos consecutivos. > LV

    >flash

    LV deLUNSaVENRESEdita:Galicia Proxectos de Comunicacións S.L.Depósito Legal: LU-471-06

    GRUPO EL PROGRESO

    Presidenta: Blanca García Montenegro

    Director:Alfonso Á. Riveiro

    Coordinadores:Martín García Piñeiro, Ana Conde e María MarquésDirector de Comunicación e Márketing:José Manuel Pérez-BouzadaResponsable Comercial:Natalia Pena RodríguezDirector Administrativo:José Manuel RoucoXefe de Distribución:

    Alfonso RocaDirección Postal:Fernando de Casas Novoa, 35 A-1ºB 15707 Santiago de CompostelaTel.: 981-568743 Fax: 981-585832E-mail: [email protected] Anuncios:Tel: 981-568743 / 981-552530E-mail: [email protected] Distribución:Tel: 982-298128

    2 abrente XOV.17.01.2013 < LV

  • 3galicia LV > XOV.17.01.2013

    Unha profesora do ‘Liceo’ viu o neno que afogou pouco antes no vestiario> Contradí así a versión dada o luns no xuízo polo socorrista do colexio coruñés > A monitora doutro grupo que compartía piscina di que non quedaba ninguén na auga

    LV / Axencias

    Unha profesora do colexio Liceo La Paz da Coruña, onde en marzo de 2009 afogou o neno de 4 anos Diego Novo durante unha activi-dade escolar na piscina, asegurou, na segunda xornada do xuízo, que antes de que rematase a clase ato-pou o neno descalzo nos vestia-rios. Mentres, outra profesora que dirixía unha clase á mesma hora defendeu que non quedaba nin-guén na auga cando ela acabou.

    Durante o xuízo, a profesora que viu por última vez o menor declarou que antes de que fina-lizase a clase de natación viu o neno “fóra da piscina”, en con-creto atopou o falecido descalzo nos baños. Mentres, na primeira sesión do xuízo o socorrista afir-mou que estivo pendente da pis-cina durante toda a clase e que só

    houbo un neno que pediu ir ao baño e non era o falecido.

    “Non levaba chancletas”, sina-lou esta profesora quen, na súa declaración, manifestou que can-do atopou a Diego lle dixo que se calzase e fose á piscina porque estaban a saír o resto de nenos e cría que habería un monitor alí, porque na piscina sempre tiña que haber alguén controlando.

    Con todo, relatou, naqueles momentos o socorrista estaba nos vestiarios cos nenos e á monitora do grupo “non a vin”, dixo. Tamén indicou que non volveu ver a Diego entrar na zona da piscina e sinalou que desde que viu por última vez o menor ata que o ato-paron dentro da piscina pasaron “menos de dez minutos”.

    Pola súa banda, outra profeso-ra do centro que acudía a recoller

    o outro grupo de nenos que esta-ban na piscina declarou que, can-do se achegou, o grupo de Diego xa estaba nos vestiarios e que na piscina só viu un neno, pero que non era o falecido.

    Na sesión de onte, tamén decla-rou a monitora do outro grupo de nenos que compartía piscina co grupo de Diego, quen sinalou que cando marchou da piscina non quedaba ninguén na auga. “Non

    Os pais do neno falecido, Diego Novo, na segunda sesión do xuízo, na Coruña. > Cabalar

    vin ningún neno”, manifestou. A preguntas da acusación, ase-

    gurou que días despois dos feitos alguén lle comentou que Diego “pedira ir ao baño”, a diferenza do declarado polos imputados, aínda que precisou que non sabía se era que o menor “fora ao baño ou se pedira ir ao baño”.

    Mentres, a monitora do grupo de Diego que se tivo que ausen-tar durante esa clase indicou que cando se produciron os feitos, o socorrista estaba a realizar labo-res de monitor porque estaba cos nenos nos vestiarios e a monito-ra de apoio estaba no baño. Ade-mais, dixo que é posible que o neno, que segundo ela non sabía sacar a burbulla e que xa non lle tiña medo á auga, fose ao baño sen permiso.

    Ante estes feitos, sentan no banco dos acusados os dous propietarios do colexio; o xefe de estudos; o director técnico; o coordinador da piscina; a moni-tora e o socorrista, todos eles acusados dun delito de homici-dio por imprudencia, polo que se piden penas de catro e tres anos de cárcere para cada un deles.

    O xuízo proseguirá mañá ven-res coas probas periciais.

    > Ségueo en www.l-v.es

  • 4 XOV.17.01.2013 < LVgalicia

    A CORUÑA

    Detidas dúas mulleres polo roubo de xoias en casas onde traballabanAxentes da Policía Nacional detiveron dúas mulleres como presuntas autoras de repetidos furtos de xoias nas casas onde exercían como empregadas do fogar na Coruña. Ambas as detidas, de nacionalidade española, empeñaron as xoias rouba-das en casas de compra-venda de ouro da cidade.

    VIGO

    Apresado por arrastrar polo chan e propinar puñadas á súa parellaA Policía Local detivo a E.A.M.P., de 27 anos, por supostamente dar puñadas e arrastrar polo chan a súa parella, coa que ten unha filla. Cando os axentes che-garon á vivenda, atoparon a muller “moi alterada” e o interior, revolto. Tras relatar os feitos, a muller asegurou que non era a primeira vez.

    SANTIAGO

    Unha vaca golpea un home no mercado de Amio e acaba no CHUSUn traballador de 48 anos de idade resultou ferido na madrugada do mérco-res nun accidente laboral rexistrado no mercado de gando de Amio, onde unha vaca golpeou a B.C.C., un traballador autónomo, que tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Uni-versitario de Santiago.

    OURENSE

    Imputan 5 homes por cazar fóra de tempada no parque do XurésA Policía Autonómica impu-tou 5 cazadores de Lobios como presuntos autores dun delito relativo á pro-tección da flora e fauna sil-vestre no parque natural do Xurés por abater unha femia de corzo fóra de tempada, a finais do pasado decembro. Varias testemuñas acusáro-nos de feitos similares.

    LUGO

    Un home obrigaba a muller e a filla a comer ata que vomitabanO xulgado do penal núme-ro 2 de Lugo condenou onte un home acusado de someter a súa muller e a súa filla a múltiples vexacións, chegando ata a obrigalas a comer ata que vomitaban. Non irá ao cárcere porque chegou a un acordo coa Fis-calía e aceptou unha pena de 23 meses de prisión.

    O mestre acusado de abusar de oito menores atribúeo a un malentendido> O seu avogado cre que se puido producir unha interpretación “errónea” dos alumnosLV / Axenicas

    José Luis González Blesa, avogado do profesor de Relixión imputado por presuntos abusos sexuais a 8 menores en catro colexios de Val-deorras (Ourense), cre que a acu-sación deriva dun “malentendido” dos menores por unha “errónea” interpretación dos feitos.

    A defensa dixo que “é unha persoa moi afectiva e cariñosa. Se cadra os alumnos comentaron o tema e produciuse todo este mal-entendido” porque, engadiu, esta persoa, que foi apartada do seu traballo, estaba “moi involucrada” na súa ocupación laboral, polo que non descarta que o mestre puidese transmitirlles aos alum-nos o seu “afecto dunha forma

    que se malinterpretara”.Por iso, o avogado estuda pedir

    que se analice a “veracidade” do testemuño achegado polos meno-res tras solicitalo sen éxito ata en dúas ocasións, a requirimento do seu cliente, manifestou.

    González Blesa avanzou que non descarta volver solicita-lo durante o proceso xudicial e subliña que aínda non recibiu unha comunicación oficial sobre a acusación cara ao seu cliente.

    En todo caso, reiterou a “ino-cencia” do docente: “El mesmo me solicitou realizar esa proba para determinar a veracidade das devanditas declaracións, expón-dose a que o resultado fose na súa contra”, remarcou.

    Novas de sucesosVigo Un home de 38 anos foi detido como presunto autor dun roubo de vehículo, tras ser interceptado cando fuxía na moto que viña de roubarPonteareas Unha muller de 39 anos foi imputada por un lume nunha moto aparcada o pasado xullo. Tamén afectou dous coches e unha fachadaOurense Deteñen un home como autor de senllos roubos: un móbil nunha gasolineira e unha mochila con máis de 2.000 euros dunha furgonetaLugo / Rábade Unha muller de 82 anos resultou ferida grave tras un atropelo en Lugo e dous menores tamén foron atropelados na vila lucenseSandiás O propietario dunha explotación gandeira denunciou o roubo de trece tenreiros de raza rubia galega valorados en 14.300 eurosCrecente Detida unha muller de 36 anos por roubar diñeiro, xoias e un móbil en varias vivendas do municipio. Asxoias foron recuperadasOurense Unha ambulancia colectiva foi queimada o mércores nun polígono, e xa van 90 con danos en Galicia desde que comezou a folga

    LV / Axencias

    A Policía Local de Vigo detivo a J.G.A.V., un venezolano de 23 anos, que o martes pola tar-de acoitelou un empregado dun comercio ao que acudiu preguntando “de moi malos xeitos” e de forma violenta por outra persoa. O mozo de 28 anos informouno de que non ía regresar á tenda da rúa Ramón Nieto e invitouno a que a abandonase.

    No lugar, os axentes encon-traron un mozo que fora apu-ñalado na coxa esquerda e perdía bastante sangue, polo que unha ambulancia o eva-cuou a un hospital.

    O presunto agresor foi loca-lizado nas inmediacións con restos de sangue no rostro e mans e recoñeceu os feitos.

    Acoitela en Vigo un empregado dunha tenda ao non estar outro que buscaba

    DdeP Víctor Méndez

    Un militar adscrito á Brilat foi detido nas últimas horas acu-sado dun suposto delito de furto e outro de estafa a través das redes sociais (Facebook).

    Os feitos producíronse a finais de 2011. A presunta vítima, tamén militar na base General Morillo –e, segundo parece dunha maior grada-ción–, presentou a correspon-dente denuncia ao comprobar que lle faltaban pertenzas do seu armario.

    Primeiro botou en falta car-tos en efectivo e despois nas súas contas bancarias, pois accedera no armario aos seus datos, cos que o estafaba a tra-vés dun perfil falso en Face-book. É o primeiro arresto en España por estes feitos.

    Un militar da Brilat, detido por estafar un superior por un perfil de Facebook

    Había “fixación” por afastar o ‘Prestige’“O risco de levar o barco a un porto refuxio era superior a afastalo”. É a tese que onte defendeu o ex subdirector xeral de Seguridade Marítima e Contaminación da Dirección Xeral da Mariña Mercante, Manuel Nogueira, no xuízo do Prestige. Sinalou a “fixación” das autoridades por afastalo.

    Veciños de Becerreá volven salvar unha casaO alcalde de Becerreá (Lugo), Manuel Martínez, e un grupo de veciños volveron evitar onte a demolición dunha casa na parroquia de Lamas. Sobre a vivenda pesa unha orde de demolición desde hai 13 anos, pero a presión veciñal fixo que se abortase a operación, como xa ocorrera o martes.

    Os sindicatos apoian o indulto para ReboredoOs secretarios comarcais dos sindicatos CIG, CC OO e UGT en Vigo manifestaron onte publica-mente a súa adhesión á campaña en favor do indulto para o ex toxi-cómano vigués David Reboredo, que ingresou en prisión o pasado decembro por delitos de tráfi-co de drogas polo miúdo, malia estar rehabilitado. Sosteñen que se comete con el unha “tremenda inxustiza”. > Salvador Sas

  • 5XOV.17.01.2013 < LV galicia

    A despoboación avanza en Galicia, onde xa hai 1.469 aldeas sen xente> Noutras 799 só reside un veciño, indica o INE > Ortigueira ten 105 sen habitantesAGN Jacobo Rey

    O despoboamento que afecta a Galicia segue baleirando núcleos. O último estudo do INE eleva a 1.469 as aldeas galegas que oficial-mente están sen xente –a metade das 3.000 de España–; e noutras 799 reside soamente un veciño. Este drama golpea especialmente ás provincias da Coruña e Lugo, por ser as que rexistran maior dispersión poboacional, aínda que tamén aumenta con forza en Pontevedra e Ourense.

    A realidade é que en apenas unha década a comunidade ten 400 aldeas deshabitadas máis. E que os núcleos onde reside só unha persoa se incrementaron un 61 por cento desde 2000.

    O municipio coruñés de Orti-gueira segue sendo o concello con máis núcleos deshabitados da comunidade, contabilizándose 105 aldeas sen ninguén.

    Curiosamente, iso si, no último ano aumentou un 20% a deman-da para comprar aldeas baleiras.

    O PPdeG lembra a Fraga nun funeral en CompostelaUn nutrido grupo de membros do PP galego reuniuse onte na com-postelá igrexa de San Agustín para asistir a un funeral en memoria do fundador do partido e presidente da Xunta, Manuel Fraga, no primei-ro aniversario do seu falecemento, onde tamén estiveron familiares do de Vilalba. Precisamente na súa vila natal tamén haberá mañá un acto na súa memoria da Fundación Manuel Fraga. > Pepe Ferrín

    José Blanco, onte no enterro do seu pai en Palas de Rei. > Sebas Senande

    Zapatero apoia a Blanco en Lugo no velorio do paiEl Progreso

    Jesús Blanco Vázquez, pai do ex ministro socialista de Fomento José Blanco, foi enterrado onte pola tarde no cemiterio da súa parroquia natal de Ferreira, en Palas de Rei (Lugo). Foi unha despedida multitudinaria, con moitos veciños e políticos que acudiron para mostrar as súas condolencias.

    Previamente, no tanatorio de Lugo, no que foi velado o cor-

    po do falecido, José Blanco e a súa familia –entre eles a súa nai, Erudina López Pardo–, recibi-ron a visita do ex presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, que acudiu acompa-ñado pola vicesecretaria xeral do PSOE, Elena Valenciano, e o secretario de Política Municipal da executiva, Gaspar Zarrías.

    O ex presidente estivo no tanatorio desde as 15.30 horas ata a saída do cortexo fúnebre.

    ADMINISTRACIÓN

    Os alcaldes de 3 urbes cobran máis da media Un total de 19 cargos de entidades locais de Galicia –entre eles os alcaldes das sete cidades e os presidentes das das catro deputacións– percibiron unha retribución total superior ao importe fixado para un conselleiro da Xunta de Galicia en 2010. Os rexedores de Vigo, Santia-go e A Coruña cobraron por riba da media estatal.

    MUNICIPAL

    Veiga, alcalde de Miño no canto de MaceirasJesús Veiga (PP) foi elixido onte novo alcalde de Miño (A Coruña) en substitución de Juan Maceiras, que dimi-tiu a semana pasada por razóns persoais –vai montar un negocio de hostalería– a metade de lexislatura tras dez anos de mandato. Vei-ga foi investido rexedor cos votos dos sete edís do grupo popular onte nun pleno.

    NAVAL

    Navantia comezará o flotel “en semanas”O presidente de Navantia, José Manuel Revuelta, ase-gurou aos representantes dos comités de Navantia Ferrol e Fene que o flotel encargado por PMI, a filial internacional de Pemex, comezará a construírse “nunhas semanas”, des-pexando así as dúbidas xur-didas nas últimas semanas sobre estes contratos.

    AGN J.R.

    Case 11.400 traballadores da Xunta solicitaron o anticipo dunha parte da paga extraor-dinaria de verán, dos preto de 87.000 que compoñen o per-soal da Administración auto-nómica. Todos eles cobrarán na nómina deste mes o 50% da paga extra que lles corres-pondería en xullo, medida coa que o Executivo galego trata de minimizar a súa perda de poder adquisitivo. En total acolléronse á medida 11.394 traballadores, o 13% do total.

    A Consellería de Facen-da negou que esta opción xa existise, como sosteñen os sindicados. De feito, Facenda aclara que aceptou a totalida-de das solicitudes recibidas e que os funcionarios xa van cobrar este mes, unha axilida-de que antes non había.

    Un total de 11.394 funcionarios da Xunta solicitaron o anticipo da extra

    EFE

    O xulgado de instrución número 1 de Cambados (Pontevedra) tardou cinco meses en ditar unha resolu-ción favorable a un dos afectados polas preferentes, que obriga a Novagalicia Banco (NCG) a devol-ver os 20.000 euros que depositara máis intereses. A demanda foi pre-sentada o 31 de xullo.

    Na sentenza, o xuíz accede á petición da defensa, que solici-tou a nulidade “ao considerar que non se informou correctamente o cliente, déuselle unha información sesgada dicíndolle que era un pro-duto seguro e non o é, iso induce a erro, xa que logo a confusión provoca a nulidade do contrato”. A entidade bancaria pode recorrer a sentenza.

    Un xulgado obriga a NCG a devolver a un cambadés 20.000 euros de preferentes

    Protestas nas cidades galegas polo elevado paro entre os mozosMoitos mozos e mozas, con delegados da CIG, participaron onte na xornada de protestas nas sete cidades galegas para denunciar a “sangría demográfica que sofre o noso país” e que afectga especialmente aos máis novo, di o sindicato. Aomesmo tempo, demandaron á Xunta e ao Goberno central políticas de emprego efectivas que poñan “freo” ás elevadísimas taxas de paro que sufre a mocidade galega.

  • >porpalabrasvehículos

    SERVITRUCKSwww.servitrucksinternacional.com

    [email protected]

    982 219 505

    Ofertas de enero· Renault Frigo, 2007, 80.000 km;

    37.000 euros;· Iveco 140 E25 4X4 con grúa Fassi,

    39.000 euros· Isuzu NPR 85, frigorífico, 18.900 euros

    [email protected]

    982 219 505

    Ofertas de eneroRenault Megane G. Tour Buss, 6.500 euros;

    Seat Ibiza Rock&roll, 2009, 6.000 euros;Nissan Pathfinder, 2007, 12.500 euros.

    www.servicarslugo.com

    varios

    Véndese Dodge 3.700. Totalmente restaurado e tapizado en coiro branco. Ideal para vodas ou películas.

    ISABEL AZEVEDOVIDENTE

    Llámala y pregúntaleElla te dará respuestas

    806 514 067Precio minuto red fija: 1,21 euros

    Precio minuto red móvil: 1,57 eurosSólo adultos IVA incluido

    Consulta privada en Lugo (639 814 688)

    6 XOV.17.01.2013 < LVgalicia

    SANTIAGO

    O alcalde declara hoxe no marco da ‘Pokemon’A titular do xulgado de instru-ción número 1 de Lugo, Pilar de Lara, citou onte a decla-rar como imputados no caso Pokemon o alcalde de Santiago, Ángel Currás (PP), e o xefe de gabinete da alcaldía compos-telá, Francisco Castro. Currás é o cuarto alcalde galego impu-tado na trama de supostas irre-gularidades en adxudicacións públicas. Mentres, no PPdeG, Raquel Arias asegurou onte que agardarán á declaración antes de decidir sobre o futuro político do rexedor. Baltar Blanco, onte en Ourense. > B. Lorenzo

    OURENSE

    Baltar, tranquilo ante o risco de que o imputen O presidente da Deputación e o PP ourensáns, José Manuel Baltar, mostrou onte “tranquili-dade absoluta” ante a súa posi-ble imputación na trama de prevaricación que levará o seu pai, José Luis Baltar, a declarar por presuntas contratacións ilegais no ente provincial. “O meu estado de tranquilidade é absoluto”, asegurou tras coñe-cerse a intención do PSdeG de ampliar a el a causa. Ademais, volveu reivindicar a “presun-ción de inocencia” do seu antecesor, José Luis Baltar.

    FERROL

    Imputados dous ex edís dentro do caso ‘Torre’ A operación Torre, que inves-tiga supostas irregularidades na contratación a dedo de obras do Concello de Ferrol á empresa Parquet Albanese, conta entre os seus imputados a dous ex edís socialistas: Ángel Mato, de Urbanismo; e López Castrillón, de Obras, acusados de delitos contra a Administra-ción pública e falsidade docu-mental. A empresa facturaría para o consistorio ferrolán en 2010 unha cantidade superior a 700.000 euros sen adxudicar en mesas de contratación.

    A CORUÑA

    O PP nega outra vez adxudicacións ‘a dedo’O portavoz o goberno local da Coruña, Julio Flores, cualificou de “falsa” a denuncia do conce-lleiro socialista José Nogueira sobre a suposta adxudicación aos pais dunha asesora muni-cipal da confección de máis de mil traxes de figurantes para a cabalgata de Reis, e afirmou que é un exemplo de “miseria política”. “O PSdeG desprega unha cortina de fume para desviar a atención do escánda-lo urbanístico de Someso, que lles custou aos coruñeses máis de 40 millóns de euros”, dixo.

    O Sergas non pensa agora no peche de puntos de urxencias> Non ten constancia de ningún ineficiente e descarta por iso imitar a Castela-A Mancha

    LV / Axencias

    A xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), Nieves Domín-guez, recoñeceu que o seu equipo “está a analizar todas as posibi-lidades de mellora do sistema e todas as medidas de eficiencia”, pero asegurou que “non está enri-ba da mesa agora pechar nada”. Iso si, rexeitou valorar a decisión da presidenta de Castela-A Man-cha, María Dolores de Cospedal, do peche do servizo de urxencias sanitarias en varios municipios. “Nós temos que preocuparnos das medidas e o traballo que temos que facer na nosa comu-nidade”, contestou.

    Neste contexto, Nieves Domín-guez insistiu en que non está sobre a mesa pechar nada. “No que estamos a traballar é en mellorar a asistencia e en asegurarnos que cada euro que os galegos invisten

    en sanidade estea ben investido; que non supoñen un gasto, que sexa un investimento en saúde”, manifestou.

    Sobre as sospeitas de colexios médicos acerca da existencia da posibilidade de peche de servi-zos, Domínguez abundou en que o Sergas “está a traballar sempre en facer o uso máis adecuado dos presupostos que poñen nas súas mans” e aseverou que traballa con todos os colectivos implicados, tamén os pacientes. “Calquera proposta que veña dos colexios médicos, profesionais e pacientes será valorada aquí dentro do Ser-gas para dar a mellor asistencia posible”, insistiu a xerente.

    De feito, afirmou que non lle consta que hoxe haxa ningún punto de atención continuada (PAC) “ineficiente” en Galicia. “Se non, teriamos que pechalo”.

    Os colexios de médicos propoñen reformular a distribución de centrosOs representantes de distintos colexios médicos galegos avaliaron onte estas opcións de peche de urxencias que denunciou a plataforma SOSSanidade Pública, aínda que por agora recoñecen non ter constancia diso. Entodo caso, estas entidades rexeitaron o peche de centros, pero expuxeron a posiblidade de “reformular” a súa distribución e ata de “unificar” algúns deles, sempre que se manteñan os tempos de desprazamento actuais e sen máis prexuízos aos usuarios. De feito, o que si se abordou nalgún caso foi a posibilidade de “distribuílos doutro xeito”, xa que hoxe hai unha disposición “de hai 90 anos”, que “non responde” ás actuais necesidades da xente.

    410 persoas agardaban por un órgano en Galicia en 2012As negativas familiares a doar os órganos dos parentes mortos baixaron en Galicia dun 28,7% a un 24,8%, aínda que seguen por riba da media nacional. Un estudo do Sergas e a USC aclara que en máis do 90% dos casos a negativa é por razóns relixiosas. En todo caso, en 2012 realizá-ronse nos hospitais galegos 294 transplantes, tres máis que en 2011 – 25 de corazón, 35 de pulmón, 91 de fígado, 138 de ril e 5 de páncreas–. De todos os xeitos, a 31 de decembro de 2012 había 410 persoas en Galicia agardando por un órgano, un 1,6% menos que un ano antes –9 por un corazón, 10 por un pulmón, 43 por fígado, 7 por páncreas e 341 por ril–.

    O 80% dos galegos arrefríase ao menos unha vez por anoOito de cada dez galegos arrefríanse polo menos unha vez ao ano, segun-do os últimos datos do centro Infito, que recomenda protexerse dos cambios de temperatura e utilizar própole, unha substancia das abellas, para protexer a gorxa de infeccións. A humidade e o frío rexistrados estes días en Galicia poden “multiplicar os casos de gripes e arrefriados nas próximas semanas”, segundo o doutor Primitivo Ortega, ex presidente da Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía. A poboación galega tamén recoñece automedicarse para o arrefriado sen ir ao médico.

    AGE pide a dimisión de Rosa Quintana e esta defende a política de salvamento da XuntaA conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou que “se hai unha comunidade autónoma que apostou polo salvamento marítimo é Galicia”. Respostou así ás críticas da oposición que, na comisión na que se debateron os orzamentos da consellería para 2013, denunciou unha política “criminal” neste ámbito tras a morte dunha mariscadora en Oia. De feito, o responsable de AGE Antón Sánchez esixiu a dimisión de Quintana tras esa morte.

  • Pasear espido en praias do Grove

    > O Concello reserva areais para nudistas e tamén para poder camiñar con animais

    DdeP

    Pasear espido polas praias do Grove (Pontevedra) é posible des-de que o goberno local aprobou unha lei que regula este dereito, que terá cabida na ordenanza que elabora o Concello do Grove para regular o uso dos areais.

    O tripartito virou 180 graos, e logo de entregar un borrador aos grupos da oposición no que pro-hibía esta práctica, tivo que acep-tar que xa é un feito consumado, como pode verificarse en Con Negro, e aceptou reservar areais para quen queira andar espido, e pasear os can ou outras mascotas, tal como solicitaron os colectivos animalistas.

    O PSOE pregúntase que san-ción poderá aplicar se quen se pasea sen roupa é un rapaz de oito anos ou un bebé. En que idade establecerá o límite e quen será o responsable no caso de que

    non estea acompañado por unha persoa maior, preguntan.

    O portavoz socialista, José Cacabelos, mantén que o gober-no local debería guiarse pola educación en lugar de prohibir, e vaticina que tamén se atopará cun problema se mantén a súa determinación de sancionar a quen faga as súas necesidades no areal ou a auga.

    “A ordenanza recolle que non está permitida a evacuación fisio-lóxica no mar ou na praia”, nun exercicio de falta de respecto e de consideración dos usuarios como seres civilizados e faltos de educación, xa que se trata dunha cuestión de sentido común.

    Algo parecido prognostica o socialista con outro artigo, que contempla multas de 60 a 300 euros para os que abandonen o lugar onde se atopan deixando os parasois abertos.

    Alumnos de FP optarán a prácticas pagadas na ITVOs conselleiros de Educación, Jesús Vázquez Abad, e de Economía, Francisco Conde, xunto coa empresa concesionaria da inspección técnica de vehículos, Supervisión y Control S.A., presentaron o certa-me Reinventa a ITV, inventa o teu futuro, a través do cal se aposta pola Formación Profesional como porta de entrada ao mundo de traballo. No acto de presentación, no que estivo o ex piloto Luis Moya, explicá-ronse os detalles do certame, que permitirá a tres ou catro alumnos de FP lograr prácticas pagadas un ano nunha ITV. > Xunta.es

    7XOV.17.01.2013 < LV galicia

    AGN

    Os grupos da oposición come-zaron a presentar as súas propostas de devolución e emenda a uns Orzamentos da Xunta que cren “derrotis-tas” e “fracasados na creación de emprego”, unha vez que se iniciou a súa tramitación na Cámara e prevese que reciban a aprobación definitiva a últi-ma semana de febreiro.

    As emendas do PSdeG, esbozadas onte polo portavoz parlamentario, Abel Losada, levan elevar o teito de gasto actual en 464,5 millóns, que irían destinados a políticas de emprego e ao gasto social.

    O PSdeG solicita elevar este ano o Orzamento galego nuns 464 millóns

    A UPG propón “novas persoas” para o BNGA forza hexemónica do BNG, a UPG, debaterá este sábado un documento do seu comité central no que fixa posicións de cara ao futuro do Bloque. Propón “novas persoas” e alianzas con ERC e con Bildu.

  • 8 españa XOV.17.01.2013 < LV1 = 1,327 $ Ibex -0,23% 8.581,10 puntos

    (prima de risco: 346)

    SOCIEDADE

    Reus retira o cartel do Carnaval por plaxio, pero non por sexistaA federación de asociacións de Carnaval do municipio catalán de Reus decidiu reti-rar o polémico cartel no que saía unha moza ensinando os peitos. Pero non o fixo tras as críticas recibidas por sexista, senón porque ao parecer os autores utili-zaron unha imaxe retocada dunha páxina web porno.

    SOCIEDADE

    Cae por primeira vez en 15 anos o número de estranxeirosO número de estranxeiros empadroados en España a 1 de xaneiro foi de 5.736.258, 15.229 menos que en 2011, o que supón un descenso por primeira vez en quince anos do número de inmigrantes que residen no país. Mentres que a poboación en Espa-ña non deixou de crecer, o número de estranxeiros non seguiu esa tendencia.

    XUSTIZA

    Polémica polo indulto a un cliente do bufete do fillo de GallardónO indulto do Goberno a un condutor kamikaze, conde-nado a 13 anos pola morte dun mozo en Valencia en 2003, provocou a indigna-ción da familia do falecido e críticas de asociacións de vítimas de accidentes. Tamén acusacións sobre presunto tráfico de influen-cias contra o ministro de Justicia, porque un fillo seu traballa no bufete que defendeu o condenado.

    Axencias

    Robert Cockx, presunto home de palla en Suíza do duque de Palma, declarou que evitou tratar “con políticos e crimi-nais”, asegurando non coñecer o marido da infanta Cristina.

    Mentres, un informe peri-cial encargado polo avogado de Urdangarín di que os con-venios do Nóos coas adminis-tracións se rexían polo dereito privado e non requirían con-curso público, cuestionando así os posibles delitos de pre-varicación e malversación.

    Cockx, un suposto home de palla de Urdangarín, afirma que non o coñece

    Axencias

    O ministerio fiscal solicitou unha pena de 40 anos de pri-sión para José Bretón, pai dos dous nenos de 2 e 6 anos de-saparecidos en 2011 en Cór-doba, ao consideralo autor do asasinato dos seus fillos.

    O avogado de Bretón dixo que este xa tiña “asumida” a petición da pena e cifrou en máis de 80 as testemuñas que solicitará que comparezan no xuízo con xurado, que prevé que se celebre a finais de abril ou comezos de maio.

    O fiscal pide 40 anos para Bretón polo asasinato dos seus dous fillos

    Alemaña négase a “tirar do carro” europeo cun plan de estímulo como pide RajoyAxencias

    Alemaña “non pode” nin se expón adoptar políticas expansivas de crecemento para axudar os paí-ses en apertos da Eurozona, como lle pediu o martes o presidente español, Mariano Rajoy, nunha entrevista concedida ao diario británico Financial Times.

    Deixouno moi claro o ministro xermano de Economía e ratifi-couno o portavoz do Executivo ao afirmar que “non axudaría agora a ninguén en Europa” que Berlín aprobase grandes investimentos “que non se pode permitir e que aumentarían aínda máis a débe-da” da maior economía comuni-taria, que este ano só crecerá un

    0,4%, lastrada pola crise de con-fianza que afecta os Dezasete.

    “Non vai haber paquetes de impulso económico”. O home de confianza de Angela Merkel respondía así ás declaracións de Rajoy, que pediu aos estados membros acredores da Eurozona medidas de estímulo para reacti-var a economía comunitaria.

    Nesa liña, o ministro español de Asuntos Exteriores insistiu na necesidade de que Alemaña “tire do carro” e de que o BCE compre débeda no mercado secundario, porque a austeridade sen paliati-vos “non resolverá o problema” e está a conducir toda a UE “a unha desaceleración”.

    Artur Mas acusa o Goberno central de “ir a saco” contra CataluñaO Tribunal Constitucional deixou onte en suspenso o imposto aos depósitos bancarios e as taxas xudiciais en Cataluña, tras paralizar o martes o euro por receita, que as farmacias deixaron de cobrar onte á noite. Isto deixa en suspenso uns 800 millóns cos que contaba a Generalitat para facer fronte ás contas de 2013 e ao déficit. OGoberno catalán entende que o español, ao recorrer todas estas taxas, está a someter a Cataluña a unha “asfixia” financeira, e o seu presidente acusou o Goberno de Rajoy de ir “a saco” contra Cataluña. Por outra banda, Mas instou o Estado a ofrecer alternativas atractivas ao proxecto soberanista.

    O ex tesoureiro do PP tivo 22 millóns nun banco de Suíza> Unha vez imputado, Bárcenas transferiu os fondos a outra conta > O PSOE esixe explicacións e os populares din “non saber nada”

    LV / Axencias

    O ex tesoureiro e ex senador do PP Luis Bárcenas chegou a ter 22 millóns de euros nunha con-ta nun banco de Suíza, diñeiro que traspasou a outras contas en 2009 unha vez imputado no caso Gürtel, segundo a documentación enviada por ese país ao xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz.

    Nun auto, Ruz acorda trasla-dar esta nova documentación da comisión rogatoria encargada a Suíza á Agencia Tributaria e á Policía para que realicen informes sobre cinco contas bancarias ato-padas en Suíza, catro delas vincu-ladas presuntamente a Bárcenas e unha quinta a outro imputado no caso Gürtel, Eduardo Eraso.

    Para o xuíz resulta acreditado que as contas eran del porque a entidade identificaba o cliente

    con iniciais, co seu nome e copia do DNI. Os fondos procederían de intermediacións ilegais en adxu-dicacións de contratos públicos.

    O PSOE pediu onte explica-cións a Santamaría, Montoro e

    Cospedal polos 22 millóns de Bár-cenas en Suíza, dos que o PP dixo “non saber nada”. Génova espe-rará a que os tribunais diriman as responsabilidades penais porque as políticas, di, “xa se asumiron”.

    O ex tesoureiro e senador do PP. > AEP

    González admite agora que comprou o ático que investigan polo ‘Gürtel’O presidente da Comunidade de Madrid admitiu onte que el e a muller compraron en decembro o ático dúplex de luxo dunha pres-tixiosa urbanización marbellí e que unha xuíza investiga por sos-peitas de fraude fiscal tras unha denuncia do Sindicato Unificado de Policía (SUP) polo Gürtel. Ata agora, González dicía que o tiña alugado por 2.000 euros. O SUP cre que foi un agasallo de Martin-sa por un “pelotazo”. > EFE

    Piden once anos de inhabilitación para unha ex conselleira de Camps e nove anos para outra

    É polos contratos da Generalitat de Valencia con Orange Market S.L. dentro da trama ‘Gürtel’

    ¿sabíasque...?

    Axencias

    O Consejo General del Poder Judicial aprobou un informe que expresa “amplísimas” dúbidas sobre a constitucio-nalidade da reforma do Códi-go Penal que propuxo o minis-tro de Justicia, un ditame non vinculante para o Goberno.

    A portavoz do órgano de goberno dos xuíces explicou que o ditame se refire espe-cialmente tanto á prisión revi-sable como á custodia perma-nente, tal e como as formula o anteproxecto do Executivo.

    O CGPJ dubida de que o Código Penal de Gallardón sexa constitucional

    A portavoz do organismo, onte. > EFE

    Axencias

    A polémica polo achado de carne de cabalo en hambur-guesas de vacún vendidas en supermercados en Irlanda e o Reino Unido pode salpicar a España. As autoridades irlan-desas afirmaron onte que os “ingredientes crus de cabalo proveñen de Holanda e Espa-ña”, algo que estuda Londres. Porén, a UE aclarou que isto non afecta polo momento a seguridade alimentaria.

    Tanto o Goberno español como a industria defenderon onte a calidade e control sani-tario da carne equina produ-cida en España e negaron que exista risco ningún.

    Irlanda: “A carne de cabalo achada en hamburguesas vén de España”

  • 9mundo LV > XOV.17.01.2013

    O sinistro dun helicóptero en Londres deixa 2 mortos O accidente onte dun helicóptero no centro de Londres, que se estrelou contra o guindastre dun dos edificios máis altos da cidade, provocou 2 mortos e 13 feridos. A Policía descoñece as causas da traxedia, que investiga. Todo apunta a que a falta de visibilidade puido contribuír ao sinistro do aparello, de uso comercial e no que só viaxaba o piloto. O outro falecido foi un peón que pasaba pola rúa, xa que o aparello caeu ao chan provocando unha gran bóla de lume que alcanzou varios vehículos en plena hora punta. > EFE

    ITALIA

    Un can asiste a diario á misa esperando a volta da súa difunta donaSe hai algo difícil de negar é a lealdade dos cans cara aos amos. Un dos últimos casos sucedeu nunha pequena vila do sur de Italia. Desde que asis-tiu ao funeral da dona, Tommy,un pastor alemán de 12 anos, acode a diario ao templo cada vez que escoita as campás ou ve chegar o coche fúnebre, agardando a súa volta.

    CHINA

    Unha residencia de anciáns ten unha lista de espera dun séculoA principal residencia públi-ca de anciáns de Pequín con-ta actualmente cunha lista de espera de nada menos que un século, unha demora de toda unha vida só accesible para xeracións vindeiras, informa o diario Beijing Evening News.O asilo, que conta con 1.100 camas e máis de 10.000 inte-resados, ofrece calidade.

    XAPÓN

    As aeroliñas nipoas paralizan os Boeing 787 tras un novo incidenteA aterraxe de urxencia dun Boeing 787 onte en Xapón por un posible fallo nunha batería supón a sexta avaría detecta-da en dez días neste modelo, o que levou as aeroliñas nipoas a suspender temporalmente as operacións con este avión. O fabricante estadounidense Boeing pode sufrir un duro gol-pe polos fallos neste modelo.

    Un francotirador asasina o ‘rei’ da mafia rusa no centro de Moscova cando saía dun restaurante e xa se teme unha guerra entre clansAslan Usoyan tiña 75 anos e controlaba os negocios ilegais en Rusia e os países veciños

    ¿sabíasque...?

    Obama prohibe os fusís de asalto e vai reforzar os controis para comprar armasAxencias

    O presidente dos Estados Unidos instou onte o Congreso a apoiar o seu plan de endurecemento do acceso ás armas, que inclúe 23 medidas, coa aprobación “dun sistema universal de comproba-ción de antecedentes penais”.

    Obama dixo que protexer os nenos da violencia debe ser a principal “responsabilidade” da sociedade, ao anunciar as medi-das que non necesitan o visto e prace do Congreso.

    Entre esas “ordes executivas” está a prohibición de comerciali-zar os fusís de asalto e a esixencia de comprobación de anteceden-tes penais para todas as vendas, así como aumentar a cobertura médica en saúde mental.

    Esas medidas foron anunciadas en resposta á masacre perpetrada en decembro en Newtown, onde un mozo matou 20 nenos e seis adultos nunha escola.

    Ademais, Obama restrinxirá o acceso aos cargadores de alta capacidade e eliminará as balas perforadoras, e instará a que os estados compartan as súas bases de datos sobre antecedentes cri-minais. O plan reforzará a seguri-dade nas escolas e colexios.

    Barack Obama, onte firmando as novas medidas ante un grupo de nenos. > EFE

    A Asociación Nacional do Rifle chama “hipócrita elitista” a Obama tras o seu anuncio

    “¿Por que é tan escéptico sobre despregar gardas nas nosas escolas cando as súas fillas están protexidas por axentes armados?”, pregunta

    ¿sabíasque...?Dous mortos e un ferido nun novo tiroteo nunha universidade de Kentucky

    Dúas persoas perderon a vida e outra resultou ferida na noite do martes nun tiroteo ocorrido no aparcadoiro dunha universidade de Kentucky. As vítimas non foron identificadas, aínda que segundo unha televisión local serían un home e unha muller, mentres que o sospeitoso de disparar sería un home. Non transcenderon máis detalles.

    Primeiro castigo islamita> Un grupo próximo a Al Qaeda ataca unha planta gasista en Alxeria e secuestra ata 41 estranxeiros > Esixe a fin da intervención en Mali

    LV / Axencias

    Varias decenas de estranxeiros están retidos nunhas instalacións gasísticas en Alxeria no medio dunha gran confusión, tanto na cifra de cativos como nas súas nacionalidades, e da determina-ción das autoridades locais para non ceder ante as pretensións terroristas. E é que estes esixen a fin da ofensiva militar contra Mali para garantir a seguridade dos seus reféns.

    De madrugada, un grupo “for-temente armado” asaltou unhas instalacións de tratamento de gas operadas pola alxeriana Sonatra-ch, a británica British Petroleum (BP) e a norueguesa Statoil, situa-da na provincia suroriental de Ilizi (Alxeria), fronteiriza con Libia.

    No ataque, primeiro contra un autobús de traballadores da planta e posteriormente contra o complexo gasístico, morreron dúas persoas, un alxeriano e un británico, e outras seis, dúas delas estranxeiras, resultaron feridas, segundo o ministro alxeriano de Interior, quen asegurou que non se negociará cos terroristas.

    Os captadores manteñen reti-

    da unha cifra de persoas foráneas que oscila entre as 20, citadas pola axencia oficial alxeriana, e as 41 asumidas durante a reivindica-ción feita por un grupo radical próximo a Al Qaeda no Magreb Islámico (AQMI).

    Segundo este, o ataque foi obra do batallón dos Asinantes con sangue, en resposta á inxerencia de Alxeria e á apertura do seu espazo aéreo á aviación francesa para bombardear o norte de Mali, controlado por grupos armados salafistas desde xuño.

    O Ministerio de Asuntos Exte-riores dixo que non hai españois entre os secuestrados, mentres a petroleira Cepsa decidiu evacuar, de xeito preventivo, dous dos seus bloques exploratorios na zona.

    COMBATE SOBRE O TERREOAs tropas francesas comezaron onte o combate sobre o terreo en Mali, cinco días logo de lan-zar os primeiros ataques aéreos para deter a ofensiva dos grupos terroristas que controlan o norte do país. Os blindados franceses desprazáronse ao longo do día á primeira liña de combate.

    A planta de gas atacada en Alxeria. > EFE

    España autoriza os avións galos a usar as súas bases

    España autorizou o uso das súas bases aéreas aos avións franceses que participan na intervención en Mali en caso de necesidade, unha medida habitual entre países aliados, informou o Ministerio de Defensa. As aeronaves que transporten “material quente” só poderán sobrevoar as augas de soberanía española. O ministro de Asuntos Exteriores avanzou que se estuda o envío dun “avión de transporte de carácter estratéxico” ao país africano.

  • 10 XOV.17.01.2013 < LV

    deportes “TODOS VIMOS O QUE PASOU. SE MORDO A LINGUA É PARA QUE NON ME SANCIONEN”Rami, xogador do Valencia, sobre a arbitraxe de antonte no Bernabéu F. RIJKAARDFoi destituído por Arabia Saudita tras quedar eliminada da Copa do Golfo

    C. RONALDODisque tivo unha rifa con Mourinho no vestiario tras o partido co Valencia

    C. TÉVEZQuitáronlle o carné de conducir ao non saber responderas cartas da Policía

    Ida dos cuartos da CopaAntonteReal Madrid 2-0 Valencia OnteZaragoza 0-0 SevillaBarcelona 2-2 MálagaHoxeAtlético-Betis. 22.00

    Zaragoza e Sevilla acabaron dan-do por bo o empate sen goles (0-0) e a eliminatoria decidirase a semana que vén no Sánchez Pizjuán. Emery debutou no ban-co sevillista e o seu equipo notou a falta de acoplamento ás ideas do novo técnico. Negredo e Jesús Navas foron os homes máis inci-sivos no bando visitante.

    Real Zaragoza 0Sevilla FC 0Zaragoza: Leo Franco; Sapunaru, Álvaro, Paredes (Loovens, m.88), Abraham; Javi Álamo, Movilla, Apoño, Wílchez (Edu Oriol, m.57); Víctor Rodríguez (Montañés, m.69) e Postiga.Sevilla: Palop; Coke, Spahic (Botía, m.83), Fazio, Navarro; Jesús Navas, Maduro, Medel, José Antonio Reyes (Manu del Moral, m.71); Rakitic (Stevanovic, m.88) e Álvaro Negredo.Árbitro: F. Teixeira Vitienes (Cantabria).Sacou cartóns amarelos a Álvaro, Paredes, Jesús Navas e Maduro.

    O Pizjuán decidirá tras o empate sen goles no debut de Emery como adestrador do Sevilla

    Camacho complica o futuro do Barcelona na Copa do Rei

    EFE

    Un gol de Camacho no minuto 89 obrigará o Barcelona a gañar, ou a igualar por máis de dous goles, na Rosaleda a próxima semana, se quere clasificarse para as semi-finais da Copa, logo de empatar onte (2-2) ante o Málaga.

    O conxunto de Pellegrini estivo

    a mercé dos azulgranas na primei-ra metade, pero fixo méritos para non saír derrotado tras o descan-so, malia xogar o último cuarto de hora cun menos pola expulsión de Monreal por vermella directa.

    Os dous equipos fixeron moi-tas rotacións e o Barça empezou co seu guión habitual: dominar o esférico. Ata que unha temeraria cesión de Pinto a Thiago derivou no gol de Iturra. O regalo esper-tou a Messi, que fabricou el só o empate nunha xogada que come-zou no seu campo. Puyol, culmi-nou a remontada de cabeza.

    O Málaga decidiu entón plan-tar cara ao Barça e Pinto tivo que intervir a disparos de Eliseu e Duda. Cesc e Pedro entraron co partido roto e provocaron a expul-sión de Monreal, pero os andalu-ces aguantaron e ata lograron o empate nunha falta botada por Duda que rematou Camacho.

    Outro cerebro fuxido a Alemaña

    Pep dirixirá o Bayern e Raúl non será o seu axudante, tal e como se especulaba. > EFE

    > Guardiola dirixirá o Bayern de Múnic a partir da vindeira tempada e ata 2016LV / Axencias

    Pep Guardiola porá fin ao seu ano sábatico para dirixir o Bayern de Múnic a partir da vindeira tempa-da. O club bávaro confirmou onte que o ex adestrador do Barcelo-na substituirá a Jupp Heynckescando remate este curso e que permanecerá ligado á entidade durante tres anos, ata 2016.

    O contrato, segundo desvelou Josep María Orobitg, representan-te de Guardiola, foi asinado o 20 de decembro. Tamén revelou que de entre todas as ofertas que tiña, como as da Roma e o Milan, esta non era a mellor economicamen-te, pero si a que máis o satisfacía en termos de “organización” e polos futbolistas cos que con-ta, como Robben, Ribéry, Mario Gómez ou Javi Martínez.

    Os rumores sobre o regreso de Guardiola intensificáronse logo da gala do Balón de Ouro, na que revelou que volvería adestrar a vindeira tempada. O Bayern, que antonte negara calquera acordo con el, viuse obrigado onte a face-lo oficial porque xa eran moitas as voces que o afirmaban.

    UN RETO INESPERADOGuardiola aposta por un reto ines-perado, deixando de lado os can-tos de serea de Chelsea e Manches-ter City e elixindo un equipo de gran tradición e demostrado tra-ballo coa canteira. O seu obxecti-vo, tras lograr 14 títulos co Barça, non será outro que devolver a Champions ás vitrinas bávaras, un título que non conquista o Bayern desde 2001. Os máximos representantes do club, con Be-ckenbauer e Rummenigge á cabe-za, celebraron a contratación do técnico de Santpedor, que mañá cumprirá 42 anos. Agora, Pep deberá demostrar a súa calidade sen Messi, Xavi e compañía.

    Camacho celebra o gol que lle deu o empate ao Málaga no Camp Nou no minuto 89. > EFE

    “GUARDIOLA DARÁ ESPLENDOR NON SÓ AO BAYERN, SENÓN A TODO O FÚTBOL ALEMÁN E Á LIGA”

    Rummenigge, directivo do Bayern

    “QUITO O CHAPEU; NON PODO IMAXINARUN TÁNDEM MELLOR QUE O DE PEP CON MATTHIAS SAMMER”

    Beckenbauer, presidente de honra

    FC Barcelona 2Málaga CF 2Barcelona: Pinto; Montoya, Puyol, Mascherano, Adriano; Song, Thiago (Xavi, m.78), Iniesta; Alexis (Cesc, m.74), Messi e Tello (Pedro, m.74).Málaga: Kameni; Gámez, Sergio Sánchez, Welington, Eliseu, Iturra, Camacho, Buonanotte (Duda, m.68), Portillo (Monreal, m.46), Seba Fernández e Saviola (Santa Cruz, m.65).Goles: 0-1, m.25: Iturra. 1-1, m.29: Messi. 2-1, m.30: Puyol. 2-2, m.89: Camacho.Árbitro: González González (Castela e León). Amoestou a Alexis, Eliseu e Messi e expulsou a Monreal no 74.

    O Betis reta o AtléticoDous dos equipos máis en forma do fútbol español, Atlético e Betis, enfróntanse hoxe (22.00 horas, Telecinco) na ida dos cuartos. Simeone anunciou que Falcao, que tivo molestias, xogará case seguro.

    > O Málaga empatou malia acabar o encontro con dez > Messi e Puyol remontaran antes o gol inicial de Iturra

    INGLATERRA

    O Chelsea estraga ante o Southampton un 2-0Con Michu no banco –xogou os últimos minutos–, o Swansea non puido lograr o seu pase aos dezaseisavos de final da FA Cup no par-tido de desempate ante o Arsenal, que gañou cun gol de Wilshere (1-0). O Uni-ted tamén obtivo o billete do replay ante o West Ham grazas a un tanto de Rooney (1-0). Ademais, Chelsea e Southampton empataron (2-2) nun partido da Premier adiado. Os de Benítez, con Mata no campo e Torres no banco, deixaron escapar o 2-0 que lograran Ba e Hazard.

    Así celebrou Ba o seu gol. > EFE

  • 11XOV.17.01.2013 < LV deportes

    O Pontevedra imponse aoVilalonga e mira cara arribaO Pontevedra impúxose ao Vila-longa por 2-1 no partido adiado no seu día polo mal estado de Pasarón. Os tres puntos sitúan os homes de Milo Abelleira quintos na táboa a un só punto dos pos-tos de play off, que pecha o Fabril. Pablo e Richi fixeron os goles dos granates, mentres que Fran Matos recortou para os visitantes nos minutos finais ao transformar un penalti. O Vilalonga queda cuarto pola cola con 21 puntos, a un da salvación. > Diario de Pontevedra

    TENIS

    Nadal confirma que vai volver no Open de BrasilNadal pasou con éxito a última revisión no seu xeonllo e con-firmou que volverá ás pistas no torneo de Brasil, do 11 ao 17 de febreiro. No Open de Austra-lia, Djokovic, Ferrer, Almagro e Verdasco asinaron onte o seu pase á terceira rolda. Caeron Feliciano e Gimeno-Traver.

    RALLYES

    O galego Pérez Fojón vai 54º en MontecarloA primeira xornada do Rallye de Montecarlo deixou a Loeb como líder e a Dani Sordo na cuarta posición. O lucense Antón Pérez Fojón, de 23 anos, acabou 54º aos mandos dun Mitsubishi Evo X. Quedan 62 participantes na primeira pro-ba do Mundial de rallyes.

    FÚTBOL FEMININO

    Boquete marca un gol no amigable de EspañaA santiaguesa Vero Boque-te marcou o primeiro gol da selección no amigable que a enfrontou onte a Rusia e que concluíu con vitoria española por 2-1 grazas a un tanto de Jennifer no 90. Foi o inicio da preparación de España para o Europeo do mes de xullo.Caída do holandés Van Heertum. > EFE

    DAKAR

    Neutralizada a etapa en coches pola chuviaA undécima etapa do Dakar, entre La Rioja e Fiambalá, quedou neutralizada para os coches no quilómetro 83 polas enchentes dos ríos debido ás chuvias. Gordon gañouna ao marchar líder nese momento. En motos, o vencedor foi o estadounidense Kurt Caselli.

    Bergantiños: “Podemos sobrevivir sen ingresos”> O xogador do Dépor, que onte empatou co Racing de Ferrol nun amigable, ve o vestiario “tranquilo” a pesar da entrada en concurso

    Axencias

    A entrada en concurso de acre-dores do Deportivo non afecta o vestiario. Polo menos iso asegura Álex Bergantiños, que malia non cobrar a nómina dos últimos meses, ve os xogadores tranqui-los. “Por sorte, temos capacida-de suficiente para sobrevivir uns meses sen ingresos, aínda que a todos nos gustaría estar ao día”, explicou o xogador coruñés.

    No seu caso concreto, recoñe-ceu que non ten problemas por-que o planificou “ben”, aínda que cre que outros futbolistas pode-rían estar “máis apertados”.

    EMPATE ANTE O RACINGO Deportivo continúa a súa pre-paración para o encontro do domingo ante o Osasuna. Onte disputou un amigable no Mun-do do Fútbol contra o Racing de

    Ferrol, líder de Terceira, que rema-tou con empate (1-1). O canteirán Insua marcou un golazo tras un rexeite para os coruñeses e Carlos López fixo o tanto ferrolán, nun encontro marcado pola chuvia. Paciencia quixo ver en acción os menos habituais e algún xogador da canteira nun experimento que non pasará á historia e que con-tou con preto de 2.000 afecciona-dos nas bancadas.

    AYOZE, CO GRUPOAyoze retomou onte o traballo co grupo tras un mes mancado e non está descartado para xogar en Pamplona, onde Evaldo, titular ultimamente no lateral esquerdo, estará sancionado logo de que o comité de competición rexeita-ra onte o recurso do Dépor para deixar sen efecto o segundo car-tón que viu en Anoeta.

    Suspendido o amigable entre o Celta e o CoruxoO mal tempo impediu onte a disputa do amigable previsto entre o Celta e o Coruxo en Barreiro, logo de que así o decidiran os dous técnicos ante o perigo de lesións. Oclub aproveitou para reafirmar que Aspas só se irá se pagan a súa cláusula. Así o dixo o presidente, Carlos Mouriño, logo de declarar durante catro horas xunto con outros directivos pola querela interposta por Placente, que os acusa de estafa durante a redución de capital do club. Ademais, o Celta anunciou onte a renovación dos xuvenís Jordán e Ferrán, de 17 anos, por cinco tempadas máis.

    RC Deportivo 1Racing Club Ferrol 1Deportivo: Lux; Seoane, Aythami, Insua, Silvio; Assunçao, J. Domínguez, Valerón, Salomao, Camuñas; e Nelson. Tamén xogaron: Uxío, Ángel, Jesús Vázquez, Teles, Romai e Bodipo.Racing: Camacho; Comesaña, Sergio, Pumar, Antonio; Fortes, Dani, Chicho, Iago Iglesias, Eber; e Jorge Rodríguez.Tamén xogaron: Marcos Valín, Marcos, Pérez, Pablo Rey, Toni, Carlos López, Juan Rodríguez e Manu Barreiro.Goles: 1-0, m.1: Insua. 1-1. m.68: Carlos López.Árbitro: J.M. Cives Enjo (A Coruña).

    O Lugo fíxolle ficha ao ex internacional Guayre tras telo a proba dous meses

    Levará o dorsal 17 que antes portaba o lateral Raúl Fuster

    ¿sabíasque...?

    Axencias

    Pedro Martínez de la Rosa será o novo piloto probador de Ferrari, onde compartirá esforzos con Fernando Alonso na súa loita por lograr o Mundial. O barcelonés, de 41 anos, admitiu que era “un estímulo extraordinario” para el traballar con este monopraza, que será presentado o 1 de febreiro.

    De la Rosa axudará a Alonso en Ferrari como probador do monopraza italiano

    O Santiago Futsal está nas semifinais da CopaO Santiago Futsal medirase, xa a dobre partido, a ElPozo Murcia nas semifinais da Copa do Rei. O equipo que dirixe Santi Valladares superou onte en Pamplona a eliminatoria de cuartos, a duelo único, contra o Triman Navarra tras vencer por 2-3. David, en dúas ocasións, e Diego Quintela puxeron o 0-3 no marcador para os santiagueses, pero os locais, con goles de Usín e Eseverri, lograron meterse no partido nos instantes finais, nos que o Santiago Futsal puido manter a vantaxe. ElPozo clasificouse tras vencer o Ríos Renovables por 1-4. Antonte xa quedara definida a outra semifinal, que disputarán o Inter Movistar e o Barcelona. Superaron o Marfil Santa Coloma e o Carnicer Torrejón, respectivamente.

    Pedro de la Rosa ten 41 anos. > EFE

  • cumprenanos

    Daniel Diges, cantante (32). Jim Carrey, actor (51). Camilo J. Cela Conde,escritor (67). Concha Cuetos, actriz (69). Forges, debuxante (71). Mohamed Alí, ex boxeador (71). Michelle Obama, avogada (49). Arbeloa, futbolista (30). unrespiro

    12 XOV.17.01.2013 < LV

    PAULINA RUBIOFoi de vacacións a Marrocos co seu fillo, que pasara o Nadal con Colate

    RYAN GOSLINGFormouse nunha nova arte marcial tailandesa para o seu próximo filme

    K. KARDASHIANVe “un milagre” o embarazo porque tivo problemas de fertilidade sempre

    FRANCISCONEGA NO XUÍZO QUE ESTAFARA

    > O cantante, que comprara un Maseratti a un promotor, di que non puido pagarllo porque estalou a ‘burbulla’ inmobiliaria

    LV / Axencias

    O cantante Francisco invocou un pacto “entre cabaleiros” para rexeitar a estafa de 80.000 euros pola que foi xulgado onte e pola que fiscal e a acusación particular lle piden, respectivamente, tres anos e medio e cinco de cárcere.

    Celebrado na Audiencia de Ala-cante con grande expectación, o xuízo quedou visto para sentenza despois de que a defensa pedira a absolución do artista.

    Os feitos remóntanse a come-zos de 2004, cando Francisco comprou un deportivo Maseratti de 80.000 euros, dos que ao cabo de nove anos non pagou nada ao querelante, o construtor Andrés Ballester. En 2005, Francisco ven-deu o automóbil para adquirir un coche aínda máis luxoso, un Bent-ley de 150.000 euros. En setembro de 2006 asinou un novo contrato con Ballester polo que este lle daba un novo prazo dun ano.

    Na súa declaración, Francisco recoñeceu a débeda, pero aduciu que nos dous contratos se estipu-laba que o pagaría só a conta das

    comisións do 10 por cento pola súa futura intermediación na venda de vivendas do construtor en Altea, o que non ocorreu por efecto da crise inmobiliaria.

    “Nervioso”, como dixo ao tribu-nal, sostivo que, ademais do coche, comprou unha casa a Ballester e que este lle descontou do prezo as comisións que, en cambio, lle debeu aplicar ao vehículo.

    Shakira e Piqué, moi solidarios cos nenosShakira e Piqué convida-ron todos os seus segui-dores a participar no seu baby shower, que é como se coñece nos Estados Unidos a festa de regalos ao bebé que está a piques de nacer. Pero trátase, nes-ta ocasión, dunha acción solidaria. En asociación con Unicef, a cantante e o futbolista dan así publici-dade á nova campaña para axudar os nenos pobres. Os futuros pais recadan fondos para axudar outros nenos a cubrir certas nece-sidades como vacinas, sales de rehidratación oral e alimento terapéutico.

    Kiko Rivera e Jessica, vacacións de luxoA pesar dos últimos rumo-res de crise, parece que Kiko Rivera e Jessica Bueno gozan dun bo momento. A parella pasou uns días de descanso no Caribe e deixou constancia en Twitter desta idílica viaxe que os levou a percorrer Mia-mi, Haití e Xamaica. O fillo de Isabel Pantoja escribiu: “Por fin xuntiños; botaremos de menos o noso príncipe”. E é que é a primeira vez que Kiko e Jessica se separan do peque-no Francisco, nado en novem-bro. En Miami compartiron tempo co tenista Juan Carlos Ferrero e Jessica deixou cons-tancia de que recuperou a súa figura posando en bikini.

    “O CASO DE MEU IRMÁN NON É O ÚNICO QUE HAI EN PRONOVIAS”

    Josefina, irmá do deseñador Manuel Mota, sinala que a firma de moda nupcial tivo que facerlle algo, “porque unha persoa sa coma el non se suicida da noite á mañá”, contou en Telecinco

    afrase

    No programa de Telecinco ‘Sálvame’ hai dúas persoas superdotadas e unha que ten unha intelixencia por debaixo da media

    O espazo, onde unha experta mediu os coeficientes, está a dar os nomes aos poucos

    ¿sabíasque...?

    O promotor “non quería ‘ladrillo’, senón diñeiro”Segundo Francisco, ao ver que non podía intermediar para vender casas tras estalar a crise, dirixiuse ao construtor para que aceptase aplicar ao coche as comisións que lle baixaron o prezo da casa (co que saldaría a débeda do Maseratti) e para que tamén consentise a devolución da vivenda (para finalizar a débeda), pero o promotor díxolle que “non aceptaba ladrillo, senón diñeiro”.

    FAMILIA...

    Os Grimaldi rexeitan o ‘biopic’ sobre GraceOs fillos de Grace Kelly, os príncipes Alberto, Carolina e Estefanía de Mónaco, están en contra da película que se está rodando estes días no Principado. A historia de Olivier Dahan está pro-tagonizada por Nicole Kid-man, que logrou un pare-cido incrible coa princesa falecida. Nun comunicado, din: “Non participamos nesta película supostamen-te dedicada a nós”. Para os Grimaldi, a cinta “non é en absoluto un biopic”, senón “unha páxina innecesaria-mente reescrita con impor-tantes inexactitudes históri-cas e unha serie de escenas puramente ficticias”.

    ... AMPLIADA

    Elton John, feliz coa chegada de ElijahO cantante Elton John mos-trouse “inundado de felici-dade” tras o nacemento do seu segundo fillo a tra-vés dunha nai de aluguer,en declaracións á edición británica da revista Holapublicadas onte na súa web. Elijah Joseph Daniel Furnish-John veu ao mun-do o venres nos Ánxeles e pesou 3,74 quilos, confir-maron a estrela do pop e a súa parella, David Furnish, que xa son pais doutro neno de dous anos, Zachary.

    A REI MORTO...

    Harry Styles, agora con Cara DelevingneHarry Styles e Taylor Swift protagonizaron un dos bicos máis soados nas revistas. Os dous despedían o ano cun bico fronte a unha árbore de Nadal e daban a benvida a 2013 cunha ruptura. Segun-do Radar Online, a ruptura debeuse a que a cantante se negou a ter sexo con el. Agora, as redes volvéronse acender e o cantante de One Direction estaría a conquis-tar a mesmísima Cara Dele-vingne. A famosa modelo arrasa entre os famosos...

    O cantante Francisco González Sarriá, onte na Audiencia de Alacante. > Morell / EFE

  • >carteleiraVIGOYELMO CINES 3D . (Luns, día do espec tado r . Ma t i na i s sábado , domingo e fest ivos. Madrugada venres, sábado e vésperas de festivos)Los miserables 18.45, 21.55. Lo imposible 20., 22.15, 00.30. El hobbit : un viaje inesperado 19., 22.15. La noche más oscura 18.15, 21.15, 00.10. El cuerpo 20.10, 22.25, 00.40. Volver a nacer 18.45, 21.15, 23.45. El hombre de las sombras 17.50. Jack Reacher 17.20, 18.40, 20., 21.20, 22.40, 00.00. El hobbit: un viaje inesperado 3D 19.45, 23.15. Rompe Ralph! 18.The master 18.25, 21.25, 00.15. El alucinante mundo de Norman 17.45. MULTICINES NORTE. (Luns, día do espectador) De óxido y hueso 17.45, 20.30, 23. Amor 17.45, 20.30, 23. La parte de los ángeles 17.45, 20.30, 23. Una pistola en cada mano 17.45, 20.30, 23. La pequeña Venecia (V.O.S.E.) 17.45, 20.30, 23.

    A CORUÑAFILMAX. (sesións golfas: venres, sábado e vésperas de festivos. Sesións matinais sab. e dom.) La noche más oscura 18.15, 21.30. El cuerpo 17.45. Las sesiones 18. Lola Versus 18.15, 20.15, 22.15. Una pistola en cada mano 20.45, 22.45. El hobbit : un viaje inesperado 19.45. La vida de Pi 18.15. Rompe Ralph! 18.30. Las sesiones 18. Los miserables 19., 22. El hobbit 3D 20.30. El hombre de las sombras 20.30, 22.30. The master 17.45, 22.15. Argo 22.45. Amor 17.45, 20.15, 22.45. Jack Reacher 17.45, 20.15, 22.45. Volver a nacer 17.45, 20.15, 22.45. YELMO LOS ROSALES 3D (Luns, día do espectador. Sesións de madrugada só os venres, os sábados e as vésperas de festivo. Primeiro pase: sábados, domingos e xornadas festivas) Jack Reacher 18.30, 19., 21., 21.30. The master 18.20, 21.20. La vida de Pi18.20. El cuerpo 18.20, 21.45. Amor

    es todo lo que necesitas 18.30. Despedida de soltera 22. El hobbit 3D 19.30. Las sesiones 20.20, 22.20. Volver a nacer 18.45, 21.30. El hobbit 20.30. Los miserables 21. Rompe Ralph! 18.15. El muerto y ser feliz 18.15, 20.15, 22.15. Grupo 7 22.05. Lo imposible 18.30, 21.45. Blancanieves 19.30. Amor es todo lo que necesitas 18.30. Argo 19.30. ESPACIO CORUÑA. (Luns, día do espectador. Venres, sábados, e vésperas de festivos: sesión de madrugada. Matinais, só os domingos)Jack Reacher 17.45, 19.20, 20.20, 22., 23., 00.35. Amanecer 00.50. El hobbit 3D 19.30, 23. El cuerpo 20.10, 22.30. Rompe Ralph! 17.50. Cirque du soleil 3D 17.30. El origen de los guardianes 18. El hombre de las sombras 20.10, 22.30. Los miserables 17.45, 21, 00.10. La noche más oscura 17.50, 21.10, 00.15. Lo imposible 00.55. El hobbit 17.30, 20.50, 00.05.

    SANTIAGOVALLE INCLÁN. (mércores, día do espectador) The master 17.15, 20., 22.45. La noche más oscura 17.30, 22.30. Volver a nacer 17.30, 20.15, 22.45. Amor 17.30, 20.15, 22.45. Las sesiones 17.30. Jack Reacher 17.30, 20.15, 22.45. Lo imposible 23. Los miserables 20. AS CANCELAS. Los miserables 16., 19., 22. El hobbit 3D 22. El hobbit : un viaje inesperado 18.30. Cirque du soleil 3D 16. Volver a nacer 16.15, 19.15, 22.15. El hombre de las sombras16., 20.10. La noche más oscura 16., 19., 22. Un buen partido 16., 18.10, 20.20, 22.30. Peso pesado 16., 18.05, 20.15, 22.20. Jack Reacher 16.15, 19.10, 22. Lo imposible 18. La vida de Pi 22.05.

    LUGOAS TERMAS. (luns, día do espectador. Sesión golfa: só venres, sábados e vésperas de festivos) Cirque du

    soleil : mundos lejanos 3D 16.20. Lo imposible 20.30. La noche más oscura 17.30, 20.30, 23.30. El hombre de las sombras 20.30, 23., 01.10. La saga Crepúsculo : Amanecer (parte II) 16.10, 18.15, 01.10. La vida de Pi 18., 23. Los miserables 20.20, 23.30. El hobbit 18.20, 23. El cuerpo 20.30, 23., 01.10. Rompe Ralph! 16.20, 18.20. El origen de los... 18.30. Campanilla 16.30. El alucinante mundo de Norman 16.20. Jack Reacher 17.50, 20.30, 23., 01.10. Volver a nacer 17.50, 20.30, 23., 01.10.

    FERROLDÚPLEX. (luns, pechado) Dans la maison 18. Lo imposible 20.30, 22.30. El capital 18., 22.30. Una pistola en cada mano 20.30.

    OURENSECINEBOX. (Xoves, día do espectador, última sesión fin se semana) El cuerpo

    22. Los miserables 17., 20., 23. El hobbit: un viaje inesperado 3D 23. Rompe Ralph! 18., 20.10. El hombre de las sombras 18., 20.15, 22.30. El alucinante mundo de Norman 17.45, 19.40. La noche más oscura: zero dark thirty 17.30, 20.30, 23.30. El hobbit: un viaje inesperado 17.15, 18.30, 20.30, 22.30. Jack Reacher 17., 19.35, 22.10.

    PONTEVEDRACINEBOX. (Xoves, día do espectador) El hobbit : un viaje inesperado 17.15, 20.30, 23.45. El cuerpo 22.20, 00.30. La vida de Pi 17.30. Rompe Ralph! 18.05, 17., 19.10, 20.15. Jack Reacher 16.50, 19.30, 22.10, 00.45. El hombre de las sombras 20., 22.10, 00.20. El hobbit : un viaje inesperado 3D 21.30, 00.40. La noche más oscura 17., 20., 23.10. Volver a nacer 17.15, 19.45, 22.15, 00.45. Los miserables 17.30, 20.30, 23.30.

    PATRIMONIO

    O mar do Norte libera unha nave españolaO mar do Norte liberou varios pecios históricos en augas da costa norte fri-sia alemá á altura da illa de Süderoog, entre os que figu-ra a nave española Ulpiano,que embarrancou e afundiu no Nadal de 1870. A peque-na nave de carga española quedou completamente ao descuberto e o seu casco de ferro pódese apreciar case completo con marea baixa.

    CIENCIA

    Un robot explorará en Marte a primeira rocaO robot explorador Curio-sity prepárase para perforar nas próximas semanas unha roca marciana por primeira vez desde que aterrou no planeta hai cinco meses. O robot probará o trade que leva incorporado para reco-ller mostras da roca estriada denominada John Klein, en memoria do subdirector do proxecto falecido en 2011.

    CINE

    Bigelow non podía “ignorar” as torturasTras unha choiva de ata-ques, incluíndo os de políti-cos de Washington, a direc-tora de La noche más oscura,Kathryn Bigelow, defendeu a veracidade da súa película e das torturas que precede-ron a captura de Bin Laden en Paquistán: “Eran unha parte da historia que non podiamos ignorar”.

    ‘Lincoln’ chega a EspañaA película Lincoln parte como favorita na próxima edición dos Oscar, onde opta a doce figuras, e onte, o director e os seus dous protagonistas estiveron en Madrid para presentar esta longametraxe, que mañá chega aos cines espa-ñois. Steven Spielberg, Daniel Day-Lewis, que interpreta o pre-sidente norteamericano, e Sally Field, que dá vida á súa muller, amosáronse afagados. Field, que xa ten dous Oscar, dixo: “Tiven a gran fortuna de participar nesta película e o resto é secundario para min”. E Day-Lewis, tamén gañador de dous Oscar, afirmou: “Foi un privilexio poder dar vida a este home (Lincoln)”.

    Rivas anda por CartaxenaO escritor coruñés Manuel Rivas, aspirante ao Premio Mandarache de Cartaxena (Murcia), dixo onte que non imaxina “mellor premio” que o de ver o seu libro “en mans de xente de todas as idades”, xa que os libros deben “ser inmi-grantes” e pertencer á xente para converterse en “seres vivos”.

    LV / Axencias

    Aumentar as exportacións ao saber vender mellor os nosos produtos fóra é unha solución á crise que pasa por dominar o inglés, un obxectivo para o que os españois renuncia-rían ao sexo durante un ano ou pagarían 10.000 euros por unha pílula máxica. “Cando saio ao estranxeiro síntome Alfredo Landa”, “dáme vergo-ña”... son só algúns exemplos do complexo dos españois.

    A Cambridge University Press realizou unha exhaus-tiva enquisa de cen preguntas entre 1.700 españois de todas as comunidades autónomas.

    Os resultados revelan que a maior porcentaxe de estu-dantes de inglés a ten Murcia (36%), seguida de castelán-leo-neses (34%) e galegos (32%).

    Galicia, entre as comunidades con máis estudantes de lingua inglesa

    13XOV.17.01.2013 < LV unrespiro

    Outras novas de GaliciaMúsica A polifacética actriz e cantante Ana Belén subirá o sábado pola noite ás táboas do Teatro Jofre de Ferrol, que case esgotou as localidades, para ofrecer o que será o seu único concerto en GaliciaEditoriais Galicia publicou 2.190 títulos en 2012, un 2,48% do total en España. Onúmero de libros publicados caeu un 88% no país ese anoLingua A actividade de dinamización lingüística Oseñor das dunas chegará a Santiago o sábado para que os mozos gocen deste espectáculo de historias ilustradas e animadas

    60%DOS ESPAÑOIS NON SE ATREVE A IR TRABALLAR FÓRA DE ESPAÑA POLO BAIXO NIVEL DE INGLÉS

    Na sondaxe da Universidade de Cambridge, o 93% dos enquisados cre que a lingua de Shakespeare é a “materia pendente” e un 91% non a estuda por medo ao ridículo

    odíaennúmeros

    Bradley Cooper, nas nubes como aspirante ao ‘Oscar’O 24 de febreiro, e grazas a El lado bueno de las cosas, Bradley Cooper irá aos Oscar como nomeado aín-da que non como favorito. “Leva-rei a miña nai e gozarei de cada segundo da cerimonia”, dixo onte ao presentar o filme en Madrid. “Estou nas nubes... non só por competir con Daniel Day Lewis –o seu actor favorito–, senón tamén con Denzel Washington, Joaquin Phoenix, Hugh Jackman... e creo que esquezo un”, afirmou. Logo recordou: “Ah, ¡é verdade! E eu. É incrible estar a ese nivel”.

    Outros nomes do díaSara Montiel A cantante, de 84 anos, está sendo sometida a un tratamento oftalmolóxico en Oviedo tras queimar a cara con auga fervendo. Agachouse na

    cociña para coller o can e coa cabeza tropezou cun cazoFanny Ardant A francesa roda en Lisboa Cadencias obstinadas,segunda cinta que dirixe e onde dúas tramas se cruzan nun hotel

  • >osteléfonosUrxenciasEmerxencias SOS 112Urxencias Sanitarias 061Bombeiros 080Policía Nacional 091Policía Local 092Garda Civil 062

    HospitaisChuac (A Coruña) 981178000Arquitecto Marcide (Ferrol) 981334000Clínico (Santiago) 981950000Meixoeiro (Vigo) 986811111Xeral Cíes (Vigo) 986816016CH Montecelo (Pontevedra) 986800000Hula (Lugo) 982296000CH Ourense 988385500

    TransportesLavacolla 981547500Peinador 986487409Alvedro 981187200Renfe 902240202Est. buses A Coruña 981184335Est. buses Ferrol 981324751Est. buses Santiago 981542416Est. buses Pontevedra 986852408Est. buses Vigo 986373411Est. buses Ourense 988216027Est. buses Lugo 982223985

    >osseteerros

    >solución

    Nubes, chapeu, bolso, flor, paxaro, botóns, cella

    >otempoHoxe en Galicia

    Temperaturas Galicia (onte)

    A CoruñaSantiagoFerrolPontevedraVigoLugoOurense

    Temperaturas España (onte)

    Chuvias xeneralizadas, sobre todo pola tarde

    13131414131317

    10910111069

    MadridBarcelonaBilbaoValenciaSevillaMálaga

    81413161415

    65710712

    Mañá en Galicia

    Hoxe na PenínsulaCeos anubrados na maior parte da Península, agás no extremo leste. As chuvias serán máis frecuentes no noroeste. A cota de neve situarase entre os 400 e os 900 metros no nordeste peninsular.

    >asorte

    >osastrosPor Isabel Azevedo

    ARIES21.03 a 21.04

    Non se faga a vítima só porque a súa vida en pa-rella non é tal e como vos-tede imaxinou.

    TAURO22.04 a 21.05.

    Manteña a calma aínda que os seus compañeiros fagan o traballo dun xeito distinto ao seu.

    XÉMINIS22.05 a 21.06

    É posible que sufra dores nas costas por algún esfor-zo que non debeu facer. Aprenda a coidarse.

    CÁNCER22.06 a 22.07

    Se non se atopa ben non tome o primeiro remedio caseiro que lle aconsellen. Acuda mellor ao médico.

    LEO23.07 a 23.08

    Non deixe que a súa parella controle a súa vida. Explí-quelle moi ben onde están os límites.

    VIRGO24.08 a 22.09

    Se ten que pedir un aumen-to de soldo procure non esixir demasiado, se non, non conseguirá nada.

    LIBRA23.09 a 23.10

    Sentirase atraíd@ por unha persoa de moita máis ida-de. Esquézase do que dirán os demais.

    ESCORPIO24.10 a 22.11

    Na súa familia haberá unha forte discusión por un pro-blema relacionado coas herdanzas.

    SAXITARIO23.11 a 21.12

    Entra nunha etapa moi positiva para realizar cam-bios na súa vida, sobre todo a nivel laboral.

    CAPRICORNIO22.12 a 20.01

    Se acaba de montar o seu negocio, non espere obter moitas ganancias desde o primeiro día. Paciencia.

    ACUARIO21.01 a 18.02

    Unha farinxite estragaralle esa noite tan especial que tiña preparada para a súa parella.

    PISCIS19.02 a 20.03

    Non é o momento de iniciar unha dieta, xa que non terá vontade suficiente para seguila como é debido.

    primitiva sáb12.01

    2 3 19 20 29 37COMPLEMENTARIO: 1REINTEGRO: 4lotería nacional sáb12.01

    80.466bonoloto mér16.01

    10 15 16 19 28 43COMPLEMENTARIO: 11REINTEGRO: 0el gordo dom13.01

    17 27 44 45 51NÚMERO CLAVE (REINTEGRO): 9euromillones mar15.01

    22 38 40 42 47ESTRELAS: 11-1once mér16.01

    40.994

    Ceos anubrados, con posibles orballos dispersos a primeiras horas. As chuvias máis intensas entrarán polo oeste, sendo xene-ralizadas á tarde. As temperatu-ras permanecerán sen cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos do sur pola mañá, viran-do a suroeste e aumentando a moderados no litoral.

    14 XOV.17.01.2013 < LVservizos

    1> ¿Cal se considera hoxe o bar máis anti-go da Coruña, que data do ano 1925?a> O Tarabelob> La Bombillac> Borrazas

    2> ¿Onde se atopa o mirador máis alto da cidade de Vigo, a 527 metros?a> Monte do Castrob> Monte Cepudoc> Monte Alba

    3> ¿Quen agardaba a ‘Los Tamara’ na capi-tal galega no tema ‘A Santiago voy’?a> Carmelab> Maríac> Dolores

    HOXE TOCACIDADES

    4> ¿En que cidade xurdiron no século XIX as famosas gale-rías acristaladas? a> A Coruñab> Ferrolc> Pontevedra

    5> ¿Cantos litros de augas termais manan por minuto en toda a cidade de Ourense?a> 100 litrosb> 300 litrosc> 500 litros

    6> A Peregrina é a patroa da provincia de Pontevedra. Pero, ¿cal é a da cidade?a> Santa Maríab> Santa Clarac> A Virxe da O

    7> San Froilán apa-rece representado en Lugo cun animal ao seu carón. ¿Cal? a> Unha serpeb> Un loboc> Un polbo

    Solución1 >c; 2 >b; 3 >a; 4 >b;5 >b; 6 >c; 7 >b

  • >TVG08:00 Bos días10:20 A cociña de André10:45 Acurralada11:35 Infiltrados12:25 Especial Tourilandia12:30 Galicia activa12:40 A revista13:40 Cada día un libro13:45 Galicia noticias14:25 Telexornal mediodía15:30 Reporteiros16:00 Cifras e letras16:35 Libro de familia17:40 Hamburgo 11218:30 Criaturas19:00 A revista da tarde20:15 Estado do mar20:20 Desconexións locais20:30 Galicia noticias serán21:00 Telexornal serán22:00 Era Visto Pezas22:15 Tourilandia00:20 Cine feito en Galicia

    Heroína

    >TVE106:00 Noticias 24h06:30 Telediario matinal09:00 Los desayunos de TVE10:15 La mañana de La 1

    Magazine presentado por Mariló Montero.

    14:00 Informativo territorial14:30 Corazón

    Programa presentado por Elena Sánchez.

    15:00 Telediario 116:05 Informativo territorial16:15 El tiempo16:30 Herederos17:30 Amores verdaderos18:30 +Gente

    Con Anne Igartiburu21:00 Telediario 222:30 Cuéntame cómo pasó23:40 Un país para comérselo00:20 El debate de La 101:50 La noche en 24 h03:25 TVE es música05:30 Noticias 24 h

    >LA209:30 Aquí hay trabajo10:00 La aventura del saber11:00 Documental12:00 Para todos La 213:50 José made in Spain14:40 Docufilia15:35 Saber y ganar16:05 Grandes documentales18:00 Docufilia18:55 Biodiario19:00 El arca de Noé19:30 Para todos La 220:00 Miradas 220:15 Criando malvas21:00 Docufilia22:00 Cinefilia

    Salir del armario23:25 Crónicas00:10 La 2 noticias00:40 Días de cine01:40 Somos cortos02:10 Docufilia02:55 Conciertos de Radio 3

    Rufus T. Firefly

    >ANTENA306:15 Noticias de la mañana08:55 Espejo público12:00 Karlos Arguiñano en tu

    cocina12:30 La ruleta de la suerte14:00 Los Simpson15:00 Antena 3 Noticias 115:45 Deportes16:00 Tu tiempo16:15 Amar es para siempre17:15 El secreto de Puente

    Viejo18:30 Ahora caigo19:45 Atrapa un millón. Diario21:00 Antena 3 Noticias 221:30 Deportes21:40 La previsión de las 921:45 El hormiguero 3.0

    Programa presentado por Pablo Motos.

    22:40 El barco00:15 Cine

    El precio de un niño02:00 Canal bingo

    >TELE506:30 Informativos Telecinco08:55 El programa de Ana

    Rosa12:45 Mujeres y hombres y

    viceversa14:30 De buena ley

    Programa presentado por Sandra Barneda.

    15:00 Informativos TelecincoPresentado por David Cantero, Isabel Jiménez e Sara Carbonero.

    16:00 Sálvame diarioMagacín presentado por Jorge Javier Vázquez.

    20:00 Pasapalabra21:00 Informativos Telecinco22:00 Copa del Rey

    Atlético de Madrid-Betis23:45 CSI Miami

    Entre 48 horas y la perpetuaA tres bandas

    01:50 Premier casino05:00 Fusión sonora

    >CUATRO08:45 El último superviviente09:30 Caso abierto12:30 Las mañanas de Cuatro

    Con Marta Fernández14:00 Noticias Cuatro14:50 Deportes Cuatro15:45 Castle

    AvalanchaCuando la rama se rompeFin de semana de vampiros

    18:20 Te vas a enterar20:00 Noticias Cuatro21:00 Deportes Cuatro21:30 Lo sabe, no lo sabe

    Con Juanra Bonet22:45 Perdidos en la ciudad

    Se acerca la despedidaPrograma presentado por Raquel Sánchez Silva.

    00:30 Perdidos en la tribu02:15 Ciudades del pecado

    BudapestJamaica

    03:00 Puro Cuatro

    >LASEXTA07:45 Al rojo vivo09:30 Crímenes imperfectos10:45 Informe criminal12:25 Al rojo vivo

    Programa de debate presentado por Antonio García Ferreras.

    14:00 LaSexta Noticias15:00 LaSexta Deportes15:35 Bones

    El Pinocho en la jardineraLas señales en el silencioEl agujero en el corazón

    18:05 Más vale tardeEspazo presentado por Mamen Mendizábal.

    20:00 LaSexta Noticias 2ª ed.21:00 LaSexta Deportes21:30 El intermedio22:25 Cine

    Seis balas00:30 Cine

    El sustituto02:15 Astro TV06:00 La Sexta en concierto

    22:15 > TVG

    Tourilandia recibe esta noite como convidada a actriz Isabel BlancoO programa de humor que presenta Xosé A.Touriñán xunto con Alba Lago con-tará esta noite coa presen-za da actriz e tamén dos cantantes Yhadira e Hugo Torreiro. A parte musical galega estará representa-da polo grupo Tu mujer

    nos engaña. Na sitcom, os irmáns Barreira méten-se noutro malentendido. Todo apunta a que un deles precisa urxentemente un órgano, pero pasado o drama inicial, descubrirán que, do que se fala, é du-nha doazón de esperma…

    09:00 / 12:25 > TVE 1 / LA SEXTA

    Steven Spielberg, entrevistado hoxe en Los desayunos e Al rojo vivoO famoso director estadou-nidense falará con María Casado do seu último fil-me, Lincoln, galardoado nos últimos Globos de Ouro co premio ao mellor actor para Daniel Day-Lewis, quen tamén estará no programa de debate de

    La 1. Spielberg tamén será entrevistado por Antonio García Ferreras no progra-ma Al rojo vivo. O cineasta reflexionará sobre a polí-tica, a crise económica, o movemento dos indigna-dos e o paro, entre outro asuntos de actualidade.

    >omellordocineentelevisión

    22:00 > LA 2

    Salir del armario

    Director: Francis Veber. Intérpretes: Daniel Auteuil, Gérard Depardieu, Thierry Lhermitte, Michèle Laroque, Jean Rochefort. Francia. 2001. 84 m.O traballador dunha empresa de preservativos entérase de que vai ser despedido. Aconsellado por un amigo, faise pasar por homosexual para demandar a

    empresa alegando discrimina-ción sexual. Pero a representa-ción do seu novo papel só lle traerá quebradeiros de cabeza e dará lugar a máis dun malen-tendido.

    00:00 > LA SEXTA 3

    DiabólicasDirector: Jeremiah Chechik. Intérpretes: Sharon Stone, Isabelle Adjani, Chazz Palminteri, Kathy Bates, Spalding Gray, Alan Garfield. EE UU. 1996. 108 m.Remake de Les diaboliques,dirixida por Henri George Clou-zot e interpretada por Simone Signoret e Vera Clouzot. A espo-sa e a amante do odioso director dun colexio deciden acaban co seu sufrimento e as humilla-ción, asasinando o home que comparten.

    00:20 > TVG

    Heroína

    Director: Gerardo Herrero. Intérpretes: Adriana Ozores, Javier Pereira, Carlos Blanco, María Bouzas, Mercedes Castro. España. 2005. 110 m.Na década dos 80, Pilar, unha muller casada, descobre que un dos seus fillos é adicto á heroí-na. Tras unha etapa de incerte-za, entra en contacto con outros pais que se atopan nunha situa-ción similar e todos eles acuden a un centro municipal de axuda ao toxicómano. Axiña se dá de conta de que para salvar o seu fillo teñen que cambiar moitas cousas fóra e dentro da casa. Deste xeito emprende, xunto con outros pais, unha campaña de denuncia do narcotráfico en Galicia.

    >ENBREVETELELUGO11:00 Teletiendas 11:30E l d e s p r e c i o 1 2 : 3 0Sal y pimienta 13:00 Teletiendas 13:30 Edel y Strack 14:30 Muévete en casa 15:00 Abigail 16:00 Hermanos de leche 16:30 Teletiendas 17:00 Daiguard 17:30 Jacques Cousteau, leyenda del océano 18:00 Rumbo al inglés 19:00 Lugo de norte a sur 19:30 Teletiendas 20:00 El desprecio 21:00Submarina 21:30 Novas 22:00 Cine: Corredor sin retorno 00:00 Novas

    PARAMOUNT CHANNEL18:15 Cazador blanco, corazón negro 20:10Star Trek VI: Aquel país desconocido 22:00 Aterriza como puedas II 23:45 Su juguete preferido

    ENERGY17:00 Atrapa a un ladrón

    18:45 Crónicas carnívoras 20:15 Frank de la jungla 22:15 La isla de los seres mutantes

    LA SEXTA 315:00 Good morning, Vietnam 17:15 Dos súper policías 19:20 Todo cine 20:00 En el punto de mira 22:00 La celda 00:00Diabólicas

    NEOX16:20 Big Bang 18:10Como conocí a vuestra madre 18:55 Dos hombres y medio 20:25 American dad 21:10 Los Simpson 22:00 Como conocí a vuestra madre 22:45 Big Bang

    TVG217:15 Xabarín Tarde 20:20 Chuck 21:05 ZigZag diario 21:30 Galicia noticias serán 21:55 Telexornal serán 22:45 Foro aberto

    15XOV.17.01.2013 < LV televisión

  • >enpersoa

    “Escritor vai en maiúsculas. Eu acabo de chegar, o que ocorre é que entrei facendo moito ruído”

    > A cara máis visible de ‘La 2 noticias’ logrou, nada máis aterrar na literatu