o granado

7
O GRANADO Conto marroquí En tempos de Maricastaña, había unha tribo que vivía en Asni, un pobo en pleno deserto de Marrocos. En todo o que alcanzaba a vista non había nada senón baleiro: un ermo de area e rocas cunha vegetación exigua e espiñenta. Durante o día, o sol abrasaba as casas de barro e palla. A auga escaseaba e o oasis máis próximo estaba a media hora de camiño, iso si se podía convencer á mula que transportaba a auga de ir a paso lixeiro. Nin que dicir ten que a vida era difícil para os habitantes de Asni e máis difícil aínda para o gando. En Asni vivía un raparigo chamado Aamir, que vivía cos seus pais e a súa avóa. Como no pobo non había escola e Aamir era demasiado novo para aprender un oficio, pasábase o día correteando, xogando cos amigos e facendo rabiar ás mulas. A única obriga que tiña era acompañar á súa nai ao oasis unha vez ao día onde, mentres ela collía auga, el levaba a pastar ás cabras entre os tamarindos que crecían en abundancia naquel lugar. De noite, a Aamir gustáballe durmir preto da súa avóa, que lle obsequiaba con historias de sultáns, princesas, djinns e afreets, os espíritos do inframundo. “Kan man kan”, empezaba a muller. Era todo o que Aamir tiña que oír para penetrarse no mundo da historia. Un día, mentres Aamir xogaba en casa, oíu un choro que viña de fóra. Mirou pola fiestra e viu á amiga da súa nai chorando entre os brazos doutras mulleres do pobo que intentaban consolala. O meu fillo, o meu fillo Salim perdeuse! - non paraba de dicir desesperada-. Estaba no oasis e desapareceu sen máis – gritaba. Como era costume cada vez que alguén tiña un problema, todos os veciños do pobo uníronse para axudar á nai de Salim. Os homes comezaron a

description

conot granado

Transcript of o granado

Page 1: o granado

O GRANADO

Conto marroquí

En tempos de Maricastaña, había unha tribo que vivía en Asni, un pobo

en pleno deserto de Marrocos. En todo o que alcanzaba a vista non había nada

senón baleiro: un ermo de area e rocas cunha vegetación exigua e espiñenta.

Durante o día, o sol abrasaba as casas de barro e palla. A auga escaseaba e o

oasis máis próximo estaba a media hora de camiño, iso si se podía convencer á

mula que transportaba a auga de ir a paso lixeiro. Nin que dicir ten que a vida

era difícil para os habitantes de Asni e máis difícil aínda para o gando.

En Asni vivía un raparigo chamado Aamir, que vivía cos seus pais e a súa

avóa. Como no pobo non había escola e Aamir era demasiado novo para

aprender un oficio, pasábase o día correteando, xogando cos amigos e facendo

rabiar ás mulas. A única obriga que tiña era acompañar á súa nai ao oasis

unha vez ao día onde, mentres ela collía auga, el levaba a pastar ás cabras

entre os tamarindos que crecían en abundancia naquel lugar.

De noite, a Aamir gustáballe durmir preto da súa avóa, que lle

obsequiaba con historias de sultáns, princesas, djinns e afreets, os espíritos do

inframundo. “Kan man kan”, empezaba a muller. Era todo o que Aamir tiña que

oír para penetrarse no mundo da historia.

Un día, mentres Aamir xogaba en casa, oíu un choro que viña de fóra.

Mirou pola fiestra e viu á amiga da súa nai chorando entre os brazos doutras

mulleres do pobo que intentaban consolala.

– O meu fillo, o meu fillo Salim perdeuse! - non paraba de dicir

desesperada-. Estaba no oasis e desapareceu sen máis – gritaba.

Como era costume cada vez que alguén tiña un problema, todos os

veciños do pobo uníronse para axudar á nai de Salim. Os homes comezaron a

Page 2: o granado

buscar sinais do mozo. As mulleres acenderon veas, rezaron e vixiaron de

cerca aos demais nenos.

Ao cabo dalgúns días, pasou un incidente parecido preto do oasis e

desapareceu outro neno. Despois desapareceu outro, e outro, e outro máis.

Unha gran tristura apoderouse do pobo. As nais ataron amuletos e talismáns

aos brazos dos seus fillos e todo o mundo falaba en voz baixa. Aamir era o que

estaba máis triste de todos. Moitos dos seus amigos desapareceran, ata o seu

mellor amigo, Jamal.

Desapareceran once en total. Algúns veciños crían que todo aquilo era

cousa dun djinn. A avóa de Aamir sabíao todo sobre os djinns e os problemas

que podían causar. Todas as noites Aamir pedíalle que lle contase máis cousas

sobre aqueles seres.

– Resulta moi difícil tratar cos djinns – dicía a avóa -. Poden adquirir

a forma que queiran – de muller ou de animal - , pero teñen un

punto débil. Non son moi listos. Viven en palacios repletos de ouro

e prata, e son fáciles de adular porque devecen porque lles

consintan e coiden. Ás veces, namóranse de humanos.

As palabras da súa avóa animaron a Aamir. Ocorréuselle unha idea para

rescatar aos seus amigos. Empezou a gardar figos, dátiles e garavanzos

tostados para a viaxe que estaba planeando.

Unha mañá, antes de que saíse o sol, tan só cunha bolsa chea de comida

seca e unha bota feita de pel de cabra, Aamir saíu de casa e dirixiuse ao oasis.

Como non esperaba atopar a ninguén a aquela hora, sorprendeuse ao ver a

unha estraña muller vestida de negro. Tremendo como unha folla,

achegóuselle, facendo ver que enchía a bota de auga. Cando se atreveu a

mirar cara arriba, un estremecemento de medo percorreulle o corpo, porque o

que viu era un rostro humano con dúas brasas nos ollos. Unha djinnia! Coa soa

visión da terrible criatura o sangue xeáraselle.

Page 3: o granado

Antes de que tivese tempo de pensar un plan, o encantamento xa se

apoderou del. Sentiu que non tiña máis remedio que seguila, pero aínda tivo

ánimo suficiente para deixar caer os froitos secos para sinalar o camiño que

seguía. Cando xa non lle quedaron máis figos nin dátiles, empezou a tirar

garavanzos.

A medida que o día pasaba, Aamir sentíase cada vez máis canso de tanto

camiñar. Arrastraba os pés por un camiño e logo por outro. Finalmente, a

djinnia levoulle ata unha casa vella e destartalada. Fronte á casa crecía un

magnífico granado e Aamir deuse conta de que saía do transo ao miralo. A

árbore era pequena e tiña unha follaxe espesa e brillante e moitas flores. As

ramas espiñentas caían polo peso dunhas granadas redondas e vermellas. De

súpeto, Aamir lembrou o que unha vez lle dixera a súa avóa, que o granado

tiña poderes especiais nas súas poliñas e que é a única árbore que crece no

paraíso. Con toda a razón, pensou Aamir, deténdose un momento para

admiralo.

Seguiu á djinnia dentro, esperando atopar paredes de ouro e prata. A

súa avóa díxolle que os djinns vivían en palacios, pero esta casa era máis

pobre que a súa. A djinnia pechou a porta tras de si e conduciulle a outra

habitación, maior e máis escura que a que acababan de abandonar. Sobre o

chan de barro había algúns colchóns, unha pila de granadas e unha ordenada

ringleira de gaiolas, cunha chea de amodorrados loros encerrados dentro.

Aamir contou once en total. Mirou con espantosa fascinación como a djinnia

abría as gaiolas e cunha vara que se sacou de entre os pliegues do vestido

convertía aos once loros en nenos. E alí estaban, eran eles, Salim, Maaja,

Najim, Zara... e, oh, tamén o seu mellor amigo, Jamal. Aamir quería chamarlle

polo seu nome e darlle unha aperta, pero puido se conter. Que débiles e

esgotados parecían os seus amigos, coma se non comesen en moitos días.

Ata entón a djinnia non pronunciara nin unha soa palabra, pero de vez

volveuse cara a Aamir.

Page 4: o granado

– Mozo – gritou -, abre as froitas pola metade e saca os grans!

Aamir sentiu un calafrío ao sentarse cos seus amigos, e cos seus dediños

empezou a pelar granadas. Despois quitaban o tecido esbrancuxado do interior

e desgranaban as boliñas semellantes a pedras preciosas vermellas para

poñelas a continuación nunha cunca de madeira. Mentres traballaban, a djinnia

desapareceu por outra porta. Aamir comezou a falar cos seus amigos, pero a

djinnia volveu dando golpes de bastón no chan.

– Traballade máis axiña, mulas! - gritou e volveu desaparecer.

Despois entrou de novo para levarse outra vez a cunca.

Aamir sabía que era o momento de mover as súas fichas.

– Deixade que vos leve a cunca eu mesmo, señora – dixo con todo o

respecto.

Esperaba que, como todos os djinns, a vella reaccionase ante o bo trato.

E así foi. Permitiu que a acompañase por unha porta secreta e baixaron

corenta chanzos que lles conduciron a unha cova. O que Aamir alí viu a punto

estivo de facerlle caer a cunca.

– Ya Yimma – exclamou intentando reprimirse ao ver todo o que se

ofrecía fronte a el.

Había cadeiras de prata labrada, coxíns de seda, alfombras cubrindo todo

o chan e infinidade de xoias que sobresaían dunhas xerras de cobre.

Aamir deixou a cunca chea de grans de granada sobre unha mesa e

antes de que a djinnia tivera tempo de botarlle fóra, ofreceuse para facerlle un

pouco de té con menta.

Page 5: o granado

– Preparo o mellor té de todo Marrocos – dixo o neno presumindo

educadamente e facendo ver que non se fixaba para nada en todos

os tesouros que había ao seu arredor.

A djinnia sentiuse adulada pola cortesía de Aamir. Cando a djinnia se

deitou na cama, sorbendo o doce té con menta, Aamir ofreceuse para cortarlle

as uñas dos pés, pálidas e feas. Lembrou que a súa avóa dixéralle que aos

djinns gústalles que os consintan. Untoulle ungüento de cúrcuma nas durezas

dos pés. Botouse atrás ao facerlle unha masaxe polo pelo escaso e gris, pero

fíxoo de todos os xeitos. Co paso dos días, ata se acostumou a mirala ás

brasas dos ollos. Polas noites, a djinnia volvía converter a todos os nenos en

loros, excepto a Aamir. “Están máis seguros nas gaiolas”, dicía entre

gargalladas, “pero ti estás máis seguro comigo”.

Aos poucos, a djinnia aprendeu a confiar en Aamir e deixáballe mirar

como mergullaba os grans de granada nunha poción máxica, que os convertía

inmediatamente en granates, as valiosas pedras preciosas de Marrocos. Ata lle

deixaba ensartar colares coas pedras preciosas.

Un día, a djinnia anunciou que ía ao mercado a vender os colares que

fixera. Disfrazouse de muller beduina e antes de que se fose, Aamir púxose ao

seu lado dun salto.

– Por favor, deixádeme que vos leve o paquete, señora – dixo

educadamente, e a djinnia consentiu.

Cando se achegaban ao mercado, o cheiro de pan recentemente feito

chegoulle coma un sopro de aire do paraíso a Aamir, que facía tempo que

suspiraba por pasteliños de sésamo e cuscús. O mercado era un lugar ruidoso.

Os vendedores tiñan postos de melóns, olivas e especias. Pilas de menta

estaban cubertas por sacos mollados para que se conservase fresca. Os

barbeiros afeitaban as barbas dos homes e os adiviños describían gloriosos

Page 6: o granado

futuros para a pobre xente. O dentista coas súas tenazas era quen congregaba

a máis xente ó seu arredor. Tiña en exposición todos os dentes que arrincara

na súa vida.

A djinnia extraeu os colares e escolleu un sitio preto do encantador de

serpes. Ao final do día vendéraos todos.

Logo daquel día no mercado, Aamir decidiu convencer á djinnia para

pasar cada vez máis tempo na cova. En presenza da djinnia, Aamir golpeaba o

chan co bastón e regañaba aos seus amigos para que traballasen máis axiña.

Pero cando ela durmía, dáballes comida que roubara e bicáballes as doridas

manciñas. Todas as semanas Aamir acompañaba á djinnia ao mercado. Todo

seguiu así durante un mes, ata que Aamir gañou a confianza da muller. Agora

era o momento de mover outra vez as súas fichas. Unha tarde, mentres a

djinnia durmía, Aamir saíu fóra e arrincou unhas cantas poliñas de granado.

Cunha gaiola nunha man e as pólas na outra, baixou os corenta chanzos ata

onde ela durmía. Andou no bico dos pés ata chegar ao seu lado e espalloulle as

poliñas por riba da cara e o corpo. As pólas máxicas agarráronse á djinnia e a

aprisionaron. Entón, Aamir colleulle a variña que levaba dentro do vestido e

converteuna en loro, meteuna na gaiola e encerrouna.

Aamir, sen perder tempo, encheu a súa bolsa con todas as pedras

preciosas que puido e subiu escaleiras arriba para ir rescatar aos seus amigos.

Os nenos non podían crer tanta boa sorte e expresaron a admiración que

sentían pola valentía de Aamir. Riron compracidos cando Aamir lles díxo que

convertera á djinnia nun loro. Cando marchaban, Aamir tocou o granado con

reverencia en recoñecemento polo agasallo de liberdade que lles fixera.

Despois, seguindo o camiño marcado polos garavanzos, os figos e os dátiles,

levoulles a todos ata o oasis e dende alí ata o pobo.

Todo foi ledicia cando os nenos voltaron, e o xeque celebrou unha gran

festa en honor de Aamir. Pero Aamir xa tiña dabondo con volver. Sentira

saudade polos seus pais, pero sobre todo, pola súa avóa.

Page 7: o granado

“Ka ma kan”, comezou a dicir o raparigo, ao deitarse preto da súa avóa

aquela noite. Agora tocáballe a el contar unha historia. E explicoulle a historia

da djinnia e do granado.