O Galopín 09/10

36

description

Revista do CRA Ponte da Pedra

Transcript of O Galopín 09/10

Page 1: O Galopín 09/10
Page 2: O Galopín 09/10

2

SUMARIO

A cantos profes coñeces?. Páxinas 4 e 5

Magosto 2009. Páxinas 6 e 7

Saída ó campo de golf “O Golpe”. Páxinas 8 e 9

Visita á Biblioteca de Carballo. Páxinas 10 e 11

Festival de Nadal. Páxinas 12 e 13

Contacontos en Rega. Páxinas 14 e 15

Festa do Entroido. Páxinas 16 e 17

Mercadillo solidario con Haití.

Letras Galega 2010

Excursión a Camariñas. Páxinas 20 e 21

A primavera xa está aquí. Páxinas 22 e 23

Todo o que aprendimos este curso. Páxinas 24 e 25

Visita ó Salón do libro de Carballo. Páxinas 26 e 27

Encontro con Pepe Carreiro. Páxina 28

Pola selva “Mobilízate”. Páxina 29

Visita a Marcelle. Páxinas 30 e 31

Primeiro concurso contos en familia. Páxinas 32 e 33

Lecturas para o verán. Páxinas 34 e 35

Páxina 18

Páxina 19

Diseño portada e contraportada: Mar VaamondeMaquetación: Luz.

Page 3: O Galopín 09/10

3

EDITORIAL

Xa está aquí o número 9 do “Galopín”. Este curso pensamos que a nosa revista podería ser unha recollida de todas aquelas actividades e festas que fixemos todos xuntos e que os nenos e nenas das escolas traballarancomo equipos de redacción.

Algúns ocuparonse das celebracións do CRA, outros das excursións e saídas que fixemos, e outros recolleron as actividades que foron comúns a todos.

Tamén temos algunhas colaboracións de profesores, a propósito, coñecedes a todos?. Buscade nas primeiraspáxinas e intentádeo co pasatempo que preparou Mar.

Damos conta tamén da actividade que organizou a ANPA coa colaboración do CRA que nos dou a aportunidade de coñecer a Pepe Carreiro, a quen todos coñecemos polos nosos amigos “Os Bolechas”.

Editamos os contos premiados no primeiro concurso “Contos en familia”que organizou o E.D.N.L. Noraboa! e gracias a todos pola participación.

O E.D.N.L. Preparou tamén unha referencia a Uxío Novoneyraautor ó que se lle adica o día das Letras Galegas este ano.

Tedes tamén unhas recomendacións de lectura feitas polo equipo de biblioteca.Que boa idea tumbarse na herba e desfrutarde ler!

As páxinas centrais son un recordo de todos e todas os que estivemos este curso no CRA.

E xa sabedes como manda o noso amigo “ O Meco”, que tanbos momentos nos fixo pasar este curso:

Que pasedes un bo verán!

Page 4: O Galopín 09/10

4

Diseño da páxina: Mar Vaamonde

Page 5: O Galopín 09/10

5

Page 6: O Galopín 09/10

MAGOSTO 2009

Alá polo San Martiño fomos celebrar o Magosto con castañas asadas e con todas esas froitas que no outonoenchen os nosos mercados.Cada escola preparou o seu tenderete cos riquísimospostres que as familias prepararan na casa.Pero como o que mais nos gusta do mundo e xogaro primeiro que fixemos foi xogar coas castañas.Xogamos:

Equipo de redacción: nenas e nenos de Mirón

6

Page 7: O Galopín 09/10

Con cada xogo gañábamos un puntoque íamos metendo na nosa carteiriñafeita cun brik de leite para despois pagarnas tendas.

Cando xa estabamos cansos fomos recuperar as forzas no feirón das escolas.

E como non as castañasasadas que repartía Ramón.

7

Page 8: O Galopín 09/10

SAÍDA AO CAMPO DE GOLF “O GOLPE”

Unha fría maña de novembro, moitas das escolas do CRA, chegamos ao campo degolf dispostos a pasar unha xornada cheade emocións e aventuras.

Dividímonos en pequenos grupos, de 12 nenose nenas. Cada grupo ía cun monitor que nos levaba e explicaba cada actividade. Todas foronmoi interesantes e emocionantes.Aqui vai unha pequena reportaxe delas.

Ramón levounos polo sendeiro botánico, no que coñecimos moitas árbores e as súas carácterísticas. Vimos pereiras, maciñeiras, nogais, figueiras, limoeiros, tilos, piñeiros...e de todos recollimos unha folla para facer un libriño onde había árbores de moitas clases.

Despois percorrimos un sendeiro ornitolóxico, con moitas aves.

Equipo de redacción:nenas e nenos de Rega

8

Page 9: O Galopín 09/10

E, por último, ¡¡¡A PRACTICAR DEPORTES!!!

Baixamos na tirolin !!a

9

Page 10: O Galopín 09/10

No mes de Nadal as escolas de Cances e Sísamo fixeron unha visita a Biblioteca

de Carballo, aquí vola contamos.

Como mergullarnos en mundos de fantasía,aventuras, descubrimentos, xogos,

etc.,nos gusta tanto cada semana voltamos a Biblioteca coa familia e o conto

que máis nos gusta o levamos a escola para contarllo os/as compañeiros/as.

VISITA Á BIBLIOTECAEquipo de redacción: nenos e nenas de Sísamo 3 e 4

10

Page 11: O Galopín 09/10

Os redactores/as e ilustradores/as desta última nova de actualidade foron:

E non só somos contacontos e ilustradores senón tamén xornalistas, aquí vos

deixamos algunhas novas de actualidade.

11

Page 12: O Galopín 09/10

FESTIVAL DE NADALEquipo de redacción:nenos e nenas de Cances Infantil

Nos, como bos xornalistas, imos facela crónica do FESTIVAL DO NADAL:A actuación conxunta das escolas de SÍSAMO e CANCES tenta representar a “FESTA DE FIN DE ANO”

Non hai festa sen boa música e osde 5 anos deámbalas dúasescolas.

Xunto co profe Bernardo (un gran animador) forman a orquesta “SISCAN” coa actuación estelar “abusadora” divertímonos un montón.

Despois da cea e de tomalas uvas chegou o momento de abrilo baile co “VALS”

Saen os de 1º ataviados de gran gala,explican as gañas que teñen da festa e son recibidos pola xefa Pili e servidospolas camareiras Isabel e Susana(tres profes moi artistas)

Agora veñen os bailes movidos e populares para despedilo ano.

A “YENKA” para as nenas de 5. “NAVIDAD-ROCK” os de 4 O “TREN DA ALEGRÍA”para os de 3

Aínda que con adianto, disfrutamos un montón deste gran cotillón, que coronou o teacher Bernardocoas panxoliñas “We wish you a Merry Christmas” (Cances) e “Jingle Bells” (Sísamo).

Chega o turno das escolas que nos amosarán como no noso CRA o galego, castelán e inglés falansepor un igual. O esforzo da profe Luz redundou nunha boa pronunciación.

ESCOLA DE ARTES coa obra de teatro “LITTLE RED RIDING HOOD” e panxoliña.

12

Page 13: O Galopín 09/10

ESCOLA DE BERDILLO: CINDERELLA

ESCOLA DE XOANE: WHITE CHRISTMAS ROCK

ESCOLA DE REGA:”PRETTY RITTY” e panxoliña:“DALLE A VOLTA AO BOMBO”

ESCOLA DE MIRÓN:” LOOK OUT IT`S THE WOLF”e panxoliña:”BUSCANDO UNHA ESTRELA”

13

Page 14: O Galopín 09/10

CONTACONTOS EN REGA

Cantos contos escoitamos na escola de Rega!O venres 15 de xaneiro fomos á escolade Rega a unha sesión de contacontosda editorial Kalandraca.

Alí nos xuntamos as escolas de Rega, Mirón e Berdillo.

Viñeron dus contacontos, un rapaz e unha rapaza moi guapos. Contáronnos os contosdo rato Paco, o conto da Ratiña Presumida,o conto do Caracol...Ás veces poñíanlle música e tocaban instrumentos. Escoitamos a música de pandeiros, panderetase chamounos moito a atención o clarinete.

Máis o instrumento que máis nos gustou foi o pau de chuvia.

Estivemos moi atentos ós contos, aínda que nun momento tivemos que pechar moi benos olliños (sen facer trampas eh!) Porquenos diron máis dunha sorpresa.O remate fomos xogar xunto cos amigos e amigas das outras escolas ó patio.Qué ben o pasamos!E colorín, colorete, na escola de Rega o pasamos de rechupete.

Equipo de redacción: nenos e nenas de Berdillo 3 e 4

14

Page 15: O Galopín 09/10

Gustáronnos todos os contos, pero o noso favorito foi o de LÚA, que é un contiño con moito ritmo.Aquí vos deixamos a nosa versión.Esperamos que vos goste!!!

15

Page 16: O Galopín 09/10

FESTA DO ENTROIDOEste ano disfrazámonos todos de choqueiros para celebrar o Entroido, fixemos un festival no San Cristovo, e tanto nós coma os profes divertímonos moito.

Os de Sísamo, todos preparados, para a ocasión.

De París, chegaBernadette,disposta, parafacer a presentación.

Os regueifeiros de Xoane unhas regueifas de Carballo van recitar, acompañados de cornetíns que non paran de tocar.

Os de Rega, cun bonito baile nosquixeron agasallar, con tanta marchaninguén os pode igualar.

De Berdillo, as simpáticas cantareiras, coas súas voces nos viñeron deleitar.

A festa está servida, pero aínda haimoito que contar.

De Cances, recén chegado, ven o Circo dos Animais. Toda a pista cheade pequenos artistas,que desfilan collidos da man.

Adiviñades quén son estes personaxestan marchosos, que andan pola festa,gastando pista.

Equipo de redacción: nenos e nenas de Xoane

16

Page 17: O Galopín 09/10

Esta festa eche do que non hai, que ben o estamos a pasar!

Os nenos de Artes ataviados de patronciños e patronciñas non dan creto ao que ven, parece que están nun serán dos de antes onde mozos e mozas se reunían a bailar. Que tempos aqueles!

Os de Mirón veñen todos arregladiños,pero están un pouco cansos de ver tantoartista e eles non poder actuar dunha boavez. Cousas dos festivais sonados!

Estas tolearon con tanta festa,fánsevos coñecidas?

Sorpresa!

Qué flipe, amiga, o que hai que ver,estes profes están algo alteirados,non che parece?Pois amiga, imos nós tamén a rematalafesta. A bailar! Bailar!

Qué boa festa, agora despois de tomar o chocolate, as filloas, orellas e rosquillas será ben que nos marquemos un bo baile e para o ano que vén, xa veremos que outra festa organizamos!

17

Page 18: O Galopín 09/10

Mercadillo solidario con Haití

Con motivo do “día da Paz” solidarizámonos co pobo haitiano.

Os nenos e nenas convertéronse en pequenosartistas e venderon as súas obras.

O final recaudamos entre todos nenos/as,pais e nais e mestres 439 euros que foron donados á CRUZ VERMELLA de Carballo que nos agradeceu moito esta iniciativa.

Desde o centro queremos agradecer os nenos pola súa implicación , e os pais e nais que contribuiron a esta proposta.

Gracias a tod@s

Nas escolas fixéronse uns “mercadillos”para que as familias participaran na compra das obras de arte e con donativos.

Equipo de redacción: Pili

18

Page 19: O Galopín 09/10

LETRAS GALEGAS 2010UXÍO NOVONEYRA

Esta ano adicámoslle o Día das Letras Galegas ao escritor e poeta lugués, Uxío Novoneyra.

Uxío naceu en Parada de Moreda, unha pequena aldea das montañas do Courel, o 19 de xaneiro de 1930.

Comenzou a escribir os seus primeiros poemas en castelán, aínda que máis tarde xa os fixo sempre en galego.

Os seus pais eran labradores e cando tivo idade foi estudar o bachelerato a Lugo. Máis tarde continuou os estudos universitarios en Madrid.

O seu Courel natal

Escribiu tres libros de contos para os máis pequenos:“Gorgorín e Cabezón”, “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín”,e “ O Cubil do xabarín”

Ten varios libros de poemas: “Muller pra lonxe”, “Do Courel a Compostela”... Se cadra o máis imprtante é o que recolle as poesías ambientadas nas montañas do Courel, a súa aldea. A Uxío gostáballe moito observar a natureza, escoitala, cheirala, sentila...e escribir sobre ela. O libro leva por título “Os eidos”.

CANTA o cuco cala e cantados castiñeiros do val.Pasa o tempo e non di nadae volta o cuco a cantar.

Casou en 1973 con Elva Rei, á que coñeceu durante a súa estadía en Lugo, e tiveron tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo.Uns anos despois da súa voda foi vivir a Santiago de Compostelae alí elexírono Presidente da Asociación de Escritores en lingua Galega, cargo que exerceu durante dazasete anos.Durante toda a súa vida Uxío foi un gran defensor do noso idioma e da nosa terra.

Equipo de redacción: Normalización lingüística.

Este poema fala sobre o cuco, escoitáchedes algunha vez algún?

19

Page 20: O Galopín 09/10

De como as sardiñas e o atún acaban metidos nunha lataEquipo de redacción: nenas e nenos de Artes

20

Page 21: O Galopín 09/10

21

Page 22: O Galopín 09/10

22

Page 23: O Galopín 09/10

23

Page 24: O Galopín 09/10

NO CURSO 2009/2010, OS NENOS E AS NENAS DE INFANTIL, DO CRA PONTE DA PEDRA, APRENDERON MOITAS COUSAS.

Equipo de redacción: nenos/a de Berdillo 5 anos.

As mestras e mestres do CRA ponte da Pedra, organizaron o traballo dos seus alumnos/as, en once Unidades Didácticas.

1.CHEGAMOS Á ESCOLA 2.O NOSO CORPO

3.O OUTONO E AS SÚAS FESTAS:O MAGOSTO E O SAMAÍN

5.OS XOGOS E OS XOGUETES 6. O ENTROIDO

4. NADAL

24

Page 25: O Galopín 09/10

7.ANIMAIS 8.A PRIMAVERA9.MEDIOS DE TRANSPORTE

10. MEDIOS DE COMUNICACIÓN 11. O VERÁN

OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA SABEN MOITAS COUSASOs nenos e nenas de primaria do CRA ademais de aprender moitas cousas novas,

saben facer rir, agora veredes a un grupiño de Berdillo

(Inés)

25

Page 26: O Galopín 09/10

26

SALÓN DO LIBRO DE CARBALLOEquipo de redacción: nenos e nenas de Sísamo 5 anos

(Berdillo 3 e 4) (Mirón)

(Berdillo 5 e 1º) (Artes)

(Sísamo 5 anos) (Xoane e Cances primaria)

Page 27: O Galopín 09/10

27

(Rega)

(Sísamo 3,4, 1º e 2º)

(Cances infantil) CIDADES DO MUNDO

Berdillo presentou o conto

“Os dous corcovados” na

inaguración do Salón.

Page 28: O Galopín 09/10

A visita de Pepe Carreiro

Creador de “Os Bolechas”

Os Bolechas son como compañeiros de clase para nós.

Por iso nos facía tanta ilusión coñecer

ao seu creador.

A ANPA e o CRA organizaron a súa visita.

Contounos cousas. Debuxou e nos deixou os seus debuxos.

Firmounos os libros que recibimos de agasallo.

Gracias Pepe.

28

Page 29: O Galopín 09/10

Pola selva...“Mobilizámonos”!!

Os nenos e as nenas do CRA Ponte da Pedraandivemos a xuntar móbiles vellos para axudar os chimpancés e as xentes do Congo.

Para facer os móbilesúsase un mineralchamado coltrán.

Para recollelo explótansecativos coma nós e destruen os lugares ondevivien moitos animais.

Por iso é tan importante reutilizar os teléfonose reciclar as súas partes útiles.Unha muller chamada Jane Goodall é moi amiga doschimpancés. Ela foi a que nos invitou a participar nesta campaña chamada “Pola selva, mobilízate!”

Só tivemos que recoller os móbiles vellos (sen tarxetaSIM nin cargador) e levalos áurna que temos na escola.Por cada 30 que xuntamospremiáronnos apadriñando a un chimpancé durante un ano e cada catro meses mándanosnoticias para que saibamos como está.

Podemos mirar toda a información na páxina:www.movilizateporlaselva.org

Equipo de redacción:Begoña

29

Page 30: O Galopín 09/10

VISITA A MARCELLE

O MELLOR PARQUE PARA NOS:

Equipo de redacción: nenos e nenas de Cances primaria

Este remate de curso é moi especial porque imosde excursión ao parque de Marcelle (Outeiro de Rei- Lugo). Os nenos/as están alborotados co feito de pasar toda unha xornada fóra da escola (o autobús,o xantar, os animais... Todo un acontecemento para eles)

Este parque achegounos información da campaña “Mobilizatepola selva) da que xa falamos en outra páxina deste xornal.Cantos máis móbiles consigamos poderemos apadriñar un chimpamigo.

Xa estamos a traballar a saída, buscando información sobre os animais, planos do lugar, normas. Os nenos desta escola tentaron facer un resumo do máis salientable para eles e esperamos que vos axude o resto dos nenos/as do CRA.

30

Page 31: O Galopín 09/10

OLLADE AS NORMAS!

31

Page 32: O Galopín 09/10

32

1º EDICIÓN DO CONCURSO: CONTOS EN FAMILIA.

1º PREMIO NA CATEGORÍA DE INFANTIL

A VERDADEIRA HISTORIA DO PULPO A FEIRA (DE VERDAD DE LA BUENA)

Un pulpo de viaxe, desde Corme ao Carballiño, atopouse con uns feirantes borrachos que lle diron unha paliza, deixándolle o corpo moi blandiño.Axudoulle a escapar unha cebola, e foron caer nunha pota chea deauga fervendo, e cando a cebola estaba cocida, o pulpo xa valía para comer.

Véndose escaldado, saltou da pota, caendo no medio duns cacharros, quedando embadurnado de pimentón, sal e aceite virgen extra.

Despois de tanto rebumbio, atopouse mareado, e deixándose caer,tan largo era, en un plato de madeira, pasando despois o que tiñaque pasar.

Miñas donas e meus señores, esto foi o que lle aconteceu un segundo domingo de agosto, de fai un millón de anos (esaxerando), e uns mil anos (sen esaxerar) nunha feira de Carballiño, a un pulpo de Corme.

Autores: Daniel Rodriguez García e o seu pai José Manuel Rodriguez Vázquez.

(Escola de Berdillo)

E colorín colorado, o pulpo á feira está preparado.

Page 33: O Galopín 09/10

1º PREMIO NA CATEGORÍA DE PRIMARIA

A GALIÑA DO MAGO XOANAutoras: Nadia Baldimir Soto e a súa nai Vanessa Soto (Escola de Xoane)

Érase unha vez un gnomo chamado Manuel; un día pasaba por diante da casa do Mago Xoan e viuno agavimando a unha fermosa galiña cor chocolate, mentres lle decía:

- Pon un ovo para min, miña galiña meu ben, un ovo de chocolate, mentras contas ata dez.

O mago contou entón ata dez, moi amodo e o final da conta a galiña cacarexou con forza e o mago recolliu o ovo de chocolate que a galiña puxo para él. Tamén estaba adornado con unha cinta de cor vermella, colorcouna sobre un prato e dixo: - Querido ovo, que pequeño es, por favor crece un pouco máis mentras conto ata tres!. Contou ata tres e….para sorpresa de Manuel o ovo creceu ata ser o triple de grande. - Anda!- dixo Manuel que saiu correndo a toda velocidade, cando o mago

dou media volta e o viu- que galiña máis fermosa para ter en pascua!, mira que poñer ovos de chocolate de esta maneira!.

Cando máis pensaba Manuel en eso, máis desexaba tomar prestada a galiña, e de pronto viu a galiña andando por alí soa. Así que atrapouna e metiuna na cociña da súa casa, acariciouna e dixo: - Pon un ovo para min, miña galiña, meu ben, un ovo de chocolate

mentras conto ata dez. Cando acabou de contar a galiña cacarexou e puxo un ovo de chocolate. Manuel estaba moi contento. Recolliuno, colocouno nun prato e dixo: - Querido ovo, que pequeño eres, por favor crece un pouco mentres eu

conto ata tres!. O ovo empezou a crecer mentres Manuel contaba ata tres… pero o o ovo seguiu crecendo e cando acabou de contar Manuel quedou moi sorprendido. Ó principio gustoulle, porque pensou que canto máis grande fose o ovo máis chocolate podía comer. Pero, que medo!, o ovo non paraba de crecer, creciu tanto que partiu a mesa, e despois seguiu crecendo e rompeu o teito. Foi correndo ata onde o mago Xoan, e contoulle o que pasaba. O mago dixo: - Xo!, e o ovo parou de crecer. Xoan o mago díxolle a Manuel que eso lle pasaba por ser tan traste. Despois o mago díxolle o ovo: - Meu querido ovo, eres moi alto eu prefiro que

sexas máis baixiño. O ovo encolliu facendose moi moi pequeño e o mago meteuno no bolsillo, colliu a galiña e marchou. Así Manuel aprendiu que non se poden coller as cousas sen permiso.

33

Page 34: O Galopín 09/10

Estas son as nosas recomendacións

Autor: Quentin BlakeEditorial: KALANDRAKA

Loreto ten unha chea de petos.

Que gardará no seu interior?

Autor: Pasqual AlaportEditorial: Xerais

Nas vacacions,vou a casa dos meus avós.

O meu avó é incrible.Dime que teño idade

para muxir unha vaca, mais eu creo que é

máis divertido darlles de comer aos porcos.

Neste libro atoparás unha ducia de sorpresas candotrates de adiviñar que haien cada cadro.A escritora arxentina Gabriela Keselman,

con gran sentido do humor, volve a conmovernos con esta historia de Morris,un mapache disposto sempre a axudaros outros animais.

Brim tiña un curioso oficio.Era cazador de fadas.

Editorial: S.M

Autor:Albert Alforcea

Ilustradora:Marta Montaña

Editorial: Baía

Carolina é un sarillo que

xa vai cumprir 2 anos, e

como lle gusta pasear,

descubriu o interesante

mundo dos caracois.

Wapiti vivía nunha

casiña redonda,

unha casiña de xeo,

un iglú.

Pero a medida que

foi medrando e

aprendeu a andar,

a casa foille quedando

pequena.

ESTÉS ONDE ESTÉSEquipo de redacción: Plan lector e Biblioteca

34

Page 35: O Galopín 09/10

NON ESQUEZAS LER

Autor: Pablo NerudaIlustradora: Elena OdriozolaEditorial: Kalandraka

Asomando á noitena terraza dun rañaceosaltísimo e amargopuiden tocar a bóveda nocturnae nun acto de amorextraordinario apodereimedunha celeste estrela.

Autor: Ramón AragüésIlustradora: Francesca Chessa

OQO editora

Xanecas tiña catro anos, e coma a todosos nenos a esa idade, era moi curioso.O que máis lle gustaba no mundo era explorar,e case cada día facía un descubrimento novo.

Feliz verán

Autor: Xoan BabarroIlustrador : Isabel Caruncho

Rodeira Ed.

A tea de araña é unha trampa para moitos insectos.Nela vansexuntar a bolboreta, e a cascudae...

Autor: Fernando Royuela

Alfaguara Ediciones

Sabes de que está feita

a camiseta que pos todas

as mañás? Ou o zume que

bebes cando almorzas?

O proceso de como se

fan estas cousas atoparalo

en este libro.

Autor : Janet Lawler

35

Page 36: O Galopín 09/10