Novas da Xustiza nº1033.
-
Upload
ccooxustiza -
Category
Law
-
view
848 -
download
6
description
Transcript of Novas da Xustiza nº1033.
www.ccooxustiza.com 1
Edición 1033 www.ccooxustiza.com 29 de setembro de 2014
CCOO apraza a
convocatoria da folga
CCOO celebrou, xunto coa inmensa maioría dos traballadores e traballadoras da
xustiza e a sociedade, a dimisión do ministro Gallardón, ao que consideramos o peor
ministro da historia, e agardamos do novo ministro un novo perfil,
completamente distino, que cambie radicalmente a política do rodillo,
retrógrada e atentatoria contra a clase traballadora, que nestes tres anos levou
o Ministerio de Xustiza
Co fin de asegurar que estes cambios se van producir, CCOO dirixiuse xa ao que
será próximo Ministro de Xustiza, para que convoque con carácter inmediato a
súa toma de posesión, mesa sectorial da Administración de Xustiza, á que terá que
acudir en persoa e na que esixiremos que retire a reforma da LOPX que se está
tramitando, así como a privatización do Rexistro Civil.
Ambos proxectos, o actual borrador da LOPX e a privatización do Rexistro Civil, son
para COMISIÓNS OBREIRAS, unha agresión sen precedentes aos dereitos dos
www.ccooxustiza.com 2
miles de funcionarios e funcionarias da Administración de Xustiza, así como á
sociedade no seu conxunto, agresión ante a que nin quedamos nin quedaremos
impasibles, como xa demostramos ata o de agora sendo o único sindicato en
convocar unha folga para o 8 de outubro
No caso de que o Ministro non convoque con carácter urxente unha mesa
sectorial para tratar estes dous aspectos, ou se manifestase partidario de
seguir coa privatización do Rexistro Civil e coa reforma da LOPX que suprimía
miles de postos de traballo, miles de centros de destino, centos de partidos xudiciais
e de Xulgados de Paz, e privatizaba os actos de comunicación, entre outros
recortes, COMISIONES OBRERAS RETOMARÁ DE FORMA INMEDIATA A
CONVOCATORIA DE FOLGA NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.
CCOO continuará mantendo a presión fronte a estas agresións con cantos actos
sexan necesarios, como os que convocaremos a vindeira semana coincidindo coa
votación final no Senado da privatización do Rexistro Civil
Dende COMISIÓNS OBREIRAS celebramos que a dimisión de Gallardón fose
aproveitada por CSIF, STAJ e UGT a nivel nacional, asinantes do preacordo, para
pedir a retirada do anteproxecto da LOPX que eles mesmos avalaron.
www.ccooxustiza.com 3
O Sector de Xustiza de CCOO
diríxese aos Senadores galegos
para que voten contra a
privatización do Rexistro Civil
O vindeiro mércores, 1 de outubro, no Senado, presentarase a votación o Real Decreto Lei
8/14, no que, entre outras medidas, se prevé a privatización definitiva do Rexistro Civil
nunha infame disposición adicional. Novamente o goberno introduce cláusulas a través de
Decretos Leis que nada teñen que ver para colarnos privatizacións e recortes.
CCOO diríxese aos Senadores galegos, tanto do Partido Popular: Juan Manuel Juncal
Rodríguez, María Jesús Sáinz García, José Luis Ramón Torres Colomer, José Manuel
Barreiro Fernández, Armando Castosa Alvariño, Dámaso López Rodríguez, Francisco José
Fernández Pérez, María del Carmen Leyte Coello, Miguel Ángel Pérez de Juan Romero,
María Elvira Larriba Leira, María Dolores Pan Vázquez e José Luis Rivera Mallo; como do
Partido Socialista: Francisco José Losada Aspiazu, Ricardo Jacinto Varela Sánchez, Miguel
Fidalgo Areda e María de los Ángeles Marra Domínguez, para que voten en contra deste
Real Decreto Lei.
Non queremos que os representantes do pobo galego no Senado, estes 16 homes e
mulleres, sexan cómplices da destrución dun servizo público, gratuíto e universal e a súa
entrega como negocio aos Rexistradores Mercantís, que, ademais de prexudicar a cidadanía
con aranceis gravosos e desprazamentos imposibles, afectaría a máis de 200 postos de
traballo no noso colectivo e no noso país, cunhas peculiaridades orográficas e demográficas
que agravan as consecuencias da privatización.
www.ccooxustiza.com 4
Estimado/a Sr/Sra:
El próximo día 1 de octubre tendrá lugar en el Senado la votación del Proyecto de
Ley de aprobación de medidas urgentes para el crecimiento, la competitividad y la
eficiencia procedente del RDLey 8/2014.
Entre otras medidas la aprobación de este Proyecto de Ley supondrá la privatización
de un servicio público como es el Registro Civil por lo que, me dirijo a Vd. con el fin
de que con su voto rechace la privatización del Registro Civil, como así lo han hecho
en cientos de Ayuntamientos y alguna CC.AA concejales y diputados de todos los
grupos políticos, mediante la aprobación de mociones en ese sentido, y pida la
devolución del Proyecto de Ley al Gobierno, pues esta privatización supondrá un
gravísimo perjuicio para el conjunto de la ciudadanía y para los trabajadores y
trabajadoras de la Administración de Justicia de toda España, y de los que trabajan
en los Registros Civiles en particular.
Un cordial saludo,
Jorge Suárez Fernández
Coordinador/a del Sector de la Administración de Justicia de CCOO Galicia
Convidámosvos a unirvos a esta iniciativa e que
subscribades esta petición por fax ao grupo popular no
Senado (fax nº91 5381 587 ) así como ao grupo do Partido
Socialista (fax nº 91 5381 533)
www.ccooxustiza.com 5
Breves Aprazamento da Mesa Sectorial: logo de que CCOO fixera pública a súa
esixencia dun aprazamento da mesa para preparar unha oportuna argumentación
contra o que cremos que é unha medida extemporánea, é dicir, abrir a espita da
NOX coa creación dos servizos comúns xerais, logo das nefastas experiencias
noutros territorios, a DXX accedeu á nosa reivindicación e adiou a mesa sectorial
para o vindeiro 2 de outubro
Non haberá Oferta de emprego público: a exclusión de Xustiza da taxa de
reposición dos sectores prioritarios (como sanidade, educación ou forzas e corpos
de seguridade), que este ano alcanzan cotas do 50%, supón unha volta de torca
máis ao edificio en estado de ruína en que queren converter á Xustiza pública.
Esta decisión, ademais de anular as expectativas de centos de opositores que
levan anos agardando por unha convocatoria supón un recorte no cadro de
persoal indubitado: o rango de idade en que nos movemos os funcionarios e
funcionarias fai prever un aluvión de xubilacións nos próximos anos, co que as
sobrecargas de traballo e asuntos per capita incrementaranse exponencialmente
Conxelación salarial e devolución do 25% da paga: unha vez máis o noso
salario queda conxelado, xa estamos na era glaciar logo de catro anos
consecutivos. En canto a devolución da paga sinalar que a rexeitamos de plano e
que seguiremos combatendo no Xulgado a súa recuperación completa. No
entanto, temos a certeza de que as reclamacións xudiciais son acción sindical, un
sindicato como CCOO non considera solidario que os que litiguen cobren e os que
non non, e o que procuramos e obrigar á Xunta de Galicia a sentarse a negociar
dunha vez para devolver o que nos simplemente nos roubaron e nos pertencía por
dereito. Por último sinalar que ese 25% é o tope máximo, polo que nin sequera
queda garantido e máis ben é un anuncio en campaña electoral, xa que está en
función da famosa dispoñibilidade orzamentaria de cada Comunidade Autónoma.
www.ccooxustiza.com 6
MUGEJU, PORQUE É NOSA, PORQUE É DE TODOS: CCOO presenta
candidatura á compromisarios para a Mutualidade cun programa claro: recuperar
todos as prestacións suprimidas no ano 2012 cando hai dotación orzamentaria
máis que suficiente (axudas para gastos de sepelios, transporte e acompañamento
de enfermos, moitas prestacións dentais e oculares, etc) Os nosos candidatos,
Nicolás Santos e Juanma Amado, teñen unha recoñecida traxectoria como
compromisarios da Mugeju, un forte compromiso para a defensa do que é de
todos e nos queren usurpar. CCOO ten un programa non que se incentiva a
democracia e a participación dos traballadores nas decisións que tome a Mugeju,
programa que pretende ser desvirtuado a golpe de R.D. polo Ministerio de Xustiza.
ACTIVIDADE SINDICAL: CCOO segue a loitar na defensa dos vosos dereitos,
na semana pasada presentamos ante a DXX as seguintes reivindicacións por
escrito
- Dotación de medios materiais e persoais para os recoñecementos
médicos, infradotados até o punto que non sirven aos fines de vixiancia da
saúde
- Apertura dun prazo de dez días para que os interinos podan escoller a
bolsa na que queren ser colocados, segundo a mellor puntuación ou a mellor
posición, e que non sexa a discreción da administración, en aras a unha maior
transparencia e obxectividade das bolsas de interinos
- Escrito solicitando mesa sectorial para tratar as substitucións: que sexa o
mecanismo preferente como así se recolle na orde, que se activen as
negociacións para a súa retribución íntegra, e que o sistema de quendas de
auxilio sexa suplido por outro negociado máis xusto e que non provoque
discriminacións entre compañeiros.
www.ccooxustiza.com 7
Subvencións?
Hai xente, supostos sindicalistas, que apela á pureza da raza sindical para atacar
aos sindicatos de clase que construíron a democracia, ou, cando menos, que
xogaron un papel decisivo na articulación do raquítico Estado de Benestar que agora
a dereita está a demoler sen ningún tipo de compaixón, usurpando dereitos sociais
básicos que críamos garantidos.
CCOO, como outros sindicatos de clase, dende a clandestinidade, contribuíu a unha
transición democrática, máis ou menos defectuosa, pero que permitiu que conceptos
tan básicos como que se abonen as horas extras ou que o enchufismo non fose
unha constante na administración pública, fosen arrancados dunha patronal que non
estaba disposta a ceder pacificamente. Só as folgas, os tan denostados piquetes
informativos, a conciencia de clase, acabou con algúns dos abusos que se cometían
sobre os traballadores.
As subvencións restan espírito de loita, disque. Hai datos, fiables, obxectivos para
rebater tan peregrino argumento: a financiación do sindicato vén, no 90%, a través
das cotas dos afiliados e dos servizos xurídicos. O restante 10% ven a través de
fondos de formación, que son finalistas, e non poden ser utilizados nada máis que
para formación. Dende logo que en CCOO, como noutros sindicatos, hai xente que
se aproveita do sindicato para o lucro persoal, persoas corruptas que non se
representan máis que a si mesmos e a súa mesquindade, pero resulta un insulto aos
homes e mulleres que sufriron represión, cárcere e incluso morte, os pioneiros nas
loitas obreiras, os que representan o espírito das Comisións Obreiras fundacionais,
que se trate de desacreditar a un sindicato tomando a parte polo todo. Como hai
corruptos no seo de Comisións, corruptos que cando son descubertos, son
expulsados e denunciados, algúns, a sabiendas, identifican a estes corruptos co
global do sindicato.
www.ccooxustiza.com 8
Certo é que o sindicato, na miña opinión, está desconcertado, que non está a dar a
resposta que a sociedade reclama ante un ataque masivo e planificado contra os
nosos dereitos, ante o aumento intencionado da brecha social entre ricos e pobres,
ante esta senda sen volta atrás cara unha sociedade sen servizos públicos, cos seus
impostos destinados a rescatar a banca. Os porqués merecerían unha análise
profunda, pero quizais teña algo que ver con que as organizacións políticas e
sindicais non son máis que o reflexo da sociedade en que vivimos. Con
independencia diso, o tema “subvencións” e un mantra que comezou a extrema
dereita, como o sindicato Manos Limpias ou as cadeas máis rancias do TDT e que
algúns queren retomar. Creamos ou non no sistema de financiación que recolleu a
Constitución, ou apostemos por outro modelo, cousa que eu mesmo considero que é
necesario debater, o foco non debería estar aí, a non ser que os nosos argumentos
sindicais sexan tan febles que antes de construír debamos comezar por destruír até
que teñamos unha visión clara do que significa o sindicalismo: mellorar as
condicións laborais dos traballadores, baixo o prisma da solidariedade e a
participación nas decisións, o que, creo eu, tamén inclúe a formación.
Máis datos sobre subvencións (extracto dun artigo de Javier López):
Los sindicatos reciben del Estado por esta acción sindical que desarrolla las
leyes y las adapta a cada sector y empresa 15,7 millones de
euros. Hablamos de más de 4.000 convenios y la mayoría de los
trabajadores y trabajadoras.
Las organizaciones empresariales, todo hay que decirlo, reciben ayudas
similares. Los partidos políticos reciben 84,4 millones de euros, la Casa Real
8,9 millones y la Iglesia Católica, sin reconocimiento constitucional en un
Estado laico, recibe 252 millones de euros.
Las asociaciones juveniles reciben 7,8 millones. La Federación Española de
Futbol 4,8 millones. Las empresas privadas de prensa escrita y las
televisiones privadas reciben 360 millones de euros, el cine español 89,6
millones de euros.
www.ccooxustiza.com 9
Los curas que trabajan en instituciones públicas como hospitales, cárceles y
el ejército, reciben lo mismo que los sindicatos, 15 millones de euros.
Los profesores de religión nos cuentan 600 millones de euros y las
subvenciones a los toros 564 millones de euros, aunque sólo merecen el
interés del 28 por ciento de los españoles.
www.ccooxustiza.com 10
Correo de contacto: [email protected]
Tfno do Sector de Xustiza: 619282917
Delegados/as:
Coruña: Raquel [email protected]
Ferrol Mati [email protected]
Santiago: Ana [email protected]
Pontevedra: Tino Novoa [email protected]
Ourense: Sonia [email protected]
Lugo. Rafa [email protected]
Coordinación: Jorge [email protected]