Normas de funcionamento e uso da biblioteca
-
Upload
papa-contos-papa-contos -
Category
Documents
-
view
231 -
download
7
description
Transcript of Normas de funcionamento e uso da biblioteca
ORGANIZACIÓN DE FONDOS
Os fondos da Biblioteca Escolar do CEIP Rosalía de Castro están organizados seguindo
a CDU (Clasificación Decimal Universal).
0- Xeneralidades, dicionarios, enciclopedias
1- Filosofía
2- Relixión
3- Ciencias Sociais
4- Baleiro
5- Matemáticas e Ciencias Naturais
6- Ciencias Aplicadas, medicina, tecnoloxía
7- Arte, música, deportes
8- Literatura e lingüística
9- Xeografía, historia, biografías
Aos libros pegaráselle unha etiqueta no lombo coa seguinte información:
No caso da narrativa as etiquetas serán de cores segundo a idade recomendada
Azul.- Educación Infantil
Vermello.- 1º Ciclo
Verde.- 2º Ciclo
Amarelo.- 3º Ciclo
Nos andeis da esquerda (libros de literatura), os libros colócanse por idiomas: inglés,
galego e castelán e por xénero literario ( poesía, narrativa, cómic, e teatro). Así temos:
82 N-G narrativa galego
82 N-C narrativa castelán
82 P-G poesía galego
82 P-C poesía castelán
82 C-G cómic galego
82 C-C cómic castelán
82 T-G teatro galego
82 T-C teatro castelán
Ademais da cor da etiqueta, aparecen outros datos. Poñemos un exemplo co libro de
Achim Broger “Mamá vou esperar a papá”
82 N-G
BRO
mam
82 N-G 82 é o número correspondente á CDU: Literatura N-narrativa G-galego
BRO- 3 primeiras letras do APELIDO DO AUTOR/A en maiúscula (BROGER)
mam- 3 primeiras letras do título do libro en minúscula sen artigos, preposicións (mamá
vou esperar a papá)
A etiqueta sería amarela porque pertence ao 3º Ciclo.
EN CADA ANDEL OS LIBROS ESTÁN COLOCADOS POR ORDE ALFABÉTICA
DO APELIDO DO AUTOR/A.
O libro de Achim Broger estará colocado no B.
Os libros de información e divulgación terán a etiqueta branca. Todos os libros
colocaranse nos andeis correspondentes, que xa están sinalizados convintemente. Para a
catalogación e rexistro úsase o programa MEIGA.
O número de rexistro do documento escribirase na 1ª páxina do libro co selo do Centro.
Nos materiais de soporte audiovisual farase no disco. Cando un libro se dea de baixa
por perda ou deterioro, darase de baixa tamén no programa.
UBICACIÓN DOS FONDOS
Todos os fondos deben estar rexistrados na Biblioteca escolar, e a poder ser ubicados
na mesma. Cando non sexa así, indicarase no rexistro MEIGA o lugar onde están eses
fondos. Dos libros de literatura que hai 25 volumes, un consérvase na BE e os outros
nas titorías correspondentes.
EXPURGO
Ao rematar o curso realizarase esta operación, tendo en conta os seguintes criterios.
Estado físico do libro
Adecuación
Actualidade e calidade
Estes fondos serán destruídos, doados a outras institucións ou regalados aos alumn@s.
ADQUISICIÓN DE FONDOS
Consultarase ao profesorado para ver as necesidades. O Equipo da Biblioteca, vistas as
necesidades dos distintos Ciclos, decidirá cales se poden mercar.
NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA.
En canto aos fondos
Teremos moito coidado co material, tanto cos libros coma co material audiovisual.
Non se pode escribir nin pintar neles. Evitaremos dobralos, manchalos, estragalos...
Revisaremos os empréstitos antes de levalos. Se atopas algún deterioro, dillo ao mestre
ou mestra encargado.
Disporemos de 15 días para devolver o empréstito, se é preciso, pódese renovar.
Debemos ser responsables, non esqueceremos entregalos dentro do prazo para que todos
poidan disfrutar dos materiais.
No caso de estragar ou perder un libro, debemos repoñelo ou abonar o seu importe para
incorporalo de novo a BE.
No caso de levar material audiovisual haberá que devolvelo no prazo dunha semana.
Aqueles alumn@s que non cumplan cos prazos do sistema de préstamo da BE non
terán acceso a este material.
En canto ás instalacións
A BE é un espazo para a lectura, polo tanto, débese manter o máximo silencio.
Na Biblioteca pódese ler, buscar información, ver películas, facer traballos, coller
emprestados os materiais dispoñibles para tal fin.
Hai que coidar os materiais e mobiliario, respectando os diferentes espazos.
Na BE non se pode comer nin beber.
Entraremos coas mans limpas para non estragar os materiais.
ORDENADORES
Na mesa de xestión hai un ordenador para uso exclusivo do equipo de Biblioteca. Os
outros ordenadores están a disposición do resto do profesorado e dos alumnos/as .
Haberá a vosa disposición uns auriculares para cada equipo.
Estes ordenadores son para consulta e procura de información, ler ou deixar
comentarios nos blogs do Centro.
Tamén se poderán realizar tarefas programadas polo profesorado relacionadas co
currículo.
EN NINGÚN CASO se usarán para xogar, ler o correo ou conectarse a redes sociais a
nivel persoal.
Non se poderán facer cambios na configuración dos ordenadores nin descargar e instalar
programas sen autorización dos mestres/as responsables da BE.
Para usar os ordenadores deberán consultalo co mestre que estea na BE e anotarse no
caderno que haberá para tal fin.
Recordade que nunca debedes dar os datos persoais a través da Internet nin quedar con
persoas ás que non coñezades.
Tamén hai un ordenador, un proxector e unha pantalla para que calquera mestre ou
mestra os poida usar no seu labor docente.
HORARIO
A BE está dispoñible para calquera persoa do Centro durante todo o período lectivo .
Os horarios de recreo estará atendida polo equipo da BE. Os alumn@s poden usala para
consulta, lectura ou servizo de préstamos.
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9.00-9.50
9.50-10.40
10.40-11.00
11.00-12.05
12.05-12.55
12.55-13.05
13.05-14.00
CARNÉ DE USUARIOS
Tódolos alumnos e profesores do Centro disporán dun carné. Cada usuario ten o seu
propio número que lle servirá para toda a súa escolaridade ou permanencia no Centro.
Cando un alumno abandone o Centro será dado de baixa como lector e o seu número de
rexistro será substituído.
É necesario o carné para os empréstitos. Nos cursos inferiores é convinte que sexa a
titora quen custodie estes carnés (1º Ciclo e 3º). Ao final de curso cada titor recollerá os
carnés dos seus alumn@s, meteraos nun sobre e deixaraos na BE
BIBLIOTECA DE AULA
Cada titor ou mestre pode escoller un máximo de 30 libros de literatura, a duración do
empréstito será dun trimestre, podendo ser renovados.
Este préstamo farase co carné de dito mestre.
Tamén poderán levar material de consulta. O tempo máximo de empréstito de dito
material será de 15 días.
No caso de levar material audiovisual haberá que devolvelo no prazo dunha semana.
Aqueles alumn@s que non cumplan cos prazos do sistema de préstamo da BE non
terán acceso a este material.
MOCHILAS
Son unha selección de libros e música para toda a familia. Poden telas na casa durante 8
días. Inician a súa viaxe un venres, e 8 días despois deberán volver ao cole, para que outras familias disfruten do préstamo.
Hai dúas mochilas para cada curso con dous lotes diferentes. O Equipo de Biblioteca
proporcionaralle a cada titor do 2º curso de cada Ciclo as distintas mochilas, unha lista
do seu alumnado e as enquisas. Cada semana os titores encargaranse de repartir as
mochilas, anotar no listado o alumno que leva a mochila e revisar que todo o material
estea nas condicións axeitadas antes da entregala ao alumno seguinte. No caso de que a
enquisa estea cuberta, cada titor deberá cambiala.
AXUDANTES
Entre o alumnado voluntario do 3º Ciclo, o Equipo da Biblioteca elixe un grupo de
alumnos/as que lle axudarán a realizar as diferentes tarefas.
HORA DE LER
1. A sesión de HORA DE LER é inmediatamente despois do primeiro recreo e dura 15
min.Farase tanto en Infantil como en Primaria.
2. Desta sesión encárganse os profes que teñen que impartir a 3ª sesión. Deste xeito
participan tamén, os especialistas que coincidan. ( A LOE indica que debe aplicarse a
todas as materias).
3. Faise sempre na aula da titoría. Ao remate dos 15 min., de ser o caso, o especialista
acompaña ao alumnado á aula da especialidade.
4. Trátase de que o conxunto do profesorado se implique co alumnado no fomento do
seu hábito lector, na mellora da súa competencia lectora e na formación de lectores
hábiles no uso da información en tódolos soportes: revista, xornal, libro, cómic, textos
informativos, dramatizados, poesía...
En tódalas materias : lecturas científicas, de ficción, deportivas, musicais, en distintos
idiomas...
Nas diferentes modalidades de lectura: individual, silenciosa ou en voz alta, colectiva
utilizando o mesmo texto todo o grupo, lendo o profe aos alumnos, lendo un ou varios
alumnos ao grupo....
Hora de Ler: servirá @s nos@s alumn@s para proporcionarlles un Tempo no que
contacten co libro sen medo, sen apuros, sen preocupacións e sen render contas. Non
pode ser algo esporádico, debe ser habitual, precisamente para crear hábito. A Hora de
Ler trata de mellorar as actitudes de cara á lectura, posibilitando a adquisición das
habilidades lectoras sen avalialas. Garantírase ademais, que todo o alumnado teña a
oportunidade dun tempo de lectura nun ambiente de silencio, iluminación,
tranquilidade, sen interrupcións, apropiado, que pode que non tod@s teñan na casa.
Debe ser, maiormente, unha lectura silenciosa porque permite adaptar a lectura ao ritmo
de cada nen@, aos seus intereses; permite así mesmo centrarse na comprensión, sen ter
que “dar conta” do que le, sen a tensión interna de saber avaliada a súa habilidade ou
comprensión lectora, pon en práctica de forma persoal as técnicas lectoras aprendidas
previamente.
Algunhas recomendacións
Organización da sesión. Simplemente, antes de saír ao recreo, tod@s (@ profe tamén), deixarán a súa mesa
recollida, lista para “recibir” o libro que se vai ler á volta do recreo.
Cando cheguen do recreo, non se atenderán queixas nin discusións, non iremos ao baño,
non iremos beber, nin daremos recados... deixaremos TODO para despois de ler (o máis
probable é que para entón calquera problema estea xa esquecido). Para facilitar a
creación dun clima de calma, convén que nós mesm@s nos sentemos a ler e pidamos
que “NON MOLESTEN”. Colgaremos os carteis feitos para tal fin na porta.
Que deben ler.
O que queiran, o que lles guste, o que lles interese, o que lles resulte máis fácil, ou máis
interesante, ou máis entretido, o que teña máis debuxos, ou o que estea protagonizado
por un personaxe coñecido... Poderán cambiar de libro cantas veces queiran (é o
primeiro dereito d@ lector/a), mentres respecten o espazo e o silencio d@s demais.
De onde traen as lecturas
Da casa, da biblioteca da escola, da biblioteca de aula... O caso é que lean, en silencio,
que intenten descifrar o que len, e que disfruten facéndoo. Ese é o obxectivo
fundamental. A lectura é un instrumento de información e de pracer. Só deberemos
verificar que as lecturas sexan adecuadas á súa idade.
Pequenos detalles, como facer un marcapáxinas co nome de cada un/ha, para “reservar”
ese libro que están a ler, permitirlles uns minutiños namentras os recollen para
recomendarse os libros entre el@s, intercambiar os que traen da casa c@s compañeir@s
… poden facer máis acolledora esta Hora de Ler. O que si é imprescindible é que @
professor@ que esté con el@s, amose entusiasmo e gusto polo que está a ler e LEA
SEMPRE NESE TEMPO con el@s, pois somos o modelo adulto a imitar, cunha boa
postura e atención. O noso exemplo será moito máis importante que calquera
advertencia ou suxerencia. Pequenos “trucos” poden axudarnos a demostrar ese interese
(“un segundiño, que chego a un punto”, “que rabia, que non me deu tempo a rematar
este capítulo que está tan ben”…)