Normas Básicas Máquinas e Ferramentas Manuais...
Transcript of Normas Básicas Máquinas e Ferramentas Manuais...
Normas Básicas
no manexo de Máquinas e Ferramentas
Manuais no sector do Cerramento
Reservados todos los derechos de esta edición para AECALPO - Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia.
Depósito Legal: PO 522-2013
Fecha de Solicitud: 24/10/2013
Entidad: AECALPO - Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia.
Autor: Kaeme Consultoría y Prevención S.L.
Editor: AECALPO - Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia.
Maquetación: Kaeme Consultoría y Prevención S.L.
Impresión y encuadernación: Gráficas Arousa S.L.
Impreso en España.
Queda rigurosamente prohibida cualquier forma de reproducción, distribución, comunicación pública o transformación total o parcial de esta obra, sin el permiso escrito del titular de los derechos de explotación.
Normas básicas no manexo de máquinas e
ferramentas manuais no sector do cerramento
Elaborado por AECALPO (Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia) en colaboración
con KAEME CONSULTORÍA Y PREVENCIÓN, S.L. e financiado pola CONSELLERÍA DE TRABALLO E
BENESTAR da XUNTA DE GALICA.
Agradecementos:
A tódolos membros de AECALPO polo interese mostrado na
proposta e pola súa disposición. En especial a Sistemas Aluboc en
Toén (Ourense), Talleres Juan Bóveda en Leiro (Ourense),
Carpintería Metálica José Pereira en Mos (Pontevedra) e Diejud en
Ribadumia (Pontevedra). Eles abríronnos as súas portas para sacar
as fotografías que ilustran este manual e puxeron a súa
experiencia ó servizo dos redactores do mesmo, explicando o
funcionamento das máquinas e os seus procedementos de traballo.
Índice
INTRODUCIÓN 7
1. MAQUINARIA 11
1.1. SERRA TRONZADORA 12
1.2. TRONZADORA DOBRE CABEZAL 14
1.3. SERRA DE CINTA 16
1.4. REFENDEDORA e RANURADORA 18
1.5. RETESTADORA 20
1.6. CENTRO DE MECANIZADO AUTOMÁTICO 22
1.7. FRESADORA-COPIADORA 24
1.8. TALADRADORA / TRADE 26
1.9. PRENSA 28
1.10. PUNZONADORA 30
1.11. TROQUELES 32
1.12. PLEGADORA 34
1.13. TRONZADORA MURAL 36
1.14. SOLDADORA DE PERFÍS 38
1.15. ENCOLADORA DE PERFÍS 40
1.16. ENSAMBLADORA DE PERFÍS 41
1.17. COLOCADORA E CORTADORA DE GOMA 42
1.18. CURVADORA 43
1.19. TORSIONADORA 44
1.20. LIXADORA 45
1.21. ESMERILADORA 46
1.22. AFIADORA 47
2. FERRAMENTAS PORTÁTILES 51
3. FERRAMENTAS MANUAIS 55
4. TRABALLOS DE SOLDADURA 59
4.1. SOLDADURA OXIACETILÉNICA E OXICORTE 59
4.2. SOLDADURA POR ARCO 63
5. ELEVACIÓN E TRANSPORTE 69
5.1. PONTE GRÚA 69
5.2. CARRETILLAS ELEVADORAS 71
6. BIBLIOGRAFÍA 77
7 Introdución
Introdución
Segundo datos do ministerio de traballo durante o ano 2012, un 4,33% dos accidentes laboráis
producíronse por operacións con máquinas e un 12,61% con ferramentas manuais con ou sen
motor. Polo tanto, sabemos que preto dun 17% do conxunto total de accidentes laboráis,
concretamente 69.205 sinistros de diferente consideración en todo o territorio español, foron
causados polo uso non axeitado de maquinaria e ferramenta.
Gráfico de accidentes de traballo segundo a actividade física específica que realizaba o traballador.
Realizado a partires dos datos do Ministerio de Traballo durante o ano 2012.
Á vista destes preocupantes datos, dende a Asociación de Empresas do Cerramento de Galicia
(AECALPO) decidimos incidir de maneira específica neste área, poñendo en marcha o
desenvolvemento, elaboración e divulgación dun Manual de Normas Básicas de Manexo de
Máquinas e Ferramentas Manuais no Sector do Cerramento. A súa finalidade é a de informar
e promover o correcto uso dos equipos de traballo entre os profesionais do sector, tendo
como obxectivo último fomentar a cultura preventiva a todos os niveis, conducíndonos á
mellora continua da prevención de riscos laboráis no ámbito da nosa actividade.
32,65
27,86
16,94
13,30
5,78 3,48Movemento
Manipulación de obxetos
Traballo con máquinaria e ferramenta
Transporte manual
Conducir/Ocupar un vehículo detransporte/carga
Outros / Non clasificados
8 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
O presente manual analiza tódalas máquinas e ferramentas de uso habitual no sector,
identificando os riscos derivados do seu manexo. En base a estes riscos prescríbense unha
serie de métodos de traballo, medidas preventivas e equipos de protección para que éstes
sexan eliminados ou reducidos.
Este manual concíbese como un documento de traballo polivalente e útil para todos axentes
que participan no sector. Por un lado, servirá ós departamentos de dirección, xerencia ou
administración como instrumento de información sobre os riscos derivados do uso de
máquinas e ferramentas, tanto á hora de informarse eles mesmos como para cumprir as súas
obrigas en materia de información ós traballadores. Por outra banda, o presente documento
elabórase coa pretensión de servir como ferramenta de consulta para o traballador, con
información de carácter práctico e intelixible, de maneira que lle permita tomar conciencia dos
riscos ós que se enfronta no seu traballo e, en consecuencia, aplique os métodos e as medidas
preventivas axeitadas.
1. Maquinaria
11 1. MAQUINARIA
1. MAQUINARIA
A continuación faise unha análise dos principais equipos de traballo empregados no sector do
cerramento, entendendo como tal tanto a fabricación e instalación de carpinterías metálicas
ou de PVC, como de persianas, portais e automatismos, defensas, sistema de fachada e todo
tipo de remates e elementos singulares que se incorporan na envolvente ou particións das
edificacións.
Xeneralidades Os operadores da maquinaria estarán formados e informados acerca do correcto
manexo da mesma, os riscos que supón o seu uso e as medidas preventivas a aplicar.
O deseño da máquina debe cumprir a normativa de equipos de traballo. Os seus mandos estarán concibidos de forma que non sexan accionados involuntariamente. Disporán dun dispositivo de parada de emerxencia.
O seu circuíto eléctrico estará conectado a terra e disporá dun interruptor diferencial conforme as especificacións da máquina.
Realizarase un mantemento preventivo de toda a maquinaria por parte de persoal cualificado.
Os traballadores deben comprobar o correcto estado da máquina e os seus elementos de protección antes de utilizala, comunicándolle ós seus superiores calquera alteración detectada.
En xeral, antes de calquera operación de mecanizado deberá verificarse a correcta posición das proteccións, en caso de que éstas non sexan automáticas, e a correcta suxeición da peza a transformar.
As operacións de comprobación, medición, e axuste das pezas realizaranse coa máquina parada.
Os equipos de traballo empregaranse unicamente nas operacións para as que foron deseñados, respectando os límites de uso e seguindo as recomendacións do fabricante.
É esencial manter a orde e a limpeza xeral do taller ou fábrica, especialmente nas zonas de traballo con maquinaria, que permanecerán libres de obstáculos, manchas de aceite, e outras fontes de perigo. Establecer adecuadamente zonas de almacenaxe de material, ferramentas, residuos, zonas de operación de maquinaria e vías de circulación para que non existan interferencias entre as distintas actividades. Evitar a acumulación de elementos combustibles nas proximidades.
Os traballadores deberán vestir roupa de traballo axeitada, evitando as prendas frouxas así como cadeas, pulseiras, garabatas ou outras prendas colgantes. Tampouco levarán pelo ou barba longa sen recoller. Empregarán os Equipos de Protección Individual necesarios para cada máquina.
12 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.1. SERRA TRONZADORA
Descrición A tronzadora é unha máquina de corte mediante a acción dun disco abrasivo. Emprégase para
o corte de barras e perfís a un ángulo determinado entre 45º á esquerda e á dereita do plano
normal de contacto do disco ca peza, permitindo o corte en bisel. Para efectuar o corte o
operario coloca a peza contra a guía-tope posterior e aproxima o disco á mesma accionando o
brazo destinado a tal efecto.
13 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Cortes e lesións por contacto coas partes activas da máquina.
- Proxección de fragmentos ou partículas.
- Cortes e queimaduras por manipulación de virutas.
- Contactos térmicos con material quentado pola rotación.
- Exposición ó ruído.
- Contacto eléctrico por masas postas accidentalmente en tensión.
Medidas preventivas
- Verificar a correcta suxeición da peza antes de comezar a operación. Empregar as
mordazas da máquina, nunca realizar a suxeición coas mans.
- Colocación de proteccións ou pantallas e, en caso necesario, uso de gafas.
- Deseño adecuado da máquina, de maneira que o disco non permaneza xirando se non
se están a accionar os órganos de movemento. Igualmente, disporá dun sistema de
bloqueo do disco en posición de reposo.
- Utilizar roupa de traballo axeitada (sen elementos que poidan favorecer o
atrapamento).
- Empregar protectores auditivos.
- Non se empregarán guantes, agás se son de goma ou perfectamente axustados.
- Utilizar sistemas automáticos de evacuación de virutas. En caso contrario, empregar
guantes de protección durante a súa manipulación.
14 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.2. TRONZADORA DOBRE CABEZAL
Descrición É unha máquina similar á tronzadora, salvo que consta de dous cabezais tamén orientables,
conseguindo cortar os dous extremos da peza nunha sola operación. Con isto conséguese
maior produtividade especialmente á hora de cortar a bispel os perfís da carpintería.
15 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Cortes e lesións por contacto coas partes activas da máquina.
- Proxección de fragmentos ou partículas.
- Cortes e queimaduras por manipulación de virutas.
- Contactos térmicos con material quentado pola rotación.
- Exposición ó ruído.
- Contacto eléctrico por masas postas accidentalmente en tensión.
Medidas preventivas
- Verificar a correcta suxeición da peza antes de comezar a operación. Empregar as
mordazas da máquina, nunca realizar a suxeición coas mans.
- Colocación de proteccións ou pantallas e, en caso necesario, uso de gafas.
- Deseño adecuado da máquina, de maneira que o disco non permaneza xirando se non
se están a accionar os órganos de movemento. Igualmente, disporá dun sistema de
bloqueo do disco en posición de reposo.
- Utilizar roupa de traballo axeitada (sen elementos que poidan favorecer o
atrapamento).
- Empregar protectores auditivos.
- Non se empregarán guantes, agás se son de goma ou perfectamente axustados.
- Utilizar sistemas automáticos de evacuación de virutas. En caso contrario, empregar
guantes de protección durante a súa manipulación.
16 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.3. SERRA DE CINTA
Descrición A serra de cinta componse dun bastidor cunha mesa de apoio para as pezas a cortar, éste
soporta á serra, composta por dous volantes coplanarios sobre os que se enrola unha folla sen
fin, chamada cinta. Un dos volantes recibe o impulso dun motor eléctrico e o outro é
arrastrado pola cinta. Consta, ademáis, de elementos de axuste e suxeición das pezas, así
como outros accesorios para apoio e guía das mesmas.
17 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Cortes e lesións por contacto coas partes activas da máquina.
- Proxección de fragmentos ou partículas.
- Cortes e queimaduras por manipulación de virutas.
- Contactos térmicos con material quentado pola rotación.
- Exposición ó ruído.
- Contacto eléctrico por masas postas accidentalmente en tensión.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina: carcasas de proteccións no recorrido da cinta deixando unicamente libre a zona
de corte, disposición de resgardos na zona de corte, que obriguen ao operario a afasta-las
mans da zona de operación. disposición de guías que eviten o seu descarrilamento, material da cinta adecuado ao material a cortar, correcta velocidade de xiro, dispositivos de seguridade, paradas de emerxencia, etc.
- Mantemento preventivo da máquina.
- As operacións de mantemento e regraxe da máquina serán levadas a cabo por persoal cualificado e autorizado, permanecendo a máquina apagada e desconectada.
- Comprobar regularmente o estado xeral da máquina, en particular, o estado dos elementos de protección e a tensión da folla.
- Verificar a correcta suxeición da peza antes de comezar a operación. Empregar elementos mecánicos da propia máquina para axuste e suxeición da peza.
- Uso de gafas de seguridade.
- Utilizar roupa de traballo axeitada (sen elementos que poidan favorecer o atrapamento).
- Empregar protectores auditivos.
- Non se empregarán guantes, agás se son de goma ou perfectamente axustados.
- Utilizar sistemas automáticos de evacuación de virutas. En caso contrario, empregar guantes de protección durante a súa manipulación.
18 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.4. REFENDEDORA e RANURADORA
Descrición Esta máquina é unha mesa de corte na que un disco, que sobresae a unha altura axustable
dende a parte inferior da mesma, produce o corte da peza cando ésta é desprazada
lonxitudinalmente ao longo da máquina.
19 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Cortes e lesións por contacto coas partes activas da máquina.
- Proxección de fragmentos ou partículas.
- Cortes e queimaduras por manipulación de virutas.
- Contactos térmicos con material quentado pola rotación.
- Exposición ó ruído.
- Contacto eléctrico por masas postas accidentalmente en tensión.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina, de maneira que o disco non permaneza xirando se non se están a accionar os órganos de movemento.
- Non acompañar o movemento da peza coas mans.
- Suxeitar a peza dende os laterais da mesa de apoio. Servirse das guías inferiores ou laterais.
- Colocación de proteccións ou pantallas e, en caso necesario, uso de gafas.
- Utilizar roupa de traballo axeitada (sen elementos que poidan favorecer o atrapamento).
- Empregar protectores auditivos.
- Non se empregarán guantes, agás se son de goma ou perfectamente axustados.
- Utilizar sistemas automáticos de evacuación de virutas. En caso contrario, empregar guantes de protección durante a súa manipulación.
20 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.5. RETESTADORA
Descrición Esta máquina componse dunha fresa formada por varios discos horizontáis superpostos, de
distintos tamaños, colocados de maneira que o seu perfil responda ao negativo da forma
desexada para a testa. Deste xeito, ó introducir o perfil coa testa cara os discos, conseguimos a
forma axeitada para facelo ensamblar noutro.
21 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Cortes e lesións por contacto coas partes activas da máquina.
- Proxección de fragmentos ou partículas.
- Cortes e queimaduras por manipulación de virutas.
- Contactos térmicos con material quentado pola rotación.
- Exposición ó ruído.
- Contacto eléctrico por masas postas accidentalmente en tensión.
- Golpes por caída de obxectos.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina.
- Debe dispoñer de carcasas que oculten a fresa.
- Utilizar as mordazas ou elementos mecánicos, en lugar de suxeita-las pezas coas mans.
- Uso de gafas ou pantallas de protección.
- Utilizar roupa de traballo axeitada (sen elementos que poidan favorecer o atrapamento).
- Empregar protectores auditivos.
- Botas de seguridade.
- Utilizar sistemas automáticos de evacuación de virutas. En caso contrario, empregar guantes de protección durante a súa manipulación.
- A substitución e axuste da peza, así como o mantemento da máquina, levarao a cabo persoal cualificado coa máquina desconectada.
22 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.6. CENTRO DE MECANIZADO AUTOMÁTICO
Descrición O centro de mecanizado é unha máquina altamente automatizada capaz de realizar múltiples
operacións de mecanizado mediante control numérico computarizado coa mínima
intervención humana. O sistema é capaz de mover, posicionar e axustar a peza a transformar,
así como as diferentes ferramentas de corte. Este sistema destaca pola súa velocidade de
produción, aínda que supón un alto custo de inversión.
23 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Dado que a intervención humana so se limita a introdución das pezas no tren de
procesado os riscos son mínimos.
- Non obstante, ó igual que en tódolos casos, as tarefas de mantemento implican a
intervención sobre partes activas da máquina, polo que se realizarán por persoal
autorizado e coa máquina apagada.
Medidas preventivas
- Correcto deseño da máquina en canto a dotación de sistemas de seguridade.
- Mantemento preventivo por persoal autorizado.
24 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.7. FRESADORA-COPIADORA
Descrición Unha fresadora-copiadora é unha máquina utilizada para realizar mecanizados por arranque
de viruta mediante movemento dunha ferramenta rotativa de varios fíos de corte denominada
fresa. É unha máquina moi empregada nas carpinterías de aluminio. Utilízase nos perfís e
barras de aluminio, para dar forma ós ocos onde se aloxarán as pechaduras e todo tipo de
mecanizado das pezas.
25 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Proxección de partículas e fragmentos, que ademais poden estar quentes.
- Contactos térmicos con material quentado pola rotación.
- Contactos eléctricos con masas postas accidentalmente baixo tensión.
- Cortes, feridas e outras lesións por posta en marcha involuntaria da máquina.
- Cortes, feridas e lesións por contacto con partes activas da máquina.
- Enfermidades profesionais por exposición a ruído.
Medidas preventivas
- Colocación de proteccións ou pantallas que eviten o contacto con partes activas e a
proxección de partículas.
- Uso de gafas de protección se non existen outras proteccións contra as proxeccións.
- Sempre que sexa posible, empregaranse sistemas de evacuación ou aspiración da
viruta. En caso contrario manipularase este residuo con axuda de útiles manuais
como cepillos ou brochas e vestindo guantes de seguridade (unicamente durante esta
operación).
- Utilización de protectores auditivos.
- Roupa de traballo axeitada. Evitar prendas frouxas que poidan ser atrapadas pola
máquina.
- Evitar a acumulación de elementos combustibles nas proximidades.
26 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.8. TALADRADORA / TRADE
Descrición Máquina empregada para realizar perforacións nas pezas mediante rotación e avance da
broca. Mediante a taladradora de columna asegúrase a correcta suxeición da peza, ademais de
que o esforzo a hora de perforar é menor que con equipos portátiles.
27 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Proxección de partículas e fragmentos, que ademais poden estar quentes.
- Pequenos cortes e queimaduras por manipulación de virutas.
- Perforacións e feridas por contacto con partes activas do aparello.
- Contacto eléctrico por masas postas accidentalmente en tensión.
- Sobreesforzos derivados da manipulación de pezas pesadas ou de difícil manexo.
Medidas preventivas
- Colocación de proteccións ou pantallas.
- Uso de gafas de protección.
- Utilización de sistemas automáticos para a evacuación de virutas. Guantes de
protección durante a manipulación de virutas.
- Verificar a correcta suxeición da peza antes de comezar a operación. A correcta
posición e bloqueo das partes móbiles do equipo. E o correcto axuste e limpeza da
broca, cabezal, etc.
- As tarefas de comprobación e axuste realizaranse coa máquina parada.
- Nunca utilizar as mans como elemento de suxeición. Empregar elementos mecánicos.
- Orde e limpeza: retirar toda ferramenta e material auxiliar non necesario da zona de
traballo. Colocar os elementos indispensables nas proximidades, de xeito que non
sexa necesario achegar o corpo á zona de acción da máquina.
- Uso de roupa de traballo axeitada. Evitar prendas frouxas.
- Mantemento preventivo da máquina. Comunicarase calquera anomalía detectada,
que será reparada por persoal cualificado.
- Evitar a acumulación de elementos combustibles nas proximidades.
28 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.9. PRENSA
Descrición As prensas utilízanse principalmente para perforar barras e perfís. Esta máquina consta dun
bastidor, unha mesa fixa e unha corredera que se despraza verticalmente. Sobre a mesa
colócase unha matriz e sobre a corredera colócase un punzón que, xeralmente por acción
hidráulica, perfora a peza.
29 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Lesións por contacto con partes activas da maquina.
- Golpes por obxectos que caen da mesa de traballo ou son proxectados pola máquina.
- Contacto eléctrico accidental
Medidas preventivas
- Utilizar proteccións nos elementos móviles da máquina.
- Colocar resgardos de encravamento, detectores de presenza, etc.
- Utilizar dobres mandos de seguridade e dispositivos antirrepetición.
- Suxeitar convenientemente as pezas.
- Uso de calzado de seguridade e gafas de protección.
- Vestir roupa axustada.
- Empregar gafas de protección.
- Revisión e mantemento preventivo dos equipos.
- As operacións de mantemento, substitución e axuste de aparellos realizaranse coa
máquina parada.
30 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.10. PUNZONADORA
Descrición As puzonadoras polo xeral compóñense dunha prensa equipada cun punzón e unha matriz que
se emprega para perforar as pezas. A mesma máquina pode empregarse para corte e
estampado montando diferentes aparellos segundo a configuración desexada.
31 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Cortes ou lesións por contacto por accionaren involuntariamente a máquina.
- Cortes ous lesións por aproximación ou intervención no punto de operación
- Cortes e golpes por caída das pezas durante a súa manipulación.
- Contacto eléctrico accidental.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina, de forma que se impida o contacto coas partes activas
da máquina.
- Colocación de resgardos de encravamento e detectores de presenza.
- Dobres mandos de seguridade e dispositivo antirrepetición.
- Suxeitar a peza correctamente, empregando axudas mecánicas.
- Vestir roupa axustada.
- Calzado de seguridade.
- Revisión e mantemento preventivo dos equipos.
32 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.11. TROQUELES
Descrición O funcionamento dos troqueles ou máquinas troqueladoras é moi similar ao da punzonadora,
salvo que en lugar dun punzón vai equipado cun troquel que realiza a perforación, corte ou
entalladura na peza, segundo a forma e dimensións do propio troquel e da matriz.
33 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Cortes ou lesións por contacto por accionaren involuntariamente a máquina.
- Cortes ous lesións por aproximación ou intervención no punto de operación.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina, de forma que se impida o contacto coas partes activas
da máquina.
- Colocación de resgardos de encravamento e detectores de presenza.
- Vestir roupa axustada.
- Revisión e mantemento preventivo dos equipos.
34 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.12. PLEGADORA
Descrición As plegadoras son máquinas empregadas para o traballo en frío de materiais en follas,
xeralmente chapas de entre 0,5 e 20mm. Poden ser manuais ou, máis comunmente,
automáticas, baseando o seu funcionamento no dunha prensa hidráulica.
35 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Cortes, atrapamentos e lesións por accionamento intempestivo da máquina.
- Cortes, atrapamentos e lesións por intervención manual e aproximación ó punto de
operación.
- Golpes por caída das pezas durante a súa manipulación.
- Cortes coas pezas a mecanizar.
- Contacto eléctrico accidental.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina, de forma que se impida o contacto coas partes activas
da máquina.
- Colocar resgardos de encravamento ou detectores de presenza.
- Dobres mandos de seguridade e dispositivo antirrepetición.
- Verificar o correcto amarre da peza.
- Vestir roupa axustada.
- Calzado de seguridade.
- Revisión e mantemento preventivo dos equipos.
36 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.13. TRONZADORA MURAL
Descrición A tronzadora mural é unha máquina empregada no corte de chapas e paneis de ata 1cm de
espesor. Consta dun disco montado nun sistema de guías verticáis e horizontáis que posibilitan
o seu desprazamento ó largo e ancho de toda a superficie de traballo. O disco pódese orientar
en vertical ou horizontal, permitindo o corte en ámbalas direccións.
37 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Cortes e lesións por contacto coas partes activas da máquina.
- Proxección de fragmentos ou partículas.
- Cortes e queimaduras por manipulación de virutas.
- Contactos térmicos con material quentado pola rotación.
- Exposición ó ruído.
- Contacto eléctrico por masas postas accidentalmente en tensión.
Medidas preventivas
- Correcto deseño da máquina: apoio antideslizante das pezas, carcasas de protección
do disco, sistema de extracción para evacuación de partículas, parada de emerxencia,
etc.
- Empregar gafas de seguridade ou pantallas de protección.
- Empregar protectores auditivos.
- Utilizar roupa de traballo axeitada (sen elementos que poidan favorecer o
atrapamento).
- Non se empregarán guantes, agás se son de goma ou perfectamente axustados.
- Utilizar sistemas automáticos de evacuación de virutas. En caso contrario, empregar
guantes de protección durante a súa manipulación.
38 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.14. SOLDADORA DE PERFÍS
Descrición A soldadora de perfís é unha máquina específica para PVC que permite unir solidariamente
dous perfís previamente ingletados mediante calor e presión de ambas testas. O traballador
posiciona os dous perfís enfrontados contra unha placa metálica intermedia, despóis acciona
as mordazas de suxeición e retira as mans para premer o dobre mando de accionamento.
Entón, a placa quenta fortemente as testas das pezas, para logo descender e permitir á
maquina premer ambas testas entre sí. Despóis outra máquina repasa a soldadura eliminando
o exceso de plástico fundido na xunta.
39 1. MAQUINARIA
Riscos específicos
- Contactos térmicos con partes quentes da máquina.
- Contactos eléctricos con masas postas accidentalmente baixo tensión.
- Atrapamento entre as partes móbiles da máquina.
- Golpes por caída accidental das pezas.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina.
- Colocación de proteccións ou resgardos que eviten o contaco coa máquina.
- Suxeición mecánica das pezas.
- Roupa de traballo axeitada. Evitar prendas frouxas que poidan ser atrapadas pola
máquina.
- Mantemento preventivo a cargo de persoal autorizado.
40 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.15. ENCOLADORA DE PERFÍS
Descrición
Esta máquina serve para aplicar selador nas unións de perfís de aluminio antes do seu
ensamblaxe mediante escuadras. A utilización da máquina contribúe a un selado de calidade e
maior estética.
Riscos específicos
- Atrapamento entre as partes móbiles da máquina.
- Golpes por caída accidental das pezas.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina. Carcasas de protección.
- Suxeición mecánica das pezas.
- Roupa de traballo axeitada. Evitar prendas frouxas que poidan
ser atrapadas pola máquina.
- Calzado de seguridade.
- Mantemento preventivo do equipo.
41 1. MAQUINARIA
1.16. ENSAMBLADORA DE PERFÍS
Descrición A ensambaldora de perfís é outra máquina automática de uso específico. Introducindo polo
tren de entrada os perfís realiza os movementos e acanaladuras necesarias para que queden
ensamblados.
Riscos específicos
- Dado que a intervención humana so se limita a introdución das pezas na tren de
procesado os riscos son mínimos.
- Non obstante, como xa se mencionou, as tarefas de mantemento implican a
intervención sobre partes activas da máquina, polo que serán realizadas por persoal
autorizado, coa máquina apagada.
Medidas preventivas
- Correcto deseño da máquina en canto a
dotación de sistemas de seguridade.
- Mantemento preventivo por persoal
autorizado.
42 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.17. COLOCADORA E CORTADORA DE GOMA
Descrición Esta máquina está deseñada específicamente para a colocación das gomas perimetrales das
follas de carpinterías. Consta dunha alimentación de bobinas de goma que se van introducindo
no perfil grazas a acción duns rolos de arrastre. Outra máquina realiza o corte nos extremos.
Riscos específicos
- Atrapamento entre as partes móbiles da máquina.
- Golpes por caída accidental das pezas.
- Contactos eléctricos con masas postas accidentalmente baixo tensión.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina. Carcasas de protección.
- Suxeición mecánica das pezas.
- Roupa de traballo axeitada. Evitar prendas frouxas que poidan
ser atrapadas pola máquina.
- Calzado de seguridade.
- Mantemento preventivo do equipo.
43 1. MAQUINARIA
1.18. CURVADORA
Descrición
A curvadora de rolos é unha máquina empregada para curvar platinas, barras ou perfís. Ten
como elementos de traballo básicos tres rolos, dous inferiores e un superior. Os inferiores
arrastran a peza facéndoa pasar entre os tres elementos. A variación en altura dos rolos
confírelle á peza o radio de curvatura desexado. Existen tamén curvadoras de cilindros para
chapa metálica de ata 20mm. Ademais doutros tipos de máquinas curvadoras, como pode ser
a curvadora de brazo xiratorio, sendo máis precisa ca anterior.
Riscos específicos
- Aplastamento das mans por atrapamento entre os rodillos.
- Cortes e golpes por caída das pezas durante a súa manipulación.
- Contacto eléctrico accidental.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina, de forma que se impida o contacto coas partes activas
da máquina: colocación de proteccións que impidadan a introducción das mans no
punto de operación, ao acompañar ou modificar a posición das pezas; dobres mandos
de seguridade e dispositivo antirrepetición, parada de emerxencia, etc.
- Suxeitar a peza correctamente, empregando axudas mecánicas en caso necesario.
- Vestir roupa axustada e calzado de seguridade.
- Revisión e mantemento preventivo dos equipos.
44 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.19. TORSIONADORA
Descrición É unha máquina empregada para realizar formas especiais en barras. Comunmente emprégase
para a elaboración de barrotes de barandillas e outros elementos decorativos.
Riscos específicos
- Contacto térmico con partes quentes da máquina ou das pezas.
- Atrapamento con partes móbiles.
- Proxección de partículas ou fragmentos.
- Golpes por caída de pezas.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina.
- Verificar o seu correcto estado de mantemento.
- Suxeición das pezas por medios mecánicos.
- Vestir roupa axustada.
- Calzado de seguridade.
- Uso de gafas de protección.
- Uso de luvas de protección.
45 1. MAQUINARIA
1.20. LIXADORA
Descrición Utilízase para lixar e desbastar as pezas. Está equipada cunha lixa xiratoria que se enrola entre
dous cilindros, xirando de maneira continua mentres se está a accionar a máquina. Consta de
varios órganos de axuste para orientación da superficie abrasiva e colocación da peza.
Riscos específicos
- Contacto coas partes activas da máquina.
- Atrapamento entre a lixa e as partes fixas.
- Proxección de partículas.
- Golpes por caída de pezas.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina.
- Verificar o seu correcto estado de mantemento.
- Vestir roupa axustada.
- Calzado de seguridade.
- Uso de gafas de protección.
46 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
1.21. ESMERILADORA
Descrición Utilízase principalmente para o afiado das
ferramentas de traballo, ademais de para
pulir, lixar ou desbastar pezas metálicas.
Riscos específicos
- Contacto coas partes activas da máquina.
- Atrapamento entre a lixa e as partes fixas.
- Proxección de partículas.
- Golpes por caída de pezas.
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina.
- Colocación de pantallas que protexan fronte a proxeccións.
- Verificar que a velocidade, calidade e suxeición da moa son correctas.
- Vestir roupa axustada.
- Calzado de seguridade.
- Uso de gafas de protección.
- Protectores auditivos.
- Protección respiratoria.
- Revisión e mantemento preventivo dos equipos.
47 1. MAQUINARIA
1.22. AFIADORA
Descrición Emprégase para afiar todo tipo ferramentas utilizadas na
produción de carpinterías. A súa configuración é variable,
dependendo da cantidade de elementos que permita afiar. En
esencia trátase dun conxunto de moas abrasivas xunto a
diversos elementos de apoio e suxeición.
Riscos específicos
- Contacto coas partes activas da máquina.
- Proxección de partículas.
- Golpes por caída de pezas.
- Contactos térmicos e eléctricos.
- Inhalación de po.
- Exposición a ruídos e vibracións
Medidas preventivas
- Deseño adecuado da máquina: interrupción do funcionamento ó soltar o pulsador,
parada de emerxencia, parada de emerxencia, pantallas de protección, sistema de
extracción de po, etc.
- Escoller o tipo de moa axeitado para a peza a afiar.
- Vestir roupa axustada e calzado de seguridade.
- Uso de gafas de protección e protectores auditivos.
- Protección respiratoria.
- Revisión e mantemento preventivo dos equipos. Como en tódolos casos, coa máquina
desconectada.
2. Ferramentas portátiles
51 2. FERRAMENTAS PORTÁTILES
2. FERRAMENTAS PORTÁTILES
No sector do cerramento é moi común o uso de ferramentas portátiles tanto eléctricas como
pneumáticas, debido á diversidade de tarefas a realizar e a versatilidade destes equipos. Aínda
que a priori poida parecer que os riscos aos que se somete o traballador son menores que no
caso a maquinaria fixa, a realidade e que o uso de ferramentas portátiles é orixe dun gran
número de accidentes con baixa laboral.
Riscos xerais Os principais riscos asociados á utilización de ferramentas manuais a motor son os seguintes:
- Contacto eléctrico directo ou indirecto.
- Cortes, golpes, queimaduras ou lesións nas mans ou noutras partes do corpo
ocasionadas por contacto con partes activas da máquina.
- Lesións oculares por proxección de partículas.
- Golpes producidos por despido violento da ferramenta ou do material co que se está a
traballar.
- Sobreesforzos. Fatiga e lesións musculares.
- Traumatismos por movementos repetitivos.
Medidas preventivas Antes do seu uso:
- Lectura e comprensión do manual de instrucións, que deberá estar a disposición dos
traballadores.
- Selección da ferramenta máis adecuada ao traballo a realizar.
- Comprobación do estado da ferramenta. Especialmente o estado das conexións
eléctricas, así como das proteccións ou resgardos.
- Nas ferramentas accionadas por aire comprimido, revisar o estado das mangueiras e a
presión da instalación.
- No seu caso, revisar o estado dos útiles de corte e cambialos se fose necesario.
52 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
Medidas preventivas (continuación)
Durante o seu uso:
- Seguir as indicacións do manual de instrucións.
- Evitar cables tendidos polas zonas de paso.
- Comprobar que non existen alteracións nos resgardos e elementos de protección do
equipo.
- Evitar o uso de prendas folgadas, pulseiras, ou outros elementos que poidan atrapar ó
traballador.
- As ferramentas xeradoras de po, empregaranse en vía húmida ou en zonas ben
ventiladas.
- Empregar os EPIs axeitados segundo a tarefa a realizar: gafas ou pantallas en caso de
risco de proxección de partículas, guantes para evitar golpes ou cortes, calzado de
seguridade fronte ao risco de caída de materiais ou ferramentas, protección auditiva
en ambientes ruidosos, protección das vías respiratorias, etc.
- Non utilizar ferramentas eléctricas en ambientes húmidos, salvo que foran deseñadas
para tal fin: alimentadas a tensión inferior a 24V ou dobre aislamento.
- Evitar posturas forzadas.
- Son de vital importancia a orde e a limpeza, mantendo as zonas de traballo libres de
obstáculos e de sustancias escorregadiza.
Despois do seu uso:
- Deben almacenarse en lugares axeitados, desconectadas e colocando proteccións nos
seus elementos cortantes ou punzantes.
- No caso de ferramentas pneumáticas, purgar a instalación antes de desconectar a
ferramenta.
- Mantemento e limpeza da máquina, con ela desconectada e totalmente detida.
- En caso de ferramentas averiadas, colocar carteles de tipo “máquina averiada” ou
“fora de servizo” e notificalo ao responsable de mantemento.
3. Ferramentas manuais
55 3. FERRAMENTAS MANUAIS
3. FERRAMENTAS MANUAIS
A continuación recóllense as normas de seguridade para a utilización do conxunto de
ferramentas manuais, entendendo como tal aquelas que unicamente requiren para a súa
acción, a forza motriz humana.
Normas xerais de seguridade:
- Empregar ferramentas manuais só para os seus fins específicos.
- Escoller ferramentas con deseño ergonómico.
- Inspeccionalas periodicamente. As ferramentas defectuosas deberán ser retiradas.
- Non levar ferramentas nos bolsillos. Empregar cinto porta-ferramentas ou caixa.
- Cando non se utilicen, deixaranse en lugares onde non causen accidentes,
preferiblemente nunha zona destinada ó seu almacenaxe.
- Evitar posturas forzadas, sobre todo por tempo prolongado.
- Sempre que sexa posible, realizar o traballo sobre bancos deseñados a tal efecto. Se
non é posible mover a peza, tratarase de crear unha plataforma de traballo estable e
segura, que permita alcanza a altura desexada e traballar con comodidade.
- No posible, alternar actividades evitando os movementos repetitivos.
4. Soldadura
59 4. TRABALLOS DE SOLDADURA
4. TRABALLOS DE SOLDADURA
Descrición Soldar é a operación de unir, por diversos procesos, pezas metálicas a base de transformar as
superficies de unión en estado plástico ou líquido, utilizando calor, presión ou ambos sistemas
ao mesmo tempo. Existen moitos tipos de soldadura, os máis habituais son a soldadura
oxiacetilénica e a soldadura por arco eléctrico, en todas as súas variantes.
4.1. SOLDADURA OXIACETILÉNICA E OXICORTE
A soldadura oxiacetilénica ou oxigás
aliméntase con oxíxeno e un gas
combustible (acetileno, hidróxeno, metano
ou outros), mesturándose ambos gases
antes de que se produza a combustión na
propia boquilla do soprete. O calor funde
as superficies metálicas das pezas a soldar
producíndose a unión das mesmas. Poden
empregarse fundentes químicos para
protexer a soldadura da oxidación e
facilitar a unión. Mediante un sistema
parecido, é posible realizar operacións de
corte con gas, chamado oxicorte.
60 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
Riscos específicos:
- Incendio ou explosión.
- Queimaduras.
- Proxección de partículas.
- Exposición a radiacións.
- Exposición a gases e fumes de soldadura.
- Golpes durante a manipulación das pezas ou os equipos.
Medidas preventivas
Xerais
- Verificar que non hai elementos combustibles nas proximidades.
- Verificar o correcto estado de mantemento dos equipos, en particular das mangueiras,
da válvula antirretorno e dos manorreductores. A detección poderá realizarse con
auga xabonosa, nunca con chama.
- Toda instalación de soldadura oxiacetilénica debe estar equipada con dispositivos de
seguridade que eviten o retorno de oxíxeno ás canalizacións.
- Evitar que as chispas caian sobre as botellas, mangueiras ou líquidos inflamables.
- Cando se detecte o quentamento das botellas deberán cerrarse as billas e arrefriar as
botellas con auga.
- Se se incendia unha billa tratarase de cerrala e, se non se consegue, apagarase con
extintor de neve carbónica ou po.
- Dispoñer de extintores nas proximidades.
No uso de botellas
- As botellas deben almacenarse separadas entre sí. Tampouco deben almacenarse
botellas cheas xunto ás valeiras. Deben estar perfectamente identificadas, suxeitas a
bastidores ou carros, a resgardo de contactos eléctricos, separadas de fontes de calor
e protexidas dos raios do sol.
- Antes de transportar as botellas, hai que asegurarse de que a billa está cerrada e a
carapucha de protección colocada.
61 4. TRABALLOS DE SOLDADURA
- Para o manexo e transporte de botellas empregaranse carros ou soportes axeitados
para tal fin. Non se levantará ningunha botella, chea ou valeira, asíndoa pola billa.
- As botellas en servizo deben manterse en posición vertical. As botellas de actileno
cheas, deberán manterse necesariamente en posición vertical, polo menos 12 horas
antes de seren empregadas. Cando sexa necesario deitalas, coidarase que a billa quede
có orificio de saída cara arriba, e nunca a menos de 50cm de chan.
- As distancia das botellas ao lugar de traballo deberá estar entre 5 e 10m.
- Antes de empezar unha botella, debe comprobarse que o manómetro marca cero coa
billa pechada. Non se debe consumir as botellas por completo, debe conservarse
sempre unha lixeira sobrepresión na mesma.
- As billas das botellas deben cerrarse despóis de cada sesión de traballo. Tras cerrar a
billa, descargarase o manorreductor, as mangueiras e o soprete.
No uso do soprete
- Deberá coidarse a limpeza das boquillas do soplete. Unha boquilla sucia pode producir
perigosos retornos da chama.
- Utilizar a presión de gas indicada polo fabricante.
- Para acender o soprete abrirase primeiro, lixeiramente, a válvula de oxíxeno e despois
a de acetileno en maior proporción. A continuación acéndese a mestura e regúlase a
chama ata obter o dardo correcto.
- Para acender o soprete debe utilizarse un acendedor de chispa, nunca mediante unha
chama.
- Para apagar o soprete hai que cerrar primeiro a válvula de acetileno e a continuación a
de oxíxeno.
- Non se debe colgar o soprete das botellas, aínda que estea apagado.
No uso das mangueiras
- As mangueiras deben estar en perfectas condicións de uso e solidamente fixas ás
roscas de empalme.
- As mangueiras non deben atravesar vías de tránsito, sen estaren debidamente
protexidas con apoios de paso resistentes á compresión.
62 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
- Para impedir o deterioro das mangueiras, evitarase o seu contacto con superficies
quentes, charcos, productos químicos, bordes afiados, etc.
- Cando as mangueiras opoñan resistencia ao seu manexo non se tirará delas.
Fronte a exposición a fumes e gases de soldadura
- Sempre que sexa posible traballarase en zonas ou recintos especialmente preparados,
dotados de sistemas de ventilación xeral e extracción localizada, suficientes para
eliminar o risco.
- É preferible que os traballos de soldadura se realicen en lugares fixos. Se o tamaño das
pezas a soldar o permite cómpre dispoñer de mesas especiais dotadas de extracción
localizada central. Cando é preciso desprazarse debido ao tamaño das pezas deben
utilizarse sistemas de aspiración desprazable.
- Se non é posible a ventilación do local será necesario utilizar equipo de protección
respiratoria con filtro axeitado.
Fronte ás radiacións, proxeccións, queimaduras ou golpes
- Protección ocular e facial fronte as radiacións.
- Mandil e polainas de coiro.
- Luvas de protección.
- Calzado de seguridade.
- É importante que a roupa de traballo non conteña sustancias inflamables, coma
manchas de graxa ou disolventes. Tampouco debe estar húmida.
- Evitar posturas forzadas ou inseguras.
63 4. TRABALLOS DE SOLDADURA
4.2. SOLDADURA POR ARCO
Existen diversos tipos de soldaduras por arco eléctrico: soldadura eléctrica manual (MMA), as
soldaduras semiautomáticas ou de fío MAG e MIG -Metal Gas Activo e Metal Gas Inerte,
respectivamente-, a variante TIG (Tugsteno Gas Inerte), a soldadura por arco de plasma ou a
soldadura por arco sumerxido. Todas elas baseadas na formación dun arco eléctrico entre a
peza a soldar (masa) e o electrodo ou pinza, causado pola diferenza de potencial entre ambos,
o cal se logra mediante corrente alterna ou continua. A descarga eléctrica provocada vai
acompañada dun desprendemento de calor que une os metais por fusión, con ou sen aporte
de material.
64 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
Riscos específicos:
- Contacto eléctrico directo.
- Contacto eléctrico indirecto.
- Proxección de partículas.
- Queimaduras.
- Explosión e incendio.
- Exposición a radiación ultravioleta e luminosas.
- Exposición a gases e fumes de soldadura.
- Golpes durante a manipulación das pezas ou os equipos.
Medidas preventivas Xerais
- Verificar que non hai elementos combustibles nas proximidades.
- Dispoñer de extintores nas proximidades.
- Antes de ser trasladados ou transportados, así como durante as operacións de
mantemento, os equipos de soldadura deben desconectarse da rede eléctrica.
- Disporán de sistemas de protección que limiten a tensión.
- As masas de cada aparato de soldadura estarán postas a terra, así como os condutores
do circuíto de utilización para soldadura.
- O cable de terra deberá conectarse o máis cerca posible da peza na que se traballa.
- Os cables de alimentación deben ter a sección adecuada para non dar lugar a
sobrequentamentos. Os bornes de conexión e o enchufe deben de estar illados.
- As superficies exteriores, carcasas e cables estarán perfectamente illadas.
- O soldador revisará o equipo antes de cada xornada.
- As labores de mantemento faranse coa máquina desconectada da rede eléctrica.
- Evitar que os cables descansen sobre obxectos quentes, charcos, bordes afiados ou
calquera outro lugar que puidera prexudicar ó illamento.
- O soldador non deberá levar aneis nin pulseiras metálicas.
- Usará roupa de traballo axeitada.
65 4. TRABALLOS DE SOLDADURA
Fronte ás radiacións, proxeccións, queimaduras ou golpes
- Protección ocular e facial segundo o tipo de raiacións.
- É conveniente comprobar que a pantalla ou careta non ten fendas e que o cristal é o
axeitado.
- Para picar escoria ou cepillar soldadura, protexeranse os ollos con gafas de seguridade
ou pantalla transparente.
- Utilizaranse mamparas de separación, ou outros elementos para protexer ao resto de
operarios.
- Mandil e polainas de coiro.
- Luvas de protección.
- Calzado de seguridade.
- É importante que a roupa de traballo no conteña sustancias inflamables, coma
manchas de graxa ou disolventes. Tampouco debe estar húmida.
- Evitar posturas forzadas ou inseguras.
Fronte a exposición a fumes e gases de soldadura
- Sempre que sexa posible traballarase en zonas ou recintos especialmente preparados,
dotados de sistemas de ventilación xeral e extracción localizada suficientes para
eliminar o risco.
- É preferible que os traballos de soldadura se realicen en lugares fixos. Se o tamaño das
pezas a soldar o permite, cómpre dispoñer de mesas especiais dotadas de extracción
localizada central. Cando é preciso desprazarse debido ao tamaño das pezas, deben
utilizarse sistemas de aspiración desprazable.
- Se non é posible a ventilación do local será necesario utilizar equipo de protección
respiratoria con filtro axeitado.
- A presenza de disolventes e desengraxantes sobre as pezas a soldar poder dar lugar a
que se orixinen gases asfixantes ou altamente tóxicos. Por esta razón convén lavar as
pezas con auga quente ou vapor, antes de soldalas.
5. Elevación e transporte
69 5. ELEVACIÓN E TRANSPORTE
5. ELEVACIÓN E TRANSPORTE
Por último analizamos dúas máquinas de elevación e transporte de cargas que, se ben non son
específicas do sector do cerramento, forman parte dos equipos presentes en moitos talleres,
así como en almacenes de actividades afíns. O seu manexo é aparentemente sinxelo e resulta
familiar, é por iso que moitas veces empréganse por persoal non capacitado, incluso en
operacións para as que non esta concibido. Estes comportamentos deben erradicarse.
5.1. PONTE GRÚA
Descrición A ponte-grúa é unha máquina que consta dunha ou dúas vigas móbiles apoiadas ou
suspendidas, sobre as que se despraza o carro cos mecanismos elevadores do guindastre.
Aínda que o seu uso non é específico do sector do cerramento, é relativamente frecuente
atopalo nos centros de produción polo que cómpre analizar os riscos e as medidas preventivas
a tomar para este equipo.
70 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
Riscos específicos - Arrastre ou atrapamento pola carga ou pola propia máquina.
- Impacto pola carga ou pola propia máquina.
- Pérdida de estabilidade da carga ou dalgún dos elementos da máquina.
- Contactos eléctricos directos ou indirectos
- Posturas forzadas
- Sobreesforzos
Medidas preventivas
- O guindastre disporá de todos os dispositivos de seguridade requiridos segundo avaliación
de riscos específica: limitador de altura de elevación, limitador de carga, limitador de
afrouxamento do cable, sinal acústica, paro de emerxencia, etc.
- Os accesorios de elevación: eslingas, cadeas, cables, etc; deben posuír a mesma
seguridade que o resto de compoñentes do guindastre.
- Debe seleccionarse o accesorio máis axeitado segundo o peso e a forma da carga. Evitar
tensións innecesarias de eslingas ou cables traballando con ángulos entre 45º e 60º.
- A instalación, montaxe e mantemento da máquina farase exclusivamente por persoal
cualificado e autorizado, baseándose estritamente nas instrucións do fabricante.
- O operador estará correctamente formado para desempeñar o seu traballo.
- Durante a elevación, tensar o cable e elevar uns centímetros. Realizar a subida e a baixada
de material de forma lenta e gradual.
- Asegurarse de que a zona de paso está ben delimitada, libre de obstáculos e
correctametne iluminada.
- Verificar que non existe persoal na zona perigosa.
- Trasladar o gancho a altura que non poida alcanzar a traballadores.
- Acompañar a carga para ter maior visibilidade e control. Non dirixila coas mans.
- Non se empregarán os dispositivos de seguridade como elementos habituais de traballo.
- Utilizar casco e calzado de seguridade mentres se utiliza o equipo.
71 5. ELEVACIÓN E TRANSPORTE
5.2. CARRETILLAS ELEVADORAS
Descrición Unha carretilla elevadora é unha máquina que mediante unhas horquillas é capaz de cargar,
trasportar, elevar e desplazar cargas. Poden ter motor eléctrico ou térmico e a súa
configuración exterior adopta diversas formas. O seu manexo é habitual en todo tipo de
instalacións industriais e almacéns.
72 Normas básicas no manexo de máquinas e ferramentas manuais no sector do cerramento
Riscos específicos - Atrapamento do operador ou persoal próximo, baixo a máquina.
- Atropelos.
- Golpes diversos do operador e persoal.
- Rotura ou caída de materiais transportados.
- Choques contra obxectos inmóbiles.
- Incendio, explosión.
- Intoxicación por gases de combustión.
- Lesións músculo-esqueléticas derivadas da falta de ergonomía.
Medidas preventivas - O operador da carretilla debe ter a formación específica e a capacitación necesaria.
- A máquina cumprirá as condicións de deseño segundo normativa e estará en correcto
estado de uso e mantemento.
- Revisarase diariamente o estado dos pneumáticos, freos, circuíto hidráulico, iluminación,
sinais, etc.
- Utilizar o cinto de seguridade e manter o corpo dentro da cabina.
- Utilizar a carretilla única e exclusivamente para os traballos para os que foi deseñada.
- Polo xeral, circularase co mástil inclinado cara atrás e as uñas a 15cm do chan. Reducirase
a velocidade nos xiros e curvas.
- Está prohibido o uso de carretilla para elevar persoas.
- Non circular nunca a máis de 10Km/h
- É importante delimitar vías de circulación para carretillas, diferenciados dos de persoal.
- Non sobrepasar os límites de carga.
- Comprobar que non existen grandes irregularidades nas vías de circulación.
- Iluminar as vías de circulación adecuadamente.
73 5. ELEVACIÓN E TRANSPORTE
Medidas preventivas (continuación)
- Se a carga impide a visibilidade, cicularase marcha atrás extremando as precaucións.
- En ambientes con risco de explosión utilizar carretillas antiexplosivas ou con dispositivo de
retención de chispas.
- Non traballar en recintos mal ventilados con carretillas de motor térmico.
- Verificar que non existen focos de ignición nas proximidades.
- Roupa de traballo axeitada, non utilizar pulseiras, reloxos ou outros elementos metálicos
durante o cambio de baterías.
75
6. Bibliografía
77 6. BIBLIOGRAFÍA
6. BIBLIOGRAFÍA
- REAL DECRETO 1215/1997, de 18 de julio polo que se estabrecen as disposicións mínimas
de sguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo. BOE
nº 188 07-08-1997.
- Guía Técnica do INSHT para a avaliación e prevención de riscos relativos á utilización de
equipos de traballo.
- REAL DECRETO 486/1997, de 14 de abril, polo que se estabrecen as disposicións mínimas
de seguridade e saúde nos lugares de traballo. BOE nº 97 23-04-1997
- REAL DECRETO 773/1997, 30 de mayo, sobre disposiciós mínimas de seguridade e saúde
relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual. BOE nº 140
12-06-1997
- Notas Técnicas de Prevención do INSHT:
- NTP 92: Serra de cinta.
- NTP 131 Cilindros curvadores de chapa.
- NTP 133 Tronzadora - Ingletadora
- NTP 149 Plegadora de chapa.
- NTP 153 Cizalla de guillotina para metal.
- NTP 256 Prensas verticales.
- NTP 494 Soldadura eléctrica por arco
- NTP 495 Soldadura oxiacetilénica.
- NTP 631 Riscos na utilización de quipos e ferramentas portátiles, accionados
por aire comprimido.
- NTP 736, 737 y 738 Grúas tipo ponte.
- Los riesgos de la soldadura y su prevención, de Manuel Bernaola Alonso, Centro Nacional
de Nuevas Tecnologías.
Normas básicas no manexo de máquinas e
ferramentas manuais no sector do cerramento
Realizado por:
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado por: