Non perdas a palabra 2013

54
1

description

Non perdas a palabra 2013

Transcript of Non perdas a palabra 2013

Page 1: Non perdas a palabra 2013

1

Page 2: Non perdas a palabra 2013

2

Page 3: Non perdas a palabra 2013

VII Concurso de relatos curto e poemas “Non perdas a palabra” Equipo de Normalización Lingüística CPI Manuel Suárez Marquier

O Rosal, maio de 2013

3

Page 4: Non perdas a palabra 2013

4

Page 5: Non perdas a palabra 2013

Índice:

Limiar...................................................................................................................7Conto colectivo 1º de EP......................................................................................9Un mundo mellor.................................................................................................10Ao final do mar....................................................................................................12Conto de Naím Amorín. 3º A EP..........................................................................14Conto de Marta Rodríguez Verde. 3º B EP..........................................................15A neve cai............................................................................................................16Cai a neve............................................................................................................18Un pazo afastado.................................................................................................20O gran timo.........................................................................................................22Unha aventura no mar.........................................................................................24Conto de Rosendo Fernández. 5ºC EP................................................................26O misterioso secuestro........................................................................................28Misterio extraterrestre.........................................................................................30Aventura oceánica...............................................................................................32O inverno.............................................................................................................34Isto non remata aquí............................................................................................36Xoán e os apelidos...............................................................................................38Coidado co mar....................................................................................................40Unha vida mellor.................................................................................................42Recordos do verán...............................................................................................44O ruído fantasma.................................................................................................46Conforme comigo mesmo?.................................................................................48Despois do mar....................................................................................................50Naúfrago..............................................................................................................52

5

Page 6: Non perdas a palabra 2013

6

Page 7: Non perdas a palabra 2013

Limiar

Un ano máis escribimos o limar do xa VII Concurso de relatos curtos e poemas Non perdas a palabra.

Nestes tempos, nos que as nosas palabras están mergulladas e afogadas, agochadas baixo oxugo da incomprensión; nestes tempos, nos que ás palabras lles custa máis saír descubrimos que aquí, no Rosal, flúen con total liberdade e con máis forza ca nunca.

Achamos neste libro relatos que falan do mar, contos de medo, historias de ratos que bailan, carreiras de coellos, situacións de desamor... Tamén poemas de bailes, de liberdade, de festas...

Todos eles están feitos coas vosas palabras, que vós coñecedes, que escoitades acotío ao voso arredor, que plasmades no papel como auténticos artesáns da lingua.

Non permitades que as ataquen, non deixedes que se esquezan nunha gabeta...

Estas palabras xa son vosas: AMORODO, CACHELO, DEVECER, CADEIRA, TARABELO, XANELA, A BOCA NON É PARA FALAR, É PARA CALAR...

Seguide construíndo a vosa propia historia, coas vosas verbas...

Moitas grazas por participar e por colaborar para que este libro poida saír adiante.Sen vós non estaría aquí.

Equipo de Normalización Lingüística O Rosal, 2013

7

Page 8: Non perdas a palabra 2013

8

Page 9: Non perdas a palabra 2013

Nunca imaxinei que o mar había ser tan grande, que por moito que mires e mires non dás visto o final.E pensar que no fondo viven as baleas enormes, tartarugas nadadoras, golfiños intelixentes, tiburóns perigosos, corais fermosos e moito máis.E entre todo isto busca unha serea xoias para porse moi bonita. Para súa sorpresa alí atopa unha ostra e saca unha perla e despois outra e outra. Todas brancas e brillantes e comeza facer un colar.Os peixiños de cores a admiran e ela continúa coa tarefa cantando baixo o mar inmenso.

Conto colectivo 1º EP

María Lorenzo Vicente 1º EP

9

Page 10: Non perdas a palabra 2013

Un mundo mellor

Unha pinga de augaatópase cun raio de sol,os dous xuntos formaronun mundo de color.

Unha bolboreta amarelaatópase cunha flor,as dúas xuntas formaronun mundo de ilusión.

Unha xoaniña vermellaatópase cun caracol,os dous xuntos unironos seus corazóns.

Unha nena pequerrechaatópase cun neno maior,os dous xuntos limbraronque existe un mundo mellor.

Eva Rodríguez. 2º EP

10

Page 11: Non perdas a palabra 2013

Eva Rodríguez Sánchez 2º EP

11

Page 12: Non perdas a palabra 2013

O final do mar

Nunca imaxinei que o mar había de ser tan grande, que por moito que mires e mires non dás visto o final.Un día estaba cos meus pais e o meu irmán na nosa casa e de súpeto dixen:-Por qué non imos ao mar?-Boa idea, xa ue estamos na casa aburríndonos...- dixeron os meus pais.-Ben, poderei investigar de novo se o mar ten final ou non.- dixen entusiasmado.O meu pai colleu o coche e alá fomos cara o mar. Cando chegamos miramos que non había ninguén e o mar estaba revoltoso, a nós estrañounos moito. De tanto que nos estrañou fomos a xunto un gran científico para preguntarlle porque nun día tan soleado non había ninguén no mar e esta tan revoltoso. El contestounos rapidamente:-Iso é porque o mar está tan enfadado de que digan que non ten fin que arrastrou as persoas que había no mar e ata o seu final.-Como é iso posible? Increible! Vou deixar que me leve o mar e vou descubrir o que hai ao final do mar – dixen eu.E así foi, deixeime levar.Despois de varios días, o mar volveu traer a todos aos que arrastrara e cheguei a miña casa xunto aos meus pais de novo. Eles preguntáronme.-Fillo, que hai no final do mar?-No final do mar hai un continente novo que se chama Marfin.

Yago Martínez Chaver. 2º EP

12

Page 13: Non perdas a palabra 2013

Aarón González Senra 2º EP

13

Page 14: Non perdas a palabra 2013

De súpeto David sentiu voces e ruído de pasos do outro lado da porta de madeira. Abandonou os seus pensamentos e concentrouse nos sons que estaba a oir.Ao primeiro non sabía o que era aquel ruído. Decidiu acercarse a porta para escoitar millor e deuse de conta que eran os seus pais, que chegaban do traballo. Os pais de David traían algo con eles. David estaba curioso de saber o que había dentro daquela caixa. A nai de David díxolle que dentro da caixa había un novo membro da familia.David alegrouse moito ao ver que dentro da caixa había un can. A nai de David pediulle que lle pusexe nome o canciño. David despois de moito cavilar decidiu porlle de nome o can Popi. Era un canciño moi bonito, de patas curtas e orellas largas e de cor marrón clara. David xa estaba pensando en ensinarlle moitos xogos divertidos.

Naim Amorín 3ºA EP

Alba Fernández 3º A EP

14

Page 15: Non perdas a palabra 2013

Eu chámome Marte, son unha nena de 8 anos, gústame vestir con saia e camiseta, pero o que máis me gusta é escribir contos aínda que non é un conto é unha historia real.Un día cheguei á casa dos meus avós e alí no medio do xardín non sabedes o que atopei, unha lancha!. Nunca mirara ningunha de verdade, porque nós vivimos lonxe do mar. Para que íamos querer unha lancha?O meu avó díxome que lle tocara nun sorteo e eu pregunteille se algún día podería levarme a dar unha volta. O avó dico:-Algún día?, Mañá mesmo!Así que ao día seguinte cando o avó chegou, eu xa levaba un anaco preparado. Cando chegamos á beira do mar quedei coa boca aberte, porque nunca imaxinei que o mar había ser tan grande, que por moito que mires e mires non dás visto o final. Pero o avó e máis eu estabamos dispostos a exploralo.

Marta Rodríguez Verde 3º B EP

Alejandro Castro Vicente 3º B EP

15

Page 16: Non perdas a palabra 2013

A neve cai

Cai a neve cai caifalopiña a falopiña

nin o vento a arremuiñanin a auga a desfai.

Cai a neve cai caicon cinco gotiñasa choiva cai cai

polo río a auga vai.

Cai a neve cai caicon oito vagóns

polo miño abaixo vaiao chegar sempre cai.

Cai a neve cai cai de regla a regla vai

por moito que midassempre mide mal.

Cai a neve cai caicon moito traballo

polo tranvia vaisempre vai, sempre cai.

Paula Álvarez Estévez-Vania Fernández González 4ºA EP

16

Page 17: Non perdas a palabra 2013

Vania Fernández González 4º A EP

17

Page 18: Non perdas a palabra 2013

Cai a neve

Cai a neve cai cai falopiña a falopiña

nin o vento a arremuíña nin a auga a desfai.

Cai a neve cai cai, moita neve por alí, moita neve por alá, todo branco quedará.

As flores conxeladas , as árbores tamén, ti coas túas luvas Que quentiñas, que ben!

A neve non ten cores nin olor como teñen as flores, se a hules faiche soñar cando te vas deitar.

Sara Cividanes Durán 4º B EP

18

Page 19: Non perdas a palabra 2013

Óscar Otero Santos 4º B EP

19

Page 20: Non perdas a palabra 2013

Un pazo afastado

Había unha vez nun pazo afastado reunión de amigos e baile rachado. Unha ovella come no verde prado mentres o dono cerra o ganado.

Os patos cantan dentro do valado e os gatos miañan con ton calado.

O can ladra encerrado porque non atopa o seu óso enterrado.

As galiñas bailan co canto dos galos e o seu dono sorrí ó miralos.

E neste pazo afastado o ambiente e moi animado. Raquel Castro Álvarez. 5º A EP

20

Page 21: Non perdas a palabra 2013

Azucena Santos Estévez 5º A EP

21

Page 22: Non perdas a palabra 2013

O gran timo

Saímos pola mañá cedo, porque era moi longa a viaxe por estradas descoñecidas, e había que contar con calquera imprevisto. Eramos eu, miña nai,miña tía e miña prima. Tiñamos que ir a Pedra do Altar,en Portugal. Saímos dende a estación de tren de Vigo. Cando chegaramos alí eran as dúas e media e tiñamos que estar as sete. En Coimbra, pillamos o autobús para ir directamente ao destino. De súpeto, o autobús parouse, xa eran as seis, entón miña nai chamou ao meu avó Xoán, que estaba en Portugal. En media hora estaba alí e nos levou no coche. Ao final chagamos xustos de tempo. Cando rematamos de facer as nosas cousas, chamamos a un taxi, levounos á casa, e nos cobrou 150 euros, é a última vez que collo un taxi en Portugal, que truco nos fixeron...!!

Javier Ferreira González. 5º A EP

22

Page 23: Non perdas a palabra 2013

Diego Santomé Pérez 5º A EP

23

Page 24: Non perdas a palabra 2013

Unha aventura no mar

Nunca imaxinei que o mar había ser tan grande, que por moito que mires e mires non dás visto o final. Iso é o que pensabe cada vez que ía á praia a ver o mar con María, Ana e Anxo. A Anxo parecíalle que o mar se vas en barco, inda que pase moito tempo sempre atopamos o final. O mar é coma se fose un deserto longuísimo pero sempre cun final. Ana tivo unha idea pero precisabamos coller madeira, cordas, unhas cantas mantas ou trapos e comida. Eran para facer un barco, a comida era por se tiñamos fame e as mantas e os trapos para taparnos e facer unha vela. Cando acabamos marchamos e levamos unhas lanternas por se era de noite. Levabamos xa dúas horas e non atopamos nada pero atopamos un golfiño que empuxou o barco a toda velocidade e chegamos a unha illa. Alí pasamos uns días. Pasámolo moi ben pero para volver estabamos totalmente perdidos. O golfiño levounos ata a Praia de novo. Cando chegamos estabamos asustados pero emocionados de ter feito a mellor aventura que fixeramos xamais coa axuda do golfiño. A partir de alí, levaron ao golfiño ao zoo e entón íamos moitas veces ver o noso amigo o golfiño.

Ella Cordon Vieito 5º B EP

24

Page 25: Non perdas a palabra 2013

Ella Cordon Vieito 5º B EP

25

Page 26: Non perdas a palabra 2013

De súpeto, David sentiu voces e ruído de pasos do outro lado da porta de madeira. Abandonou os seus pensamentos e concentrouse nos sons que estaba a oír. Quedou un pouco escoitando ata que decidiu abrir a porta. Abríuna pero a porta pechaba. Tentou volver a abrila e seguía pechándose. Non lle quedou máis remedio que coller un fungueiro que tiña por alí. Aínda se escoitaba o ruído. Entón abríu e efectivamente alí estaba o que el temía: un home encarapuchado tentando roubar na súa casa. O ladrón escapou nun coche pero a David lle deu tempo a mirarlle a matrícula. A recordou. Era PV6635-UTV e a apuntou nun papel. Despois anotou o que lle había roubado: un portátil e diñeiro que tiña escondido debaixo do taboleiro do baño. A continuación chamou a policía e díxolle:

– Son David. Vivo no Rosal, na Rúa da Silveira, número 42. Quero denunciar un roubo que acaba de acontecer.

– Imos para alá! - Respondeu o policía apresuradamente.A polícía chegou dez minutos máis tarde e David entregoulle o papel onde tiña escrita a matrícula. A policía saíu de contado en busca do ladrón. Pasado un pouco David recibíu unha chamada do policía:

– Xa atopamos ao ladrón, ou ladróns, mellor dito porque eran catro! - Comentou o policía.

– E agora, que vai pasar? - preguntou David indeciso.– Teredes que ir a xuizo! Recibirás unha carta de aviso co día e hora.

A conversa terminou. En cartro días David recibíu a carta onde lle dicían que o vindeiro 15 de maio ás 12 horas tería que estar presente no xuízo.Chegou o día e David veulle as caras aos catro ladróns.No xuízo dous quedaron en liberdade por ser menores e os outros dous caéulles unha pena de cárcere de dous anos. David quedou conforme.Ao día seguinte, paseando pola rúa, David víuse na primeira páxina dun xornal que puña: “Ladrón atraca nunha casa” Entón David asustouse porque ía sair en todolos canais de televisión por o acontecido e sentíu demasiada vergoña. Ata que de repente... saíron os seus amigos de detrás dunha árbore cunha cámara gravando a broma que lle acababan de gastar. David non o podía crer. Aínda sentíu máis vergoña por inocente.

Rosendo Fernández González 5º C EP

26

Page 27: Non perdas a palabra 2013

Irea Villa 5º C EP

27

Page 28: Non perdas a palabra 2013

O secuestro misterioso

Ás noites cando ía canso de andar, deitábase mirando cara ao ceo. Unha daquelas noites, divisou algo no medio da escuridade. Durante uns segundos a rúa estaba totalmente deserta pero de súpeto, apagáronse todos os farois e escoitáronse pasos, parecía que viñan cara a el. Tentou fuxir pero o medo paralizouno, non se podía mover. Eu, dende a miña, asa inentei chamalo para avisalo pero o medo tamén me paralizou. -Ahh…!-berrou. E cando se encenderon os farois xa desaparecera… (Unha semana antes) Pepiño era un neno de doce anos que acababa de chegar do colexio. A súa nai estábao esperando, tiña que falar con el. -Pepiño, o teu pai máis eu estivemos falando e acordamos que como xa eres maior, podes ir só a patinaxe, pero ten coidado ao vir de volta que xa sabes que de noite nesta zona hai moitos secuestros. -Xa o sei mamá.Eran as sete e cuarto, e Pepiño estaba de camiño, cando se atopou cos seus amigos.En patinaxe non ía todo ben, as fiestras rompéranse e tivera máis caídas do normal. Ao rematar a clase volveron todos xuntos á casa. Pepiño era o que máis lonxe vivía do colexio, onde facía patinaxe, entón, primeiro deixaban a Xoán, logo a Yolanda, despois a Yahdira e por último a Lorenzo.Pepiño recordou o que lle dixera a súa nai, e empezou a entrarlle medo.Ía só, os demais xa estaban na casa. El sabía que o único que o podía calmar era tumbarse no outeiro mirando cara ao ceo, pero para iso necesitaba atravesar o bosque e subir ata o outeiro. Aínda así decidiu ir.Xa no bosque as pernas tremábanlle, e os pelos se lle puñan de punta. Tiña moito medo e escoitaba cousas raras. Os animais parecíanlle monstros e as sombras pantasmas.Xa case estaba no outeiro , ía moi canso, e tumbouse no chan observando as estrelas.Viu sombras, pero xa non tiña medo, levantouse e foi para a casa. De súpeto no medio da beirarrúa escoitou pasos, parecía que viñan cara el, os farois apagáronse e votaron chispas. Aí foi cando desapareceu.

Elena Santos Lorenzo, Ainoa Vicente Portela e Iria Carabelos Álvarez. 6ºA EP

28

Page 29: Non perdas a palabra 2013

Ainoa Vicente PortelaAna González Lorenzo

6º A EP

29

Page 30: Non perdas a palabra 2013

Misterio extraterreste

Ás noites, cando ía canso de andar, deitábase mirando cara ao ceo. Unha daquelas veces, divisou algo no medio da escuridade. C.J. apresurouse ata o bosque en plena noite e avistou unha estraña luz verde, pero, cando intentou perseguila, a luz desapareceu. C.J. pensou que podería estar tras a pista de algo moi grande. Rapidamente chamou aos seus colegas e díxolles que os esperaba ao día seguinte ás dez da noite, en Arizona, na área restrinxida. C.J. sabía perfectamente ao que se enfrentaba, unha invasión alieníxena e había que destruílos antes de que se estendesen. Díxolle aos seus colegas que tamén avisasen a Rubén e a Christian. Ao día seguinte estaban todos e trazaron un plan. O plan era o seguinte: Dous homes colocaríanse a vixiar e o resto entraría polo conduto da ventilación. Enseguida puxeron o plan en marcha. A présa entraron na base polo conduto da ventilación. Xa estaban dentro, Rubén advertiulle a C.J. que tivese coidado. De súpeto apareceu un garda de vixilancia, Ruben saltou coma un raio e pegoulle un tiro, logo seguiron un longo corredor cheo de luces. Pasaron por laboratorios onde C.J. viu unha tecnoloxía que nunca vira na súa vida. Descubriu que estaban fabricando uns robots de guerra de última xeración. Ao final chegaron a unha sala onde había unha especie de radares e no centro da sala había un gran mapa, ese mapa era dos Estados Unidos e estaban marcados os seguintes lugares: Deserto de Arizona, Alaska, Nova Iork, Wasintong e Texas. Era un plan de ataque. Cando C.J. quixo darse de conta estaba rodeado de robots. De súpeto viu un xeneral do exército, e uns soldado robots leváronos a unha sala onde había unhas escaleiras. Abaixo había unha especie de cúpula e uns ordenadores. De pronto a cúpula abriuse e unha luz moi forte iluminou os seus ollos. Dende entón, C.J.non recorda nada maís e a día de hoxe segue sen saber o que era aquela luz.

Jesús Pérez García 6º A EP

30

Page 31: Non perdas a palabra 2013

Christián de la Santísima Trinidad CoballesBrayan González BarbosaJesús Pérez García 6º A EP

31

Page 32: Non perdas a palabra 2013

Aventura oceánica

Nunca imaxinei que o mar había ser tan grande, que por moito que mires e mires non dás visto o final, pensaba o doutor Kit.– Señor Tamis, xa sei que é un experto navegante, e todo iso. Pero xa levamos ano e medio navegando en van e aínda non encontramos esa pedra, nin tampouco o noso país, estamos perdidos na nada, so rodeados de auga salgada. – Dicía o doctor Kit.– Xa sei que levamos ano e medio navegando, pero recorde que ademais de todos aqueles contratempos, hai seis anos, no dous mil seiscentos noventa e tres, a metade da Terra afundiuse e os océanos fixéronse máis grandes ca nunca. Pero agora non podemos buscar terra, se en menos de dous días non localizamos esa pedra, todo quedará baixo as augas. E agora descansemos, mañá chegaremos ao destino final.Sobre as catro da mañá, cando xa estaban a durmir un gran ruído enxordecedor espertounos.– Que é ese ruido? Señor Tamis, creo que a Terra está a punto de afundir.– Tranquilo, tan só é un pequeno movemento, afundirase hoxe ás doce da noite se antes non destruímos a pedra que provoca o afundimento.Cara as nove da noite chegaron ao centro dos terremotos que afundían a terra.– Doutor Kit, a partir de aquí descenderemos dous mil metros en submarino.Entraron rapidamente no submarino. A través do cristal mirábase unha cidade e unha pedra de tamaño colosal.– Señor Tamis! – exclama o doctor Kit – iso parece unha cidade americana, como é posible?– Pois parece ser que a pedra estaba cerca de América e foi o primeiro lugar en afundirse.O señor Tamis premeu un botón e un torpedo saíu disparado contra a pedra, que estoupou. O submarino saíu rapidamente a superficie e os seus dous tripulantes, aínda que un pouco mareados, conseguiron salvarse xunto co resto da poboación, xa que a terra non volvería afundirse.

Jorge Dorado Vicente6ºB EP

32

Page 33: Non perdas a palabra 2013

Kevin Vicente AlonsoElena Ozores González

6º B EP

33

Page 34: Non perdas a palabra 2013

O Inverno Cai a neve cai cai falopiña a falopiña nin o vento a remuiña nin a auga a desfai .

Cai a auga cando chove pingueiriña a pingueiriña cai a auga , cai gotiña a gotiña .

Reflicte o sol despois de chover, o arco da vella vai aparecer.

O arco da vella co seu colorido alegra os campos no inverno frío.

Leticia González Baró 6ºB EP

34

Page 35: Non perdas a palabra 2013

Carla Lorenzo Martínez 6º B EP

35

Page 36: Non perdas a palabra 2013

Isto non remata aquí

De súpeto, David sentiu voces e ruído de pasos do outro lado da porta de madeira. Abandonou os seus pensamentos e concentrouse nos sons que estaba a oír. Unha voz era de home, soaba grave e parecía molesta; a outra era de muller, era unha voz poderosa. David afinou máis o oído e logrou captar parte da conversa.

-Dixeras que a poli non viría, e mira que tivemos que facer, -dicía a voz de home.

-Xa o sei, o Xefe dixéralle a Grigory que se ocupase diso, pero vexo que non o conseguiu, -respondeu a voz de muller.

-Pois o Xefe non soe ter compaixón, e dáme que ese erro rematará coa vida de Grigory.

-Non xa. Aínda que Grigory marche ao cu do mundo non poderá escapar.-Ben, metamos rápido este saco de merda na furgoneta, que a poli non tardará

en notar a tardanza do seu axente.David sentiu como descendían pola escaleira, e atreveuse a seguilos a certa distancia. Cando chegaron a unha furgoneta que había fóra, botaron o corpo sen vida na parte de atrás e logo subiron adiante. David, rapidamente subiu a un saínte da furgoneta, no parachoques. Cando se puxeron en marcha, abriu as portas de atrás e entrou. Por sorte, tiña unha táboa que separaba a parte de atrás da de adiante, así que os estraños no podían oílo. David observou o lugar no que se atopaba: o chan estaba cuberto por follas de xornal, o corpo do axente xacía no chan, e esparexidas había varias armas. Unha delas era un modelo de pistola semiautomática que o seu pai lle aprendera a manexar, antes de morrer. Colleuna e, revisando que estaba cargada, agardou a que a furgoneta parase. Cando parou e aqueles asasinos abriron a porta, ameazounos coa pistola e díxolles que ao mínimo movemento disparaba, aínda que el sabía que non seria capaz. Logo chamou á policía e contoulles o que pasara. Cando chegaron os axentes, apresaron os asasinos, déronlle as grazas a David e levárono á súa casa. Pero el sabía que aqueles inhumanos axiña pagarían unha fianza e sairían do cárcere, subornarían o xuíz ou mesmo escaparían sen problema e aquela organización seguiría funcionando. Unha vez no seu cuarto dixo para si:

-Isto non remata aquí.E sacou a pistola que aínda tiña entre o pantalón e o lombo para metela debaixo do colchón da cama.

Hadrián Iglesias Alcaraz1º ESO A

36

Page 37: Non perdas a palabra 2013

Hadrián Iglesias Alcaraz 1º A ESO

37

Page 38: Non perdas a palabra 2013

Xoán e o mar

Nunca pensei que o mar había ser tan grande, que por moito que mires e mires non dás visto o final.Isto era o que Xoán pensaba cada vez que se achegaba ao porto...Xoán era un neno orfo que vivía co seu tío Carlos. Cada vez que saían de pesca quería buscar o final do mar e pensaba que ía ser un sitio marabilloso, pero nunca chegaba a el. Xoán preguntáballe ao seu tío, quen para non decepcionalo, dicíalle que non tivese présa, que xa o atoparía,que se fixara en todo o que había ao redor. O día seguinte saíu de novo co seu tío, estivo todo o día buscando e mentres o facía fixouse na cor azul verdosa do mar, na escuma das ondas, nos peixes que saltaban preto da barca e no argazo que se vía no fondo.... Cando chegaron á casa pola noite cansos e felices, Xoán díxolle ao seu tío:

-Eu só buscaba a fin do mar, pero nunca me decatara do bonito que é.Cando Xoán se fixo maior, e o seu tío xa morrera, herdou o seu barco e fíxose mariñeiro, porque agora xa non buscaba o final do mar, só quería entrar nel e descubrir todas as cousas que ten. Viaxou por todo mundo e coñeceu xente e culturas distintas, pero decatouse que o mar estaba en perigo, polo que adicou todo o que lle quedaba de vida na súa defensa, e para iso mercou un barco novo ao que bautizou como ”CARLOS”.

Cibrán Alonso-Macías Iglesias 1º A ESO

38

Page 39: Non perdas a palabra 2013

Cibrán Alonso-Macías Iglesias 1º A ESO

39

Page 40: Non perdas a palabra 2013

Coidado cos apelidos

Ás noites, cando ía canso de andar, deitábase mirando cara ao ceo. Unha daquelas veces, divisou algo no medio da escuridade, era unha estrela fugaz e pediu un desexo xusto cando a viu. O meu avó contoume isto un mes antes de morrer. Cando chegou a adulto o desexo cumpriuse. Tamén me dixo que só o sabía a miña avoa.Agora xa son unha muller feita e dereita. Teño 7 anos e son detective de casos familiares. De momento non me encargaron ningún.Esta afección miña de ser detective xa vén de vello, cando de pequena a miña nai me roubou o chupete! Escondéranme a chupeta, e eu coa miña mente privilexiada descubrín onde estaba. Home, a verdade é que moi difícil de atopalo non era, porque estaba dentro da caixiña dos chupetes.Estoulle tentando sacar a máxima información á miña avoa. Ata de vez en cando, cando papi e mami non están escóndolle as pastillas de durmir e claro… algo conta. Pero iso só foron trece veces máis ou menos, a verdade é que á quinta perdín a conta.No meu caderno de notas escribo todo sobre a miña super investigación. Inda que de momento só teño como era o meu avó e como chegou a ser. El chamábase Aniceto Cabeza Calveira.Non teño nada máis… Estou inventando outro método para que a vella fale. Pero é dura de roer, dígoo porque xa lle mordín un brazo, e non deu resultado.Xa levo catro follas do caderno, e o único que me chama a atención é que o meu avó é o único dos Cabeza e dos Calveira que xustamente non ten a cabeza calva… XA SEI! O desexo que pediu meu avó foi… Non, non sei… Levo unha semana coa investigación, e non a dou resolto. Pero agora que xa levo 1 semana, 2 días, 4 horas, 5 minutos e 12 segundos... CONTRA! Agora xa son 1 semana, 2 días, 5 minutos e 18 segundos... E agora 20... E agora… QUE MÁIS TEN? Ao fin, descubrino. O meu avó desexou ser o único Cabeza Calveira que non tivera a cabeza calva. Era listo ehh! Dise, que de tal pau tal estela. Por certo, chámome Sabela Cabeza Ratiño.O bo do asunto é que o meu avó deixou 50 cént. a quen o resolvera. Isto chégame para tres, doce, cinco, seis… “MAMI, PARA CANTO CHEGAN 50 CÉNTIMOS EN LAMBETADAS?”.

Sabela Méndez Casteleiro, 2º ESO A

40

Page 41: Non perdas a palabra 2013

Nuria Crego García Sabela Méndez Casteleitro

2º ESO A

41

Page 42: Non perdas a palabra 2013

Unha vida mellor

Saíran de mañá cedo porque era moita viaxe por estradas descoñecidas e había que contar con calquera imprevisto. Entón, Bryan Coello e Álex Coello foron coas súas cousas á nova casa. Polo camiño encontraron unha tartaruga e Álex díxolle: -Queres botar unha carreira comigo?-Vale, por min encantada.- respondeu a tartaruga. -Eu tamén podo?- preguntou Bryan. Respondeulle Álex:-Non, ti es o que dá a saída e a chegada!Os dous preparáronse para a saída. Álex ía na cabeza e a tartaruga aínda na saída... Pero cando Álex mirou a liña de meta a tartaruga xa estaba alí. Álex estaba avergoñado, e a tartaruga marchou toda contenta. O día seguinte, os coellos seguían o seu camiño. Pola estrada encontráronse cunha ra, e como Álex seguía avergoñado, díxolle Bryan:-Agora fago eu unha carreira coa ra, que seguro que gaño.-Vale.-Respondeu Álex.Bryan comentoulle á ra se quería facer unha carreira, e ela contestoulle que lle parecía ben. Cando Álex deu a saída, empezaron. Bryan ía gañando e a ra estaba detrás del. Pero Bryan tiña moita gaña de ir ao baño e tivo que abandonar a carreira. Bryan quedou triste. Máis que triste, anoxado. Ao final, cando xa miraban a súa nova casa Álex e Bryan fixeron unha carreira ata alí e quedaron empatados.

Non hai mellores coellos ca nós!!!

Álex Coello Álvarez 2º ESO Bryan Coello Álvarez 2º ESO

AGRUPAMENTO

42

Page 43: Non perdas a palabra 2013

Álex Coello ÁlvarezBryan Coello Álvarez2º ESO Agrupamento

43

Page 44: Non perdas a palabra 2013

Recordos de verán

“Nunca imaxinei que o mar había ser tan grande, que por moito que mires e mires non dás visto o final”. Iso fora o último que dixera Lucas. María recordaba eses días de verán, nos que a única preocupación que tiña era contar os días que podían estar xuntos antes de marchar á universidade. Desexaría volver a aqueles días... pero agora está na súa habitación da universidade. Unha habitación simple, catro paredes brancas con dous cadros e a súa última foto xuntos. Absorbe pola nariz e seca as bágoas co dorso da man. As súas mans pasan nerviosas polo seu pelo. Aperta o coxín fortemente contra o seu peito, coma se ese xesto fose impedir que as bágoas saian dos seus ollos. Seguía esperando o regreso de Lucas. Seguía esperando espertar daquel horrible pesadelo e saber que todo era mentira, que el seguía ao seu lado. Pero cantos máis días pasan, máis se decata de que iso non vai ocorrer. De que aquel día, hai xa dous anos, ocorreu de verdade. De que el xa non está aquí... neste mundo. Observa a súa gorra. Esa gorra co logo “Vans” gravado na parte frontal. Está un pouco machucada, con marcas de guerra, esas marcas que quedaron gravadas na mente de María. Lucas levábaa posta cando morreu, é o único del que lle queda agora. Non ten forzas para tirala. Voltea a mirada cara aos andeis e mira a caixa con aquel anel dentro, o que el lle regalara polo seu aniversario. Está chea de lixo e escondida nun recanto do andel. Nunca se desfaría del, pero élle imposible observalo. É como unha puñalada no corazón. María baixa a mirada e nega coa cabeza, mentres pensa: “Por que tiveches que marchar? Por que? Por que a vida foi tan complicada dende que non estás? Bótote de menos”. Recorda aquela noite, como se fora onte. A ferida segue aberta e é dolorosa. Demasiado. Pero non pode evitar volver ao pasado. Non volver a rememorar o seu último día xuntos...Clic.Lucas observaba con felicidade a foto que se acababan de facer. Sorriu máis cando observou a cara de María cos ollos vesgos, despois deixou a cámara na area e acaricioulle o cabelo con tenrura.-Deberías borrar esa foto.- Dicíalle ela.-Non! Saes estupenda. Ademais, penso gardar esa foto o resto da miña vida.- Volveu bicala. -Parabéns.- Volveu dicir Lucas por enésima vez.Ela observaba os seus ollos. Color auga mariña, un azul tan intenso que se podía confundir con facilidade coa auga do océano.-Sabes que te quero?- Murmurou María.-Sabes que quero pasar o resto da miña vida contigo?- Volveu sorrir.A rapaza tiña claro que dende aquel momento, grazas a Lucas, sabía o que era ser feliz. Pero por desgraza, aquel foi o seu último día xuntos. O último momento no que foi feliz de verdade e o que sorriu por última vez.

44

Page 45: Non perdas a palabra 2013

Quedaran para cear e celebrar xuntos o aniversario de María máis tarde. O mozoinsistía en que o seu agasallo íalle encantar, e que sería a proba definitiva de canto valía o seu amor cara a ela. Pero xamais chegaron a dar ese paso... Lembra perfectamente o nerviosismo, tamén o indecisa que estaba ante o que ía pór esa noite. Era una noite especial para ambos. Intentou buscar un vestido elegante, pero toda esa felicidade desapareceu cando a nai de María entrou nerviosa no seu cuarto, cos ollos chorosos e o teléfono na man. Entre os seus saloucos só entendeu “Lucas” e “hospital”. Inmediatamente dirixiuse ao hospital, desexando, suplicando, e rezando para que Lucas estivese san e salvo. Pero iso non ocorreu. Cando entrou no cuarto, as súas esperanzas fixéronse anacos. Estaba pálido e sereno. Xamais o mirara así. A rapaza púxose histérica. Choraba de tristeza e rabia á vez. Insistíalle ao doutor que lle contara o que pasara, pero só dicían que fora un accidente de coche. E dende entón non se separou del. Tres eternos días encerrada naquel cuarto esperando o seu espertar. Pero non foi ata o terceiro día cando ocorreu o inesperado. Foi todo tan... borroso. Só o recorda a el, non paraba de moverse, de ter espasmos. O que recorda perfectamente son aquelas palabras: “Faleceu”. Agora, de volta ao presente, María segue coa súa carreira universitaria. Tras un ano de depresión, pode reconstruír a súa vida. Pero aínda non está reconstruída de todo, segue sen poder esquecelo. Sen poder olvidarse da súa cara, nin daqueles momentos tan fermosos. Pero, dende logo, o que non vai a esquecer é o que representa a caixiña con ese anel, que segue nun recuncho, chea de lixo. E esa nota, na que había escrito un “Casa comigo, María”, que estará sempre no seu corazón.

Ana Fagúndez Älvarez 2º ESO B

45

Page 46: Non perdas a palabra 2013

O ruído fantasma

De súpeto, David sentiu voces e ruído de pasos do outro lado da porta de madeira. Abandonou os seus pensamentos e concentrouse nos sons que estaba a oír. Pensativo, acubillouse nunha esquina e tremendo de medo intentou non facer moito ruído, cousa imposible xa que estando en pleno inverno e sendo pobre, os seus dentes tremían sen descanso. David intentou tranquilizarse pero o ruído cada vez era máis intenso. Entón algo o golpeou e durmiuse. Á mañá seguinte David espertou na cama, e facéndose a pregunta de como chegara alí levantouse para almorzar. De súpeto, o ruído volveu aparecer, aínda que moi suavemente. Asustado, volveu ao seu acubillo. Alí quedou todo o día ata que outra vez se sorprendeu, pois algo o golpeou e quedou durmido. A súa rutina diaria era esa na que se escondía do mundo. Un día decidiu enfrontarse ao medo, e para iso decidiu ir cara a onde viña o ruído. Con sixilo e amodo aproximouse cara a el. Primeiro abriu a porta do baño e a continuación dispúxose a abrir unha porta que comunicaba co vertedoiro do lado... e xusto cando a abriu, atopouse cun grupo de ratos gozando dos sons dunha cadea musical no medio dun contedor. Nese momento un rato deulle coa man para que viñera bailar e el aceptou sen ningún problema e quedou bailando durante todo o día, ata que a música que subía de volume pouco a pouco non a podía aturar e tivo que marchar para a súa casa de novo. Ao chegar alí volveu ao seu recanto e acomodouse mentres esperaba a hora de que se quedara durmido.

Alexandre Iglesias AlcarazRuben Fernández ÁlvarezAndrés Pereira Santook

3º ESO A

46

Page 47: Non perdas a palabra 2013

Raúl Martínez 4º ESO A

47

Page 48: Non perdas a palabra 2013

Conforme comigo mesmo?

-De súpeto, David sentiu voces e ruído de pasos do outro lado da porta de madeira. Abandonou os seus pensamentos e concentrouse nos sons que estaba a oír...-Ei!! Quen fala? Quen es ti?-Eu… son o narrador.-Pois cala, esta é a miña historia!-Se non é una historia!-Dá igual, ti non pintas nada aquí!-Pero…-Nada, que cales, o narrador serei eu. Por certo… son David.-Como que es ti o narrador?-O que oíches.-Non o sabes facer. É un traballo moi complicado e…-Pff... mellor ca ti faino calquera, es un soso.-Como te atreves!? Eu renuncio!Non me pagan o suficiente!-Pois marcha, e non volvas!Ala, xa está, xa podo seguir a miña interesante historia, se se pode chamar así a uns pensamentos inútiles que non vos servirán xamais na vida…-Por onde ía eu…? Ah, si! Escoitei ruídos no outro lado da porta, blablablá, blablablá…-Algo asustado, abrín a porta e…-Ai, Daviciño, meu neno! Que guapo estás. Queres una tortilliña?-Que susto, avoa! Ti queres que me pare o corazón?-Non, o que quero é que comas máis, estás moi delgado. Fareiche una tortilla!-Non. NON! - Xa foi facer a bendita tortilla…-Que estou delgado? Que estou delgado!? Anda e que vaia revisar os lentes! Ela viume? Levo tres anos con sobrepeso! Esa muller… insiste en cebarme e iso non pode ser…¡ Vou estoupar! Os meus pantalóns non son indestrutibles!-Ás veces penso que realmente esa muller que di ser a miña avoa realmente me quere engordar para comerme… Aínda que… co bo que estou… non me estraña que me desexen…Estes xamóns meus nos os ten calquera… Non! Se sigo así acabarei coméndome a min mesmo… Iso que seria? Autocanibalismo?-… Realmente preciso una dieta…-David, a tortilla!-A dieta pode esperar!-Vou!

Andrea Conde Álvarez 3º ESO B

48

Page 49: Non perdas a palabra 2013

Eva Piñel Alonso 3º ESO B

49

Page 50: Non perdas a palabra 2013

Despois do mar

Nunca imaxinei que o mar había de ser tan grande, que por moito que mires e mires

non dás visto o final. Só una simple liña, o horizonte. E despois, que? Países

distantes? A fin do mundo? Máis auga? Non o sei. Só son capaz de divisar esa liña

que separa o ceo do mar, cortada por un barco. Un barco, como un punto

insignificante no medio dun texto. As ondas abanéano mainamente, co seu relaxante

ir e vir. A brisa empuxa as nubes con suavidade e coidado, coma se dun obxecto

delicado se tratara. Pólas retorcidas, arrastradas pola corrente dende lugares

descoñecidos, loitan por non afogar. E eu aquí, tombado mentres contemplo este

conxunto. Cerro os ollos, respiro o aire salgado da costa, sinto o vento na cara. As

pedras nos meus pés teñen un tacto suave, pulidas pola auga das ondas. O sol envía

centos de luces no océano, e este reflícteas sobre min, quentándome a pel. E por un

instante, non hai nada máis no mundo. Nada máis á parte de min e o mar. Pero abro

os ollos, e a sensación de tranquilidade desaparece. Observo de novo a paisaxe diante

miña. O barco xa desapareceu, coma se fora só una ilusión creada pola miña

imaxinación, tragado polo horizonte. A onde se dirixe, non o sei. Porque o que hai

despois do horizonte, máis aló de onde chega a vista, iso, só o sabe o propio mar.

Coral Revella Meira

4º ESO A

50

Page 51: Non perdas a palabra 2013

Coral Revella Meira 4º ESO A

51

Page 52: Non perdas a palabra 2013

Náufrago

Día 7

Nunca imaxinei que o mar había ser tan grande, que por moito que mires e mires non

dás visto o final, ningunha illa; nada. Como se a terra desaparecese. Xa levo neste

anaquiño de madeira sete días. Morro coa sede e coa fame. O sol quéimame a pel

lentamente co paso das horas. Xa non me queda comida e tampouco auga, as poucas

provisións que conseguira rescatar dos restos do naufraxio xa se me acabaron. Non

sei o que me vai pasar, espero que se decaten da falta do barco e me rescaten.

Día 10

Sigo sen avistar terra. Non vin paxaros, nin barcos, nin avións. Desde a última vez

que escribín non cambiou a miña situación. Onte choveu e puiden recoller un pouco

de auga e almacenala nunha botella, pero non encontrei nada para comer. Hoxe pola

mañá, pareceume oír o ruído dun motor, pero creo que só foron imaxinacións miñas.

Cada vez síntome máis canso e deprimido.

Día 15

Xa levo quince días neste anaco de madeira. Xa non teño forzas para continuar. Hai

moitos días que non probo bocado e a auga acabóuseme onte. Teño a pel queimada

polo sol e xa non aguanto máis esta dor. Réndome. Xa non teño esperanzas de que me

rescaten, sei que é imposible e por iso escribo estas últimas liñas . Metereinas nunha

botella e tirareinas ao mar coa esperanza de que algún día alguén as encontre…

Dous anos despois

Que casualidades ten a vida, non? Hoxe, cando baixei á praia, encontrei unha botella

cunhas cartas ou papeis dentro e cando as saquei decateime de que eran as cartas que

eu mesmo escribira anos atrás, xusto despois de que naufragara o barco no que

viaxaba. Cando xa me dera por vencido e tirara a botella ao mar escoitei o ruído dun

motor. Era un helicóptero, e usando as últimas forzas que me quedaban logrei pórme

52

Page 53: Non perdas a palabra 2013

en pé e facerlle sinais de socorro. Despois disto só sei que espertei na cama dun

hospital e cando preguntei dixéronme que o barco no que viaxaba afundira e que me

encontraran días despois flotando nun pedazo de madeira.

Adrián Lorenzo González

4º ESO B

Adrián Lorenzo González 4º B ESO

53

Page 54: Non perdas a palabra 2013

54