New R AMÓN O TERO P EDRA Y O - Dialnet · 2019. 7. 31. · dilas se pouxera enferma e o avisaran...

6
49 ~ A VOCACIÓN MÉDICA DUN RUISEÑOL Carecéu Daniel, o noso, dende sempre, de vocación pola carreira de Medicina que estudiou en Fonseca. “Coma é sabido, Castelao, pese a que se fixo médico e actuou profesionalmente durante uns cantos anos por vontade de seu pai, non chegou nunca a ter afi- ción a carreira nin a compenetrarse con ela. Polo contrario, sempre pensou que seu título constituiu un impedimento pra alcanzar o pleno desenrolo das súas ilusións de artista”. Escribe a anterior frase entrecomillada quen pola vinculación dos Baltar cos Castelao e pola intrahis- toria médica da que tanto sabía, era máxima autori- dade no estudio de ser íntimo do guieiro da galegui- dade: D. Ramón Baltar Domínguez, autor primeiro do ensaio Castelao médico (publicado no Homenaxe a Castelao da Universidade de Santiago.Vigo, 1976) e logo do máis amplio sobre Castelao ante la Medici- na, la enfermedad y la muerte, que constitúe o tomo XVIII da Biblioteca de Galicia dos Bibliófilos Gallegos. Compostela, 1979. Non especulou D. Ramón Baltar, nos seus excelentes traballos, adrede de que Castelao poidera ter máis vocación de albeite que de médico, coma cabería darse a entender no meu anaco de nantronte. Nil quedou claro que Daniel, o noso, podería ser un bo manciñeiro das vacas, pero tamén un pésimo veteri- nario dos cans. Resalta, en cambeo, o Dr. Baltar, que a etapa hospita- laria de Castelao –nas salas do Hospital Provincial O novelo dos anacos Texto: Borobó Debuxos: Luís Cid R A M Ó N O T E R O P E D R A Y O

Transcript of New R AMÓN O TERO P EDRA Y O - Dialnet · 2019. 7. 31. · dilas se pouxera enferma e o avisaran...

Page 1: New R AMÓN O TERO P EDRA Y O - Dialnet · 2019. 7. 31. · dilas se pouxera enferma e o avisaran pra que a fose a recoñecer chamaría a don Ramón Otero có gallo de que o acompañara

49~

A VOCACIÓN MÉDICA DUN RUISEÑOL

Carecéu Daniel, o noso, dende sempre, de vocaciónpola carreira de Medicina que estudiou en Fonseca.“Coma é sabido, Castelao, pese a que se fixo médicoe actuou profesionalmente durante uns cantos anospor vontade de seu pai, non chegou nunca a ter afi-ción a carreira nin a compenetrarse con ela. Polocontrario, sempre pensou que seu título constituiuun impedimento pra alcanzar o pleno desenrolo dassúas ilusións de artista”.

Escribe a anterior frase entrecomillada quen polavinculación dos Baltar cos Castelao e pola intrahis-toria médica da que tanto sabía, era máxima autori-dade no estudio de ser íntimo do guieiro da galegui-dade:D.Ramón Baltar Domínguez, autor primeiro do

ensaio Castelao médico (publicado no Homenaxe aCastelao da Universidade de Santiago.Vigo, 1976) elogo do máis amplio sobre Castelao ante la Medici-na, la enfermedad y la muerte, que constitúe otomo XVIII da Biblioteca de Galicia dos BibliófilosGallegos. Compostela, 1979.

Non especulou D. Ramón Baltar, nos seus excelentestraballos, adrede de que Castelao poidera ter máisvocación de albeite que de médico, coma caberíadarse a entender no meu anaco de nantronte. Nilquedou claro que Daniel, o noso, podería ser un bomanciñeiro das vacas, pero tamén un pésimo veteri-nario dos cans.

Resalta, en cambeo, o Dr. Baltar, que a etapa hospita-laria de Castelao –nas salas do Hospital Provincial

O novelo dos anacos

Texto: BorobóDebuxos: Luís Cid

R A M Ó N O T E R O P E D R A Y O

Page 2: New R AMÓN O TERO P EDRA Y O - Dialnet · 2019. 7. 31. · dilas se pouxera enferma e o avisaran pra que a fose a recoñecer chamaría a don Ramón Otero có gallo de que o acompañara

50~

médicos naquela excursión. Mais, como supoño queesta licencia poética non será suficente pra satisfacera demanda médica de Simón Lorda, extraeréi doarquivo da miña memoria unha anécdota certa daque foron protagonistas dous dos tres Ramóns cita-dos: o señor de Trasalba e, precisamente, o inxel bió-grafo de Castelao e ciruxano, D. Ramón BaltarDomínguez.

O DOCTOR OTERO PEDRAYO, EN SANPAIO

Tiña moita curiosidade Otero Pedrayo por coñecer aarquitectura interior do Mosteiro de San Paio deAntealtares. E así o dixo falando nunha tertulia cosseus mellores amigos de Santiago, na que predomi-naban os médicos. Escoitouno don Ramón Baltar, ecando despóis fixo un aparte co seu inxel tocaio,indicoulle discretamente que il poderia facilitarlle olecer de visitar por dentro o malia a clausura dacomunidade benita, nada doada de quebrantar.

Pois o ilustre ciruxano explicoulle que viña sendomédico das monxas de San Paio, e cando algunhadilas se pouxera enferma e o avisaran pra que a fosea recoñecer chamaría a don Ramón Otero có gallode que o acompañara na visita; coma se fora un doc-tor forasteiro, unha eminencia científica de paso porSantiago, onda viñera a dar unhas conferencias.

Non mentiría ás monxas o Dr. Baltar. Seu preclarotocaio e amigo era efectivamente doctor, anque enciencias históricas e xeográficas. E estaba de hóspe-de no Hotel España, da Rúa Nova, indo e vindo todasas semáns, no Castromil, a Trasalba, pra ver a doñaEladia, súa nai. Do señor de Trasalba, polo tanto, benpodía decirse que estaba sempre de paso en Santia-go, e ademáis daba conferencias en Compostela undía sí e outro non.

Pouco tardou a ocasión de que Otero poidese visitarSan Paio. Caían doentes a miudo as monxiñas dalí,porque sufrían indisimulable debilidade. A ilustrecomunidade das Señoras de San Payo, constituidanos séculos dos Austrias polas máis ricas femias deGalicia, fillas de virréis, sobriñas de arcebispos, vivi-ran unha etapa de enorme esmalloamento nos pri-meiros anos da posguerra, naquela racionada época

R A M Ó N O T E R O P E D R A Y O

como practicante e nas do Clínico como alumnopoido ter unha gran importancia pra o desenrolo dasúa personalidade e de seu pensamento. Conformenisto, D. Ramón, ca idea do seu tocaio e taménamigo, Otero Pedrayo, de que o contacto co dor dapobre xente alí hospitalizada, impulsáralle a procu-rar a mellora da súa situación social.

E xa que menciono a D. Ramón Otero ven a ser aquícasi obvio señalar que, en canto a vocación médica,o do señor de Trasalba significaba o caso contrario ado seu par na cume da galeguidade. Pois por ser filloúnico dun prestixioso médico ourensán, mantivosempre certo agarimo pola profesión de seu pai;coma manifestou especialmente na conferencia pro-nunciada no Colexio Médico de Ourense, que que-dou grabada nun precioso disquet. Onde da evoca-dora elocuencia de D. Ramón transpira seu inefablehumor.

Supoño que partirá dela o psiquiatra ourensán DavidSimón Lorda pra escribir o limiar da “pequena reedi-ción crítica (que proxecta) con todos os textos queRamón Otero Pedrayo publicou acerca da medicina,os médicos e a historia da Medicina en Galicia”. Prarealizala invitoume David Simón a que lle facilitaracantos datos podía aportarlle sobre iste tema, e maispra outro traballo que ten en preparación.

Xa cumplín en A Nosa Terra (11-I-2001), mediante Oexemplo de Laureano Santiso Girón, co segundopedido. Pra responder o primeiro, quizaves, bastabotar man, no meu libro segredo, O Reiseñor de Tra-salba, dun do centenar de anacos arredor de sí (sí édon Ramón) que o compoñen.

Sería o titulado A regalía da Arnoia, no que aludoao viaxe que fixo Otero Pedrayo, en compañía dunsconspicuos médicos de Santiago, que iban a exami-nar unha vella doente na Arnoia. Logo puxen enverso ese Anaco do rousiñol de Arnoia, onde decíaque “ao volver os médicos de auscultar a nai do hos-teleiro, tiveron ainda que beliscarnos a Ramón Piñei-ro, ao chofer e a min, pra espabilarnos daquel aglaioque nos deixara engaiolados”.

O aglaio foi a palabra de don Ramón,ó glosar o cantodo rousiñol que acabaramos de escoitar; quedándo-nos abraiados ós que acompañábamos tamén ós

Page 3: New R AMÓN O TERO P EDRA Y O - Dialnet · 2019. 7. 31. · dilas se pouxera enferma e o avisaran pra que a fose a recoñecer chamaría a don Ramón Otero có gallo de que o acompañara

das cartillas de Abastecimen-to.Parece ser que incluso tive-ron que tocar a fame; un tañi-do da súas campás, inconcebi-ble no tempo das noblesSeñoras de San Paio;estudiadoveraz e exhaustivamente poloseu capelán García M. Colom-bás, M.B., na reveladora Histo-ria de las benedictinas deSan Pelayo de Antealtares(Ediciones de la Caja de Aho-rros de Galicia, La Coruña,1980).Na porta da clausura recibéu aambos doctores a priora admi-nistradora de San Paio, amonxa leonesa, Madre MaríaPrieto. Pois supoño que nonera inda abadesa, posto praque sería nomeada o 10 deagosto de 1958. D. Ramón Bal-tar presentoulle a D. RamónOtero, decíndolle que era oprofesor que máis sabía sobreos males dos galegos nosséculos pasados, o XVIII e oXIX particularmente, e queescribira a vida de Varela deMontes, a maior eminenciamédica que existira en Galiciaantes de Nóvoa Santos.

Acompañados pola Madrepriora e a Irmá enfermeirapenetraron os dous egrexiosRamóns na clausura de SanPaio.A curiosidade do Señor de Trasalba ía quedandosatisfeita conforme andaban polos anchos corredo-res do mosteiro e apreciaba dende as ventás a ampli-tude e beleza de seus patios. Ata que chegaron acelda da monxa doente, que era unha antiga abadesado mosteiro. O que non sei ben se foi a asturiana,María Benita Alonso Graña, ou a galega, Carmen Cas-tro Varela, que se alternaron nese cargo dende 1931deica xaneiro do 1948, no que veu de Oviedo aMadre Gertrudis Herrera, designada pra ese oficiopolo visitador apostólico,dom Aurelio María Escarré,o célebre abade de Monserrat.

Auscultou o Dr.Baltar á vella abadesa e pasoulle logoo fonendoscopio ao divertido autor de O desenganodo Priorio, que aparentou examinar a doente velliñacon clínica atención.

-¿Cal é seu diagnóstico, querido colega? -preguntou-lle don Ramón Baltar.

Respondéulle Otero Pedrayo falando no latín maca-rrónico dos físicos do Hospital Real de Santiago,cando se fundou,no século XVI. Latín composto detérminos científicos de Galeno, e tamén gregos de

51~

R A M Ó N O T E R O P E D R A Y O

Na porta

da

clausura

recibéu a

ambos

doctores a

priora

adminis-

tradora de

San Paio

Page 4: New R AMÓN O TERO P EDRA Y O - Dialnet · 2019. 7. 31. · dilas se pouxera enferma e o avisaran pra que a fose a recoñecer chamaría a don Ramón Otero có gallo de que o acompañara

52~

Paio, o eminente ciruxano lle preguntou á priora,Madre María Prieto, coma seguía a Irmá Azucena.

-Dende que vostede a mandou levantar, está comaunha rosa.Non para de correr polos patios e de subire baixar escaleiras -informoulle a Madre que entónadministraba o Mosteiro de San Paio, namentresvacou a sé prelaticia.

-E lóxico, despóis de pasar trinta anos acostada noleito -comentou don Ramón Baltar.

-Xa tería unha doencia moi grave pra botar tantotempo na cama. Supoño que comería e bebería,inda que non fose moito. Pois senón penso quesería un caso semellante a da espiritada de

Gonzar, que visitou Varela de Montes e pintouCancela del Río -lembrou don Ramón Otero, en

quen a erudición e a maxinación confluían.

-Non tiña nada a Irmá Azucena -señalou a monxa leo-nesa-. Non tiña nada, e por iso o Dr. Baltar a mandouerguer. Somos as moxas benedictas moi rigurosas naobediencias, e coma o Dr. Barcia Goyanes prescribi-ra que gardase cama, hai trinta e tantos anos, por unresfriado...

-Juan José Barcia Goyanes foi daquela a facer oposi-cións a cátedras de Anatomía e gañou a de Salaman-ca. Non volvéu, por unha longa tempada, a Compos-tela -aclarou Baltar a seu tocaio.

-Nin nunca máis polo Mosteiro de San Paio, pese aser o médico de cabeceira das nosas novicias. Perocoma ordenou que a Irmá Azucena non se moverado leito, ata que el volvera a vela, as abadesas que seforon sucedendo en San Paio nise tempo, as MadresMatilde Reigada, Benita Alonso e Carmen Castro,impidiron que se levantara namentras o Dr. Barcianon o dispuxera.

-¿Ise Dr.Barcia e o fillo daquel catedrático de Anatomía,D. Juan Barcia Caballero, que foi tamén un bo poeta ementor de Alfredo Brañas? -interrogou Otero a Baltar.

-Non, é neto. É o actual Rector da Universidade deValencia. Foi meu condiscípulo inseparable mentrasestudiábamos na Facultade. Dende que sufrín unhaparatífica, viña a estudiar conmigo sempre na miña

R A M Ó N O T E R O P E D R A Y O

Hipócrates, que o polígrafo ourensán, sendo rapaz,xa aprendera de seu pai, o bo médico don Enrique.

Latín que entendéu perfectamente a Irmá enfermei-ra. Pois habería de ser a que axiña poñería clase deesa lingua as mociñas seglares, cando as monxas deSan Paio abriron seu colexio.

O ABRAIANTE CASO DA IRMÁ AZUCENA

Cando os doctores Baltar Domínguez e Otero Pedra-yo sairon da cela da vella e doente prelada de San

A curiosidade do Señor de

Trasalba ía quedando

satisfeita conforme andaban

polos anchos corredores do

mosteiro e apreciaba dende

as ventás a amplitude e

beleza de seus patios.

Page 5: New R AMÓN O TERO P EDRA Y O - Dialnet · 2019. 7. 31. · dilas se pouxera enferma e o avisaran pra que a fose a recoñecer chamaría a don Ramón Otero có gallo de que o acompañara

casa.Escoitábamos as vegadas, a meu pai, que tiña deviolín de Ingres ó piano, executar as sonatas de Cho-pin. Nunca deixamos de vernos nos veráns, e taméncando coincidimos nos congresos de Historia daMedicina; adicación que para ambo-los dous, asimes-mo, ven a ser noso violín de Ingres, noso hobby -explicou o ciruxano, ca súa sobria e precisa palabra.

-Cando a Madre Reigada,sendo xa Prio-ra, despóis de ser tantos anos abadesa,oéulle dicir a vostede que viñera algun-ha vez a San Paio, acompañando navisita médica a seu compañeiro, foi omomento que se lle ocurréu contarlleo caso clínico da Irmá Azucena -recordou a nova Priora.

-En efecto. Indicoume que levabatrinta anos na cama, a causadunha indixestión, oudunha gripe. Non se acor-daban xa ben. Eu viñera aver a outra monxa quesufría un ataque de apen-dendicitis, a quen operéiaquela mesma noite no Sana-torio. Pero pregoume a prioraque botase unha ollada aesquencida enferma.

-Estaría xa paralítica.Ou con tantahumedade coma rezumaría suacela en máis dun cuarto de sécu-lo, reumática de abondo -opinou oDr. Otero.

-Nada diso. Semellaba conservadaentre algodóns. Blanca, blanquísima,cal unha rosa blanca.San coma unhamazán sen podrecer. Auscultéina,examinéille, co permiso da abade-sa, tódalas súas extremidades.Movía as pernas e os brazos,coma si pasara isos trinta anos andando en bicicleta,ouxogando ao tenis. Mandéina levantar a modiño, e quefora pouco a pouco recuperando de pé a móvilidade.

-¿E contoulle logo ao Dr. Barcia Goyanes o abraiantecaso da Irmá Azucena? -inquiréu Otero Pedrayo.

-Sí; no Congreso de Granada que inaugurou omesmo Rector da Valencia cunha conferencia, epresentéi eu unha comunicación sobre a Historiade una vacunación variolítica en 1776. Porcerto que me pidéu que o escusara, ante as mon-xas de San Paio, por non ir a despedirse delas trin-ta anos atrás.

53~

R A M Ó N O T E R O P E D R A Y O

Auscultou o Dr. Baltar á vella abadesa e

pasoulle logo o fonendoscopio ao

divertido autor de O desengano do

Priorio, que aparentou examinar a doente

velliña con clínica atención.

Page 6: New R AMÓN O TERO P EDRA Y O - Dialnet · 2019. 7. 31. · dilas se pouxera enferma e o avisaran pra que a fose a recoñecer chamaría a don Ramón Otero có gallo de que o acompañara

BEATRIZ LORENZO LÓPEZ

Ourense, 1982

Estudante,gañadora con este traballo

do certame literario convocado pola

“Asociación de Amigos de Otero

Pedrayo” en 2000.