Nº2 curso 14-15 BIBLIOTECA CIFP COROSO · PDF fileETAI-Ibérica Descrición...

13
1 Nº2 curso 14-15 BIBLIOTECA CIFP COROSO RECOMENDACIÓNS PRIMAVEIRA-VERÁN Moito que ler, moito que ver Colaboran: EDLG: http://normalizacoroso.blogspot.com.es/ BIBLIOTECA CIFP COROSO:http://corosobiblio.blogspot.com.es/ DPTO. INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN ACADÉMICA PROFESIONAL DPTO. PROGRAMAS EUROPEOS Fonte: :http://obichero.blogspot.com.es/ CIFP COROSO Avda. da Coruña, 174C 15960 Ribeira, A Coruña www.edu.xunta.es/centros/cifpcoroso "Considero que a televisión é moi educativa. Cada vez que alguén acende o televisor saio da habitación e voume a outra parte a ler un libro”. Groucho Marx, actor.

Transcript of Nº2 curso 14-15 BIBLIOTECA CIFP COROSO · PDF fileETAI-Ibérica Descrición...

1

Nº2 curso 14-15

BIBLIOTECA CIFP COROSO

RECOMENDACIÓNS PRIMAVEIRA-VERÁN

“Mo

ito

qu

e l

er,

mo

ito

qu

e v

er”

Colaboran:

EDLG: http://normalizacoroso.blogspot.com.es/

BIBLIOTECA CIFP COROSO:http://corosobiblio.blogspot.com.es/

DPTO. INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN ACADÉMICA PROFESIONAL

DPTO. PROGRAMAS EUROPEOS

Fonte: :http://obichero.blogspot.com.es/

CIFP COROSO

Avda. da Coruña, 174C

15960 Ribeira, A Coruña

www.edu.xunta.es/centros/cifpcoroso

"Considero que a televisión é moi educativa. Cada vez que alguén acende o televisor saio da habitación e voume a outra parte a ler un libro”.

Groucho Marx, actor.

2

I ndice de lecturas recomendadas por temáticas páxina

1. Lecturas pola igualdade 3

2. Lecturas en galego 4

3. Lecturas profesionais 6

4. Club de lectura “Close to Europe” 8

5. Autoaprendizaxe de línguas 9

3

Matriarcas Montse Fajardo, 2013 Recolle as testemuñas de dez mulleres galegas entre os 65 e os 103 anos que pouco teñen en común entre elas á marxe da "forza con que sacaron adiante as súas familias en épocas duras". Dado que a maioría viviu a posguerra, aparecen elementos comúns como a fame ou a emigración que axudan a facerse unha idea global do que era a Galicia do século XX.

Historia das mulleres galegas Pepe Carreiro, 2014 Baía Edicións Segundo o seu propio autor, "esta parodia his-tórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen no libro". O autor repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen seren protagonistas de episodios radiantes, foron as que mantive-ron a sociedade ao longo dos séculos.

L ECTURAS POLA IGUALDADE... 8 de Marzo día da Muller Traballadora: historias de galegas de todos os tempos visibilizar o papel da muller ao longo da historia. Parabens a todas!!

4

L ECTURAS EN GALEGO... 17 de marzo día das letras galegas. Libros en galego de todos os tempos dos máis lidos en Galicia este ano...

Os vellos non deben de namorarse Alfonso R. Castelao Galaxia, 1998 Trata dos amores de tres vellos imprudentes, don Saturio, don Ramón e o señor don Fuco, que teñen a desgracia de poñer os seus ollos na mocidade garrida de tres rapazas guapas: Lela, Micaela e Pimpinela.

Os fillos do mar Pedro Feijoo Xerais, 2012 Simón Varela é un medio-cre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultanea-mente, a señora, xa maior, morre en estrañas circuns-tancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucra-do nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta.

Resistencia Rosa Aneiros Xerais, 2007 Esta obra percorre a historia política e so-cial de Portugal, a tra-vés da vida de perso-naxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX.

Cartas de inverno Agustín Fernández Paz Xerais, 1998 O escritor Xabier Louzao vol-ve a Galicia, tras unha longa estancia en Quebec e atópase coas cartas que, durante a súa ausencia, foille enviando o seu amigo Adrián, un famoso pintor. Nelas , Adrián fálalle con entusiasmo da súa nova casa, un antigo e illado edifi-cio onde agora reside . Pouco a pouco, o ton das cartas vai adquirindo unha progresiva inquietude, que desemboca nun terror manifesto .Xabier decide acudir en axuda do seu amigo e viaxa ata o lugar on-de se encontra a casa.

5

L ECTURAS EN GALEGO... Xosé Neira Vilas visitounos o pasado 3 de decembro de 2014, propoñemos-vos a súa última novela “Esperando o leiteiro” asi como outros títulos do mesmo autor que se non deberías deixar de ler...

Esperando o leiteiro Xosé Neira Vilas. Editorial Galaxia, 2012 A mediados do século XX, un mozo campesiño vai emigrar a Buenos Aires. Coa maleta ao lombo, camiña sete quiló-metros; perdeu o coche de liña e confía en que o leve o camión que recolle o leite. Mentres agarda a chegada do leiteiro, o mozo fai un reconto da súa vida, cos seus traba-llos, xogos, amores, mi-serias e soños. Xosé Nei-ra Vilas (Gres, 1928) escribe un intenso monó-logo interior que non cesa ata que, por fin, o prota-gonista emprende o cami-ño.

Contos de lembranza Xosé Neira Vilas e Mano-ele de Felisa Sons de Galicia Do poemario “Dende lonxe” escrito polo autor na súa emigración en Ar-xentina. Contén evoca-cións da infancia, de xen-te e do mundo deixado atrás polo autor. Manoele de Felisa com-positor e intérprete con-verte estes poemas en cancións.

Memoria gráfica Xosé Neira Vilas. Bolanda Edicións e Mar-keting, 2012 Este é un libro singular. O autor galego ofrécenos aquí unha memoria en imaxes da súa traxecto-ria, que inclúe o seu lon-go periplo americano. Tamén redacta aquí por primeira vez unha auto-biografía, unha síntese do seu existir e do seu facer.

Días de Cuba (memoria) Xosé Neira Vilas. Editorial Galaxia, 2014 É unha minuciosa me-moria persoal que nos traslada a un país que vive unha singular expe-riencia no seu devir; unha illa da América hispana moi querida por todos os galegos.

6

L ECTURAS PROFESIONAIS ... Para seguir aprendendo tedes na biblioteca do CIFP Coroso materiais rela-cionados coas familias profesionais que se imparten no CIFP Coroso

Prácticas de refrigeración y aire acondicionado. Juan Manuel Franco Lijó Editorial Reverté, Coñecemento práctico dos equipos de aire acon-dicionado. Dirixido a estudantes e profesionais do sector. O texto desta-ca tanto pola súa clarida-de como por numerosos exemplos e demostra-cións.

Manual de refrigeración Juan Manuel Franco Lijó Editorial Reverté, Este libro recolle os con-ceptos e as aplicacións prácticas fundamentais dos sistemas de refrixera-ción, está constituído por tres partes perfectamente definidas. A primeira estuda os elementos bási-cos, os complementarios e os de seguridade. A segunda totalmente práctica adicada ao mane-xo instalacións. A terceira trata do mante-mento das instalacións.

Iluminación, desmontaje y montaje, e inicializa-ción de grupos ópticos ETAI-Ibérica Descrición xeneral do sistema de iluminación exterior do vehículo. Iluminación dianteira, traseira, lateral e adicio-nal. Iluminación de Xenon, leds e luces de día. Precaucións fronte ós novos sistemas de ilumi-nación Posta a cero dos sistemas tras desconectar la batería.

Gestión motor. Gaso-lina y Diesel. Modelos asiáticos y america-nos. Tomo1 ETAI-Ibérica Estúdanse en varios modelos: · Sistema de alimenta-ción de combustible. · Sistema de admisión de aire · Xestión electrónica ·Auto diagnose.

7

L ECTURAS PROFESIONAIS ... Para seguir aprendendo tedes na biblioteca do CIFP Coroso materiais rela-cionados coas familias profesionais que se imparten no centro...

Marmeladas. 80 receitas que saen ben Montserrat Roig Baía Edicións, 2012 Hoxe en día as estante rías de calquera super-mercado están cheas de marmeladas ateigadas de edulcorantes, conservan-tes e pectinas industriais, sen o arume e textura lixeira dunha marmelada feita na casa. Desfruta da grande variedade de oportunidades que che ofrece este libro.

Conservas Oded Schwartz Timun Mas, 1993 Guía ilustrada para todo tipo de conservas. Inclúe máis de 150 receitas, dende doces marmeladas ata picantes mostazas, pasando por condimenta-dos adobos, peixes afu-mados, xelatinas, xaro-pes, aceites e vinagres aromáticos.

Mecatrónica: control y automatización Emilio Vargas; Jaime Cid, Fernando Reyes Marcombo, 2014 Dirixida a estudantes de robótica, electrónica, computa-ción, informática, enxeñería do deseño e automatización electrónica. Proporciona un panorama interdisciplinario xeneral e profundo no campo da mecatrónica.

Matlab. Aplicado a robótica y meca-trónica Fernando Reyes Cortés Marcombo, 2012 Trátanse os temas: I: linguaxe de programación MATLAB e a implementación dos métodos numéricos empregados na robótica e mecatrónica. II: librerías en código fonte de MATLAB para análi-ses e simulación de cinemática directa usando a metodoloxía Denavit-Hartenberg de robots manipuladores e sistemas mecatróni-cos III: está dedicada á simulación da dinámica e identifica-ción paramétrica de sistemas mecatrónicos e robots manipuladores IV:MATLAB en aplicacións para regulación e control punto a punto de robots manipulado-res usando o enfoque de moldeo de enerxía.

8

C LUB DE LECTURA“CLOSE TO EUROPE”... Cada martes de 11:30 a 12:00 h reunímonos na biblioteca do Coroso. A principal característica deste club de lectura é que os libros que lemos es-tán en inglés. A incorporación ao club podedes facela en calquera momento do curso. Ani-mádevos a participar e mellorar o voso inglés lendo!

Cuentos alrededor del mundo. Stories around the World Colección de contos bilingües español-inglés Vaughan Systems 2014 Para aprender inglés e coñecer outras culturas e costumes de diferentes países do mundo. O libro ten contos de diferentes lugares de España : Galicia, Granada, Requena, Sevilla, Tarragona e Valencia. Tamén hai contos de Francia, Estados Unidos De América, India e Londres. O libro ven acompañado dun audio descargable español-inglés con dife-rentes acentos.

All About Ireland Emily Winston, 2014 Burlington Books Explica a historia e cultura deste país e describe o encanto das súas terras verdes. Tamén nos mostra lugares interesantes que descubrir, comi-das típicas etc...

Vanity Fair William Tackeray, 1847 Oxford University Press Considerado como segundo mellor nove-lista da época vitoria-na despois de Charles Dickens. Conta a historia de dúas rapazas, Rebec-ca Sharp e Amelia Sedley, de carácter e posición social total-mente opostos. Am-bas, amigas da escola, saen á "feira" do-mundo exterior para encontrarse con dife-rentes destinos.

9

A UTOAPRENDIZAXE DE LINGUAS... Dende o departamento de Programas Europeos ,propoñémosvos algúns dos mate-riais para estudar inglés, que están á vosa disposición na biblioteca do Coroso.

Libros para adquirir vocabulario técnico

Electrician e Electronics Varios autores Express Publishing Método de inglés específico adaptado á familia profesional de electricidade e electrónica. Inclúe vocabulario específico e situacións do entorno laboral.

10

A UTOAPRENDIZAXE DE LINGUAS... Dende o departamento de Programas Europeos ,propoñémosvos algúns dos mate-riais para estudar inglés, que están á vosa disposición na biblioteca do Coroso.

Libros para adquirir vocabulario técnico

Let s speed up! Inglés para Automoción María de los Milagros Estéban García Paraninfo. Método de inglés específico adaptado á familia profesional de transporte e mantemento de vehículos. Proporciona o inglés básico que se necesita para desenvolverse no mundo

Mechanics Jim D. Dearholt Express Publishing Método de inglés específico adaptado á familia profesional de transporte e mantemento de vehículos. Inclúe vocabula-rio específico e situacións do entorno laboral.

Engineering Paraninfo. Express Publishing Método de inglés específico adaptado á familia profesional de instalación e mantemento. Inclúe vocabulario específico e situacións do entorno laboral.

11

A UTOAPRENDIZAXE DE LÍNGUAS...

Gramáticas e métodos de auto-aprendizaxe

English Everywhere!!! Vaughan Systems 2013 Inglés en calquera parte. Unha viaxe por distintos lugares onde se precisa falar inglés: no restaurante, facendo turis-mo, na discoteca, no aeroporto etc... Libro especializado para aprender vocabulario clave en corenta situacións.

Pronunciación en inglés Vaughan Systems 2013 A pronunciación é un aspecto moi importante no inglés e especialmente complicado para os non-nativos. Este libro te axudarache a mellorar a túa pronunciación a través da fu-sión entre palabras. Inclúe tamén unha sección de errores comúns de españois para ir mellorando o inglés.

12

A UTOAPRENDIZAXE DE LINGUAS...

Revistas para aprender inglés

Speak UP Esta revista contén artigos en inglés en varios niveis: básico, intermedio e avanzado. Trata diversos temas e inclúe un CD cos artigos e actividades propostas..

Aprende Inglés con Vaughan Revista mensual con temas variados para aprender inglés co coñecido método Vaughan. Ven acompañada dun CD para mellorar a pronunciación.

Revistas periodicidade mensual

13

A UTOAPRENDIZAXE DE LINGUAS...

Outros materiais: audiolibros e películas V.O. con subtítulos en inglés e en castelán

O lobo de Wall Street Jordan Belfort (Leonardo DiCaprio) é moi novo, apenas ten 24 años, pero ta-mén é moi es moi ambicioso. No seu afán por facer cartos convertese nun broker destacado de Wall Street e directivo da empresa de inversións bursátiles Stratton Oakmont, disposto a todo para enriquecerse. Corren os años 90 e todo vale na vida de excesos desta personaxe, o lobo de Wall Street, que está inspira-do na vida real, de carne e oso.

A ladroa de libros Mentres vive de primeira man os horrores da Segunda Guerra Mundial en Alemaña, a pequena Liesel atopa consolo roubando libros e compartíndoos con outros. A mes-mísima Morte é a narradora da historia da Ladroa de Libros e grazas ó seu humor negro e cinismo descubriremos o destino de Liesel e a súa familia.

Agosto Os Weston viven nunha gran mansión nos arredores de Pawhuska, en Oklaho-ma. A desaparición do pai en estrañas circunstancias fai que a familia se reúna e que todas as súas miserias saían á luz. Adaptación ó cine da obra de teatro do mesmo título, ganadora do Premio Puli-tzer no 2008.

Máis películas dispoñibles na biblioteca do CIFP Coroso