N eg r ei r a O u t o n o C u lt u r a l...

8
2016 2016 Outono Cultural Outono Cultural outubro_novembro_decembro outubro_novembro_decembro N e g r e i r a N e g r e i r a

Transcript of N eg r ei r a O u t o n o C u lt u r a l...

Page 1: N eg r ei r a O u t o n o C u lt u r a l 2016concellodenegreira.gal/pdf/novas/outono-cultural-16.pdf · González e o propio Fran Rei, a partir de tres das obras de Manuel María

20162016

Outono

Cultural

Outono

Cultural outubro_novembro_decembro outubro_novembro_decembro

N e g r e i r aN e g r e i r a

Page 2: N eg r ei r a O u t o n o C u lt u r a l 2016concellodenegreira.gal/pdf/novas/outono-cultural-16.pdf · González e o propio Fran Rei, a partir de tres das obras de Manuel María

luns 31 outubroluns 31 outubrode 20:30 h. a 22:00 h.de 20:30 h. a 22:00 h.

Museo animado do TerrorHall do Centro SocioculturalMuseo animado do TerrorHall do Centro Sociocultural

Outono Cultural 2016

+13 +13

Este luns na noite de defuntos, ven a recoñecer os teus monstros preferidos e a revivir as esceas do terror máis tradicional con nós, no museo ambulante.

Morreras de medo....!!!

O Samain é a festividade de orixe celta máis importante do período pagán en Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celtan, e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica e significa 'fin do verán'.

Na actualidade o Samaín continúa celebrándose polos seguidores de movementos relixiosos neopaganos, como a wicca e o druidismo.

Escola Municipal de Teatro de NegreiraLugar: Hall Centro SocioculturalHora: 20:30 h. a 22:00 h.

Page 3: N eg r ei r a O u t o n o C u lt u r a l 2016concellodenegreira.gal/pdf/novas/outono-cultural-16.pdf · González e o propio Fran Rei, a partir de tres das obras de Manuel María

A compañía

Culturactiva SCG é unha distribuidora que tamén traballa comocompañía creando formatos e espectáculos nunha liña de humore espectacularidade, que cobren un amplo abano de necesidadesde programación.

Isabel Risco é actriz, clown e pedagoga teatral. Desde o 2000participa en espectáculos profesionais nas compañías EspelloCóncavo, Os sete magníficos máis Un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas.

Traballa tamén como actriz secundaria e protagonistaen series, filmes e publicidade.

Fran Rei é cofundador, pallaso en activo e coordinador dacompañía oficial do Festival Internacional de Clown de Galicia(Festiclown), Os Sete Magníficos máis Un, coa que participouen catorce espectáculos desde o ano 2001. Trabal lou tamén en Bagunça Teatro , Producións Desaqueloutradas e Acontrabutaca.

É monitor de dramatización, teatro e clown, e un rostro ben coñecido, grazas ás súas intervencións humorísticas no programa Luar, xunto a Pedro Brandariz.

Retrincos de CastelaoCulturactiva presenta aos cómicos Isabel Risco e Fran Rei enRetrincos de Castelao, un achegamento ao humor na obra doinmortal autor de Rianxo, figura fundamental da nosa historia.

A través dun texto de Diego Rey, fan un divertido percorridopolo traballo deste intelectual, achegándonos a súa enxeñosae fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo. Ofrécennos omosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces.A través dun ollo de vidro que dá nova forma á realidade,poderemos ser quen de presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra. Grazas a ese ollo seremos quen de comprender realmente a nosa historia e o noso presente.

mércores 2 de novembromércores 2 de novembro

ás 10:00 h e ás 12:30 h.ás 10:00 h e ás 12:30 h.

Outono Cultural 2016

Retrincos de CastelaoRetrincos de Castelao

O Conto de Barriga VerdeO Conto de Barriga Verde

infantilinfantil

&&

O Conto de Barriga verde Fran Rei presenta na primavera de 2016 o seu novo espectáculo unipersoal, O Conto de Barriga Verde, no que volve a mesturar narración oral, humor e maxia. Dirixido por Tareixa Campos e escrito por Avelino González e o propio Fran Rei, a partir de tres das obras de Manuel María (BarrigaVerde, Os Soños na Gaiola e

Aventuras e toxo chamada Berenguela), O Conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense a quen se lle dedica o Día das Letras 2016.

Page 4: N eg r ei r a O u t o n o C u lt u r a l 2016concellodenegreira.gal/pdf/novas/outono-cultural-16.pdf · González e o propio Fran Rei, a partir de tres das obras de Manuel María

A actividade 'O rueiro das liortas', nova proposta do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes', chega o sábado 5 de novembro a Negreira da man da Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Dirixida a todos os públicos desde os seis anos de idade, poderase gozar con entrada libre e de balde ata completar a capacidade do Auditorio do Centro sociocultural ás 18:00 horas.

‘O rueiro das liortas’ é unha proposta escénica inspirada na comedia da arte italiana e no teatro popular que afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor. O dinamismo dos elementos escenográficos que representan diferentes espazos, un actor e unha actriz que interpretan múltiples personaxes e un neno e unha nena que fan valer a súa verdade son os ingredientes para que esta comedia iniciática, vista desde unha óptica feminina, nos ofreza a súa particular visión dunha realidade na que as persoas teñen por afección meter o nariz onde non as chaman.

Na liña dos espectáculos creados por Elefante Elegante, teatro visual baseado no texto e no movemento, a peza busca a universalidade e fusiona a palabra con outras linguaxes coma o teatro físico, a danza ou as artes plásticas e visuais. O obxectivo desta proposta do FalaRedes 2016 é que a cativada e a mocidade se acheguen ao teatro en lingua galega por medio dunha obra de coidada estética na que as emocións, os afectos, o humor e a palabra van dan man.

Lugar: Auditorio do Centro SocioculturalHora: 18:00 h.Entrada: de Balde

Outono Cultural 2016

sábado 5 novembrosábado 5 novembroás 18:00 h.ás 18:00 h.

O rueiro das LiortasO rueiro das Liortas

infantilinfantil

Page 5: N eg r ei r a O u t o n o C u lt u r a l 2016concellodenegreira.gal/pdf/novas/outono-cultural-16.pdf · González e o propio Fran Rei, a partir de tres das obras de Manuel María

Os humoristas Carlos Blanco e Luis Davila trasladan o auditorio do Centro sociocultural de Negreira, menú da Fala, un espectáculo no que dan una nova volta de tuerca ós monólogos e no que a retranca chega á escea simultáneamente tanto coa voz como co debuxo. No falta a improvisación nunha peza na que os humoristas tratan historias de Galicia e as súas xentes.......

Despois do éxito acadado por Carlos Blanco co seu monologo “Carlos ao vivo” e Negreira o pasado 28 de outubro, o actor Vilagarcián volta a Negreira acompañado do afamado humorista Gráfico Luis Davila, coa intención de facernos rir a esgalla.....

Lugar: Auditorio do Centro SocioculturalHora: 21:00 h.Entrada: de Balde (Retirada de Convites na oficina de Cultura e Deportes)

Outono Cultural 2016

domingo 6 novembrodomingo 6 novembroás 21:00 h.ás 21:00 h.

Menú da FalaMenú da FalaCarlos Blanco&Luis Davila

NR

ET

ADAS

ESGOTADSA

Page 6: N eg r ei r a O u t o n o C u lt u r a l 2016concellodenegreira.gal/pdf/novas/outono-cultural-16.pdf · González e o propio Fran Rei, a partir de tres das obras de Manuel María

Outono Cultural 2016

sábado 3 decembrosábado 3 decembroás 19:00 h.ás 19:00 h.

Banda Ateneo deNegreira en ConcertoBanda Ateneo deNegreira en Concerto

músicamúsica

A Banda Ateneo Musical de Negreira comenza a súa andaina no mes de xullo do 1998, cando da man do director da Escola Municipal de Negreira, Vicente Martín, xúntase un escaso número de alumnos para formar unha agrupación musical. Desde ese momento son moitas as actuaciones a cargo da banda: grabación para o programa Galicia Enteira da TVG, concertos en As Pontes, Candeán, Santiago de Compostela, Cee, Corcubión, Corme, Vimianzo, Mugardos, etc... participación en festivais, nas que a Banda puido presentar un repertorio cunha gran variedade de estilos musicais: música popular, música cinematográfica e incluso estrear obras de xóvenes compositores galegos. A actuación estrela prodúcese no ano 2001 cando foi convidada a participar no programa de festas dunha das bandas con máis tradición e fama de toda España: A Primitiva de Lliria.

Actualmente a Banda conta cunha treintena de músicos e sigue ofrecendo concertos, organizando encontros de bandas e levando a cabo outras actividades culturais.

Nos últimos anos colaboraron coa banda diferentes músicos e profesores. Trala dirección de Vicente Martín asume o cargo Pablo Mato Collazo, anterior profesor de flauta da Escola Municipal. Fernando Rey Mallo, na actualidade profesor de trompeta do CMUS, estivo o frente da banda durante un ano. Máis tarde chegou Simón Couceiro Rodríguez, clarinete da Banda Municipal de Santiago e actual profesor de clarinete da Escola Municipal. Dende o ano 2004 o posto de director ocupao un xoven músico, Raúl Martín Niñerola.

Lugar: Auditorio do Centro SocioculturalHora: 19:00 h.Entrada: de Balde

Page 7: N eg r ei r a O u t o n o C u lt u r a l 2016concellodenegreira.gal/pdf/novas/outono-cultural-16.pdf · González e o propio Fran Rei, a partir de tres das obras de Manuel María

O Coro Vocalisse nace en xuño de 2005 co obxecto de dar continuidade á actividade musical desenvolvida por un grupo de antigos compoñentes do Coro Universitario da Coruña.

No seu amplo repertorio atópanse obras de estilos diversos que abarcan dende a música tradicional á contemporánea, cunha importante presenza do repertorio clásico, do que cabe destacar o “Gloria” de Vivaldi, o “Réquiem” de Fauré ou o “Te Deum” de Haëndel entre outras.No ano 2010 ,na celebración do seu quinto aniversario, Vocalisse ofreceu no Teatro Colón o espectáculo “America & América”, dedicado á música de Sudamérica e América do Norte con arranxos para coro a capella, Boleros e Son , espirituais negros, clásicos do Jazz, cancións Pop e Música de cine algunhas delas coreografiadas.Basado neste repertorio no ano 2011 foi editado un CD co mesmo título nos Estudios Mans de A Coruña subvencionado pola Diputación de A Coruña e a Fundación Paideia .

No ano 2011 Vocalisse obten o tercer premio no XXVIII Certamen Coral “Villa de Avilés”.No nadal do 2012, Vocalisse estrena a misa de Bach, Jesu Meine Freude,Dende o 2013 Vocalisse, experimenta un progresivo xiro a novos estilos musicais como o Góspel, o Soul e finalmente o Pop, e así ofrece concertos por toda Galicia con gran éxito.

No ano 2015, Vocalisse celebra o seu décimo aniversario e se atopa embarcado nun proxecto de arranxos corais de Pop internacional que se estrearon a finais do ano pasado en A Coruña.

Lugar: Centro SocioculturalHora: 20:00 h.Entrada : de Balde

Outono Cultural 2016

sábado 10 decembrosábado 10 decembro

ás 20:00 h.ás 20:00 h.

Coro VocalisseCoro Vocalisse

músicamúsica

Page 8: N eg r ei r a O u t o n o C u lt u r a l 2016concellodenegreira.gal/pdf/novas/outono-cultural-16.pdf · González e o propio Fran Rei, a partir de tres das obras de Manuel María

CONCELLO DE

NEGREIRACONCELLO DE

NEGREIRA

#OutonoCultural16#OutonoCultural16