MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARES
-
Upload
amparo-cereixo -
Category
Education
-
view
407 -
download
4
Transcript of MORFOLOXÍA VERBAL. FORMAS REGULARES
O verbo. DEFINICIÓN
SEMÁNTICA: indica accións, estados ou procesos.
MORFOLÓXICA: palabra variable que se compón de LEXEMA + MORF. GRAMATICAIS
SINTÁCTICA: desempeña a función de predicado na cláusula. É imprescindible a súa presenza para a existencia deste tipo de unidade sintáctica.
ESTRUTURA VERBAL. FORMAS MODO-TEMPORAIS
A estrutura do verbo é: TEMA (LEXEMA + VOGAL TEMÁTICA)
+ MORFEMAS GRAMATICAIS / FLEXIVOS Esquema das formas verbais
modotemporais.
LEXEMA VT MMT MNP
And a ba s
Troux e se Ø
Quix Ø Ø o
O TEMA: O LEXEMA
O LEXEMA é o que achega o significado léxico.
En base ao lexema distinguimos: Verbos regulares: manteñen o mesmo lexema ao
longo de toda a conxungación.
Verbos irregulares: presenta máis de un lexema. En xeral adoita haber un lexema propio do presente (quer-o, quer-ería) e outro lexema propio do tema de perfecto (quix-en, quix-era, quix-er, quix-ese)
And a ba n
e Ø i
a rá n
VERBOS CON ALTERNANCIA VOCÁLICA
Os verbos con alternancia vocálica son aqueles que abren ou pechan un grao a vogal radical.
A VOGAL RADICAL é a última vogal do lexema:
Contribu-ír Escorr-erGabe-ar
VERBOS CON ALTERNANCIA VOCÁLICA. MODELO 1: SENTIR
A VOGAL RADICAL /e/ mantense en todas as formas agás: /Ɛ/
P2, P3 e P6 do Presente de indicativo: sƐntes, sƐnte, sƐnten.
Di que se sente moi cansa.Menten máis do que falan.
/i/ P1 do Presente de indicativo P2 do imperativo Presente de subxuntivo
Con tanto ruído non sinto a radio.Sirve ti o café, fai favor!
• Conxúganse segundo este modelo: servir, seguir, ferir, mentir e derivados (conseguir, perseguir, consentir...).
VERBOS CON ALTERNANCIA VOCÁLICA. MODELO 2: ADVERTIR
A VOGAL RADICAL /e/ mantense en todas as formas agás: /i/
P1, P2, P3 e P6 do Presente de indicativo P2 do imperativo Presente de subxuntivo.
Repito o mesmo exercicio varias veces.Íspese el só. Din que prefiren ir soas.
Conxúganse igual Advertir, Divertir, Agredir, Conferir, Diferir, Inferir, Preferir, Referir, Competir, Repetir, Concernir, Espelir, Espir, Dixerir, Inxerir, Suxerir, Inserir, Medir, Pedir, Reflectir, Vestir, Investir...
O verbo reflectir conserva o grupo –ct- en toda a conxugación. É fundamental que reflictas a
realidade do país.
VERBOS CON ALTERNANCIA VOCÁLICA. MODELO 3: DURMIR
A VOGAL RADICAL /o/ mantense en todas as formas agás: /ɔ/ na P2, P3 e P6 do Presente de indicativo
Dorme todo o día. Nunca acode ás reunións.
Conxúganse seguindo este modelo: acudir, bulir, cubrir, cumprir, cuspir, durmir, engulir, fundir, fuxir, lucir, sacudir, subir, sufrir, tusir, ulir, xurdir…
VERBOS CON ALTERNANCIA VOCÁLICA. MODELO 4: BEBER / COMER
Existen outros verbos con alternancia vocálica, mais esta non se reflicte na escrita porque as vogais medias se representan do mesmo xeito. Porén, en verbos como “beber” ou “comer” a vogal radical abre un grao na P2, P3, P6 do Presente de indicativo.
Marta bƐbe moita auga.Xoán non cɔme nada ben.
O TEMA: A VOGAL TEMÁTICA
A vogal temática (VT) é a que permite adscribir un verbo a unha ou outra conxugación.
Segundo a VT distinguimos tres conxugacións:
C1 XOG A R
C2 BAT E R
C3 PERMIT I R
O TEMA: A VOGAL TEMÁTICA. C1
C1: presenta vogal temática –a-: xog-a-rÁ parte da VT –a- na C1 podemos atopar:
Ø: P1 do Iprs. And-Ø-Ø-o Sprs. And-Ø-e-s
/o/ P3 do Iptº. And-o-Ø-u.
/e/: P1 do Iptº And-e-Ø-i
O TEMA: A VOGAL TEMÁTICA. C2
C2: presenta vogal temática –e-: beb-e-rÁ parte da VT –a- na C2 podemos atopar:
Ø: P1 do Iprs. Beb-Ø-Ø-o Sprs. Beb-Ø-e-s
/i/: P1 e P2 do Iprs. Beb-i-Ø-ches Icoprtº. Beb-í-a-s Participio. Beb-i-do
O TEMA: A VOGAL TEMÁTICA. C3
C2: presenta vogal temática –i-: produc-i-rÁ parte da VT –a- na C3 podemos atopar:
Ø: P1 do Iprs. Produz-Ø-Ø-o Sprs. Produz-Ø-a-n
/e/: P2, P3 e P6 do Iprs. Produc-e-Ø-s P2 Imperativo. Produc-e-Ø-Ø
Nalgúns verbos prodúcense variacións
gráficas segundo o fonema e a súa representación
grafica: conduzo / conducir ou chegar / chegues. O fonema é o mesmo mais a súa
representación gráfica varía. Trátase, xa que
logo, de verbo regulares.
O MORFEMA MODOTEMPORAL
Indican o modo (Subxuntivo / Indicativo) e o tempo (Presente, Pretérito, Antepretérito, Futuro...) da forma verbal.
Sitúase inmediatamente despois da VTO modo indicativo indica unha acción real.O modo subxuntivo refire unha acción irreal
ou hipotética.
O MORFEMA MODOTEMPORAL
Na nosa lingua só é posible realizar referencias a partir do tempo de pasado, non do presente nin do futuro.
O esquema é o que segue:
PretéritoChegou onte á
noite.
AntepretéritoDixo que chegara no tren de onte á
noite.
CopretéritoDíxome que
chegaba puntual
PospretéritoDixo que chegaría no tren da noite.
PresenteChego agora
mesmo
FuturoChegarei no tren
da noite
O MMT. O PRESENTE DE INDICATIVO (IPRS.)
Refire unha acción que está a acontecer no momento da fala.
Outros valores: Presente habitual: acción que se realiza
habitualmente. Sempre toma café despois de xantar. Presente intemporal: describen accións / feitos que
non mudan. Dúas e dúas son catro. Presente histórico: para referir feitos da Historia
como se fosen presentes. Cantares gallegos edítase en Vigo en 1863.
O MMT. O PRESENTE DE INDICATIVO (IPRS.)
O MMT do Iprs. é sempre Ø
L VT MMT MNP
and Ø Ø o
part e Ø s
tra e Ø Ø
coll e Ø mos
busc a Ø des
l e Ø n
O MMT. O PRETÉRITO DE INDICATIVO(IPTº.)
Sitúa a acción no pasado e como xa rematada.
O MMT do Iptº. é sempre ØL VT MMT MNP
and e Ø i
part i Ø ches
com e Ø u
coll e Ø mos
busc a Ø stes
l e Ø ron
O MMT. ANTEPRETÉRITO DE INDICATIVO(IANTEPTº.)
Sitúa a acción como anterior a outra anterior.Dixo que xa estivera na praza.O MMT do Ianteptº. é sempre -RA-
L VT MMT MNP
and a ra Ø
part i ra s
com e ra Ø
coll e ra mos
busc a ra des
l e ra n
A única forma do anterpretérito é a que
presenta un MMT –ra-, as formas con MMT –se- non son formas de indicativo, polo tanto non se poden
substituír unhas por outras porque muda o signficado:
Dixo que fixeras os exercicios / Dixo que fixeses os exercicios.
O MMT. COPRETÉRITO DE INDICATIVO(ICOPTº.)
Sitúa a acción como simultánea a outra tamén pasada. Dixo que estaba na praza.
O MMT do Icoptº é: BA na C1 A na C2 e C3
L VT MMT MNP
and a ba Ø
part í a s
com í a Ø
coll i a mos
busc a ba des
l í a n
Na P5 e P6 dos verbos rematados en –aír, -aer, -
oír, -oer e –uír empregamos diérese
sobre o /i/: Non oïades o timbre?Xa saïamos da casa cando chegaron eles.
O MMT. POSPRETÉRITO DE INDICATIVO(IPOSPTº.)
Sitúa a acción como posterior a outra pasada. Dixo que estaría na praza ás dez.
O MMT do Iposptº é –ria- / -ría-L VT MMT MN
P
and a ria Ø
part í ría s
com e ría Ø
coll e ria mos
busc a ria des
l e ría n
Fixáte na acentuación da P4 e P5. Aínda que
dialectalmente existen as formas “estaríamos” /
“andaríades”, na lingua estándar a forma correcta
é : estariamos e andariades
L VT MMT MNP
and a re i
part i rá s
com e rá Ø
coll e re mos
busc a re des
l e rá n
O MMT. FUTURO DE INDICATIVO(IFUT.)
Sitúa a acción no futuro, aínda sen realizar. Estarei na praza ás dez.
Os valores do futuro poden ser: Obrigaroriedade: expresa un mandato.
Mañá virás comigo. Probabilidade:
Terá vinte anos. Histórico: para lle dar vida á historia.
Rosalía publicará Follas novas en 1880.
O MMT do Ifut. é: -re-: P1, P4, P5 -rá-: P2, P3, P6
O MMT. PRESENTE DE SUBXUNTIVO (SPRS.)
Sitúa a acción no presente ou no futuro. Oxalá estea na praza.
O MMT do Ifut. é: -e-: C1 -a-: C2 e C3
L VT MMT MNP
and Ø e Ø
part Ø a s
com Ø a Ø
coll Ø a mos
busc Ø e des
loit Ø e n
O MMT. PRETÉRITO DE SUBXUNTIVO (SPTº.)
Sitúa a acción no pasado mais non se realizou.
Se estivese onte na praza, víaa.O MMT do Ifut. é –SE-
L VT MMT MNP
and a se Ø
part i se s
com e se Ø
coll é se mos
busc á se des
loit a se n
A única forma do anterpretérito é a que presenta
un MMT –ra-, as formas con MMT –se- non son formas de indicativo, polo tanto non se poden substituír unhas por
outras porque muda o signficado:
Dixo que fixeras moi ben os exercicios / Dixo que fixeses os
exercicios antes de que chegase ela.
O MMT. FUTURO DE SUBXUNTIVO (SFUT.)
Indica algo posterior, no modo da irrealidade ou hipótese.
Se for posíbel, telefonade.O seu uso está moi reducidoO MMT do Sfut. é:
-re-: P2, P6 -rá-: P1, P3, P4, P5
L VT MMT MNP
and a r Ø
part i re s
com e r Ø
coll e r mos
busc a r des
l e re n
MORFEMAS NÚMERO-PERSOAIS
É unha categoría gramatical que localiza o SUX da acción.
Relaciónase coas persoas do acto comunicativo.
MORFEMAS NÚMERO-PERSOAIS. P1
Refire o emisor.O MNP é Ø, mais presenta os seguintes
alomorfos: -o: Iprs. -i: Iptº da C1. -n: Iptº da C2 e C3
L VT MMT MNP
and a se Ø
and e Ø i
com Ø Ø o
part í Ø n
MORFEMAS NÚMERO-PERSOAIS. P2
Refire o receptor.O MNP é -s, mais presenta os seguintes
alomorfos: -ches: Iptº da C1. -n: Imperativo
L VT MMT MNP
and a se s
xunt a Ø ches
com e Ø Ø
part í Ø ches
MORFEMAS NÚMERO-PERSOAIS. P3
Refire o tema da conversa, o referente.O MNP é -Ø, mais presenta os seguintes
alomorfos: -u: Iptº.
L VT MMT MNP
and o Ø u
xunt a ba s
com e Ø u
part i rá s
MORFEMAS NÚMERO-PERSOAIS. P4
Refire un grupo no que se atopa o emisor.O MNP é -mos-
L VT MMT MNP
and a Ø mos
xunt a ba mos
com i a mos
part í se mos
MORFEMAS NÚMERO-PERSOAIS. P5
Refire un grupo no que se atopa o repector.O MNP é –des. Ten os alomorfos:
-stes: Iptº -de: Imperativo
L VT MMT MNP
and a Ø stes
xunt a ba des
com i a des
part i Ø de