Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10

6
CRÓNICA DO ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA: O venres 23 de outubro de 2.009 fomos ver ¡MONICREQUES! Os nenos da clase de 4º de Primaria cóntannos cousas deles: “O espectáculo gustoume moito. Foi o mellor que vin no colexio. Había dous monicreques e un estaba moi aburrido porque os dous estaban metidos nun armario. Un dos monicreques chamábase Matapiollos, e o outro, que era o que estaba aburrido chamábase Trapos. O seu soño era ser un neno, e o máis importante era ter pés. Unha polilla concedeulle o seu desexo e cando saía do armario era un neno e cando entraba era un monicreque.”Paula Deive Martínez. “Molaba moito e tamén era moi divertido cando lle mordía un a outro. Tamén molaba moito a canción. Partínme de risa.” Kevin David Sanjurjo Villa. “A Rebelión dos Monicreques foi moi divertido porque tódolos nenos que foron riron, riron e requeteriron. Cando saimos déronnos unha bolsa con dous libros.” Rebeca Freijomil Vázquez. “A función de monicreques organizada pola compañía Matapiollos gustoume moito. Había uns monicreques que se chamaban Trapos e Anteollos e unha nena que se chamaba Ofelia. A nena deixou aos monicreques no armario.” José Carlos Silvar Fernández. “Un monicreque estaba lendo e outro dicía que estaba aburrido e berraba por Ofelia.”Sara Mª Castro Suárez. “Fumos ver monicreques os nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º. Paseino moi ben con Trapos, Anteollos e Ofelia . Eran moi graciosos.” Silvia Roca Deibe. “Gustoume moito porque había monicreques e facían cousas coma cando . Anteollos lía e Trapos dicía: _Estou aburrido! Estou aburrido! E logo convertíase en humano. Era a compañía Matapiollos. María Vázquez Varela. “Gustoume moito de verdade.” Aitor Rodríguez Faraldo.

Transcript of Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10

Page 1: Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10

CRÓNICA DO ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA:

O venres 23 de outubro de 2.009 fomos ver ¡MONICREQUES! Os nenos da clase de 4º de Primaria cóntannos cousas deles:

“O espectáculo gustoume moito. Foi o mellor que vin no colexio.Había dous monicreques e un estaba moi aburrido porque os dous estaban metidos nun armario. Un dos monicreques chamábase Matapiollos, e o outro, que era o que estaba aburrido chamábase Trapos. O seu soño era ser un neno, e o máis importante era ter pés. Unha polilla concedeulle o seu desexo e cando saía do armario era un neno e cando entraba era un monicreque.”Paula Deive Martínez.

“Molaba moito e tamén era moi divertido cando lle mordía un a outro. Tamén molaba moito a canción. Partínme de risa.” Kevin David Sanjurjo Villa.

“A Rebelión dos Monicreques foi moi divertido porque tódolos nenos que foron riron, riron e requeteriron. Cando saimos déronnos unha bolsa con dous libros.” Rebeca Freijomil Vázquez.

“A función de monicreques organizada pola compañía Matapiollos gustoume moito. Había uns monicreques que se chamaban Trapos e Anteollos e unha nena que se chamaba Ofelia. A nena deixou aos monicreques no armario.” José Carlos Silvar Fernández.

“Un monicreque estaba lendo e outro dicía que estaba aburrido e berraba por Ofelia.”Sara Mª Castro Suárez.

“Fumos ver monicreques os nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º. Paseino moi ben con Trapos, Anteollos e Ofelia . Eran moi graciosos.” Silvia Roca Deibe.

“Gustoume moito porque había monicreques e facían cousas coma cando . Anteollos lía e Trapos dicía: _Estou aburrido! Estou aburrido! E logo convertíase en humano. Era a compañía Matapiollos. María Vázquez Varela.

“Gustoume moito de verdade.” Aitor Rodríguez Faraldo.

Page 2: Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10

“Na actuación dos monicreques un chamábase Trapos e outro Anteollos. Era moi interesante e divertido e paseino moi ben.” Nerea Cruceiro Gómez.

“Era a compañía Matapiollos e había tres personaxes: Trapos, Anteollos, que non quería sair do armario, e a nena Ofelia.Foi divertido e daba moita graza.” Raúl Rodríguez Fernández.

“A actuación de monicreques gustoume moito porque había un que quería ser un neno de verdade e foi unha polilla e…-Fóra neno, dentro monicreque-Paseino moi ben.” Diana Caruncho Souto.

“Había dúas personaxes, un neno e un avó. O neno quería divertirse e veu unha polilla e picoulle. Cando saía do armario era un neno e cando entraba era un monicreque. Despois a súa dona xogaba con eles a moitas cousas e pasabano moi ben. Gustoume moito e aprendemos unha canción e ao final déronnos un libro para facer monicreques de moitos tipos.” María Primoy Cuenca.

“Vimos uns monicreques. Chamabanse Anteollos e Trapos. Trapos aburríase e pideulle a unha polilla que fose un neno e…unha, dúas e tres: converteuse nun neno e xogaron coa imaginación a ir de viaxe polo deserto, pola selva…Logo Ofelia tivo que ir durmir e nunca máis se aburreu. Organizouno a compañía Matapiollos.” Lara Gómez Pérez.

Page 3: Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10

DESPOIS DE VER “A REBELIÓN DOS MONICREQUES” ALGÚNS ANIMARONSE E FIXERON O SEU PROPIO MONICREQUE. AÍ VAI A MOSTRA:

Page 4: Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10
Page 5: Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10
Page 6: Monicreques 4ºDe Primaria Curso 09 10