MemoriasTraballoCeesg 2015 - Ceesg.org | Colexio de...
-
Upload
hoangduong -
Category
Documents
-
view
225 -
download
0
Transcript of MemoriasTraballoCeesg 2015 - Ceesg.org | Colexio de...
4
Con carácter xeral, desenvolvéronse iniciativas coa intención de dar cumprimento aos obxectivos que dan orixe a esta área de traballo no marco do Ceesg, sendo posible destacar as seguintes cuestións:
o Na liña de «avanzar no recoñecemento dunha categoría única de Educador/a Social
no V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia, e no Servizo Público de Emprego
Estatal (SEPE) e Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG)», cabe sinalar que no
ano 2015 remitiuse unha proposta de documento de funcións para os
postos de educadores/as sociais e outro documento de funcións por
ámbitos para os centros dependentes da Consellería de Traballo e
Benestar. Con especial atención aos ámbitos vinculados aos Grupos de
Traballo.
o No tocante a «coñecer a realidade da Educación Social nos ámbitos vinculados aos
Grupos de Traballo e a centros penitenciarios (estratéxico do CGCEES)»; os grupos
de traballo elaboraron un documento que serviu de base para o que foi enviado
á Consellería de Traballo e Benestar.
o Coa intención de «contribuír a definición do perfil profesional a educadora e do
educador social nos ámbitos vinculados a Grupos de Traballo»; definiuse un perfil
profesional propio en relación aos espazos ou ámbitos laborais que
gardan relación cos diferentes grupos de traballo (maiores, infancia e
adolescencia, familias, igualdade de xénero, desenvolvemento comunitario e
educación ambiental).
o A busca dunha «presenza en Espazos de Debate, reflexión e decisorios relacionados
coa nosa profesión» é posible avanzar diferentes accións encamiñadas a dotar ao
Ceesg dunha maior visibilidade formando parte da Alianza social
Galega, Marea Laranxa, Foro Galego de Inmigración, Movemento
Galego de Saúde Mental, Consello Galego de Benestar de Galicia,
Grupo de Traballo de ESGADI, Plataforma Feminista Galega.
5
Accións desenvolvidas
A continuación preséntanse de maneira detallada as diversas accións que foron levadas
a cabo dende a Área de Acción Sociolaboral e Profesional:
1. Permanentes da área
Para a realización desta tarefa contamos co asesoramento do despacho xurídico
A Sensu Contrario. Para máis información , ver anexo “Memoria do Servizo Xurídico”.
1.1. Escritos relacionados con ofertas de emprego e funcións propias
da Educación Social
o Escrito sobre persoal educativo en Centros de Menores. Solicitando
que “Que nos pregos de condicións técnicas para a contratación da xestión do
acollemento de menores en situación de desamparo ou risco tutelados ou en
garda pola Xunta de Galicia se especifique no tocante á formación requirida
para o persoal educativo estar en posesión da “Diplomatura ou título de Grao
en Educación Social, ou habilitación como educador/a social”.
o Escrito dirixido á Consellería de Traballo e Benestar no que se recollen
propostas (documentos de funcións) en relación á solicitude de modificación da
RPT desa Consellería para os postos de educador/mestre.
o Escrito ás Universidades Galegas co obxecto de informar sobre o RD
aprobado en Consello de Ministros de 30.01.2015.
o Escrito de posicionamento encamiñado ás Universidades Galegas en
relación á reforma dos estudos universitarios.
o Escrito dirixido á Universidade de Santiago de Compostela solicitando
que se inclúan achegas ao Máster de Intervención Social: enviamos unha serie
de observacións á Facultade de Ciencias da Educación sobre a proposta dun
Máster para que inclúan o noso escrito ás alegacións que fagan ao mesmo.
6
o Reunión coa Dirección Xeral de Función Pública: abordamos o Convenio único
de persoal laboral da Xunta de Galicia e a modificación da RPT da CTB.
o Rexistro de entrada no Ceesg a Resolución do Concello Corgo onde se
desestima o recurso contencioso administrativo do COTS contra as "Bases que
rexerán o procedemento selectivo para a contratación de persoal laboral
temporal e formación de bolsas de emprego", impugnación referida única e
exclusivamente aos requisitos específicos do posto de Educador Familiar. O
COTS solicitaba a nulidade dos requisitos (titulación de diplomado ou graduado
en Educación Social ou habilitado profesional; requisito que fora establecido
aceptando un escrito do Ceesg), solicitando que se mantivera a redacción inicial
(que permitía o acceso a outras titulacións do social, concretamente a
educación social, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, traballo social e
diplomados en maxisterio).
o Escrito ao Concello do Barco de Valdeorras por non ter en conta para a
posto de educador/a familiar ás persoas habilitadas nos Colexios Profesionais
de Educación Social.
o Rexistro de Entrada do Ceesg un oficio do Servizo de Contratación
Administrativa relativo á “modificación dos pregos de cláusulas
administrativas particulares e de técnicas que rexen esta contratación, co fin de
incluír a Diplomatura en Educación Social ou título de grao equivalente como
perfil dos docentes. Esta modificación implica, de acordo co artigo 155 do
Texto refundido da Lei de contratos do sector público, a desestimación deste
procedemento de contratación e o inicio dun novo procedemento de
contratación coa inclusión da modificación posta de manifesto”, solicitado polo
Ceesg no 2014.
o Escrito dirixido ao Concello de Rianxo indicando que para a praza de
Educación Familiar se solicite exclusivamente a Titulación ou Habilitación en
Educación Social.
7
o Escrito dirixido ao Concello de Curtis indicando que para a praza de
Educación Familiar se solicite exclusivamente a Titulación ou Habilitación en
Educación Social. O concello non concede exclusividade á Educación Social
neste tipo de prazas.
o Escrito dirixido á Deputación de Pontevedra solicitando a retirada de dous
exercicios contemplados no marco dun concurso-oposición no cadro de
persoal funcionario da Deputación onde se fai referencia explícita ao Síndrome
de Alienación Parental (SAP).
o Escrito á Deputación de A Coruña en relación á listaxe de postos de
“educador/a titor” para Fogar Infantil e Centro de Día de menores de Ferrol,
solicitando que no proceso selectivo se admita exclusivamente á Titulación
e/ou Habilitación en Educación Social.
o Escrito dirixido ao Concello de Malpica de Bergantiños en relación á
convocatoria dunha praza de axente de igualdade solicitando a consideración da
Diplomatura/Grao en Educación Social ou correspondente habilitación como
requisito académico de acceso.
o Presentación Recursos de Reposición ás Bases de dous postos de
orientación laboral, dous de técnicas de prospección de emprego e unha de
técnica de formación da Deputación de Pontevedra. Este recurso foi
desestimado.
o Presentación de Recurso de Reposición perante a convocatoria e Bases
para una praza de técnico/a para PAI do Concello de Vilariño de Conso.
o Presentación de Recurso de Reposición contra as Bases de contratación dun
educador/educadora social no Concello de Verín. As bases foron modificadas
dando cumprimento aos cambios esixidos dende o Ceesg.
o Presentación de Recurso de Reposición contra as Bases da convocatoria da
contratación dun/dunha titulado/a superior con formación específica en
drogodependencias e outras condutas aditivas no Concello de A Estrada.
8
o Recurso de Reposición contra as Bases da convocatoria dun axente de
prospección de emprego no Concello de Sada.
o Escrito dirixido ao Concello de Valdoviño con motivo da bolsa de emprego
de Educadoras/es Sociais convocada, coa intención de que integrasen a figura
das habilitadas e habilitados.
o Escrito dirixido ao Concello de Vigo solicitando que “se reforcen os equipos
profesionais dos servizos sociais do Concello de Vigo, mediante a contratación
de educadoras/es sociais, cumprindo coa ratio mínima de 1 técnico/a por cada
8.000 habitantes, establecida no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se
regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.”
o Escrito dirixido ao Concello de Manzaneda informando da pertinencia do
perfil profesional da Educación Social para cubrir unha praza de axente TIC, coa
intención de que se teña en consideración en futuras convocatorias.
o Presentación de Recurso de Reposición contra as Bases da convocatoria
para a contratación dun/dunha axente TIC dirixido ao Concello de Castro
Caldelas.
o Escrito dirixido ao equipo decanal da USC en relación ao caso do profesor
Domingo Neira. Reunión co equipo decanal para clarificar posturas e manter
unha liña colaborativa.
1.2. Relacións institucionais: administracións públicas, universidades e
outras entidades de iniciativa privada
Xaneiro 2015
o Reunión coa Subdirección Xeral de Promoción de Autonomía Persoal
para presentar o I Encontro Luso-Galaico da Educación Social.
9
Febreiro 2015
o Participación no Acto de toma de posesión da Decana da Facultade de
CC. da Educación (USC).
Abril 2015
o Reunións do grupo de traballo da Xunta de Galicia – ESGADI
(Estratexia Galega de Discapacidade), na que o Ceesg fai aportes aos
borradores achegados.
Maio 2015
o Encontro co grupo político municipal Compostela Aberta, no que tamén
participou o colexio profesional.
o Reunión do grupo de traballo da Xunta de Galicia – ESGADI (Estratexia Galega de Discapacidade)
Xuño 2015
o Reunión coa Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e
Benestar.
o Reunión do grupo de traballo da ESGADI, Estratexia Galega de
Discapacidade.
Xullo 2015
o Reunión coa Dirección Xeral de Función Pública na que se abordou o
Convenio único de persoal laboral da Xunta de Galicia e a modificación da RPT
da CTB.
o Asistencia ao acto de presentación do Plan galego anti VIH/SIDA e outras
infeccións de transmisión sexual (ITS) 2015 – 2018.
10
o Reunión coa Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde
(Concello de Santiago de Compostela) e Representación do Foro Galego
de Inmigración.
Setembro 2015
o Reunión coa Concelleira de Igualdade e Diversidade do Concello de A
Coruña.
o Asistencia e participación na mesa de traballo sobre a realidade das
persoas refuxiadas organizada dende a Concellería de Políticas Sociais,
Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela.
o Asistencia e participación na mesa de traballo para o análise da realidade
das persoas sen teito e transeúntes organizada dende a Concellería de
Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela
Outubro 2015
o Asistencia e participación na mesa de traballo para o análise da realidade
das persoas sen teito e transeúntes organizada pola Concellería de
Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela.
o Asistimos á conmemoración do Día Internacional para a Erradicación
da Pobreza nun acto organizado pola Valedora do Pobo en colaboración con
EAPN Galicia.
o Asistencia ao acto público de presentación do libro «Atención y
protección jurídica de la discapacidad».
o Asistencia e participación na mesa de traballo sobre a Renda Básica
Municipal organizada dende o Concello de A Coruña.
o Reunión coa Concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización
Lingüística do Concello de Vigo. Fiadeiras.
11
o Asistencia e participación na mesa de traballo sobre a crise das persoas
refuxiadas organizada pola Concellería de Política Social, Diversidade e Saúde
do Concello de Santiago de Compostela.
o Reunión coa Deputación Provincial de Pontevedra, a través dunha
xuntanza coa Deputada de Benestar Social.
Novembro 2015
o Reunión coa Concelleira de Educación, Igualdade e Servizos Sociais do
Concello de Pontevedra. Fiadeiras.
o Reunión coa Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión do
Concello de Lugo. Fiadeiras.
o Participación na III Invernada de Cine organizada con Concello de Xermade.
o Reunión coa Concelleira de Asuntos Sociais, Sanidade, Igualdade,
Xuventude e Voluntariado do Concello de Ourense. Fiadeiras.
o Reunión coa Deputación de A Coruña, concretamente coa Vicepresidenta e
Deputada de Cooperación, Plans provinciais xerais, Asistencia a municipios, e
Normalización Lingüística e a Deputada de Benestar Social, Educación e
Políticas de Igualdade de Xénero. Fiadeiras.
o Asistencia e participación na mesa de traballo sobre a Renda Básica
Municipal do Concello de A Coruña.
o Participación e traballo arredor da Estratexia Integrada de
Desenvolvemento Urbano Sustentable de A Coruña (EIDUS).
o Reunión coa Subdirectora Xeral de Familia e Menores. Escaravellando.
12
Decembro 2015
o Asistencia e participación na mesa de traballo sobre a crise das persoas
refuxiadas organizada pola Concellería de Políticas Sociais, Diversidade e
Saúde do Concello de Santiago de Compostela.
o Asistencia e participación na mesa de traballo para o análise da realidade
das persoas sen teito e transeúntes organizada pola Concellería de
Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela.
o Asistencia e participación na mesa de traballo sobre a Renda Básica
Municipal do Concello de A Coruña.
o Asistencia ao Encontro sobre Políticas Sociais organizado polo grupo En
Marea na cidade de Santiago de Compostela.
o Reunión coa Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento económico e
Turismo do Concello de Santiago de Compostela.
1.3. Sinatura de convenios
o Sinatura de convenio con En página Impar
o Renovación do convenio con SarQuavitae (Santiago de Compostela).
1.4. Participación en entidades afíns nas que estamos integradas
Nesta liña, o Ceesg mantivo unha representación activa en diferentes entidades nas
que estamos representadas.
Consello Galego de Benestar Social.
Asistimos ás reunións convocadas e realizamos achegas.
o Asistencia a reunión do Consello Galego de Benestar Social. (6/03/2015)
13
o Asistencia á reunión extraordinaria do Consello Galego de Benestar Social
3/2015 do Pleno do Consello Galego no que se traballa: requisitos para o
funcionamento e acreditación dos servizos para promoción da autonomía
persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, o procedemento
para a elaboración do PIA, declaración e cualificación do grupo de
discapacidade e sobre o procedemento para a emisión do informe sobre o
esforzo de integración da persoa estranxeira no ámbito da Comunidade
Autónoma de Galicia. (3/08/2015).
Foro Galego de Inmigración.
o Xuntanza do Foro Galego de Inmigración. (7/01/2015)
o Xuntanza do Foro Galego de Inmigración (24/01/2015)
o Xuntanza do Foro Galego de Inmigración (4/02/2015)
o Xuntanza do Foro Galego de Inmigración (4/03/2015)
o Xuntanza do Foro Galego de Inmigración (28/03/2015)
o Reunión do Foro Galego de Inmigración (8/04/2015)
o Xuntanza do Foro Galego de Inmigración (6/05/2015)
o Xuntanza do Foro Galego de Inmigración (23/05/2015)
o Xuntanza do Foro Galego de Inmigración (3/06/2015)
o Xuntanza do Foro Galego de Inmigración (1/07/2015)
o Xuntanza do Concello de Santiago de Compostela con representantes do Foro
Galego de Inmigración (23/07/2015).
o Xuntanza do Foro Galego de Inmigración (2/09/2015)
o Xuntanza do Foro Galego de Inmigración (7/10/2015)
o Xuntanza do Foro Galego de Inmigración (17/10/2015)
14
Ademais, cabe sinalar a designación de representantes para participar na
Carteira de Servizos Sociais de Inclusión (CTB). A CTB organizou un grupo de
traballo e asistimos á primeira reunión, na que se presentou traballo xa avanzado e
facemos achegas ao texto.
Igualmente, cómpre destacar a designación de representante para a
elaboración da Estratexia Galega de Discapacidade, e a designación de
representante para a Comisión de VIH-Sida.
2. Consultas colexiais e outras
Data da consulta
Consulta
30/12/2015 Relacionada con temario para oposicións
04/12/2015 Orientación sobre material específico
01/12/2015 Elaboración dun proxecto social
27/11/2015 Ámbitos profesionais da educación social
16/11/2015 Nivel MECES
14/11/2015 Lista de peritos xudiciais
11/11/2015 Regulamento e situación das Casas Niño (Xunta de Galicia)
03/11/2015 Regulamento e situación das Casas Niño (Xunta de Galicia)
27/10/2015 Voluntariado
15
16/10/2015 Educación Social no ámbito escolar en Galicia
09/10/2015 Nivel MECES
09/10/2015 Nivel MECES e Habilitación
06/10/2015 Oposicións
05/10/2015 Nivel MECES
02/10/2015 Nivel MECES e Lista de peritos xudiciais
01/10/2015 Presentación Concurso Tfg.es
25/09/2015 Diferenzas entre Diplomatura e Grao; Cursos de monitora de tempo libre
24/09/2015 Exercicio como mediadora familiar
21/09/2015 Pertinencia adaptación ao Grao en Educación Social
21/09/2015 Orientación busca de emprego
17/09/2015 Formar parte do PIC – USC
17/09/2015 Información sobre cursos de mediación
16/09/2015 Información sobre colexiación
14/09/2015 II Convenio Estatal de Reforma Juvenil y Protección de Menores
05/08/2015 Certificados de profesionalidade
31/07/2015 Nivel MECES
16
30/07/2015 Prazas Educadoras/es Xunta de Galicia
28/07/2015 Recomendación Máster Xeibra
25/07/2015 Temario oposicións
24/07/2015 Listaxe de peritos xudiciais
24/07/2015 Prazas Deputación A Coruña
23/07/2015 Prazas Deputación A Coruña
23/07/2015 Prazas Deputación A Coruña
22/07/2015 Rexistro Mediación Familiar Xunta de Galicia
13/07/2015 Adaptación Diplomatura a Grao
13/07/2015 Cursos Educación Familiar
13/07/2015 Técnico Educativo/ Educación Social
02/07/2015 Nivel MECES
29/06/2015 Modelo Informe Socioeducativo
29/06/2015 Formación en peritaxe xudicial e convalidación diplomatura-grao
15/06/2015 Información proxecto PIC
11/06/2015 Formación (allea ao Ceesg)
09/06/2015 Información sobre aulas hospitalarias
17
08/06/2015 Oposicións
02/06/2015 Impartir Curso AFD
27/05/2015 Legalidade dun proceso selectivo
27/05/2015 Homologación título Educación Social
27/05/2015 Datos sobre condicións laborais das educadoras/es sociais
21/05/2015 Convenio de Acción e Intervención Social
18/05/2015 Oposicións
15/05/2015 Listas peritaxe xudicial
15/05/2015 Oposicións
07/05/2015 Convocatoria que non recoñece Educadoras Sociais
29/04/2015 Composición equipos orientación específica
26/04/2015 Información Programas Intervención Familiar
22/04/2015 Formación Directores/as Tempo Libre
16/04/2015 Temarios oposicións
15/04/2015 Salarios e ratio de Educadoras Sociais no ámbito de menores
15/04/2015 Información Educación Social e Trastorno de Espectro Autista (TEA)
07/04/2015 Adaptación diplomatura-grao
18
06/04/2015 Proposta escrito Concello de Vigo
01/04/2015 Homologación título Educación Social
01/04/2015 Documentación sobre Educación Social e ámbito escolar
23/03/2015 Temario prazas Educación Familiar
21/03/2015 Educación Social e ámbito escolar
19/03/2015 Titulación en Educación Social sendo habilitado (procedemento)
19/03/2015 Docencia en formación profesional para o emprego
12/03/2015 Información tfg| Educación de adultos en Palestina
12/03/2015 Adaptación diplomatura-grao
11/03/2015 Proposta gratifeira Ourense
10/03/2015 Funcións e situación da Educación social nos Servizos Sociais en Galicia
04/03/2015 Regulamento de amigas/os do colexio
03/03/2015 Datos sobre convocatorias de "educador/a social" en Galicia, e sobre nº estudantes grao.
03/03/2015 Código de conduta ou similar para tratamento de información nos medios
02/03/2015 Asesoramento creación asociación de voluntariado en prisións
02/03/2015 Derivación de casos ao servizo de educación e apoio familiar
19
26/02/2015 Figura ES en residencias privadas de persoas maiores
16/02/2015 Traballar no sistema educativo
13/02/2015 Datos de centros para envío de CV
10/02/2015 Existencia, e no seu caso, opinión/posición sobre o dobre grao Educación social - traballo social
08/02/2015 Ferramentas TIC para traballar no ámbito das demencias
06/02/2015 Ámbito profesional de persoas maiores. Funcións
06/02/2015 Orientación busca de emprego
28/01/25015 Cursos homologados sobre peritaxe xudicial
28/01/2015 Conveniencia de cambio de categoría en Axencia Galega de Servizos Sociais
27/01/2015 Asesoramento para creación de centro de menores
26/01/2015 Habilitación e empregabilidade
25/01/2015 Ofertas de emprego
23/01/2015 Centros de menores para envío de CV
15/01/2015 Listado entidades para envío de CV
14/01/2015 Salarios en Educación Familiar
08/01/2015 Habilitación en Educación Social
20
3. Seguimento de disposicións legais e convenios onde se
regularice a figura profesional e a situación laboral da
educadora e educador social, así como a súa aplicación.
A este respecto cabe sinalar as seguintes actuacións:
o Designación de persoa experta sobre a Reforma da Lei de Protección á
Infancia. Á petición de Consello, nomeamos a Laura Cruz como a persoa
asesora experta para a análise e achegas aos proxectos de lei que modifican o
sistema de protección de menores. (5/03/2015).
o Achegas ás Leis de Infancia: a través de Consello, facemos achegas dirixidas a
todos os grupos do Congreso de Deputados. (31/02/2015).
o Achegas ao Borrador de Carteira de Servizos Sociais de Inclusión e remitido
pola Consellería de Traballo e Benestar. (6/04/2015).
o Achegas ao Plan Galego de Política Familiar 2015-2018 (6/04/2015).
4. Reunións coa Asesoría Xurídica
Segundo temos contratado o Servizo Xurídico atende de maneira presencial os
primeiros mércores de cada mes na sede do Ceesg a todas aquelas persoas colexiadas
que desexen realizar consultas. Aproveitamos esta circunstancia, para revisar calquera
outra cuestión relacionada co colexio. Tamén se mantiveron outros encontros para
afondar en cuestións que así o requirían.
o Servizo Xurídico presencial do Ceesg (7/01/2015)
o Servizo Xurídico presencial do Ceesg (4/02/2015)
o Servizo Xurídico Presencial do Ceesg (04/03/2015)
o Servizo Xurídico presencial do Ceesg (8/04/2015)
o Servizo Xurídico presencial do Ceesg (6/05/2015)
21
o Servizo Xurídico presencial do Ceesg (19/05/2015)
o Servizo Xurídico presencial do Ceesg (3/06/2015)
o Servizo Xurídico presencial do Ceesg (16/06/2015)
o Servizo Xurídico presencial do Ceesg (14/07/2015)
o Servizo Xurídico presencial do Ceesg (1/09/2015)
o Servizo Xurídico presencial do Ceesg (6/10/2015)
o Servizo Xurídico presencial do Ceesg (18/11/2015)
o Servizo Xurídico presencial do Ceesg (1/12/2015)
5. Seguimento da lexislación en materia educativa e social
Dende a área de acción profesional e como labor transversal de toda a Xunta de
Goberno e grupos de traballo, mantémonos ao día sobre as novas lexislativas que
xorden no marco educativo e social.
6. Elaboración do Profesiograma e Mapa de Recursos
En colaboración cos grupos de traballo, neste ano avanzouse na realización desta
actividade.
7. Comisión ética e Deontoloxía profesional
Participación na «Xornada de Debate en torno á Ética e a Deontoloxía en Educación
Social: A Comisión Deontolóxica como ferramenta de reflexión ética» (febreiro de
2015).
23
Accións desenvolvidas
1. Publicacións do colexio
o Boletín mensual do Ceesg. A presentación dixital pódese ver no enlace de
issuu e tamén na propia web: www.ceesg.org
o Publicación da revista Galeduso nº 11, monográfico sobre Educación Social
e Maiores.
o Proxección da Promoción do Documental sobre a Historia da Educación
Social en Galicia durante os actos previstos para a celebración do Día
Mundial da Educación Social (DMES).
o Guía de servizos. Impresión e entrega da guía de servizos para persoas
colexiadas e amigas do Ceesg.
o Calendario sobremesa coas fotos do I Concurso de OLLADAS.
2. Eventos
Xaneiro 2015
o Asistencia á presentación oficial do COPESPA (Ovieu).
o Durante a Asemblea Xeral Anual no Ceesg, nomeamento de D. Jesús
Rodríguez como Colexiado de Honra e homenaxe a D. Alberto
Fernández de Sanmamed como primeiro presidente do Ceesg e primeiro
presidente do Cgcees (Lugo).
Febreiro 2015
o Presentación do Ceesg nas aulas de Educación Social na Universidade de
Vigo
o Presentación do Ceesg nas aulas de Educación Social na Universidade de
Santiago de Compostela.
24
o Presentación do Ceesg nas aulas de Educación Social na Universidade de
A Coruña.
o Reunión da Comisión para a realización do Documental sobre a Historia
da Educación Social en Galicia.
o Asistencia ao Seminario-obradoiro de avaliación de materiais didácticos
organizado por Nova Escola Galega (NEG)
Marzo 2015
o Presentación da conferencia de Jaume Trilla (Campus universitario de
Ourense).
o Asistencia á lectura da tese doutoral do educador social Millán Brea (Campus
universitario de Ourense).
o Coorganización do I Encontro luso-galaico de Educación Social (Vigo) 14
e 15 marzo.
o Participación na difusión da Xornada formativa sobre atención centrada
na persoa, IES Carlos Casares (Viana do Bolo).
o Reunión do tribunal TFG.eduso (Compostela).
Abril 2015
o Participación na XII edición das Xornadas Interxeracionais organizadas na
Facultade de CC. da Educación en Ourense.
o Participación na II Semana da Promoción Social organizada na Facultade de
CC. da Educación da Universidade de Vigo por alumnado de Educación Social e
Traballo Social.
o Reunión avaliativa do I Encontro Luso-galaico da Educación Social que
tivo lugar na cidade de Porto.
25
o Asistencia á xuntanza da Plataforma en Defensa da Casa da Xuventude
de Ourense.
o Asistencia ás "III Xornadas de Interpretación e dinamización do medio
rural" (Friol).
o Reunión da Comisión para a realización do Documental sobre a Historia
da Educación Social en Galicia.
o Reunión Eixo Atlántico para buscar colaboracións e financiamento para o I
Encontro Lusogalaico (Pontevedra).
o Representación no XXIX Encontros Galego – Portugués de Educadoras
pola Paz e I Asemblea galega de estudantes de Educación Social
(Chantada).
o Reunión do PIC da Universidade de Santiago de Compostela e
organización dun Photocall «Olladas dende a Educación Social».
o Asistencia á presentación oficial de Chrysallis Galicia, Asociación de
Familias de Menores Transexuais de Galicia.
Maio 2015
o Participación nas XI Xornadas Interxeneracionais de Cabreiros.
Xuño 2015
o Participación nas XI Xornadas Interxeneracionais de Cabreiros.
o Presentación do libro Eduso-historias (Ourense).
o Presentación do libro Eduso-historias (Vigo).
Xullo 2015
o Dinamización dunha das sesións da III Invernada de Cine (Cabreiros,
Concello de Xermade).
26
o Reunión organizativa do encontro sobre Educación Social no ámbito
escolar, con representación das tres universidades galegas, Nova Escola Galega
e o Ceesg.
Outubro 2015
o Celebración do Día Mundial da Educación Social nas tres universidades
galegas (ver apartado específico).
o Asistencia ao acto público no que se presentan as liñas de actuación
estratéxicas establecidas pola Concellería de Igualdade e Diversidade
do Concello de A Coruña.
Novembro 2015
o Reunión PIC Universidade de Santiago de Compostela.
o Reunión PIC Universidade de Vigo (Campus Ourense).
o Reunión PIC Universidade de A Coruña.
o Reunión da comisión creada para a organización do Congreso sobre
Educación Social e ámbito escolar.
Decembro 2015
o Representación na lectura da tese doutoral da educadora social Estefanía
Lema Moreira, Universidade de A Coruña.
3. Relacións coas universidades galegas
Ao igual que en anos anteriores, hai que destacar o mantemento dos Puntos de
Información Colexial (PIC). As dinamizadoras/es do PIC (amigas/os do Ceesg) teñen o
encargo de manter actualizados os taboleiros PIC en cada Facultade, e animar a novos
integrantes os Pic´s nos diferentes campus.
27
No mes de novembro de 2015, realizáronse reunións específicas con cada un dos PIC
das universidades galegas para esbozar propostas e liñas de traballo para o curso
académico 2015/2016. Ademais, cabe sinalar:
o Reunión co Decanato Universidade de Santiago de Compostela (Abril, 2015).
o Asistencia e participación no Acto de Graduación da 3ª Promoción de Grao de Educación Social – Universidade de Santiago de Compostela (Maio, 2015).
o Reunión co Decanato Universidade de Santiago de Compostela (decembro, 2015).
4. Comunicados, apoios a manifestos, participación en concentracións, manifestacións...
Destacar os seguintes compromisos adquiridos polo Ceesg no ano 2015:
o Adhesión á campaña «Paremos o feminicidio» (Maio, 2015)
o Adhesión á Plataforma Feminista Galega (Pontevedra)
o Adhesión á campaña «Compostela en Negro» promovida polo Concello de Santiago de Compostela con motivo do 25 de novembro.
5. Premios, recoñecementos, concursos
A relación de premios e/ou concursos no 2015 é a que se detalla a continuación:
o II Concurso TFG.eduso. Para recoñecemento e posta en valor dos
traballos de fin de grao de Educación Social que promovan a educación
social nos seus distintos ámbitos de acción. Fixéronse públicos os traballos
premiados no 2 de outubro, coincidindo cos actos de celebración do Día
Mundial da Educación Social, cuxas liñas temáticas xiran arredor da
educación para a saúde e a realidade das persoas sen fogar.
o II Concurso Olladas dende a Educación Social. Impulsado polas
dinamizadoras PIC das distintas Universidades galegas co obxectivo de
28
inmortalizar en imaxes a nosa mirada socioeducativa da vida cotiá e da
contorna que nos rodea. Esta edición quedou deserta por falta de
formalidade e calidade nos traballos presentados.
o Nomeamento de Colexiado de Honra a D. Jesús Rodríguez e
homenaxe a D. Alberto Fernández de Sanmamed como primeiro
presidente do Ceesg e primeiro presidente do Cgcees. (Lugo)
o Concurso de proxectos de Educación Social “Memorial Toni
Juliá”. Iniciativa do CGCEES que apoiamos, e complementamos cun
premio a nivel autonómico. O premio a nivel autonómico quedou deserto.
o Candidatura ao Premio Manuel Beiras. Convocado polo Concello de
Santiago de Compostela, recoñece o esforzo das empresas no proceso de
facer normal o uso da lingua galega. Presentamos a candidatura do Ceesg
para a convocatoria correspondente ao ano 2015.
6. Celebración do Día Mundial da Educación Social (DMES)
O 2 de outubro, con motivo da celebración do DMES, encaixamos varias actividades,
con presenza nos tres campus universitarios galego baixo un esquema común:
presentación do día mundial da educación social, proxección das fotos do concurso de
Olladas desde a Educación Social, fallo do concurso de TFG.eduso e proxección da
promoción do documental sobre a Historia da educación social en Galicia.
o Na Coruña, entregouse o premio á gañadora do Concurso TFG.eduso na
versión estendida: «A educación social e as persoas sen fogar: un estudo de
caso».
o En Ourense, entregouse o premio á gañadora do Concurso TFG.eduso na
versión escondida: «A educación social no campo da saúde: novos retos e saídas
profesionais». Tamén participamos no Encontro luso-galaico de radios
alternativas.
29
o En Santiago de Compostela, presentouse oficialmente o Ceesg nunha mesa
redonda onde tamén tivo presenza o alumnado da titulación e o
profesorado do Título de Grao en Educación Social.
Ademais, fixemos un esforzo para poder ter representación nos medios de
comunicación en todas as provincias, saíndo en varios xornais do país.
7. Mantemento da web, facebook e avisos online
Coa intención de facer chegar a información máis actual de forma directa ás persoas
colexiadas, mantemos o servizo online de avisos que se envían os mércores e os
venres, semanalmente. Tamén mantemos activa a información na web e no facebook
(3.295 gústame).
8. Campañas pro-colexiación
o Campaña Amigas/os do Ceesg. Continuidade desta campaña coa intención
de contribuír a aumentar a presenza de alumnado nos Puntos de Información
Colexial e na vida do colexio profesional.
9. Relación cos medios de comunicación
A relación de aparicións nos medios de comunicación concrétase en 11 notas de
prensa; 15 aparicións en prensa; 7 aparicións en radio. A continuación preséntanse en
maior detalle estas novas:
30
título data tipo
Jesús Rodríguez Rodríguez, nomeado Colexiado de Honra polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia22/01/2015 nota de prensa
Esperamos o recoñecemento no convenio único da Xunta. 12/02/2015 aparición en prensa
O xermadés Jesús Rodríguez , colexiado de honra do Ceesg 23/02/2015 aparición en prensa
O Ceesg nomea Colexiado de Honra a Jesús Rodríguez Rodríguez 26/02/2015 nota de prensa
Vigo acollerá un encontro internacional que reunirá profesionais da educación social de Galicia e Portugal27/02/2015 nota de prensa
Universal Radio - grupo gestiona radio - 27/02/2015 contacto
Educadores sociales gallegos y portugueses se reúnen en Vigo 01/03/2015 aparición en prensa
EIRA | La moda sostenible triunfa en la gratifeira de Ciencias da Educación de la USC 12/03/2015 aparición en prensa
El Trapecio. Educar en valores a través do xogo. 19/03/2015 radio
As IV Xornadas Educación Social e Violencia de Xénero porán a ollada nos feminismos para a erradicación da violencia machista.06/04/2015 nota de prensa
Apoio do Ceesg á campaña "que non che rouben o corazón". 19/05/2015 nota de prensa
Los vigueses Antón Bouzas y Miguel Dasilva distinguidos en unos premios nacionales al compromiso ciudadano28/05/2015 aparición en prensa
O educador social Antón Bouzas premiado pola súa traxectoria profesional 29/05/2015 nota de prensa
O traballo das Educadoras e Educadores sociais inspira un l ibro de relatos 15/06/2015 nota de prensa
Presentación edusohistorias, contacto con Alfonso 16/06/2015 contacto
O traballo das Educadoras e Educadores sociais inspira un l ibro de relatos 17/06/2015 nota de prensa
Presentación edusohistorias, contacto con Alfonso 19/06/2015 contacto
EIRA | Vedra tratará el desarrollo social en el rural gallego 18/09/2015 aparición en prensa
EIRA | As asociacións do rural xeran un espazo para compartir experiencias 23/09/2015 aparición en prensa
En cada instituto debería haber un educador social en plantilla 27/09/2015 aparición en prensa
Día Mundial da Educación Social 02/10/2015 aparición en prensa
Un educador social pode ser reclamado como perito 06/10/2015 aparición en prensa
É preciso que se nos regule como unha categoría profesional máis 10/10/2015 aparición en prensa
RESOLUCIÓN DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO EN MATERIA DE EXECUCIÓN DE MEDIDAS XUDICIAIS PARA MOZOS/AS MENORES DE 18 ANOS21/10/2015 nota de prensa
O programa da invernada de cine de Cabreiros avoga pola unión veciñal 08/11/2015 aparición en prensa
A Deputación anima aos concellos a se activaren contra a violencia machista 19/11/2015 aparición en prensa
FIADEIRAS| El foco "de puertas adentro" 20/11/2015 aparición en prensa
FIADEIRAS| El corunés opina 22/11/2015 Radio
FIADEIRAS| Diario cultural 25/11/2015 Radio
FIADEIRAS| Radio Fusión 25/11/2015 Radio
PRESENTACIÓN DO LIBRO «MACHISMOS: DE MICRO NADA» 26/11/2015 nota de prensa
Posicionamento do Ceesg ante o trato ás persoas sen teito nos medios de comunicación16/12/2015 nota de prensa
Entidades sociais apelan á responsabil idade dos medios ao informar das persoas sen teito18/12/2015 aparición en prensa
10. Outras accións
Reunións de Area de Comunicación bimensuais/trimensuais, e en setembro e
decembro 2 veces ó mes en torno ás iniciativas seguintes: III TFG; II Concurso
31
OLLADAS; GALEDUSO; DMES; Documentario e PROMO; Dinamización e
organización das Xuntas de Goberno; Calendario; Premio Manuel Beiras; dominio .gal;
Campaña e promoción de colexiación; memoria de área 2015 e plan de traballo 2016.
33
Accións desenvolvidas
1. Relacionadas co Plan de Formación do Ceesg
Marzo 2015
o Organización dunha Gratifeira. Educación e novas iniciativas de roupa ética
e responsable. Santiago de Compostela. Eira do Ceesg.
o Xornadas sobre Empresas de Inserción. Colaboración con Asociación de
Empresas de Inserción de Galicia, AEIGA. Santiago de Compostela.
o Coorganización do I Encontro luso-galaico de profesionais da Educación
Social. Colaboración coa APTSES. Vigo.
Abril 2015
o Coorganización do Encontro de Infancia e Educación social: Implicacións
no traballo cotián dos cambios lexislativos no ámbito da infancia, tivo lugar na
Facultade de Ciencias da Educación. A Coruña. Escaravellando.
o Representación no Seminario Internacional polo dereito á Educación.
Facultade de Ciencias da Educación. Santiago de Compostela. Fiadeiras
o Celebración das IV Xornadas de educación social e violencia de xénero.
En colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación. A Coruña. Fiadeiras
Maio 2015
o A través do gabinete xurídico do Ceesg, representado por Asensu Contrario,
celebrouse unha formación sobre Peritaxe xudicial e educación social.
Santiago de Compostela.
34
Xuño 2015
o Celebración do obradoiro «A emoción da voz». Santiago de Compostela.
o Coorganización do Congreso da Sociedade Galega de Xeriatría e
Xerontoloxía. Ourense. Geix.
Setembro 2015
o Celebración da I Xornada Desenvolvemento Sociocomunitario no
Rural Galego: Lecturas desde a Educación Social. Vedra Eira do Ceesg.
o Organización do Seminario sobre o Informe socioeducativo:
Ferramenta imprescindible para o noso traballo. Santiago de
Compostela. aBeira.
Novembro 2015
o Presentación do libro «Machismos: de micro nada». Santiago de
Compostela. Fiadeiras.
o Presentación do libro «Machismos: de micro nada». A Coruña. Fiadeiras.
Decembro 2015
o Presentación do libro «Machismos: de micro nada». 12 de decembro.
Pontedeume. Fiadeiras.
Formacións canceladas:
o Somos de Fiar II. Formación e sensibilización en xénero. Marzo. Lugo.
Fiadeiras.
o Curso sobre "Atención centrada na persoa en institucións sociais
dende unha perspectiva educativa". Maio – xuño 2015 e o 14 de
novembro.
35
2. I Ciclo de Documentais e-doc.SOCIAL
Actividade común dos grupos de traballo do Ceesg. Este ano decidiuse realizar un ciclo
de documentais, a través da cal se realizou unha proxección e posterior video-forum,
en colaboración con algunhas entidades:
o 3 de outubro. "As voces da memoria". Geix. Centro Manuela Pérez Sequeiro.
Concello de Narón.
o 15 de outubro. “ Salma cuenta” e “ Álbum familiar”. Fiadeiras. Casa da Fariña.
A Coruña.
o 4 de novembro.“En todas as mans”. A Eira. CSC Fontiñas. Santiago de
Compostela.
o 19 de novembro. “Vidas invisibles”. Escaravellando. Museo do Pobo Galego.
Santiago de Compostela.
3. Colaboracións para a bonificación de cotas para formación de interese das colexiadas e colexiados
Xaneiro 2015
o Reunión coa directora do centro UNED – Pontevedra para avanzar
posibles colaboracións formativas de interese para ambas institucións.
Marzo 2015
o Reunión coordinadora de extensión universitaria da UNED Coruña
para valorar e revisar os convenios de colaboración ca entidade e descontos de
formación das persoas colexiadas.
36
4. Accións sobre ética e deontoloxía
o Participación na «Xornada de debate entorno á Ética e a Deontoloxía
en Educación Social» organizada polo CEESPV. Bilbao (febreiro, 2015).
o Reunión da Comisión de Ética e Deontoloxía no Ceesg, o 19 de marzo.
Onde entre outras cuestións avanzouse na definición do Protocolo e
elaborouse o documento da cláusula de confidencialidade. A reunión convocada
para novembro non se chegou a celebrar.
5. Apoio e seguimento aos grupos de traballo do Ceesg
o Reunión 8 de maio. Convocadas as responsables da área de
desenvolvemento profesional e as coordinadoras de Grupos de Traballo.
Sede do Ceesg. Santiago de Compostela.
o Reunión 20 de xuño. A coordinadora da Área de Desenvolvemento
Profesional convoca ás coordinadoras de grupos para revisar temas comúns
que afectan a todos os grupos como: profesiograma e mapa de recursos,
cotas formación, congreso, ciclo de cine e protocolo de comunicación
inclusiva. Sede do Ceesg. Santiago de Compostela.
6. Colaboracións
Febreiro, 2015
o Asistencia ao I Congreso Internacional - Os retos da educación no
século XXI: calidade e excelencia educativa. Auditorio Abanca. Santiago
de Compostela.
o Coorganización do Seminario «A educación e os materiais didácticos en
Finlandia: que podemos aprender?» Colaboración con Nova Escola Galega.
Santiago de Compostela.
37
o Representación na II Semana galega de loita contra as fronteiras. Santiago
de Compostela, en colaboración co Foro Galego de Inmigración.
Marzo 2015
o Representación nas I Xornadas: dependencia e construción de
autonomía. Colaboración con IES Carlos Casares. Viana do Bolo.
Abril 2015
o Participación na II Semana da Promoción Social organizada na
Universidade de Vigo por alumnado de Educación Social e Traballo Social.
Maio 2015
o Participación nunha mesa redonda no «Seminario: Prácticas e proxectos
socioeducativos no terceiro sector».
o Participación nas “Xornadas de orientación: E agora que? Estudo ou
traballo? Dirixidas ao alumnado do último curso do grao en Educación Social
da Universidade de A Coruña.
o Participación no Seminario final do Proxecto Symbios.
Xuño 2015
o Participación na Xornada de portas abertas da Fundación Secretariado
Gitano.
o Asistencia á «Xornada: una apuesta por la atención sociosanitaria»
organizada por la residencia SarQuavitae de Santiago de Compostela
Xullo 2015
o Asistencia ao acto de clausura da VI edición do Máster en Mediación da
Universidade de Santiago de Compostela.
38
Setembro 2015
o Asistencia aos actos conmemorativos do 25º aniversario da
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
o Representación no CIATEF 2015. Congreso Internacional de Atención
Temperá e Educación Familiar. Universidade de Santiago de Compostela.
o Representación no II Congreso Educación Social e Alfabetizacións.
Facultade de Ciencias da Educación. A Coruña.
Outubro 2015
o Asistencia ás xornadas conmemorativas organizadas pola asociación
Érguete, «Ni locas, ni terroristas».
o Asistimos á conmemoración do Día Internacional para a Erradicación
da Pobreza nun acto organizado pola Valedora do Pobo en colaboración con
EAPN Galicia.
o Asistencia ao acto público de presentación do libro «Atención y
protección jurídica de la discapacidad».
o Reunión institucional coa directora da residencia SarQuavitae de Santiago de
Compostela.
o Representación no Foro autonómico sobre maiores e consumo.
Novembro 2015
o Participación nos actos organizados arredor da III Semana de Loita contra
as Fronteiras.
o Asistencia e participación no Foro Colaborativo polo Emprego organizado
pola Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago de Compostela;
39
concretamente tivemos presenza na mesa de debate «Servizos públicos e
traballo garantido».
Decembro 2015
o Representación no V Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión
social, terceiro sector e voluntariado.
40
Actividades desenvolvidas
1. Informe Socio-educativo
No primeiro trimestre de ano damos por finalizado o modelo de informe
socio-educativo.
O grupo valora a necesidade de trasladar este modelo a profesionais da educación
social co obxecto de mellorar aspectos e ter en conta a visión de persoas externas ao
grupo, por tal motivo lle trasladamos ao Ceesg a proposta de crear una Comisión
Mixta para que sexa esta a que lle de a validez necesaria ao documento previo paso ao
traslado ás Universidades, Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores
Sociais, administracións, etc.
A Comisión comeza a traballar neste ano e a súa composición inicial queda deste
xeito:
Integrantes por parte de aBeira:
- Laura Varela Crespo e Mónica Fernández Gesteira.
Integrantes por parte do Ceesg:
- Eva López Soto e Laura Cruz.
Paralelamente o Grupo segue traballando. Este mesmo ano, a Vogalía de Situación
Profesional e Sociolaboral presenta o modelo de ISE no que levan traballando.
Establecemos contacto co coordinador da Vogalía para intercambiar os dou
41
documentos e estudar a posibilidade de chegar a un consenso entre as dúas propostas,
posto que a Comisión Galega (aBeira e Ceesg) cre que ambos documentos se
complementan e poderían consensuarse. Debido aos tempos limitados, non chegamos
a una acordo firme e por outra banda esperamos indicacións por parte da Vogalía de
Situación Profesional e Sociolaboral e do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais
de Galicia sobre o procedemento a seguir.
Para aBeira é importante poñer en práctica o documento, e en esa liña queremos
trasladarllo a profesionais de diferentes ámbitos que poidan facer uso del.
2. Elaboración do Profesiograma e Mapa de Recursos
Por iniciativa so Ceesg creouse unha Comisión para a elaboración desta tarefa, a
representante de aBeira é Estefanía Lema Moreira.
3. Ciclo de Cine do Ceesg
Este ano non participamos no Ciclo de Cine. O motivo foi a falta de tempo para poder
desenvolver a tarefa con criterios de calidade.
4. IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar
Elaboración de documento e participación no Congreso:
Durante os días 10, 11 e 12 de Setembro desenvolveuse en Santiago o IV Congreso
internacional de Atención de Temperá e Educación Familiar.
Presentamos dúas Comunicacións ao Congreso:
• “El informe socioeducativo en Educación Social. Oportunidades y desafíos para el
desarrollo profesional “.
42
Nesta Comunicación presentamos unha xustificación do proceso de elaboración do
informe, a súa finalidade e os aspectos mais importantes do documento que reflicten a
intervención socioeducativa da educadora e do educador social no proceso de cambio
das persoas cos que intervén e a posta en valor do informe como ferramenta de
traballo e visibilización da figura profesional da Educadora e do Educador social.
• “O/a educador/a social no servizo de educación e apoio familiar dos servizos sociais
comunitarios: o caso de dous concellos do rural galego”.
Nesta comunicación abordamos á figura da educadora e o educador social nos
Servizos Sociais Comunitarios vinculada ao Servizo de Educación e Apoio ás Familias,
ao estar este servizo integrado na da rede de Atención Temperá de Galicia. Tamén
expuxemos o traballo que se desenvolve na administración local, en concreto nos
Concello de A Cañiza e de Ponte Caldelas: funcións que desempeña, fases do proceso
e áreas de intervención socioeducativa, descrición da intervención socioeducativa a
través do proxecto de mellora centrado na persoa, e a coordinación da educadora e o
educador social co resto de profesionais que forman parte do proxecto de mellora.
Vinculouse todo o anterior a intervención do socioeducativa como intervención de
apoio e necesaria para as familias beneficiarias da rede de Atención Temperá de
Galicia, e a educadora e educador social como profesional de apoio que forma parte
do equipo de profesionais de atención temperá.
5. Reunión coa Deputación de Pontevedra: convenio de colaboración dos servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
No último trimestre do ano o Ceesg mantén unha xuntanza coa Deputación de
Pontevedra, en concreto coa Deputada de Benestar Social, Dna. Digna Rosa Rivas
Gómez. Nesta xuntanza se da a coñecer o traballo desenvolto polas educadoras e
educadores sociais nos Servizos Sociais Comunitarios dos concellos da provincia, se
pon en coñecemento o incumprimento do Decreto de Servizos Sociais e se fala da
43
necesidade de contar cunha ferramenta propia para o tratamento de datos,
expedientes sociais e de intervencións socioeducativas, tal e como se falara xa coa
anterior deputada.
Por parte de aBeira e do Ceesg, deixase aberta a posibilidade a novos contactos coa
Deputación de Pontevedra co fin de definir estratexias comúns de intervención que
melloren a atención socioeducativa das persoas usuarias do servizo de apoio as familias
ou calquera outra demanda de colaboración que dende a Deputación se propoña e que
esta vinculada coa figura profesional da educadora e o educador social.
6. Colaboración coa Área de Formación coordinando unha xornada de informe “O informe socioeducativo: unha ferramenta imprescindible para o noso traballo”
O 26 de setembro de 2015, tivo lugar en Santiago de Compostela un seminario sobre
o ISE, No que estivo invitado Carlos Sánchez Valverde. Mónica Fernández Gesteira
presentou ao poñente e coordinou este seminario, no que participaron persoas
colexiadas e de diferentes ámbitos de intervención.
7. Colaboración na revista RES para artigo sobre o seminario de informe socioeducativo.
Elaboramos un artigo sobre o informe socioeducativo e en concreto sobre as propostas e valoracións que se fixeron no Seminario do ISE.
8. Mantemento e dinamización de perfil facebook Mantemos o perfil de facebook e procuramos darlle eco as actividades do Ceesg e dos
outros grupos de traballo, así como darlle publicidade a actividades ou publicacións
relacionadas coa Educación e Intervención Socioeducativa con familias e Servizos
Sociais.
44
Accións desenvolvidasAc
1. Protocolo interno de comunicación non sexista
A actividade foi moi ben acollida entre os grupos de traballo e o CEESG en xeral polo
que cremos que foi moi acertada. Ademais, unha vez feita, foi enviada a todas as persoas
colexiadas, colgada na web do Ceesg, no noso blogue e tamén traducida ao español por
petición do Consejo General de Colegio de Educadoras y Educadores Sociales
(CGCEES) para que outras profesionais da educación social de fóra de Galicia a
puideran ter en conta. Acordamos difundir a través do Ceesg e dos mass-media e redes
sociais este protocolo con motivo do día 8 de marzo.
2. IV Xornadas Educación Social e Violencia de Xénero. Olladas feministas para transformar a vida cotiá
Durante os tres últimos anos, desde Fiadeiras propoñemos traballar o 25 de
novembro, organizando unhas Xornadas baixo o lema Educación social e Violencia de
xénero. No ano 2014 non se celebraron por cuestións económicas quedando
aprazadas para marzo deste ano en colaboración coa Facultade de Ciencias de
Educación da Universidade de A Coruña.
A xornada levou o subtitulo de: Olladas feministas para transformar a vida cotiá onde se
presentaron as seguintes experiencias:
o Implicadas no Desenvolvemento
45
o Revista REVIRADA
o Fiadeiras: dando especial atención á difusión da campaña: Machismos de micro
nada.
O número de inscricións foi elevado, aproximadamente 60 persoas, fundamentalmente
alumnado da Universidade.
Ao igual que nas anteriores Xornadas, rematamos cun peche artístico-social, no salón
de actos, a través da peza de teatro- forum “Vestido de Voda” representada por
Vanesa Rivas e José Leis e dinamizada por AtalaiA Social sobre a violencia machista
dentro da parella.
A nosa valoración como grupo foi moi boa, tanto na participación como selección de
experiencias. Tamén valoramos positivamente poder colaborar coa universidade para
organizar este tipo de eventos coa finalidade de que cheguen á máxima xente posible.
3. 4º Aniversario Fiadeiras: Quedada para xogar ao Trivial Feminista
Valoramos a actividade como moi positiva por varios motivos:
o A actividade convocouse polas redes sociais dando visibilidade aos catro anos
que facía o grupo.
o Ao evento acudiron un total de 20 persoas das cales 13 participaron
activamente (facendo grupos de 2 ou 3 persoas) ao trivial.
o Cremos que a esencia do grupo tamén é compartir tempo e espazos con
outras persoas coa finalidade de divertirse e pasalo ben á vez que se establecen
lazos e crean sinerxías.
o Pola boa acollida que tivo a iniciativa entre diferentes persoas e que así nolo
fixeron achegar a través das redes e/ou persoalmente.
46
4. Redacción Manifesto 25N
Elaboración dun manifesto con motivo do 25N.
5. Publicación «Machismos: de micro nada»
Dándolle continuidade á Campaña posta en marcha o ano pasado, pensamos en facer
unha invitación máis persoal a certas figuras do feminismo, falar con algún/ha
ilustrador/a e poder publicar un libro cunha introdución nosa ou ben de Ana Iglesias,
onde se recolleran todas as achegas da Campaña e outras novas.
Durante todo o ano 2015, as Fiadeiras centrámonos nesta labor e, en xeral, estes
foron os resultados:
o Contacto con máis de 30 artistas, poetas, escritoras, educadoras sociais e
feministas galegas para a colaboración na publicación.
o Colaboración desinteresada de Pablo Sío para o seu deseño e maquetación.
o Aposta da Editorial Embora para o financiamento de 1.200 exemplares.
o Citas con diferentes administración coa finalidade de presentar o libro e a
compra do mesmo.
◦ Concellería de Igualdade e Diversidade. Concello de A Coruña. 16 de setembro: mercaron
100 exemplares.
◦ Vicepresidencia e Cooperación, Plans provinciais xerais, Asistencia a municipios e
Normalización Lingüística e Servizos sociais e Igualdade. Deputación Provincial da Coruña.
11 de novembro: mercaron 200 exemplares.
◦ Concellería de Igualdade, Xuventude e Normalización Linguística. Concello de Vigo. 28 de
outubro.
◦ Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión. Concello de Lugo. Xoves 5 de
novembro
◦ Concellería de Asuntos Sociais, Sanidade, Igualdade, Xuventude e Voluntariado. Concello
de Ourense. 9 de novembro.
◦ Concellería de Concello de Santiago de Compostela. 18 de decembro.
o Venda de libros por diferentes Librarías de toda Galicia.
o Xira de presentacións do libro por Galicia:
47
◦ 27 de novembro na libraría Lila de Compostela.
◦ 2 de decembro na libraría Berbiriana de A Coruña.
◦ 12 de decembro no Festival Treme Terra de Pontedeume.
6. Dinamización das redes: blogue e facebook
A valoración é moi boa, o blogue empregámolo para actualizar as ofertas
formativas en igualdade e escribir sobre cuestións do grupo. No facebook somos
máis dinámicas, tendo moitas persoas que seguen a nosa páxina tanto polo noso
traballo como polos enlaces que compartimos.
7. Actividades en que Fiadeiras colaborou durante o 2015
o Colaboración Asociación Anaral. Ourense. Elaboración dunha mensaxe
feminista para visibilizar o 8 de marzo.
o Xornada Igualdade e empoderamento.Tratouse dunha mesa redonda
baixo o título: “Tres procesos diferentes un mesmo obxectivo: a visibilización das
mulleres nunha sociedade patriarcal” onde as Fiadeiras participamos coa
presentación do grupo e da nosa Campaña “Micromachismos... moito máis que
micro”.
o Colaboración coa Revista REVIRADA. Escribir un artigo para a revista coa
finalidade de contribuír con esta iniciativa e ao mesmo tempo publicitar a
campaña sobre MACHISMOS: DE MICRO NADA.
o Seminario Internacional sobre o dereito á educación. A Educación
cambia o mundo. Participación no obradoiro “Educar en igualdade dentro e
fóra da aula: o enfoque de xénero nas prácticas educativas”.
48
o I Ciclo de Documentais e Educación Social. Valoramos a actividade de
forma positiva en tódolos niveis: boa preparación pola nosa parte; boa
asistencia (35 persoas aproximadamente); boa reflexión posterior e debate.
o Caravana MMM 2015. Unirse á marcha mundial ao seu paso por Compostela
cun cartaz que dicía: Fiadeiras coa Caravana Feminista. Fixemos o percorrido
coas demais persoas da caravana e participamos nos actos que tiveron lugar na
Sala Sargadelos.
o Participación Fiadeiras nos Medios.
− Na Revista Revirada: http://reviradafeminista.com/eventos
− Na Cadena SER
− En Radiofusión
− Reportaxe para Luzes sobre a situación actual do feminismo galego
(publicarase no 2016).
− Radio Galega, Diario Cultural: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-
cultural-diario-cultural-do-dia-25-11-2015-1612810
o Mesas de traballo para a diagnose da igualdade organizadas pola
Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago.O obxectivo destas
mesas de traballo é obter así unha radiografía da situación das mulleres que
sexa de utilidade para ordenar as políticas municipais. Para cumprir este
obxectivo, participamos en cinco mesas temáticas:
− Martes 1 de decembro. Mulleres, empregabilidade e ámbito laboral.
− Mércores 2. Benestar e calidade de vida: políticas socias, saúde e
familias.
− Xoves 4. Participación: empoderamento, visibilidades, políticas públicas
e asociacionismo.
− Xoves 10.Tempo de lecer (educación, cultura, deportes....)
49
− Xoves 17. Posta en común.
o Xuntanza con representantes da rede do barrio de Fontiñas. O
obxecto desta xuntanza é solicitar colaboración con Fiadeiras para levar a cabo
actividades conxuntas entre diversas entidades do barrio que contemplen a
perspectiva de xénero.
Durante este ano 2015, as Fiadeiras asistimos a numerosas xornadas, charlas,
seminarios e eventos relacionados co noso ámbito de traballo, destacando a
charla do Colectivo Hetaira, sobre a prostitución ou a conversa sobre
sororidade dentro dos actos de homenaxe a Begoña Caamaño.
50
Accións desenvolvidas
1. Formación/Xornadas
Íanse realizar unha formación e posterior xornada formativa sobre “Atención centrada
na persoa dende unha perspectiva socioeducativa en institucións sociais”. Non se
realizaron por poucas inscricións.
2. Ciclo de Documentais edoc-SOCIAL
Foi cancelada ante o baixo número de persoas asistentes.
3. Xornadas Interxeneracionais de Cabreiros
Inauguración no primeiro día das Xornadas, por invitación da AAVV de Cabreiros.
4. Xornadas organizadas pola Asociación Carballo Vivo de Friol
Inauguración, asistencia o primeiro día das xornadas.
5. Manifesto 1 de outubro, Día Internacional das Persoas Maiores
Elaboración de un manifesto propio defendendo a figura do profesional da Educación
Social no ámbito das persoas maiores e facendo mención a algúns dereitos que
consideramos importantes a cumprir no traballo con este colectivo. Difusión deste
manifesto a través do Ceesg, Blog e Facebook do Geix.
51
6. Blogue
Está en marcha dende Febreiro de 2015: https://geixblog.wordpress.com/
7. Grupo especializado en demencias
Participación no Grupo de Traballo de Demencias creado por FAGAL. Grupo
formado por profesionais de distintos ámbitos que están a traballar, xa sexa a modo
de intervención como a modo de investigación con persoas afectadas por Alzheimer
ou algunha outra demencia. Hai profesionais que están a desenvolver o seu traballo
nalgunha das tres universidades galegas; nos colexios profesionais de psicoloxía,
traballo social e educación social (nós o GEIX) e nas propias asociacións de FAGAL.
O Grupo de Traballo de Demencias concentrou os seus esforzos en presentar un
Manifesto sobre o Alzheimer e acolleuse ao xa presentado pola OMS, ademais de
servir de apoio fundamental para FAGAL na súa campaña do Día Mundial do
Alzheimer deste 2015.
A última reunión realizada polo grupo tivo lugar o 9 de setembro do 2015, onde se
preparou a presentación nos medios do Grupo e tamén nas xornadas formativas de
FAGAL, así como se deron as líñas de actuación a todas as persoas membro para
promocionar a campaña do Día Mundial do Alzheimer.
8. Mapa de recursos e Profesiograma
O grupo está asentando información para actualizar datos e poder ter un documento
científico-técnico.
Á espera da elaboración dunha Comisión por parte do Ceesg para traballar en equipo
tódolos grupos
52
9. Concurso «As túas verbas»
Elaboración de bases – tema un pouco estancado por priorizar outras tarefas de
visibilización da educación social no ámbito de maiores.
10. Foro autonómico de maiores e consumo
Organizado por ADICAE e o Concello de Santiago de Compostela. Celebrouse en
Santiago de Compostela o 14 de Outubro de 17:00 a 20:00. Asistiu unha representante
do grupo como observadora. Neste foro houbo unha ponencia sobre os hábitos de
consumo dos maiores e os problemas aos que se podían enfrontar. Tratábase de
concienciar aos maiores e propoñerlles participar como voluntarios para o programa
de Axentes Activos de Consumo.
53
Accións desenvolvidas
1. Creación e difusión da imaxe de A Eira do Ceesg
A imaxe da Eira do Ceesg foi elaborada por unha profesional que nos presentou
varios deseños, polo que chegou o momento da elección, no que todas nos sentimos
máis identificadas coa imaxe actual.
A presentación da mesma realizouse mediante o facebook do grupo, mentres que a
súa difusión realizouse a través do mesmo medio, ademais do emprego do logo na
divulgación de tódalas actividades realizadas ata o día de hoxe.
2. Dinamización do grupo a través da súa páxina de facebook
Acordamos a creación e a dinamización dun grupo de facebook que nos servise como
ferramenta de información e difusión, tanto das actividades a desenvolver pola Eira do
Ceesg, como doutros acontecementos relacionamos cos ámbitos de Educación
Ambiental e Desenvolvemento Comunitario.
Esta ferramenta pode ser usada por tódalas persoas que integran o grupo, non
obstante, non dispoñemos dunha organización estruturada para o seu uso, senón que
é totalmente flexible no que se refire á nosa organización en canto ás publicacións.
54
3. Participación no documento requirido pola Xunta de
Galicia: Funcións das educadoras e educadores sociais por
ámbitos de actuación
A nosa implicación e participación neste documento, referido ás funcións das
Educadoras e Educadores Sociais, concretouse nos ámbitos máis próximos ao noso
grupo de traballo.
Polo mesmo, incluímos e reformulamos algunhas das funcións que consideramos nos
seguintes ámbitos:
o Animación Sociocultural
o Desenvolvemento Comunitario
o Educación Ambiental
Os aportes realizados mantiveron a finalidade de ordenar e visibilizar todas as
funcións da Educadora e do Educador Social dentro dos ámbitos destacados.
4. Visitas a experiencias de Boas Prácticas
Data: 24 de Xaneiro
Lugar: Casa das árbores. Chantada
Finalidade: Coñecer a “casa Enchantada” de Anxo Moure, onde emprega diversos
instrumentos e, principalmente os contos, como ferramenta pedagóxica de Educación
Ambiental poñendo en valor o noso patrimonio ambiental e cultural.
Participar na Asemblea anual da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) así
como coñecer o traballo dunha educadora ambiental entorno a este perfil profesional.
Ao longo da mañá, visitamos varias iniciativas de Educación Ambiental, a cargo de
Anxo Moure: Cinema Palleiriso Casa Enchantada, a Ciclobiblioteca, o Paztinete, a
Titiricleta…).
55
Pola tarde, desenvolveuse a asemblea da SGEA coa nosa escoita, conversa e
colaboración. Para rematar o día, houbo unha charla de Mª Barba sobre o seu estudo
acerca do perfil da/o educador/a ambiental.
5. Colaboración da Eira no proxecto SEPA-transición como
formación interna e accións relativas ás comunidades en
transición e a cultura sustentable
A primeira hora da mañá, a coordinadora do grupo e Miguel Pardellas, acolleron a
prensa que difundiría, con posterioridade, o desenvolvemento desta actividade.
A continuación, preparamos en equipo, o espazo da facultade onde se desenvolveu a
experiencia, coa publicidade, carteis e os materiais da gratifeira.
A xente participou nas achegas de cousiñas e en levar outras que estimaran ao longo
do día; posto que a gratifeira estivo aberta ata as sete da tarde.
Ás doce e media, comezou a dinámica desenvolvida por tres integrantes de Eira,
“pensando no consumo”, onde fixemos un percorrido histórico, de xeito reflexivo,
crítico e colaborativo, sobre a composición habitual da roupa, a orixe da mesma, o
número de prendas por estación que tiñan outrora e o que temos agora, o lugar onde
se mercaba e se merca na actualidade...entre outras cuestións.
Para pechar a dinámica, difundindo algunhas ferramentas útiles (documentais, páxinas
web, documentos etc.) para aquelas persoas interesadas en practicar un consumo de
roupa responsable e acorde cuns criterios éticos, sociais e medio ambientais.
Esta actividade, durou media hora e se deu paso á intervención e exposición do
proxecto LATITUDE.
LATITUDE, é unha empresa pioneira no mundo da moda que acaba de nacer co
obxectivo de contribuír á reindustrialización do sector téxtil galego a través do valor
engadido da sustentabilidade.
56
Unha das socias da empresa achegounos información sobre a filosofía da mesma, as
condicións laborais das costureiras, o medio onde desenvolven as súas funcións..entre
outras cuestións ou dúbidas que xurdiron por parte das persoas participantes.
Por outra banda, esta actividade en colaboración có SEPA, a difundimos a través de
diferentes medios como a prensa, correos, redes sociais, comunicación polas clases,
carteis... e tamén repetimos unha tarefa xa feita outros anos na facultade de CC. da
Educación por alumnas/os da mesma. Esta, consistiu en coller roupa vella e escribirlle
frases ou datos relacionados có consumo responsable, consciente e respectuosos cós
Dereitos Humanos e o Medio Ambiente; para logo colgala con pinzas e cordas pola
contorno externa da facultade. Este proceso foi paulatino a longo da semana previa á
actividade, un día puxemos as cordas e algunhas prendas, ao día seguinte camisetas
“customizadas” por nos e, para rematar, outras camisetas coa data, o lugar e a
actividade que se ía a desenvolver.
Un profesional da seguridade da universidade, díxonos en persoa, que tiñamos que
quitar a roupa por seguridade, a pesar de que tiñamos permiso verbal para
desenvolver dito proceso de difusión da gratifeira. Por isto, tivemos que retirar todo e
manter unha conversa con decanato para aclarar este imprevisto.
Para rematar, e como aspecto positivo, alumnas do PIC de Ourense puxéronse en
contacto có CEESG e con nós, para coñecer determinados aspectos á hora de
desenvolver unha gratifeira no seu contexto.
Nós lles achegamos a información que tiñamos, os consellos á hora de pedir permisos
formais para evitar imprevistos como o comentado, documentos de consumo
responsable cós que traballamos entre outras cuestións.
6. Reunión dos grupos de traballo do Ceesg
A coordinadora da área de desenvolvemento profesional dá a benvida ás persoas
asistentes e explica o motivo da xuntanza. A continuación, convida a unha pequena
presentación por parte das persoas asistentes. Seguidamente, abórdase o primeiro
punto da orde do día:
57
Profesiograma e mapa de recursos:
Ponse de manifesto que o nivel de execución tanto do profesiograma como do mapa
de recursos é diverso entre os grupos.
Despois dun debate sobre como encamiñar a realización do profesiograma e o mapa
de recursos, decídese crear unha Comisión intergrupal encargada do profesiograma.
Tamén se propón que sexa unha entidade dedicada á investigación, a que deseñe ou
axude a deseñar a folla de ruta para a realización, baleirado de datos, análise,e
redacción do profesiograma.
Cotas formación
Leticia Castro presenta a proposta de remuneración a persoas relatoras elaborada no
seu día pola anterior vogalía de desenvolvemento profesional. Proponse a elaboración
dunha ficha por cada actividade formativa que se organice que axude a planificar a
acción e tamén o seu orzamento.
Ademais, debátese sobre outros puntos relacionados coas accións formativas e non
incluídos nesta proposta como son:
o pagamento de cotas por parte das membras de xunta de goberno ,
o pagamento de cotas por parte dos grupos de traballo,
o posicionamento sobre que as membras de xunta de goberno sexan relatoras en
xornadas formativas, conferencias, etc. (organizadas polo propio Ceesg ou
convidadas por entidades externas) e que as docentes pertencentes a grupos
de traballo cobren a formación que imparten.
Congreso de ES
Eva López lembra a importancia da participación no VII Congreso de Educación Social
e da súa difusión por parte dos grupos de traballo.
58
Regulamento de grupos de traballo
Abórdase este punto brevemente pola falta de tempo. Acórdase que os grupos de
Abeira e Geix envíen á área de formación os seus Regulamentos, para que Natalia
Domínguez poida incorporar as súas peculiaridades á guía de participación dos grupos
de traballo, e ver este documento na próxima xuntanza de coordinadoras de grupos
de traballo.
Ciclo de cine de ES
Falamos conxuntamente, do documental elixido por cada GT, a proposta de lugar e
data de celebración, ideas para difusión, deseño do cartel, permisos SGAE...
Expóñense por parte dos grupos a súa elección de documental, datas e lugar de
celebración.
Debátese tamén sobre o título. Fanse varias propostas que serán enviadas a xunta de
goberno. Ademais, o 1 de setembro debería estar a publicidade lista. Barállanse os
seguintes medios de difusión: aviso online, boletín ceesg, facebook, cartel grande, envío
á entidades da base de datos, prensa local, nas redes sociais das localidades, PIC´s.
7. Organización e desenvolvemento da I Xornada de
Educación Ambiental e Desenvolvemento Comunitario no
Rural
O deseño e planificación das nosas primeiras xornadas foi desenvolto de xeito activo,
participativo e reflexivo entre todas as rapazas de Eira ao longo de todo ano; cunha
intención previa de desenvolvelas en Xuño que se tornou.
Nestas xornadas, quixemos facer unha lectura, dende a Educación Social, da
flexibilidade de métodos de acción social que se están a desenvolver no rural galego.
Escollemos como escenario para as mesmas, o Concello de Vedra, un lugar
caracterizado por ser paisaxisticamente rural e moi dinámico; cun gran número de
59
asociacións e accións socioculturais que conectan, en gran medida, coa filosofía
defendida dende os ámbitos do DC e a EA.
Por ser as primeiras decidimos concentrar a exposición de experiencias nun só día, o
Sábado 19 de setembro. Pensamos así mesmo, coa colaboración do animador
sociocultural de Vedra, que o dia seguinte, o domingo, gozaríamos de actividades de
lecer en grupo á vez que coñecéramos, un pouquiño mais de cerca, algunhas das
paraxes máis entrañables e características deste concello.
A continuación, expoñemos de maneira resumida o contido e desenvolvemento
destas I Xornadas de Desenvolvemento Sociocomunitario no rural galego.
A nosa compañeira Nereida Ribero Cruz, foi a responsábel de achegar as numerosas
participantes neste encontro unha carpeta onde recollemos resumos das experiencias
que coñeceríamos, un mapa coas localizacións das diferentes actividades ao longo do
día, o folleto informativo das xornadas e un documento do asociacionismo en Vedra.
O inicio do día tivo lugar a través da apertura e presentación de Andrea Maroñas
Bermúdez coordinadora do grupo Eira e membra da Xunta directiva no colexio de
Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, Belén Piñeiro Álvar membra da área de
comunicación do CEESG e Carlos Martínez Carrillo alcalde do concello de Vedra.
Acto seguido, deu comezo a exposición de experiencias socioeducativas coa
presentación do Proxecto Symbios, un proxecto promovido e coordinado pola Xunta de
Galicia no que están presentes institutos de investigación universitarios, autoridades
rexionais europeas, entidades de carácter non lucrativo, asociacións e colexios
profesionais.
Este proxecto é aberto a quen teña unha achega construtiva sobre como xestionar as
consecuencias sociais da crise demográfica. É, polo tanto, unha oportunidade cara o
encontro, intercambio e aprendizaxe activo sobre os desafíos do cambio demográfico
e as súas consecuencias no benestar e na inclusión social da xente e dos territorios.
Neste caso puidemos escoitar da man dunha das súas participantes, os acertos e
desafíos despois da súa posta en marcha e dun proceso avaliativo multidisciplinar a
través do que se busca unha repercusión, continuidade e conexión entre as
60
experiencias e proxectos que lle dan forma. Esta primeira mesa, foi moderada pola
nosa compañeira Raquel López.
Despois desta exposición de apertura, houbo unha conversa conxunta, entre todas/os
participantes, con diferentes achegas sobre as súa visión global da situación do rural
galego.
Cunha pausa para o café e almorzo, demos paso a unha mesa redonda dende a que se
puña en valor a figura das educadoras e educadores sociais nos Centros de
Desenvolvemento Rural -CDR-, a cal moi moderada pola nosa compañeira Estefanía
Rodríguez Conde.
As tres experiencias ou proxectos convidados foron, en primeiro lugar, a de Lito
Prado Rodríguez e David Rodríguez Estévez como membros da S. Cooperativa galega
Amarelante, co seu proxecto de desenvolvemento rural no concello de Manzaneda
onde, entre outras cousas, ocúpanse da recuperación de soutos abandonados e da
recolecta e transformación de castaña galega dende unha perspectiva de xustiza e
equidade socioambiental.
Noutra banda, contamos coa perspectiva das persoas que integran o Centro de
Desenvolvemento Rural dos Ancares, un entorno caracterizado pola situación crítica
de despoboamento e a falta de recursos e servizos para os seu poucos poboadores,
dende o seu centro desenvólvense actividades de todo tipo e cara tódolos colectivos,
a súa experiencia reside en intentar satisfacer tódalas necesidades que non logran
cubrir baixo as circunstancias descritas e a falta de resposta satisfactoria por parte
da Administración.
Para rematar as exposicións, tivemos a oportunidade de coñecer o proxecto do CDR
de Lodoselo que conta cunha ampla traxectoria e recoñecemento social.
A pesares de traballar diversos ámbitos, a súa principal aposta é a de garantir unha
mellora na calidade de vida da súa poboación a cal se caracterizada pola pronunciada
taxa de persoas maiores que residen no concello.
61
Seguidamente, houbo unha conversa conxunta entre as protagonistas das diferentes
exposicións e as persoas participantes neste encontro onde se intercambiaron
opinións, experiencias, valoracións, etc.
Esta primeira parte tivo lugar na casa da cultura de Santa Cruz de Ribadulla, para logo
trasladarnos ata a área de recreo de Agronovo onde discorrería a segunda parte da
programación nun medio aberto.
Comezamos facendo un xantar popular no que cada unha de nos, aportou e
compartiu distintos alimentos.
Tras un momento de distensión e lecer demos paso á segunda parte, onde se puxeron
en valor, tres experiencias ou pequenos proxectos de distintos paraxes do rural
galego; integrados perfectamente dende a perspectiva da Educación Social.
A primeira exposición veu da man de José Manuel Cabaleiro Táboas que veu a
presentar parte do proxecto que está a desenvolver na Serra do Courel. Este, esta
sementando unha alternativa de medio de vida sustentable neste territorio coa dobre
finalidade de residir nel e de conseguir revitalizar unha zona case despoboada na
actualidade.
En segundo lugar, tivemos a experiencia da Asociación de Mulleres San Bartolomeu da
Insua a través da voz de Lourdes Otero Mato. Esta nos presentou a súa particular e
marabillosa experiencia nesta asociación dedicada á recuperación do cultivo e
confección de liño en dito territorio.
Para dar punto e final a esta terceira mesa do día, contamos coa participación de
Manuela Vilaboy Romero que nos contou a súa experiencia como educadora sexual
coordinando o proxecto “Ledicias do corpo e da mente” para persoas maiores no
concello de Xermade.
Antes de dar paso á presentación de experiencias de asociacionismo no concello de
Vedra, compartíronse valoracións, reflexións ou conversas sobre as diferentes
experiencias anteriormente comentadas.
A media tarde, tivemos con nos, algunhas das moitas experiencias de participación
sociocultural desenvoltas no concello de Vedra; onde tivemos a oportunidade de
62
coñecer un pouquiño mellor a labor da Banda de música de Santa Cruz de Ribadulla, a
Asociación Papaventos e o seu club de teatro Teatrofilia, así como a actividade do
laboratorio audiovisual de Vedra e a asociación cultural San Campio co seu espazo
activo. Todo isto, coa colaboración de diferentes persoas que forman parte destas
asociacións.
Para rematar coa programación das xornadas do Sábado, fixemos un obradoiro de
teatro da oprimida protagonizado polo grupo de teatro Cen tolas e presentada
mediante un repaso histórico, pola nosa compañeira Paula Carrera Sotelino. Este
grupo, usa diferentes técnicas do teatro social como ferramentas de dinamización e
emancipación social.
Grazas a esta creativa actividade puidemos experimentar unha serie de exercicios,
xogos, dinámicas ou técnicas coas que trataron de sensibilizar e reflexionar entorno a
perspectiva de xénero, a educación sexual , a educación ambiental ou o
Decrecemento.
Como peche deste intenso día, fixemos un xogo cooperativo cun paracaídas á vez que
Iván -o animador sociocultural do concello- e dous compañeiros, deron o toque
musical ao momento.
Por outra banda, o domingo foi o seguinte e último día destas xornadas. Grazas á
colaboración do concello de Vedra, que se encargou da organización íntegra deste día,
puidemos gozar dos mellores e máis significativos paraxes deste territorio.
En primeiro lugar, tivemos a oportunidade de visitar o pazo de Santa Cruz de
Ribadulla, no que contamos cunha presentación previa das mans do concelleiro de
cultura. Este nos mencionou algúns dos datos máis significativos a nivel histórico desta
construción. Xa no seu interior descubrimos algúns dos seus símbolos máis
significativos os cales debían ser fotografados por nós como unha tarefa a desenvolver
da xincana grupal proposta por Iván.
A continuación regresamos a área recreativa de Agronovo na que puidemos gozar dun
percorrido en canoa polo río Ulla; o cal deu pé ao xantar popular e tras este, a unha
63
sesión de xogos populares compartida con persoas con diversidade funcional que se
atopaban visitando o concello.
Rematamos o día visitando o miradoiro de Gundián dende o que se poden divisar os
dous emblemas deste lugar, as súas pontes atravesadas polo caudal do río.
En suma ao anterior, fixemos un roteiro por unha senda recuperada da área de
Interpretación dos Muíños, dando así punto e final (cun gran sabor de boca) ás
primeiras.
Para rematar coa descrición desta actividade, e en relación á avaliación da mesma,
fixemos unha avaliación conxunta a nivel de grupo de traballo onde intercambiamos
opinións, valoracións, suxestións cara a mellora...E ademais decidimos mandarlles un
email ás participantes nas xornadas onde, lles agradecemos a súa colaboración, lles
pedimos permiso para publicar as fotos destes días e lles fixemos tres preguntas
básicas para que valoraran a iniciativa.
Porén, dito escrito foi enviado varias semanas despois do dezanove de setembro polo
que as respostas foron poucas- aínda que positivas a nivel xeral-. Teremos en conta
para as seguintes, a planificación da avaliación para que poida ser mais efectiva e
construtiva.
8. Ciclo de Documentais edoc-SOCIAL
En primeiro lugar, desenvolveuse unha breve presentación por parte dunha das
integrantes de Eira, na que se presentou ao Colexio de Educadoras e Educadores
Sociais de Galicia, a actividade do cine-forum, ao propio grupo (A Eira do Ceesg) e a
cooperativa de Trespés protagonistas -xunto con outras persoas- da creación do
documental En todas as mans.
Tras as presentacións púxose en marcha a proxección do documental, unha vez
finalizado, abriuse un espazo de debate e preguntas que levou acabo Alberte
(integrante da cooperativa de Trespés), a posta en común foi relevante xa que se
recolleron ideas sobre as experiencias observadas ao longo da proxección,
64
cuestionouse o lugar da educadora e educador social nesta realidade e contemplouse
a utilidade do vídeo como ferramenta educativa.
Por último, entregouse un pequeno cuestionario para levarnos unha idea avaliativa
sobre como resultou a actividade, podendo mellorar determinados aspectos en
futuros cine-forum.
En liñas xerais a actividade foi positiva, as persoas asistentes amosaron interese polo
tema e foron participativas no debate, ademais tratáronse contidos relevantes que
anteriormente se comentaron e grazas a presenza de Alberte foi posible profundar na
temática a tratar..
Así mesmo, as valoracións por parte dos participantes e de Alberte foron positivas,
noutros cine-forum tentaremos buscar un material igual de interesante pero con
menor duración, xa que a proxección durou preto de dúas horas, polo que a
actividade en si estendeuse bastante.
9. Participación EIDUS – Coruña
O novo goberno da cidade da Coruña nos ofreceu aos distintos Grupos de Traballo
do Ceesg a posibilidade de participar na proposta de atributos a levar a cabo nunha
serie de ámbitos que contemplan toda a cidade. A finalidade da nosa participación é
poder contribuír ao funcionamento dunha cidade onde se cumpran unha serie de
principios socioeducativos.
Polo mesmo, entre eles, pretendemos achegar contidos cun carácter educativo que
abranguen á realidade ambiental, démoslle énfase á sustentabilidade e quixemos apoiar
e promover o desenvolvemento entre a propia cidadanía.
Por isto, propuxemos atributos naqueles ámbitos próximos a nosa temática de grupo:
o Cidade en rede.
o Cidade de desenvolvemento sostible mitigación e adaptación ao cambio
climático.
65
o Cidade que decide coa cidadanía.
o Cidade con compromiso ambiental.
10. Participación trimestral no Boletín do Ceesg
Durante todo o ano tentouse facer unha publicación da Eira no boletín co Ceesg para,
dunha banda darnos a coñecer como grupo e o noso traballo, e doutra colaborar co
traballo desenvolto neste aspecto polo Colexio. Así, desde a nosa presentación
como Grupo de
Traballo con novas integrantes e con novas iniciativas a desenvolver, como coa
publicación de resumos das actividades que fomos levando a cabo ao longo do ano,
aportamos o noso gran de arena a esta publicación.
Entre as actividades que publicamos están as I Xornadas de Educación Ambiental e
Desenvolvemento Comunitario, ou a Gratifeira.
Accións non desenvolvidas:
o Documento técnico que inclúa: as definicións de Educación Ambiental e
Desenvolvemento Comunitario e o profesiograma de ambos ámbitos.
o Rematar e difundir a análise dos Plans de Estudos das Universidades galegas en
relación á Educación Ambiental e o Desenvolvemento comunitario.
o Realización do mapa de recursos de Educación Ambiental e Desenvolvemento
Comunitario.
66
Accións desenvolvidas
1. Axuda e apoio na organización e posta en marcha das xornadas sobre a nova normativa en materia de infancia
2. Xornadas sobre os cambios lexislativos e as súas implicacións no traballo cotiá
3. Análise da realidade do educador social no eido da infancia e da adolescencia en Galicia (leis, convenios, administración pública, sistema de protección …)
4. Charla coloquio sobre o traballo en Centros de Menores e Casa de Familia para alumnos de Educación Social da USC.
5. Atención das demandas relativas á infancia e adolescencia derivadas polo Ceesg.
6. Ciclo edoc-SOCIAL| Proxección do documental sobre o sistema de protección en Galicia.
7. Preparación da participación do grupo no Congreso de “Infancia e pobreza”
8. Revisión do Réxime de funcionamento interno do Grupo
9. Posicionamento do grupo ante o concurso dos centros residenciais e de cumprimento de medidas xudiciais.
10. Xuntanza coa Subdirectora Xeral de Familia e Inclusión