MEMORIA DE ACTIVIDADES AVANTE 2011“NS/AVANTE/MEMORIA 2… · Memoria de actividades AVANTE 2011...

30
MEMORIA DE ACTIVIDADES AVANTE 2011

Transcript of MEMORIA DE ACTIVIDADES AVANTE 2011“NS/AVANTE/MEMORIA 2… · Memoria de actividades AVANTE 2011...

MEMORIA DE ACTIVIDADES

AVANTE 2011

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

1

ÍNDICE MEMORIA

1.- A entidade 3

2.- Obxectivos da entidade 3 3.- Servizo de Información e Asesoramento 4 4.- Actividades de Sensibilización Social 5 5.- Actividades de Saúde 9 6.- Actividades de Ocio 11 7.- Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade de Niveiro 13 8.- Proxecto Residencial 29

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

2

1.- A entidade A Asociación de Persoas con Discapacidade Avante naceu no ano 1982, se

ben nese momento tiña outro nome (Grupo de minusválidos del Valle del

Dubra) pasando despois a denominarse Asociación de Minusválidos do

Val do Dubra e comarca, chegando a súa denominación actual e que

agardamos definitiva en 2007.

Como calificación do ámbito xeográfico da entidade optamos polo termo

“supramunicipal”, pois se ben nos saímos do que serían os marxes

xeográficos dun concello, tampouco nos podemos encadrar como unha

entidade comarcal, pois atopámonos con que os concellos nos cales temos

presenza, dunha ou doutra maneira, pertencen a distintas comarcas

(Santiago, A Barcala, Xallas, Ordes).

AVANTE, constitúese coa finalidade de coordinar e defender os intereses

das persoas con discapacidade e os das súas familias, así como propulsar,

na maior medida posible, a inserción social deste colectivo.

2.- Obxectivos da entidade Nos estatutos da organización aparecen perfectamente detallados e

separados os fins ou a misión da entidade. Aínda que se enumeran ata un

total de 16 poderiámolos resumir en:

Defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade.

Promover a plena integración social, algo que en si mesmo conleva unha

integración cultural e formativa, e unha integración económica e laboral,

naqueles casos que sexa posible.

Promover as distintas actuacións necesarias e realizar os programas

precisos para poder levar a cabo os obxectivos marcados nos dous

primeiros puntos.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

3

Fomentar a unión das persoas con discapacidade, facilitándolles os

medios para acadar a súa dignificación e respeto.

Promocionar, participar e crear iniciativas que primen a inserción laboral

de persoas con discapacidade na empresa tradicional ou en Centros

Especiais de Emprego.

Promocionar, participar e poñer en funcionamento todas as actividades

de carácter cultural e rehabilitador que supoñan unha mellora na

calidade de vida das persoas con discapacidade.

Na procura da consecución destes obxectivos, durante o ano 2011, ao

igual que nos anteriores, realizáronse diversas actividades e prestáronse

servizos ás persoas con discapacidade do entorno de actuación. Téntase

ofrecer alternativas diversas que poidan mellorar ou facilitar a vida dun

colectivo cheo de necesidades.

Sen embargo, e xa como se fixo durante os anos anteriores, algunhas das

actividades postas en marcha, teñen capacidade para atender ou prestar

o servizo a máis persoas das inscritas nun momento determinado, polo

que, dende AVANTE, facilitamos que persoas que sen ter recoñecida

unha discapacidade, si precisan do servizo ou da atención, poidan

participar nas mesmas.

3.- Servizo de Información e Asesoramento Trátase dun servizo dirixido, tanto ás persoas con discapacidade e as

súas familias, como a profesionais e administracións relacionados/as có

mundo da discapacidade, así como á sociedade en xeral. Calquera persoa

física ou xurídica pode achegarse ao mesmo para facer unha consulta.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

4

Este servizo conta cun horario de mañá (10,00h-14,00h) e tarde (15.00h-

17,00h).

A este servizo de asesoramento a posteriori, é dicir, por iniciativa do

consultante, é preciso engadirlle que a Asociación periodicamente

informa aos socios das distintas novidades que se van producindo en

calquera tema que estea relacionado coa discapacidade: axudas técnicas,

económicas, ocio, normativa...

As consultas son xestionadas polo responsable do Centro, ofrecendo unha

resposta no momento cando así é posible ou ben pasando a consulta aos

servizos especializados de COGAMI segundo a área de actuación a que se

refira a propia consulta.

Por outra parte tamén cabe mencionar as reunións cos técnicos da

COGAMI.

4.- Actividades de Sensibilización Social Teñen por obxecto dinamizar á poboación xeral, aos colectivos de persoas

con discapacidade e ás administracións públicas implicadas nas

necesidades das persoas con discapacidade.

4.1 Campaña de promoción do asociacionismo: Para o 2011 a necesidade primordial neste punto non era medrar en

número de socios, que tamén é importante pois a evolución dos asociados

tamén permite valorar a “saúde” da entidade.

O eixe da nosa actuación centrouse en dous aspectos:

o Darlle estabilidade as actividades desenvolvidas durante o 2010 e

que tiveron unha boa acollida e demanda.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

5

o Tentar por en marcha ou ampliar esas actividades tal e como se

verá máis adiante, tendo como un dos obxetivos principais o

remate do proxecto da vivenda tutelada.

4.2 Campaña de Voluntariado Dende setembro do 2.002 AVANTE está rexistrada como entidade

prestadora de Voluntariado no rexistro xeral do Servizo de Voluntariado

da Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia.

Entre as actividades relacionadas có voluntariado están:

Entrevistas cos voluntarios que demandan información: 1

Visitas a usuario/as e voluntarios/as no lugar onde se desenvolve a

actividade, tanto para tarefas de seguimento, como para valorar

necesidades de voluntariado

Reunións internas para o desenvolvemento de programas: 2

Reunións cos coordinadores de voluntariado da Cogami para a

posta en marcha e mantemento dos programas. 1

Dentro deste programa existen xornadas de voluntariado puntual

(Pescadubra, excursións, Festivante..) e outras actividades que requiren

un apoio mais extenso entre as cales destacan as seguintes:

Educación de adultos:

Durante este ano contamos cunha persoa que de xeito voluntario vén

unha tarde á semana para apoiar na actividade de alfabetización básica.

Ademais de aproveitar a súa predisposición aproveitamos a súa

experiencia previa, pois trátase dunha mestra xubilada. Grazas a esta

colaboración conseguimos reducir a ratio de usuarios por monitor de xeito

que o traballo é máis personalizado. Entre outros aspectos refórzanse as seguintes cuestións:

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

6

Mellora da lectura. Practicando a lectura en voz alta traballa a

capacidade de lectura como eixe de calquera aprendizaxe posterior

e medio de relación có entorno (importante fonte de información).

Potenciación da comprensión. Hai usuarios que saben ler, pero non

teñen capacidade de comprensión do texto lido, así o que se busca é

que a base de textos pequenos sexan capaces, ou cando menos que

o intenten, sintetizar o lido, ben por escrito, ben de xeito oral

diante do grupo.

Capacidade de expresión. A mellora na lectura e na comprensión

incide directamente na mellora da capacidade de expresión e

axuda a enriquecer as expresións e o vocabulario que se manexa.

Potenciación da escritura. Despois de ler un texto póñenselle

preguntas para que sexan contestadas por escrito.

Realización de crucigramas sinxelos.

Tarefas de razoamento lóxico matemático. Téntase potenciar o

cálculo e a destreza matemática a través de operacións ou de xogos

con moedas de euro, o reloxo,...

Ximnasia de mantemento e psicomotricidade:

Contamos cunha voluntario, Licenciado en INEF, que colaborou nas

actividades de ximnasia de mantemento e psicomotricidade. A súa tarefa

consistiu en apoiar e reforzar o traballo do monitor permitindo unha

atención máis específica a cada un dos 26 usuarios, ademais de participar

na supervisión e apoio durante as duchas no vestiario dos homes.

A súa dedicación horaria foi o tempo que ten de duración a actividade, é

dicir, martes e xoves de 10:30 a 12:30.

4.3.- Participación en actos da comunidade Avante é membro da Asociación Terras de Compostela, fundada

para a xestión dos fondos Leader do Grupo 24. No 2010 o

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

7

representante de Avante entrou a formar parte de Xunta

Directiva.

Participación na feira multisectorial das Feiras de Abril (2 e 3) de

Val do Dubra cun stand para exposición e venda dos produtos que

os usuarios fan nos talleres do Centro de Recursos.

Participación na feira do champiñón en Ordes (16 e 17 de abril)

cun posto no que ademais de poñer a venda os produtos elaborados

ofreceuse orientación e información sobre o Centro de Recursos.

No mes de xullo os usuarios do Centro de Recursos participaron no

programa da TVG “A Revista” dentro dun especial titulado

“Famosos e voluntariado” no cal colaborou o presentador Roberto

Vilar. Dentro do programa fíxose unha demostración do traballo

que se fai nos diferentes talleres do centro.

Participación na carpa “máis que capaces” de A Coruña (decembro

2011) co préstamo de material para exposición e venda.

4.4.- Concerto de colaboración Asociación Avante-FESAN: O mes de outubro ambas entidades asinaron un convenio de colaboración

polo que durante os meses de novembro e decembro, a AVANTE lle foi

asignado como entidade colaboradora unha alumna en prácticas do ciclo

medio de FP especializado en atención sociosanitaria.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

8

5.- Actividades de Saúde 5.1.-Fisioterapia

Esta actividade vense desenvolvendo dende o ano 2006, data na que se

destinou unha das dependencias do centro como Sala de Recuperación

Física e xa se puido pór en marcha un programa de fisioterapia estable e

continuado. Como resultado durante o ano 2011 ofrecemos ás persoas con

necesidades neste senso un programa de atención individualizado moi

valorado polos usuarios.

A actividade execútase os luns, mércores e venres en horario de 10:00 a

12:00 no centro de Niveiro onde contamos cun espazo destinado única e

exclusivamente para esta actividade e que ten a equipación mínima para

poder desenvolver a actividade nunhas condicións apropiadas. Servizo

que se complementa ademais con sesións nos domicilios particulares de

aqueles usuarios que teñen dificultades para desprazarse ata o Centro de

Recursos.

Beneficiáronse desta actividade 26 usuarios dos cales 16 foron persoas

con discapacidade e 10 sen ela. Ao igual que noutras actividades,

ofrecemos esa posibilidade cando o servizo non está ao límite da súa

capacidade, coa excepción que na cota que se cobra non se contempla o

desconto da parte que a entidade cobra, nalgúns exercicios, das

subvencións dirixidas a financiar parte de dito servizo.

5.2.-Natación Terapéutica A actividade de natación terapéutica supón unha continuidade no servizo que

vimos prestando dende o ano 2.003 na piscina municipal de Santa Comba e

Ordes ,nesta última só durante o primeiro trimestre do ano.

Os obxectivos plantexados son, entre outros:

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

9

Apoiar ás persoas con discapacidade para que a prestación de servizos

de rehabilitación non lle ocasione desaxustes na súa situación

económica ou limite a súa atención.

Deter ou minorar os procesos dexenerativos.

Potenciar as capacidades residuais.

Loitar contra as secuelas da inactividade.

Facilitar as relacións interpersoais deste colectivo social, xa que hai

persoas que teñen limitadas as súas relacións ao entorno familiar.

Estimular as posibilidades de movemento e a autonomía persoal

en relación a cada discapacidade.

Desenrolar posibilidades de ocio e recreación activa nun ambente

de disciplina consciente e autocontrol, respectando as normas de

hixiene e seguridade na actividade física.

No caso da piscina de Santa Comba o programa desenvolveuse os mércores de

17:00 a 17:45 e os venres de 19:15 a 20:00 nos meses de xaneiro a xuño e de

outubro a decembro. Sendo 12 as persoas que asistiron con regularidade no

primeiro semestre e 8 no último trimestre do ano.

Xunto a estas actividades, o programa de saúde e recuperación esta

conformado polas actividades de ximnasia e psicomotricidade e logopedia. Por

motivos de non ser repetitivos, cítanse no apartado de actividades do Centro

de Recursos.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

10

6.- Actividades de Ocio 6.1.- Xornada de Pesca Adaptada Como en anos anteriores este tamén celebramos a xornada de pesca

adaptada na que participan persoas con discapacidade de centros de toda

Galicia. A actividade que organízase de xeito conxunto entre Avante e a

Asociación de pescadores O Ranqueiro de Val do Dubra este ano

celebrouse o 4 de xuño.

Obxectivos:

- Participar nunha actividade de ocio ao aire libre.

- Concienciarse da necesidade de coidar os espazos naturais.

- Ampliar o círculo de relacións sociais.

Pola mañá, despois da recepción dos convidados na propia área recreativa

de Bembibre na cal se desenvolve a xornada, e despois do reconto dos

participantes procedeuse ao reparto das canas. Unha vez situados nos

lugares de pesca (adaptados para todo tipo de discapacidade) 33

voluntarios encargáronse de preparar os cebos, dar as indicacións

necesarias para efectuar a pesca e axudar a retirar as pezas pescadas.

Todas as persoas participantes remataron a xornada con algunha peza.

Despois de pescar celebrouse unha comida de confraternización onde se

puido degustar empanada e churrasco. A comida foi servida polos

voluntarios e membros da entidades organizadoras. Ao remate da comida

comezouse o baile que prolongouse durante case dúas horas.

A actividade continúa a ser unha das máis esperadas polos usuarios e

ano tras ano vimos comprobando que as entidades que participan esperan

repetir na seguinte edición. Deste xeito sempre contamos cun alto nivel

de participación chegando este ano aos 170 pescadores ademais dos que

acudiron como meros espectadores.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

11

6.2.- Excursion de Socios 2011: Como xa ben sendo habitual este ano, de novo, organizouse unha

excursión tanto para os usuarios como para o resto de socios de Avante.

A data escollida foi o 9 de xullo, a excursión foi a través de diferentes

pobos da xeografía galega (Corcubión, Cee, Finisterre, Muxía, Vimianzo)

onde, ao longo de todo o día (9 de xullo) visitamos diferentes puntos de

interese cultural como son as cascadas do Ézaro, o faro e museo de

Finisterre, o momumento a pedra de Muxía, o Castelo de Vimianzo etc..

A xornada, na que participaron 47 persoas tamén contou cunha comida

de confraternización nun restaurante da zona.

6.3.-Cea de Socios de Avante Coma todos os anos, o 2 de decembro, celebramos a xa tradicional cea de

Nadal. Participaron tanto socios de Avante como familiares dos mesmos.

Esta é unha boa oportunidade para coñecerse e interactuar. Asistiron 47

persoas, as cales desfrutaron dunha xornada agradable e amena.

6.4.- Festivante ´11 O 16 de decembro 26 usuarios do Centro de Recursos de Niveiro

celebraron o cuarto festival de Nadal consistente nun espectáculo con

diversos números: humor, baile, teatro,... Como en anos anteriores

contouse coa colaboración dun grupo de rapaces da zona que participaron

cos seus propios números de humor.

O festival celebrouse no Salón de Actos do Auditorio Municipal de Val do

Dubra. Un ano máis as familias quedaron sorprendidas polo resultado e

valoraron os progresos feitos dende que se iniciou a actividade.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

12

7.- Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade de Niveiro O Centro de Recursos de Niveiro é un espazo homologado pola

autoridade competente da Xunta de Galicia como Centro de Día e Centro

Ocupacional, con capacidade en cada unha das homologacións para 20

prazas.

As actividades principais desenroladas ao longo do ano 2011 foron as

seguintes:

7.1.-Formación de adultos Na teoría a actividade de formación de adultos divídese en tres niveis

diferentes, e suponse que cada un deles é necesario para acceder ao

seguinte. Estes tres niveis son:

Nivel I: Adquirir coñecementos básicos de lecto-escritura, conceptos

matemáticos básicos, destrezas manuais e habilidades básicas de

socialización.

Nivel II: Promover o desenrolo integral das persoas, potenciando todo

tipo de capacidades non só as cognitivas ou intelectuais, senón tamén

as que fan referencia á inserción social, o equilibrio persoal ou ás

afectivas e de relación social.

Nivel III: Actualización da formación básica e facilitar o acceso ós

distintos niveis do sistema educativo.

Na práctica trabállase cos dous primeiros niveis e ao mesmo tempo

téntase ir introducindo algúns temas de actualidade ou interese xeral que

sirvan para ampliar os coñecementos das persoas que se encadran no

segundo.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

13

Así mesmo realizamos outras actividades complementarias como poden

ser:

Visitas culturais

Habilidades comunicativas: prácticas con xogos de rol

Desenrolo do pensamento crítico: análise de noticias dos medios de

comunicación

Valoración/Habilitación profesional: tanto na adquisición de

técnicas profesionais, como de hábitos e habilidades que posibiliten

un desenvolvemento persoal e profesional o máis completo posible

Formación para o lecer, o tempo libre e a participación social : no

desempeño de habilidades sociais e comunicativas básicas.

Promoción persoal das persoas participantes na medida do posible.

Implicar ós pais e titores neste proceso educativo, orientativo e de

toma de decisións para acadar uns resultados o máis satisfactorios

posible tanto para o alumno como para o seu entorno inmediato ou

microentorno.

Esta actividade desenrolouse dende o 4 de xaneiro de 2011 ata o 30 de

decembro de 2011 de luns a venres en horario de 10:30 a 14:00, cun

descanso de 30 minutos. A actividade complementouse có apoio da

voluntaria os luns pola tarde (15:15-17:30).

Durante o 2011 beneficiáronse deste programa 26 usuarios dos sete

concellos nos cales actúa a entidade

7.2.-Taller de manualidades Esta actividade pretende desenrolar aprendizaxes manipulativos básicos

que sirvan de complemento na formación dos usuarios, centrándose

principalmente na capacidade creativa e no manexo de diferentes

utensilios e materiais.

Os principais obxectivos da actividade son os seguintes:

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

14

1.- Favorecer o desenvolvemento da motricidade fina e a coordinación

óculo-motriz.

2.- Potenciar a expresión artística.

3.- Favorecer a experimentación con diversos materiais.

Xunto a estes puntos a actividade contempla a práctica de diferentes

procesos que favorezan o tratamento de materiais noutros talleres

ocupacionais (por ex. Corte e cosido para coser coiro nese taller).

Entre as actividades realizadas están as seguintes:

Recortación con tesoiras

Fixación de materiais con pegamento e cintas adhesivas

Debuxo e pintura

Cosido

Traballos de fomento da reciclaxe e reutilización de materias

Traballo con papel maché.

Traballo con pasta de modelado.

A data de inicio foi o 3 de xaneiro de 2011 e a de remate o 30 de decembro

do 2011. O horario no que se levou a cabo a actividade foi o seguinte:

martes e xoves de 13:00 a 14:00 e de 15:15 a 17:30. O número total de

persoas que participaron na actividade foi de 26.

7.3.-Taller de coiro Có taller de coiro os usuarios experimentan o desenrolo dunha actividade

de tipo artesanal na que poden comprobar os resultados do seu traballo

nun espazo curto de tempo, xa que téntase, na medida do posible, que

participen en procesos completos para mostrarlles a súa capacidade para

“fabricar” un obxeto útil ou decorativo (pulseiras, marcapáxinas,

chaveiros,...) partindo dunha peza de coiro. Este feito favorece e estimula

a motivación polo traballo e pola aprendizaxe dos usuarios.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

15

Aínda que o obxectivo xeral do taller é “coñecer o proceso de elaboración

dun produto de coiro e levalo á práctica” o feito de desenvolver unha

actividade de carácter ocupacional favorece a adquisición doutras

habilidades esencias de cara a unha posible integración socio-laboral:

traballo en equipo, respeto polas normas, cumprimento dos horarios,

asimilación das obrigas, relacións interpersoais baseadas no respeto,

aceptación das diferenzas entre persoas,...

Na posta en práctica do taller de coiro dividimos o proceso de elaboración

dos artigos nos seguintes subprocesos:

1.- Obter pezas de coiro mediante patrón

2.- Recortar as pezas de coiro

3.- Coser as pezas

4.- Pegar

5.- Facer os buratos

6.- Colocar o broche

7.- Decorar a peza con debuxos

8.- Repuxar

9.- Troquelar

10.- Teñir

11.- Vernizar e hidratar

12.- Colocar o abaloiro

13.- Colocar o enganche nos pendentes

O taller comezou o 3 de xaneiro do 2011 e rematou o 29 de decembro do

2011. O horario que tivo foi luns e mércores dende as 10:30 ata as 14:00,

cun descanso de 12:00 a 12:30 e dende as 15:15 ata as 17:30. E venres

pola maña no mesmo horario.

Asistiron á actividade 25 persoas usuarios de Centro de Recursos de

Niveiro.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

16

7.4.-Taller de encadernación Esta actividade pretende fomentar aprendizaxes manipulativas que

sirvan de complemento na formación dos usuarios, centrándose no

desenvolvemento dunha actividade que contribúese a mellora das

capacidades e habilidades cognitivas, socias e prelaborais.

O traballo diario reflíctese no desenvolvemento de dous actividades

principais:

1.- Elaboración de materiais, tanto papel reciclado como papeis

decorativos.

2.- Encadernación, xa sexa empregando a ferramenta propia do taller

como a encadernadora e os espirais, ou de forma artesanal onde os

usuarios cosen a man libretas, axendas, albumes de fotos,...

Da actividade beneficiáronse 24 persoas divididas en varios grupos,

comezando o 3 de xaneiro de 2011 e rematando o 30 de decembro do

mesmo ano. O horario que se lle asignou foi luns,xoves,mércores e venres

de 10:30 a 14:00 (media hora de descanso) e de 15:15 a 17:30; martes só

en horario de maña.

7.5- Taller de horticultura e viveirismo O taller de horticultura e viveirismo é o de maior carácter laboral. Nel

espérase que os usuarios adquiran as habilidades e destrezas básicas de

traballo en horta e con prantas, tanto dentro do invernadoiro como ao aire

libre. Isto concrétase no coñecemento dos ciclos de cultivo e as técnicas e

coidados que as diversas prantas e hortalizas precisan (semillado, riego,

abono, desherbado, recollida,...).

Ao igual que o resto de talleres a aprendizaxe da actividade axuda, de xeito

transversal, na adquisición de habilidades pre-laborais sen as cales non pode

propoñerse a integración laboral destas persoas, xa sexa en emprego

ordinario ou en Centro Especial de Emprego.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

17

A actividade desenvolveuse dende o 3 de xaneiro ata o 30 de decembro de

2011 no seguinte horario: luns, mércores e venres de 10:30 a 14:00 (descanso

de 12:00 a 12:30) e martes e xoves de 13:00 a 14:00. E polas tardes de luns a

xoves de 15:15 a 17:30.

Beneficiáronse da actividade 17 persoas usuarias do Centro de Recursos.

7.6.-Taller de habilidades socias O taller de habilidades sociais é unha actividade máis que ia

complementar as aprendizaxes dos usuarios. Neste caso o eixe central da

actividade non eran as habilidades manipulativas senón que íase centrar

en habilidades de relación social: empatizar có interlocutor, manter unha

conversa onde haxa diferentes puntos de vista, recoñecer a linguaxe no

verbal, facer peticións e rexeitamentos,... baseándose,principalmente, en

xogos de roll-playing.

Organizáronse grupos de non máis de 5 persoas que participaron na

actividade al menos 2 sesións semanais dentro do horario establecido:

luns, mércores e venres de 10:30 a 14:00 (con media hora de descanso),

martes e xoves de 13:00 a 14:00. E tardes de luns a xoves de 15:15 a

17:30. Sendo un total de 26 persoas as que se beneficiaron da actividade

que se iniciou o día 3 de xaneiro e rematou o 30 de decembro.

7.7.-Informática A actividade de informática orientouse á familiarización e o achegamento

das novas tecnoloxías aos usuarios que estiveron interesados nela.

Revisáronse coñecementos básicos como: encendido e apagado do

ordenador, creación de carpetas, uso dun procesador de textos (neste caso

Word) e búsqueda de información na Internet. Aproveitouse para

introducir xogos que dun xeito lúdico traballaran aspectos como: cálculo

matemático, representación espacial, coordinación óculo-motriz, lecto-

escritura, expresión escrita,...

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

18

Ao longo do ano (dende o 4 de xaneiro ata o 28 de decembro de 2011) 8

persoas acudiron a actividade os mércores en horario de 15:15 a 17:30. Ao

que se engadiu un segundo grupo de 4 usuarios máis os martes no mesmo

horario.

7.8.-Programa de “Afectividade e Autocoñecemento” O programa de “Afectividade e Autocoñecemento” é un programa de

formación, tanto para as persoas con discapacidade como para as súas

familias, que por segundo ano consecutivo levouse a cabo na comunidade.

Foi promovido por Cogami e levado á practica polos profesionais dos

Centros “Quérote” da Xunta de Galicia en colaboración cun monitor do

centro.

Baseado nunha metodoloxía de discusión grupal introducíronse conceptos

e explicáronse contidos relacionados coa sexualidade, o corpo, a expresión

de sentimentos, a saúde, as prácticas eróticas, a afectividade...

A actividade desenvolveuse en 6 sesións de traballo cunha duración de 2

horas cada unha delas, no caso dos usuarios e 3 sesións para as familias.

Comezou no mes de febreiro e rematou no mes de xuño.

Nesta actividade participaron 17 usuarios do Centro de Recursos Niveiro.

7.9.-Ximnasia de Mantemento

A actividade de ximnasia de mantemento ofrece aos usuarios un marco

onde poder levar á práctica unha actividade física baixo o control e a

supervisión dun fisioterapeuta. Do mesmo xeito que a activade física

reporta beneficios de saúde a calquera persoa que a practique (beneficios

a nivel pulmonar, cardiovascular, metabólico, del sistema nervioso,...) a

ximnasia de mantemento axuda conseguir isto e a romper có

sedentarismo que sofren a maioría das persoas que acoden ao centro, ao

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

19

tempo que se ralentizan as consecuencias negativas do paso do tempo que

nas persoas con dificultades motoras soen agravarse especialmente.

A data de inicio foi o 4 de xaneiro do 2011 e prolongouse ata o 27 de

decembro. Realizándose en horario de 11:30h-12:30h da mañá os martes e

xoves no pavillón polideportivo de Val do Dubra e compleméntase con

outras actividades como camiñadas polos arredores ou partidillos entre os

compañeiros.

7.10.-Psicomotricidade Esta actividade está pensada para complementar a de ximnasia de

mantemento. Por iso, dende un enfoque terapéutico e baseándose no

movemento do corpo trata de incidir tanto no desenvolvemento motriz

como cognitivo da persoa. De maneira que é básico o traballo de aspectos

como: representación do esquema corporal, lateralidade, representación e

orientación espacial, control tónico-postural, control da respiración,

relaxación…

A actividade comezou o 4 de xaneiro e rematou o 27 de decembro do 2011.

O horario da mesma foi de 10:30 a 11:30 os martes e os xoves e

implementouse no Pavillón Polideportivo de Bembibre (Val do Dubra).

Durante o ano participaron nela 26 persoas todas elas usuarias do Centro

de Recursos de Niveiro.

7.11.-Golf Adaptado Ao igual que o ano anterior, este tamén participamos no programa de Golf

Adaptado que O Real Aeroclub de Santiago desenvolve para persoas con

discapacidade dende o ano 2006. Nel ademais de ensinar o protocolo propio do

deporte (vestiario, comportamento no campo, comportamento nos espazos de

adestramento, respeto polo orden e as normas do xogo,...) favorécense outros

aspectos coma atención/concentración, control postural, propiocepción e

representación espacial.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

20

O programa desenrolouse os martes de 11:00 a 12:30 nas instalacións do

Aeroclub, comezando o 11 de xaneiro ata o 28 de xuño. Retomouse no mes de

setembro ata final de ano.

No programa participaron os mesmos 6 usuarios que xa o fixeran o ano

anterior de xeito que o monitor puido comprobar os progresos persoais de

cada un.

7.12.-Eventos relacionados coa saúde e o deporte Neste senso a entidade participou en un acto relacionado có deporte e as

actividades físicas, aínda que tamén, pola súa natureza, poderíase definir

como de inclusión social, decidimos incluílo neste apartado para non

acadar un documento extenso e onde a información apareza duplicada e

cargada de literatura de recheo.

A xornada foi celebrada na Serra de Outes o 15 de novembro e organizada

polo Centro de Recursos de Valadares. Xunto con outras catro entidades 17

persoas usuarias do Centro de Recursos de Niveiro disfrutaron ben como

xogadores, ben como espectadores.

7.13.-Logopedia Na actividade de logopedia traballase de xeito individual na habilitación

e rehabilitación da linguaxe e trastornos da fala, así coma no fomento da

comunicación a través de sistemas alternativos ou compensatorios da

linguaxe oral. O feito de desenvolver o traballo en sesións individuais

permite axustar os contidos ás características de cada un.

O traballo desenvolveuse os luns, mércores e venres de 10:30 a 14:00

(descanso de 12:00 a 12:30) en catro sesións de 45 minutos cada unha,

comezando o 4 de xaneiro e rematando o 29 de decembro de 2011.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

21

Os criterios para a participación na actividade foron a necesidade que a

coordinadora pedagóxica xunto coa propia logopeda valoraron nos

usuarios e as posibilidades reais de aproveitamento da activide; seguindo

dito criterio 7 persoas foron os usuarios do Centro de Recursos que se

beneficiaron do servizo.

7.14.- Actividades de Ocio 7.14.1.- Entroido ´11. O venres 4 de marzo celebramos o Entroido disfrazándonos de

vampiros cos disfraces que se fixeran no taller de manualidades.

Aproveitamos para saír a pasear por Bembibre e rematamos a

xornada tomando un refresco no bar da Casa de Cultura.

Obxectivos:

- Coñecer os costumes da cultura popular galega.

- Integrarnos na vida do pobo ao que pertence noso centro.

- Disfrutar dunha xornada lúdica.

Na realización dos disfraces empregamos bolsas de lixo e cordas para

facer a roupa e cartolinas, goma elástica e pinturas para facer as

caretas.

Foron beneficiarios da actividade 22 persoas usuarias do Centro de

Recursos de Niveiro os cales estiveron acompañados por 6

profesionais do centro.

7.14.2.- Visita a Cidade da Cultura. O 13 de abril participamos nunha visita guiada na Cidade da Cultura

(Santiago de Compostela) onde nos amosaron as instalacións e as

diferentes exposicións.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

22

Obxectivos:

- Coñecer outras formas de pasar o tempo de lecer.

- Participar en actividades de ocio normalizado.

- Interesarse por aspectos da cultura cotiá.

Na actividade participaron 21 persoas todas elas usuarias tanto do

Centro de Día como do Centro Ocupacional de Avante. Para poder

leva-la a cabo contamos con 4 profesionais do centro e coa axuda de 2

voluntarios que facían ao igual que os monitores labores de

acompañante. Deste xeito a ratio de usuarios por monitor foi mais

pequena e polo tanto, a actividade fíxose con máis seguridade e maior

tranquilidade.

7.14.3.- Partido de fútbol benéfico. O domingo 29 de maio celebrouse un partido de fútbol benéfico a

favor da Asociación AVANTE. Enfrontáronse dous equipos formados

por xogadores de equipos da zona e un combinado de famosos.

Nesta actividade 19 usuarios do centro e os seus familiares asistiron

como espectadores ademais de 7 profesionais do centro que fixeron as

labores de acompañante.

Obxectivos:

- Participar nunha actividade de ocio normalizado.

- Disfrutar dun espectáculo deportivo.

- Ampliar o círculo de relacións sociais.

A actividade tivo unha gran acollida tanto por parte dos usuarios

como do publico en xeral. Antes de comezar o partido leuse un

discurso a favor das persoas con discapacidade. No tempo de descanso

fíxose unha rolda de penaltis soidaria na que calquera persoa do

público podía lanzar un penalti en contra do equipo dos famosos e

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

23

aqueles que conseguían anotar percibían de premio material

elaborado polos usuarios do Centro de Recursos de Niveiro.

7.14.4.- Xornadas de piscina. Os días 15 e 29 de xullo acudimos á piscina municipal de Val do

Dubra có obxectivo de ter unhas xornadas de lecer ó aire libre antes

de coller as vacacións de veran.

No recinto da piscina os que quixeron disfrutaron do baño mentres os

que así o preferiron descansaron á sombra. Xantamos empanada e

bocadillos no mesmo espazo para aproveitar ambos días o máximo.

Resultaron unhas xornadas moi divertidas, especialmente para

aqueles que habitualmente non van á praia nin á piscina coas

familias.

Participaron na actividade 24 persoas que estiveron acompañadas de

3 voluntarias e 7 monitores.

7.14.5.-Magosto ´11 O 21 de outubro como xa ven sendo habitual celebrouse a festa do

Magosto. Aproveitouse a oportunidade para desfrutar dunha xornada

de lecer acompañada de castañas e xogos.

Nesta actividade participaron un total de 24 usuarios que estiveron

acompañadas de 2 voluntarias e 8 monitores.

7.14.6.- Festival Internacional de Arte e Discapacidade. O 28 de outubro recibimos a invitación para asistir como espectadores

do “I FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARTE E DISCAPACIDADE”

celebrado nas instalacións da Cidade da Cultura (Santiago de

Compostela).

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

24

Obxectivos:

- Participar nunha nova actividade de ocio.

- Coñecer outras formas de pasar o tempo de lecer.

- Interesarse por novas alternativas de ocio.

Na actividade participaron 22 usuarios do Centro de Recursos de

Niveiro. Para poder leva-la a cabo contamos con 5 profesionais e 1

voluntario que facían as labores de acompañante.

7.14.7.- Teatro interactivo para persoas con discapacidade. O 9 de novembro asistimos a unha obra de teatro interactivo para

persoas con discapacidade organizada pola Fundación Blanca

Marsillach. O espectáculo constaba de dúas partes, a primeira

consistía nunha obra na que o papel do público era simplemente o de

espectador e unha segunda parte na que o público interaccionaba

participando como personaxe na obra. Este evento celebrouse nas

instalacións do Centro Galego de Arte Contemporáneo (Santiago de

Compostela).

Obxectivos:

- Coñecer outras formas de pasar o tempo de lecer.

- Potenciar a integración social.

- Disfrutar dun espectáculo cultural.

Na actividade participaron 24 usuarios do Centro de Recursos de

Niveiro. Para poder leva-la a cabo contamos con 6 profesionais que

facían as labores de acompañante.

7.14.8.- Visita a comunidade terapéutica de Proxecto Home. O 28 de novembro realizouse unha visita á comunidade terapéutica

de Proxecto Home situado en As Cernadas (Portomouro). Alí

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

25

asistimos a unha visita guiada a través das instalacións e

participamos en diversos obradoiros preparados para a ocasión.

Obxectivos:

- Disfrutar dunha xornada de ocio.

- Participar nunha actividade educativa.

- Ampliar coñecementos sobre os servizos da comunidade.

Na actividade participaron 22 usuarios do Centro de Recursos de

Niveiro. Para poder leva-la a cabo contamos con 4 profesionais e 3

voluntario que facían as labores de acompañamento, reducindo así a

ratio de usuarios por monitor permitindo así afrontar a actividade

con máis tranquilidade.

7.15.Outros servizos 7.15.1.-Servizo de transporte adaptado O servizo de transporte adaptado permite que os usuarios do Centro

de Recursos poidan asistir diariamente ás actividades. Para realizar

o servizo a entidade conta con tres furgonetas en propiedade e unha

cuarta (Citroën Jumper) cedida por Trameve.

Este servizo encárgase de recoller aos usuarios nas súas casas pola

mañá e levalos de novo unha vez rematadas as actividades. Ademais

de empregalas para os percorridos diarios, con estas furgonetas

realízanse os desprazamentos para asistir ás actividades que se fan

fóra do centro, ou para realizar saídas. Este servizo tamén se pon a

disposicións doutras actividades que poida organizar o centro de xeito

que se facilite o acceso dos usuarios á mesma.

Este servizo complementase co servizo de transporte adaptado da

Xunta de Galicia 065.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

26

7.15.2.-Servizo de comedor O centro conta cunha cociñeira que diariamente prepara a comida na

cociña do propio centro. Os menús (elaborados por un nutricionista)

sempre contan con primeiro e segundo prato, ademais do postre.

Téntase ofrecer unha dieta equilibrada e nutritiva, polo que se

inclúen todo tipo de alimentos: pastas, legumes, hortalizas, verduras,

carnes, pescados, froitas, lácteos,...

Ata agora non se deu o caso pero existe a posibilidade de facer menús

personalizados para as persoas que por prescrición médica o precisen.

7.16..-Persoal do Centro de Recuros de Niveiro Para por en práctica as actividades que se describen, o Centro de

Recursos de Niveiro conta co seguinte cadro de persoal coas funcións que

se indican.

o 1 Director do Centro de Recursos

o 1 Coordinador de Actividades

o 4 monitores (1 a media xornada)

o 1 psicologa

o 1 cociñeira/conductor

o 1 persoal de limpeza

o 1 coidador

o 1 fisioterapeuta (persoal contratado por prestación de servicios)

o 1 logopeda (persoal contratado por prestación de servicios).

Nos últimos anos, sobre todo a partires do ano 2007 incrementouse de

xeito salientable o cadro de persoal, tentando dispor dun equipo

multidisplinar o máis completo e axeitado aos servizos que prestamos, de

todos os xeitos resulta indispensable que os incrementos sexan

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

27

coherentes e sustentables de cara a poder darlle continuidade e dese xeito

contar con servizos estables no tempo.

De cara ao 2012 a previsión é manter no posible o persoal actual do

Centro.

7.17.-Melloras estructurais durante o ano 2011 No ano 2010 comezamos un proxecto que tiña como fins principais

ampliar o espazo exterior do Centro, pechar con muro e arame todo o

perímetro colocando dous portelos para o acceso. No mesmo proxecto

incluíase unha mellora interior, subsanando problemas de humidade, de

aproveitamento de espazos e reparando problemas máis puramente

estéticos. Este proxecto completouse no ano 2011, período no cal se

colocaron as novas xanelas e portas, se pintaron os interiores, procediuse

a unha redistribución de radiadores de cara a obter unha optimización

enerxética e se realizaron traballos de instalación eléctrica para a

apertura automática dos portelos e a ordenación da instalación no baixo

cuberta.

Para este proxecto contouse co apoia de AGADER e da Deputación de A

Coruña.

Coas melloras realizadas no Centro neste último periodo, soamente nos

resta por realizar a reparación das grietas da fachada e a súa

imprimación con unha pintura impermeable que evite as filtracións de

himidades que aínda quedan.

Dentro das melloras extructurais tamén podemos incluír a adquisición de

5 novos equipos informáticos (CPU, monitor, teclado e rato), un servidor,

unha SAI e un disco duro externo para copias de seguridade. Para este

equipamento contamos con unha axuda da Secretaria Xeral de

Modernización e Innovación tecnolóxica da Xunta de Galicia.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

28

8.- Proxecto Residencial Continuando na liña de traballo que se iniciou no ano 2008 na que

comezaramos a recoller o pensar de moitas das familias dos usuarios do

centro de recursos que se mostraban preocupadas polo futuro dos seus

familiares en canto a darlle unha resposta axeitada ao problema de

vivenda e atención básica fora do horario de centro no suposto de que por

calquera motivo eles non puideran facerse cargo.

Neste senso, no ano 2009 iniciouse o proxecto coa compra dunha vivenda

e o terreno anexo e a execución da maior parte das obras necesarias para

poder convertir ese espazo nun fogar accesible e funcional para persoas

con discapacidade, así como se adquiriu gran parte do equipamento

necesario para a súa posterior homologación.

Durante o ano 2010 remataronse os últimos detalles das obras (entre eles

o acondicionamento exterior e a reposición completa do teito),

completouse o equipamento e realizouse a acometida trifásica. Por outro

lado, completouse o equipamento de cara a pasar a inspección técnica de

avaliación do centro e poder ter a licencia de apertura. Así, no mes de

decembro de 2010 obtívose por un lado o Permiso de Inicio de Actividades

da Consellería de Traballo e Benestar e por outro a Licenza de Apertura

Muncipal.

Pretendíase a súa apertura oficial a primeiros de 2011, dadas as

circunstancias económicas globais, e a falta de financiación necesaria

para poder abrir, non se puxo en funcionamento ata o mes de outubro.

Grazas a unha subvención de 21.000 euros brindada por La Caixa,

obtívose o financiamento necesario para a súa definitiva posta en

marcha.

Memoria de actividades AVANTE 2011

Declarada de utilidade pública. Orde do 4 de nov. De 2011.DOG de 219 do 16 de novembro de 2011

29

A vivenda tutelada de AVANTE abriuse con dúas liñas de actuación moi

marcadas, a primeira delas centrase na promoción da vida autónoma e a

segunda vai nunha liña mais asistencial.

Para o seu bo funcionamento ampliouse o persoal contratando unha

persoa especifica para a vivenda tutelada, a súa principal función será a

de brindar os apoios necesarios dentro dos diferentes ámbitos dunha vida

independente. Esta persoa contratouse grazas a subvención dos Plans de

Cooperación da Xunta de Galicia.

A finais deste ano son 3 os usuarios que se benefician deste recurso.