MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández ....
Transcript of MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández ....
MEMORIA
DE
ACTIVIDADES
2019
OFICINA DE
COOPERACIÓN E
VOLUNTARIADO
UNIVERSIDADE
DA CORUÑA
OCV OFICINA DE COOPERACIÓN E
VOLUNTARIADO
Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación
A CORUÑA Facultade de Socioloxía, 1.º andar
Campus de Elviña, 15071 A Coruña
Tel. 981 167 000 www.udc.gal/ocv
Director José Jesús Cendán Verdes
Extensión: 1334 [email protected]
Persoal técnico Lorena Rilo Pérez
Extensión: 1752 [email protected]
FERROL
Centro Cultural Universitario, 1.º andar Campus de Esteiro, 15403 Ferrol
Persoal técnico
Vanessa Míguez Martín Extensión: 3677 [email protected]
Documento redactado por Vanessa Míguez Martín e Lorena Rilo Pérez
Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández
INTRODUCIÓN 05
COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO 06
Proxectos de coñecemento da cooperación ao desenvolvemento (PCC) 07
Proxectos de coñecemento da realidade (PCR) 09
Proxectos de educación para o desenvolvemento, a sensibilización e a 15 participación social (EPD)
Actividades coas ONG de desenvolvemento 18
VOLUNTARIADO 19
Menores 20
Exclusión social 22
Ámbito sociosanitario 24
Diversidade funcional 25
Educación para o desenvolvemento 26
Actividades con outras entidades de acción social 28
Colaboracións con outras administración 30
Colaboracións no seo da Universidade da Coruña 31
APRENDIZAXE E SERVIZO 33
Profesorado e alumnado participante 34
FORMACIÓN 35
Asistentes a cursos de formación no ano 2019 36
Outras actividades formativas e de sensibilización 37
Participación en redes 38
Sinerxías con outras universidades 40
Comunicación 41
02
01
03
04
05
REDE GALEGA DE COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO
DESENVOLVEMENTO Páxina web 43
Formación e acción de sensibilización 44
06 43
5
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 01. Introdución
INTRODUCIÓN A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) é un servizo universitario que
canaliza as demandas de participación e solidariedade na busca do ben común local e
global por parte da comunidade universitaria, alén da cidadanía, na área de influencia
da Universidade da Coruña (UDC).
Con este fin potencia, xestiona e coordina os activos e recursos solidarios da UDC.
Así mesmo, ofrece espazos de participación, experiencias de solidariedade e
actividades de compromiso social que complementan a misión da UDC como entidade
de educación superior, centrada na formación integral da persoa e na construción
dunha cidadanía local e global activa e crítica, ao servizo dos valores e principios
democráticos e do desenvolvemento humano sustentable.
Depende da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación, e conta con dúas
oficinas situadas respectivamente nos campus da Coruña (Elviña) e Ferrol (Esteiro).
En relación cos recursos humanos de que dispón, arestora son os seguintes: unha
técnica especialista funcionaria na oficina da Coruña e outra interina na de Ferrol,
ademais do director do servizo. Complementáronse coa chegada de varias bolseiras e
alumnas en prácticas a ambas as dúas oficinas.
01
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
6
COOPERACIÓN AO
DESENVOLVEMENTO Enténdese a cooperación ao desenvolvemento da universidade como un conxunto de
actividades realizadas pola comunidade universitaria orientadas á transformación social nos
países máis pobres, a prol da paz, a igualdade, o desenvolvemento humano e a
sustentabilidade ambiental no mundo, transformación en que o fortalecemento institucional e
académico teñen un papel importante.
Código de conduta das universidades en cooperación ao desenvolvemento, 2006
En 2019 continuouse co traballo do convenio de colaboración asinado entre a
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da
Xunta de Galicia e as tres universidades galegas para fortalecer a Rede Galega de
Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), con vistas a acadar os
obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) impulsados polas Nacións Unidas.
En consecuencia, e pola importancia que isto ten de cara a enmarcar o seu labor en
materia de cooperación e educación para o desenvolvemento na UDC, a OCV
incrementou notablemente o seu traballo para difundir tanto os ODS como a Axenda
2030 entre a comunidade universitaria e a sociedade. En particular, ademais das
diversas actividades específicas que se organizaron, entre elas a realización de
dinámicas nos distintos centros e facultades, fixemos transversal esta temática nos
contidos dos nosos cursos, caso das formacións básicas de voluntariado.
De por parte, publicamos tamén unha nova convocatoria de accións de educación
para o desenvolvemento, a sensibilización e a participación social, así como de
proxectos de coñecemento da realidade (PCR), destinados ao estudantado da UDC;
e proxectos de coñecemento da cooperación ao desenvolvemento (PCC), para o persoal
docente e investigador (PDI) e o persoal de administración e servizos (PAS).
02
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
7
PROXECTOS DE COÑECEMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (PCC)
No ano 2019 publicouse a VIII Convocatoria de proxectos de coñecemento da
cooperación ao desenvolvemento (PCC) para PDI e PAS da UDC, con que se
pretendeu achegar o dito tipo de proxectos ao persoal desta universidade e buscar a
súa implicación.
A convocatoria estivo dotada con 7000 € e participaron nela cinco persoas. A seguir
presentamos algúns detalles acerca das localizacións, as persoas participantes e os
proxectos beneficiarios.
COLOMBIA
Asenet López García: profesora contratada doutora da Área de Fisioterapia, Medicina e
Ciencias Biomédicas.
Viaxou a Colombia coa Fundación FEDAR no marco do proxecto de cooperación
«Brigadas para as persoas en situación de diversidade en zona do rural do Sur de
Colombia». O seu traballo consistiu en prestar apoio na prevención e a diagnose
temperá dos problemas respiratorios en comunidades indíxenas.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
8
ECUADOR
Roberto Rodríguez Martínez: PAS do Instituto Universitario de Ciencias da Saúde.
Viaxou a Ecuador cun proxecto de «Atención prioritaria a persoas e grupos en
situación de vulnerabilidade para a provincia de Azuay» co obxecto de ofrecer
asesoramento xurídico e administrativo, así como en materia de proxectos e
programas en favor do desenvolvemento comunitario.
GRECIA
Juan Ferreiro Galguera: catedrático de Dereito Eclesiástico do Estado.
Viaxou a Grecia coa ONG Aire, dentro do Proxecto Humanidade. O seu papel
centrouse na colaboración coas familias para o asesoramento xurídico e o
afondamento no coñecemento da situación das persoas refuxiadas que chegan a
España.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
9
PROXECTOS DE COÑECEMENTO DA REALIDADE (PCR)
Os proxectos de coñecemento da realidade (PCR) son unha iniciativa que ofrece ao
alumnado da UDC que colabora con ONGD a posibilidade de se desprazar a un país en
vías de desenvolvemento para realizar unha estadía de cooperación dun a tres meses.
O traballo que se desenvolve pode ser validado por proxectos de fin de carreira, por
prácticas de materias ou por traballos obrigatorios de fin de carreira.
Alén disto, participar nun PCR constitúese como unha importante ferramenta de
sensibilización sobre a temática, tanto para o propio alumnado beneficiario como para
a sociedade en xeral, xa que, tras o seu regreso, o alumnado se compromete a realizar
charlas para dar a coñecer o aprendido na experiencia.
No ano 2019 presentouse na UDC a XIII Convocatoria de proxectos de coñecemento
da realidade en programas de cooperación para o desenvolvemento, dotada con
22 000 € destinados a financiar os gastos do desprazamento ao país de destino e o
seguro da viaxe, así como os de xestión e coordinación da dita actuación (protocolo,
difusión etc.).
Este ano seleccionáronse os 17 proxectos que presentamos a continuación, xunto con
algúns detalles acerca das súas localizacións e as persoas participantes.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
10
PALESTINA María González Flores: estudante do Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do
Comportamento.
Viaxou a Palestina coa ONG Asemblea de Cooperación pola Paz para colaborar nun
estudo de caso pormenorizado sobre os factores que supoñen un obstáculo para
acadar a igualdade de xénero en Palestina. Este proxecto enmárcase dentro dunha
estratexia máis ampla impulsada por ACPP e PARC para dispor de datos actualizados
sobre a desigualdade de xénero na área de cara a realizar intervencións pertinentes e
efectivas.
SAN TOMÉ E PRÍNCIPE
Laura Freijeiro Longueira: estudante do Grao en Fisioterapia.
Viaxou a San Tomé e Príncipe coa ONGD Cooperación Bierzo Sur no marco do proxecto
«Tratamento e atención de fisioterapia en pacientes queimados en Santo Tomé e
Príncipe». Traballou nunha memoria en que se recolle a información sobre como a
práctica fisioterapéutica pode mellorar a recuperación dos pacientes con queimaduras
no ámbito hospitalario, facendo que a súa estadía se vexa reducida e mellorando a
relación custo-beneficio, amais de poder diminuír os efectos das diversas morbi-
mortalidades potenciais tanto precoces como tardías.
GUATEMALA
Gloria Parra Sánchez: estudante do Máster en Políticas Sociais e Intervención
Sociocomunitaria.
Viaxou a Guatemala coa ONGD Solidariedade Internacional de Galicia para participar
no proxecto levado a cabo por Siembra e ANGUADE no municipio de Concepción
Chiquirichapa, para promover os dereitos á saúde e a un medio ambiente saudable,
coa participación comunitaria de mulleres e homes, o fortalecemento de capacidades
institucionais e a coordinación co Centro de Saúde e as organizacións da sociedade
civil que traballan polo desenvolvemento no municipio.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
11
GUATEMALA
Sandra Pérez Rodríguez: estudante do Grao en Arquitectura.
Viaxou a Guatemala coa ONGD Arquitectura Sen Fronteiras para participar nos dous
proxectos que leva a cabo alí. O primeiro consiste en recadar información da realidade
e analizar as capacidades técnicas con que se conta, así como no estudo das
construcións para a educación existentes, amais de colaborar na mellora da calidade
educativa da Escola de Victorias. O outro proxecto consiste na mellora das condicións
de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do
departamento de Retalhuleu.
HONDURAS
Tania Barreiro Torregrosa: estudante do Grao en Educación Social.
Viaxou a Honduras coa ONGD ACOES para colaborar no proxecto educativo «No se
nace machista, se llega a serlo», dirixido á poboación preadolescente e adolescente,
cuxo obxectivo é incidir na importancia da igualdade de xénero. Entendendo as etapas
previas á vida adulta como de formación da identidade, considérase de grande
importancia guiar a mocidade no desenvolvemento un pensamento á marxe de roles e
estereotipos machistas que perpetúen o sistema patriarcal.
GUATEMALA
Daniel Vázquez Paredes: estudante do Grao en Arquitectura.
Viaxou a Guatemala coa ONGD Arquitectura Sen Fronteiras para colaborar no estudo
da construción e a eficiencia enerxética da arquitectura de cooperación no
departamento de Retalhuleu, con vistas a mellorar as condicións de acceso a un
hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable da zona.
ETIOPÍA
Gonzalo León González: estudante do Grao en Fisioterapia.
Viaxou a Etiopía coa ONG Holystic Pro África para colaborar nun proxecto de
educación e formación en fisioterapia respiratoria e a súa implementación clínica no
tratamento de patoloxías neurolóxicas pediátricas, destinado tanto ao voluntariado
como aos profesionais que colaboran na clínica da ONG en Wukro, no marco do cal
tamén se realiza un estudo do sistema respiratorio dos pacientes para poder
determinar o posible risco de patoloxía respiratoria.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
12
HONDURAS
Clara Presedo Rama: estudante do Máster en Políticas Sociais e Intervención
Sociocomunitaria.
Viaxou a Honduras coa ONG SÓLIDA co proxecto «O papel da educación infantil no
marco da dimensión global da educación: un estudo comparativo entre España e O
Salvador», en que se analizou en profundidade ambas as realidades educativas.
NEPAL
Inés Sánchez Peña: estudante de Comunicación Audiovisual.
Viaxou a Nepal coa ONGD Camina Nepal para axudar
nos proxectos levados a cabo co fin de que dispoñan
dunha axuda continuada e conseguir así que as
necesidades básicas dos nenos e as nenas acollidos
sigan cubertas en todo momento, á vez que se
desenvolven accións relacionadas con diversas áreas
como a educativa, sanitaria, material, social etc. co
fin de mellorar a calidade de vida dos nenos e as
nenas que alí viven.
SAN TOMÉ E PRÍNCIPE
Paula González Fernández: estudante do Grao en Fisioterapia.
Viaxou a San Tomé e Príncipe coa ONG Cooperación Bierzo Sur para colaborar na
intervención de fisioterapia a domicilio que realiza no fogar daqueles nenos e nenas da
illa que, por diversos motivos, non poden desprazarse ao centro de día. A través desta
intervención intentouse mellorar, na medida do posible, a súa calidade de vida, e
tamén formar a súa contorna familiar acerca de como fomentar a súa evolución.
GRECIA
Raquel Meizoso Amarelo: estudante do Máster en Políticas Sociais e Intervención
Sociocomunitaria.
Viaxou a Atenas coa ONG AIRE e colaborou no proxecto "Humanidade", un antigo
hotel situado no centro de Atenas rehabilitado e xestionado por varias ONG para dar
atención integral a mulleres refuxiadas embarazadas e/ou con bebés lactantes.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
13
MOZAMBIQUE
Juan Domingo Quintela Vázquez: estudante do Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil.
Viaxou a Mozambique coa UDC para analizar a evolución histórica da batimetría da
baía de Inhambane, en concreto co fin de establecer un método para o levantamento
do relevo subacuático en augas pouco profundas ou intermedias a través de imaxes de
satélite. A metodoloxía será testada tamén na mesma baía.
SAN TOMÉ E PRÍNCIPE
Aloia Fernández Álvarez: estudante do Grao en Fisioterapia.
Viaxou a San Tomé e Príncipe coa ONGD Cooperación Bierzo Sur no marco dun
proxecto de implantación da fisioterapia no ámbito deportivo orientado aos diferentes
clubs da illa. O obxectivo deste proxecto é dar a coñecer a fisioterapia deportiva e
promover a mellora na calidade de vida dos e das deportistas mediante un programa
de prevención de lesións.
HONDURAS
María Dopico Aneiros: estudante do Grao en Educación Social.
Viaxou a Honduras coa ONGD ACOES para traballar nun proxecto de intervención
socioeducativa en Tegucigalpa que ten como finalidade primordial a alfabetización da
poboación por medio de diferentes módulos e actividades.
SAN TOMÉ E PRÍNCIPE
Adrián García González: estudante do Grao en Fisioterapia.
Viaxou a San Tomé e Príncipe coa ONGD Cooperación Bierzo Sur para colaborar nun
proxecto de tratamento e atención de fisioterapia a persoas con discapacidade
temporal hospitalizadas, á busca de mellorar a súa calidade de vida, reducir o tempo de
hospitalización e minorar as secuelas que puidesen orixinarse.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
14
SAN TOMÉ E PRÍNCIPE
Andrea de la Fuente: estudante do Grao en Fisioterapia.
Viaxou a Santo Tomé e Príncipe coa ONGD Cooperación Bierzo Sur no marco dun
proxecto destinado a poñer en marcha do primeiro centro de día da illa. O seu labor
centrouse no aumento da preparación do persoal, con que se busca mellorar a súa
intervención ante os diferentes perfís de pacientes e promover unha evolución máis
positiva destes.
SAN TOMÉ E PRÍNCIPE
María Doce Prado: estudante do Grao en Fisioterapia.
Viaxou a San Tomé e Príncipe coa ONG Cooperación Bierzo Sur para traballar nun
proxecto de atención de fisioterapia orientada a persoas co discapacidade
permanente. Elaborou unha memoria cos datos recollidos durante a estadía, co fin de
avaliar as condicións en que se atopan as persoas que acoden ao centro de día, con
vistas a establecer un tratamento axeitado segundo as necesidades que presenten.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
15
PROXECTOS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO,
SENSIBILIZACIÓN E PARTICIPACIÓN SOCIAL (EpD)
A Convocatoria de accións de educación para o desenvolvemento, a sensibilización e a
participación social tivo unha vez máis como obxectivo apoiar aquelas actividades
desenvolvidas pola comunidade universitaria que quixeron darlles pulo aos valores da
cidadanía global, á procura dun novo modelo humano comprometido coa consecución
dos ODS, a erradicación da pobreza e a igualdade de xénero, entre outros fins.
Nesta súa sexta edición, beneficiáronse dela seis proxectos que foron financiados en
conxunto cun total de 3280 €, e que corresponderon a persoas membros de cada un
dos tres colectivos da comunidade universitaria. A seguir damos conta deles.
Eva Paola Bermúdez Porras Alumna do Máster de Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria.
Presentou unha proposta para realizar un
concurso de ilustracións que fomentasen
a diversidade cultural e sexual, amais da
responsabilidade ambiental e lingüística,
para decorar os baños das Facultades de
Ciencias da Educación e Socioloxía, no
campus de Elviña, co fin de visibilizar a
división e os roles de xénero perpetuados
por estes espazos dentro da institución
educativa. Convidouse a participar a toda
a comunidade universitaria da UDC e as
asociacións colaboradoras, e déuselles
prioridade aos traballos en grupo.
Thais Pousada García Profesora contratada doutora da Área de Enfermaría.
Organizou a xornada «Diseminando», que tivo lugar no mes de outubro na Facultade de
Ciencias da Educación, para difundir os resultados do traballo de campo realizado en
Nicaragua, en que se estudou a situación das mulleres migradas e das familias con
nenos e nenas con diversidade. As actividades que se efectuaron (xornada de traballo,
revisión e publicación de guías) pretenderon contribuír á información con que contan
estes colectivos e sensibilizar a comunidade universitaria e a poboación xeral das súas
necesidades.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
16
María José Servia García Profesora contratada doutora da Área de Zooloxía.
O proxecto presentado versou sobre a conservación da biodiversidade e a loita contra
as especies invasoras, recollida nos ODS das Nacións Unidas. En concreto, tratouse
dunha actividade de aprendizaxe e servizo denominada «Canto sabes da velutina?»,
que pretendeu que o alumnado de último curso se formase en competencias para
compartir información científica actualizada e rigorosa sobre esta especie invasora, de
xeito que a cidadanía, e en particular a comunidade universitaria da UDC, accedese a
información contrastada e doada de comprender sobre unha especie que ten múltiples
impactos ecolóxicos, sociais e económicos, para cuxo control se están a empregar
métodos pouco selectivos con impactos notables na biodiversidade.
Luísa Santos Fidalgo Profesora titular de universidade da Área de Xeodinámica Externa.
Presentou unha proposta que consistiu nunha actividade de sensibilización enmarcada
no ODS 13, sobre a acción polo clima, que foi organizada na Facultade de Ciencias polo
alumnado do primeiro curso: o I Congreso de Alumnado de Primeiro de Bioloxía.
O obxectivo inicial foi poñer en valor os traballos realizados na materia de Xeografía
Física sobre como mudou o clima e as repercusións que isto ten, alén de fomentar o
intercambio de experiencias entre o alumnado de distintas áreas de coñecemento.
Santiago López Piñeiro Profesor titular de escola universitaria da Área de Construcións Arquitectónicas.
A proposta presentada foi a de realización dunha exposición, nos formatos físico e
dixital, para divulgar os materiais producidos e os resultados obtidos no proxecto de
cooperación universitaria ao desenvolvemento «Implementación dun sistema de
aprendizaxe e servizo para o alumnado enfocado á habitabilidade integral» levado a
cabo pola UDC e a Universidade Eduardo Mondlane, co apoio da AECID, en Maputo
(Mozambique). O material exposto contiña debuxos, diagramas, mapas, esbozos,
imaxes e textos, ensamblados nun soporte expositivo axeitado para a súa mostra en
calquera tipo de local.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
17
Cristina Botana Iglesias Alumna de doutoramento da Escola Técnica Superior de Arquitectura.
O seu proxecto consistiu nun
obradoiro de aprendizaxe e
servizo que se efectuou no
barrio do Campanario da
Coruña, en que participaron
conxuntamente alumnado e
profesorado da UDC, amais
de entidades sociais que
traballan a prol da xestión
social do hábitat e boa parte
da veciñanza do barrio.
O obxectivo da aprendizaxe
foi o adestramento metodolóxico na avaliación de necesidades, mentres que o do
servizo dirixiuse á formulación dunha proposta de rexeneración dun barrio precarizado.
O proxecto incluíu distintas conferencias, traballo de campo no barrio e unha
publicación dixital en que se recolle todo o traballo que se levou a cabo no obradoiro,
así como unha contextualización histórica e actualizada do barrio e as propostas
realizadas.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento
18
ACTIVIDADES COAS ONG DE DESENVOLVEMENTO
Unha das prioridades da Área de Cooperación ao Desenvolvemento da OCV é a de
colaborar coas distintas ONGD tanto da provincia da Coruña como de Galicia en xeral,
así como con outros axentes da cooperación galega, na busca de sinerxías que
permitan unha cooperación máis efectiva e de calidade.
A devandita colaboración atinxe a realización de actividades conxuntas; labores de
sensibilización e de educación para o desenvolvemento a través da organización de
xornadas, charlas, obradoiros, seminarios e exposicións; e a difusión das diferentes
actividades que desenvolven estas organizacións a través das nosas redes e contactos.
Este interese da OCV polo traballo conxunto coas ONGD amplíase coas colaboracións
con outras entidades de acción social, o que se verá reflectido na información que
presentamos a continuación.
• Coordinadora Galega de ONGD
No ano 2019 continuáronse as tarefas de difusión e intercambio de información
entre as dúas entidades.
• Solidariedade Internacional Galicia
Colaboramos coa dita ONGD na organización da VII Xornada de Educación para o
Desenvolvemento e a Cidadanía Global. Tamén na posta en marcha de diferentes
actividades nos campus da UDC, como a conferencia sobre «As mulleres na
defensa dos DD. HH. en Nicaragua», que tivo lugar na Facultade de Socioloxía no
mes de xaneiro, ou a xa mencionada xornada «Diseminando».
• Asemblea de Cooperación pola Paz
Esta ONGD foi invitada a participar no curso de formación preparatorio para as
alumnas e os alumnos beneficiarios das bolsas da convocatoria de PCR.
• Proactiva Open Arms
No mes de xaneiro tivo lugar cadansúa conferencia nas facultades de Ciencias do
Deporte e a Educación Física e Enfermaría e Podoloxía coa xefa de misión do
barco na ONG Open Arms.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
19
VOLUNTARIADO
Acción voluntaria realizada por persoas físicas como resultado da súa participación social organizada no
desenvolvemento de actividades de interese xeral a través de entidades de acción voluntaria, sempre que
se trate dunha decisión libremente adoptada e non traia causa dunha obriga ou dun deber xurídico; que
se execute fóra do ámbito laboral, profesional, funcionarial ou mercantil ou de calquera outro tipo de
relación retribuída; que a acción voluntaria se leve a cabo sen contraprestación económica, sen prexuízo
do dereito ao reembolso dos gastos que esta acción poida ocasionar ou dos recoñecementos que
correspondan; que se leve a efecto en función de programas concretos, que sexan promovidos por
calquera das entidades de acción voluntaria ou polas administracións públicas de Galicia.
Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria de Galicia.
Os diferentes programas de voluntariado da OCV, ben sexan puntuais ou continuos no
tempo, comezan sempre cun proceso de estudo que se pon en marcha cando calquera
ONG, asociación ou administración pública establece contacto con nós. Acto seguido,
analízase a pertinencia e a sustentabilidade do proxecto, e en función destas variables
e do número de persoas voluntarias dispoñibles ou interesadas, decídese sobre o seu
desenvolvemento.
As nosas propostas de actuación voluntaria abarcan moitos ámbitos, na busca de
favorecer a elección das persoas á hora de decantarse por un ou outro labor no eido
do voluntariado.
Cabe salientarmos deste 2019 as actividades do grupo dedicado á sensibilización, que
chegaron a todos os campus e foron realmente innovadoras e creativas. Así mesmo, o
intento de formalizar un convenio coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
para potenciar todos os proxectos que se levan a cabo nos centros de menores e
trasladalos a outros centros.
03
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
20
MENORES
Centro de Acollida de Menores de Bañobre
Programa de voluntariado «E agora, que?»
O obxectivo deste proxecto de voluntariado foi buscar o tratamento individual e
igualitario das e dos 35 menores que viven no centro de acollida, a través de actividades
lúdicas. En 2019 realizáronse todas as actividades de ocio programadas. Agora o centro
conta cunha educadora as fins de semana, que colabora tamén nas saídas.
Continuamos o proxecto «E agora que?» cun programa de seguimento e de orientación
que busca ser unha fase ponte de cara á saída do centro das e dos adolescentes, onde
os plans de acceso á vivenda, a orientación laboral, a continuidade da formación
académica etc. tratan de ser as ferramentas esenciais de apoderamento que precisan
nese proceso de emancipación. En 2019 tratouse de buscar un convenio coa Consellería
de Política Social para trasladar este proxecto a máis centros de menores.
Barrio das Rañas
As actividades que desenvolve o voluntariado da OCV neste proxecto están orientadas
ao apoio na realización das tarefas escolares de nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, así
como á iniciación dos máis pequenos nunha dinámica escolar e ao ocio educativo.
Unha media de 18 rapaces e rapazas asistiu ás actividades desenvolvidas polo
voluntariado da OCV no local de Cáritas Interparroquial. Un dos obxectivos marcados
para este ano foi o traballo do papel do muller no transvasamento da cultura xitana de
xeración en xeración. Fixéronse varias actividades con esta temática que tamén se
trasladaron ao centro escolar das e dos menores.
Asociación Participa para la Inclusión Social
No ano 2019, o voluntariado da OCV participou nas actividades con menores en
situación de exclusión social que se realizan de luns a xoves pola tarde no Museo de
Arte Contemporánea (MAC) da Coruña.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
21
Colaboración con Axuda en Acción (A Coruña)
Ponse en marcha o programa LECXIT da man da ONG Axuda en Acción, en que o
voluntariado acompaña nenos e nenas con dificultades económicas na animación á
lectura. Os obxectivos que se persegue son a utilización da lectura e a mentoría como
ferramentas para mellorar as capacidades académicas, a autoestima e as habilidades
sociais de menores en situación de vulnerabilidade social.
No ano 2019 participaron nove persoas voluntarias da OCV e nove menores do colexio
Raquel Camacho.
Apoio escolar a menores en Ferrol
Neste caso, trátase de darlles o apoio escolar preciso a menores inmigrantes e
pertencentes a minorías étnicas para que poidan levar un ritmo de desempeño acorde
ao do resto de menores na escola. Igualmente, o obxectivo é acompañar no seu
proceso de socialización e emancipación outros rapaces nunha especial situación de
vulnerabilidade, procedentes dun centro de menores, que reciben un apoio máis
específico orientado a un mellor manexo da lingua castelá e galega, e de reforzamento
de estudos de formación profesional.
En 2019 participaron 13 persoas voluntarias da OCV e 14 menores.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
22
EXCLUSIÓN SOCIAL
Fogar de Sor Eusebia
No Fogar de Sor Eusebia conviven homes sen fogar con algún tipo de problema que lles
impide valerse por si mesmos fóra do centro. A finalidade da colaboración da OCV é
dinamizar a vida dos usuarios e ofrecerlles alternativas de ocio. A meirande parte das
actividades realizáronse no propio centro, aínda que ao longo do ano 2019 tamén se
levaron a cabo saídas culturais e de ocio.
Centro Penitenciario de Teixeiro
A OCV desenvolve distintas accións no Centro Penitenciario de Teixeiro, entre as cales a
máis destacada e con maior traxectoria é a da Aula de Cultura. Nela, os sábados pola
mañá e por medio dun videofórum, estimúlase o debate entre as persoas internas por
medio da proxección de películas e documentais con temáticas variadas.
En 2019, o proxecto viuse ampliado cun programa deseñado para o Módulo de
Respecto da Unidade Terapéutica deste centro, que transcorre tamén os sábados, neste
caso durante as tardes e cun grupo máis reducido de internos e internas.
Albergue de Transeúntes Padre Rubinos
O voluntariado da OCV leva xa varios anos colaborando nas actividades diarias do
Centro de Día do Albergue de Transeúntes Padre Rubinos. En 2019 houbo tres persoas
voluntarias que axudaron no roupeiro e no comedor, ademais de organizar unha
actividade de cinefórum.
Aulas de educación de persoas adultas no Centro Violetas
Este proxecto xurdiu como unha colaboración dun grupo de alumnas de Educación
Social, que solicitaron levar a cabo un proxecto de educación de adultos cunha
metodoloxía baseada nas ensinanzas de Paulo Freire. Logo de contactar co Centro
Violetas de Cáritas, catro voluntarias asistiron durante tres meses ás aulas para levalo a
cabo. Como o resultado foi tan positivo, falouse coa profesora para que continualo no
curso seguinte como un proxecto de aprendizaxe e servizo.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
23
Aulas de español para persoas estranxeiras
Este proxecto xurdiu como ampliación da Aula Intercultural de Apoio Escolar a
Menores, xa que se detectou a necesidade de ofrecerlles clases de español a persoas
adultas de orixe estranxeira, nalgúns casos as nais dos menores, co obxecto de
facilitarlles as interaccións cotiás e favorecer así a súa inclusión na sociedade.
No dito proxecto colaboraron catro profesores e asistiron 21 persoas usuarias.
Aulas preparación do exame para obter a nacionalidade
Continuouse con este proxecto que puxemos en marcha a
finais de 2018. Dous días á semana, impartiuse formación
específica sobre os coñecementos constitucionais e
socioculturais de España (CCSE) con que cómpre contar
para obter a nacionalidade española.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
24
ÁMBITO SOCIOSANITARIO
Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera
En 2019 houbo 21 persoas voluntarias que asistiron asiduamente ao proxecto e á súa
formación específica. Dous grupos delas colaboraron tamén no Centro de Día deste
hospital, cunha grande satisfacción por ambas as partes.
As actividades que se levaron a cabo cos menores, como noutras ocasións, foron moi
variadas, xa que as súas idades oscilan entre os 0 e os 3 anos: monicreques, globoflexia,
contacontos… Por outra parte, é de salientar que durante este ano se mellorou moito
na organización do grupo e na relación directa co persoal de enfermaría.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
25
DIVERSIDADE FUNCIONAL
Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal
O voluntariado da OCV acudiu ao local da asociación naronesa para participar en
diferentes actividades coas persoas usuarias do Centro Ocupacional (obradoiros, hortos
etc.), ou ben colaborar en celebracións e actividades puntuais.
Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física
(CAMF)
Neste caso o labor consiste en acompañar as persoas residentes cando saen ao exterior
para faceren calquera tipo de xestión persoal, mesmo para gozaren de tempo de lecer,
ou ben no propio centro cando a súa saúde non permite as saídas. O voluntariado da
OCV acode en distintos horarios durante toda a semana, na procura de abranguer o
maior número de demandas de acompañamento que se poidan producir.
Caben salientarmos que neste proxecto concreto sempre é reducido o número de
persoas voluntarias que participan, entre tres e catro, por propio pedimento do centro
e debido ás súas características.
Centro Pai Menni
Colaborouse co Centro Pai Menni de Betanzos nunha actividade de baloncesto
organizada para as persoas residentes, ás cales tamén se acompañou a algún dos
partidos oficiais da Liga para persoas con diversidade funcional. Tamén se colaborou nas
actividades dos obradoiros.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
26
EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO
Proxecto de sensibilización da comunidade universitaria
O voluntariado que participa neste proxecto deseña materiais de sensibilización,
dinámicas e xogos de carácter lúdico para intentar chamar a atención dos seus
compañeiros e das súas compañeiras dos campus sobre a importancia de exercer unha
cidadanía activa e actuar en defensa dos dereitos humanos e a xustiza social. No ano
2019 desenvolveuse un bo número de accións nos dous campus da UDC:
• Cine e debate sobre a mutilación xenital
feminina. Tivo lugar o xoves 21 de febreiro no Centro
Cultural Universitario de Ferrol.
• Actividades sobre o consumismo o 20 e o 24 de
febreiro na Facultade de Ciencias da Educación e na
Facultade de Economía.
• Terceira entrega do Ciclo ConcienciArte, en que
se propuxo proxectar un documental para favorecer a conciencia crítica do
alumnado en temáticas relacionadas coa EpD.
• Relacionadas. Actividade sobre
cuestións de saúde física e mental
que se realizou o 1 de abril no
campus de Ferrol.
• Actividade sobre o senfogarismo e o
acceso á vivenda co alumnado da
Facultade de Ciencias e da Facultade
de Económicas e Empresariais no mes de abril.
• Recollida de obxectos reciclados das cores da bandeira LGTB+ durante a
semana previa á celebración, no campus de Ferrol, do #OrgulloUDC o 14 de
maio.
• Dentro das VII Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía
Global, que tiveron lugar no mes de maio, o voluntariado de sensibilización
realizou unha dinámica sobre comercio responsable.
• Actividade de sensibilización sobre os ODS o 9 de outubro nas facultades de
Ciencias da Saúde e Económicas e Empresariais.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
27
• Actividades de sensibilización co gallo do proxecto «Aseando prexuízos» o 17
de outubro na Facultade de Ciencias da Educación e na Facultade de Socioloxía.
• Dinámica sobre micromachismos na Facultade de Socioloxía para concienciar
sobre o asasinato de mulleres en 2019 por violencia machista, que se fixo
coincidir co Día Internacional para a Eliminación de Violencia contra as
Mulleres o 25 de novembro.
• En Ferrol organizouse a Semana polos
Dereitos Humanos con varias actividades:
unha conferencia sobre as loitas pacíficas dos
movementos sociais e ecoloxistas que
pretenden alertar e propoñer alternativas
para evitar a morte do noso planeta; unha
conversa con dúas líderes hondureñas para
falar do dereito á auga; a construción
colectiva dun mural sobre os 30 dereitos
humanos; un videofórum co director e
produtor Jon Kareaga en que se proxectou o
seu documental Made in, made for e a
exposición «Hazme visible», un proxecto
fotográfico do programa Dentro-Fuera de
Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, que
estivo dúas semanas no Centro Cultural Universitario.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
28
ACTIVIDADES CON OUTRAS ENTIDADES DE ACCIÓN SOCIAL
Plataforma Coruñesa do Voluntariado
Neste ano 2019, a OCV incorporouse activamente á PCV, ao formar parte da súa
Comisión de Formación e colaborar na organización de catro seminarios de interese
para as entidades integrantes e o seu voluntariado. Sumámonos tamén á actividade
proposta por esta plataforma para o Día do Voluntariado, axudando a pintar o interior
dun colexio dun barrio empobrecido da cidade.
Fundación SEUR
Seguimos a colaborar coa dita fundación na campaña solidaria de recollida de tapóns
para distintas causas. Os recipientes, situados en distintos edificios dos campus da
Coruña, seguen enchéndose de tapóns de plástico, de xeito que a súa doazón se
converte pouco a pouco nun acto cotián.
Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos
Por terceiro ano consecutivo a OCV colaborou na organización das Xornadas de
Persoas sen Fogar, desenvolvidas no mes de abril nas instalacións da Real Institución
Benéfico-Social Padre Rubinos. Para alén disto, a OCV participou cun relatorio nun
curso de voluntariado desta institución coruñesa no mes de setembro.
Yarama África
Un ano máis, a OCV contou coa colaboración de Yarama África na organización da
XV Xornada sobre Inmigración e Interculturalidade, que desta volta tivo lugar baixo o
lema «Autonomía e organización na defensa e loita polos dereitos». Foi na Escola de
Náutica a finais do mes de outubro e asistiron arredor de 160 persoas.
Cruz Vermella No mes de novembro, o reitor e a presidenta provincial da Cruz Vermella asinaron un
convenio de colaboración, xunto coa vicerreitora de Internacionalización e
Cooperación, para a selección das persoas beneficiarias de axudas de matrícula dentro
do programa de axuda a persoas refuxiadas e procedentes de zonas de conflito que
está canalizando a OCV.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
29
Cáritas Interparroquial A Coruña Durante todo o curso académico, Cáritas Interparroquial A Coruña cedeunos un local
que ten na zona do Birloque para poder facer a Aula Aberta con nenos das Rañas.
COLABORACIÓNS CON OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Xunta de Galicia
Durante o ano 2019 colaborouse coa Xunta de Galicia a través do convenio da RGCUD,
de que falamos máis polo miúdo no apartado 6 desta memoria. Tamén iniciamos os
trámites para lograr a sinatura dun novo convenio coa Consellería de Política Social que
nos permita ampliar as nosas colaboracións cos centros de menores.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
30
COLABORACIÓNS NO SEO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Centro Universitario para a Formación e a Innovación
Educativa (CUFIE)
Dentro da UDC, a OCV traballa para cooperar e coordinarse co resto de unidades e
servizos con que existen liñas de traballo comúns. Así, colabórase estreitamente co
CUFIE na posta en marcha e a potenciación da metodoloxía de aprendizaxe e servizo
(APS) na UDC, así como no asesoramento e a formación do PDI nesta materia.
Continuamos a colaborar co Unidade de Teleformación deste centro, para a que
deseñamos un módulo sobre a responsabilidade social na docencia destinado ao
profesorado de nova incorporación na UDC. Así mesmo, organizouse unha xornada de
visibilización da APS na UDC, que tivo moi boa acollida por parte do PDI.
Área de Cultura
Durante o ano 2019 foron varias as colaboracións coa Área de Cultura da UDC, para a
organización conxunta de distintas propostas que mesturaban a arte coa solidariedade.
Así, por exemplo, participouse na organización do curso «Hablaba árabe», en que a
través da ensinanza da lingua árabe se aproximou o alumnado ao coñecemento desta
cultura.
Oficina de Medio Ambiente (OMA)
Neste ano 2019, colaborouse na xestión do voluntariado medioambiental que participa
de forma continuada nas actividades propostas pola OMA. Tamén se colaborou con
este servizo na motivación da contratación responsable de empresas que promovan o
comercio xusto e de proximidade ou a reciclaxe nas cafeterías dos campus.
Green Campus Ferrol
No ano 2019 a OCV entrou a formar parte do comité ambiental do Green Campus
Ferrol, asistindo ás súas reunións de traballo.
Servizo de Asesoramento e Promoción do estudantado
(SAPE)
Tamén se colabora con este servizo para o intercambio de información e a súa posterior
difusión nas respectivas redes, tanto no campus coruñés como no ferrolán.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado
31
Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais
e Portos
Anualmente, a OCV colabora con esta escola na realización dun ciclo de conferencias
sobre a cooperación para o desenvolvemento na enxeñaría civil. Nel ofrécese unha
visión clara do que é a cooperación nos países do sur global, defínense os conceptos
chave da cooperación e favorécese a sensibilización da poboación universitaria, así
como do resto do público en xeral.
Equipo Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)
Durante 2019 foron varias as colaboracións co ESOMI da Facultade de Socioloxía, como
a organización da conferencia «As mulleres na defensa dos DD. HH. en Nicaragua».
Cómpre lembrarmos que a OCV ten a súa sede no campus da Coruña no devandito
edificio desde hai máis dunha década.
ONGD presentes na UDC
Destacamos o noso compromiso de colaboración coas ONGD presentes na UDC
(Enxeñería Sen Fronteiras, Arquitectura Sen Fronteiras e Solidariedade Internacional
Galicia). Mantemos estreitos lazos con elas e traballamos conxuntamente en iniciativas
que redundan na promoción da cooperación e a educación para o desenvolvemento,
tanto dentro da comunidade universitaria como no conxunto da sociedade en xeral.
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 04. Aprendizaxe e servizo
32
APRENDIZAXE E SERVIZO
A aprendizaxe-servizo é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de
servizo comunitario nun proxecto ben articulado, onde os participantes aprenden a traballar en
necesidades reais da contorna, co fin de mellorala.
En suma, a aprendizaxe-servizo é un método para unir o compromiso social para a aprendizaxe de
coñecementos, habilidades, actitudes e valores. Aprende a ser competente para ser útil a outros
Centre Promotor d’Aprenentatge Servei
Durante 2019, xunto co CUFIE, a OCV puxo en marcha un curso de formación sobre
esta metodoloxía para o PDI, no cal participaron 32 persoas. Ao remate da parte en
liña o PDI debía preparar un proxecto adaptado a algunha das súas materias, e varias
destas iniciativas aplicáronse á docencia no seguinte cuadrimestre. De igual maneira,
colaborouse na preparación da IV Convocatoria de proxectos de APS da UDC e na
avaliación dos proxectos presentados, que foron 25. É de notarmos que algúns deles
implicaron PDI de diferentes materias, o que os converteu en anuais.
Como parte das tarefas da OCV neste contexto, e para que o PDI puidese realizar os
proxectos, tramitáronse para a súa sinatura oito novos convenios con outras tantas
entidades. Tamén se informou desta iniciativa a todas as organizacións con que se tivo
contacto, para coñecer as súas necesidades e intentar vinculalas con algunha materia
das que se imparten na UDC. Por último, preparáronse as acreditacións do alumnado
implicado, co obxecto de certificar a súa participación no proxecto que correspondese
e as materias en que este se atopaba enmarcado.
Neste curso académico, elaborouse unha pequena
guía de boas prácticas que recolle os proxectos de
aprendizaxe e servizo elaborados e executados
polo profesorado e o alumnado da UDC. Tivo a súa
presentación nas I Xornadas de APS da UDC,
realizadas no mes de xuño.
04
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 04. Aprendizaxe e servizo
33
PROFESORADO E ALUMNADO PARTICIPANTE
34
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación
FORMACIÓN
Acción e efecto de formar ou formarse. Conxunto de coñecementos teóricos e prácticos
adquiridos polo estudo e a experiencia, sobre unha materia determinada ou en xeral.
Dicionario da RAG
Desde a OCV somos moi conscientes da importancia da formación para todas aquelas
persoas que colaboran nalgunha das nosas propostas, pois para participar nelas
hai que saber como facelo.
Así, a formación é unha das principais liñas estratéxicas de traballo da OCV.
Preténdese que as accións que realiza o noso voluntariado sexan de calidade, polo
que cando unha persoa decide implicarse nalgún programa de voluntariado debe
realizar un curso básico encamiñado a que coñeza os seus dereitos, os seus deberes e
os aspectos xerais relacionados co labor que levará a cabo.
Ademais desta formación inicial básica, promóvese a formación continua nos aspectos
específicos que se vinculan a cada programa, como por exemplo as habilidades sociais
ou a interculturalidade.
Doutra banda, no mes de abril leváronse a cabo as X Xornadas de Persoas sen Fogar
(A Coruña), centradas na visibilización, en que se falou do traballo en rede das
entidades; e a XV Xornada de Sensibilización sobre Inmigración e Interculturalidade,
que puxo o foco na autonomía e a organización na defensa e loita polos dereitos das
persoas migrantes.
Por outra parte, en 2019 todo o persoal da OCV participou, como parte integrante da
RGCUD, na organización do VIII Congreso de Cooperación Universitaria ao
Desenvolvemento o 27, 28 e 29 de novembro, centrado na Axenda 2030, nos comités
técnico e organizativo.
05
35
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación
158
16De camiño á extinción e como actuar
685
210Conferencia: Dereitos humanos e cuestións éticas no salvamento de vidas humanas
18Formación sobre os Proxectos de Coñecemento da Realidade: Introdución á Cooperacióne á EPD
97 Formación Básica en Voluntariado
ASISTENTES A CURSOS DE FORMACIÓN NO ANO 2019
16 Curso de voluntariado
específico para o proxecto
LECXIT
16 Dereito humano ao
hábitat nas comunidades
rurais de Honduras
67 I Xornadas de
Aprendizaxe e Servizo
Xornadas sobre inmigración
e Interculturalidade:
Autonomía e Organización
na Defensa e Loita polos
Dereitos
16 Participando contra prexuízos e
mentiras
71 X Xornadas sobre
Persoas sen Fogar:
Tecendo Redes
desde as Rúas
36
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación
OUTRAS ACTIVIDADES FORMATIVAS E DE SENSIBILIZACIÓN
Ademais dos cursos e seminarios de formación programados, en 2019 deseñamos e
botamos a andar máis actividades que tiveron como obxectivo formar, informar e
sensibilizar a comunidade universitaria e o resto da sociedade sobre cuestións de
interese para a nosa misión na UDC. Recollémolas a seguir por orde cronolóxica:
• Dereitos humanos e cuestións éticas no salvamento de vidas humanas. A xefa
de misión do barco de salvamento de persoas no mar en Open Arms ofreceu
cadansúa conferencia nas facultades de Ciencias do Deporte e a Educación
Física e de Enfermaría e Podoloxía o 31 e xaneiro.
• Conferencia «As mulleres e a defensa dos DD. HH. en Nicaragua», en
colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia e a Facultade de
Socioloxía.
• Conferencia sobre Cooperación e Voluntariado na Facultade de Fisioterapia o 1
de febreiro.
• Presentación do proxecto «Mulleres negras que cambiaron o mundo», o 13 de
maio no Salón de Actos Concepción Arenal do campus de Ferrol. A actividade
incluíu unha exposición sobre o libro Mulleres negras na ciencia que puido
visitarse do 9 ao 31 de maio.
• Xornada de Benvida á UDC 2019 o 5 de setembro. A OCV participou con
cadanseu posto informativo nos campus da Coruña e Ferrol.
37
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación
PARTICIPACIÓN EN REDES
Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
(RGCUD)
A OCV colabora xunto coas outras dúas
universidades do SUG na RGCUD para darlle
pulo ás actividades dirixidas ao profesorado
que traballa en cooperación para o
desenvolvemento, así como para buscar
sinerxías que outorguen maior visibilidade
e recoñecemento a este traballo no ámbito
autonómico.
Durante 2019 traballouse na estratexia de
implementación da Axenda 2030 e os ODS
nas universidades do SUG, ademais de na
organización do VIII Congreso de Cooperación
Universitaria ao Desenvolvemento o 27, 28 e
29 de novembro, centrado na Axenda 2030 e
os ODS.
Rede Española de Universidades Saudables (REUS)
A REUS é un dos grupos de traballo da Conferencia de Reitores das Universidades
Españolas (CRUE). Compóñena ducias de universidades españolas, a propia CRUE, o
Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, o Ministerio de Educación e
algunhas estruturas de saúde pública de varias autonomías, e ten como obxectivo
fundamental potenciar o papel das universidades como entidades promotoras da
saúde e o benestar da comunidade universitaria e da sociedade no seu conxunto.
A OCV pertence á Comisión Técnica do Campus UDC≡Universidade Saudable, en que
participa activamente con diferentes propostas que inclúen a elaboración de recursos
ou a participación no Día das Universidades Saudables, entre outras accións.
En 2019, a OCV, a OMA, a Facultade de Socioloxía e o servizo UDC Saudable,
continuaron as reunións co xerente e o Servizo de Contratación para introducir nos
pregos de contratación cláusulas que promovan o comercio de proximidade e xusto ou
a reciclaxe. Tamén se chegou ao acordo de contratar unha empresa con persoal
especializado en nutrición para que supervise os menús de todas as cafeterías dos
campus da UDC e forme o seu persoal.
38
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación
Rede Española de Estudos de Desenvolvemento (REEDES)
A OCV, a través da RGCUD, renovou a súa pertenza á REEDES e seguiu a difundir as
convocatorias, os artigos e as propostas desta rede académica, interdisciplinar,
especializada na investigación e a docencia en materia de desenvolvemento e
cooperación internacional.
Global Platform for Syrian Students
A UDC, a través da OCV, iniciou os trámites para participar na plataforma promovida
pola presidencia da República de Portugal «Global Platform for Syrian Students». Logo
dun traballo de meses, en xullo o reitor e a vicerreitora de Internacionalización e
Cooperación asinaron un programa de apoio para persoas refuxiadas procedentes de
zonas de conflito. Posteriormente, asinouse un convenio coa Cruz Vermella para
canalizar o dito programa xunto a OCV.
Espallar, grupo de innovación educativa
As persoas integrantes da OCV forman parte activa do grupo de innovación educativa
Espallar, de carácter interuniversitario. Unha das accións levadas a cabo polo grupo
durante o ano 2019 foi o inicio dun proxecto de investigación, cuxas fases iniciais se
deron a coñecer través dun póster presentado nas XIV Xornadas de Innovación
Docente organizadas polo CUFIE no mes de novembro.
Artigo9tech
Outra das redes de que a OCV entrou a formar parte durante 2019 foi o grupo da UDC,
conformado xunto coas entidades Arquitectura Sen Fronteiras Galicia e Enxeñería Sen
Fronteiras Galicia, Artigo9tech. O devandito grupo acadou financiamento para o
proxecto de «Creación do Grupo Interuniversitario de Investigación en Cooperación
Técnica para o Desenvolvemento Sustentable», con integrantes das tres universidades
públicas galegas.
39
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación
SINERXÍAS CON OUTRAS UNIVERSIDADES
Universidade de Vigo
Pola propia existencia da RGCUD, o traballo de coordinación coa dita universidade en
materia de cooperación universitaria para o desenvolvemento é un feito. En particular,
no mes de novembro asistimos ás Xornadas sobre a Cooperación Universitaria ao
Desenvolvemento ante a Axenda 2030 que organizou, en que participamos ademais
como moderadoras dunha das mesas redondas.
Universidade de Santiago de Compostela
Pola mesma razón que no caso da Universidade de Vigo, o traballo de coordinación
coa USC en materia de cooperación universitaria ao desenvolvemento é un feito
necesario.
Participación no grupo de traballo da CRUE sobre
cooperación
A OCV participa activamente nas reunión e os grupos de traballo da CRUE. Durante
este ano, asistimos ás XV Xornadas de Internacionalización e Cooperación, que tiveron
lugar os días 21, 22 e 23 de marzo na Universidade da Laguna.
Ademais, no mes de xullo asistiuse en Murcia a unhas xornadas organizadas polo
grupo de traballo en materia de refuxio da CRUE, sobre internacionalización e
cooperación, en colaboración coa Universidade de Murcia. Nas II Xornadas Fronteiras,
Educación e Refuxio presentouse un póster sobre o traballo desenvolvido en materia
de refuxio por parte da OCV.
40
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación
COMUNICACIÓN
A comunicación, tanto interna como externa, é unha cuestión básica en calquera
organización, xa que fai posible unha mellor integración das persoas que a conforman.
No caso da OCV, a comunicación coas persoas voluntarias faise tanto de xeito informal
como a través de canles máis formalizadas. Isto tamén acontece co resto de grupos de
interese, no tocante á comunicación exterior, e entre o seu persoal técnico e as
persoas responsables da entidade.
En calquera caso, búscase garantir que a comunicación interna e externa sexa
constante e fluída, e para conseguir isto empregamos distintos mecanismos, que son
os que se detallan a continuación.
• Páxina web propia Na actualidade supón a principal vía de difusión externa das nosas iniciativas. Nela
informamos sobre todas as actividades da OCV e poñemos á disposición das persoas
usuarias documentos de interese ou ligazóns ás páxinas web doutras institucións ou
organizacións. Así mesmo, a través dela pode facerse a preinscrición nas distintas
accións formativas programadas ao longo do curso académico.
Outra das vías de comunicación externa da OCV, que se utiliza puntualmente cando a
necesidade de proxección exterior da nova así o require, é a páxina web principal
da UDC:
www.udc.gal
• Intranet Dentro da UDC, contamos tamén con outros medios propios de difusión, como é o caso
das bases de datos de voluntariado e ONGD que manexamos, e doutros grupos de
correo con persoas interesadas en recibiren información sobre cursos e conferencias
centrados en temáticas relacionadas coa cooperación para o desenvolvemento e co
voluntariado social. Por tanto, o envío de información a través do correo electrónico
é unha das nosas principais vías de comunicación.
• Rede Galega de Cooperación Universitaria ao
Desenvolvemento (RGCUD)
Desde a creación e posta en marcha da web da RGCUD, converteuse nun recurso
máis para a difusión das actividades desenvolvidas pola OCV, que son recollidas ademais
polo Observatorio de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD. Ao
publicar na súa web as nosas novas, amplía enormemente a difusión do noso traballo.
41
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación
• Redes sociais No ano 2011 a OCV abriu un perfil en Facebook que até o ano 2018 acadou máis de
1500 persoas seguidoras. Nese mesmo ano, no mes de maio, creamos a páxina
udc.ocv, en que nos seguen cerca de 600 persoas. Contamos ademais cunha conta
en Instagram con 800 persoas seguidoras.
• Boletín informativo O Boletín Informativo da OCV vai dirixido non só ao noso voluntariado en activo e aquelas
persoas que nalgún momento formaron parte da organización, senón tamén a
outras entidades que se sumaron como subscritoras. Ao remate do ano, atinximos
máis de 500 persoas subscritoras que recibían información cada 15 días, nun
formato adaptado á súa lectura nos teléfonos intelixentes.
• Taboleiros de anuncios
A OCV dispón de taboleiros de anuncios nos dous espazos físicos das oficinas da
Coruña e Ferrol, en que a promoción das súas actividades se realiza por medio de
trípticos e carteis, os cales tamén son repartidos no resto dos centros dos
respectivos campus.
• Reunións periódicas
O persoal técnico da entidade reúnese puntualmente coas persoas coordinadoras
dos distintos programas de voluntariado en funcionamento para coñecer o
desenvolvemento destes, e poder facer os axustes pertinentes no caso de seren
necesarios. Tamén realiza continuas visitas ás entidades con que realiza actividades
en convenio para o seu seguimento conxunto, ou recibe os seus representantes en
calquera das dúas oficinas de que dispón nos campus da Coruña e Ferrol.
Así mesmo, a dirección da OCV reúnese co seu persoal técnico con asiduidade para
avaliar a actividade do servizo e programar novas accións de iniciativa propia ou en
colaboración con outras entidades.
• Medios de comunicación
Nalgunhas ocasións as actividades desenvolvidas pola OCV son recollidas en distintos
medios de comunicación, sobre todo na prensa escrita, mais tamén puntualmente en
televisións locais e radios, o que supón un importante pulo para a difusión das nosas
propostas. No tocante ao ano 2019, salientamos a aparición da OCV no programa da
RTVG Botando unha man, emitido no mes de xuño, en que se amosaron o conxunto de
actividades que desenvolvemos ao longo do ano.
42
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación
Por outra banda, é moi habitual a nosa presenza no Diario de Ferrol, La Voz de Galicia
ou Ferrol 360º. Tamén en emisoras como a COPE Ferrol ou a Ser.
43
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 06. Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
REDE GALEGA DE COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO DESENVOLVEMENTO
A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), conformada
polas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, grazas ao financiamento da
Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ten como finalidade promover
o traballo en rede entre as universidades galegas nos eidos da cooperación universitaria ao
desenvolvemento (CUD) e a educación para o desenvolvemento (EPD).
Presentación da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento, 2014
PÁXINA WEB
A RGCUD conta cunha páxina web propia, que se creou logo de se asinar o primeiro
convenio coa Xunta de Galicia e que se vai actualizando coas novidades que se
producen nas tres universidades galegas.
Esta web conta cunha base de datos en que, desde este último convenio bianual, se
incorporou o profesorado que traballa en cooperación universitaria para o
desenvolvemento, coas súas liñas de investigación, para poder potenciar as sinerxías
entre investigadores e investigadoras das tres universidades.
06
44
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 06. Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
FORMACIÓN E ACCIÓN DE SENSIBILIZACIÓN
No ano 2018 renovouse o convenio coa Dirección Xeral de Relacións Externas e coa
Unión Europea da Xunta de Galicia, de carácter bianual, co obxectivo de fortalecer a
RGCUD como axente de cooperación para o desenvolvemento implicado na
consecución dos ODS. Con este motivo, iniciáronse os traballos para a elaboración da
Estratexia de desenvolvemento sostible nas universidades do SUG (Axenda 2030), que
será o marco de referencia a nivel galego para poñer en marcha a devandita axenda.
No 2019 rematou o liderado da UDC, a través da OCV, neste convenio, e elaborouse a
pertinente memoria de xustificación.
Unha das accións máis salientables foi a participación na redacción da Declaración
institucional sobre o compromiso das universidades públicas galegas coa Axenda 2030
de desenvolvemento sustentable das Nacións Unidas, que asinaron o día 27 de
decembro en Santiago de Compostela as tres universidades galegas.
Por outra banda, leváronse a cabo distintas actividades formativas e de sensibilización:
• Curso de Formación Básica para
o Voluntariado (16 h), con
edicións na Coruña e Ferrol, e
cunha asistencia de 88 persoas.
Dentro deste curso existen un par
de módulos específicos relativos
á cooperación e a educación para
o desenvolvemento e os ODS.
• Compra Pública Ética. Organizouse unha xornada formativa dirixida ao equipo
de goberno e as xefaturas de sección, de servizo e de negociado da Reitoría da
UDC sobre compra pública ética, que tivo lugar no mes de marzo
• Almorzo Xusto: Moda Sostible e Socialmente Responsable, Unha Alternativa
Posible. O obxectivo foi achegar ao alumnado do grao en Xestión Industrial da
Moda unha perspectiva baseada na xustiza social dentro do eido da moda, que
abranguese de modo transversal temáticas como os dereitos humanos, o xénero
e o comercio xusto. A actividade tivo lugar na Facultade de Humanidades e
Documentación o 15 de marzo.
45
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 06. Rede Galega de Cooperación
Universitaria ao Desenvolvemento
• Encontro para a Transversalización dos ODS nas Competencias Transversais
dos Graos, impartido por María de los Llanos Gómez, directora do Centro de
Cooperación ao Desenvolvemento da UPV, o 11 de xuño, a que asistiron 28
persoas.
• Curso monográfico sobre a Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e
a súa implementación nas administracións públicas galegas. Os días 17 e 18 de
xuño levouse a cabo na EGAP un curso sobre a Axenda 2030 para o
desenvolvemento sustentable orientado ao persoal das administracións
autonómica e local galegas, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma
de Galicia e das universidades do SUG, en que varios membros da RGCUD
falaron sobre a transversalización da Axenda 2030 nas universidades do SUG.
• Campaña en Instagram e outras RR. SS. para concienciar sobre os ODS e a
Axenda 2030. A dita campaña levouse a cabo entre os meses de outubro e
novembro, con resultados moi bos en canto á participación e o número de
persoas seguidoras.
46
MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019
Tipografías empregadas
Calibri Light, tamaño 10, 12 e 37 Calibri Bold, tamaño 16 e 18 Futura Md Bt, tamaño 16 e 60
Cores principais empregados
Vermello: RGB 231, 48, 43 | HEX #ea5340 Azul/Turquesa: RGB 97, 182, 175 | HEX #61b6af Gris: RGB 87, 87, 87 | HEX #575756 Gris: RGB 178, 178, 178 | HEX #b2b2b2