memoria biblioteca
-
Upload
lola-iglesias -
Category
Documents
-
view
235 -
download
6
description
Transcript of memoria biblioteca
Biblioteca “Avelaiona Luíña” C.E.I.P. Cespón Curso 2011/2012
2
1.- INTRODUCIÓN
2.- OBXECTIVOS
3.- HORARIO DO GRUPO DE BIBLIOTECA
4.- GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE
5.-ACTIVIDADES DE FORMACIÓN NO ÁMBITO DA BIBLIOTECA
ESCOLAR
6.-PRODUCIÓN DE MATERIAIS
7.-PREVISIÓNS DE FUTURO
8.- GRAO DE INTEGRACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA NOS
PROCESOS DE ENSINO E APRENDIZAXE DAS DIVERSAS
ÁREAS
9.- AVALIACIÓN E CONCLUSIÓNS
10.- PROXECTO ANUAL: Coidemos o Planeta! Nós podemos!
11.-ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
- FUNCIONAMENTO BIBLIOTECA
- AS ESTACIÓNS
- CONMEMORACIÓNS DÍAS DE...
- A ESCULTURA E A PINTURA
- A PRENSA
- RECIBIMOS VISITAS
12.- ANEXOS
3
INTRODUCIÓN
“Se me falas, escoitarei.
Se me amosas, mirarei.
Se me deixas facer, aprenderei”
Lao_Tsé
Ler e escribir para Aprender a Aprender. Nesta memoria que presentamos desde o Equipo da Biblioteca tiñamos o
tema claro desde o curso anterior: Coidemos o planeta! Nós podemos!.
Tiñamos claro o centro de interese, a partir do cal realizar diversas propostas. E
así se foi facendo ao longo do curso: vídeo de presentación , táboas explicativas,
actividades en liña, patrulla medioambiental, mural colectivo, involucración de
gran parte da comunidade educativa,…Tiñamos moi claro os contidos que
queriamos transmitir, pero non tanto as habilidades, as estratexias, os procesos
de aprendizaxe…
Coido que tamén fallamos na avaliación: en que medida conseguimos o
prantexado. Formamos un equipo grande. Un grande equipo de traballo, no que
coido que o tempo para a reflexión, coordinación, …non é o axeitado. Os motivos,
moitos e variados. O principal: falta de tempo, aínda que de todos é ben sabido
que son moitas as horas que dedicamos fóra do noso horario. Pero, aínda así, non
é suficiente. No noso caso, seguimos co fichado de fondos que nos come moitas
horas, co tan necesario e á vez conflitivo expurgo (serven? úsanse? van
circular?...) co apoio a celebración dos días de …
Valorando o conxunto da labor realizada, pensamos que o resultado global
foi positivo.
4
OBXECTIVOS O proxecto que tentamos levar a cabo non era demasiado ambicioso.
Pretendiamos, sobre todo, concienciar ao alumnado sobre a necesidade de coidar
o Medio Ambiente, desde o ámbito escolar comezando polos pequenos feitos do
día a día: a utilización axeitada dos distintos colectores colocados no centro
(pilas, aceite usado, vidro, envases, orgánico, composteiro, papel, recollida de
tapóns con rosca, móbiles…) e a creación dunha patrulla medioambiental que
colaboraban a diario axudando e explicando aos/ás compañeiros/as. Neste senso,
e unha vez analizados os resultados, pensamos que acadamos o principal
obxectivo.
Con respecto aos demais obxectivos prantexados nas liñas xerais
elaboradas para este curso…
En relación coa organización e xestión a totalidade dos obxectivos foi
acadada, coa excepción da elaboración dunha guía de axuda para as tarefas de
préstamos e devolucións de libros, para facilitar a labor da totalidade do
profesorado.
En relación coa dinamización e promoción dos recursos da
biblioteca, á súa integración no tratamento do currículo e á súa
contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do
alumnado. A consecución destes obxectivos é, sen dúbida, a máis complexa,
desde o punto de vista tanto do profesorado como do alumnado. Tal vez
pequemos de facilitar en exceso a axuda prestada, o que resta o
desenvolvemento da competencia de Aprender a Aprender. De tódolos xeitos si
se levaron a cabo actividades de procura documental, así como varias
encamiñadas á Competencia Dixital…
En relación coa formación de usuarios e educación para o acceso á
información. Varios dos obxectivos propostos foron acadados, se ben quede por
afianzar e mellorar unha maior integración das TICs no día a día.
5
En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do proxecto
lector do centro. Foi, sen dúbida, o apartado máis traballado e polo tanto,
con máis logros obtidos. O que si nos temos que prantexar é unha procura
dunha maior dinamización de “A hora de ler” de cara a non caer na rutina.
Outras actuacións. A biblioteca implicouse e serviu de eixo dinamizador na
celebración dos distintos días de… con especial relevancia no Día do Libro,
Día da Poesía, Día de Rosalía…
En relación co acceso das familias á Biblioteca Escolar, a pesares de que
existe esta posibilidade, non están a facer un uso habitual da mesma. Desde
a Biblioteca si se enviou información variada e se mantivo contacto coas
familias. A través das mochilas viaxeiras as familias tamén nos facían
chegar as súas observacións, comentarios, propostas de mellora,
suxestións,…
HORARIO DO GRUPO DE BIBLIOTECA O Equipo de biblioteca estivo formado por 5 mestras: Especialista en A.L. a
mestra de inglés as titoras de 2º, 3º e 4º de primaria. As reunións non tiñan
marcada unha data fixa, realizábanse nos momentos que considerabamos
oportunos. Dentro do horario lectivo dúas das compoñentes tiñan dúas sesións
semanais para dedicarse, principalmente, a tarefas de fichado. A coordinadora
tivo catro sesións semanais para propoñer, coordinar, fichar, realizar
actividades, actualizar e colgar actividades no blog,…
GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA
COMUNIDADE A implicación da totalidade da Comunidade Educativa foi alta, aínda que non
igual en todos os ciclos. Tal vez, no caso do alumnado de infantil fose menor.
Isto pode deberse a varios motivos, ben porque non soubemos como chegar ao
alumnado dun xeito ameno e á vez instrutivo, ben porque é un ciclo de recente
incorporación ao centro, ben por outros motivos. Por iso, desde Equipo da
6
Biblioteca vemos moi necesario que para o vindeiro curso, profesorado de
infantil forme parte da comisión bibliotecaria para axudarnos e facilitarnos o
xeito de acadar unha maior coordinación por ambas partes.
ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO DA
BIBLIOTECA ESCOLA Neste curso, aínda que desde o Equipo Directivo e desde a Biblioteca se
propuxo a posibilidade de solicitar algún Grupo de Traballo ou PFAC, o certo é
que non se chegou a pedir. A encargada da Biblioteca si acudiu aos encontros do
Plambe, organizadas en Santiago no mes de abril.
PRODUCIÓN DE MATERIAIS Existe unha recompilación variada de traballos elaborados tanto polo
profesorado como polo alumnado.
- Os distintos traballos elaborados polo alumnado en formato papel,
encadernáronse e engadíronse aos fondos da Biblioteca.
- As actividades en formato dixital, destinadas ao traballo en liña por parte
do alumnado, confeccionadas pola encargada da Biblioteca, colgáronse no blog da
biblioteca e na páxina web do centro.
- Adhesivos, marcapáxinas, dípticos, trípticos,… foron no seu momento,
enviados ás familias a través dos/das nenos/as.
- Unha recompilación de diferentes textos (receitas, instrucións, folletos
publicitarios, guías, carteis, horarios, programación TV,…) foi elaborada para
dinamizar A hora de ler. Estaba pensada para traballar, principalmente, no 2º
ciclo.
PREVISIÓNS DE FUTURO Temos a proposta de traballar, para o vindeiro curso, o tema da Mitoloxía
Galega. Tal e como enviamos nas liñas de actuación previstas, intentamos
corrixir e mellorar os aspectos nos que se acadou unha menor consecución de
obxectivos no presente curso.
7
AVALIACIÓN E CONCLUSIÓNS Seguíronse os procedementos previstos nas liñas de actuación (observación
directa, enquisas, reflexión e comentarios co profesorado dos distintos ciclos,…).
Á vista dos resultados podemos tirar as seguintes conclusións:
- A boa acollida e a gran participación da comunidade.
- O grao de satisfacción por parte do alumnado en varias actividades
colectivas: presentar novidades, falar do conto adoptado, contacontos para os/as
pequenos/as, …
- O papel dos colaboradores/as que o asumiron con moito interese.
- A gran labor realizada, sobre todo polo alumnado de 6º, que da man da
súa titora, sempre estivo aí para coordinar, rematar, …as tarefas colectivas.
- A boa acollida das mochilas viaxeiras, tanto polo alumnado como polas
familias.
8
PROXECTO ANUAL DA BIBLIOTECA
O proxecto anual da biblioteca do curso 2011/2012 levou por título:
Coidemos o Planeta! Nós podemos!
Un dos primeiros pasos foi a elaboración dun mural conxunto para a
presentación da campaña:
Nas aulas, a decoración sobre o tema elixido comezou a pendurar das
paredes:
9
A partires da decoración da entrada á biblioteca e presentación do proxecto
a cada aula as actividades aparecen no seguinte esquema:
A.- VÍDEO PRESENTACIÓN: Este vídeo pode verse completo
no blog da Biblioteca. Guiados da man de Luíña realizamos unha pequena análise
da situación actual con respecto ao lixo que xeramos e propoñemos unha serie de
pautas e medidas que entre todos e todas podemos levar a cabo para que o nos
planeta estea san. Logo, aparecen diversas ilustracións de aspectos positivos
(verdes prados, praias limpas, …) contrapostas con diversos tipos de
contaminación ( acústica, lumínica, atmosférica, das augas de ríos, mares…falta
de civismo). Ao final aparece un vídeo do cantante Huecco: “Dáme vida” feito
coa colaboración de diversas figuras do mundo do deporte para a presentación do
balón Soccket, co que pretenden:
10
• A) Promover a través da música a práctica do deporte entre os máis xoves,
que nas áreas máis pobres teñen poucas saídas pola situación marxinal.
• B) Xerar mediante o deporte enerxía eléctrica limpa que se converterá
despois en…
• C)…horas de luz en cada recarga para as familias que non teñen
posibilidade de acceso a ela.
Biblioteca “Avelaiona Luíña”Curso 2011/2012
COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE!
Proxecto anual da Biblioteca
NÓS PODEMOS!
Coid
emos
opla
neta!
Nós podemos!
A REGRA DAS TRES ERRES COMEZA EN TI
REDUCE, REUTILIZA, RECICLA
COIDeMOS O MEDIO AMBIENTE
CADA COUSA NO SEU SITIO
Usa os sistemas selectivos de recollida de lixo
COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE!Cada galego produce aproximadamente 1,2 quilos de desperdicios ao
día, unha cifra que medra ano a ano de forma considerable.
O mellor residuo é o que non se produce…
REDUCIR significa producir a menor cantidade de lixo posible.
REUTILIZAR é utilizar un produto tantas veces como sexa posible antes
de convertelo nun residuo.
RECICLAR Para isto separamos os residuos deposit ándoos nos
colectores específicos para facilitar a súa posterior reciclaxe, que non é
máis que a transformación destes en novos produtos, dándolles unha
segunda utilidade coa que se aforran enerxía e materias primas.
11
Na actualidade dáse un consumo esaxerado de bolsas
plásticas dun único uso, cunha media de 238 unidades por
persoa cada ano; só o 10% acaban no colector amarelo
para ser recicladas.
Cada bolsa tarda séculos en desintegrarse, depositando na
terra e nas augas elementos contaminantes. Nos ríos ou o
mar, poden resistir ata 450 anos, provocando danos na
fauna: estímase que uns 100.000 animais mariños (baleas,
focas ou tartarugas), morren cada ano por inxerir plásticos,
que confunden con alimento, As bolsas plásticas acumuladas
nos fondos mariños impiden o crecemento de algas que lles
sirvan de sustento aos seres mariños.
COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE!
Dá o saltoá
tea!!
• A elevada produción de residuos é un gran problema ambiental ao que se enfronta a
sociedade moderna. Nos chamados países desenvolvidos o problema é aínda maior,
xa que canta máis riqueza o consumo tamén é maior.
• Cada cidadán europeo vén producindo unha media de 513 quilos de lixo ao ano. En
España o dato chega a 547 quilos por persoa ao ano. Incrible, verdade?
• De todas estas cantidades de lixo sábese que
- En Estados Unidos se recicla un 24 %
- En España un15 %
- En Galicia, aínda non chegamos a un 10 %
• O Novo Plan de Residuos elaborado pola Xunta quere reducir de aquí ao 2020 o
volume de lixo e conseguir que o 30 % poida ser reciclado.
QUE PODO FACER EU PARA ATALLAR ESTE PROBLEMA?
COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE!
12
COLECTOR AMARELO:- Botellas de plástico
- Botes de plástico que contiveran produtos de aseo
ou limpeza: xel de baño, xampú, suavizante, etc
- Latas de bebidas e de conservas
- Papel de aluminio sen enrugar
- Bricks de leite, viño e zumes de froitas
- Bandexas de porexpán ou cortiza branca
- Redeciñas de envoltorios de froitas ou verduras
- Plásticos film: bolsas finas, plástico para envolver
- Envases mixtos distintos aos briks: bolsas de aperitivos, envases de
bolos industriais, …
Non debemos depositar: : residuos de plástico que non sexan
envases (xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, películas de
vídeo, carretes de fotos, cables eléctricos, enchufes, etc). Tampouco
plásticos sucios.
COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE!
IGLÚ VERDE:
- Botellas de vidro
- Frascos e tarros de vidro.
Non debemos depositar:
Tapas dos botes de cristal
Tapóns e cortizas
Todos os vidros especiais tales como parabrisas, pantallas de
televisión e ordenador, lámpadas, espellos, etc.
COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE!
13
COLECTOR AZUL:
- Papel e cartón
- Xornais e revistas
- Libretas (sen arames, sen grampas, etc)
- Papel de envolver, de embalar,…
- Caixas de cartón
- Cartóns de ovos
- Acolchado de embalaxes (se é de papel ou cartón)
- Libros
Non debemos depositar: :
- Papeis de calco
- Bricks de leite, zume, viño
- Papel ou cartón sucios de graxa
COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE!
COLECTOR XENÉRICO:
- Orgánicos (restos de alimentos) e materiais
non reciclables (cueiros, compresas, servilletas
de papel, roupa fóra de uso, etc).
Non debemos depositar:Os materiais que teñan cabida no resto dos colectores de recollida selectiva.
En determinados ámbitos rurais, resultan factibles as coñecidas prácticas de
compostaxe caseira; un proceso que permite reciclar a materia orgánica nas
propias vivendas, obtendo un abono natural con excelentes propiedades para
o solo co que substituír os fertilizantes artificiais empregados no xardín, na
horta e terras de cultivo.
COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE!
COIDeMOS O MEDIO AMBIENTE
14
COIDeMOS O MEDIO AMBIENTE
ABONO NATURALO COMPOST É UN ABONO
NATURAL FEITO A PARTIRES DE
RESIDUOS ORGÁNICOS.
Compostar significa que todos os
residuos orgánicos que xeremos no
noso centro (restos de merendas)
volverán integrarse nun ciclo
natural a través dun proceso
sinxelo e limpo: a compostaxe.
Estamos a dar tratamento a un
problema ambiental real mediante
unha solución simple e de gran
eficacia.
Montar un compostador é como
crear un laboratorio no patio da
escola. Compostar tamén implica
traballar valores como a
responsabilidade (individual-colectiva),
a solidariedade e o traballo en equipo.
15
O PLANETA ENFERMO
CONTAMINACIÓN DAS AUGAS
16
B.- ACTIVIDADES LIM INFANTIL E 1º CICLO
17
B.- ACTIVIDADES JCLIC 2º CICLO
18
C.- WEBQUEST 3º CICLO
19
D.- TÁBOAS RECICLAXE As táboas unha vez elaboradas polo Equipo da Biblioteca, leváronse a imprimir
para poder colocar cada unha delas ao lado do colector correspondente: tres
colocáronse no exterior polo que foron feitas en PVC e tres no interior feitas en
chapado. Aquí podemos observar as táboas explicativas e a situación de cada
unha delas ao lado do colector correspondente. Os tres primeiros están no patio,
os seguintes temos no corredor da entrada un punto limpo.
20
21
22
E.- PATRULLA MEDIOAMBIENTAL
Creación dunha patrulla medioambiental formada por alumnado de
5º e 6º, que de xeito voluntario realizaron unha serie de actividades para
explicarlle aos compañeiros/a, sobre todo aos/ás máis pequenos/as, que botar en
cada colector. Nos recreos, realizaban quendas para controlar que a reciclaxe
estivese ben realizada.
23
BIBLIOGRAFÍA PROXECTO (ALGÚNS FONDOS…)
24
25
26
PRESENTAMOS OS FONDOS DO PROXECTO Comezamos coa presentación de fondos mercados para o Proxecto Anual:
Coidemos o Planeta! Nós podemos! Nesta ocasión, Rubén, Carla e Adriana de 3º
presentaron os libros: "Elige el verde" e "Capitán Verdemán, superhéroe del
reciclaje". Na hora de ler foron ás aulas de 1º e 2º a contarlles as interesantes
historias que falan dun mundo verde, sen contaminación, con xentes que
reciclan...
27
- A partires do mércores, 21de setembro a biblioteca estará aberta nos recreos para ler,
buscar información, ...
- Para usar os ordenadores e/ou escoitar música deberás seguir o horario establecido.
Pregúntalle ao titor/a.
- Durante os recreos estará sempre un/unha mestre/a
encargado/a.
- Deberás tomar a merenda antes de entrar na
biblioteca.
- Nos recreos non se realizarán préstamos para a casa.
Será o teu/túa titor/a quen os realice.
- A túa colaboración é fundamental: deixa os libros
ordenados, ben colocados nos andeis,...
- Cada titoría dispón de horas semanais fixas para ir á
Biblioteca.
- Existen os préstamos ás bibliotecas de aula a través
dos carriños lectores.
- No mes de outubro empezaremos a pór en funcionamento as mochilas viaxeiras.
- Como vén sendo costume nos últimos cursos, teremos un Proxecto Anual común de
traballo. Este curso: “Coidemos o Planeta. Nós podemos!
- Ao longo deste curso realizaremos pequenas propostas entre todos/as para contribuír ao
coidado e respecto cara ao medio ambiente.
- Cando atopes libros de lectura, información, fotos, láminas, películas,
documentais...referidos ao tema lévaos á titoría ou fala coa responsable da biblioteca.
Entre todos e todas elaboraremos moitas actividades para levar a cabo.
- Recorda os enderezos:
Blog da biblioteca... http://bibliotecacespon.blogspot.com/
Páxina web...http://www.edu.xunta.es/centros/cepcespon/
28
COLABORADORES/AS Xa temos colaboradoras e colaboradores na biblioteca. E como ata o de agora
sempre botamos man dos maiores, neste caso estréase alumnado de 3º de
primaria. Están moi ilusionados coa súa tarefa de manter en orde os libros,
axudar aos máis pequenos, fixarse na cor dos gomets, ler o nome das
editoriais,...CANTO TRABALLO POR DIANTE! Nesta ocasión, grazas David, Alba e
Adriana polas ganas de aprender e a ilusión que poñedes!
29
AS ESTACIÓNS En colaboración co EDNL propúxose a idea de que cada ciclo se encargase
de presentar cada estación do ano.
. O 3º ciclo encargouse do outono, a partires dun fermoso texto de López
Cuevillas o outono chegou ao centro, cargado de poemas, textos, cómic (ver
anexos) e un montón de actividades plásticas
. O inverno chegou ao colexio da man dos nenos e das nenas do 2º ciclo.
A partires dun gran mural colectivo realizouse coa axuda das familias a
recompilación de refráns, poemas, ditos, adiviñas...sobre esta estación e os
meses correspondentes.
30
. O verán: o alumnado do 1º ciclo púxose mans á obra (témpera, pinceis,
plastilina, obxectos aportados polo alumnado,..) e como non, recordando o
Proxecto da Biblioteca “A reciclaxe”. O lema do seu mural :”SE DO VERÁN
QUERES GOZAR, A PRAIA DEBES COIDAR)
Aínda que nas fotos non se aprecia, na parte inferior aparecen na praia
restos de lixo: bolsas de plástico, botes, papeis...) que o propio alumnado
reflexiona de que ISO é obra dos humanos, de aí o slogan que pensaron.
31
CONMEMORACIÓNS (DÍAS DE…) Día de Rosalía No Día de Rosalía: “Unha poesía e unha flor” enviamos ás familias
este díptico coa vida, obra e poemas de Rosalía.
32
Realizamos catro vídeos (un por ciclo) con alumnado dende infantil
ata 3º ciclo, nos que percorremos distintas zonas do centro recitando versos
da nosa ilustre poetisa. O 24 de febreiro xuntámonos na Biblioteca para
visualizalos e como broche final tivemos a dúas alumnas de 6º acompañadas
á guitarra, cantando versos de Rosalía.
Lugar máis hermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba
que aquel que me dera
Lugar máis hermoso
no mundo n´hachara
que aquel de Galicia
¡Galicia encantada!...
33
Día da Paz Elaboración de marcapáxinas con recomendacións lectoras sobre o
tema. Como pode apreciarse nas imaxes a parte de diante levaba uns
fermosos versos de García Teijeiro. Na parte traseira cada ciclo recollía catro
propostas lectoras.
34
Elaboración dun Karaoke coa canción :”Se paró el reloj” do grupo
infantil 3 + 2. As imaxes do fondo corresponden a un mural colectivo: cada
clase aproveitando distintas técnicas e sen esquecer o tema da reciclaxe
decorou un dereito de todos os nenos e nenas ( educación, paz,
participación, saúde,…)
35
Elaboración dun mural colectivo sobre as tres mulleres premiadas
co Nóbel da Paz e exposición de libros sobre o tema.
Recitado de poemas, lectura de SMS, contos…
36
Día da muller traballadora Foron dous libros os que seleccionamos para a partires deles comezar o
traballo colectivo.
A partires da historia das nove mulleres que se nos presentan nos libros:
Rosalía, María Zambrano, Condesa de Benavente,…cada titoría elaborou a súa
caricatura e a faceta na que foron pioneiras (fotografía, teatro, autora,…) a
partires deste mural colectivo a Biblioteca elaborou un vídeo, tal e como se pode
ver no blog da biblioteca.
37
Día da poesía A idea principal para celebrar o día da poesía de forma conxunta era o
inventar poemas e escribilos sobre obxectos que gardasen relación coa temática
da poesía. A idea de escribir poemas xa coñecidos tamén foi levada a cabo.
38
39
40
Día do libro
41
A idea queda explicada no cartel invitando a participar na actividade. Cada clase
adopta un libro que logo irá presentando polas distintas titorías. Unha vez finalizado
expoñerémolos á entrada da Biblioteca para poder visitar e recordar os libros contados e/ou
oídos:
O COELLIÑO BRANCO.- 4º INFANTIL MARILUZ AVESTRUZ.-5º INFANTIL
A TARTARUGA QU QUERÍA DURMIR O GALO QUIRICO.-1º PRIMARIA
6º INFANTIL
42
CHIBOS CHIBÓNS.-2º PRIMARIA DEZ PIRATAS.-3º PRIMARIA
O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA.- 4º PRIMARIA DIARIO DE GREG.- 5º PRIMARIA
43
O DRAGÓN QUE QUERÍA SER VIOLINISTA HISTORIAS SECRETAS EN LA NOCHE
6º PRIMARIA 6º PRIMARIA
O seguinte paso, unha vez adoptados, consistía en ir polas distintas aulas
contando a historia salvada. Logo os libros quedaban na entrada á Biblioteca para
que todos e todas puidesen volver a velos, tanto as fichas de presentación como
o ambiente que rodeaba ao libro.
44
45
No día do libro tamén se realizou unha actividade para encerado dixital
sobre os xeroglíficos. Comezamos con sinxelas explicacións para logo ir
descifrando títulos de libros, elaborando xeroglíficos a partires de títulos e
elementos dados:
46
Tamén elaboramos un díptico de información ás familias
47
Letras galegas Elaboración do prato conmemorativo do autor homenaxeado, labor
que realizamos ano tras ano.
Participación nun certame proposto polo Departamento de cultura do
Concello de Boiro na elaboración de marcapáxinas
48
Elaboración das cartolinas coa vida, obra e texto de Valentín Paz
Andrade.
Tríptico de información ás familias sobre Valentín Paz Andrade, no que
tamén se inclúe un fermoso poema de Celso Emilio Ferreiro contribuíndo a
unha pequena homenaxe no centenario do seu nacemento.
49
Visitamos e traballamos as láminas elaboradas polos nosos veciños CEIP
Castelao de Rianxo.
A biblioteca, xunto con Normalización, facilitaron diversos enderezos de
tantos e tantos materiais elaborados polos distintos colexios.
Festival Letras Galegas: presentación do material elaborado (cartolinas,
prato, tríptico…) por parte do alumnado de 6º ao resto do alumnado,
cancións tradicionais galegas: “A rianxeira” e “Catro vellos mariñeiros”
elixidas pola temática do mar, tan ligada a Paz Andrade.
50
51
A escultura e a pintura
Xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega a Biblioteca colaborou
na posta en marcha de dous proxectos:
A pintura
o Infantil: Maruja Mallo
o 1ºciclo: Laxeiro
o 2º ciclo: Urbano Lugrís
A escultura no 3º ciclo: Francisco Asorey, Pedro Dobao, Francisco
Leiro,
Laxeiro mo 1º ciclo
0 2º ciclo mergúllase no mar da man de Urbano Lugrís
52
0 3º ciclo e escultores galegos
53
Logo, realizamos un mural colectivo con motivos de distintos cadros de
Maruja Mallo, Laxeiro e Urbano Lugrís. Un estupendo e colorido cadro, no que se
empregaron diferentes técnicas (collage, témpera, ceras, bólas de papeis,…) e no
que participaron infantil, 1º e 2º ciclo de primaria:
54
Traballando coa prensa
RECIBIMOS VISITAS …
INFANTIL E 1º CICLO A través da editorial Kalandraka visitáronnos Patricia e Álex. Ela ( conto e canto)
sabe moitas historias que ao noso alumnado moito lles gustaron e Álex (músico
que leva na súa maleta moitos instrumentos para acompañan as máis divertidas
historias. Ata ten un que parece que respira…un acordeón
Coas historias de A Familia C, O mago de goma e Pancho, o alumnado
escoitou con atención, cantou, deu palmas, …coñeceron partes e nomes de
instrumentos musicais…as súas cara o din todo.
55
2º ciclo
As nenas e nenos do 2º ciclo leron o libro Ti non xogas escrito por Silvestre
Xurxo Gómez e ilustrado por Anxo Fariña. Como o ano anterior este alumnado xa
recibiu a visita do ilustrador, neste curso foi o autor o que se achegou a biblioteca
para compartir anécdotas co alumnado. Abriuse unha quenda de preguntas no
que eran moitas as curiosidades que os nosos pequenos/as tiñan a partires da
historia.
Dado que a protagonista da historia é unha pantasmiña decidimos decorar a
biblioteca con moitas pantasmiñas: terroríficas, coquetas, indias,…
56
E como a época na que Xurxo estivo con nós foi o entroido que mellor maneira de
recibilo elaborando pantasmiñas de masa…uhm! Que ricas!
57
Tamén elaboramos actividades escritas sobre o libro e algún xogo como este que
lle chamamos xiratorio: xogando coas personaxes ( Suso, Róber, Carme, Phanti,
Grolo…)
58
3º ciclo “Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata” foi o libro elixido polo alumando de 5º
para traballar no 2º trimestre. É, como é lóxico, tivemos a visita do seu ilustrador
Abraham Carreiro. Estivo contándolle ao alumnado como levou a cabo as
ilustracións, en que se inspirou… e para que todo resultase o máis visual posible
elaborou un vídeo para visualizar co alumnado:
59
Por último, Abraham mantivo unha conversa na que o alumnado lle realizou unha
serie de preguntas referidas ao libro e ao traballo de ilustrador, que tanto
admiran xa que observan en directo como cunha serie de sinxelos trazos as
personaxes van saíndo do lapis dun gran ilustrador. Abraham asinou no libro de
visitas da Biblioteca, deixando un recordo para o centro, así como en cada libro
do alumando.
Estupenda actividade!
60
OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN PARA
INFANTIL DA MAN DE …ABRAHAM
CARREIRO.
Abraham Carreiro realizou un magnífico obradoiro de ilustración co
alumnado de infantil. É espectacular ver as caras de atención e concentración de
56 alumnos/as, que co seu folio, lapis, goma, cores…e guiados dos pasos que
Abraham lle ía marcando aparecían animaliños, caras de risa, sorpresa, desgusto,
ledicia…
61
Karafun: programa para memorizar,
cantar, presentar fondos musicais, fotos
DA CONTORNA…
- Empregámolo para memorizar, cantar e visualizar fotos do colexio, do
alumnado, da contorna…; nesta ocasión “Xa me tardan estes magos” de
Mamá Cabra.
Neste outro caso para memorizar música popular galega rendéndolle
homenaxe a Valentín Paz Andrade co tema do mar.
62
63
ANEXOS
Fichas elaboradas para o 2º ciclo de primaria par
utilizar na hora de ler. A forma de levalas a cabo variaba: lectura
colectiva en encerado dixital e comentario das actividades; lectura
individual e cuestionario colectivo, levar con anterioridade para que un
alumno/a a comente ao día seguinte…
64
65
66
67
Carteis formación en usuarios: Como movernos
pola Biblioteca
68
As mochilas viaxeiras
COMO PODEMOS CONTRIBUÍR A CREAR HÁBITOS LECTORES
- Ler cos nenos e nenas todos os días un conto,
relato, poema, cómic (adaptado a súa idade) en
calquera momento do día pero especialmente antes
de durmirse. Esta actividade debe ser un ritual
diario: un momento sen présas, con calma.
- Esta actividade é importante mantela viva, aínda
cando o alumnado comece a ler, porque
serviremos de modelo de lectura en voz alta facilitando a comprensión e o goce.
- Contar coa súa colaboración á hora de organizar os libros que teñan na casa ou no seu
cuarto, seguindo distintos criterios: grandes, pequenos, medianos, grosos, delgados,
temas, autores, coleccións, tapas duras, tapas brandas,...
- Facerse socio/a da Biblioteca Municipal e acudir de cando en vez para ler alí ou alugar
libros, vídeos...
- Realizar as nosas lecturas diante deles/delas para que observen que habitualmente
buscamos un momento par ler: novelas, xornal, …
- Falar do que estamos lendo, do que nos gusta, nos interesa, dos autores/as
preferidos/as, ilustradores/as...Todo isto é unha boa estratexia para provocar a
curiosidade e gañas de ler.
- Inventar, primeiro oralmente para logo seguir facéndoo cando comecen a escribir,
contos, cómics, poesías, adiviñas...
-Realizar xogos cos libros: darlles en papel ilustracións ou nomes de personaxes e que os
asocien ao título correspondente, completar debuxos, ...
69
“Os libros gustan da viaxe e da sorpresa,
agardan nos andeis ou nos expositores por esa man
que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura”.
Biblioteca Avelaioña Luíña
C.E.I.P. Cespón 2011/2012
70
Ola, familias!
Cando abrimos un libro, abrimos unha fiestra ao mundo, a moitos mundos,
porque grazas a el temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de ver, de coñecer,
de aprender, de imaxinar, de vivir outras vidas, de comprender…
É por todo iso polo que poñemos de novo en funcionamento as mochilas
viaxeiras, enmarcadas dentro do Proxecto Lector do Centro.
Os obxectivos que pretendemos con esta actividade, desde
o Equipo da Biblioteca son:
Dar a coñecer diversos tipos de libros: informativos, banda deseñada, contos,
revistas, libros de fición..
Posibilitar a igualdade de oportunidades, de información e formación para todo o
alumnado.
Fomentar a responsabilidade e o coidado polos materiais.
Insistir no importante papel do fomento da lectura, comprensión e velocidade
lectora.
Gozar coas lecturas compartidas en familia.
Intercambiar opinións, expresar comentarios, emocións…
Ler xuntos polo puro lecer de comunicar intereses, temores, soños,..
Tede en conta que o principio da educación é PREDICAR CO EXEMPLO
Seguro que xa tedes o bo costume de agasallar libros, películas, música… en
ocasións especiais: santo, Reis, …desde aquí animámosvos a seguir levándoa á
práctica.
71
Recordade!
- O tempo de préstamo é dunha semana.
- Cada mochila leva un listado cos materiais que van dentro. Comprobade que estean
todos no momento de achegala ao centro.
- Nas follas en branco gustaríanos que cada familia, igual que en anos anteriores,
aportase as súas impresións, suxestións sobre a actividade, os libros que máis gustaron…
Incluso debuxos que ilustren algunha sensación, un pensamento… En fin, o que
queirades!
- Na seguinte folla aparece un cadro de valoración dos materiais enviados. É importante
que o cubrades para saber que achegar noutras ocasións.
- Tamén sería interesante que nos recomendásedes algún título de libro,
película…adaptadas ás idades e intereses do noso alumnado, para poder mercalo para a
biblioteca.
- Esperamos a vosa colaboración, convencidos de que a relación familia- escola incidirá
moi positivamente no noso alumnado.
Deixa voar a imaxinación! Le!
72
Proxecto Anual da Biblioteca “Á Biblioteca cos cinco sentidos”
“Un mar de libros”
“Lecturas e culturas de aquí e de acolá”: son títulos de proxectos da Biblioteca
de anos anteriores.
Aproveitamos esta actividade para presentarvos o proxecto da Biblioteca deste
curso. Leva por título: Coidamos o planeta! Nós podemos!. Guiados da man de Luíña, a nosa mascota, realizaremos diversas actividades
encamiñadas á concienciación da importancia do consumo responsable: a coñecida regra
dos tres erres:
Reducir, reutilizar e reciclar.
73
Relación de títulos da mochila de 6º Infantil- Valoración
Títulos Interesante
Regular
Sen interese
1.- Cuando soy amable
2.-La ratita presumida, El ruiseñor, Los tres
cerditos, La lechera (Libro con CD)
3.- O país dos mandóns
4.- A recoger!
5.- Las caídas de Tranqui
6.- Os Bolechas van mercar roupa
7.- Abracadabras (CDe DVD)
8.- Garfield en la vida real ( DVD)
74
Relación de títulos da mochila de 3º Primaria.- Valoración
Títulos Interesante Regular Sen interese 1.- Egipto en tiempo de las pirámides
2.- Matilde y las brujas
3.- Paz, tacto, oído (Libro elaborado no centro)
4.- Junie Jones peluquera
5.- Kika y el partido de fútbol embrujado
6.- A casa de había unha vez
7.- Animalario: mares, ríos e lagos
8.- La estafa del Coliseo
9.- Adivina, adivinarás
10.- Pregunta á Dra Peteiro sobre os réptiles
11.- CD: ¿Cómo están ustedes?
12.- CD: Pelogato24
13.-DVD: Piratas del Caribe
75
Suxestións, comentarios, opinións...
76
Presentacións CD
77
78
79
Carteis de animación (fondo, CD…)
LUGAR: BIBLIOTECA
HORARIO: RECREOS
SEMANA: Do luns, 14 ao 18 de novembro.
Ven cantar con nós as 10 cancións de simpáticos
personaxes: o camaleón, o dinosaurio, o canciño, o
morcego, o coello…e moitos máis.
Animais feitos en plastilina polo
alumnado de 6º. Estupendos!
80
81
Organización nos recreos ordenadores- equipos de música
82
Formación en usuarios
Biblioteca Avelaiona Luíña Curso 2011/2012
83
OBRAS XERAIS Cor castaño
Nesta sección podes atopar:
- Enciclopedias
- Dicionarios
- Libros de información xeral
- Libros de temas variados
0
84
RELIXIÓN
Cor vermella
Nesta sección podes atopar:
- Información sobre diferentes relixións.
- Mitos e lendas
2
85
CIENCIAS SOCIAIS
Cor laranxa
Nesta sección podes atopar:
- Materiais sobre política, economía, consumo, …
- Educación, tempo libre, …
- Medios de comunicación, turismo, …
- Costumes, tradicións...
Seguro que nesta sección aprendes cousas moi interesantes.
3
86
CIENCIAS NATURAIS
Cor verde
Esta sección é moi ampla,subdividida en apartados:
5.1.Matemáticas
5.2 Física, astronomía e investigación espacial
5.4 Química, minerais, xeoloxía e meteoroloxía
5.6.Fósiles e dinosauros
5.7.Natureza, bioloxía, ecoloxía e medio ambiente.
5.8. Plantas
5.9. Animais
5
87
CIENCIAS APLICADAS
Cor azul Este campo é amplo. Podemos subdividilo:
6.1.Medicina, saúde e corpo humano
6.2.Transportes, máquinas e informática
6.3.Agricultura, xardinería, gandería, caza e pesca
6.4.Gastronomía, vivenda, mobiliario, decoración e vestidos.
6.5.Industria, construción, comercio e oficios
6.7.Materias primas e produtos elaborados
6
88
ARTE E DEPORTE
Cor rosa
Nesta sección podes atopar materiais sobre.
- Arte, manualidades, …
- Bricolaxe, música, …
- Deportes e xogos.
7
89
LINGUA E LITERATURA
Cor amarelo
Nesta sección podes atopar:
- 8 Linguas
- 82 Literatura
82N-G 82P-G 82T-G 82C-G
82N-C 82P-C 82T-C 82C-C
N- narrativa P- poesía T- teatro C- cómic
C- castelán G- galego
8
90
XEOGRAFÍA, HISTORIA E BIOGRAFÍAS
Cor branco Tamén esta dividido por temáticas máis concretas:
9.1.Xeografía, viaxes e exploracións.
9.2.Biografías
9.4.6.Historia Universal e de España
9.4.7.Historia de Galicia
9.4.9.Historia, xeografía, folclore ... de Boiro
9
91
92
Clasificación Decimal Universal
GRUPO O OBRAS XERAIS DICIONARIOS
ENCICLOPEDIAS
GRUPO 2
RELIXIÓN
GRUPO 3 CIENCIAS
SOCIAIS
GRUPO 5 CIENCIAS
NATURAIS
GRUPO 6 CIENCIAS
APLICADAS
GRUPO 7 ARTE E
DEPORTE
GRUPO 8 LINGUA E
LITERATURA
GRUPO 9 XEOGRAFÍA,
HISTORIA E
BIOGRAFÍAS
93
COMO BUSCAR?
A CDU (clasificación Decimal
Universal) é un sistema de
organizar o coñecemento. Nace
da necesidade de ordenar e
clasificar as obras das bibliotecas.
Esta clasificación divide todo o
coñecemento en 10 campos;
cada un destes campos a súa vez
pódese subdividir máis.
A nosa biblioteca está organizada seguindo esta clasificación. É moi útil que a
coñezas para cando veñas a buscar información sobre algún tema.
Xa veras como é moi sinxelo!
94
COMO atopar?
No lombo de cada libro clasificado
poderás atopar unha etiqueta como esta.
Como podes ver:
- Na primeira liña da etiqueta aparece a
sección da CDU (neste caso literatura -
poesía - castelán).
- Na segunda fila da etiqueta as tres
primeiras letras (en maiúscula) do
apelido do autor/a.
- Na terceira fila da etiqueta as tres
primeiras letras (en minúscula) do
título.
95
SECCIÓNS 8 LINGUA E LITERATURA
Na nosa biblioteca dentro da sección de
literatura (8-amarelo) creamos seis
seccións dependendo da idade,
velocidade e comprensión lectora.
Cada libro desta sección na parte
superior do lombo leva un gomet que
indica para que tipo de lector/a está
aconsellado.
Pre-lectores
Primeiros lectores
Lectores autónomos
Lectores expertos
Xuvenil
Adultos
96
Información ás familias
- No Nadal, cada titoría levaba unha recomendación lectora para
pedirlle aos Reis Magos.
Na Candeloria
“A festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos”
A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. Consiste na bendición das candeas que despois serían utilizadas na celebración
da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). Pero en Galicia ademais era considerada a data coma un anticipo da chegada da primavera e con ela o
renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para
os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.
Pero a orixe desta festa, coma a doutras moitas celebracións cristiás, é
pagá. Era a antiga “festa da luz”, celebrada polos celtas e tamén polos romanos. En
tempos antigos, o primeiro día do mes de febreiro era moi celebrado nas terras habitadas polos pobos celtas. Considerábase o remate do inverno.
Co paso do tempo e a mestura da cultura celta co cristianismo, esta festa
do lume será homologada na celebración da Candeloria. O nome da Candeloria
está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas.
En Galicia celébrase o “casamento dos paxariños”. Di un refrán que “A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”. Hai outro refrán que di: “Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”.
Na catedral do abrente
hoxe casan os paxaros,
con nubes de neve e ouro
está o ceo engalanado.
[…]
O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa está arranxado no val.
[…] Luís Amado Carballo
No Día do Libro
CARTEIS NOVIDADES PARA CAIXAS DE FONDOS
TABOLEIRO BIBLIOTECA
ACTIVIDADES PROMOVIDAS POLA BIBLIOTECA ESCOLAR
ENQUISA ALUMNADO
Dentro das liñas de actuación marcadas desde a Consellería de Educación, no Plan de Mellora das
Bibliotecas Escolares, figura nunha delas os criterios e procedementos de avaliación (indicadores e
instrumentos que se van a utilizar). Un dos criterios marcados desde o centro foi a elaboración de
enquisas ao profesorado e ao alumnado. Cubride a seguinte enquisa coa maior sinceridade posible ao fin
de obter unha información fiable para proceder á avaliación.
1.- Coidamos o planeta! Nós podemos!
Valoración do mural colectivo
Bastante interesante
Interesante
Pouco interesante
Vídeo de presentación
Bastante interesante
Interesante
Pouco interesante
As actividades TIC (javaclic infantil-1º-2º ciclo; caza do tesouro 3º ciclo) resultaron
Bastante interesante
Interesante
Pouco interesante
Realizaches a actividade correspondente á reciclaxe no ordenador?
Si
Non
As táboas explicativas de reciclaxe colocadas ao lado de cada colector resultan…
Bastante útiles
Útiles
Pouco útiles
O funcionamento da “Patrulla Medioambiental” formada por alumnado de 5º e 6º,
identificados con petos verdes, resultou de …
Bastante axuda
Pouca axuda
Ao composteiro, veslle a utilidade práctica?
Si
Non
2.- As propostas (días de…poesía, libro, Rosalía,…) presentadas desde a Biblioteca son…
Bastante axeitadas
Axeitadas
Pouco axeitadas
3.- Os karaokes traballados (A rianxeira - Catro vellos mariñeiros; Xa me tardan estes magos; O
cuarto Rei Mago… resúltanche…
Bastante interesantes
Interesantes
Pouco interesantes
4.- A posta en funcionamento das mochilas viaxeiras, considérala…
Bastante útil
Útil
Pouco útil
5.- Os fondos (libros, CD, DVD, revistas…) que se envían nas mochilas son…
Bastante axeitados
Axeitados
Pouco axeitados
6.- Ves útil o tempo destinado a “A hora de ler”?
Si
Non
7.- Na Hora de ler, que soes facer?
Ler un libro-revista… ata rematar
Visualizar distintos exemplares
Lecturas colectivas
Agardar que pase o tempo, xa que me aburro
Outras actividades___________________________________________
8.- Que ideas se che ocorren para mellorar A hora de ler.
9.- Que tipos de fondos propós para mercar desde a Biblioteca?
Libros de ficción: contos
Libros de poesías, adiviñas,…
Libros de información: natureza, biografías,…
CD’s e DVD’s
Outros_____________________________________________________
10.- En canto ao funcionamento da biblioteca, valora 1 (ben) 2 (regular) ou 3 (mal)
O traballo dos/as colaboradores/as
O sistema de préstamos
A claridade na colocación dos fondos
O funcionamento da zona multimedia (audio e ordenadores)
As actividades propostas desde a biblioteca (vídeos Día Rosalía,
marcapáxinas da paz,…)
11.- Con que frecuencia visitas o blog da Biblioteca
A diario
Unha vez cada semana
Poucas veces
12.- Os dípticos-trípticos de información que levas á túa familia (Día da Candeloria, Día do
Libro,…) cres que os len e se interesan por eles.
Si
Non
13.- Suxestións, comentarios, achegas… sobre calquera destes ou doutros aspectos relativos á
Biblioteca e o seu funcionamento.
GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!! O Equipo de Biblioteca
ENQUISA PROFESORADO
Dentro das liñas de actuación marcadas desde a Consellería de Educación, no Plan de Mellora
das Bibliotecas Escolares, figura nunha delas os criterios e procedementos de avaliación (indicadores e
instrumentos que se van a utilizar). Un dos criterios marcados desde o centro foi a elaboración de
enquisas ao profesorado e ao alumnado. Agradeceriamos, ao fin de valorar este apartado, cubrades a
presente enquisa:
1.- Coidamos o planeta! Nós podemos!
Idoneidade do tema escollido
Bastante interesante
Interesante
Pouco interesante
Vídeo de presentación
Bastante interesante
Interesante
Pouco interesante
As actividades TIC (javaclic infantil-1º-2º ciclo; caza do tesouro 3º ciclo) resultaron
Bastante interesante
Interesante
Pouco interesante
Realizou o alumnado a actividade anterior correspondente?
Si
Non
En caso negativo, indicar os motivos (complicada, falta de tempo, non axeitada,…)
A bibliografía mercada para o proxecto e exposta resultou
Bastante útil
Útil
Pouco útil
2.- As propostas (días de…poesía, libro, Rosalía,…) presentadas desde a Biblioteca son…
Bastante axeitadas
Axeitadas
Pouco axeitadas
3.- Os materiais informativos enviados ás familias (dípticos, trípticos…)
Bastante interesantes
Interesantes
Pouco interesantes
4.- Paréceche interesante que a Biblioteca dinamice a partir dun centro de interés común diversas
actividades?
Bastante interesante
Interesante
Pouco interesante
5.- A posta en funcionamento das mochilas viaxeiras, considérala…
Bastante útil
Útil
Pouco útil
6.- A idoneidade dos fondos que se envían nas mochilas é…
Bastante axeitados
Axeitados
Pouco axeitados
7.- A catalogación e posterior servizo de préstamos ao alumnado fai máis dinámico o proceso.
Si
Non
8.- Utilidade do blog da Biblioteca e da páxina web do centro como instrumento motivador de
formación e para dar a coñecer as actividades é…
Bastante útil
Útil
Pouco útil
9.- A hora de ler cumpre a súa función, ou pola contra volveuse unha rutina?
Cumpre
Non cumpre
Propostas para a dinamización da hora de ler.
10.- Suxestións, comentarios, achegas… sobre calquera destes ou doutros aspectos relativos á
Biblioteca e o seu funcionamento.
GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!! O Equipo de Biblioteca