MEMORIA ANUAL 2017 - apecco.com · Carta do Presidente Diego Vázquez Reino APECCO Estimado/a...
Transcript of MEMORIA ANUAL 2017 - apecco.com · Carta do Presidente Diego Vázquez Reino APECCO Estimado/a...
APECCO
Carta do presidente
Órganos de Goberno
Organización funcional
Presenza Institucional
ACTIVIDADE
Informe de actividades
ASOCIADOSEvolución do número de asociados
Evolución xeográfica
Novos asociados
Relación de asociados
01
0203
SECTORPanorama xeral da construción
Apéndice: Indicadores Sector – España
Apéndice: Indicadores Sector – Galicia
04
Carta do PresidenteDiego Vázquez Reino
APECCO
Estimado/a asociado/a:
O ano pasado celebramos o 40º aniversario de Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (APECCO). Neste momento, no que toca facer balance, gustaríame comezar expresándoche a miña gratitude por representar a unha das empresas que puxeron o seu gran de area para escribir a historia deses corenta anos e que seguen a colaborar para que esa historia continúe polo menos outros tantos máis. Grazas, en nome propio e no dos nosos precursores, aqueles pioneiros que uniron esforzos para defender os lexítimos intereses do sector, tanto colectiva coma individualmente, fomentando en todo momento a solidariedade empresarial como un piar básico da entidade que estaban a crear.
APECCO naceu o 26 de maio de 1977, nun ano de grandes cambios sociais, políticos e económicos a nivel mundial. A historia e a casualidade quixeron que corenta anos despois esteamos a vivir outro momento de cambios cruciais para o futuro da nosa sociedade en xeral e do sector da construción en particular.
Desde a xunta directiva de APECCO temos o firme convencemento de que debemos ser nós os/as que tomemos as rendas do noso destino. O 40º aniversario da nosa asociación debe marcar un punto de inflexión, e, sen renunciar ás nosas orixes, a quen somos, ser quen de afrontar os grandes, importantes e difíciles retos que nos presenta un futuro cada vez máis próximo.
Carta do Presidente / Diego Vázquez Reino
Persoalmente creo que entre eses grandes retos debe ocupar un lugar prioritario a formación de traballadores e traballadoras cualificados para ofrecer non só unha resposta cuantitativa ante o previsible crecemento da actividade que auguran os analistas, senón, e sobre todo, cualitativa, para ser quen de satisfacer co noso produto unha sociedade cada vez máis esixente. Por todo iso, en APECCO vimos apostando, cada vez máis decididamente, por achegar a formación ás empresas e aos potenciais traballadores e traballadoras. E nesa liña queremos continuar.
Temos que apostar tamén pola dignificación do noso sector. A construción é unha actividade ligada á propia existencia do ser humano. Debemos sentirnos orgullosos do traballo que realizamos, e pelexar con todos os medios ao noso alcance para que desde as Administracións Públicas e desde toda a sociedade se valore con xustiza.
Fronte ao regateo constante ao que están sometidas as nosas empresas debemos reivindicar, unidos coma unha piña, o valor da calidade. Non podemos seguir consentindo, nin moito menos alentando, que a execución da obra pública deste país estea unicamente condicionada ao factor económico. E xa non se trata unicamente de ganancias e perdas, senón de poñer en valor a construción como un sector fundamental para a economía do noso país, para a creación de emprego e, por que non dicilo, para o benestar da cidadanía.
A nova lei de contratos do sector público, recentemente aprobada, non garante que se resolvan os problemas de
sustentabilidade na obra pública debido, fundamentalmente, ao carácter interpretativo da norma de contratación, o que nos obriga a estar moi atentos e vixiantes para procurar que se cumpra cun dos obxectivos marcados pola propia lei: adxudicar na mellor relación calidade-prezo.
Pero non podemos esquecer tampouco que para seguir medrando e sendo competitivos temos que ir máis aló. Malia os esforzos que realizamos para estar ao día no uso das novas tecnoloxías, o nivel de innovación aínda é baixo. Cada día que pasa aparecen innovacións nos procesos construtivos, e é importante non quedar atrás. Os expertos vaticinan grandes avances tecnolóxicos coa introdución da robótica, a construción modular e a impresión 3D. Avanzamos cara á denominada Industria 4.0, que suporá melloras na seguridade dos traballadores e traballadoras, e na rendibilidade das empresas, pero que esixirá o dominio das novas tecnoloxías, da xestión intelixente dos recursos e da edificación sostible. Se queremos que os/as que veñen detrás continúen o noso legado non podemos, nin debemos, quedar á marxe desta nova realidade.
No ano 2017 escribimos o último capítulo da historia que outros comezaran corenta anos atrás. Grazas a eles e elas chegamos ata aquí. Afrontemos, pois, o 2018 co desexo e a esperanza de que a nova etapa que agora iniciamos sexa igual de frutífera. Estou convencido de que entre todos conseguirémolo.
Diego Vázquez ReinoPresidente de APECCO
APECCO
Órganos de gobernoComité permanente
PRESIDENTE
Diego Vázquez ReinoVICEPRESIDENTE
Juan Candela TohaTESOUREIRA
Stella López ReyVOGAIS
Manuel Álvarez LosadaJosé Antonio De Apraiz CasusoJosé Ángel Brey FerreiroVictor González JovePedro Muñoz GonzálezMarcos Vázquez ZasEulogio Viñal Iglesias
SECRETARIO
Miguel García Eiroa
APECCO
Órganos de gobernoComisión delegada
SECRETARIO
Miguel García EiroaREPRESENTANTEEMPRESA
Ángel Brey, S.A. José Ángel Brey FerreiroAparfont, S.L. Alejandra Fontenla PiedrahitaArias Infraestructuras Jorge de Murga del CastilloArkivolta Pedro Muñoz GonzálezCanarga Marcos Antonio Vázquez ZasConstrucciones Ángel Jove, S.A.U. Víctor González JoveConstrucciones Cernadas, S.L. Diego Cernadas TagesConstrucciones López Cao Stella López ReyConstrucciones Ponciano Nieto, S.L. Diego Nieto BarreiroConstrucciones Ramón Vázquez y Reino Diego Vázquez ReinoConstrucciones Vilariño Cesar Vilariño VázquezCosmalca, S.L. Manuel López CandalDesarrolla Obras y Servicios, S.L. Gerardo Collazo EsmorísDragados, S.A. José Luis Candela TohaEstudio A.T. José Antonio González del OsoEulogio Viñal Obras y Cnes., S.A. Eulogio Viñal IglesiasExcavaciones Saavedra y López, S.L. Pablo Martínez LorenzoF. Gómez y Cía., S.L. Alberto López MartínFCC Construcción, S.A. Enrique Quirós NúñezFerrovial Agroman S.A. Gregorio Rodríguez RodríguezIprenor Miguel Ángel Míguez VázquezJosé No Mantiñan e Hijos, S.A. José No VarelaOHL, S.A. José Antonio de Apraiz CasusoPrace Servicios y Obras, S.A. Daniel Ortega GonzálezSondeos del Norte, S.A. Pablo César Vázquez ZasTradisco, S.L. Manuel Martín Álvarez Losada
APECCO
Organización funcional
INTERVENTORES
DE ACTAS ASAMBLEASJorge de Murga del CastilloDaniel Ortega González
DE CONTASFernando Castro DíezMiguel Á. Míguez Vázquez
COMISIÓN SOCIO-LABORALDE CONSTRUCIÓN
Diego Vázquez Reino Antonio Fernández DuranStella López ReyGerman Liébana SalvadorAntonio Fernández-Chao (Asesor)Miguel García Eiroa(Secretario)
COMISIÓN SOCIO-LABORALDE PINTURA
Mª José Ares GarcíaJosé Ángel Brey FerreiroJosé Ángel Otero ReyRicardo Pérez SeoaneCésar Prado MaceirasAntonio Fernández-Chao (Asesor)Miguel García Eiroa(Secretario)
APECCO
Presenza institucionalA través do presidente
FEDERACIÓN GALEGA DA CONSTRUCCIÓN (FGC) Xunta Directiva (Vicepresidente)
CONFEDERACIÓN NACIONAL DE LA CONSTRUCCIÓN Consello de GobernoGrupo de Territoriais
FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA Comisión e Consello Territorial (Secretario)
CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA Vogal Directiva e Asemblea
CÁMARA DE COMERCIO DA CORUÑA Membro do Pleno
AFIANZAMIENTOS DE GALICIA, S.G.R (AFIGAL) Vogal Asemblea
CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DA CORUÑA Xunta DirectivaConsello de Presidentes
APECCO
Presenza institucionalA través doutros membros
FEDERACIÓN GALEGADA CONSTRUCIÓN(FGC)
EN XUNTA DIRECTIVAManuel Álvarez LosadaVíctor González JoveMiguel García Eiroa
EN ASEMBLEASManuel Álvarez LosadaJosé Luís Candela TohaVíctor González JoveGerardo Collazo EsmorísStella López ReyMiguel García Eiroa
EN ASEMBLEASManuel Álvarez LosadaPedro Muñoz GonzálezMiguel Á. Portal SuárezEulogio Viñal Iglesias
NA COMISIÓN E NO CONSELLO TERRITORIAISManuel Álvarez LosadaMiguel García Eiroa
APECCO
CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DA CORUÑA (CEC)
EN ASEMBLEASManuel Álvarez LosadaAntonio Fontenla RamilVictor González JovePedro Muñoz GonzálezMarcos Vázquez Zas
FUNDACIÓN LABORALDA CONSTRUCIÓNGALICIA (FLC)
CONFEDERACIÓN NACIONAL DELA CONSTRUCCIÓN(CNC)
Presenza institucionalA través doutros membros
NA DIRECTIVAJosé Ángel Brey Ferreiro
Miguel García Eiroa Antonio Fernández-Chao
APECCO
CÁMARA DE COMERCIODA CORUÑA(FGC)
NOPLENOMarcos López FuentesDiego Vázquez ReinoMarcos Vázquez Zas
FEDERACIÓN NACIONAL DE EMPRESARIOSPINTORES (ANSPI)
COMITÉS PROVINCIAL E AUTONÓMICODE EMPREGO
Miguel García Eiroa
COMITÉ PROVINCIAL DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
COMISIÓN EJECUTIVA PROVINCIAL DO INSS
Índice de actividadesNegociación de convenios laborais
Xestións ante as administraciones públicasReunións internas
Cursos de formación
Xornadas de APECCO
Convenios con empresas para lograr vantaxes especiais para os asociadosTarxeta Profesional da Construción (TPC)
Publicacións de APECCOPortal web de APECCO: www.apecco.com
Circulares
Boletíns mensuais de noticiasInformes e estudos
Colaboracións e relacións externasAsesoríasOutras actividades e servizos prestados aos asociados
Proxectos de medioambiente
ACTIVIDADE
Negociación de convenios
Convenio Provincial da Construción
O 26 de decembro asínase o convenio para os anos 2017-2021, coas novas táboas salariais e pluses de 2017 e un incremento do 1,9%. Así mesmo, pactouse o calendario laboral para o 2018.
Convenio Provincial de Pintura
O convenio para os anos 2017-2021 asinouse o 3 de abril de 2018, cun incremento do 1,9% para 2017 e do 2% para 2018.
APECCO protagonizou, un ano máis, a negociación dos convenios Colectivos Provinciais da Construción e da Pintura, ademais de participar activamente no Convenio Xeral Nacional.
ACTIVIDADE
Xestión ante Administracións Públicas
Con respecto á XUNTA DE GALICIA séguese insistindo na necesidade de aumentar os orzamentos para investimentos, xa que os niveis de investimento continúan sendo moi baixos, aínda que algo melloraron no último exercicio.
Conseguiuse, en xeral, mellorar e manter en bos cocientes o período medio de pago das Administracións Públicas coas empresas. Na Administración autonómica está a lograrse que as adxudicacións estean moito máis próximas á media das ofertas presentadas.
Xunta de Galicia
ACTIVIDADE
En relación á DEPUTACIÓN DE CORUÑA continúase a boa relación existente, realizando xestións para solucionar problemas de contratación e clasificación nas obras
Séguese tentando cambiar os criterios de valoración de ofertas, de forma que se limiten as ofertas económicas, á vez que se tomen en consideración criterios de calidade, experiencia e medios achegados polos ofertantes.
Deputación da CoruñaA petición de empresas asociadas, efectuáronse xestións ante diversos CONCELLOS DA PROVINCIA para corrixir ou denunciar deficiencias en temas de contratación de obras: por erros nas clasificacións esixidas, nos prazos de presentación e na esixencia de clasificación en obras onde non era pertinente.
Tamén se denunciaron determinadas cláusulas que incumprían a Lei de Contratos das AA.PP. Lentamente vaise logrando que as Administracións Locais melloren na correcta aplicación da Lei de Contratos nos pregos de condicións das obras que licitan.
Pídense procedementos de licitación onde non se prime unicamente a oferta económica máis vantaxosa, senón tamén outras variables como a calidade, os medios propios e a experiencia.
Concellos da Provincia
Durante o 2017 fíxoselles chegar un escrito a aqueles concellos onde ilegalmente se estaban cobrando taxas por licitar nas obras para que deixasen de facelo.
Reunións internas
Asemblea 2017. Mesa presidencialAPECCO – 6 de xullo
Durante o 2017 tiveron lugar as habituais reunións dos órganos de goberno de APECCO: Comisións Delegadas, Comités Permanentes e a Asemblea Xeral.
O día 6 de xullo celebrouse a asemblea xeral ordinaria. Nela, tras un detallado informe do presidente sobre a situación do sector e as actividades emprendidas pola asociación durante o exercicio anterior, aprobáronse a xestión e as contas do exercicio económico de 2016, e o orzamento para o ano 2017.
ACTIVIDADE
Acto 40 AniversarioACTIVIDADE
O 28 de novembro celebrouse no Palacio da Ópera de Coruña un acto polos 40 anos que cumpría a asociación. Foi un éxito de organización e participación, con 230 asistentes, entre os que destacan as conselleiras de Obras Públicas e Medio Ambiente e o presidente da Deputación.
40 Aniversario APECCOMesa presidencial
Ao acto convidouse, ademais de a todos os asociados, aos alcaldes dos 93 concellos da provincia (dos cales asistiron 25) e aos representantes dos demais organismos contratantes das Administracións (Mº Fomento, Xunta, Deputación, Autoridade Portuaria, etc.). Tamén se convidou aos representantes doutras institucións e asociacións empresariais (Colexios Profesionais, Confederacións de Empresarios, Cámara de Comercio,…).
O acto consistiu na intervención das principais autoridades (presidente de APECCO, conselleira de Medio Ambiente, presidente da Deputación e alcalde de Coruña) e nunha emotiva homenaxe a aquelas empresas que levan en APECCO máis de 25 anos e especialmente ás fundadoras, ás que se fixo entrega dunha placa conmemorativa. Posteriormente convidouse a todos os asistentes a un aperitivo.
Cursos de formación
Contratación Pública / Habilidades directivas “Vendendo Obras”Microsoft Excel / Medio Ambiente / Prevención Riscos Laborales
Destacan os cursos sobre calidade (ISO), Presto, Lei de Contratos e Revit (distintos niveis).
TEMÁTICAS
Campaña formación APECCO 2017
CURSOS ALUMNOS EMPRESAS HORAS
45 560 65 652
ACTIVIDADE
Cursos de formación
En prevención de riscos laborais impartíronse varios cursos para técnicos de prevención nivel básico e tamén cursos específicos de distintas materias: Montaxe de estruturas tubulares, Maquinaria Movemento de Terras, Pintura, Albanelería, Electricidade, Amianto, Traballos en altura e de Espazos Confinados, etc.
Prevención de Riscos Laborais
CONCELLOS
7A Coruña, Bergondo, Cambre, Carballo,
Fene, Muxía e Serra de Outes
A empresa ten a obriga de formar a todos os seus traballadoresen Seguridade e Prevención de Riscos Laborais segundo a Lei de Prevención de Riscos Laborais, que ademais obriga ás empresas incluídas no Anexo I do R.D. 39/97, consideradas como empresas con actividades de risco (caso da construción), a dar unha formación específica e completa no concernente aos riscos que leva a súa actividade.
Segundo a última modificación da Lei en materia de Prevenciónde Riscos aplicables ás obras de construción, cada empresa que traballa nunha obra debe ter un recurso preventivo (responsableen prevención), coa formación mínima de nivel básico de prevención (Curso de 60 horas).
Así mesmo, débese formar a todos os traballadores coa formación específica de prevención de riscos para o seu oficio ou posto de traballo (20 horas) ou (6 horas) se xa teñen outra formación que lles valide parte das horas, segundo obriga o Convenio da Construción.
Desde a asociación recoméndase a todas as empresas asociadas que sigan formando a todos os seus traballadores con regularidadeen Prevención de Riscos Laborais.
ACTIVIDADE
Xornadas por Apecco / en colaboraciónTemas de actualidade e interese para empresas
Xornada “Promotores e Construtores”
26 abrilUniverdidade50 asistentes
Relator: Miguel García Eiroa (Xerente de Apecco)
Conferencia sobre APECCO, APROINCO, e a situación actual do Sector.
Xornada “ Corporate Compliance e RSC”
15 maio Apecco 15 asistentes
Como protexer á empresa do risco penal. Relación entre o Corporate Compliance e a RSC. Axudas para a súa implantación.
Relatores: Inmaculada Rodríguez Cuervo e José María Ameijenda
Xornada sobre Corporate Compliance e RSE en APECCO.
ACTIVIDADE
Xornadas por Apecco / en colaboraciónTemas de actualidade e interese para empresas
Congreso sobre “Sustentabilidade e competitividade no sector da construción”
13 decembroApecco75 asistentes
Relatores: Sonia Moreno (xefa do Servizo Corporativo de Calidade e Medio Ambiente de OHL), Juan Antonio Caballero (vicepresidente de Mantemento de NH Hoteis), Manuel Amor (Abeconsa), Senén Ferreiro (Dtor. xeral de Valora), Mike Lehmhaus (Dtor. Xeral de Casadobe).
Desenvolvéronse os seguintes relatorios: Infraestruturas de baixo impacto en carbono-soluciones construtivas en portos; Construción hostaleira de baixo impacto-Hotel eco-eficiente; Edificios de servizos con deseño de baixo impacto; A sustentabilidade como eixo de expansión; Arquitectura sustentable.
Presentación e clausura: A conselleira de Medio Ambiente da Xunta, Beatriz Mato, clausurou o congreso. E na apertura interviron a directora xeral de Calidade Ambiental, Mª Cruz Ferreira, e o presidente de APECCO, Diego Vázquez. Clausura do Congreso de Medio Ambiente, coa conselleira e o
presidente de APECCO.
ACTIVIDADE
Proxectos de Medio AmbienteTemas de actualidade e interese para empresas
Durante o ano 2017 lográronse unhas axudas da Consellería de Medio Ambiente para desenvolver dous proxectos de medio ambiente na construción.
Un dos proxectos consistiu no desenvolvemento do Congreso de Medio Ambiente, xa comentado no apartado de Xornadas.
O outro proxecto foi a realización de visitas de sensibilización ambiental nas obras. Esta foi unha nova acción efectuada en Galicia e que se concretou na realización de charlas de sensibilización ambiental a todos os traballadores das obras visitadas, co fin de formar aos traballadores en boas prácticas ambientais.
ALUMNOS
EMPRESAS
560
65
ACTIVIDADE
Proxectos de Medio AmbienteTemas de actualidade e interese para empresas
ACTIVIDADE
Traballos baixo a premisa de sensibilización medioambiental
Convenios con empresas e organismosVantaxes especiais para os asociados
O Convenio coa Empresa SOLRED (Grupo REPSOL) volveuse a mellorar e permite lograr un importante desconto no prezo do Gasóleo (desconto de ata 10 céntimos de €/litro) nas principais gasolineiras onde enchen os asociados.
Así mesmo, na maioría das estacións de servizo de Galicia e do resto de España, da Rede REPSOL, CAMPSA e PETRONOR, o desconto oscila entre os 3,9 cts./litro e os 10 cts./litro.
Hai máis de 80 empresas asociadas beneficiándose deste convenio.
Un convenio recente, asinado en 2017 con ASEFA, co fin de que as empresas se beneficien dunhas boas condicións económicas e de xestión para a tramitación de avais-seguros de caución.
Vantaxes desta compañía: - Aumento da capacidade crediticia, xa que non computa CIRBE.- Diminución das exigibilidades do balance.- Menores custos. Non hai comisións de estudo, nin de apertura. - Cobran por días efectivos de uso da liña
Ademais, ASEFA ofrece o seguro trienal na construción, o seguro para obras civís e o RC.
Firma do convenio con ASEFA o 5 de maio
ACTIVIDADE
Convenios con empresas e organismosVantaxes especiais para os asociados
O Convenio de liñas especiais de avais (financeiros, técnicos e especiais) asinado con AFIGAL ten unha gran acollida por parte dos nosos asociados. Grazas ao mesmo, as nosas empresas poden gozar dunhas condicións especiais e estarán exentas de gastos de estudo e formalización no caso de avais técnicos.
En 2017 asinouse un convenio con CÁRITAS para procurar que os alumnos do seu Curso de Reformas fixesen as prácticas sen ningún custo en empresas asociadas e puidesen ser contratados con posterioridade nas mesmas.
Os devanditos alumnos saen formados en varios oficios da construción (curso de 610 horas) e con todos os cursos de prevencion deses oficios.
Dada a crecente necesidade de man de obra, é fundamental lograr ofrecer este tipo de servizo ás empresas.
Firma do convenio con CÁRITAS o 23 de marzo
ACTIVIDADE
Convenios con empresas e organismosVantaxes especiais para os asociados
Convenio con AENOR, empresa certificadora de calidade, con descontos para os asociados de APECCO sobre as súas tarifas de certificación de calidade, medio ambiente e prevención. Así mesmo, aplícanse descontos nas súas publicacións e actividades de formación.
Actualmente, existen acordos de colaboración coas seguintes entidades financeiras: ABANCA e BBVA, nos que se contemplan ofertas de produtos e servizos financeiros en vantaxosas condicións para as empresas asociadas.
Firma do convenio con ABANCA o 7 de novembro
Convenio de seguros coa Correduría ANTÓN COBIÁN S. L. As empresas asociadas que queiran asegurar o seu persoal, maquinaria, instalacións, vehículos, etc., poderán facelo cunhas tarifas moito máis reducidas e cun trato preferente.
ACTIVIDADE
Convenios con empresas e organismosVantaxes especiais para os asociados
Hai un convenio con Peugeot DIMOLK, que supón importantes descontos nas tarifas de compra de automóbiles e furgonetas nos concesionarios Peugeot de Carballo e Santiago de Compostela. Así mesmo, conséguense descontos para as tarifas de mantemento dos vehículos nos seus talleres. Tamén, a través da CNC asinouse un convenio con Peugeot para establecer descontos na compravenda de vehículos.
A través da CEC, asináronse dous convenios con AIR EUROPA e IBERIA de descontos nas tarifas aéreas para as empresas asociadas.
Tamén se estableceron durante o ano relaciones puntuais con diversas empresas para realizar ofertas determinadas sobre produtos e servizos concretos que reportan ao asociado unhas condicións vantaxosas sobre o prezo de mercado. Entre elas destacamos as seguintes:
- A través da Oficina Auxiliar do Contratista da CNC, tarifas especiais para a obtención ou mantemento do Expediente de Clasificación de Contratistas.
- Oferta moi vantaxosa para a Póliza do Seguro do Traballador do Convenio de Construción, coa correduría CANZOBRE SEGADE.
- Inscrición gratuíta no directorio anual de construtoras da revista “El Monitor”.
ACTIVIDADE
Tarxeta Profesional da Construción (TPC)APECCO comezou no 2008 a tramitar as Tarxetas Profesionais da Construción e actualmente levan tramitadas unhas 2.000. En Galicia xa haimáis de 45.000 traballadores coa TPC.
A maioría destas tarxetas foron tramitadas para traballadores das empresas asociadas e para os alumnos dos cursos de formación de prevención.
A tarxeta reflicte a seguinte información do traballador:
A experiencia acumulada no sector e a categoría profesional
Se foi sometido a recoñecementos médicos (vixilancia da saúde)
A formación que ten, principalmente, en prevención de riscos laborais
Lembramos que a TPC tramítase a través da Fundación Laboral da Construción e é un documento moi útil tanto para as empresas como para os traballadores do sector.
Actualmente é obrigatorio renovar a tarxeta, xa que o seu formato variou para mellorar as súas prestacións tanto para as empresas como para os traballadores.
ACTIVIDADE
Publicacións e DVD de Apecco
Normativa de Prevención de Riscos Laborais e Seguridade na ConstruciónA Lei de Ordenación da EdificaciónA nova Lei de Contratos coas Administracións PúblicasO texto refundido da devandita Lei de Contratos Libro sobre o Sector da Construción (enfoque estratéxico aplicado a Galicia)O Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións PúblicasOs Estatutos da AsociaciónManual de Prevención de Riscos: “Construíndo Seguridade”Libro de Prevención: “Maquinaria e Equipos vinculados a Traballos de Altura (I)”.Libro de Prevención: “Maquinaria e Equipos vinculados a Traballos de Altura (II)”Libro de Prevención: “Manual de Traballos en Altura”Libro de Prevención: “As 5 Regras de Ouro para Traballos en Altura en Construción”Libro de Prevención: “Glosario de Termos de Seguridade en Construción”
Estas publicacións, ademais de ser enviadas a todos os asociados e instituciónspúblicas, están a entregarse nos cursos de Prevención de Riscos que corresponden.
Dalgunhas destas publicacións, os asociados poden solicitar gratuitamente máisexemplares.
APECCO ten editadas as seguintes publicacións:
Así mesmo, a asociación elaborou un DVD de Prevención de Riscos Laborais na Construción, que recolle todas as situaciónsde risco grave que poden darse nas obras e a normativa que hai que cumprir en canto a medidas de prevención nas mesmas. Neste proxecto colaboraron a Xunta de Galicia e a Inspección de Traballo, a cal o viu moi positivo e deu a súa conformidade para que o visionado do devandito DVD sirva como charla informativa á que está obrigado a dar o contratista aos traballadores nas obras antes de iniciar os traballos.
Contido do DVD: Obrigacións Xerais dos Traballadores nas Obras, Medidas Preventivas de Seguridade, Sistemas de Protección Colectiva, Equipos Básicos de Protección Individual, Medios Auxiliares, Maquinaria e Equipos de Traballo, Sinalización de Seguridade, Orde e Limpeza, Escavacións e Gabias, Electricidade en Obra, Principios Básicos de Manipulación de Materiais e Medidas de Seguridade en Vehículos en Obra.
Ademais, a asociación dispón dunha “Guía Metodolóxica para a Elaboración de Memorias de Responsabilidade Social Empresarial en PEMES do Sector da Construción”. Proxecto sobre RSE, subvencionado en parte pola Xunta de Galicia e que se realizou no ano 2007, en colaboración coa consultora VALORA.
ACTIVIDADE
Portal web de Apeccowww.appeco.com
WEB
A renovación e actualización constante da nosa páxina web apecco.com logrou impulsar o número de visitas á mesma. O contido da nova web é o seguinte:
-Información sobre a asociación (memoria, contas)-Servizos e publicacións-Cursos de formación-Relación de asociados-Como asociarse? (inclúese o mapa de localización de APECCO)-Zona Socios
ZONA SOCIOS
Lembrámosche que na Zona Socios só poden acceder os asociados cunha clave particular facilitada por APECCO. Na devandita zona disponse da seguinte información:
- Informes Mensuais de Adxudicacións de Obras Públicas en Galicia- Informes Anuais de Obras Públicas en Galicia- Circulares Informativas (cun buscador por temas)- Convenios con Empresas- Boletíns Mensuais de Noticias- Servizos de Asesoramento
Nos dous novos apartados denominados Vida Asociativa e Novidades estanseincorporado os principais actos que vai realizando a asociación ao longo do ano (xornadas, firma de convenios,...).
Durante o ano 2017 houbo unhas 16.048 visitas á web (máis de 1.300 visitas mensuais) e 1.048 visitas máis que en 2016.
Os apartados máis visitados son: Relación de Empresas Asociadas, Información Xeral da Asociación, Cursos de Formación, Información de Obras Públicas e Circulares Informativas.
ACTIVIDADE
Circulares e boletíns
Enviáronse, durante o último ano, un total de 78 circulares informativas: de tipo fiscal, laboral, de lexislación española, galega e europea (Leis e R.D. do BOE e DOG) sobre todo a referida ao mundo empresarial, a construción e a contratación pública, de vivenda e urbanismo, de índices de prezos, de programas e orzamentosde obras, de prevención de riscos laborais, de medio ambiente, de conxuntura económica, de feiras, de xornadas informativas, de subvenciónse axudas, e outras, de actualidade e relevanciapara as empresas.
CIRCULARES
Mandáronse os xa habituais Boletíns Mensuaisde Noticias, que recollen o resumo das principais noticias do sector da construciónacaecidas durante o mes ao que se faireferencia. Os seus principais apartados son:
- A construción en Galicia- A construción en España- Datos das obras públicas en Galicia- Conxuntura económica- Noticias de empresas- Información fiscal (calendario fiscal e noticias relacionadas)- Información Laboral (calendario laboral e noticias relacionadas)- Feiras, congresos e seminarios relacionados cosector- Cursos de Formación de APECCO
Desde febreiro de 2017 incorporouse un novo apartado: Bolsa de Emprego, onde se está informando de ofertas de emprego para as empresas.
BOLETÍNS MENSUAIS
ACTIVIDADE
Informes e estudos
Efectuáronse os habituais informes anuais de licitacións, adxudicacións e aperturas de plicas, das Administracións Central, Autonómica e Local, desagregadas por organismos e tipos de obra cos seus orzamentos, o número de empresas ofertantes, baixas medias e máximas.
Informes mensuais de licitacións e adxudicacións de obras públicas.
Tamén se facilitou información sobre os Investimentos de obras previstas polo Ministerio de Fomento e a Administración Central para Galicia, a SPI (Sociedade Pública de Investimentos), as Deputacións Provinciais Galegas e o Concello da Coruña.
Estudos periódicos sobre a marcha do sector en Galicia e en España, referidos á contratación de obra pública, consumo de cemento, vivendas visadas, iniciadas e terminadas, poboación laboral, activa, ocupada, parada e outros indicadores da actividade (incluídos no boletín mensual de noticias e na propia memoria anual).
ACTIVIDADE
Colaboracións e relacións externas
Mantivéronse as comunicacións habituais cos MEDIOS DE COMUNICACIÓN, a través de notas de prensa, publicacións, mesas Redondas e Entrevistas en diversos medios, para a divulgación de actividadesda Asociación e temas sobre a Construción, Vivenda, Prevención de Riscos Laborais, Emprego, Xornadas, Cursos de Formación e outros.
Almorzo do presidente coa prensa
Relacións cos medios de comunicación
ACTIVIDADE
Colaboracións e relacións externas
Continuáronse as relacións con outras asociacións, confederacións e institucións relacionadas directa ou indirectamente coa nosa asociación. Coa Confederación Nacional da Construción (CNC), SEOPAN, a Federación Galega da Construción (FGC), a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e da Coruña (CEC), e coa Federación Nacional de Empresarios Pintores (ANSPI).
Coa Confederación Nacional da Construción (CNC) participamos en distintas reunións sobre a elaboración de propostas para o Convenio Xeral do Sector, así como sobre as directrices que deben formar o Acordo Sectorial Nacional.
Coa nosa presenza e participación na Xunta Directiva e na Asemblea da Federación Galega da Construción, mantivemos unha estreita colaboración con este organismo, en aras á consecución dunha voz única das demandas e intereses do Sector en Galicia.
Tamén continuamos colaborando coa Fundación Laboral da Construción de Galicia, órgano paritario das organizacións empresariais e sindicais, e cuxo obxectivo fundamental é a Formación.
A Fundación realizou numerosos cursos de formación ocupacional para traballadores en paro.
Formamos parte activa da mesma, pertencendo á Comisión e ao Consello Territorial de Galicia.
Coa Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) mantivemos un estreito contacto, informando sobre os temas de construción e a súa incidencia no ámbito provincial e analizando co resto dos sectores a problemática xeral das empresas na nosa área, con obxecto de buscar solucións globais nas cuestións que afectan o empresariado.
Estreitáronse as relacións de APECCO con outras asociacións de empresarios e de construtores da provincia, a través de colaboracións en temas de xornadas, formación e outros de interese mutuo.
Relacións externas
Préstase apoio e colaboración para a realización dos Informes de Observatorio Inmobiliario do Centro de Investigación Económica e Financeira da Fundación Caixa Galicia.
Nos devanditos Informes recóllese a evolución e as expectativas do mercado inmobiliario nas principais áreas urbanas de Galicia.
ACTIVIDADE
Asesorías
As asesorías xurídica-laboral, fiscal e de comunicación seguen traballando intensamente para a nosa asociación e asociados.
O noso asesor laboral, Antonio Fernández-Chao, colabora activamente na negociación dos convenios colectivos provinciais de pintura e de construción.
Así mesmo, o asesor fiscal, Jesús Ruíz Pose, resolveu gran número de cuestións e problemas que lle expoñen as nosas empresas asociadas.
Asesorouse tamén ás empresas sobre temas de prevención de riscos laborais e medio ambiente.
Lembramos que a tramitación e seguimento do Expediente de Clasificación para as Empresas Contratistas pódese facer a través de APECCO na Oficina Auxiliar do Contratista da CNC, cunhas tarifas moi reducidas para os asociados e cunha excelente eficiencia.
A través dos nosos convenios con bancos e outras entidades préstase asesoramento sobre temas financeiros (préstamos, avais, axudas, etc.).
ACTIVIDADE
Outras actividades e servizos prestadosExpedición de liquidacións. Para os asociados a un prezo de 3 €/unidade e para os non asociados a 10 €.
Edición de libros de subcontratación, obrigatorios por lei nas obras de construción desde novembro de 2007. Para os asociados a un prezo de 4 € a unidade e para os non asociados a 6 €.
Lográronse descontos importantes en másters e seminarios (de ata un 33%).
Obtención de novas fontes de información a través de subscricións e colaboracións con distintos organismos públicos e revistas especializadas do sector.
Envío de invitacións aos asociados para a asistencia a feiras e outros eventos.
Cedeuse o uso do salón de actos e as aulas da asociación a diversas empresas, que o solicitaron para a realización de reunións e seminarios propios.
Ao longo do ano resolvéronse multitude de consultas de todo tipo formuladas polos asociados.
ACTIVIDADE
Número de asociadosEvolución 2008 a 2017
243
239
235
209
159
132
139 148
152
153
2 0 0 8 2 0 0 9 2 0 1 0 2 0 1 1 2 0 1 2 2 0 1 3 2 0 1 4 2 0 1 5 2 0 1 6 2 0 1 7
ASOCIADOS
Novos asociados 2017
DONSIÓN PROYECTOS, S.L. / LALÍN
DAVID BARROS INSUA / BERGONDOMURAT CONSTRUCCIÓN Y MTO., S.L. / MESÍA
EXCAVACIONES DARÍO, S.L. / LOUSAME
GRUPO MARIÑO OBRAS Y SERVICIOS, S.L. / PONTECESOTARRÍO Y SUÁREZ, S.L. / RIANXOCOVISAM NORTE. S.L. / CARBALLO
TALLERES ARTEIXO, S.L. / ARTEIXOASEFA SEGUROS. / A CORUÑA
ANLLAR MANTENIMIENTO Y CNES., S.L. / A CORUÑA
JUAN LAGO CONSTRUCCIÓN, S.L. / CEECOTA CERO COMPOSTELA, S.L. / SANTIAGO
CNES. SIBER ORDES, S.L. / A CORUÑAHABITAT PRAEDIUM GALICIA, S.L. / NEGREIRAINGENIERÍA Y CNES. MELCOR, S.L. / A CORUÑA
ASOCIADOS
EXCAVACIONES POSE, S.L. / CABANA
Relación de asociados2017
ÁBACO CR, S.L. / A CORUÑA
ABECONSA, S.L.U. / A CORUÑA
ACV COBIÁN VARELA Y ASOCIADOS, S.L / A CORUÑA
AGADA OCCIDENTE, S.L. / CAMPOLONGO-PONTEDEUME
ALCOMTE GALICIA, S.L. / SANTIAGO
ALVAC, S.A. / ARTEIXO
ANGEL BREY, S.L. / SANTIAGO
ANLLAR MANTENIMIENTO Y CNES., S.L. / A CORUÑA
ANTONIO FILLOY, S.A. / BOIMORTO
APARFONT, S.L. / A CORUÑA
APLICACIONES DEL HORMIGÓN, S.A. / CARBALLO
AQUABLUE, S.L. / A CORUÑA
ARCOPONTE, S.L. / A CORUÑA
ARIAS INFRAESTRUCTURAS / A CORUÑA
ARINES OBRAS Y PROYECTOS, SL / SANTIAGO
ASOCIADOS
Relación de asociados2017
ARKIVOLTA, S.L. / O BURGO-CULLEREDO
ASEFA SEGUROS / A CORUÑA
ATLÁNTICA CONS. Y MºAMBIENTE, S.L. / AMES
BRISA EXCAVACIONES, OBRAS Y SERV. SL / ROIS
BÚA CTNES. Y SERVICIOS, S.L. / DUMBRÍA
C.R.C. OBRAS Y SERVICIOS, S.L. / ORDES
CALEFACCIONES SIMÓN, S.L. / SANTIAGO
CANARGA, S.L. / A CORUÑA
CAOLINES CERAMICOS, S.L. / ORTIGUEIRA
CARICLES OBRAS Y SERVICIOS, S.L. / A CORUÑA
CARLOS BUSTO, S.L. / PONTECESO
CASTAÑO BASCOY, S.L.U. / PADRÓN
CETA CONTRATAS, S.L. / SANTIAGO
CNES. A. MARTINEZ E HIJOS, S.L. / CORISTANCO
CNES. ANGEL JOVE, S.A. / A CORUÑA
ASOCIADOS
Relación de asociados2017
CNES. C. CANCELA, S.L. / VILARRODIS-ARTEIXO
CNES. CANOSA, S.L. / AS PONTES
CNES. CANTO CARRIL, SLU / CAMARIÑAS
CNES. CERNADAS, S.L. / VIMIANZO
CNES. CRESPO BARROS, S.L. / PAIOSACO-LARACHA
CNES. DAMASO FERREIRO E HIJOS, SL / CARBALLO
CNES. FEGO ATLÁNTICO, S.L. / A CORUÑA
CNES. FERMÍN SIMAL, S.L. / LAXE
CNES. GROBAS, S.L. / MESIA
CNES. GUERREIRO SOMOZAS, S.L. / AS SOMOZAS
CNES. IGLESIAS MERA, S.L. / AMES
CNES. J. MAURI E HIJOS, S.L. / A CORUÑA
CNES. LOPEZ CAO, S.L. / A CORUÑA
CNES. MOUZO Y SOUTO, S.L. / CARBALLO
CNES. PONCIANO NIETO, S.L. / ZAS
ASOCIADOS
Relación de asociados2017
CNES. PUMARIÑO, S.L. / AS SOMOZAS
CNES. R. VAZQUEZ Y REINO, S.L. / CARBALLO
CNES. ROCHA CORRAL, S.L. / OZA-CERURAS
CNES. SIBER ORDES, S.L. / ORDES
CNES. VILARIÑO, S.A. / A CORUÑA
CNES. Y EXCAV. GERMAN MOUZO, S.L. / MUXÍA
CNES. Y OBRAS ANDUJAR, S.L. / DUMBRÍA
COBRA INSTALAC. Y SERV., S.A. / A CORUÑA
COMASA NORTE, S.L. / NOIA
COMERCIAL SILVA GALICIA, S.L. / BERGONDO
COPCISA, S.A. / A CORUÑA
COSMALCA, S.L. / O PINO
COTA CERO COMPOSTELA, S.L. / SANTIAGO
COVISAM NORTE, S.L. / CARBALLO
CYS HISPANIA, S.L. / SANTIAGO
ASOCIADOS
Relación de asociados2017
DAVID BARROS INSUA / BERGONDO
DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS, S.L. / A CORUÑA
DESARROLLOS Y METAS, S.L. / A CORUÑA
DONSIÓN PROYECTOS, S.L. / LALÍN
DRAGADOS, S.A. / A CORUÑA
ELECTRIFICACIONES MIÑONES, S.L. / LAXE
ESPINA OBRAS HIDRAULICAS, S.A. / SANTIAGO
ESPINA Y DELFIN, S.L. / SANTIAGO
ESQUEIRO, S.L. / A CORUÑA
ESTUDIO A.T. / MUXIA
EULOGIO VIÑAL OBRAS Y CNES. S.A. / OROSO
EUROMONTAXE PROFESIONAL, S.L. / TARRÍO - CULLEREDO
EXCAVACIONES AGRA CASTRO, S.L. / SANTA COMBA
EXCAVACIONES CERNADAS VALIÑA, S.L. / VIMIANZO
EXCAVACIONES DARÍO, S.L. / LOUSAME
ASOCIADOS
Relación de asociados2017
EXCAVACIONES MIDON, S.L. / TEO
EXCAVACIONES POSE, S.L. / CABANA
EXCAVACIONES SAAVEDRA Y LÓPEZ, SL / NARÓN
EXCAVACIONES Y OBRAS CANDAL, S.L. / ORDES
EXCAVACIONES Y OBRAS MELCHOR, S.L. / BETANZOS
EXCAVACIONES Y TRANSPORTES BC, S.L. / A CORUÑA
EXCAVACIONES YONI TUÑAS, S.L. / MAZARICOS
F. GOMEZ Y CIA, S.L. / TOURO
FCC CONSTRUCCION, S.A. / A CORUÑA
FCO. CASAL MENDEZ Y OTRO, S.C. / CAMELLE
FERROVIAL AGROMAN, S.A. / A CORUÑA
GESTAL Y LÓPEZ, S.L. / ORDES
GR CTNES., OBRAS Y SERVICIOS, SLU / CARRAL
GROMA OBRAS, S.L. / A CORUÑA
GRUPO MARIÑO OBRAS Y SERVICIOS, S.L. / PONTECESO
ASOCIADOS
Relación de asociados2017
HERMANOS LOPEZ CARTELLE, S.L. / ARES
HIJOS DE J. LOSADA CANCELO S.A / FERROL
IAM RUMBO INSTALACIONES Y OBRAS, S.L. / CULLEREDO
INCOGA SMART BUILDING GROUP, S.L. / A CORUÑA
INGENIA DOMO MADERA, S.L. / OLEIROS
INGENIERÍA Y CNES. MELCOR, S.L. / CULLEREDO
iPRENOR, SLU (Ingenier., MºAmb.,Prev.Noroeste) / A CORUÑA
IVÁN MARTÍNEZ OTERO / CORISTANCO
JARDINCELAS, S.L. / CULLEREDO
JARDINERIA ARCE, S.L. / MEIRÁS - SADA
JAVIER BÁRBARA ASCACÍBAR / A CORUÑA
JOSE M. PIÑEIRO LOPEZ, S.L. / ORTIGUEIRA
JOSE NO MANTIÑAN E HIJOS S.A. / A CORUÑA
JSTOP OBRAS Y SERVICIOS, S.L. / SANTIAGO
KOTA BLUE, S.L. / A CORVEIRA-FONTECULLER
ASOCIADOS
Relación de asociados2017
LANCER PROYECTOS Y OBRAS, S.A. / O BURGO-CULLEREDO
LEONARDO MIGUELEZ, S.L. / MELIDE
LIRES CONS, S.L. / DUMBRÍA
LOPEZ Y LEIS, S.A. / A CORUÑA
MANTIDO, S.L. / CAMARIÑAS
MANUEL PEREZ PEREZ / FENE
MANUEL RIVAS BOQUETE, S.L. / A CORUÑA
MANUEL RODRIGUEZ LEMA, S.L. / VIMIANZO
MARTINEZ MONTES E HIJOS, S.L. / TEO
MECANO OBRAS Y REFORMAS, S.L. / SANTIAGO
MONTAJES ELÉC. VIZCAINO, SL (MOELVI) / A CORUÑA
MURAT CONSTRUCCIÓN Y MANTENIMIENTO, S.L. / MESÍA
NEMESIO ORDOÑEZ, S.A. / BOIRO
OBRAS Y CONDUC. HIDRAULICAS SL / SANTIAGO
OBRAS Y SERVICIOS INDIGO, S.L. / ORDES
ASOCIADOS
Relación de asociados2017OBRASCON HUARTE LAIN, S.A. / A CORUÑA
OGMIOS PROYECTO, S.L. / CULLEREDO
OPERIS OBRAS Y MANTENIMIENTO, S.L. / A CORUÑA
ORGANIZ. Y GESTIÓN PROYEC. Y OBRAS, SL / A CORUÑA
OVIGA, S.L. / OROSO
OYS NOROESTE, S.L. / OUTES
PCE IBÉRICA, S.L. / TOBARRA-ALBACETE
PLACAS NORTE, S.L. / A CORUÑA
PRACE, SERVICIOS Y OBRAS, S.A. / FERROL
PROBISA, PRODUCTOS BITUMINOSOS, SLU / SANTIAGO
PROSEMA NOROESTE, S.L. / FERROL
PROYCOGA, S.A. / A CORUÑA
QUIMIASFALT, S.L.L. / ORDES
R4 BETANZOS, S.L.U. / BETANZOS
SEÑALIZACIONES NORTE, S.L. (SENOR) / DODRO
SERGONSA SERVICIOS, S.L. / A CORUÑA
ASOCIADOS
Relación de asociados2017SOGRANI - SONENSE DE GRANITOS, S.L. / PORTO DO SON
SOLCONOR, S.L. / CULLEREDO
SONDEOS DEL NORTE, S.A. / A CORUÑA
TALLER DE ESTUDIOS TÉCNICOS ANDRÉS / A CORUÑA
TALLERES ARTEIXO, S.L. / ARTEIXO
TALLERES DE PINTURAS PRADO S.L.U. / A CORUÑA
TALLERES REUNIDOS, S.A. / A CORUÑA
TARRIO Y SUAREZ, S.L. / RIANXO
TEC. ARQUITEC. RESTAURO Y FF, S.L.U. / A CORUÑA
TERRAUGA, S.L. / A CORUÑA
TRADISCO, S.L. / A CORUÑA
UNCISA CONSTRUCCIONES E INFRAESTRUCTURAS, S.A.U. / SANTIAGO
VALLAS Y CASETAS BRUN, S.L. / ORDES
VIAS Y CNES., S.A. / A CORUÑA
VILLASUSO ORTEGAL, S.L. / ORTIGUEIRA
VOLADORAS Y TRANSPORTES BLANCO, SLU / CARBALLO
ASOCIADOS
Construción en EspañaConclusións
SECTOR
A pesar de que os datos melloraron con respecto ao pasado exercício e o crecemento situouse en torno ao 5,5%, a construción non abandonou o estado de alerta por culpa dunha crise, a peor da historia, que forzou unha profunda reestruturación no conxunto do sector. Como consecuencia da falta de investimento, o noso país acumula un déficit inversor superior a 114.000 millóns de euros en infraestuturas públicas prioritárias de elevado impacto social.
A pesar da melloría experimentada en 2017, o ritmo ilicitación/contratación das Administracións Públicas é insuficiente para resolver o devandito déficit, que se fai evidente no ciclo integral da auga, o medioambiente, os equipamentos públicos e a mobilidade e accesibilidade urbana e internurbana
Contratación de obrasSECTOR PÚBLICO – España | con respecto a 2015
Total contratación4,755 millóns de euros
Subida do
+ 32%Esta cifra supón terceira parte do
volume contratado en 2007
SECTOR
Contratación de obrasOBRA CIVIL – España | con respecto a 2015
Total contratación8.308 millós de euros
Subida do
+ 38%
SECTOR
Contratación de obrasCONCESIÓNS – España | con respecto a 2015
Total contratación239 millóns de euros
Caída do
- 46%
COMPARATIVAesta porcentaxe supón o -97%
nos últimos dez anos
SECTOR
ActividadeEspaña | con respecto a 2016
COMPARATIVAMoi por debaixo dorexistrado en 2007
Subida do
+ 5,5%
SECTOR
Emprego directoEspaña | con respecto a 2015
COMPARATIVAmoi lonxe do rexistrado fai 10 anos
Subida do
+ 5,1%
SECTOR
Consumo de cementoEspaña | con respecto a 2015
Total consumido12.300 millóns de toneladas
+ 1200 TN
COMPARATIVA17.000 millóns menos
do rexistrado no ano 2009
SECTOR
Actividade residencialEspaña | con respecto a 2015
Subida do
+ 18,4%MÁIS CIFRAS
17.000 máis co ano anterior
SECTOR
Construción en GaliciaConclusións
O comportamento do sector en Galicia non foi diferente ao acontecido no conxunto do Estado. Aínda que a meirande parte dos indicadores melloraron con respecto aos rexistrados en 2016, a construción galega ainda arrastra as consecuencias dunha crise que debilitou as súas estruturas.
SECTOR
Contratación de obrasSECTOR PÚBLICO – Galicia | con respecto a 2016
Total contratación577 millóns de euros
Obras adxudicadas1756
Total licitación846 millóns de euros
COMPARATIVANo 2016 a obra contratada ascendeu
a 336 millóns de euros
Crecemento de241 millóns de euros
Subida do
+ 67%
SECTOR
Inversión das administraciónsGalicia | con respecto a 2016
Administración Autonómica124 millóns de euros
Administración Central307 millóns de euros
Administración Local146 millóns de euros
SECTOR
Caída da inversión en AdministraciónsGalicia | con respecto a 2016
Administración Autonómica
Administración Central
Administración Local
- 5%+ 20%
+ 30%
SECTOR
Licitación de obraGalicia | con respecto a 2016
LOCAL
1193obras
COMPARATIVApese á caída na inversión, o número de obras licitadas aumentou con respecto a 2016 (1.712 obras)
CENTRAL AUTONÓMICA
TOTAL DE OBRAS LICITADAS1.756 obras
314obras
249obras
SECTOR
Emprego no sectorGalicia | con respecto a 2016 ( Datos EPA )
Total empregados66.600
- 5200
COMPARATIVA71.800 son os rexistrados en 2016
SECTOR