martes 27 de OCtUBre de 2015 37 A Fonsagrada · 2017-10-26 · ten un tempo de vida moito maior....

8
A Fonsagrada O ANSIADO CAMPO A DEPUTACIÓN CONSTRÚE NA FONSAGRADA O PRIMEIRO TERREO DE FÚTBOL DA COMARCA CUMPRINDO COAS PETICIÓNS VECIÑAIS MARTES 27 DE OCTUBRE DE 2015 ELPROGRESO 37 especial

Transcript of martes 27 de OCtUBre de 2015 37 A Fonsagrada · 2017-10-26 · ten un tempo de vida moito maior....

Page 1: martes 27 de OCtUBre de 2015 37 A Fonsagrada · 2017-10-26 · ten un tempo de vida moito maior. Pódese utilizar unhas 50 horas á semana por 12 horas do natural, o que permite un

A F

onsa

grad

a

xxxx

o ansiado campo A DeputAción constrúe nA fonsAgrADA o primeiro terreo De fútbol DA comArcA cumprinDo coAs peticións veciñAis

martes 27 de OCtUBre de 2015 elpRogReso 37

especial

Page 2: martes 27 de OCtUBre de 2015 37 A Fonsagrada · 2017-10-26 · ten un tempo de vida moito maior. Pódese utilizar unhas 50 horas á semana por 12 horas do natural, o que permite un

Campo de fútbolA FonsAgrAdA

A deputación dá cumprimento a unha demanda histórica en A Fonsagradauso intermunicipal. O campO de fútbOl nO cOtO da pedreira facilitará a práctica deste depOrte na fOnsagrada e en cOncellOs limítrOfes de galicia e asturias pOr: r.l. fOtOs: sebas senanDe

A DEPUTACIÓN achega coa súa aportación ata A Mon-taña o primeiro campo de

fútbol da comarca fonsagradina. A institución provincial responde así a unha vella demanda solicitada novamente polos veciños do parti-do xudicial da Fonsagrada durante

practicar fútbol 7 ou fútbol 11. De feito, só existe un terreo en

Baleira, en desuso dende hai unha década, posto que nin tan sequera conta con servizos básicos como auga ou luz, o que obriga aos afec-cionados ao fútbol da comarca a desprazarse ata outros concellos

para practicar este deporte. É o caso dos rapaces da Fonsa-

grada que durante a época estival, ata agora, víanse obrigados a des-prazarse ata o municipios de Vila-nova de Oscos, en Asturias. para xogar ao fútbol. E todo isto, a pe-sares de que nos últimos tempos

unha xuntanza que se desenvolveu no seu día co gallo da elaboración dos orzamentos participativos da institución para 2015.

A Deputación financiou estas obras, que comezaron o pasado mes de xullo, cunha aportación de 550.000 euros.

A nova dotación sitúase na ca-beceira comarcal, xa que actual-mente os municipios que integran unha ampla área da A Montaña lu-guesa —Navia de Suarna, Neguei-ra de Muñiz, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada e Baleira— non contan cunha instalación habilitada para

As instalacións deportivas. sebas senande

38 martes 27 de Octubre de 2015 elprogreso

especial

Page 3: martes 27 de OCtUBre de 2015 37 A Fonsagrada · 2017-10-26 · ten un tempo de vida moito maior. Pódese utilizar unhas 50 horas á semana por 12 horas do natural, o que permite un

Campo de fútbolA fonsAgrAdA

rexistrouse un notable aumento na canteira futbolística dos distintos concellos que integran A Monta-ña.

Así, e só na Fonsagrada, hai arredor de 70 rapaces nas escolas deportivas de fútbol sala —unha cantidade que non deixa de incre-mentarse ano tras ano—, ademais de nove equipos na liga local e ata un equipo máis na Terceira División da Liga Nacional.

PARCELA. A Deputación de Lugo situou o novo campo de fútbol nunha parcela de 10.000 metros cadrados coñecida como Coto da Pedreira, moi preto da vila fon-sagradina. Trátase dun espazo de titularidade municipal que foi adquirido polo Concello durante a década dos anos 80 do pasado século.

Ademais do campo de fútbol de A Fonsagrada, tanto neste concello como noutros da Montaña abon-dan os exemplos da resposta que a institución provincial está a dar ás solicitudes dos seus habitantes. Xunto coas obras de mellora de es-tradas na zona, no caso concreto da Fonsagrada hai que salientar actuacións como a construción da casa consistorial ou da residencia da terceira idade.

Logo da aprobación definitiva no pleno de decembro do primei-ro orzamento participativo dunha Deputación en España, esta liña de actuación pretende agora ser unha constante no organismo lugués.

O presuposto deste ano ten en-tre os seus obxectivos cumprir coas prioridades que marcaron 55.000 veciños, achegando 35 millóns de euros ao emprego, infraestruturas

e políticas socias. A elaboración dos orzamentos

do vindeiro anos sen dúbidas ta-mén achegarán novas obras de mellora de infraestruturas na co-marca da Fonsagrada, así como unha maior presenza das novas tecnoloxías e de accións dirixidas á promoción das áreas rurais.

O obxectivo é mellorar a calida-de de vida dos veciños dunha co-marca que ten unha importancia vital para a provincia, e que co seu potencial económico está chama-da a xogar un importante papel no desenvolvemento lucense.

A construción do novo campo de fútbol non deixa de ser unha proba de que as institucións, ago-ra sí, semellan decatarse de que ao elevar o nivel de vida dos cidadáns increméntase tamén o da propia provincia.

Xa naquel entón a súa adquisi-ción levouse a cabo precisamente coa idea de construir un campo de fútbol, aínda que durante máis de tres décadas o proxecto non chega-se nunca a executarse.

Co obxectivo de tentar cumprir esta vella demanda, o goberno municipal dotouno dos servizos de auga e luz.

O campo de fútbol de A Fonsa-grada ten herba artificial, unha cir-cunstancia que permitirá facilitar o seu mantemento ante as condi-cións meteorolóxicas da Montaña. Ademais terá as medidas regula-mentarias para practicar tanto fútbol 7 como fútbol 11.

A Deputación está así a cumprir coas peticións que os veciños lle trasladaron nas xuntanzas partici-pativas para a elaboración do seu orzamento deste ano.

O campo de fútbol aséntase nunha parcela de 10.000 metros cadrados, que foi adquirida polo Concello nos anos oitenta

O terreo, de céspede artificial, servirá para practicar fútbol 7 e fútbol 11

martes 27 de OCtUBre de 2015 ELPRogREso 39

especial

Page 4: martes 27 de OCtUBre de 2015 37 A Fonsagrada · 2017-10-26 · ten un tempo de vida moito maior. Pódese utilizar unhas 50 horas á semana por 12 horas do natural, o que permite un

Campo de fútbola fonsagrada

Un céspede de última xeración que se mantén en condicións co mal tempoespazo reservado. o novo campo de fútbol fonsagradino conta no seu perímetro cunha zona libre destinada á futura construción dunhas pistas de atletismo por: r.l. fotos: seBas seNaNde

O CÉSPEDE ARTIFICIAL do novo campo de fútbol da Fonsagrada é de terceira

xeración —a actual e máis moder-na—. Ten unha calidade similar á que utilizan equipos profesionais nas súas instalacións de adestra-mento e, nalgúns casos, nos seus propios estadios. Este céspede responde aos criterios e esixencias

ten un tempo de vida moito maior. Pódese utilizar unhas 50 horas á semana por 12 horas do natural, o que permite un uso máis inten-sivo.

O recinto deportivo contará cunha bancada cuberta con capa-cidade para aproximadamente 250 persoas, que aínda está en obras, así como cun moderno equipa-

mento de vestiarios e duchas, ta-mén en fase de construción.

As obras do novo campo de fútbol, que comezaron o pasado mes de xuño, foron adxudicadas á empresa Sergonsa, con sede na Coruña, cuxos operarios ultiman nestes días a construción do muro de peche do recinto. O proxecto in-clúe tamén a urbanización do vial

de acceso ás futuras instalacións deportivas.

O perímetro do campo de fútbol conta cun espazo reservado para construír no futuro unha pista de atletismo, o que lle convertería nun dos poucos campos da provincia con características de estadio, ao estar adaptado a esta práctica mul-tideportiva.

de homologación aplicables pola Federación Internacional de Fútbol (Fifa).

Unha das vantaxes que ofrece este céspede artificial fronte ao na-tural é que se mantén en mellores condicións ante circunstancias me-tereolóxicas adversas, como son as do inverno da Montaña. Outra das vantaxes do céspede artificial é que

Vista do novo campo de fútbol, detalle dunha das torres de alumeado, obras da futura tribuna, banquiño e perímetro reservado para as pistas de atletismo.

40 martes 27 de octubre de 2015 elprogreso

especial

Page 5: martes 27 de OCtUBre de 2015 37 A Fonsagrada · 2017-10-26 · ten un tempo de vida moito maior. Pódese utilizar unhas 50 horas á semana por 12 horas do natural, o que permite un

Campo de fútbola fonsagrada

martes 27 de OCtUBre de 2015 elpRogReso 41

especial

Page 6: martes 27 de OCtUBre de 2015 37 A Fonsagrada · 2017-10-26 · ten un tempo de vida moito maior. Pódese utilizar unhas 50 horas á semana por 12 horas do natural, o que permite un

Campo de fútbola fonsagrada

o alcalde destaca que a fonsagrada será o epicentro do fútbol na comarcacase finalizadas. argelio fernández queipo subliña que as obras rematarán en novembro, unha vez que se adecenten os vestiarios e se ultimen a grada e o muro de peche por: j.r. fotos: sebas senande

o ALCALDE da Fonsagrada, Argelio Fernández Quei-po, móstrase orgulloso

do campo de fútbol municipal. «É unha obra moi ben concibida dende o punto de vista construtivo e ten un céspede artificial que se adapta ás condicións metereolóxicas da zona». Entende, ademais, que o proxecto «axústase» as necesidades

modernas instalacións contribui-rán a que o noso pobo se convirta no punto de encontro dos afec-cionados ao balompé de varios municipios limítrofes de Galicia e Asturias», manifestou.

O rexedor lembra que moitos mozos da zona xa xogan a fútbol sala na Fonsagrada «e se hoube-se fútbol campo tamén o estarían

practicando e poderiamos contar cun equipo».

Fernández Queipo subliña que as obras do flamante campo de céspede artificial rematarán en no-vembro. «Quedan por rematar os interiores do edificio dos vestiarios, coa colocación de ducha e sanita-rios, o muro de peche e a cuberta da bancada. Son traballos que se

executarán de forma inmediata», conclúe.

diÁlOGO. Outro dos aspectos que destaca Argelio Fernández Queipo é que a Deputación de Lugo acor-dase a financiación das obras aten-dendo ás suxestións dos veciños. «A elaboración duns orzamentos par-ticipativos do organismo provin-

existentes, «cunha tribuna cuberta suficiente e cómoda e con espazo libre para as pistas de atletismo. É un proxecto ben pensado para dar o servizo necesario na actualidade e prevé posibles demandas».

Fernández Queipo engadiu que este proxecto, que está a piques de rematarse, atende unha demanda social dos fonsagradinos. «Estas

O alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, un operario facendo o muro de peche e aspecto exterior da obra dos vestiarios.

42 martes 27 de octubre de 2015 elprOGresO

especial

Page 7: martes 27 de OCtUBre de 2015 37 A Fonsagrada · 2017-10-26 · ten un tempo de vida moito maior. Pódese utilizar unhas 50 horas á semana por 12 horas do natural, o que permite un

Campo de fútbola fonsagrada

cial propiciou un marco de diálogo e entendemento entre os veciños e os responsables da Deputación, que recolleron as peticións plan-texadas. O campo de fútbol era un proxecto que levaba varias décadas pendente. Era unha vella ilusión e agora é unha realidade».

O rexedor fixo alusión ao intere-se mostrado tanto polo concelleiro de Deportes, Carlos López, como polos representantes de distintos colectivos fonsagradinos para que se executasen estas obras. «Dende o Concello dotamos a parcela do Coto da Pedreira de agua e luz, pero o resto das actuacións correron a cargo da Deputación».

actividade. Argelio Fernández Queipo agarda que o novo recinto deportivo xere polo menos tanta actividade no concello fonsagra-dino como o fúbol sala, que neste

momento conta cun bo número de nenos inscritos nas escolas de-portivas municipais e cun equipo local competindo en categoría au-tonómica.

O polideportivo municipal de A Fonsagrada tamén foi obxecto de obras de remodelación, financia-das igualmente pola Deputación de Lugo. Os traballos consistiron no arranxo da cuberta e a rdemo-delación da grada e da pista de xogo para que tivese as medidas regulamentarias, Tamén se me-lloraron os vestiarios e as duchas dunha instalación «que se usa dia-riamente durante moitas horas. Estamos a sacarlle un rendemento máximo».

O mandatario da A Fonsagra-da agradeceu a sensibilidade da Deputación «coas necesidades da Fonsagrada», algo que tamén se re-flicte na construción da residencia

da terceira idade. «Coa entrada do novo goberno provincial agarda-mos que a residencia funcione coa maior celeridade posible e nunhas condicións económicas axeitadas ao poder adquisitivo dos nosos pensionistas. O custo de 1.100 euros por praza, do que se falou, é unha cantidade excesiva para o po-der económicos dous nosos maio-res», precisou Argelio Fernández Queipo.

eScUeLaS dePORtivaS. A conce-llería de Deportes de A Fonsagrada, cuxo responsable é Carlos López, coordina unhas escolas deportivas que ofertan prácticas deportivas tanto para os nenos e xóvenes, como para adultos. Xunto co fút-bol sala tamén hai escolas de ba-loncesto, tenis e ximnasia rítmica, para nenos entre os 5 e os 15 anos, así como as clases de ximnasia de

mantemento para maiores de ida-de.

Os cursiños son totalmente gra-tuítos, coa excepción das clases de ximnasia rítimica. Os adestramen-tos comezaron no mes de outubre e celébranse un día á semana, en horario de tarde, no caso das esco-las para nenos. Os practicantes de fútbol sala tamén compiten os ven-res na Liga da Montaña de deporte escolar. No caso da ximnaisa rítmi-ca organízanse numerosas saídas para participar en exhibicións.

As clases de ximnasia de man-temento están dirixidas a persoas maiores de 18 años. O monitor desprázase un día á semana a dis-tintas parroquias do Concello para impartir clase, naqueles lugares onde se xuntan un mínimo de dez persoas. Na Fonsagrada hai sesión dous días á semana no polidepor-tivo.

O rexedor agarda que o campo de fútbol xere na vila tanta actividade como o fútbol sala

O polideportivo foi obxecto dunha remodelación, financiada tamén pola Deputación

martes 27 de OCtUBre de 2015 eLPROgReSO 43

especial

Page 8: martes 27 de OCtUBre de 2015 37 A Fonsagrada · 2017-10-26 · ten un tempo de vida moito maior. Pódese utilizar unhas 50 horas á semana por 12 horas do natural, o que permite un

«Tiñamos un terreo ao que lle chamaban campo de fútbol, pero que non era tal»CREACIÓN DUN EQUIPO. O TENENTE DE ALCALDE DA FONSAGRADA, JOSÉ ÁNGEL FERNÁNDEZ CARRÍN, SUBLIÑA QUE O SEGUINTE PASO SERÁ FORMAR UN CLUB «E HAI XENTE DISPOSTA A FACELO» FOTOS: j.R./ SEBAS SENANDE

É UN VELLO SOÑO feito rea-lidade. «Tiñamos un terreo ao que chamabamos cam-

po de fútbol pero que non era tal. Pasados vinte anos, xa podemos ver cumprida a nosa aspiración», explica o primeiro tenente de al-calde fonsagradino, José Ángel Fernández Carrín. O seguinte paso, engade, será a creación dun equipo «para o que xa hai xente disposta a involucarse no proxecto. Todos

Ediles e veciños da Fonsagrada co expresidente da Deputación, Gómez Besteiro, antes das obras, Fernández Carrín y un detalle do campo.

temos en mente a creación dun clube, que debutaría en Terceira Autonómica. Será un proxecto que partirá desde a base, desde a canteira».

A ilusión do campo é tamén pa-tente nos máis novos. «Os nenos saltan o muro e póñense a xogar no novo céspede, aínda que non lles deixamos porque están sen rema-tar as obras», di Fernández Carrín. Eses mesmos mozos serán a base

dos equipos de fútbol sete e fútbol once que se formen nun futuro in-mediato na localidade. O primeiro tenente de alcalde subliña tamén que o recinto «é impresionante», cun campo de 105 metros de lon-tigud por 62 metros de ancho.

Fernández Carrín, que é un gran afeccionado a fútbol sala, deporte que practican os seus fillos, desta-ca que o campo de fúbol «tamén será unha oportunidade de di-

namizar a vila mais alá dá propia práctica deportiva, xa que estas instalacións están abertas aos xó-venes doutros municipios que non teñen onde xogar ao fútbol».

Para Carrín, as instalacións do Coto da Pedreira son «a guinda que lle faltaba ao noso proxecto deportivo, pois xa hai unha in-tensa actividade deportiva baixo cuberta».

O concelleiro destaca o gran

labor do seu compañeiro de go-berno, o edil de Deportes Carlos López. «Contamos con escolas deportivas e con outras convoca-torias de moito interese, como o campus de fútbol sala que organi-zou ou Concello en colaboración coa fundación Indecum e o Burela FS ou a Rutas dos Lobos de BTT, que se organiza sempre non mes de abril, ou a dos Lobiños, para os máis novos».

Campo de fútbola fonsagrada

44 MARTES 27 DE OCTUBRE DE 2015 ElPROgRESO

especial