Manuel María: a natureza, as plantas

37
A natureza na obra de Manuel María

Transcript of Manuel María: a natureza, as plantas

Page 1: Manuel María: a natureza, as plantas

A natureza na obra de Manuel

María

Page 2: Manuel María: a natureza, as plantas

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIROOuteiro de Rei (6-10-1929)a Coruña (8-9-2004)

Este ano 2016 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, un dos escritores máis prolíficos, activos e comprometidos dos últimos tempos.Publicou máis de cincuenta libros de poesía, máis dun milleiro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais, ademais ten moitas obras aínda inéditas.

Page 3: Manuel María: a natureza, as plantas

O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a obra de Manuel María, que asume desde o primeiro momento a defensa de todos os elementos que a conforman, os ríos, as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade… Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento.

Plantando un carballo en Santa Sabela de Outeiro de Rei, en 1997, con motivo da homenaxe organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega

Page 4: Manuel María: a natureza, as plantas

ODE AO NACEMENTO DUNHA FOLLA Qué cantidade de marabillafoi precisa para quese producira este prodixio?Qué dor ou que alegríasentiu a árborecando esta follaxurdiu á luz de súpeto?Que lle diría o ventocando a ollou?Cando se menea e vibra:Qué segredo ou mensaxenos quere transmitir?Cómo e de que xeitotivo que adelgazar a terra,rubir árbore enriba, facersevidro musical e transparentee ser delicada folla estremecida? (AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)

Page 5: Manuel María: a natureza, as plantas

BIOGRAFÍA DUNHA FOLLA Agromou a folla. Naceupara ollar con asombroao universo e paraclarificar á Primavera.Escoitou a músicaenfebrecida e delicadados paxaros. Tremeude desexo e de paixóncos agarimos mainose sutís da brisarecendente e invisíbel.Contemplou envisoa máxica floraciónde todo canto existe.Deuse ao estío.Ao chegar o Outonodesprendeuse da árboreque a ataba e, sen máis,botouse mundo adiante. (ORÁCULOS PARA CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)

Page 6: Manuel María: a natureza, as plantas

A FLOR Un día nácenos, de súpeto, unha flor.E quedamos sen bágoas.Perguntamos, entón, que é unha flor.Queremos saber por que en nósnaceu aquela flor.A nosa flor é moi pobriña.Non sabemos que as nosas verbaslle poden matar a vida á nosa flor.Milagre! Milagre!Mais nós aínda non sabemoso que imos facer coa nosa flor. (MAR MAIOR, 1963)

Page 7: Manuel María: a natureza, as plantas

O TOXO Anque o toxo ten espiñassorrí polas primaveirascon sorrisas mareliñas! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 8: Manuel María: a natureza, as plantas

CANCIÓN DA FLOR DE TOXO Chorimas incendiadas, consumíndovosnun rabioso fulgor desesperado:sodes o amarelo puro e esencialpois non hai outro. Lóstregosde amor que vos abridesno corazón do cosmos para feriraos nosos ollos co alto asombrodo ouro verdadeiro: única moedapara poder pagar o desasosegoque nos causa este incertovivir cego e absurdoque se nos vai por tortos,indecisos, calados e inseguroscamiños de tristura e desamparo.

(AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)

Page 9: Manuel María: a natureza, as plantas

BALADA DAS CHORIMASSoio para competir co sol, naceronas chorimas amarelas, bágoas daterra, lume do torrón, forzaprimeira e misteriosa, chagasque queiman o peito esmorecentee tristeiro da serán,aturuxos de luz enfebrecida.

Chorimas, potentes labaradasque rexorden de súpeto enchendode resplandor rabioso aschousas centeeiras, as docessearas florecidas no medioda soedade inmensurábel,aturuxos de luz enfebrecida.

Chorimas, irmás e compañeirasdas cotovías e as lavercas,brasas que queiman o escurodas uces e as carqueixas e sereflexan nas pucharcas porqueelas non precisan outro espello,aturuxos de luz enfebrecida.

Chorimas, estrelas pequeniñas,candeeiros que iluminades osilencio: para vós o ventoimprovisa canciós e a choivacae máis de vagar e musicalsoio para non mancarvos,aturuxos de luz enfebrecida.

Chorimas amarelas, vós tan febles,escoltadas de espiñas feridoras,aturuxos de luz enfebrecida. (O LIBRO DAS BALADAS, 1978)

Page 10: Manuel María: a natureza, as plantas

CARPAZAS Hai carpazas por miles de milleirose coróaas a neve a propio intento;quéimaas o sol, sofren ventisqueirose falan coas lavercas e co vento. Ninguén ten dó delas, nin as garda,por eso están co medo tan xuntiñas!E teñen envexa da súa cor tan pardaaló enriba, no ceo, as estreliñas! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 11: Manuel María: a natureza, as plantas

ROSAS

Sempre a rosa. Sempre:a forma,a cor,o recendo,a luz,a perfección da rosa.Prefiro a rosa vermella.E amo a rosa brancaporqure cando lle digosimplemente: ROSA,entorna os ollos,tremae ruborece. (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 12: Manuel María: a natureza, as plantas

POEMIÑA PARA NAMORAR A UNHA ROSA A rosa rosiñaestá na roseiramoi coloradiña,feliz e riseira. A rosa rosadade tanto lucira mesma alboradaa pode ferir. A rosa rosiñaestá no rosal:Ti queres ser miña,rosiña lanzal?

A rosa rosadade tenro mencer,É tan delicadaque pode morrer! Para rosa rosiñafachenda de Maioincluso é espiñaa flor dun salaio! A rosa rosadaxa é miña amiga:quedou namoradacon esta cantiga! (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)

Page 13: Manuel María: a natureza, as plantas

A ROSA

Antes de nada somentes era a rosa:luz en éxtase na patria ceibe,terreal e pura da roseira.Rosa-de-xericó e alexandría!Rosa mística, flor de Prisciliano:tebra e orballo, misteriosa e nosa,¡ouh luminosa rosa chameante!Ao medrárenlle os pétalos a rosa foi-en anceio purísimo de infindo-número pitagórico,música concertada das esferas,idea platónica, rosa-cuz, sol,lúa, representación astral,lume e roda que aquece e moveao universo, fonte de vida.Logo a rosa fíxose rosácea:símbolo-sentimento do románico,ornato dos xugos, fontes, uchas,armarios e lacenas: cousassinxelas de uso común e cotidiano,paixón e lembranza moi sutil.Purísima e sinxela rosa rosaeaínda recendendo e perfumandoo cativo xardín da nosa vida!

(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 14: Manuel María: a natureza, as plantas

MILLO Os labradíos bos que a millo estándan pouco millo e pouco pan. O millo é, zugón, zugón;deixa a terra cansada,sen forzas o terróne a espiga non val nada. Mais o millo fai falla pra cebaros capós, prás papas e pró gado.Se non e bota haino que mercare vaise entón servido por ganado. (TERRA CHÁ, 1954)

Page 15: Manuel María: a natureza, as plantas

CENTEO Foi no Outono outonado,Logo medrou ben medrado.Cando foi fino e delgadofloreou ben floreado.E aló no Maio amaiadofoi polo vento ondeado.E o pazpallar, lacazán,canta a promesa do pan. (TERRA CHÁ, 1954)

Page 16: Manuel María: a natureza, as plantas

TRIGO Este é o trigo candeal:dereito, lanzal.É como o ouro: douradiño.Que ledicia terá o muíñoó muiñar!Haino que amasar,tendeloe cocelo.Despois de o enfornar,Deus, a este pan, ha de baixar! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 17: Manuel María: a natureza, as plantas

AS PATACAS Os días de Setembro xa mediaron.Coñécese nas tardes que baixaron.Ás mañás comeza a facer fríoe son grandes as pingotas de resío.-Hai que ir xunguindo as vacase comezar a apaña das patacas. Hai patacas cazonas e mariñas;grandes, pequenas, mareliñas.Pra apañalas sofren os cadrís.Estas, cor viño, son as do paísque case non pagaron a semente:van cansadas! As da xenteson as grandes. As dos ganadosvan da terra en sacos separados. Aínda que non dean cartos, as patacasceban os porcos e fan medrar as vacas! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 18: Manuel María: a natureza, as plantas

OS NABOS Arden as costas coa fogaxepra sementalos.As maos degrezan coa friaxepra apañalos.Estes os nabos son:folla verde, finos grelos;os carolos no terrónazúes, brancos, marelos. Mantense a xente con grelos,coas follas críase o gando.Os carolos -hai que velos!-os porcos que están criando. (TERRA CHÁ, 1954)

Page 19: Manuel María: a natureza, as plantas

…Antergas vides chantadas no torróncon tremendos desexos de viver:estades sobor da terra a floreceren borbollón de seiva e de paixón.….(SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 20: Manuel María: a natureza, as plantas

As árbores

Page 21: Manuel María: a natureza, as plantas

O CEDRO DA HORTA DA CASA DE HORTAS Meu lanzal cedro senlleiroque naciche en Pontedeume:gardas lembranza en Outeirodas doces augas do Eume...? Cando meu avó e padriñote plantou na horta de Hortas:eras un cedro noviñode ponlas febles e cortas! Cedro xentil, labaradade delicada elegancia:ti fuche o meu compañeironos días da miña infancia!...Se a sorte, cega e arteira,chega a rematar contigo:eu pídolle á túa madeiraque baixe á terra comigo! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 22: Manuel María: a natureza, as plantas

CARBALLEIRA DE HORTAS Era, en verdade, fermosa a carballeirae das brosas fora aínda librando!Que nube de verdor na Primaveira!Á súa sombra no vrao estaba o gando!... Algúns daqueles carballos tan barileseran limpos e dereitos, sen un nó.E sentiran pasar moitos abriles,que xa os ollara medrar meu bisabó! Era a mellor carballeira que medrouen toda a Chaira. Viñérona cortar!Nunca o vento máis forte a derruboue unha serra abundou pra a derrubar! (TERRA CHÁ, 1959)

Page 23: Manuel María: a natureza, as plantas

CARBALLOS Carballos rexos, potentes,calados ou musicalesque loitais como valentescos xistras e os vendavales! Duros carballos verdeados,petrucios e sedentarios!Estades na Chá chantadossolemnes e centenarios! Como amo a vosa belezada máis baril sobriedade!Que sensación de fortezaollando prá eternidade! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 24: Manuel María: a natureza, as plantas

CASTIÑEIRO Está soio o castiñeirono cómaro dun labradío.E como o ollo senlleiroeu coido que sinte frío! Ten a copa moi redondae ten a casca enrugada.Debe sentir pena fondalembrando a vida pasada! Como xa ten tantos anosos seus foron morrendo.Agora arbres estranosescóitano estar xemendo! Case non hai castiñeiros!Os que hai son de respeto:velliños, orfos, tristeirose con furados do peto...! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 25: Manuel María: a natureza, as plantas

…Castiñeiros do Val, meus castiñeirosorfos, vellos, calados e retortos,co toro podrecido, os brazos tortos,aló embaixo no río ou nos outeiros. … (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 26: Manuel María: a natureza, as plantas

O OURIZO Co seu ouro vello, molo ourizo ouriceirotoma o solno pico dun castiñeiro. Tal un señor moi mandón:o ourizón,no pico dun castiñeirotomando o sol moi riseiro. O ourizo está moi ledocoa súa casa ben pechada-ouh, qué medo!-de espiñas toda cercada. Quer botar unha risadae os seus dentes arregañacase un nada:e xa fuxiu a castaña...! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)

Page 27: Manuel María: a natureza, as plantas

A ABIDUEIRA Que branca é a abidueira!Cara ao ceo anda a soñar!Feita zoca, anque non queira,moita lama ha de tripar! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 28: Manuel María: a natureza, as plantas

ABENEIRO Abeneiro, alto e esguío,cheo de gracia e donaire:estás ollando pró ríoe daslle pousada ó aire! Ti non sabes, abeneiro,-as túas follas cor de mel-que estás ollando o regueirosen saber o que ves nel! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 29: Manuel María: a natureza, as plantas

SALGUEIROEstá na lama o salgueiroe medra no salgueiral!Fachenda e flor do lameiro!Corpo despido e xuncal! Dendes do pé deica o cimo:que prodixio de feitura!Os ventos danlle agarimo!E danlle as aves tenrura!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 30: Manuel María: a natureza, as plantas

O LOUREIRO Árbore sacra, usada polos deusespara coroar a testa dos poetasque tiñan na frente rousinoise nos beizos virxes a luz duncanto novo e namorado: a épocados mitos fermosos xa pasoue agora, neste tempo miserento,somente vives de lembranzase vagas soidades melancólicas.Máis sempre quedará o teu recendo,a túa solemne e sobria gravidade,a túa gracia senlleira e aldeanae a tú luz –nube verde-moura-retardando as cores do amañecer.Amo, loureiro xentil e delicado,as túas fortes follas vibradoirasen aberto diálogo co ventoe as tús escuras ponlas florecidasde ledos merlos e xílgaros cantores. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 31: Manuel María: a natureza, as plantas

…Por dentro vas calada e consumidapor unha forza cega e poderosa.E por fora es áspera e rugosa,oliveira retorta como a vida.… (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 32: Manuel María: a natureza, as plantas

…Limoeiro florido e sorprendenteiluminando os ouros do solpor:nada tes tan fermoso como a flornin existe flor tan recendente… (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 33: Manuel María: a natureza, as plantas

ALCIPRÉS Fírgoa de luzparda e magoada,patria da brisa,dos tépedosventos vagamundose canoros, solporda nosa melancolíasolitaria, pequenoanaco de noitevixiante, resplandorda nosa íntimatristura resignada,salouco da terra:enorme bágoa. (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 34: Manuel María: a natureza, as plantas

PIÑEIROS Piñeiros finos, delgados,perfección da vertical!Ollais ó ceo pasmadoscoa vosa ollada lanzal! Tedes as vosas verdadese só o vento escoitais!Se o vento quere, chorades.Se quere o vento cantais. Éu téñovos pouco aprecio.Como sodes tan esguíos:vedes con certo desprecioós meus arbres montesíos! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 35: Manuel María: a natureza, as plantas

ESPELLOS 1Non quero que o lumedestrúa e aniquilea miña carnena que, ás veces,cantou namorada a cotovía.Somente son terra.Só desexo ser terra,mesturarme coa terra,perderme, confundirmeno silencio da terra.E pídolle,con todo o meu ser,á terra miña nai,que sexa xentil comigo. (VERSOS DO LUME E DO VAGALUME, 1982)

Page 36: Manuel María: a natureza, as plantas

ÁRBORES DA CIDADE As árbores da cidadeesmorecidas, tristeiras:non cometeron delitoe téñenas prisioneiras! As árbores da cidadenon sei como dan medradoco barullo dos motorese co ar polucionado. As árbores da cidadeson seres artificiales:naceron no invernadeirodos xardís municipales! (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)

Page 37: Manuel María: a natureza, as plantas

Manuel MaríaLetras Galegas 2016

Montaxe: Adela Leiro, Mon DaportaFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Fundación Manuel María.Textos: Manuel María Xaneiro 2016

Con este traballo queremos facer unha humilde homenaxe a quen tanto quixo e fixo por poñer en valor este noso país.