Malala Yousafzai

15
MALALA YOUSAFZAI A historia dunha nena moi valente Ceip Frian-Teis Día da Paz 2015

Transcript of Malala Yousafzai

MALALA YOUSAFZAIA historia dunha nena moi

valente

Ceip Frian-Teis Día da Paz 2015

Había unha vez unha nena que vivía nun país moi afastado, chamado Pakistán.

Era unha nena normal, que vivía coa súa familia, igual que todos e todas vós.

Gustáballe moito ir ó colexio, xogar coas súas amigas, ler, aprender…

Pero o seu colexio non era coma o noso. En Pakistán os nenos e a nenas van a coles distintos.

No país de Malala os nenos e nenas teñen medo ós talibáns, uns homes que empregan a violencia

para conseguir os seus obxectivos.

Os talibáns non querían que as nenas fóran ó colexio, por iso empezaron a pechar as escolas de

nenas.

Malala axudada polo seu pai decidiu contar nun blog o que pasaba nas súas escolas para que todo

o mundo o soubera. A ela non lle parecía xusta esta situación.

Os talibáns enfadados pola valentía de Malala

decidiron matala.

Un día, cando volvía do colexio no autobús, entraron e ferírona de moita gravidade.

Ante o temor de que fora atacada de novo, foi trasladada a un hospital de Londres para

recuperarse das súas feridas.

Unha vez recuperada, e coa axuda do seu pai, segue loitando pola igualdade de dereitos de

homes e mulleres, nenos e nenas.

Actualmente vive en Londres coa súa

familia. Alí pode ir á escola, con total

liberdade, sen medo a ser atacada.

A súa loita chegou a todo o mundo.

Con tan só 17 anos, Malala converteuse no símbolo da liberdade,

igualdade e educación; por iso, recibiu o Premio Nobel da Paz no 2014.

“Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo”

Malala Yousafzai

Imaxes de “google imaxes” etiquetadas polos seus autores para reutilizar.