Maios

23
OS MAIOS Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEP de Ventín Curso 2009/10

description

Festa dos maios

Transcript of Maios

Page 1: Maios

OS MAIOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEP de Ventín Curso 2009/10

Page 2: Maios

En Galicia houbo catro tipos de Maios.

1.Ramos de maio ou Maios –ramos

2.Maios humanos

3.Maios figurados

4.As maias

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Page 3: Maios

Ramos de maio ou Maios-ramos

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Page 4: Maios

Eran ramos pequenos que os rapaces facían e que ofrecían á xente pedíndolle lambonadas en troco. Hoxe xa non perviven.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Page 5: Maios

Maios humanos

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Page 6: Maios

Neste caso o maio é unha persoa, normalmente un neno cuberto con fiúncho, xestas, espadanas, hedras, … e adornado con flores. Hoxe soamente se conservan na nosa Terra en Portomarín, aínda que se sabe que saían a primeiros de século en lugares como Santiago, A Coruña, Ribadeo, Viana do Bolo, Porto do Son, Betanzos, O Carballiño, Castro Caldelas, Cee, Celanova, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Muros, Noia, Pontedeume, As Pontes, Queiroga, Rianxo, Ribadavia, Verín, Vilalba, Viveiro,…

Ten manifestacións parellas en Inglaterra, Austria, Cataluña ou Portugal.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Page 7: Maios

Maios Figurados

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Page 8: Maios

O maio está formado por unha figura cónica ou piramidal cuberta con ramallos e flores (Maios tradicionais).

Considérase que constitúen unha evolución dos humanos, dos cales proceden.Ás veces tamén poden adoptar formas varias, como monumentos locais, personaxes populares, etc (Maios artísticos).

Son especialmente coñecidos os de Pontevedra, Ourense, Redondela ou Marín.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Page 9: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Os Maios en PontevedraNa súa feitura empregan moito fiúncho para cubrir a armazón, e como

adornos: flores, laranxas, cascas de ovos. Son poucos os que van sos, case sempre se acompaña dun fermoso e

artístico ramo ou “coroa” floral que xeralmente vai separada. Antes, algúns levaban enriba unha “madamita” ou boneca, que simbolizaría a “raíña do maio”.

Page 10: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Acompañan as cantigas con golpes rítmicos de paus.

Segundo parece, o uso de palitroques débese a un concurso que se celebrou na praza de touros e como na area non podían petar entón acordouse usar dous paus curtos.

O solista agachábase dentro da figura para cantar, mentres os do coro dan voltas arredor.

Page 11: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Os Maios en OurenseA súa altura pode ir dos dous metros ata os cinco ou máis. A armazón é de

paus, que cobren con arpilleira ou saco, ó que cosen musgo, pois é o vexetal máis empregado na actualidade. Os Maios antigos estaban feitos sobre todo de xesta e fiúncho.

Page 12: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Xunto coas flores o elemento ornamental máis común son os carrabouxos ou bugallas dos carballos.

Outra característica súa é que non acompañan as cantigas con golpes de paus, senón que dan voltas arredor da figura collidos todos de mans. As coplas de Ourense caracterízanse por contar con moitas estrofas.

Page 13: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

As maias

Page 14: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Moi abundantes antigamente, en Galicia localizábanse nas vilas e cidades en dúas versións:

•Maias pagás: Un grupo de nenas pequenas levando un arco enfeitado con flores e fitas de cores, debaixo do cal andaba unha nena, a Raíña do Maio; recitaban cantigas anunciadoras da primavera e da vida, pedindo froitos e diñeiro.

•Maias cristiás: Aínda que tamén usaban elementos vexetais, os seus elementos (coplas, adobíos)

estaban cheos de símbolos cristiáns e pedían diñeiro para algún santo.

Page 15: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Os cantares dos Maios

Page 16: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Dependen do tipo de maio.

Si se trata de Maios humanos as cantigas que cantan os nenos carecen de crítica e as letras, as mesmas todos os anos, falan do rexurdir da natureza ou piden lambetadas e froitos, normalmente castañas.

Este ramiñoseñora é,

este ramiñomexa de pé.Quede de pé,

quede sentado,este ramiño

pide castañas.

Os Maios “artísticos” ou “figurados” contan con coplas modernas, nas que os principais brancos adoitan ser os políticos, aínda que tampouco faltan nos seus repertorios as modas, os deportes, … A principal característica é que son novas todos os anos, feitas por persoas que coñecen moi ben o desenvolvemento da vida socio-política da vila.

Nesta festa grandeen flor e poesía

pedimos comprensióne moita alegría.Este noso maioé para criticar

e o que se pique que empece a rañar.

…………………………….Despois destes cantos

que poden ser verdades pedimos boa intención

ás autoridades.A ela e á xente

que nos escoitouas grazas lle damospara quedar mellor.

Page 17: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Como se fai un maio

Page 18: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Primeiro temos que pensar na figura que desexemos armar: se vai ser a tradicional cónica, piramidal ou outra calquera.

Estas son algunhas das cousas que precisamos para elaborar un maio cónico :

Varas longas

Arame fino

Cordel

Agullas grandes

Fiúncho

XestasLaranxas

Limóns

Cáscaras de ovosCarrabouxo

s

Cartuchos Pampillos

Page 19: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Despois faise un armazón cos paus para logo darlle a forma, sen esquecer as andas con que levalo.

A elaboración do armazón pode ter tantas variantes como se desexe. O único que hai que coidar é que se artelle unha figura cónica para colocar sobre ela o manto vexetal e que non se vexa unha vez rematado o maio.

Andas Varillas ou canas

Page 20: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Unha vez rematada a estrutura xa está preparada para empezar a colocar o fiúncho.

O fiúncho debe ser seleccionado segundo o tamaño da folla, utilizando aquelas máis grandes para as capas inferiores.

Para cada capa vanse escollendo fiúnchos do mesmo tamaño e enfiándoos con arame delgado de lonxitude axeitada segundo o lugar en que vai a capa. As capas vanse colocando de abaixo arriba, unhas enriba das outras a xeito de tellas de modo que cada unha cubra os talos da capa inferior.

Page 21: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Colocación dos adornos

Fiando o cordel nas agullas grandes, con laranxas, pampillos, margaridas e ovos fanse colores de diferentes lonxitudes, que se irán colocando no maio facendo rodas, ondas, zigzag ou outras figuras.

Ao final colocaranse os cartuchos, as rosas,...

O maio pode ir rematado de moitas formas, senón leva a coroa facendo de remate pode levar un engadido a xeito de ramo, cruz ou outra forma.

Page 22: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Uns días antes faranse as coplas.

As coplas do maio están compostas por estrofas de catro versos con estrutura de romance, isto é, versos octosílabos de rima asonante os pares e libre os impares. Antigamente usábanse tamén coplas de catro versos hexasílabos.

A primeira estrofa é de presentación do maio, a letra fai referencia á procedencia do mesmo (parroquia, barrio,…) ou os materiais utilizados na súa elaboración, ás veces é un saúdo á primavera.

A derradeira estrofa é a de despedida, fai referencia ao traballo realizado, ao desexo do premio ou ao remate da cantiga.

O resto das estrofas poden facer referencia a:

•Amosan a alegría pola chegada da primavera e o rexurdir da vida.•Ao esforzo realizado na elaboración do maio•Críticas a personaxes populares, autoridades,…

Page 23: Maios

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística- CEP de Ventín- Curso 2009/10

Documentación:

•A festa do Maios (Clodio González Pérez)•A festa dos Maios en Compostela (Concello de Santiago de Compostela)•Os Maios (Colectivo Ollo de sapo)

Debuxos: alumnado do CEP de Ventín:•suevia 2º A•Xela 2º A

Fotografías realizadas por:• Bea (Maios Ourense 2010)

Música:•Ahí ven o Maio de Luis Emilio Batallán

Realizado por:Equipo de Normalización e Dinamización do CEP de Ventín