Lomce - Caderno Informativo Familias
-
Upload
ceip-o-castineiro -
Category
Documents
-
view
17 -
download
6
description
Transcript of Lomce - Caderno Informativo Familias
CADERNO INFORMATIVO LOMCE CEIP O CASTIÑEIRO 2015/16
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14
e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
1
Caderno Informativo
LOMCE 2015/16
Familias
CADERNO INFORMATIVO LOMCE CEIP O CASTIÑEIRO 2015/16
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14
e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
2
Cod.: 32015165
R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense)
Tel. Fax.: 988 42 20 14
e-mail: [email protected]
web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
CADERNO INFORMATIVO LOMCE CEIP O CASTIÑEIRO 2015/16
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14
e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
3
Estimados pais e nais:
A nova lei educativa (LOMCE) modificou o currículo de educación primaria
Este novo currículo podedes consultalo no taboleiro de anuncios do colexio do centro
ou no DOG do 9 de setembro de 2014 (Decreto 105/2014, do 4 de setembro).
O currículo é a regulación dos elementos que afectan aos procesos de ensino e
aprendizaxe. Está integrado por:
Os obxectivos da etapa de primaria.
As competencias.
Os contidos.
Os criterios de avaliación.
Os estándares de aprendizaxe.
A metodoloxía didáctica: É a descrición da práctica docente e a organización
do traballo do profesorado.
Hai 15 obxectivos que abarcan todas as competencias e que son os que teñen que
acadar os alumnos ao remate da etapa de Educación Primaria. Por exm.:
d. “Coñecer e utilizar de forma apropiada a lingua galega e a lingua castelá, e
desenvolver hábitos de lectura en ambas as dúas linguas”
QUE É O CURRICULO?
OBXECTIVOS DE ETAPA
CADERNO INFORMATIVO LOMCE CEIP O CASTIÑEIRO 2015/16
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14
e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
4
Son as capacidades para activar e aplicar de forma integrada os contidos, para lograr
a realización axeitada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos.
Baséanse en “saber facer”, en aplicar os coñecementos aprendidos.
As competencias clave están clasificadas seguindo as recomendacións da Unión
Europea:
1. Comunicación Lingüística
2. Matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
3. Dixital
4. Aprender a aprender
5. Sociais e cívicas
6. Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor
7. Conciencia e expresións culturais
Os contidos son os conxuntos de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes
que contribúen ao logro dos obxectivos e á adquisición das competencias.
Os obxectivos están desenvoltos ao redor de 10 materias.
QUE SON AS COMPETENCIAS?
CONTIDOS - MATERIAS
CADERNO INFORMATIVO LOMCE CEIP O CASTIÑEIRO 2015/16
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14
e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
5
1. Lingua castelá e literatura
2. Lingua galega e literatura
3. Matemáticas
4. Ciencias da Natureza
5. Ciencias Sociais
6. Primeira lingua estranxeira: inglés
7. Educación Artística: plástica
8. Educación Artística: música
9. Educación Física
10. Relixión ou valores sociais e cívicos*
*(dependendo da elección da familia)
Os contidos destas materias veñen divididos por bloques para facilitar a súa
programación. Por exm.:
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
BLOQUE 1. Comunicación oral. Falar e escoitar.
BLOQUE 2. Comunicación escrita. Ler.
BLOQUE 3. Comunicación escrita. Escribir.
BLOQUE 4. Coñecemento da lingua.
BLOQUE 5. Educación literaria.
CADERNO INFORMATIVO LOMCE CEIP O CASTIÑEIRO 2015/16
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14
e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
6
Os criterios de avaliación están determinados para cada nivel e son os
referentes para a avaliación da aprendizaxe, é decir, describen aquilo que se quere
valorar e que o alumnado debe lograr en cada materia no curso no que se atopa. Por
exm.:
1º primaria. Lingua castelá e literatura. “ B1.1. Participar en situacións de
comunicación, dirixidas ou espontáneas, respectando a quenda de palabra”
Os criterios de avaliación, ás veces, son moi amplos e moi abstractos, así que,
aparecen os estándares de avaliación que concretan aos primeiros e que son
observables, medibles e avaliables.
Por exm.:
1º primaria. Lingua castelá e literatura.”LCB1.4.1. Utiliza o vocabulario axeitado a súa
idade”
De entre todos os estándares (por materia) existen algúns que son
imprescindibles para que o alumnado poida seguir con aproveitamento o ritmo da
clase e para pasar de curso.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
ESTÁNDARES MÍNIMOS
CADERNO INFORMATIVO LOMCE CEIP O CASTIÑEIRO 2015/16
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14
e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
7
Son os estándares mínimos, que vos entregamos noutro documento, que
marcarán o SUF da materia. Por exm.:
LCB 1.5.1. Comprende o sentido global de textos orais de uso habitual, do
ámbito escolar e social.
LCB 4.2.3. Utiliza diminutivos e aumentativos, en textos orais e escritos.
Son as ferramentas que emprega o mestre para obter evidencias da
consecución dos estándares no proceso de ensinanza aprendizaxe. Son moi variados
e, de feito, os examespasan a ser un de moitos medios de obter datos e informacións
sobre a aprendizaxe do alumnado.
Por exm.:
Estándares de aprendizaxe Instrumentos de avaliación
LCB1.9.3 Utilizar correctamente
expresión para situar e ordenar as
rutinas: antes, despois, pola mañá,
pola noite...
‐ Escala de observación
LCB4.4.1. Forma e ordena
correctamente oracións simples para
compoñer textos sinxelos
‐ Traballos de clase
‐ Exames....
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
CADERNO INFORMATIVO LOMCE CEIP O CASTIÑEIRO 2015/16
Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14
e-mail: [email protected] - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
8
O referente da avaliación serán os estándares de avaliación, tendo en conta os
estándares mínimos e a ponderación dos bloques de contido.
A superación dos estándares mínimos marcará o suficiente (SUF) na materia.
O grao de consecución do resto dos estándares implicará unha subida gradual
nascualificacións: B, NOT e SOB.
A decisión de promoción tómase ao remate de cada curso por parte do Equipo
Docente. Para esta decisión tomarase en especial consideración o criterio do
profesor titor e as orientacións do Departamento de Orientación.
Só se poderá repetir unha vez durante a etapa de Educación Primaria,
considerando a repetición como unha medida extraordinaria.
Con independencia das materias superadas, un alumno non promocionará sen
ter acadado un grao de desenvolvemento axeitado na competencia lingüística e
na competencia matemática.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
CRITERIOS DE PROMOCIÓN