Loita contra incendios

1
Este ano viñeron dous homes e unha muller do VIII Distrito Forestal de Galicia, que ten a súa base no concello veciño de Monforte de Lemos, a dar unha charla sobre a importancia de non provocar incendios de todo tipo, especialmente forestais. Este grupo de monitores viña acompañado dunha brigada de extición forestal ao completo tanto de medios como de persoal. Trouxeron unha motobomba, varios “batelumes” para apagar incendios, gafas, máscaras protectoras e uns cascos. Deixáronnos poñer todos os aparellos para sentirnos uns bombeiros de ver- dade. Tamén nos deixaron montar na motobomba. A continuación, regaláronnos unha casa para paxaros e uns autocolantes moi bonitos. Tamén nos deixaron falar pola radio. Ademais ensináronnos uns vídeos sobre como evacuaban a xente das súas casas en lume, como apagar o lume dos montes tamén. Tamén nos dixeron que case morre un compañeiro deles porque estaba rodeado por árbores en lume. En fin, pasámolo moi ben. A LOITA CONTRA OS INCENDIOS

Transcript of Loita contra incendios

Este ano viñeron dous homes e unha muller do VIII Distrito Forestal de Galicia, que ten a súa base no concello veciño de Monforte de Lemos, a dar unha charla sobre a importancia de non provocar incendios de todo tipo, especialmente forestais.Este grupo de monitores viña acompañado dunha brigada de extición forestal ao completo tanto de medios como de persoal.

Trouxeron unha motobomba, varios “batelumes” para apagar incendios, gafas, máscaras protectoras e uns cascos.

Deixáronnos poñer todos os aparellos para sentirnos uns bombeiros de ver- dade. Tamén nos deixaron montar na motobomba. A continuación, regaláronnos unha casa para paxaros e uns autocolantes moi bonitos.

Tamén nos deixaron falar pola radio. Ademais ensináronnos uns vídeos sobre como evacuaban a xente das súas casas en lume, como apagar o lume dos montes tamén. Tamén nos dixeron que case morre un compañeiro deles porque estaba rodeado por árbores en lume. En fin, pasámolo moi ben.

A LOITA CONTRA OS INCENDIOS