Lenda 3º ciclo de Primaria
-
Upload
nedina-biblioteca -
Category
Documents
-
view
229 -
download
5
description
Transcript of Lenda 3º ciclo de Primaria
Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 17
LENDA 3º CICLO
A SERPE DO BELELLE
No concello de Fene, en Sillobre, no Pozo Negro da presa do Belelle
vivía unha grande serpe alada cuberta de anchas escamas, que durmía
arrolada no berce das augas con sabas de limo e colcha de xuncos e
de herbas acuáticas. Era moi viaxeira. As ás pequerrechas a penas
conseguían soportar o voluminoso corpo nun voo rasante.
Con esforzo e mito entreno lograba percorrer a zona enteira ata a
praia de Cabanas. Hai quen di que o instinto maternal insatisfeito a
levaba a tomar as nove ondas, ou tal vez os nove baños, porque fillos
nunca se lles coñeceran.
Quen a vía quedaba aterrorizado. O medo estendeuse e planearon
matala. Xuntáronse veciños de varias aldeas e argallaron facer cuns
madeiros unhas puntiagudas estacas, a modo de afiadas lanzas.
Colocáronas, coas puntas para arriba, na ruta da serpe en dirección a
Cabanas, por onde voaba baixiño e mesmo ás veces se pousaba a
descansar. E alí un día quedou espichada. Os berros de lenta agonía
do animal escoitáronse a gran distancia. As escamas defensivas do
seu corpo nada puideran ante o home, depredador insaciable.
Agora as augas do río Belelle xa non cantarean, laian.
1-.PREGUNTAS COMPRENSIÓN
o Onde vivía a serpe da lenda?
o Ata onde voaba tódolos días?
o Por qué tomaba os nove baños?
o Que fixeron os vecinos para conseguir que abandonase o
lugar?
Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 18
2-. RELACIONA AS SEGUINTES PALABRAS CO SEU
ANTÓNIMO.
Abaixo-rápida-pequena-estreita-
o lenta:
o arriba:
o voluminoso:
o ancha:
3-. COPIA AS SEGUINTES ORACIÓNS, SUBLIÑA O
PREDICADO E RODEA O SEU NÚCLEO:
o Os veciños de varias aldeas colocaron unhas estacas
puntiagudas.
o A serpe alada voaba baixiño.
o Os berros da serpe escoitáronse a gran distancia.
4-. COA AXUDA DO DICIONARIO BUSCA O SIGNIFICADO DA
EXPRESIÓN “voo rasante” .
.................................................................................................................................
.................................................................................................................................
Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 19
5-. AGRUPA AS SEGUINTES PALABRAS EN TRES FAMILIAS
LÉXICAS:
ACUÁTICAS-VECIÑOS-BAÑISTA-AGUADA-BAÑOS-
VECIÑANZA-AUGADOIRO-BAÑEIRA-AUGAR.-
AUGA:…………………………………………………………………………………………
VECIÑOS:………………………………………………………………………………….
BAÑOS:……………………………………………………………………………………..
6-. CLASIFICA AS SEGUINTES PALABRAS SEGUNDO
CONTEÑAN DITONGOS, TRITONGOS OU HIATOS E SEPARA
AS SÚAS SÍLABAS:
insatisfeito-laian-viaxeira-pousaba-madeiros-
insaciable-madeiros-praia-planearon-durmía-
DITONGO HIATO TRITONGO
Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 20
7-.COMPLETA AS SEGUINTES PALABRAS CON Z, C ou S.
PO..O XUN..OS ..ONA
BER..E ..ABAS LAN..AS
DIRE..IÓN ..ERPE CON..ELLO
8-.FACEMOS UN ACRÓSTICO?
Un acróstico é una composición poética na que as letras iniciais
formban un vocablo ou unha frase. Fai ti un poema que empece coas
letras:
R----------------------------------
I----------------------------------
O---------------------------------
B----------------------------------
E----------------------------------
L----------------------------------
E----------------------------------
L----------------------------------
L-----------------------------------
E----------------------------------
Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 21
PRACTICAMOS MATEMÁTICAS...
9-. Paula fai cada semana 15 km na súa bici, pero esta semana
percorreu 2km máis cada día. Cantos kilómetros fixo esta
semana?
Datos:
Operación:
Solución:
10-. Un grupo de 132 persoas queren viaxar por mar en
Cabañas. Poden facelo en barcas de 4 prazas ou de 5 prazas.
Que tipo de barca teñen que elexir para que non quede ninguna
praza libre?
Datos:
Operación:
Solución:
Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 22
11-. Mario nadou 3hm e 50 m pola mañá e 2 hm e 30 m pola
tarde. Cantos metros nadou pola mañá máis ca pola tarde?
Datos:
Operación:
Solución:
12-. Os 140 rapaces e rapazas do colexio San Isidro de Neda
foron de excursión ata a praia de Cabanas con 20 mestres.
Cantos autocares de 40 prazas necesitarán ?
Datos:
Operación:
Solución:
Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 23
PRACTICAMOS INGLÉS...
Write the words on their places
a. head b. wings c. eyes d. body e. nose f. mouth
Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 24
One Odd Out
Choose the right word on each sentence
1. In the Belelle river lived a dog / snake
-.................................................
2. She slept under / over the water
-................................................
3. She went to Cabanas beach / river
-................................................
4. The people loved / hated her
-................................................
5. They planned to kiss / kill her
-................................................
(solution: snake, under, beach, hated, kill)
Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 25
Write the sentences in order
1. She went to Cabanas beach to swim in the sea
2. In the Belelle river lived a winged snake
3. The people decided to kill her
4. She slept under the water
5. The people was very afraid of her
1. .......................................................
2. .......................................................
3. .......................................................
4. .......................................................
5. .......................................................
(solution: 2,4,1,5,3)