Latricadas 21

52

description

Revista escolar do IES Muralla Romana de Lugo

Transcript of Latricadas 21

Page 1: Latricadas 21
Page 2: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

1

Editorial

Como é habitual, cando remata o curso, aperta a calor

e os exames, aparece a nosa revista LATRICADAS, que

coma sempre reflicte as vosas opinións e preocupacións,

que son moitas e moi variadas.

Habería que engadirlle a incerteza do futuro da

educación, pois hai bastantes novidades. Este ano parece

que se lle dá fin á temida Selectividade e abre a porta a

outra proba que tamén o será. Desde aquí desexamos que

sexan cambios tranquilos.

Este ano as Letras Galegas homenaxean a Manuel

María, poeta lugués e, máis en concreto, poeta da Terra

Cha ao que tamén lle rendemos desde as nosas páxinas a

nosa agarimosa consideración.

Poderedes ler varias crónicas de viaxes, algunhas máis

longas, outras de un só día (non menos importantes).

Desde a redacción agradecemos a participación do

alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º de ESO, 2ºXEAD(A) e II PMAR

polas súas colaboracións.

Agardamos que vos guste.

Page 3: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

2

MANUEL MARÍA - LETRAS GALEGAS 2016

Todos os anos en Galicia hónrase a figura e a obradunhapersonalidade da

literatura galega por unha vida de dedicación á literatura en galego. Este ano o

homenaxeado é Manuel María polo seu inquebrantable compromiso coa lingua

galega.

Manuel María foi fillo de labradores acomodados. No 1942 veuse a Lugo para

cursar o bacharelato e foi aquí onde comezou a súa carreira literaria poñéndose en

contacto co galeguismo.

A súa primeira publicación aparece no ano 1950, Muiñeiro de Brétemas e oito anos

despois instalouse en Monforte de Lemos onde viviu a maioría da súa vida. Aínda

que a poesía era o seu xénero preferido, escribiu tamén narrativa, ensaio e teatro.

En 1979 foi elixido concelleiro de Monforte, pero seis anos despois abandonou o

cargo e marchou a vivir a Coruña.

Page 4: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

3

Dende 1950 Manuel María escribiu numerosos poemas, entre os cales destaco:

TERRA CHÁ

A Terra Chásomentes é:

un pobo aquí, outro acolá

mil arbres, monte raso,

un ceo chumbo e tráxico

no que andan as aves a voar.

O resto é soedá.

Dimensións

Ollada a Terra Cha dende as alturas

é semellante a un mar en calma.

Pra medila só valen dúas mensuras:

¡ferrados de corazón, fanegas de alma!

Entre a súas obras teatrais ten obras como:Barriga Verde, Aventuras e

Desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, etc.

Na súa narrativa ten obras como Contos en cuarto crecente, Os ontes de silencio,

Cando o mar foi polo río, etc.

E por ultimo, pero non por elo menos importante, entre a súas obras de ensaio ten

obras como Gabriel Aresti: Albre e Pedra, Noticia da poesía galega tras a

posguerra.

Merian Méndez Uwabor

4º ESO A

Page 5: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

4

CARNET DE IDENTIDADE

Eu son Manuel María.

Nacín no 29, o 6 de Outono,

en Outeiro de Rei da Terra Chá.

Son dunha caste rexa de labregos

fieles á súa terra e ao seu Deus.

Agora son un namorado.

Eu son Manuel María,

cantor da Terra Chá que algúns

din.

Cantor da terra chá que leva un

clavada nas entrañas, penso eu.

Eu son Manuel María,

labrego con algo de poeta.

Por eso gardo as albas

no fondo dos meus ollos

e ando de vagar o meu camiño,

e pídolles ás cousas a súa tenrura

e aos homes pídolles verdade.

Non teño máis tarefa:

son unha humilde folla que salaia

na noite escura movida polo

vento.

Eu son Manuel María,

un son tan só, lonxano e feble.

“Documentos personaes” (1958)

CANTO Ó IDIOMA GALEGO

Idioma meu, homilde, nidio,

popular,

labriego, suburbial e mariñeiro

que fas avergoñar

ó burgués, ó señorito i o tendeiro:

levas sangue do povo

e raigañas escuras

que anuncian un día novo

sin mágoas nin tristuras.

Idioma proscrito,

asoballado,

soterrado,

refugado,

negado

como a probeza i o delito,

fala do emigrante e do maldito:

soio resoas nos lares

das xentes populares.

¡Ti tés que rexurdir puro,

poderoso, enteiro

pra erguer noso futuro

de povoausoluto e verdadeiro!

“Cantos Rodados para alleados e

colonizados (1976)

Page 6: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

5

CANCIÓN DA HORA NA QUE

LADRAN OS CAS

É a hora alucinante das curuxas,

é a hora na que xeme o arboredo,

é a hora das meigas e das bruxas,

é a hora da tebra e máis do medo.

É a hora do insomnio e do desvelo,

é a hora na que trema o máis

valente,

é a hora do frío e máis do xelo,

é a hora de bater dente con dente.

É a hora do berro e máis da

sombra,

é a hora do laio desgarrado,

é a hora fatal que non se nombra

na que todo está mouro e

apagado.

É a hora na que non hai que nos

escoite,

é a hora na que os cás ouvean

forte,

desafiando a lúa, o vento, a noite,

chamando ao desamparo e máis á

morte.

“Canciós do lusco ao fusco”

(1970)

CARTA Ó DIRETOR DUN BANCO

Señor Director: vostede sabe ben

que os números son xustos,

mouros, xeados, abraiantes.

son unha sociedade limitada

anónima, triste, mercantil.

somentes os ceros son humanos:

tenros, redondos, ben feitiños.

¡Se vostede poidera –hoxe tan só–

trebellar cos ceros, como as nenas

-milagre dos milagres–

trebellan, inocentes, cos seus

aros!

“Documentos personaes” (1958)

Page 7: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

6

REFUXIADOS, ACOLLIDOS… UNHA GRANDE HISTORIA

Unha das novas máis destacadas é a da

morte dun neno de Siria que viaxaba cos

seus pais nunha embarcación para tentar

escapar do terror que vivían no seu país.

O neno tivo mala sorte e afogou no mar

Mediterráneo. Á mañá do día seguinte o

seu corpo aparecía nunha praia turca. Esta

foi unha das principais, pero seguramente

se seguimos todos os días os xornais

haberá moitas máis novas, desgraciadas,

sobre a odisea destas xentes.

O principal destino destas persoas é o continente europeo. Algúns países del impiden ou

dificultan a súa entrada no mesmo, isto lévaos a facer grandes camiñadas na busca de novos

destinos. A máis de pasar medo teñen que padecer a fame pola falta de alimentos,

provocándolles perda forzas, enfermando moitos deles e chegando a morrer.

Cada ano as ONG mundiais e de España (como Cáritas) fan recolecta de alimentos en todo o

mundo, grazas a este labor pódense constituír bancos de alimentos, chegando a outros lugares

como os campamentos subsahariano. No ano 2015 houbo unha grande entrada de persoas

procedentes de África e mesmo houbo discusións de por que non había xente que lles dera

refuxio e protestas por dárllelo. Entre discusións, protestas e outras cousas, a xente non é

consciente do sufrimentos dos que están cruzando o mar Mediterráneo que se está a converter

nun mar devora-homes.

Adrián Vázquez Lamas

2º ESO A

POR QUE Á MIÑA FILLA?

Hoxe ergueuse co mesmo humor que todos os días desde

que comezou o curso. Adoito preguntarme por que

cambiou tanto. Ela acostumaba vestir ben, acicalarse, saír

coas súas amigas. Agora ela só sae seis horas ao día que

é o que duran as clases no seu instituto. Quitou os espellos

da súa habitación e xa nunca ten apetito. Vixíoa mentres

vai ao baño, pésase cada 5 minutos e di que está gorda

cando só pesa 35 kg. Estou cansa de ver a miña filla así.

Estou pensando en ir ao instituto, pero cada vez que quero

Page 8: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

7

ir , ela faise a enferma para que me quede con ela. Dime que se de verdade a quero que non

vaia, pero eu só quero recuperar a miña filla, aquela nena doce con bo humor e 50 kg. Abráiame

que non me conte as cousas. Son a súa nai, non? Soamente quero axudala para que volva ser

feliz.

16/06/2015

Chamáronme do instituto, ao parecer á miña filla facíanlle bulling. Ela decidira suicidarse, tirouse

desde un 4º piso mentres a profesora impartía clase. A profesora quería que se deran conta do

dano que lle fan aos compañeiros, pero ela sabía que uns nenos non teñen capacidade para

poñerse na pel da vítima.

E agora ? Quen me devolve á miña pequena?

Erika

3º ESO A

OS TRACTORES MARCHAN RESENTIDOS COS HOSTELEIROS E COMERCIANTES

Os tractores deixaron Lugo despois de 37 día ocupando a Rolda

da Muralla sen conseguiren nada do que planearon cando, o 10

de decembro do ano pasado, bordearan a Muralla.

Ás catro e media da tarde comezaron a retirada, tal e como

dixeran, que durou máis dunha hora e que provocou importantes

atascos na cidade. Fóronse sen présa e a unha velocidade

lentísima, despois de escenificar o seu anoxo cos hostaleiros,

comendo un bocadillo a mediodía na explanada do edificio da

Xunta.

O co-portavoz, Roberto López, asegurou que non se foran coas

mans baleiras, que conseguiran saber quen obtiña os cartos

correspondentes ao aumento do prezo do leite. Dixo que se retiraban para seguir traballando e

unificar o sector lácteo na procura de novas solucións e un melloramento no prezo do leite.

(A Voz de Galicia)

Pelayo José Fernández Conde

2º ESO B

Page 9: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

8

A RECICLAXE

A reciclaxe transforma os materiais usados, que doutro modo serían simplemente desfeitos, en

recursos moi valiosos. A recollida de botellas usadas, latas, periódicos, etc... Proporciona

recursos re-utilizables e que son levados a postos de recollida que serán o primeiro paso para

xerar unha grande cantidade de recursos de importancia económica e ambiental, así como

tamén beneficios sociais. Algúns destes beneficios afectan tanto a nivel local como mundial.

Os beneficios da reciclaxe:

• A reciclaxe protexe e amplía empregos de fabricación e favorece o aumento da

competitividade.

• Reduce a necesidade de vertidos e de procesos de incineración.

• Evita a contaminación causada pola fabricación dos produtos de materiais virxes.

• Aforra enerxía.

• Reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro que contribúen ao cambio climático

e global.

• Aforra nos recursos naturais como son o uso da madeira, a auga e os minerais.

• Axuda a manter e protexer o medio ambiente para as xeracións futuras.

Sabela López Méndez

2º ESO B

Page 10: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

9

A CATEDRAL DE LUGO

A catedral de Lugo ten varios estilos: os paramentos verticais son románicos e a bóveda da nave

do cruceiro tamén. A mais a maior parte da nave maior, laterais e triforio, cuxas bóvedas foran

reconstruídas, pertencen ao mesmo estilo.

Ao gótico pertencen o primeiro corpo da capela maior e a girola coas súas capelas absidiais

anexas, así como as antigas de San Domingos dos Reis, San Froilán, que actualmente forman a

chamada do Pilar.

Son renacentistas, o segundo corpo da capela maior e a actual capela de San Froilán. Ao

barroco pertencen a sancristía (1678), a sala capitular, o claustro e a capela central da girola,

chamada dos Ollos Grandes.

A fachada principal, pola súa parte, corresponde a un proxecto de estilo neo-clasicista a finais do

século XVIII cuxo autor foi Julián Sánchez Bort. Este proxecto móvese na órbita do que Ventura

Rodríguez propuxo para a fachada da catedral de Pamplona, que á súa vez recolle o esquema

da igrexa Torrecidade proposta por Selio. A conclusión da fachada tivo lugar a finais do século

XIX co remate das dúas torres.

Pedro

2º ESO

Page 11: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

10

O CAMIÑO DO PETRÓLEO.

A principal financiación do Estado Islámico.

A venda de petróleo é a principal fonte de ingresos do Estado Islámico, que controla os principais

pozos petrolíferos de Siria e Iraq. A baixada internacional do prezo do barril provocou que os

beneficios que antes obtiñan co contrabando a través de Turquía e Xordania, se concentre na

alta demanda interna.

Compra de cru

Pozos baixo control do EI

Traslado á refinería

Venda á poboación

Comercializadoras de combustible fan cola frente aos pozos para comprar e atender o consumo local.

O EI controla algúns dos principais pozos petrolíferos de Siria e Iraq.

Os comerciantes trasladan o cru a refinerías pola poboación local tras a destrución das grandes centrais de refinado

A falta de rede eléctrica fiable fai que a demanda de combustible se dispare.

Carlos Gabriel Gomes Cardoso

2º ESO B

Page 12: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

11

CINCO DISPOSITIVOS QUE SE COMERCIALIZARÁN EN 2016

SPHERO BB-8

Este pequeno robot esférico similar ao BB-8 de StarWars VII pode desprazarse,

gravar e enviar vídeos holográficos. Mide uns 5 cm de altura aproximadamente e

obedece ás ordes tanto pulsando iconas na aplicación do teu móbil como a

comandos de voz.

IGRILL2

Trátase dun termómetro intelixente con 200 horas de batería que se conecta por

bluetooth ao teu móbil. Vixía a túa grellada e avísate de cando tes que darlle a

volta á carne ou servila, mentres ti atentes aos teus convidados.

OCULUS RIFT

Mediante este dispositivo pode ver películas e xogar a videoxogos cos teus

amigos en realidade virtual. Presenta unha ergonomía capaz de axustarse a

calquera usuario.

CRACK POT SMART SLOW COOKER

Esta pota a presión, intelixente, cociña de forma lenta e podes acendela ou

apagala, axustar o tempo de cocción e a temperatura polo teu móbil.

WITHINGS SMART BODY ANALYSER

Esta báscula analiza o teu peso, mede a túa graxa corporal, calidade do aire,

temperatura ambiental, o teu ritmo cardíaco, etc. Estas medidas son enviada

ao teu móbil e móstranse en gráficas diarias para que observes o teu avance.

Roi Moreira Álvarez

2º ESO B

Fonte: www.batanga.com. Extraordinarios nuevos dispositivos tecnológicos.

Page 13: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

12

ORTEGA, SEGUNDO HOME MÁIS RICO DO MUNDO POR DETRÁS DE BILL GATES

O empresario estadounidense Bill Gates logra manter en 2016, e por terceiro ano consecutivo, o

seu título honorífico de home máis rico do mundo, cun patrimonio de 75000 millóns de dólares

(68180 millóns de euros), segundo a lista elaborada pola revista Forbes, que coloca ao español

Amancio Ortega como a segunda maior fortuna do planeta, con 67000 millóns de dólares (60910

millóns de euros) o que implica un ascenso de dúas posición con respecto ao ránking do ano

pasado.

A revista adxudica ao co-fundador de Microsoft un patrimonio neto de 75000 millóns de dólares,

o que supón un 5,3 menos que hai un ano, pero serve a Gates para reter por terceiro ano

consecutivo o simbólico cetro que recuperou en 2014 e que lle corresponden en 17 das últimas

22 edicións da listaxe de Forbes.

Na última edición da lista, Gates, aparece apoiado por Amancio Ortega, fundador e accionista

maioritario de Inditex, cuxa fortuna estimada subiu 3,9 % o ano pasado, a 67000 millóns de

dólares. Así, Ortega logra superar a WarrenBuffet, que mantén o terceiro lugar en 2015, con

activos de 60800 millóns de dólares (55272 millóns de euros), 16,3% menos, e expulsa ao

mexicano Carlos Slim, que perde dúas posicións, cunha fortuna de 50000 millóns de dólares, un

35% menos que en 2015.

Iván García López

2º ESO B

Fonte: La Voz de Galicia

Page 14: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

13

JESSE OWENS

(James Cleveland; Decatur, Alabama, 1913 – Tucson, Arizona,

1980)

Atleta norteamericano. Brillou na atmosfera racista dos Xogos

Olímpicos de Berlín de 1936, onde realizou unha exhibición tan

espectacular que durante uns poucos días o mundo esqueceu o

conflito político que desembocaría na Segunda Guerra Mundial.

Owens gañou catro medallas de ouro e bateu dous récords.

Fillo dunha numerosa familia de labradores, na secundaria,

Jesse gaño 74 das 79 carreiras nas que competiu, batendo o

récord nacional de salto de lonxitude. Matriculouse na

Universidade Estatal de Ohio.

Realizou a súa primeira proeza en Michigan, en 1935, batendo

cinco récords mundiais e igualando outro en menos de 90 min.

Participou nos Xogos Olímpicos de Berlín, nos que consegue

catro medallas de ouro.

Lucas González Iglesias 2º ESO

Page 15: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

14

ELECCIÓNS XERAIS DO 20-D

O 20 de decembro do ano 2015 todos os españois maiores de 18 anos tiveron unha cita coas

urnas para elixir o Presidente do noso país nos vindeiros 4 anos. Foron as eleccións dos

chamados “partidos emerxentes”: Podemos e Cidadáns que acadaron 69 e 40 escanos

respectivamente.

O partido máis votado foi o Partido Popular con 123 escanos, partido do actual presidente, aínda

que sen acadar a maioría absoluta que obtiveran nas anteriores eleccións celebradas hai catro

anos.

A segunda forza máis votada foi o PSOE con 90 escanos.

Debido aos resultados do 20-D pode darse a posibilidade por primeira vez desde a democracia

que o partido que goberne non sexa o máis votado nas urnas, tendo os diferentes partidos que

chegar a acordos para intentar formar goberno. De non ser así, mesmo se podería dar a

circunstancia de ter que realizar novas eleccións.

Co futuro de España aínda por resolver haberá que esperar os vindeiros meses para que todos

coñezamos o Presidente do noso país nos vindeiros catro anos.

Eloy Vázquez Lamazares

1º ESOB

Page 16: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

15

AS MAREAS POLÍTICAS

Gandhi: ''Primeiro ignórante, despois rinse de ti, logo atácante, xa que logo gañas''

A orixe da idea de ''MAREAS POLÍTICAS'', sobre todo en

Galiza, podería dicirse que aparece xa co movemento social e

político ''NUNCA MÁIS''. Naquel movemento, miles de persoas

galegas e do territorio español, así como de outras moitas

nacionalidades, mobilizáronse para axudar, nun esforzo común:

recuperar unha costa devastada por un vertido de chapapote.

Esta plataforma foi creada a principios do 2003, poucos días

despois de que afundira o petroleiro Prestige, co obxectivo de

que non se repetira un desastre como aquel.

Oito anos despois, no ano 2011, e despois de padecer as consecuencias dunha crise provocada

por comportamentos bancarios ilegais (preferentes, créditos dubidosos,...etc) aparece un novo

movemento social que protesta nas rúas a nas prazas de todo o país polos recortes na

Educación, na Sanidade, nas pensións... . Esta corrente de reivindicacións orixinará o chamado

''15M''.

A partir dese momento apareceron -cada vez con máis frecuencia- numerosos casos de

corrupción que afectan sobre todo aos partidos maioritarios: PP e PSOE.

Ao mesmo tempo, máis e máis persoas quedan sen traballo e máis e máis familias quedan sen

casa.

Nesta situación, a sociedade vai organizándose en agrupacións que xuntan alimentos e/ou

cartos para os sectores máis prexudicados, que loitan contra os desafiuzamentos ou que

intentan axudar a xente que quedou sen os seus bens ou sen aforros.

Esta mobilización social para plantar cara á inxustiza e para esixir un novo xeito de facer política

aparece representada nas chamadas ''MAREAS CIDADÁS''.

Nestas últimas eleccións acadaron resultados que lles permiten gobernar en concellos como: A

Coruña, Santiago, Barcelona ou Madrid.

Agora só queda esperar e desexar que consigan facer unha política máis xusta para todos.

SergioQuiñones

Page 17: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

16

DAVID BOWIE

David Bowie naceu en Brixton, no sur de Londres, o 8 de xaneiro de 1947. Nese mesmo día

cumpren anos ElvisPresley e StephenHawking, outras dúas persoas de prestixio. O seu

verdadeiro nome é David Robert Jones, pero debido a que xa había un famoso canta chamado

DavyJones, pertencente a banda TheMonkees, este decidiu adoptar o apelido Bowie por un

coñecido aventureiro chamado JimBowie.

David crecería xunto a súa nai Peggy, chamada en realidade MargaretMary, e o seu pai John,

chamado en realidade HaywoodStentonJones, quen non tardaron en darse conta de que o seu

fillo era superdotado e posuía grande talento. Seu medio irmán, TerryBurns, mostroulle aos

grandes artistas do Jazz, pero por desgraza, unha enfermidade mental, levou a Terry a ser

ingresado nunha institución mental na que posteriormente se suicidaría en 1985. Este suceso

levou a Bowie a dedicarlle o tema “JumpTheySay”.

En 1962 pelexase co seu amigo George Underwood, debido a que os dous amaban a mesma

rapaza, e un puñada que lle deu este case fai que Bowie perda un ollo, o que ocasionou que

unha das súa pupilas quedara dilatada de forma permanente e creando unha sensación

equivocada de que tiña os ollos de diferente cor. A pesar dese incidente, Bowie e George

Underwood seguiron sendo amigos, deseñando este último algunhas das portadas dos discos de

Bowie.

Page 18: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

17

Xunto con Underwood, David formou a súa primeira banda musical aos 15 anos. Aqueles anos

60' foron tempos de experimentación para el, e a finais desa década saíu “SpaceOddity”, que foi

o primeiro gran éxito de Bowie e que coincidiu coa chegada do primeiro home a lúa. Segundo

este, a idea da canción veulle á cabeza despois de ver a película de Stanley Kubrick “ 2001 Una

odisea en el espazo”. Ademais, a BBC empregou o single durante a retransmisión do aluaxe do

Apolo 11.

En 1969, Bowie coñece a AngieBarnett, unha modelo, actriz e cantante, coa que casaría un ano

despois. A Angie dedicoulle algúns temas, como “GoldenYears” o “ThePrettiestStar”, e con ela

tería un fillo chamado DuncanZowieHaywoodJones, que actualmente é un aclamado director de

cine. Mentres tanto, Bowie seguiría rompendo esquemas, xa que sacou un disco onde aparecía

travestido, “The man whosoldtheworld”.

Por aqueles anos, Bowie declarouse bisexual, aínda que moitos dubidan de que este tivera

relacións sexuais cun home, e as malas linguas, aseguran que o seu anuncio tiña como

obxectivo, facer chegar o seu álbum a unha audiencia maior.

ZiggyStardust foi o alter ego de David Bowie, pese a que se poden destacar outros como:

MajorTom, Aladdin San, TheThinWitheDukes, Tao Jones, Hallowen Jack e JhonMerrick.

A súa carreira estaba en ebulición, xa que seguía estreando grandes éxitos como “Heros”,

“SoundandVision” mentres se creaba unha imaxe de tipo excéntrico.

Na década dos 80', Bowie divorciouse da súa muller Angie, conseguiu varios éxitos rotundos e

unha colaboración con Queen co coñecido single “UnderPressure”. Ademais, a finais desta

década pasou a formar TinMachine, unha nova banda que non durou moito tempo pero que

revitalizou a carreira de Bowie. Tamén cabe destacar que por estes anos David atopou un novo

amor chamado ImanAbdulmajid, unha súper-modelo somalí coa que se casou en 1992, e coa

que tería unha filla no ano 2000, a que chamaron Alexandría.

David Bowie tamén destacou como actor. Participou en 28 películas, desde a mítica “ Dentro del

laberinto” dirixida por JimHenson en 1986, ata “La última tentación de Cristo” película de Martin

Scorsese na que interpretaba a Pilatos. Outra película famosa foi “Zoolander” na que fixo o papel

de el mesmo.

Finalmente, en xaneiro de 2016, pouco despois de publicar “BlackStar”, o seu vixésimo quinto

álbum, Bowie faleceu tras dezaoito meses de loita contra o cáncer. Dicía así adeus un dos

grandes da música, probablemente o artista máis camaleónico da historia.

Antón Pombo Díaz

4º ESO A

Page 19: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

18

SOCIALIZAR COÑECEMENTOS Internet dános a posibilidade de utilizar unha ampla variedade de fontes de información.

Cando precisamos coñecer ou traballar sobre un tema, facemos a procura nun buscador e

obtemos o que outra persoa previamente subiu nese blog, páxina web, wiki…. (na meirande

parte dos casos descoñecemos esa persoa e no momento que o fixo).

Non estamos a ser egoístas aproveitándonos do esforzo que outra persoa fixo, sen que nós

demos nada a cambio?

Non deberíamos ser produtores de información, aparte de consumidores?

Debería ser unha materia máis nas aulas esta elaboración de contidos, ou máis ben formar parte

de cada unha das materias, facendo así a clase máis agradable, produtiva e solidaria?

MarcPrensky clasificaba a relación das persoas coa internet en dúas categorías: nativos e

inmigrantes dixitais. Esta distinción tiña razón de ser no ano 2001, cando a formulou. Daquela

había xoves que utilizaban asiduamente as redes,

eran os nativos. En contraposición estaban os

maiores, persoas de maior idade que apenas as

utilizaban, eran os inmigrantes.

Hoxe o uso da rede está xeneralizada, a escusa

que algún maior pon para non utilizala é unha

actitude paralizante que deberían borrala da súa

cabeza.

Outra distinción máis actual é a de David White. Este cualifica a relación que mantemos con

internet distinguindo entre residentes e visitantes.

Os visitantes son as persoas que cando desexan algunha información de internet, utilizan unha

ferramenta, procuran o que queren e ao conseguilo abandonan. Non

deixan pegada de si mesmos, non teñen unha identidade dixital.

Os residentes é a categoría en que a rede forma parte da súa

actividade, da súa vida, obteñen información e tamén dan información,

manteñen relación online. Teñen unha identidade dixital.

Non houbo mellor momento na historia da humanidade para satisfacer

a necesidade de xente curiosa, que quere saber, e tamén para a xente

que quere comunicar e que ten cousas que dicir. Ninguén o pode

impedir. A audiencia potencial dunha persoa é o mundo, outra cousa é

que lle chegue e que lle guste o que tes que dicir, este é outro tema, no que se avanzará moito

cando os profesores podan darnos clases para compartir coñecementos na rede.

Silvia Gutiérrez Taboada

4ºESO A

Ilustración 1David White, es co-director de la Unidad de Desarrollo e Investigación en e-Learning de la Universidad de Oxford

Marc Prensky

Page 20: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

19

REFLEXIÓN Que é a vida? A vida é todo aquilo que nos rodea, esa que nos dan os nosos pais para gozala e

vivila como mellor nos pareza, e que moitas veces moitas persoas non apreciamos porque

somos tan fráxiles que en moitas ocasións aferrámonos a alguén ou algo. Pero o que non

sabemos apreciar é a esas persoas que están ao noso redor despois de saber o noso pasado e

os nosos máis íntimos segredos. Aí seguen para darnos a man cando tropezamos ou

simplemente sentimos que o mundo se nos vén encima. Ben, pois máis aló dese abismo onde

cremos que non poderemos saír ilesos, hai cousas marabillosas polas que loitar, por exemplo, os

nosos soños, as nosas metas, que só logramos a base de esforzo. E debemos aprender que a

pesar de estar a atravesar un mal momento, debemos aprender a sorrir e rírmonos dos nosos

propios erros. Debemos ser felices co que a vida nos ofrece, por moi pouco que a nós nos

pareza. Debemos coidalo, porque nunca sabemos cantas persoas estarían encantadas de ter o

que nós temos e non apreciamos.

Doutra banda, debemos valorar á nosa familia que, aínda que nos parezan demasiados duros

connosco, son aqueles que sempre van estar aí, nas boas e nas malas. Son aqueles que

estarían dispostos a dar a vida por nós se fai falla. Son o alicerce máis prezado que xamais

debemos descoidar, porque eles son o amor máis puro e sincero, que xamais nos vai defraudar.

Sempre van estar aí por e para nós, cando nun momento de debilidade nos sintamos sos ou

simplemente non teñamos con quen compartir as nosas penas.

Nunca deixes de crer en ti mesmo, porque a fe e os teus soños son a porta cara á eternidade.

Pois se tes un día gris, non te deixes vencer polos teus medos ou a túa desesperación por non

saber que facer nin como saír dun apuro. Dáte conta que es ti quen decide como e cando vivir a

vida. Dáte conta que cada derrota é unha experiencia e debemos aprender dela para non

volvelas a repetir. Dáte conta que non debemos depender de nada nin de ninguén, tan só

debemos depender de nós mesmos e, se por algún motivo nos fan sentir mal, debemos

repetirnos unha e outra vez: “Eu quero, eu son capaz”. Dáte conta que a vida non é un camiño

cheo de rosas, que teremos que superar barreiras, obstáculos… pero o que non podemos facer

nunca é mirar cara atrás e crer que se nos tocou perder en diversas ocasións, non valemos ou

non servimos para nada. Debemos aprender que cada caída é un escudo para saír cara adiante,

debemos querernos, amarnos a nós mesmos para que alguén máis nos poida amar.

Debemos aprender que non todo está nun físico, debemos aprender que o máis importante e o

que prevalecerá sempre connosco son os nosos sentimentos. E que todo o demais irase

deteriorando aos poucos, minuto a minuto. É aí cando quixésemos que o tempo volvese atrás e

xa non se pode. Debemos ser conscientes que o que hoxe non valoramos, un día a vida poida

que nolo quite e empezaremos a darnos conta que vida non é só ter un coche último modelo, nin

unha casa grande, nin unha roupa cara. Vida é apreciala e vivila cos seus altos e os seus baixos,

dar ao pobre a nosa man, xa que o que sempre foi rico seguirao sendo. Ou poida que non, poida

que sexa quen máis pobre estea por dentro, porque de nada vale telo todo e que logo por dentro

esteamos baleiros, cheos de rabia, de rancor, de coraxe, de culpas por non apreciar o que a vida

nos ten dado.

María Alejandra Vargas Delgado

2ºXEAD(A)

Page 21: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

20

Voar

Sentir o vento na cara. Un vento que ninguén tocou, que permanece alleo a todo o terrestre.

Sentir ese vento nas meixelas, acendidas pola adrenalina de estar a 2500 metros sobre a

humanidade. Notar como o teu nariz se arrefría e rexeita o sentido do tacto. Ser un paxaro que

revolexa en liberdade e canta ao mundo a súa emoción. Humedecerse cas nubes vaporosas e

distantes. Pensar que poderías afastarte de todo, coma se nunca tiveses que volver á túa xanela

na terra. Onde caer no fastío e na monotonía. Que che corten as ás e a liberdade. Quete metan

na túa Caixa e que che digan que non vas volver sentir o vento.

Non vasoír o vento, pois os barrotes da túa xanela escorrenta todo o que te fixo sentir vivo. Fan

fuxir ao propio vento. Aquel que una vez aloumiñou as túas ás. Aquel que te viu voar. Aquel que

te viu libre.

Pero aínda segue no aire. Aínda non tocou terra.

A vida Fala da vida coma se fose un luxo intransferible, algo do que as estrelas son testemuñas. Pero a

vida non se para, e o pasado non se pode revivir, o tempo non retorna senón que se perde na

memoria dun reloxo estancado na parede. O tempo non entende de necesidades. É por iso polo

que calquera home o desexa e non quere renunciar a tan valioso tesouro. É por iso polo que

sentimos aprecio á vida. Porque esta non é infinita. Esvaécese e nunca a chegas a alcanzar cos

dedos.

Noa Mª Rubio Rodríguez

4º ESO A

Page 22: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

21

TOMÁS

Tomás era un neno que vivía na

montaña onde as casas eran de pedra

e non había estradas, só camiños

estreitos onde non podían chegar os

coches. Era un lugar tranquilo, só os do

lugar (case todos persoas anciáns); as

máis novas eran os seus país e el.

Tomás ía ao colexio a cinco

quilómetros, alí pasaba a metade do

día e despois volta á aldea onde o

esperaban os seus país e avós.

Non botaba en falta o bulicio, el

pasábao ben alí. Podía estar fóra

paseando vendo todo o que había

naquelas bonitas terras. O verán cheo

de sol co canto dos paxaros e o voo

das bolboretas, que moito lle gustaba, coas súas bonitas cores.

No inverno tamén os visitaba a neve e a Tomás gustáballe

tirarse co trineo que lle fixera o seu avó, montábano el e o seu

can Blas.

Ás veces pensaba que se estivera nunha cidade xogaría con

nenos da súa idade, iría ao cine, podería ir ao cine, podería ir ao

parque, pero era o que lle tocara vivir e era feliz.

Pablo Cancio Calvo

1º ESO B

Page 23: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

22

BELA LOURA

Bela loura

Canto te extrañaba,

Ti de vacacións en Vilalba

E eu agardándote na casa.

Ai, Bela loura, ai.

Que mal o pasei estes días,

Mentres ti te divertías

Eu pensaba en ti cada día.

Ai, Bela loura, ai.

Estábalo pasando ben

Cando colliches o tren

Eu quería ir tamén.

Ai, Bela loura, ai.

Se soubeses o que

pensaba en ti,

Quería que estiveses aquí

Porque a min gústasme

así.

Ai, Bela loura, ai.

Miña nai preguntoume:

Que che pasa meu fillo?

Nunca me viu así tan

tristón

Desde que me roubaran o

corazón.

Ai, Bela loura, ai.

Que fermosa que es

Que ben tratas a xente

E canto me queres

Ai, Bela loura, ai.

Francisco Rodríguez Braña

3º ESO B

Page 24: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

23

TODO SUCEDEU NUN DÍA DE VERÁN...

Todo sucedeu nun día de verán no que Raquel dispoñíase a ir á Universidade a recoller as súas

notas e as da súa mellor amiga María.

Cando ía saír do centro,

despois de facer o

recado, atopouse co

seu amigo Ager que ía

acompañado por

Hadrián. Os tres foron

tomar un café, nese

tempo mantiveron unha

conversa na que

Hadrián convidaba a

Raquel e á súa amiga

María á festa de

aniversario da súa

curmá, que se

celebraría ao cabo

dunha semana.

Unha semana despois...

María e Raquel, xa preparadas para ir á festa, chamaron a Hadrián para que as fora recoller á

súa casa.

Unha vez no coche topáronse con Samuel, o mellor amigo de Hadrián, que viña de

acompañante. Xa chegando, recibiron unha chamada de Ager que esperaba coa compañeira

fóra do recinto da festa, ela atopábase mal debido á cantidade de bebida alcohólica enxerida.

Ao chegar abraiaron ao ver que Ager e Adela (así se chamaba a compañeira) se estaban

bicando; nese momento Samuel entrou en pánico e cabreado saíu do coche para enfrontarse a

Ager. Nese momento todos se decataron de que Samuel e Adela eran parella.

Nun acto reflexo, Hadrián saíu polo seu amigo para calmalo. María e Raquel foron xunto de

Adela para que lles explicase o que acontecera, ela díxolles que eran noivos pero que xa non

estaba namorada.

Samuel deuse por vencido e chamou a Raquel para ir dar unha volta e falar do que sucedera.

Ager e Adela volveron á festa deixando a María e Hadrián SOS e eles comezaron a falar de

coñecerse mellor.

Tras varias horas Samuel aparece collido da man con raquel e encóntranse con María e Hadrián

dándose un bico baixo as estrelas.

Así foi como se rompeu unha parella e xurdiron outras dúas máis. Volveu triunfar o AMOR.

Lucía Penín Río

Nuria Raquel Aguilar

Page 25: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

24

VIAXE A ROMA DO

ALUMNADO DE 4º ESO

(I)

A viaxe a Italia comezou cun atraso de case 4 h

por culpa dun raio que impacto na torre de

control do Aeroporto. Chegamos ao hotel ás

22.00 e despois de repartir as habitacións fomos

cear. A cea estaba de morte, a comida italiana

encántame xa que me gusta moito a pasta e a

súa gastronomía baséase nela.

Esa noite non puiden apenas durmir, xa que a

“os meus compañeiros de habitación”

ocorréuselles tocar os narices ata tarde cantando

cancións, durmindo no chan, saltando na cama, co flash do móbil etc.

Ao levantarnos fomos almorzar á cafetería do hotel onde todo estaba un pouquiño malo, mellor

dito: bastante malo; e tras almorzar fomos ao Vaticano. Alí fixemos un tour guiado, as salas eran

enormes e estaban cheas de esculturas, mosaicos, cadros...

Foi unha visita moi interesante.

O segundo día fomos á Fontana di Trevi,

unha fonte impresionante e con moitos

turistas. Case todo o mundo tirou unha moeda

á fonte como di a tradición.

O terceiro día fomos a ver a praza de España,

un lugar precioso (Tamén cheo de turistas)

En Roma hai moitos obeliscos como estes e

algúns contan unha historia mediante

gravados.

O mellor día foi o último, ironicamente, xa que fomos ver o Coliseo; para min o monumento máis

bonito de toda Roma, xa sexa pola súa grandeza, a súa antigüidade ou simplemente por pensar

que millóns de persoas pasaron por el. Ao saír do Coliseo fomos ao Foro outro lugar

impresionante, con moitas escaleiras, pero moi bonito.

Page 26: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

25

Despois deses magníficos días chegou o peor de todo: ter que irnos.

A viaxe de volta foi moi tranquila e mellor que a de ida.

En resumo, unha viaxe que queda para o recordo, polas risas, anécdotas e as lembranzas do

mesmo.

Ismael Barrio

4º ESO A

VIAXE A ROMA DO ALUMNADO DE 4º ESO (II)

A nosa viaxe a Roma: a Cidade Eterna

Tras unhas tres horas de retraso, e unhas cantas turbulencias, chegamos de noite ao aeroporto

de Ciampino para dirixirnos a Termini.

Superada a loucura do metro do primeiro día,

comezamos a viaxe coa visita ao Museo do

Vaticano. Acabamos sen forzas ao percorrer

os seus varios quilómetros de interminables

corredores con teitos e cúpulas únicos cheos

de pinturas e cadros. Pero quedamos sen

fala ao atoparnos na Piazza San Pietro.

Inmensa e rodeada de columnas, a praza

máis impresionante tanto polas súas

dimensións como pola súa beleza. Para

rematar, o castelo Sant`Angelo, aínda que

non merece moito a pena, é destacable polas

súas vistas e a súa ponte que cruza o Tevere.

No casco histórico visitamos a Praza de España (próxima á embaixada española) con todas as

tendas non precisamente “asumibles”. Tivemos a mala sorte de atoparmos a súa famosa

escalinata pechada. Na miña opinión, non está á altura da Piazza Navona, coa Fonte dos Catros

Ríos de Bernini (que representan os catro

continentes coñecidos na antigüidade e o seu

obelisco de 16 metros de altura. Saíndo está o

epicentro do balbordo, da vida social e turística -

unha parada obrigatoria- : a Fontana di Trevi, a

fonte máis famosa ( en grande medida pola súa

aparición na Dolce Vita) e a máis grande.

Sempre chea de xente debido ao mito de lanzar

entre unha e tres moedas segundo o desexo.

Superou todas as miñas expectativas, sobre todo

Page 27: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

26

ao observala en primeira persoa para poder admirar o seu inconfundible estilo barroco e así

comprender a súa consideración coma a fonte máis fermosa do mundo.

Totalmente diferente é o Panteón de Agrippa (cuxo diámetro mede o mesmo que a súa altura),

deixoume impresionada o seu estado de conservación a pesar do paso do tempo. Aínda que me

gustou moito a súa fermosa cúpula, totalmente

descuberta pola cal entra a luz natural, quédome

co exterior do monumento (en forma circular) e a

fachada rectangular composta por columnas.

O terceiro día xa tocaba visitar o Coliseo, coas

tres alturas de arcos de diferentes estilos, símbolo

da capital. Demos unha volta polos arredores,

aínda que sinceramente esperaba que me

deixara máis impresionada e poder acceder de

forma máis directa, para observalo con máis calma. A pesar de que é o maior atractivo da cidade

non foi o que máis me gustou. Ao seu lado atopábase o Arco di Constantino e despois xa

entramos no Palatino, onde segundo a lenda, Rómulo fundou Roma. A continuación, dirixímonos

ao Foro Romano, onde se desenvolvía a vida pública e relixiosa na antigüidade. Conservábanse

algúns arcos e templos para as divindades, o de mellor estado era o dedicado ás vestas, e as

esculturas en honor ás sete sacerdotisas. Para finalizar, non podiamos irnos sen coñecer o

famoso barrio do Trastevere (máis aló do río, coas súas rúas peonís e casas cun aire bohemio).

Ademais pasamos ao lado do Monumento a Vittorio Emanuele II e sacamos a nosa foto na Boca

da Verdade, da que se contaba que mordía a man a quen mentía.

Non podo deixar de resaltar a gastronomía italiana. Os seus característicos “entrepastos”, o

tamaño das súas pizzas, a calidade da súa pasta e o

intenso sabor dos seus “gelatos”.

O seu clima temperado, a amabilidade da súa xente e

as súas rúas repletas de artistas convérteno nun lugar

inesquecible. A mestura entre as marabillas

conservadas da Antigüidade, os monumentos

barrocos e o desenvolvemento dunha vida urbana, fan

que sexa o destino perfecto para satisfacer todos os

gustos. Só queda esperar a que o noso desexo á

Fontana di Trevi se cumpra e regresemos á Cidade Eterna.

Lucía Blanco Fernández

4º ESO A

Page 28: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

27

VIAXE A ROMA DO ALUMNADO DE 4º ESO (III)

Templo da Deusa Vesta

O templo de Vesta é un dos templos máis antigos de

Roma e está situado ao sur da Vía Sacra, diante da Regia.

Nel se custodiaba, sempre acendido, o fogo sagrado na

honra da deusa Vesta. Era coñecida como a protectora de

Roma, deusa do lume e do fogar. Conforme a tradición

romana, o culto a esta deusa foi creado por Numa

Pompilio, segundo

rei de Roma.

O edificio foi

obxecto de varias

reconstrucións, que conservaron a entrada orientada para

o este e a forma circular da planta, a máis recente, á cal

pertencen os restos conservados, da época de Julia

Domna, muller de Septimio Severo no 191.

No templo, circular, elévase sobre un podio duns 15

metros de diámetro cunha cella (unha cella ounaos é a

cámara interior do templo na arquitectura clásica, ou

unha tenda que mira para a rúa na arquitectura romana) rodeada por vinte columnas corintias

embebidas.

O teito era cónico e tiña unha abertura para permitir a saída do fume. Dentro da cella non se

atopaba a estatua de culto, se non só o fogo sagrado.

Unha cavidade trapezoidal, que se abre no podio, e á que se accedía só dende a cella, parece

ser a situación do penus Vestae, onde se conservaban os obxectos que Eneas trouxo de Troia: o

Paladio e as imaxes dos Penates.

No ano 394 d. C. o templo foi clausurado por Teodosio I o Grande co obxectivo de difundir o

cristianismo no Imperio romano.

Janai Hernández Rumbo

4º ESO A

Page 29: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

28

VIAXE A ROMA DO ALUMNADO DE 4º ESO (IV)

O pasado 15 de febreiro o alumnado de 4ºESO e de 1ºBAC do instituto lucense

IES Muralla Romana viaxamos a Roma como excursión de fin de curso.

Collíamos o avión en Santander, así que tivemos que facer unha pequena viaxe en

autobús ata o aeroporto. Cando por fin estábamos na porta de embarque, un raio

caeu na torre de control inmobilizando a zona aérea.

Tivemos un retraso de tres horas no que estivemos encerrados no avión pero,

afortunadamente, dúas horas despois chegamos ao aeroporto de Roma. Segundo

baixamos do avión un autobús levounos ao hotel Nizza situada na zona Termini.

Distribuímos as habitacións e fomos cear a un restaurante próximo ao hotel onde

nos deron de cear pasta e pito. Cando acabamos volvemos para o hotel cansos da

viaxe.

O primeiro día en Roma foi moi intenso, almorzamos ás sete e media da mañá no

hotel e ao rematar collemos o metro cara o Vaticano. O metro era moi estresante

debido á cantidade de xente e á falta de osíxeno. Cando chegamos ao Vaticano, a

nosa guía deunos as entradas e os auriculares para a visita. Estivemos nos

museos vaticanos, na Capela Sixtina, onde quedei impresionada coas pinturas, (foi

unha pena que non deixaran sacar fotografías.) e nas estancias de Rafael. Despois

desta visita quedamos moi cansos, xa que visitamos todas as galerías de arte do

Vaticano, así que fomos xantar por esa zona, os profesores deixáronnos tempo

libre e quedamos dúas horas despois diante da praza.

Pola tarde, visitamos o Castelo de Sant'Angelo onde tivemos unhas vistas incribles

da cidade do Vaticano. Despois, demos un paseo pola zona céntrica da cidade cos

profesores ata chegar a praza Navona, onde moitos compañeiros quedaron alí

Page 30: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

29

dando unha volta e outros decidiron ir ao hotel a descansar e prepararse para ir

cear ao restaurante.

O segundo día en Roma, collemos o metro para chegar ao centro, alí estivemos

dando un percorrido por toda a zona céntrica de Roma, pero esta vez coa guía.

Visitamos a Praza de España (onde se gravou a famosa escena das escaleiras da

película Vacacións en Roma), a Piazza Navona, onde se atopa a Fonte dos Catro

Ríos de Bernini, a famosísima Fontana di Trevi ( sinceramente creo que é a fonte

máis fermosa e incrible de todas, polo seu estilo arquitectónico, a súa auga de cor

cristalina e toda a súa historia) e o Pantheón ( que é impresionante que despois de

tantos séculos siga conservándose tan ben, tanto o interior como no exterior).

Despois de esta visita, xantamos pola zona céntrica e pola tarde fomos mirar

tendas, comprar agasallos e a comer os famosos xeados de Roma, que por certo

están riquísimos, igual que a pizza e a pasta, quedei namorada do arte culinario

dos italianos.

O terceiro día en Roma collemos o metro para ir ver o Coliseo, é un anfiteatro

enorme que pese as circunstancias e o paso do tempo aínda se segue

conservando moi ben, puidemos ver como era por dentro, os diferentes palcos, a

zona de loita e o interior do Coliseo. Estar dentro do Coliseo era como se foses un

espectador o un gladiador de hai moitos anos. Tamén visitamos os Foros Imperiais

onde a nosa guía falounos das celebracións populares e dos deuses da Roma

Antiga.

Desde o Foro podíase ver a extensión do Circo Romano, que tiña unha forma

rectangular, era moi longo pero en cambo moi estreito, para as carreiras de

cabalos.

Despois de visitar os Foros demos un paseo ata o outeiro do Palatino. Acabamos

moi cansos de subir escaleiras pero mereceu a pena, porque desde arriba vimos

os Foros, o templo de Vesta e o templo que se lle fixo a Xulio César despois de ser

asasinado.

Page 31: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

30

Esta foi a última visita guiada que fixemos en Roma, ao rematar dirixímonos a

xantar a Trastevere, un barrio encantador de Roma que hai cruzando o río Tíber.

Pola tarde, deixáronnos tempo libre e eu fun volver ver a Fontana di Trevi porque

me encantou, botamos un paseo e volvemos á noite para o hotel.

O último día en Roma, só foi un día de viaxe porque nos levantamos, preparamos

as cousas, presentámonos no aeroporto e ás tres e media chegamos a Santander

onde collemos o autobús para volver a Lugo.

Eu volvería a repetir esta viaxe, porque foi unha cidade con moitísima historia que

acabou namorándome. Ti amo Roma!

Lucía Prado Vidal

4º ESO A

Page 32: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

31

VISITA A DEVESA DA ROGUEIRA (O COUREL – LUGO)

Era un sábado do mes de Xaneiro.

En Lugo amenceu un día escuro que

non invitaba moito a saír da casa.

O día anterior meu pai propuxéranos

ir dar unha volta con el ata O Courel

para coñecer a Devesa da Rogueira.

A min nun primeiro momento a idea non me resultara moi atractiva pero tampouco

tiña moito que facer e sabía que a el lle ía

gustar que o acompañase.

Por tanto, antes das nove xa estabamos de

pé para almorzar, montar no coche e coller

a estrada para subir a Pedrafita primeiro, O

Cebreiro despois e logo de pasar por

Seoane do Courel dirixirnos a Moreda, onde o carón da súa Aula da Natureza

comeza un bonita ruta a través da Devesa da Rogueira.

O día non melloraba co paso da mañá,

mesmo viamos a néboa arredor dos cumes

máis altos. Así que en torno as once e

media poñémonos a camiñar polo medio

deste fermoso bosque seguindo as

indicacións que levábamos anotadas nun

mapa e tamén as que temos nuns grandes paneis que se atopan ao lado da Aula

Page 33: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

32

da Natureza para servir de guía aos excursionistas e

que tamén nos serven para saber o que nos vamos

atopar ó longo do percorrido que temos pensado

facer. Nesta aula hai unha exposición permanente

que pretende dar información sobre as rutas e

carreiros que se poden realizar pola zona, e

sensibilizar en canto aos valores ecolóxicos da serra e

dos costumes da xente.

Os paneis explican que as devesas son bosques de tipo atlántico orientados ao

norte e que se atopan sempre en ladeiras moi empinadas e con moita humidade.

Así a Devesa da Rogueira é unha auténtica xoia a nivel ecolóxico, con 30

quilómetros cadrados de bosque e unha impresionante diversidade arbórea.

A primeira parte do recorrido

transcorre por un camiño fácil de

percorrer rodeado por un souto de

castiñeiros, primeiro con un tramo

descendente que despois de pasar

un regato comeza a gañar altura

ata atoparnos con unha pequena

ponte de madeira e lousa.

A partir de aquí comeza un ascenso cada vez máis complicado. Na parte baixa

atopamos vexetación mediterránea con multitude de plantas aromáticas (tomiño,

menta, ourego...). A flora adquire logo cores atlánticas e aparecen abeleiras,

carballos, algunha sobreira e arandos.

A medida que continuamos subindo polo camiño, que logo pasa a ser un pequeno

carreiro cada vez mais empinado e, despois de pasar outra pequena ponte e

deixar a nosa dereita a Cova do Oso, atopamos aínda máis especies arbóreas O

Page 34: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

33

centro deste paraxe é un bosque pechado e de gran riqueza, onde podemos ver

freixos, faias, teixos, acivros e bidueiros.

A fauna non desmerece a flora. Os regatos que baixan formando cascadas acollen

especies endémicas no norte peninsular como o tritón ibérico ou a ra patilonga. A

devesa protexe corzos, martas, xabarís, donicelas, gatos monteses e leiróns aínda

que nós, non atopamos nada disto na nosa camiñada, salvo nunha poza pisada

dun xabaríl que acababa de pegarse un baño.

O carreiro volvese cada vez máis empinado pouco antes de chegar as Fontes do

Cervo e despois de deixar a nos esquerda outro sendeiro que ven do Alto do Couto

e que é unha variante desta ruta moito máis doada e curta.

Pasadas as Fontes do Cervo, xa por unha zona moito máis cha, saímos a unha

pista pola que bordeamos o Pico Formigueiro, o máis alto do Courel, e que

decidimos non subir ata o mesmo porque a néboa, que agora xa molla, está moi

pecha. Deixamos a nosa esquerda o pico e continuamos por pista de terra e pedra,

rodeados agora de monte baixo, toxos sobre todo, ata o Alto do Couto onde

despois de cruzar a estrada asfaltada tomamos outro camiño que nos vai levar ata

Moreda Maior, unha aldea abandonada que nos transporta a outro tempo. As

casas, algunhas caídas, serven de abrigo as vacas que se alimentan naqueles

pastos. Atopamos carros en desuso nas cabanas, pechaduras que non e fácil ver

na cidade da que saímos fai unhas horas e o musgo que ten cubertos moitos dos

tellados.

Page 35: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

34

Continuamos o camiño agora en

claro descenso para volver o

punto de partida en Moreda e

aínda que xa nos estamos

propiamente na devesa,

atopámonos cuns enormes

castiñeiros que seguramente

superan o século de vida.

Sen dúbida o paseo mereceu a pena e compensou o ter que madrugar un sábado,

transformando o que puido ser un monótono día nunha interesante experiencia.

Icía López Saavedra

4º ESO

Page 36: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

35

OS GALEGOS TRABALLAN MEDIO ANO, ATA O 28 DE

XUÑO, PARA PAGAR OS SEUS IMPOSTOS

Segundo un estudo elaborado pola Unión de Contribuíntes e a Fundación

para o Avance da Liberdade.

Os galegos deben traballar de media 180 días ao ano, ata o 28 de xuño, só para

cumprir coas súas obrigas con Facenda, segundo un estudo elaborado pola Unión

de Contribuíntes e a Fundación para o Avance da Liberdade.

Pola súa banda, os españois deben traballar de media 182 días ao ano (15.706 €),

de forma que o que este informe denomina o 'día de liberación fiscal' adiántase

unha xornada - é ano bisesto -, ao celebrarse o 30 de xuño, un día antes que en

2015.

Estes datos correspóndense cun traballador cun soldo medio anual de 24.400 €

brutos, casado, cun fillo, un piso e un coche en propiedade, que destina 102 días a

pagar cotizacións á Seguridade Social, 37 ao IRPF, 25 ao IVE, 12 a impostos

especiais (gasolina, tabaco, alcohol ou imposto de electricidade) e outros cinco

días a outros impostos.

O contribuínte consegue aforrar ao ano 1.000€, utiliza 150 litros de gasolina ao

mes, fuma medio paquete de cigarros e toma sete cervexas e dúas copas a

semana, cuns recibos mensuais de electricidade que ascende a 50€.

A presidenta da Fundación para o Avance da Liberdade, Roxana Nicula, denunciou

que os contribuíntes son “parcialmente libres”, xa que destinan máis da metade do

seu traballo anual para facer fronte a un estado “custosísimo”

A directora xeral de Unión de Contribuíntes e autora do informe, Cristina Berechet,

explicou que en total destínanse 181 días do seu traballo a pagar a Administración,

o que supón 15.706€ (incluíndo as cotizacións da empresa), que fai fronte cun

Page 37: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

36

soldo medio de 24.400€ debido a que o custo laboral do traballador medio é de

31.696€.

“Do 83% das cotizacións o traballador nin tan sequera sabe o que está a pagar”,

apuntou Berechet, quen denunciou que España é o segundo país europeo con

maior “opacidade fiscal”, só superado por Estonia. En concreto, o informe mostra

que os traballadores ignoran que a empresa achega á Seguridade Social o

equivalente a 84 días de traballo, 7.296€ por enriba do salario bruto.

En calquera caso, por segundo ano consecutivo, o día da liberación fiscal

adiantase unha xornada, ao 30 de xuño, grazas á rebaixa do IRPF emprendida

polo Goberno e a baixada do tramo autonómico nalgunhas comunidades.

A RIOJA E CATALUÑA, AS COMUNIDADES CON MENOR E MAIOR CARGA

FISCAL

A BAIXADA DO IRPF, O ÚNICO ALIVIO

A DIRECTORA XERAL DA UNIÓN DE CONTRÍBUINTES AFIRMA QUE É

NECESARIO DIMINUIR AS COTIZACIÓNS DA SEGURIDADE SOCIAL

Julen Fernández Díaz

4º ESO A

Page 38: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

37

E SE OS CASQUETES POLARES SE DERRETERAN ...

Dende mozos, a todos nos dixeron que se os casquetes polares se derreten o

nivel da auga do mar aumentará , como contrasta o xornal “La Voz De Galicia”.

Hoxe en día, como vemos, isto segue a ser un tema de actualidade , entón , que

cree vostede de todo isto, aumentará o nivel da auga do mar, estabilizarase ou

pola contra, diminuirá ?

Se nós metemos unha botella de auga no conxelador, dinnos que non a metamos

chea de todo de auga, xa que esta pode rebentar ou estoupar. Todos sabemos

como a auga, ao entrar nos pequenos ocos

das rochas e conxelarse, termina por partilas

ou facerlles fisuras.

A auga é un pouco anómala no seu

comportamento xa que, ao conxelarse, en

vez de diminuír de volume, fai o contrario,

aumenta de volume (debido ao tipo de forzas

que se establecen entre as súas moléculas e

á súa densidade);entón, se nós temos un

volume inicial dun 1 cm3 de auga en estado

líquido, ao conxelala, teremos un volume

duns 1,5 cm3 máis ou menos, é dicir,

aumentou de volume.

Se todo o anterior o pasamos ao plano dos bloques de xeo dos polos , podemos

distinguir dúas partes:unha “pequena”, que vemos nas fotos, e outra moito máis

grande e voluminosa baixo a auga. Por exemplo, se dividimos un bloque de xeo en

10 partes, superficialmente nós vemos 1/10 do bloque de xeo, os outros 9/10

quedan baixo a auga, somerxidos.

Page 39: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

38

Isto quere dicir que aínda que todos os bloques de xeo se derretesen, o nivel da

auga do mar, non aumentaría, senón que baixaría, xa que o tamaño total dese

bloque procede en realidade, dun tamaño inferior de auga e non ao revés como os

“expertos” nos queren facer crer. Iso si, os hábitats dos animais que viven nas

zonas mais frías, serían destruídos e poderíamos perder moita bio-diversidade.

O problema, sería que toda a auga do planeta se

conxelase, xa que, se actualmente o nivel da

auga no porto de “New York ” é duns 5 metros,

coma a auga aumenta de volume ao conxelarse,

sería duns 8 metros, superando a altura do peirao.

O xornal tamén alude a que dende o ano 1990 ata hoxe, o nivel de auga do mar ,

tamén a aumentado. En primeira instancia podemos pensar, que pode ser pola

culpa do desxeo, pero creo que xa aclarei iso.

Entón, porque din que o nivel aumentou ?

A resposta é moi sinxela, o nivel da auga do mar sobe xa que hoxe en día, nos

nosos mares existen un montón de barcos e lanchas, os cales coas súas quillas de

ferro ou madeira, fan subir o nivel da auga do mar. A maioría dos barcos que hoxe

en día hai nas costas e no mar, en 1990 non existían. Tamén é culpa das

estacións petroleiras, as cales unha vez non lles interesan xa ás compañías,

deciden “eliminalas”. Se falamos de obxectos afundidos, podemos atopar dende

barcos que agora son arrecifes ata algún que outro avión ou mesmo submarinos,

os cales ocupan un espazo que fan subir o nivel do mar.

E se os casquetes polares se derreteran ...

David Vila Pérez

4º ESO

Page 40: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

39

OS 10 LUGARES MÁIS BONITOS DE GALICIA

1. Catedral de Santiago de Compostela, A Coruña

Hai varias razóns polas que a visita a esta Catedral é

obrigada; a encantadora e bonita cidade de Santiago, a

magnífica fachada do Obradoiro, a porta das Praterías e o

mítico Botafumeiro.

O Botafumeiro usouse na Idade Media como instrumento de

purificación e, tamén, eliminaba os malos olores que se

concentraban na catedral polo paso de peregrinos e demais persoas que se congregaban.

2. Faro de Fisterra, A Coruña

Os máis devotos contan que este é o auténtico final do

camiño de Santiago onde os peregrinos deben queimar a

roupa que levan e dar por terminado o seu traxecto. Antano

este cabo considerábase como o fin da terra.

3. Torre de Hércules, A Coruña

Como conta a lenda, Hércules chegou a España en busca do

xigante Xerión, co fin de liberar estas terras do seu abusivo

poder. O enfrontamento que protagonizaron prolongouse

durante 3 días coas súas noites. Hércules venceu ao xigante

e cortoulle a cabeza, enterrándoa a carón do mar. Nese lugar,

construíuse a torre de Hércules, para lembrar a súa vitoria.

4. Viñedos Rías Baixas, Pontevedra

Das Rías Baixas pódese destacar un millón de cousas que

ver e facer (principalmente porque esténdese desde o cabo

de Fisterra ata a fronteira con Portugal). Para comezar, as

súas praias; para seguir, os monumentos históricos e para

rematar, destacadas vilas como Baiona ou Sanxenxo.

O máis curioso son os viñedos que se multiplican pola costa e que desembocan nas praias da

ría. A uva que se colleita é a coñecida como Albariño.

Page 41: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

40

5. Illas Cíes, Pontevedra

As Illas Cíes son o paraíso natural que máis se achega a visión

do Caribe que se pode atopar en España. As súas praias de

area clara e auga turquesa convértense no lugar perfecto para

perder a noción do tempo. Na época dos romanos

chamábanse Illas dos Deuses. Este lugar é agora parque

nacional e está protexido de calquera elemento que interfira na

conservación do seu ecosistema.

6. Praia das Catedrais, Lugo

Quizais Galicia destaque polo seu marisco e as súas

espectaculares paisaxes, pero as súas praias tampouco teñen

desperdicio algún. Os arcos e as bóvedas que salpican a area

desta praia locen desgastados polo vento e a auga lembrando

que un día foron cantís vertixinosos.

7. Combarro, Pontevedra

Esta vila é famosa pola colección de Hórreos, que se exhiben

na praia de Combarro. Hai polo menos unha trintena deles.

Tamén destacan os cruceiros espallados polo entrañable

casco antigo e o fermoso paseo marítimo.

8. Monte Santa Tecla, Pontevedra

Desde este monte terás unhas vistas inigualables da foz do río

Miño.Trátase dunhas ruínas arqueolóxicas con vivendas

reconstruídas semellando a forma de vida de hai miles de

anos.

9. Cañóns do Sil, Ourense

Durante miles de anos o río Sil foi comendo terreo ás

montañas creando desfiladeiros de máis de 500 metros de

profundidade.É recomendable que te asomes polos Balcóns de

Madrid. Este miradoiro está colgado sobre o abismo, co

santuario de Cadeiras na outra beira e a chaira de Monforte

como horizonte.

Page 42: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

41

10. Fragas do Eume, A Coruña

É un lugar misterioso con bosques espesos onde a luz chega

sempre velada. Estes bosques esténdense ao longo do río

que leva o seu nome. Conta a lenda que cando Deus creou

os tres ríos que nacen na Serra do Xistral (o Eume, o Masma

e o Landro) prometeulles que o primeiro en chegar o mar

conseguiría un home cada ano. Durante o camiño, os tres

ríos decidiron descansar un pouco, algo que só o Eume

cumpriu. Cando este soubo que o traizoaran os outros dous,

enfurecido, acelerou a súa marcha entre montes e vales logrando ser o primeiro.

Tania Carrete Raposo

4º ESO A

18 COUSAS QUE OS GALEGOS SEMPRE TEMOS QUE EXPLICARLLES OS

DE FÓRA

1. Isto como se come?

Diante, no prato, posiblemente haxa percebes. Unha vez asumido que si, que esas poutas

mariñas son algo que se come, os máis tímidos mirarán ao seu arredor de forma disimulada para

ver como fan os autóctonos e intentarán imitalos sen que se lles note moito. O resto mirará o

prato e fará a pregunta. Ocorrerá tamén con ostras, nécoras e outras delicias do mundo do mar.

2. Vai boa noite, por que non durmimos na praia?

Que hora é? Se son xa as tres da mañá, estás na praia e efectivamente notas que vai boa noite

e unha temperatura superior a 20º grados, poden pasar dúas cousas. O máis probable é que non

esteas en Galicia. Se o comprobaches, e si que estás aí, dorme na praia. É o único día no ano

no que poderás facelo. Se son só as 11 da noite e o interlocutor autóctono anímate cun sorriso a

que o fagas, alegando que a el lle encantaría ir pero que non pode, aborta o plan. Á 1 estarás

tremendo de frío.

3. Por que están Azúcar Moreno na tele? É unha re-difusión?

Non é unha re-difusión, é Luar, un programa que vive nunha dimensión temporal diferente á

nosa. Non intentes comprendelo.

4. Vou probar este licor café. Fíxoo a avoa do meu amigo e aseguroume que estaba moi

suave.

Page 43: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

42

As avoas galegas teñen un concepto distinto do que é un licor suave. O descubrirás en canto

abras a botella e con só cheirar o alcohol embebedaraste. Debes bebelo, por suposto, pero

mellor non fagas plans para mañá.

5. Por que me serviron o viño nun bol de cerámica?

Chamase cunca e é unha pequena obra de arte galega que serve para calquera líquido que

queiras beber. Viño, caldo, leite… para que usar distintos tipos de recipientes se hai un que

serve para todo?

6. Que fai esta bañeira no medio do monte?

Nós tamén nolo preguntamos. Se non ten un uso claro, tipo bebedoiro para o gando (en Galicia

somos moi de reciclar), encóllete de ombreiros e continúa camiñando. Poderías falar de feísmo,

pero é un tema complicado e preferimos discutilo entre nós.

7. Por que é de día se son as 11 da noite?

Probablemente teña que ver co feito de que en Portugal sexan as 10. E con que o sol se pon

polo oeste, coa hora cambiada que ten toda España, etc. Mira un mapa.

8. Pois este pemento non pica…

É parte da emoción! Uns pican e outros non, así son os pementos de Padrón. Ti por se acaso

nunca cantes vitoria antes da segunda dentada, que algúns son de efecto retardado.

9. Pero para ir a Vigo dende Lugo collo un tren e estou aí nunha hora, non?

Sería o normal se Galicia fora plana e se deran outras condicións, como que houbese tren

directo que unise ambas cidades. Tardarás máis, moito máis, e posiblemente teñas que ir noutro

medio de transporte (tamén podes ir en tren facendo un ou dous transbordos! Divertido!). Pero

mírao polo lado positivo: terás tempo para pensar gozando das bonitas paisaxes galegas.

10. A auga non está moi fría como para bañarse?

De verdade? Xusto hoxe que está a 19º grados? Está boísima!

11. Que é esa mágoa na parede do meu piso vello, pero encantador?

Chamase Humidade e será a túa compañeira de piso durante os meses dos anos que decidas

vivir aquí. Podes intentar loitar contra ela cun des-humidificador, facer como que non existe

pintando a parede e vendo como reaparece pouco a pouco, ou aceptar a súa presencia e pasar

horas mirando como medra. Tamén podes mudarte a un piso menos encantador.

12. Por que levas unha chaqueta se estamos a 30º?

Nunca te fíes do verán galego. Nunca! Eses 30º desaparecerán co sol e agradecerás moito ter

unha chaqueta cando de pronto o termómetro comece a marcar 17º.

13. Crees que necesito poñerme crema solar para ir as Cíes? Total non fai moito sol…

As Illas Cíes son preciosas, preciosísimas, pero tamén desapiadadas e implacables. Coma se

estiveran xusto debaixo dun buraco da capa de ozono, os raios do sol (aínda que ti non o vexas)

penetrarán na túa pel e deixarana vermella e queimada. Se non che apetece cambiar de pel ou,

que sei eu, arriscarse a un cáncer, mellor bótate a crema. Protección 30 mínimo.

Page 44: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

43

14. Que son esas cousas cadradas no medio da ría?

Chámanse bateas e son os lugares nos que crecen os mexillóns e as ostras esas tan boas que

acabas de comer. Non, non aí encima, nunhas cordas que están afundidas… Sabes que hai

visitas organizadas para velas e entendelas de cerca?

15. Onde está a miña toalla? Onde está a praia? Estiven fóra so unhas horas…

¡Benvido o mundo das mareas que suben e baixan varios metros, e cómense a praia ou déixana

enorme para poder xogar as palas na area mollada! Una regra non escrita: non deixes a toalla

nesta zona se te vas a ausentar. E, se o fas, polo menos consulta una táboa de mareas. ¡Non

son aleatorias!

16. Por que teño frío se estamos a 20 grados?

É Humidade, a túa compañeira de piso, ¿recordas? Ademais de na túa parede, está nos teus

ósos.

17. Dixéronme que son riquiño, iso é bo, verdade?

Mmm… depende. Digamos que non é necesariamente malo e que podería ata ser bo. Pero ten

tamén presente que a xente en Galicia non é fea. É riquiña.

18. De verdade podo verlle os pés a Cervantes se miro cara abaixo na fonte?

¡Claro que si! Ti mira…

Lois Pombo Díaz

4º ESO A

Page 45: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

44

VIAXE CULTURAL DE 4º DA ESO e II PMAR Á COSTA DA MORTE.

RUTA PONDALIANA

O dia 26 de maio o curso 4º de ESO fixemos unha excursión pola Ruta

Pondaliana.

O primeiro que fixemos pola mañá foi ir á vila natal de Eduardo Pondal, nela lemos

o poema titulado “Polo baixo cantando”.

Despois fomos ver a cidade de Borneiro, un dos castros máis antigos de Galicia,

estivo habitado entre os séculos VI a.C.e o I d.C. .Este castro comezouse a

escavar nos anos 30.

Tamén fomos ver o Dolmen de Dombate, un monumento megalítico situado no

lugar de Dombate na comarca de Bergantiños. Nel tamén lemos un poema titulado

o “O Dolmen de Dombate”.

Na hora da comida fomos a Muxía, alí comemos fronte ao mar, co son das olas e a

compañía dos nosos amigos. Muxía atópase na costa máis occidental de Galicia

dentro do espazo da Costa da Morte.

Pola tarde fomos ver o esteiro do Xallas, que remata nunha fervenza caendo no

mar.

Alfredo Estévez Álvarez

4º ESO A

Page 46: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

45

VIAXE CULTURAL A CELANOVA

O pasado día trinta de maio fixemos unha saída xunto dúas profesoras chamadas

Chus e María. A saída do noso centro escolar foi ás nove menos dez da mañá e a

chegada foi aproximadamente ás oito e media da tarde.

Nesta saída fomos primeiro a Vilanova dos Infantes

onde coñécemos a lenda da da Virxe do Cristal que foi

narrada polo noso guía (o párroco da vila), que nos

levou a varios sitios, entre eles o que máis me gustou

foi a Torre de Vilanova que no seu interior estaba

reformada e convertida nun acolledor e bonito museo.

Alí deunos unha pequena explicación da lenda e de

como era antes a cidade, e despois subimos ao alto da

torre. As vistas eran impoñentes !!

Ao longo dun par de horas estivemos vendo máis

establecementos pola vila e, antes de marchar ao

autobús, sacamos un par de fotos nese impresionante

lugar.

Unhas horas despois chegamos a Celanova. A primeira

impresión (pola miña parte) foi pensar que era unha

pequena cidade encerrada no lugar máis acolledor do

mundo. Todo era moi bonito: rúas estreitas, pero

impresionantes, unha grande praza onde nos deixou o

noso transporte. Alí, a uns pasos de nós atopábase o

Mosteiro de San Rosendo; por fóra era moi bonito, con

toda a pedra tallada con grande precisión, esculturas

dalgúns santos... Pero antes de ir visitar o Mosteiro

fomos en busca da nosa guía, ela levounos á casa-

museo de Curros Enríquez. Alí aprendín moitas cousas

e quedei sorprendida de saber todo o que vivira ese

home. A pesar de non ter unha vida moi fácil chegou

moi lonxe na súa carreira. No museo vimos unha

Page 47: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

46

reportaxe feita por el na que aparecían imaxes de como era a cidade antes e como

lle facía homenaxe a outras persoas.

Ao finalizar a visita saímos ao xardín de fóra da súa casa natal e na súa honra

compañeiras da clase leron fragmentos dos seus poemas. Despois, xunto coa

guía, fomos visitar o mosteiro que nomeei anteriormente. Xa dixera que era

espectacular por fóra, pois por dentro era aínda máis, unha decoración moi rica,

moitas cadeiras no coro. Esta visita foi moi longa, en parte porque tiñamos fame e

tamén estabamos algo cansos de tanta camiñada dun lado para o outro, pero

influía que estabamos desexando chegar á mellor parte desta viaxe: As pozas de

Outariz !!!

Unha vez xa nas termas, que se trata da zona termal máis grande da cidade, a cal

compón de numerosos espazos de baños á beira do río Miño. Atravesamos todos

os xardíns perfectamente coidados para dirixirnos aos vestiarios para poñer o

bañador e pasalo ben no pouco tempo que quedaba de pasar nas pozas.

Para o meu gusto foi a mellor saída que fixen desde que levo estudando, por isso

ten que haber máis coma esta.

En resumo, paseino moi ben e aprendín moitas cousas e, queiras que non, collín

máis confianza cos meus acompañantes.

Lucía Penín Río

3º ESO B

Page 48: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

47

VISITA A FERROL DO ALUMNADO DE 1ª FPBÁSICA e

II PMAR

Chegamos a Ferrol sobre as 10 e media da

mañá. A primeira visita foi a EXPONAV (museo

da construción naval). Localízase no edificio de

Ferreirías , que no seu momento era onde se

creaban as armas e armaduras do século XVIII.

Foi mandado construír e funcionar como tal por

Felipe V xunto con todo o estaleiro, que está na

zona militar da Mariña Española. Hoxe en día e

o museo máis completo de toda Europa no seu

xénero.

Na máis entrar no museo hai unha recreación

na que se mostra un grupo de ferreiros

traballando con metal. Ensináronnos a diferenza

que existe entre un barco e unha barca (que

está na habitabilidade do primeiro).

Seguidamente puidemos ver a peza máis

importante dun barco de madeira sobre a que

se articulan as restantes pezas. Vimos tamén

como era a vida diaria nun barco do século XVIII: onde durmían, onde comían,

onde estaba colocado cada elemento movible e o porqué, etc. No século XVIII os

barcos construíanse a escala real, daquela nos solos dos estaleiros tiñan unha

especie de lousa na que os ían debuxando na medida en que os ían construíndo.

Hoxe en día séguese facendo con partes delicadas que requiren a máxima

precisión. Tamén puidemos comparar en persoa como son os compartimentos dos

barcos da época cos actuais, comprobamos que son moitas as diferenzas:

elimínanse os canóns dos camarotes, incorpóranse baño e ducha individual,

substitúense as hamacas (coys) por camas, etc. Para terminar vimos diferentes

motores e tamén traballos de soldadura ( en Ferrol están os mellores soldadores

do mundo).

Este museo foi inaugurado no 2008 polos reis eméritos Juan Carlos I e Sofía.

Seguidamente, e xusto ao lado, fomos ao Museo Naval que era un antigo cárcere

militar. Neste museo do que non vimos a totalidade por mor do tempo,

Page 49: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

48

ensináronnos diferentes mascaróns de proa de barcos da época e de onde vén o

nome de zarpar. Tamén nos ensinaron como foron evolucionando os barcos

militares desde os século XVIII ata actualidade, a artillería, a propulsión, as

comunicacións,...

Ensináronnos tamén as partes do barco, e a parte que nos resultou moi interesante

foi a coñecida como “el carajo”, que é a máis alta e que podes tocar cos pés (de aí

vén a famosa expresión “vete al carajo”) que é o lugar onde mandaba o capitán a

aqueles que se portaban mal. Despois vimos como eran antigamente os traxes de

buzos e como facían para proporcionarlles osíxeno sen que flotaran. Por último

vimos como era un traxe de emerxencia dun submarino, canta presión podía

aguantar, as instrucións para usalo, etc.

O Museo do Humor, localízase no

concello de Fene. É un dos poucos

museos deste tipo en todo o mundo.

Puxéronnos un vídeo onde nos

ensinaron como se creou o museo e

canos artistas galegos contribuíron

aportando as súas creacións

humorísticas: Xaquín Marín, Siro,

David Pintor, Mingote, Chumy

Chúmez,...

Page 50: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

49

O museo tamén outorga cada ano os premios Curuxa do Humor :

Curuxa aos Medios, premia a un periodista ou escritor.

Curuxa Gráfica, con premio en metálico cunha figura de Sargadelos representando

á Curuxa.

Curuxa de Honra, como premio a unha traxectoria, sen dotación económica.

Curuxa de Barro, dedicado a unha persoa ou institución que sobresae pola súa

falta de humor.

O museo ten dedicada unha sala enteira a Francisco Ibáñez creador dos

simpáticos personaxes Mortadelo e Filemón.

A excursión gustoume moito: os museos, a pesar de ser museos, estiveron

entretidos. Alégrome de visitalos disfrutando. Eu hei de volver ao Museo da

Construción Naval e recomendo a súa visita.

Diego Méndez Folgueira

II PMAR

Page 51: Latricadas 21

LATRICADAS 21 2016

50

Page 52: Latricadas 21