La ladrona de libros (película)
-
Upload
ies-poeta-anon -
Category
Documents
-
view
222 -
download
2
description
Transcript of La ladrona de libros (película)
26 MAIO 2014
CINE CLUB
CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN
“LA LADRONA DE LIBROS” (película)
BASEADA NA NOVELA
de MARKUS ZUSAK
ENLACES consultados para a elaboración desta guía:
http://www.laladronadelibros.es/about.html
http://educarentiemposinciertos.blogspot.com.es
http://www.panmacmillan.com.au/resources/MZ-BookThiefFilm-
DiscussionGuide.pdf
FICHA TÉCNICA DE
”La ladrona de libros” (2013)
Club lectura
IES POETA AÑÓN-OUTES-
Título: La ladrona de libros
Título orixinal: The Book Thief
Direción: Brian Percival
País: Estados Unidos
Ano: 2013
Data de estreno: 10/01/2014
Duración: 131 min
Xénero: Drama, Bélico
Calificación: Non recomendada para menores de 7 anos
Reparto: Geoffrey Rush, Emily Watson, Nico Liersch,
Joachim Paul Assböck, Sandra Nedeleff, Kirsten Block,
Matthias Matschke, Roger Allam, Sophie Nélisse, Oliver
Stokowski
Web: www.laladronadelibros.es
BLOG: http://laretas.blogspot.com.es/
Baseada no “bestseller” do mesmo título,
“La ladrona de Libros” conta a historia de
Liesel, unha rapaza que é enviada a vivir
cunha familia de acollida en Alemaña du-
rante a II Guerra Mundial. Ela aprenderá
a ler coa súa nova familia e con Max, un
refuxiado xudeu que esconden baixo as
escaleiras da casa. Para Liesel e Max, o
poder das palabras e a imaxinación serán
a única forma de escape dos horribles
acontecementos que se desenvolven ao
seu arredor. “La ladrona de libros” é
unha historia optimista de supervivencia
e resistencia do espírito humano.
CONTEXTO HISTÓRICO
A película amosa unha realidade pouco divulgada no
cine: a vida na retagarda, neste caso nun pobo alemán
onde a vida está condicionada polo nazismo e, xa du-
rante a guerra, pola lóxica bélica, unha lóxica terrible
de recrutamentos, delacións, procura de fuxitivos,
fame e, desde 1942, bombardeos nocturnos.
Na película ofrécese un retrato do nazismo moi ben
captado na escena da queima de libros, unha noite de
1938. A pequena Liesel, que acaba de aprender a ler,
non pode entender que se queimen os libros, que tan-
to a fascinan. A escena ten unha gran forza narrativa
e permite observar unha constante nos réximes auto-
ritarios: o control da opinión, a destrución física do
pensamento non afín.
A persecución dos xudeus tamén aparece con toda a
súa crudeza. Fronte ao silencio, mirar a outra parte
ou a indiferenza, que tanta poboación alemá practi-
cou, suscítase un dilema baseado na gratitude. A si-
tuación que se produce alterará a vida de Liesel e a
súa nova familia, mostrando o mellor de cada mem-
bro. En especial, o pai, que non quixo ingresar no
partido nazi, e que ha de soportar o desemprego, as
miradas recriminatorias e, cando manifesta o seu apo-
io a un veciño "sospeitoso" de ser xudeu, a brutalida-
de da policía política do réxime.
Os personaxes secundarios permiten ver as posturas
que convivían na sociedade alemá. Atopamos ao sim-
patizante nazi que se aproveita da súa posición, abu-
sando e ameazando. Está tamén o mozo nobre que
non se significa ata que a guerra lle toca de cerca. E
tanta xente que pensaba que a guerra sería un episo-
dio curto que devolvería a Alemaña ao seu esplendor
continental.
PARA PENSAR...
Que cres que leva á pequena Liesel a ter tanto afán por ler ?
Como lle anima o seu novo pai a facelo?
A súa nai adoptiva inicialmente é moi dura coa pequena. Pensas que esta muller evoluciona ó lon-go da película?
De que maneira cambia a Liesel a relación que mantén co seu veciño Rudy?
Por que pensas que se escolleu como narrador da historia á figura da Morte?
A Morte di non implicarse nas vidas das persoas que finalmente arrebata pero si sinte un interese especial por Liesel. Por que é a nena un caso espe-cial?
Liesel dáse de conta de que as palabras poden usarse para facer o ben e tamén para facer o mal. A que se refire?
O amor de Liesel polos libros transforma a súa vi-da e a dos que a rodean. Podes pensar nalgún li-bro/s que te inspirara ou te influíra dalgunha ma-neira?
Moitos alemáns arriscaron a súa vida durante a II Guerra mundial por axudar ós xudeus. Por que pensas que Hans e Rosa axudan a Max?
SINOPSE DA PELÍCULA