KANT CURRÍCULO MARCO HISTÓRICO E 1. 2. 3 ... · En 1776 os EE.UU. de América declaran a ... a...
-
Upload
duongxuyen -
Category
Documents
-
view
217 -
download
0
Transcript of KANT CURRÍCULO MARCO HISTÓRICO E 1. 2. 3 ... · En 1776 os EE.UU. de América declaran a ... a...
Filosofía moderna II. Kant.
1 de 16
FICHA CURRICULAR
KANT CURRÍCULO
MARCO HISTÓRICO E
CONCEPTUAL
1. Factores políticos, sociais e culturais que no século
XVIII conducen á Ilustración.
2. As novas ideas: progreso, educación ou iluminación,
humanidade, civilización, natureza.
3. Características da Razón Ilustrada.
COMPRENSIÓN 1. A idea Kantiana de Ilustración.
2. A Síntese entre Racionalismo e Empirismo en Kant.
3. O Formalismo Moral.
COÑECEMENTO ESPECÍFICO Poñer en relación a temática do texto con outros puntos da
temática do curso
Filosofía moderna II. Kant.
2 de 16
ENMANUELLE KAN. (1724-1804): O FILOSOFO DA ILUSTRACIÓN
Nado en Königsberg, capital de Prusia Oriental, foi educado
nun ambiente ríxido e disciplinado (actualmente Kaliningrado,
Rusia), cunha forte presenza do pietismo, corrente protestante
que potenciaba a experiencia relixiosa individual e valores
como a austeridade, a humildade o el rigor moral. Durante o
seu paso pola universidade interesouse por materias moi
diversas: filosofía, ciencias naturais, física e matemáticas. Non
levou unha vida puramente académica: comenzou traballando
como profesor particular ata que en 1755 acadou acceder á
universidade de Königsberg, impartindo materias como lóxica, metafísica, matemáticas, física,
xeografía, pedagoxía, dereito natural, filosofía moral ou teoloxía natural. Nestes primeiros
anos, as súas obras xiran arredor de temas científicos. Durante algúns anos (1766-1772)
desempeñou tamén as funcións de bibliotecario do castelo da súa cidade. As súas clases eran
moi concurridas e coñecidas: anos despois, Herder referiríase a Kant como “un mestre de
humanidade”.
Para completar a súa biografía (enlace web)
ALGUNHAS OBRAS QUE FORMAN PARTE DESTE PERÍODO CRÍTICO
1781 "Crítica da razón pura"
1783 "Prolegómenos a toda metafísica futura"
1784 "Ideas para unha historia universal en clave cosmopolita"
1784 "Que é a Ilustración?"
1785 "Fundamentación da metafísica dos costumes"
1788 "Crítica da razón práctica"
1790 "Crítica do xuízo"
1793 "A relixión dentro dos límites da mera razón"
1795 "Cara a paz perpetua"
1797 "A metafísica dos costumes"
1798 "Antropoloxía dende o punto de vista pragmático"
Filosofía moderna II. Kant.
3 de 16
Marco histórico-conceptual.
1. Factores políticos, sociais e culturais que no século XVIII conducen á Ilustración.
O século XVIII é un século de recuperación económica e de explosión demográfica, unha época
de grandes transformacións, que se aceleran sobre todo a partir da segunda metade do século.
Estas transformacións inflúen en todos os ámbitos da vida política, económica, social, etc. No
terreo filosófico é o século do empirismo e a ilustración.
a) A situación económica
Nesta época vanse producir unha serie de cambios fundamentais que afectan dun xeito ou
outro á economía europea.
A economía segue sendo fundamentalmente agrícola. Nesta época, sobre todo, nos
Países Baixos e Inglaterra, prodúcese unha auténtica revolución agrícola como
consecuencia fundamentalmente de á introdución de novas técnicas agrícolas e
mellora de ferramentas.
Prodúcese, sobre todo a partir da segunda metade do século, unha explosión
demográfica. En 50 anos duplícase a poboación, cousa sen precedentes na historia
coñecida da humanidade.
Desenvólvese por primeira vez un intento de explicación científica da economía, que
dará orixe a dúas escolas principais:
o os fisiócratas franceses: para os que a base da riqueza económica é a terra,
ocupando a industria e o comercio un plano secundario;
o o liberalismo inglés: cuxo representante máis destacado, Adam Smith, pon á
base do sistema económico o traballo en non a terra. Defende un modelo de
economía baseado na “lei da oferta e a demanda”, onde o Estado non debe
intervir no mecanismo das leis económicas.
Ao final de século iníciase a Revolución Industrial, como consecuencia, sobre todo, da
invención da máquina de vapor por James Watt (1785), e a súa aplicación ao terreo
produtivo.
1. Factores políticos, sociais e culturais que no século XVIII conducen á Ilustración.
2. As novas ideas: progreso, educación ou iluminación, humanidade, civilización,
natureza.
3. Características da Razón Ilustrada
Filosofía moderna II. Kant.
4 de 16
Un elemento decisivo como factor desencadeante das revolucións liberais é o ascenso
dunha burguesía comercial que impulsou a esixencia dun mercado libre (ata entón a
actividade comercial estaba regulamentada polo monarca).
b) A situación social
Respecto da situación política é necesario destacar a supervivencia da sociedade estamental,
dividida en tres grandes estamentos: nobreza, clero e o denominado “terceiro estado”.
Porén, este tipo de organización social entra nunha crise forte. A nobreza, que basea o seu
poder económico na posesión da terra, comeza a perder peso fronte á burguesía que domina
o comercio e a industria. Pero o poder económico non ten correspondencia co poder político,
en mans dunha nobreza que persiste en asegurar a servidume do campesiñado. Esta situación
vai dar lugar a un malestar crecente que conducirá á Revolución Francesa de 1789 e a outras
revoltas na Europa continental.
c) A situación política
Este período caracterízase polo predominio das monarquías absolutas en gran parte de
Europa.
Casos excepcionais o son Gran Bretaña (onde goberna unha monarquía parlamentaria); Suíza
e Venecia, con sistemas republicanos); e Polonia (cunha monarquía electiva) . Na Europa do
Leste, onde segue persistindo o feudalismo, xurde unha forma de goberno que será coñecida
como despotismo ilustrado: o Estado toma baixo a súa responsabilidade, a falta dunha clase
burguesa, a modernización da sociedade (colocándose con frecuencia fronte aos intereses da
aristocracia). Así sucede na Prusia de Federico II O Grande, baixo cuxo reinado escribe Kant
gran parte da súa obra.
En 1776 os EE.UU. de América declaran a independencia, e en 1787 proclaman a súa
constitución, a primeira constitución democrática posta en funcionamento na historia. O
parlamentarismo inglés, a constitución americana, e a Revolución Francesa de 1789 coa
Declaración dos Dereitos do home e do cidadán, serán os puntos de partida para a
organización moderna da sociedade, en sistemas democráticos liberais, que liquidarán
paulatinamente o Antigo Réxime.
d) Arte e cultura
No século XVIII o Barroco deixa paso ao Clasicismo, que podería definirse como un intento de
aplicar o espírito cartesiano -racionalidade, sinxeleza, orde- á arte. Unha manifestación tardía
do Barroco é o Rococó, unha frivolización do Barroco que se volve unha arte cortesán .
No terreo musical continua a maduración do Barroco de mans de Vivaldi, Albinoni, Bach e
Händel. Pero cara mediados do século, tamén no terreo musical o Barroco deixa paso ao
Filosofía moderna II. Kant.
5 de 16
clasicismo, que ten entre os seus máximos representante a Mozart e Haydn. Finalmente, a
cabalo entre os séculos XVIII e XIX, Beethoven comeza a transición ao romanticismo.
2. As novas ideas: progreso, educación ou iluminación, humanidade, civilización, natureza.
As expresións Ilustración, Século das Luces, Iluminismo, designan un movemento cultural,
non estritamente filosófico, que se estende e desenvolve aproximadamente durante o
século XVIII, principalmente en Inglaterra, Francia e Alemaña.
En Inglaterra a Ilustración tivo un carácter marcadamente gnoseolóxico (empirista), aínda que
non se desdeñaron os ámbitos da moral e da política (o contractualismo lockeano e a teoría
ética de Hume (emotivismo).
En Francia é no terreo do pensamento político e histórico onde as contribucións da Ilustración
francesa resultan ser máis novidosas. No campo da teoría política as aportacións de
Montesquieu e Rousseau (teoría do contrato social) serán decisivas para elaborar o concepto
moderno de democracia. A súa vez, Voltaire e Montesquieu, intentarán elevar o estudo da
historia ao rango de ciencia; ao mesmo tempo que se concibe a historia (Turgot e Condorcet)
como o ámbito dun progreso indefinido. Progreso que significa un aumento e xeneralización
do benestar e perfeccionamento moral dos individuos.
En Alemaña a ilustración vaise caracterizar pola análise da razón coa intención de atopar
nela e de facer dela o sistema de principios que rixa dende si mesma o saber da natureza e
da acción moral e política da vida humana (Wolf, Lessing, Kant).
a) A idea de progreso
Como dicíamos, un dos trazos de identidade dos ilustrados é a fe no progreso. Con eles a
historia deixará de ser concibida como o escenario da salvación (pensamento cristiá
medieval) para ser concibida como escenario do progreso humano (secularización). O
movemento ilustrado confía en que o triunfo da razón sobre os prexuízos, as supersticións e o
dogmatismo, conducirá a un extraordinario desenvolvemento das ciencias e das artes, o que
permitirá un maior coñecemento e dominio da natureza para poñela ao servizo do home. Ao
mesmo tempo, o uso da razón axudaranos a crear proxectos de vida individuais e colectivos
que fagan ás sociedades máis xustas e aos individuos máis felices. Esta é a concepción da
historia na que aínda vivimos inmersos.
Filosofía moderna II. Kant.
6 de 16
b) Crítica da civilización
Emilio Rousseau vai ser o primeiro crítico destacado desta concepción do progreso.
Fronte aos ilustrados argumenta que as ciencias e as artes non melloraron ao home,
senón que axudaron a corrompelo,contribuíndo a crear sociedades artificiais nas que
domina a desigualdade e todos os males que esta trae consigo: a opresión dos máis polos
menos, creando riqueza para uns e miseria para os demais; a xénese de paixóns
depravadas, como a ambición, a ansia de honores, o desexo de cousas superfluas; a
artificiosidade da vida, na que os individuos se xulgan polas aparencias, co triunfo
conseguinte da mentira e a impostura; a creación de seres dependentes dos demais e dos
instrumentos e, por iso, débiles, etc. Por iso propón unha nova política basada no
contrato social que exprese a vontade xeral e deposite no pobo o poder soberán. A
lexitimación do Estado depende da capacidade de respectar a natureza bondadosa do ser
humano no estado de natureza (optimismo antropolóxico –bo salvaxe-).
c) A ilustración en Kant
Toda a obra kantiana, como en xeral toda a Ilustración, é un alegato en favor da liberalización
de toda tutela (tradicións, autoridade, fe irracional), e en favor dese heroísmo que se precisa
para atreverse a pensar por un mesmo. O lema deste movemento é SAPERE AUDE, ousa
pensar.
3. Características da Razón Ilustrada.
a) É autónoma. Isto quere dicir que se vale por si mesma, sen necesidade de axudas
externas (como a que lle podía ter dado a fe ou a tradición). Polo tanto, hai que confiar
plenamente na súa capacidade para coñecer a realidade e guiar o comportamento
humano, individual e colectivo.
b) É secular, é dicir, é laica. Unha das consecuencias da autonomía da razón é o seu
secularismo. Pois, se o racionalismo facía depender toda a súa validez como doutrina
na razón divina, a ilustración pon como tribunal último da razón á razón mesma,
confiando plenamente nas súas capacidades e no seu progreso. Isto non implica unha
defensa do ateísmo. Deus pode seguir sendo importante e incluso imprescindible. Pero
o Deus dos ilustrados será un Deus racional e ao que se accede a través da razón
(deísmo).
c) É limitada. A diferenza do concepto racionalista de razón, os ilustrados consideran que
a razón, aínda sendo autónoma, é limitada.. Pero os límites non son externos senón
internos; é dicir, veñen dados pola propia natureza da razón. Así, por exemplo, os
Filosofía moderna II. Kant.
7 de 16
ilustrados consideran que a razón ten que partir da experiencia, do dado, e non pode,
como crían os racionalistas, coñecer a partir duns primeiros principios sacados de si
mesma.
d) É universal. Isto quere dicir que é unha e a mesma para todos os seres humanos.
e) É analítica e crítica. Isto quere dicir que non acepta nada como dogma, que somete
todo a análise. E comezará a someter a análise aqueles factores externos que
coartaban a súa liberdade, tales como os prexuízos, a tradición, as supersticións e toda
forma de autoridade que pretenda impoñer límites externos ao uso da razón. Esta
actitude crítica leva á defensa da tolerancia (no ámbito político, relixioso, nos
costumes, etc.).
Filosofía moderna II. Kant.
8 de 16
Comprensión
1. A idea kantiana de Ilustración.
2. A síntese entre Racionalismo e Empirismo en Kant.
3. O formalismo Moral.
1. A idea kantiana de Ilustración.
A crítica da razón como tarefa fundamental da filosofía. (Texto 1)
Como filósofo ilustrado, Kant asume a clarificación do home e da sociedade. Pero remite esa
esixencia de clarificación, primaria e fundamentalmente, á propia razón.
En primeiro lugar, trata de resolver o antagonismo entre as diferentes interpretacións da
razón:
1. Dunha parte, a posición racionalista que consiste na pretensión de que só a razón,
autosuficiente e ao marxe da experiencia, é capaz de interpretar e descubrir a estrutura e o
sentido do real. Nun principio, Kant foi racionalista e a súa posición a respecto da razón era
dogmática (a razón non ten límites, dogmatismo).
2. Doutra parte, o empirismo, cuxa expresión última é o escepticismo, como intento de
reducir o pensamento ao dado (impresións sensibles). En palabras do propio Kant, “Hume
espertóume do meu soño dogmático”.
Estas interpretacións antagónicas da razón impoñen, segundo Kant, a necesidade de levar a
cabo unha crítica da mesma, cales son os límites e cales os ámbitos.
Se a razón debe guirar ao ser humano para facelo libre, antes haberá que saber en que
consiste a natureza humana nas súas facetas máis importantes da vida, aquelas nas que a
razón debe necesariamente intervir para que sexa activo. A estas facetas chámaas Kant
Intereses esenciais da razón.
1. Que podo saber? Ámbito teórico da razón (crítica da razón teórica)
2. Que debo facer? Ámbito práctico (crítica da razón práctica)
3. Que podo agardar se fago o que debo? Ámbito da relixión.
As tres preguntas anteriores resúmense nunha:
Que é o ser humano?
Filosofía moderna II. Kant.
9 de 16
Na medida en que o ser humano coñece e actúa segundo o seu deber, ten dereito a esperar a
felicidade. Cando nos facemos estas preguntas estamos preguntándonos pola nosa propia
existencia e a razón que as contesta é a sabedoría.
Ilustración e liberdade como meta da razón.
A Ilustración ou Iluminismo é un movemento cultural que fai famosa a expresión “SAPERE
AUDE” –atrévete a saber- . O ser humano invítase a si mesmo a saber, a coñecer, para
conseguir unha expansión do coñecemento semellante á luz cando ilumina libremente e
destrúe as tebras, a ignorancia. Esta metáfora da luz foi empregada na tradición platónico-
cristiá pero nun sentido teolóxico: a divindade era a fonte da luz, unha vez que o ser humano
se liberase das ataduras do corpo e preparase a alma para recibila. Agora emprégase nun
sentido terreal (secularización): trátase da luz da razón, da crítica, do traballo, do esforzo, da
fe no ser humano e nas súas propias capacidades, dun ser humano que quere deixar de ser
tutelado por un deus-pai para emprender o seu propio destino terreal. Un ser humano que
quere sair dunha minoría de idade na que se atopa por propia culpa, por non utilizar a
capacidade crítica e non ter o valor de seguir o seu propio xuízo.
Kant cre que a crítica da razón resulta absolutamente necesaria non só a causa da diversidade
de interpretacións que da razón teñen dado os filósofos, senón tamén a causa do modo en que
os homes da súa época viven a súa vida humana: un modo que non é ilustrado, é dicir, non
emancipado, de “minoría de razón”, “de minoría de idade”
(no texto: “Ilustración é a saída do home da súa minoría de idade”, “ Minoría de idade é a
incapacidade de servirse do seu entendemento sen a dirección doutro”)
En 1784, Kant expresa esta posición nun pequeno texto chamado “Que é a Ilustración?” no
que afirma que non abonda un cambio das leis e institucións que impiden unha sociedade máis
xusta; tamén é necesario un cambio na mentalidade e na conduta dos individuos. A condición
do cambio está en que cada persoa exerza o seu espírito crítico e se faga maior de idade para
construir o seu propio proxecto vital. A Ilustración non é tan só unha loita contra os
prexuizos senón unha atitude práctica, unha orden que todos os seres humanos deben darse
a si mesmos. Atreverse a saber o que significa ser home, a cargar con responsabilidade coa
propia vida. Ese é o noso dereito e o noso deber, ser soberanos das nosas propias vidas e ter
poder para recoñecer que é o que obstaculiza esta meta. Debemos facer facer isto de tal
forma que deixemos facer aos homes que nos rodean o mesmo. Esta é a forma racional de
vida.
Filosofía moderna II. Kant.
10 de 16
(no texto: “¡Sapere aude! ¡Ten o valor de servirte do teu propio entendemento!, velaí a divisa
da ilustración”).
Na crítica da razón proponse o exercicio e realización da liberdade, unha liberdade non só
subxectiva, senón que ten que proxectarse na estruturación dunha nova orde social.
Toda a obra kantiana, como en xeral toda a Ilustración, é un alegato en favor da liberalización
de toda tutela (tradicións, autoridade, fe irracional), e en favor dese heroísmo que se precisa
para atreverse a pensar por un mesmo :
(no texto: “Preguiza e covardía son a causa pola que unha tan grande parte de homes moito
despois de que a natureza os ceibara da dirección allea “, “A inmensa maioría dos homes
consideran que o paso cara á maioría de idade, ademais de pesado, é perigoso”, “De aí que só
uns poucos conseguisen co propio esforzo do seu espírito zafarse da minoría de idade e, con
todo, manter o paso firme”).
Porén, para Kant, esta defensa do uso da razón de cada un ten un certo límite. Kant distingue o
uso público da razón do seu uso privado. En canto ao uso público ten que haber unha total
liberdade do uso da razón. En canto ao uso privado esta poderá (e incluso deberá) restrinxirse
a certos límites. Por uso público entende a discusión pública de todos os problemas que
poidan afectar aos individuos con vistas a atopar fórmulas mellores para resolvelos:
(no texto: “Ben máis posible é, pola contra, que o público se ilustre por si mesmo; así será, de
certo, case inevitablemente con só que se deixe en liberdade.”).
Por uso privado entende o uso que como profesional (como funcionario) vese obrigado a facer
da razón. Así, di Kant, un cidadán pode criticar publicamente os impostos que rexen no seu
Estado e intentar ofrecer sistemas mellores na súa distribución, recadación, etc. Pero non
pode negarse (en virtude do uso privado da súa razón) a pagar os impostos sen máis.
Filosofía moderna II. Kant.
11 de 16
2. A síntese entre o Racionalismo e o Empirismo. A CRÍTICA DA RAZÓN PURA
PARTES DA CRÍTICA DA RAZÓN PURA (dimensión teórica da razón)
ANÁLISE DAS CONDICIÓNS E LÍMITES DO COÑECEMENTO.
ESTÉTICA
TRASCENDENTAL
LÓXICA TRASCENDENTAL
Analítica
trascendental
Dialéctica
trascendental
FACULTADES DA RAZÓN Sensibilidade Entendemento Razón
ELEMENTOS A PRIORI QUE
PON A RAZÓN NO PROCESO
DO COÑECEMENTO.
Formas puras da
sensibilidade (espacio
e tempo)
Categorías ou
conceptos puros.
Ideais da razón
Uso regulativo na
tarefa do
coñecemento.
CRÍTICA DA RAZÓN PRÁCTICA
(dimensión práctica da razón)
A FORMA DA MORAL É O
IMPERATIVO CATEGÓRICO.
Postulados da razón práctica
Non son demostrables. Presupoñen a
liberdade, a inmortalidade da alma e a
existencia de Deus.
RACIONALISMO MODERNO Descartes Spinoza
Malebranche Leibniz
EMPIRISMO MODERNO Locke
Berkeley Hume
VERSUS
FILOSOFÍA MODERNA (Ss XVII-XVIII
IDEALISMO TRASCENDENTAL DE KANT
Eido do fenoménico
Filosofía moderna II. Kant.
12 de 16
Kant continúa e supera as posicións da filosofía denominada moderna, tanto racionalista como
empirista. O seu novo punto de vista sobre o coñecemento, denominado FILOSOFÍA
TRASCENDENTAL ou CRITICISMO KANTIANO, resolve o problema xenerado por Descartes ao
propoñer como obxecto do coñecemento as representacións (coñecemos ideas ou a través de
ideas). Lembrade que a demostración da substancia infinita é o único recurso que lle queda a
este filósofo francés para asergurar que as ideas claras e distintas son obxectivas. O
coñecemento é universal e obxectivo porque un Deus non enganador asegura a
correspondencia.
A liña empirista, que postula como orixe do coñecemento as impresións sensibles e afirma que
o entendemento é un papel en branco, non resolve o problema. Hume, o último filósofo
empirista moderno chega a un escepticismo ou fenomenismo radical: só temos impresións
pero non podemos afirmar que existen obxectos (substancias) que causan esas impresións en
min. O coñecemento científico non é universal nin necesario. Tan só é probable porque se basa
na crenza da regularidade das impresións.
O xiro copernicano na concepción do coñecemento
A teoría de Kant é revolucionaria (de feito dise que o filósofo de Könisberg provocou unha
revolución na concepción do coñecemento equivalente á producida pola teoría copernicana en
astronomía):
Acepta a validez e univesalidade do coñecemento científico pero rexeita que sexa este
unha mera dedución a priori (con independencia da experiencia) a partir das ideas
simples innatas, tal como sostiña o Racionalismo.
Rexeita o fenomenismo empirista de Hume pero afirma que o coñecemento ten que
partir da experiencia.
A súa teoría é unha síntese (vulgarmente, reunir en unidade o que estaba separado
conformando unha entidade superior)dos dous plantexamentos gnoseolóxicos (teorías
do coñecemento precedentes) / Texto 3 e 4
o Para Kant, sen experiencia sensible non hai auténtico coñecemento. Así, sen os
datos que proveñen da experiencia, o noso coñecemento por moi universal e
necesario que fose quedaría baleiro de contido: sería unha lóxica pura ou
matemática pura, sen contido ( ou como adoita dicir Kant, sen materia).
o Pero o coñecemento non se reduce á experiencia. A razón humana non é
pasiva senón que ordea e estrutura o material aportado polos sentidos.
Primeiro aportando unha forma ou modo de percibir que denomina intuicións
Filosofía moderna II. Kant.
13 de 16
purasde espacio e tempo . Segundo, sometendoa anterior síntese a unha nova
estrutura conceptual realizada polo entendemento e que chama categorías ou
modos de construir a realidade, os obxectos. Ambas, intuicións puras do
espazo e tempo e categorías son estruturas a priori, postas pola razón,
primeiro na sensibilidade e logo no entendemento.
o O coñecemento é universal e obxectivo porque se basea nunhas facultades e
disposicións que comparten todos os seres humanos, da nosa forma de
coñecer: non da materia do coñecemento senón da forma do mesmo ( de
como estruturamos nós (forma) a materia do coñecemento. Estas disposicións,
porén, condiciónannos aaconstruir unha particular e específica imaxe do
mundo que non se debe confundir coa maneira como é o mundo en realidade.
Para comprobar se, verdadeiramente, existe correspondencia entre o que
coñecemos e a realidade obxectiva, teríamos que sair de nós mesmos e
comprobalo. Posibilidade que Kant rexeitará.
o O coñecemento científico é aquel que ofrece un coñecemento universal e
necesario do dado na experiencia. O dado na experiencia é o que Kant chama
fenómeno ou realidade para nós. O que non pode someterse ás estruturas
formais da nosa razón (que chama categorías) chámao noúmeno ou realidade
en si.
A importancia que Kant lle dá ao suxeito en canto que é a razón a que impón as formas
a priori no proceso de coñecemento explica que a súa filosofía se coñeza co nome de
IDEALISMO TRASCENDENTAL.
Idealismo: é a teoría do coñecemento que sostén que non coñecémo-las cousas tal e
como son en si mesmas, senón que o suxeito constitúe en parte ó obxecto ( e o
constitúe en parte e non totalmente porque necesita para tal construcción a
aportación do dado nas impresións).
Trascendental: quere dicir que esas condicións que o suxeito pon a priori para poder
coñecer son as mesmas que fan posible a experiencia como tal ( sometida a
ordeación).
O noso coñecemento está mediatizado pola nosa forma humana común de coñecer.
Así, o suxeito, o home, condiciona o coñecemento. Se estiveramos estruturados
doutro xeito, o coñecemento sería diferente.
Filosofía moderna II. Kant.
14 de 16
Segundo o filósofo alemán,non podemos coñecer en realidade como é o mundo. Tan
só o podemos coñecer á maneira dos humanos e a nova ciencia (Newton) é forma máis
válida que temos.
Kant non é un escéptico ao modo de Hume. A pesar de que non podemos ir máis alá
dos límites que caen dentro da nosa forma de coñecer; dentro dela si facemos
ciencia.Tampouco é dogmático como Descartes, xa que o coñecemento científico non
pode traspasar os límites da experiencia posible. Non podemos acadar un
coñecemento absoluto, pero si progresar no coñecemento atendendo ás conclusións
que se extraen da crítica da nosa razón.
Kant é un filósofo crítico. Só podemos coñecer cientificamente ámbito do fenoménico.
Onoúmeno queda como un horizonte intransitable para a razón.
O FIN DA METAFÍSICA COMO CIENCIA / Texto 2
A razón enleada en asuntos que van máis aló dos seus límites. Isto foi a metafísica tradicional e
a metafísica racionalista: fantasía, ilusión, ficción.... Deus, alma e mundo, obxectos da
metafísica, non son fenómenos e, polo tanto, non son obxecto de coñecemento científico:
exceden a nosa capacidade cognoscitiva.
A metafísica tradicional incurre nunha Ilusión transcendental que consiste en aplicar os
conceptos puros (a priori) do entendemento fóra da experiencia. Segundo Kant, a metafísica
tradicional ou dogmática ten por obxecto nocións abstractas que non proceden da experiencia
nin son do mesmo tipo de a priori que as categorías ou conceptos puros do entendemento: as
ideas de Mundo (formada pola unificación de tódolos fenómenos físicos), Alma (formada pola
unificación de tódolos fenómenos psíquicos) e Deus (que se forma pola unificación de tódolos
fenómenos, tanto físicos como psíquicos). A razón sería a facultade das ideas. Mentres que o
entendemento circunscríbese ao ámbito da experiencia empírica, só dentro do cal é lexítimo o
uso de categorías, a razón pretende ir máis alá da experiencia. A razón pretende coñecer a
cousa en-si (nóumeno). Pero os noúmenos son incognoscibles.
A metafísica tradicional fai un uso trascendente das categorías (aplicándoos máis aló dos
límites da experiencia). Só é lexítimo un uso trascendental ou regulativo, en canto que
representa o absoluto como idel cara onde camiña o coñecemento humano, un proceso que
nunca remata cara esa meta ideal. A función das ideas da razón no seu uso regulativo é
organizar mellor e entender o que reside na experiencia
Deus, alma e mundo, ideas regulativas da razón, expresan o ideal do coñecemento –no
vocabulario de Kant son as ideas trascendentais da razón - e como todo ideal:
Filosofía moderna II. Kant.
15 de 16
serven de horizonte e de norte de cara a onde tender no coñecemento;
en tanto que ideais sabemos que non os imos realmente a acadar: son incognoscibles
para o home.
As ideas da razón quedan na filosofía kantiana como o desexo de acadar o absoluto, pois o
home ten ansias de absoluto, de ser sabio; se ben é só un desexo sen posibilidade de
realización: o home só pode coñecer cientificamente os fenómenos, pero Deus, alma e mundo
van máis alá dos fenómenos.
3. O formalismo moral. / textos 5, 6, 7 e 8
Que podo saber?. Esta é unha das preguntas da razón crítica que contesta na obra “Crítica da
Razón Pura”. A faceta moral, o ámbito da vida humana no que se fai un uso práctico da razón
como guía da acción da vontade. Que debo facer? E Que podo agardar se fago o que debo?. A
estas dúas preguntas responde nas obras “Crítica da Razón Práctica” e “Metafísica dos
costumes”.
Kant sostén que o o coñecemento non é útil se non contribúe a facer máis humano e máis
auténtico o noso comportamento. O valor da razón é eminentemente práctico. Por iso somete
a exame as reflexións éticas tradicionais e conclúe que son todas materiais, que todas
conteñen obxectivos e medios para acadalos; promóvense determinadas accións como medios
para obter determinadas recompensas (pracer, saúde, felicidade…). Estas éticas están
constituídas por imperativos hipotéticos (ordenan ou prohiben unha acción en función do
obxectivo que propoñamos e teñen a forma: se…., entón). Estas normas só obrigan a unha
persoa se quere acadar o ben ao que desexa aspirar (non fumes se queres ter unha vida
saudable). Estas éticas tamén son heterónomas xa que o cumprimento do deber depende de
intereses subxectivos e trátase de atopar un deber que sexa válido de forma universal, para
todos os seres humanos. Un deber non é un feito. É unha norma. A condición desa norma, se
se quere buscar unha validez para toda a especie, é que sirva para todos, que poida ser
querida por todos os homes libres. Unha ética ten que ser universal e autónoma, unha ética
racional. Para acadar a maioría de idade esíxese que o propio ser humano determine a lei
moral e a súa validez vai estar na forma, na maneira na que debemos actuar, non no contido
dos preceptos ou normas.
O IMPERATIVO CATEGÓRICO E O PRINCIPIO DE UNIVERSALIDADE. A FORMA DA MÁXIMA.
As éticas materiais están constituídos por imperativos hipotéticos, a ética formal por
imperativos categóricos : “actúa segundo aquela máxima pola que poidas, ao mesmo tempo,
querer que se converta en lei universal” (principio de universalidade). A norma para ser
Filosofía moderna II. Kant.
16 de 16
moral debe conter a característica de ser universalizable. “o que non queiras para ti non o
queiras para os demais”.
Outra formulación: “Trata ao ser humano non como un medio, senón como un fin en si
mesmo”, na que se insiste na dignidade do ser humano e na imposibilidade de utilizar como
medio para acadar un fin.
Actuar moralmente é actuar desinteresadamente, por respecto ao deber (convencemento
interno). Unha cousa é obrar de acordo co deber (legalmente) e outra por amor ao deber
(moralmente): eu podo actuar segundo as normas por medo a castigos ou para acadar
algunha recompensa ou porque creo que se debe facer así, sen agardar nada a cambio.
Só cando o que nos move é a vontade de cumprir co noso deber, somos morais.
CONCLUSIÓN
A crítica da razón teórica deixou establecidos os límites da razón e a imposibilidade de acadar
coñecemento sobre cuestións que van máis aló dos límites da nosa experiencia fenoménica.
Estas supostas realidades últimas, denominadas noúmenos, funcionan como reguladoras da
activdade racional, de tal modo que son como faros cara os que se dirixe o coñecemento sen
nunca poder chegar a acadalos. Son as Ideas trascendentais da Razón, indemostrables
cientificamente pero necesarias dende o punto de vista moral. Estas Ideas son denominadas
Postulados da razón práctica. Non son demostrables, pero hai que presupoñelos.
A liberdade humana: hai que presupoñer a liberdade humana anque o mundo estea
suxeito a leis físicas deterministas.
A inmortalidade da alma: é necesario para darlle sentido á existencia é a´moralidade
e este postulado será a recompensa xusta cunha existencia feliz.
A existencia de Deus: garantía da existencia humana, no que se identifican virtude e
felicidade.
As dúas Críitcas instauran un dualismo no ser humano: en canto que coñece cientificamente e
en canto é libre para decidir. A síntese acádase co sentimento de beleza e no sentimento do
sublime, sentimento desinteresado que reconcilia o mundo natural coa liberdade. Por iso
dise que Kant anticipa o Idealismo Romántico.
Test de autoavaliación da filosofía de kant (enlace)