Isaac Díaz Pardo

1
06.01.2010 | GALICIA HOXE | 29 MARÉ “A miña obriga é defender Sargade- los e resistir até o último momen- to”. Malia a súa firme convicción, a Isaac Díaz Pardo xa non lle quedan máis cartuchos que queimar. O in- telectual galeguista está estes días a empaquetar as súas pertenzas á espera de que o vindeiro luns, 11 de xaneiro, sexa finalmente destituído como conselleiro delegado na xunta de accionistas do Instituto Galego de Información (IGI), e teña que abandonar a que foi a súa vivenda e a súa empresa durante máis de vinte anos, así como o seu último bastión no grupo Sargadelos. “Se eu tivese que marchar do IGI, podía levar o oitenta por cento das cousas que hai dentro, porque todo o que ves é meu, que non lle perten- ce á empresa”, aseguraba Díaz Par- do cando comezou o que cualifica como “asedio” dos actuais adminis- tradores de Sargadelos, Santiago Sineiro e José Luís Vázquez. Por iso estes días, acompañado polos que xa son ex traballadores do IGI –que levaban máis dun ano sen co- brar a nómina– e pola súa familia, o galeguista afánase en embalar os miles de documentos, fotografías e libros da súa propiedade que alber- ga o edificio situado en San Marcos (Compostela) para trasladalos a O Castro (Sada), onde ten o domici- lio familiar. O afán de Díaz Pardo é poder le- var consigo a maior cantidade posi- ble deste patrimonio xa que o pro- pio galeguista non oculta o seu te- mor a que os novos administradores “desmantelen” e vendan este cen- tro. O filólogo Xosé Ramón Fandi- ño, ex traballador do IGI, que está a axudar ao galeguista tamén amo- sa a súa preocupación polo que vaia pasar co legado do IGI. “Alberga un grande arquivo documental da gue- rra civil e do exilio ademais de to- do o material do seu pai, o pintor e ilustrador, Camilo Díaz Baliño”, si- nala. Con todo, Díaz Pardo, que es- te ano cumprirá 90 anos, mantén o seu ánimo intacto. “Esta é a vo- sa casa, á que sempre seredes ben recibidos e á que sempre estaredes convidados... incluso hoxe”, dicía- lle onte a todo o que se achegaba ao IGI. “Isaac estaba resistindo pero os novos administradores non res- pectan nin iso”, asegura indignado Fandiño. O vindeiro 11 de xaneiro está convocada por orde xudicial unha asemblea de socios do IGI, cunha As caixas amontoábanse onte na sede do Instituto Galego de Información, en Compostela orde do día centrada na “censura da xestión social do exercicio de 2008” e o nomeamento dos novos admi- nistradores, o que suporá a definiti- va destitución de Díaz Pardo. A maioría dos accionistas con- seguiu que a asemblea do vindei- ro día 11 de xaneiro estea presidida por unha persoa designada polo Co- lexio de Avogados de Santiago, des- pois de ter denunciado a actuación do presidente da anterior xunta ce- lebrada en novembro de 2008, Víc- tor Rupén, partidario de Díaz Par- do, que decidiu non someter a vota- ción a proposta de destituír ao ga- leguista. Ao ver de Fandiño, “o IGI era a factoría cultural do grupo Sargade- los, a súa intención era recuperar a dignidade da memoria histórica, pero agora todo iso desapareceu: as exposicións nas galerías, as presen- tacións...”. Segundo denunciaba Díaz Pardo a este xornal hai unhas semanas, a xuntanza de socios do vindeiro luns faise para “ocultar que seis dos que impulsaron a operación Sargadelos están imputados para declarar ese día”. O galeguista referíase a unha querela criminal que presentou no Xulgado de Viveiro contra Santiago Sineiro e José Luis Vázquez por telo supostamente expulsado do Conse- llo de Administración de Sargade- los. Con todo, o desbloqueo deste proceso xudicial non evitará que o galeguista teña que desaloxar o edi- ficio que se convertera no seu últi- mo reduto na empresa, despois de abandonar en 2006 Cerámicas do Castro e Sargadelos por decisión da maioría do accionariado, crítico coa súa xestión. Sineiro e Vázquez culpan o galeguista de mala xestión Este xornal intentou onte sen éxito poñerse en contacto cos novos ad- ministradores do grupo empresa- rial. Con todo, Santiago Sineiro e José Luis Vázquez teñen manifesta- do en reiteradas ocasións que Sar- gadelos se atopa nunha situación económica insostible, da que cul- pan á mala xestión de Díaz Pardo. Por iso a súa intención é refrotala e facela viable mantendo as súas se- ñas de identidade. Agoniza deste xeito un proxec- to cultural nado no ano 1949 coa creación de Cerámicas do Castro. Un modelo que tamén viaxaría a Bos Aires, onde, da man do artista Luís Seoane e do arquitecto Andrés Fernández Albalat, xurdiu en 1963 o Laboratorio de Formas de Galicia, dedicado á creación dunha serie de empresas recuperadoras da memo- ria histórica como o reinicio do tra- ballo do Seminario de Estudos Ga- legos, o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, o Museo Carlos Maside, Edi- ciós do Castro e o Instituto Galego da Información. Isaac embala o seu legado CONFLITO Díaz Pardo prepara a súa saída do Instituto Galego de Información, á espera de que o 11 de xaneiro sexa destituído e desaloxado do seu último bastión no grupo Sargadelos Está a empaquetar os documentos e libros que alberga a que foi a súa casa e a súa empresa máis de vinte anos V. Oliveira . Santiago Sen fundación, o intelectual teme polo futuro do centro O propio Díaz Pardo enxergou e deseñou –mobiliario incluído– o IGI para albergar as instalacións do xornal Galicia, un proxecto fi- nalmente frustrado debido, sobre todo, ao falecemento no exilio do que ía ser o seu director, Lorenzo Varela. Con todo, o Instituto Ga- lego da Información quedou como sede do Laboratorio de Formas, que tiña como obxectivo “recupe- rar a memoria histórica”. A día de hoxe, o edificio alber- ga toda a documentación do Con- sello de Galiza, o máis parecido a un Goberno galego no exilio ou os papeis do Instituto Español de Londres. Nos seus andeis conser- va tamén a biblioteca de Díaz Ro- zas, coordinador da sección de pe- dagoxía do refundado Seminario de Estudos Galegos e unha gran colección de epistolarios de Carlos Maside, Felipe Fernández Armes- to, Ángel Amor Ruibal, María Ca- sares, Isidro Parga Pondal, Xoán Xesús González, Ramón Cabani- llas, Arturo Cuadrado, Santiago Casares Quiroga, Fermín Bouza Brey ou Celso Emilio Ferreiro. Documentos e máis documen- tos aínda sen clasificar amoréanse en arquivadores, andeis e caixas que agora Díaz Pardo teima en ‘salvagardar’ dos novos adminis- tradores de Sargadelos. “Queren acabar co IGI para vender o edifi- cio e quedar cos cartos”, asegura- ba o galeguista no libro de conver- sas de Xosé Manuel del Caño so- bre o contencioso de Sargadelos. En xaneiro de 2008, o mani- festo O Castro-Sargadelos: Patri- monio da Galiza, asinado, entre outros, polos ex presidentes da Xunta –Fernández Albor, Gonzá- lez Laxe e Fraga Iribarne– e se- cundado por decenas de escri- tores, artistas e políticos, o tex- to instaba á Xunta para intervir no conflito accionarial a favor de Díaz Pardo. E mesmo se formulou a posibilidade de constituír unha fundación pública que protexese o legado do Instituto Galego de Información, unha iniciativa que non frutificou. INCERTEZAS

Transcript of Isaac Díaz Pardo

Page 1: Isaac Díaz Pardo

06.01.2010 | GALICIA HOXE | 29MARÉ

“A miña obriga é defender Sargade-los e resistir até o último momen-to”. Malia a súa firme convicción, a Isaac Díaz Pardo xa non lle quedan máis cartuchos que queimar. O in-telectual galeguista está estes días a empaquetar as súas pertenzas á espera de que o vindeiro luns, 11 de xaneiro, sexa finalmente destituído como conselleiro delegado na xunta de accionistas do Instituto Galego de Información (IGI), e teña que abandonar a que foi a súa vivenda e a súa empresa durante máis de vinte anos, así como o seu último bastión no grupo Sargadelos.

“Se eu tivese que marchar do IGI, podía levar o oitenta por cento das cousas que hai dentro, porque todo o que ves é meu, que non lle perten-ce á empresa”, aseguraba Díaz Par-do cando comezou o que cualifica como “asedio” dos actuais adminis-tradores de Sargadelos, Santiago Sineiro e José Luís Vázquez. Por iso estes días, acompañado polos que xa son ex traballadores do IGI –que levaban máis dun ano sen co-brar a nómina– e pola súa familia, o galeguista afánase en embalar os miles de documentos, fotografías e libros da súa propiedade que alber-ga o edificio situado en San Marcos (Compostela) para trasladalos a O Castro (Sada), onde ten o domici-lio familiar.

O afán de Díaz Pardo é poder le-var consigo a maior cantidade posi-ble deste patrimonio xa que o pro-pio galeguista non oculta o seu te-mor a que os novos administradores “desmantelen” e vendan este cen-tro. O filólogo Xosé Ramón Fandi-ño, ex traballador do IGI, que está a axudar ao galeguista tamén amo-sa a súa preocupación polo que vaia pasar co legado do IGI. “Alberga un grande arquivo documental da gue-rra civil e do exilio ademais de to-do o material do seu pai, o pintor e ilustrador, Camilo Díaz Baliño”, si-nala.

Con todo, Díaz Pardo, que es-te ano cumprirá 90 anos, mantén o seu ánimo intacto. “Esta é a vo-sa casa, á que sempre seredes ben recibidos e á que sempre estaredes convidados... incluso hoxe”, dicía-lle onte a todo o que se achegaba ao IGI. “Isaac estaba resistindo pero os novos administradores non res-pectan nin iso”, asegura indignado Fandiño.

O vindeiro 11 de xaneiro está convocada por orde xudicial unha asemblea de socios do IGI, cunha

As caixas amontoábanse onte na sede do Instituto Galego de Información, en Compostela

orde do día centrada na “censura da xestión social do exercicio de 2008” e o nomeamento dos novos admi-nistradores, o que suporá a definiti-va destitución de Díaz Pardo.

A maioría dos accionistas con-seguiu que a asemblea do vindei-ro día 11 de xaneiro estea presidida por unha persoa designada polo Co-lexio de Avogados de Santiago, des-pois de ter denunciado a actuación do presidente da anterior xunta ce-lebrada en novembro de 2008, Víc-tor Rupén, partidario de Díaz Par-do, que decidiu non someter a vota-ción a proposta de destituír ao ga-leguista.

Ao ver de Fandiño, “o IGI era a factoría cultural do grupo Sargade-los, a súa intención era recuperar a dignidade da memoria histórica, pero agora todo iso desapareceu: as exposicións nas galerías, as presen-tacións...”.

Segundo denunciaba Díaz Pardo a este xornal hai unhas semanas, a xuntanza de socios do vindeiro luns faise para “ocultar que seis dos que impulsaron a operación Sargadelos están imputados para declarar ese día”. O galeguista referíase a unha querela criminal que presentou no Xulgado de Viveiro contra Santiago Sineiro e José Luis Vázquez por telo supostamente expulsado do Conse-llo de Administración de Sargade-los. Con todo, o desbloqueo deste proceso xudicial non evitará que o galeguista teña que desaloxar o edi-ficio que se convertera no seu últi-mo reduto na empresa, despois de abandonar en 2006 Cerámicas do Castro e Sargadelos por decisión da maioría do accionariado, crítico coa súa xestión.

Sineiro e Vázquez culpan o galeguista de mala xestiónEste xornal intentou onte sen éxito poñerse en contacto cos novos ad-ministradores do grupo empresa-rial. Con todo, Santiago Sineiro e José Luis Vázquez teñen manifesta-do en reiteradas ocasións que Sar-gadelos se atopa nunha situación económica insostible, da que cul-pan á mala xestión de Díaz Pardo. Por iso a súa intención é refrotala e facela viable mantendo as súas se-ñas de identidade.

Agoniza deste xeito un proxec-to cultural nado no ano 1949 coa creación de Cerámicas do Castro. Un modelo que tamén viaxaría a Bos Aires, onde, da man do artista Luís Seoane e do arquitecto Andrés Fernández Albalat, xurdiu en 1963 o Laboratorio de Formas de Galicia, dedicado á creación dunha serie de empresas recuperadoras da memo-ria histórica como o reinicio do tra-ballo do Seminario de Estudos Ga-legos, o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, o Museo Carlos Maside, Edi-ciós do Castro e o Instituto Galego da Información. �

Isaac embala o seu legadoCONFLITO Díaz Pardo prepara a súa saída do Instituto Galego de Información, á espera de que o 11 de xaneiro sexa destituído e desaloxado do seu último bastión no grupo Sargadelos

Está a empaquetar os documentos e libros que alberga a que foi a súa casa e a súa empresa máis de vinte anos

V. Oliveira . Santiago

Sen fundación, o intelectual teme polo futuro do centro O propio Díaz Pardo enxergou e deseñou –mobiliario incluído– o IGI para albergar as instalacións do xornal Galicia, un proxecto fi-nalmente frustrado debido, sobre todo, ao falecemento no exilio do que ía ser o seu director, Lorenzo Varela. Con todo, o Instituto Ga-lego da Información quedou como sede do Laboratorio de Formas, que tiña como obxectivo “recupe-rar a memoria histórica”.

A día de hoxe, o edificio alber-ga toda a documentación do Con-sello de Galiza, o máis parecido a un Goberno galego no exilio ou os papeis do Instituto Español de Londres. Nos seus andeis conser-va tamén a biblioteca de Díaz Ro-

zas, coordinador da sección de pe-dagoxía do refundado Seminario de Estudos Galegos e unha gran colección de epistolarios de Carlos Maside, Felipe Fernández Armes-to, Ángel Amor Ruibal, María Ca-sares, Isidro Parga Pondal, Xoán Xesús González, Ramón Cabani-llas, Arturo Cuadrado, Santiago Casares Quiroga, Fermín Bouza Brey ou Celso Emilio Ferreiro.

Documentos e máis documen-tos aínda sen clasificar amoréanse en arquivadores, andeis e caixas que agora Díaz Pardo teima en ‘salvagardar’ dos novos adminis-tradores de Sargadelos. “Queren acabar co IGI para vender o edifi-cio e quedar cos cartos”, asegura-

ba o galeguista no libro de conver-sas de Xosé Manuel del Caño so-bre o contencioso de Sargadelos.

En xaneiro de 2008, o mani-festo O Castro-Sargadelos: Patri-monio da Galiza, asinado, entre outros, polos ex presidentes da Xunta –Fernández Albor, Gonzá-lez Laxe e Fraga Iribarne– e se-cundado por decenas de escri-tores, artistas e políticos, o tex-to instaba á Xunta para intervir no conflito accionarial a favor de Díaz Pardo. E mesmo se formulou a posibilidade de constituír unha fundación pública que protexese o legado do Instituto Galego de Información, unha iniciativa que non frutificou.

INCERTEZAS