INTRODUCCIÓN€¦  · Web viewPRESENTACIÓN Moitas veces, cando pensamos nos inicios da...

8
PRESENTACIÓN Moitas veces, cando pensamos nos inicios da civilización humana, veñen á nosa memoria imaxes relacionadas con Exipto, Mesopotamia ou Grecia. Porén, cando estas civilizacións comezaron a desenvolverse, había millóns de anos que o xénero humano comezara a realizar actividades que mostraban a súas capacidades. A PREHISTORIA

Transcript of INTRODUCCIÓN€¦  · Web viewPRESENTACIÓN Moitas veces, cando pensamos nos inicios da...

Page 1: INTRODUCCIÓN€¦  · Web viewPRESENTACIÓN Moitas veces, cando pensamos nos inicios da civilización humana, veñen á nosa memoria imaxes relacionadas con Exipto, Mesopotamia

PRESENTACIÓN 

Moitas veces, cando pensamos nos inicios da civilización humana, veñen á nosa

memoria imaxes relacionadas con Exipto, Mesopotamia ou Grecia. Porén, cando estas

civilizacións comezaron a desenvolverse, había millóns de anos que o xénero humano

comezara a realizar actividades que mostraban a súas capacidades.

A PREHISTORIA

A Prehistoria é a etapa da humanidade que comprende desde a aparición dos primeiros seres

humanos ata a invención da escritura, un

Page 2: INTRODUCCIÓN€¦  · Web viewPRESENTACIÓN Moitas veces, cando pensamos nos inicios da civilización humana, veñen á nosa memoria imaxes relacionadas con Exipto, Mesopotamia

transcendental invento que tivo lugar arredor do ano 3.000 a.C.

A IDADE DA PEDRA

O PALEOLÍTICO E O NEOLÍTICO

Ao longo de centos de miles de anos a humanidade foi evolucionando e progresando, fabricando novas e mellores ferramentas e descubrindo novidades que facilitaron a súa propia vida e a do seu grupo.

Page 3: INTRODUCCIÓN€¦  · Web viewPRESENTACIÓN Moitas veces, cando pensamos nos inicios da civilización humana, veñen á nosa memoria imaxes relacionadas con Exipto, Mesopotamia

Aínda que de forma lenta, a humanidade foi progresando na técnica de fabricar ferramentas en pedra –desde o lascado ao pulido-, descubriu o lume, a roda, a cerámica, as técnicas de fiado e tecido, a navegación...Moitos destes progresos foron o resultado do transcendental descubrimento da agricultura e da gandaría, así como deixar de ser nómade e converterse en sedentaria, establecerse en aldeas e fundar cidades.

Page 4: INTRODUCCIÓN€¦  · Web viewPRESENTACIÓN Moitas veces, cando pensamos nos inicios da civilización humana, veñen á nosa memoria imaxes relacionadas con Exipto, Mesopotamia

Os avances da humanidade non se produciron ao mesmo tempo en todas as zonas do planeta, pois nunhas avanzaron máis rapidamente que outras. Incluso nos nosos días, existen grupos humanos que manteñen formas de vida do pasado prehistórico.

Page 5: INTRODUCCIÓN€¦  · Web viewPRESENTACIÓN Moitas veces, cando pensamos nos inicios da civilización humana, veñen á nosa memoria imaxes relacionadas con Exipto, Mesopotamia

Imos coñecer un pouco máis das primeiras etapas da historia da humanidade para comprobar como foi evolucionando e descubrindo novos avances para conseguir mellorar as súas condicións de vida

Page 6: INTRODUCCIÓN€¦  · Web viewPRESENTACIÓN Moitas veces, cando pensamos nos inicios da civilización humana, veñen á nosa memoria imaxes relacionadas con Exipto, Mesopotamia

PREGUNTAS1. Que é a Prehistoria?2. Cales son as etapas nas que se divide a Prehistoria?3. Cales son as características máis destacadas do Paleolítico?4. Cales son as principais características do Neolítico?5. Cales son las principais características da Idade dos Metais?6. Como era o modo de vida dos primeiros poboadores da Península Ibérica?7. Cales eran os principais materiais cos que os primeiros poboadores fabricaban as súas ferramentas?8. Que mostras de arte nos deixaron os artistas prehistóricos?9. Cales son os grandes monumentos prehistóricos? De que tipo son os que máis abundan en Galicia?