Reinado de Sabela II sexenio revolucionario movemento obreiro nacionalismos
Informe de resultados - Política Social · consensuada co movemento asociativo, como representante...
Transcript of Informe de resultados - Política Social · consensuada co movemento asociativo, como representante...
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
2
Xunta de Galicia
Consellería de Traballo e Benestar
Secretaría Xeral de Política Social
2014
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
3
Edición:
Xunta de Galicia
Consellería de Traballo e Benestar. Secretaría Xeral de Política Social
Asistencia técnica:
Rosa B. Torrado Carreño
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
4
Índice:
Introdución ............................................................................................................................................................ 5
I. Contextualización: estrutura do plan, actuacións programadas, metodoloxía. .................................................. 7
I.1. Elementos estruturais do plan .................................................................................................................... 7
I.2. Definición das áreas de intervención, obxectivos xerais e específicos. ..................................................... 8
I.3. Metodoloxía de elaboración: síntese descritiva ........................................................................................ 12
II. Estruturas de seguimento. .............................................................................................................................. 14
III. Balance global do plan: 2010-2013 ............................................................................................................... 19
III.1. Area 1. Protección dos dereitos ............................................................................................................. 22
III.1. Area 2. Igualdade de xénero e transversalidade .................................................................................... 25
III.3. Area 3. Accesibilidade ............................................................................................................................ 27
III.4. Area 4. Promoción da autonomía persoal .............................................................................................. 30
III.5. Area 5. Educación. ................................................................................................................................. 33
III.6. Area 6. Formación e emprego ................................................................................................................ 37
III.7. Area 7. Recursos no ámbito dos servizos sociais .................................................................................. 44
III.8. Area 8. Saúde e atención sociosanitaria ................................................................................................ 47
III.9. Area 9. Atención temperá ....................................................................................................................... 49
III.10. Area 10. Cultura, deporte e tempo de lecer .......................................................................................... 51
III.11. Resumo do balance do plan ................................................................................................................. 54
IV. Resultados da enquisa de avaliación ............................................................................................................ 57
IV.1. Bloque xeral: incidencia, fortalezas, debilidades do plan de acción e labor do departamento impulsor. 57
IV.2. Bloque de autoavaliación do departamento/entidade participante ......................................................... 72
IV.3. Bloque de proxección de futuro ............................................................................................................. 80
V. Conclusións .................................................................................................................................................... 93
V.1. Aspectos de carácter xeral: elaboración e seguimento ........................................................................... 93
V.2. Aspectos relativos aos resultados: balance global do plan ..................................................................... 94
V.3. Aspectos derivados da enquisa de avaliación ........................................................................................ 99
V.4. Aspectos máis salientables que hai que ter en conta nunha futura estratexia .......................................102
Anexos ...............................................................................................................................................................105
Anexo 1. Relación de departamentos/organizacións participantes no desenvolvemento do plan. ...............105
Anexo 2. Modelo de enquisa de avaliación ...................................................................................................106
Anexo 3. Relación de departamentos/organizacións participantes na enquisa de avaliación final ...............113
Anexo 4. Propostas de futuro: respostas literais ...........................................................................................115
Anexo 5. Propostas de futuro: resumo estatístico .........................................................................................124
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
5
Introdución
O Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013 implantouse no ano 2010 e
nel contémplanse unha serie de medidas e actuacións para levar a cabo polos distintos departamentos da
Administración e entidades de iniciativa social durante o seu período de vixencia.
No contexto da política europea e, en consecuencia, nos países membros, a avaliación de programas e de
políticas converteuse nunha ferramenta de uso obrigado, e por iso é preciso contar con instrumentos que
permitan realizar un seguimento de plans de intervención, pero tamén unha avaliación final, co obxectivo de
posibilitar a reformulación e actualización de medidas e a obtención de información en relación cos resultados
obtidos. Estes instrumentos deben cumprir os correspondentes criterios de calidade e axustarse aos
requirimentos propios das ciencias sociais.
A filosofía do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia en materia de seguimento e
avaliación baseouse no papel cada vez máis relevante que a avaliación ten no deseño e planificación de
políticas sociais, como instrumentos que facilitan a toma de decisións e reforzan o seu desenvolvemento. Por
iso, incorporou un capítulo específico (Capítulo 4, Consideracións sobre o seguimento e avaliación do plan,
páxinas 172-177) no que se explica brevemente como debería desenvolverse o seguimento e a avaliación do
plan, e no que se prevé unha avaliación final.
Desde o seu comezo desenvolveuse un labor permanente de seguimento que se materializou en informes de
seguimento anuais, a través dos que se deu conta dos niveis de actividade aos órganos de representación
creados para o efecto.
O informe que se presenta nestas páxinas é o resultado da avaliación final que inclúe unha análise de todas as
actuacións que contemplaba o plan tanto dende o punto de vista do grao de execución como tamén da maior ou
menor incidencia que puideron ter na poboación destinataria. No seu procedemento metodolóxico tivéronse en
conta os contidos previstos no propio documento do plan, criterios de calidade e de rigor inherentes a un proceso
avaliador no marco da intervención social, así como as estruturas creadas para o seguimento do
desenvolvemento do plan durante os seus catro anos de vixencia: o Grupo Coordinador de Seguimento e
Avaliación do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013 e a Comisión
para o Seguimento e Avaliación do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-
2013.
O plan inclúe indicadores de realización e/ou de resultados para cada actuación que permitiron realizar un
seguimento continuado por parte dos organismos responsables da execución de cada medida, baixo a
coordinación do órgano promotor do plan: a Secretaría Xeral de Política Social, da Consellería de Traballo e
Benestar.
O seguimento realizado ano a ano, que finalizou coa recollida de resultados 2013 e a elaboración do informe de
seguimento correspondente á dita anualidade, constitúe un proceso de acompañamento, supervisión e de
impulso no desenvolvemento mesmo das medidas que integran o plan. É por iso que se configurou como o
marco idóneo para integrar o sistema de avaliación proposto, xa que actuou como unha das fontes máis
importantes de información para dar contido á avaliación final, neste caso en termos de balance cuantitativo da
execución e resultados do plan, que se complementa con outras fontes de datos.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
6
A diferenza do proceso de seguimento anual, a avaliación final servirá para reconducir os obxectivos específicos
en relación coas necesidades e para reprogramar ou redefinir medidas concretas; en definitiva, ten que servir de
apoio na toma de decisións políticas cara á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade
residentes na comunidade galega, acadando cotas de igualdade cada vez maiores co resto da cidadanía. Así
mesmo, de forma xeral, contribuirá a aumentar o coñecemento sobre as prácticas e programas máis efectivos
para a inclusión social deste grupo de poboación e realizar novas planificacións.
Este informe de avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-
2013 distribúe os seus contidos arredor dos seguintes capítulos:
Un primeiro capítulo, a modo de contextualización, no que se describe brevemente de que forma estaba
configurado o plan e a programación de actividades para o período 2010-2013, así como a metodoloxía
utilizada no seu deseño e elaboración.
Un segundo capítulo céntrase nas estruturas creadas ao abeiro deste plan de acción para levar a cabo
de forma efectiva o seu seguimento e avaliación.
O capítulo terceiro recolle o balance global do plan no seu conxunto e por cada área de intervención,
considerando os obxectivos específicos de área e as actuacións executadas/non executadas durante o
período 2010-2013.
Segue un cuarto capítulo no que se analizan os resultados obtidos a través da enquisa realizada entre
os departamentos da Administración autonómica e outras organizacións do ámbito da discapacidade
(representadas polo Cermi Galicia) participantes no deseño e no desenvolvemento do plan, ademais
dos axentes sociais que tamén participaron no seu seguimento.
O capítulo V constitúe unha síntese dos resultados no que se redactan as principais conclusións do
proceso de avaliación final.
Por último, un apartado de anexos recolle información complementaria de interese como a relación de
organismos implicados no plan, o modelo de enquisa de avaliación final, a relación de
departamentos/organizacións que participaron na enquisa ou a relación completa das propostas literais de
acción futura recollidas a través desta.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
7
I. Contextualización: estrutura do plan, actuacións programadas,
metodoloxía
I.1. Elementos estruturais do plan
A estrutura do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013 definiuse tendo
en conta os principios reitores de participación activa, integralidade e transversalidade e de maneira
consensuada co movemento asociativo, como representante da poboación potencialmente destinataria do plan.
O criterio de selección do modelo de estrutura que primou foi a facilidade de comprensión, operatividade e
manexo, para o que era preciso unha estrutura sinxela, facilmente comprensible.
Partindo do máis xeral ao máis específico os elementos estruturais do plan consensuados en grupos de
traballo coas federacións integrantes do Cermi-Galicia durante 2009, foron os seguintes: área de intervención,
obxectivos xerais, obxectivos específicos e actuacións.
Áreas de intervención. Definen cales son as cuestións prioritarias en materia de discapacidade do
Goberno galego nos próximos anos. Cada área engloba as actuacións relacionadas cun ámbito de
actividade, que en termos xerais, salvo algunha excepción (como accesibilidade) está relacionado coas
competencias das diferentes consellerías do Goberno galego responsables.
Obxectivos xerais. Cada área inclúe un obxectivo xeral (ou dous, nunha das áreas), que definen cara a
onde camiña a intervención global do plan en cada unha das áreas de actuación definidas.
Obxectivos específicos. Definen os compromisos de cambio que se adoptan no desenvolvemento do
plan en coherencia coas prioridades e co obxectivo xeral. Os obxectivos específicos cumpren a función
de lle dar prioridade ao que se pretende facer e concretar, a través dos indicadores propostos e das
avaliacións posteriores, o alcance dos resultados logrados.
Actuacións. Actividades que se poñen en marcha para a consecución dos obxectivos. As actuacións
constitúen propostas concretas e medibles para o desenvolvemento das áreas de intervención e sinalan
o que se considera prioritario para a consecución dos obxectivos, xa sexa porque contribúen máis
decisivamente á súa consecución ou porque constitúen un paso previo ao desenvolvemento de accións
máis críticas e comprometidas, ou simplemente, porque son as que resultan factibles desde a
perspectiva dos recursos dispoñibles, no marco temporal e económico no que se desenvolve o plan.
Decidiuse tamén, e en coordinación cos departamentos implicados, que cada actuación iría acompañada da
seguinte información descritiva:
As persoas destinatarias e/ou entidades destinatarias. No primeiro caso, establécese se se trata de
actuacións que están dirixidas a persoas con discapacidade (ou grupos máis específicos dentro deste
colectivo), ou ben á poboación en xeral, ou a profesionais con vinculación no ámbito da discapacidade,
comunidade educativa, comunidade universitaria, familiares e/ou persoas coidadoras... No segundo
caso (entidades destinatarias) están incluídas as entidades que traballan no ámbito da discapacidade,
centros educativos, centros de servizos sociais, asociacións... Unha mesma actuación pode estar
dirixida tanto a organismos ou entidades como ás persoas con discapacidade como destinatarias finais
da actuación, ambas as tipoloxías combínanse de axentes destinatarios nunha mesma intervención,
segundo a natureza e obxectivos desta.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
8
Organismo/s responsable/s. Isto é, o/s departamento/s da Xunta de Galicia competente/s para
impulsar e/ou executar a actuación1, ou no seu caso, entidades de iniciativa social promotoras desta.
Os indicadores de realización. Permiten medir o grao de cumprimento de cada actuación, así como os
resultados acadados polo plan ao final da súa vixencia. En definitiva, son variables que permitirán
realizar o seu seguimento, coñecer a súa realización efectiva e contribúen, así mesmo, á avaliación do
seu impacto.
Temporalización. De maneira estimativa, sinálase en que anualidade ou anualidades se desenvolvería
cada actuación.
I.2. Definición das áreas de intervención, obxectivos xerais e específicos
Para a definición das áreas de intervención e dos obxectivos operativos partiuse da idea de que as persoas con
discapacidade constitúen un grupo heteroxéneo por definición e presenta unhas necesidades comúns para
conseguir o seu pleno desenvolvemento persoal, que abarca o benestar emocional, as relacións interpersoais, o
benestar material, o desenvolvemento persoal, o benestar físico, a autodeterminación a inclusión social, o gozo
dos dereitos etc.
Deste esta comprensión, e en resposta ás necesidades detectadas máis evidentes, ás demandas do tecido
asociativo que representa as persoas con discapacidade en Galicia e en coherencia cos eixes estratéxicos
do Plan de actuación social de Galicia, 2010-20132, definíronse un total de dez áreas de prioritaria
intervención.
Para cada área de actuación formuláronse os respectivos obxectivos xerais e os obxectivos específicos. Un
total de 38 obxectivos específicos estableceron as metas a acadar a través das actuacións definidas, que se
levarían a cabo durante o período de vixencia do plan: 2010-2013.
A continuación preséntase un cadro resumo dos tres primeiros elementos estruturais deste plan de acción
integral dirixido ás persoas con discapacidade (áreas de actuación, obxectivos xerais e obxectivos específicos),
consensuados polo primeiro grupo de traballo constituído para a súa elaboración, no que participaron
activamente as principais entidades de iniciativa social do ámbito de discapacidade en Galicia, que conforman
Cermi-Galicia, ademais da Secretaría Xeral de Política Social (anteriormente e no momento de elaboración do
plan, Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal) e unha coordinación técnica externa especializada
en planificación estratéxica no ámbito social.
1 No anexo 1 preséntase a relación de todos os organismos administrativos que interviñeron no desenvolvemento do plan, ademais de
participar, case todos eles, no seu deseño.
2 Vixente no momento de aprobación deste plan de acción, establece para as persoas con discapacidade en dous dos seus ámbitos
sectoriais (promoción da autonomía persoal e atención a persoas con dependencia) os seguintes obxectivos: o fomento de actividades formativas; a promoción da accesibilidade ao medio físico, transporte e ás comunicacións; orientación e apoio ás familias; a promoción da saúde e o benestar; a prevención da dependencia e, por último, a integración laboral das persoas con discapacidade.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
9
ÁREA DE INTERVENCIÓN OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
1. PROTECCIÓN DOS DEREITOS
Garantir e promover os dereitos das persoas con discapacidade.
1. Promover información, formación e asesoramento ás persoas con discapacidade, familiares, profesionais implicados/as e á sociedade en xeral, sobre os dereitos e protección xurídica.
2. Garantir e promover a accesibilidade das persoas con discapacidade e familiares á xustiza e a unha axeitada protección xurídica.
3. Desenvolver políticas públicas que garantan, de xeito efectivo, os dereitos das persoas con discapacidade de acordo coa Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade.
2. AREA DE IGUALDADE DE XÉNERO E
TRANSVERESALIDADE
Garantir a igualdade de oportunidades para as mulleres con discapacidade cara á súa plena participación na vida social, cultural, económica, política.
1. Establecer os mecanismos para facer posible a transversalidade de xénero na implantación do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013.
2. Promover a participación das mulleres con discapacidade nos diferentes ámbitos e incidir na mellora da súa autoestima, na concienciación das familias e da sociedade para evitar a súa sobreprotección e practicar unha socialización igualitaria libre de estereotipos sobre xénero e discapacidade.
3. Previr e actuar ante calquera tipo de violencia exercida sobre as mulleres con discapacidade.
4. Promover o dereito ás relaciones afectivas das mulleres con discapacidade ao tempo que se garante o seu dereito ao libre desenvolvemento da maternidade.
3. ACCESIBILIDADE
Garantir a accesibilidade das persoas con discapacidade aos contornos, espazos, bens, produtos e servizos en igualdade de condición co resto da poboación.
1. Mellorar a normativa existente en materia de accesibilidade e proceder ao seu desenvolvemento e control de aplicación.
2. Sensibilizar, dar e coñecer, formar e asesorar en materia de accesibilidade.
3. Promover a eliminación das barreiras que limitan o acceso á información e comunicación, aos bens, produtos... en igualdade de condicións que o resto da poboación.
4. Promover a eliminación de barreiras que limitan o acceso ao contorno físico, medio urbano e transporte das persoas con discapacidade.
4. PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL
Promover a autonomía para as persoas con discapacidade e asegurar a súa plena inclusión na vida comunitaria.
1. Facilitar o acceso á vivenda das persoas con discapacidade.
2. Potenciar os recursos que permitan un maior grao de autonomía e de permanencia das persoas no seu contorno habitual.
3. Informar e concienciar a sociedade galega sobre a importancia da autonomía persoal das persoas con discapacidade.
4. Promover e desenvolver a asistencia persoal.
5. EDUCACIÓN
Garantir unha educación infantil, primaria, secundaria e postobrigatoria de calidade nun marco integrador e normalizador, favorecer a súa calidade e carácter público.
1. Revisar, adaptar e garantir a aplicación da normativa existente en materia de educación cara a unha efectiva inclusión escolar das persoas con discapacidade.
2. Facilitar a coordinación efectiva entre todos os axentes implicados no proceso educativo do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
3. Formar e capacitar os/as profesionais do sistema educativo para unha atención normalizadora, inclusiva-integradora, do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
4. Garantirlle un ensino básico ao alumnado con necesidades específicas derivadas de discapacidade e de trastornos graves de conduta, nas mesmas condicións de igualdade que o resto de alumnado.
5. Procurar unha educación postobrigatoria que prepare para a vida e para a incorporación ao mundo laboral.
6. Facilitarlles ás persoas adultas con necesidades derivadas de discapacidade e trastornos graves de conduta unha educación permanente de calidade, que responda ás súas necesidades de inclusión na comunidade e facilite a súa vida autónoma.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
10
ÁREA DE INTERVENCIÓN OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
6. FORMACIÓN E EMPREGO
Formar as persoas con discapacidade para a súa axeitada incorporación ao mercado laboral.
Mellorar a empregabilidade e a calidade do emprego das persoas con discapacidade, combatendo activamente a súa discriminación.
1. Favorecer unha formación de calidade adaptada ás necesidades reais de formación das persoas con discapacidade e ao mercado laboral.
2. Promover as prácticas de carácter non laboral na empresa ordinaria.
3. Promover o acceso e mellorar a empregabilidade e a adaptación do posto de traballo das persoas con discapacidade no sector público.
4. Promover o acceso e mellorar a empregabilidade e a adaptación do posto de traballo das persoas con discapacidade no sector privado.
5. Apoiar o emprego protexido, especialmente desde a Administración pública.
7. RECURSOS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS
Mellorar o conxunto de intervencións, programas, servizos e prestacións para as persoas con discapacidade e as súas familias.
1. Desenvolver a normativa relativa a intervencións, programas, servizos e prestacións no ámbito da discapacidade.
2. Deseñar procesos que garanten unha intervención efectiva centrada na persoa e na atención á diversidade.
3. Ampliar e consolidar a rede de recursos sociais para as persoas con discapacidade.
8. SAÚDE E ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
Garantir unha prevención, rehabilitación e asistencia sociosanitaria das persoas con discapacidade en igualdade de condicións que o resto da poboación.
1. Regular o espazo sociosanitario.
2. Deseñar procesos que garanten unha efectiva atención sociosanitaria a través da coordinación dos departamentos con competencia en sanidade e servizos sociais.
3. Garantir a accesibilidade das persoas con discapacidade aos servizos sanitarios desde unha perspectiva de atención integral.
9. ATENCIÓN TEMPERÁ
Universalizar a atención temperá e mellorar a súa calidade e capacidade de atención.
1. Desenvolver unha normativa específica en materia de atención temperá.
2. Definir accións que garantan unha atención efectiva baseada no modelo de intervención biopsicosocial, a través da coordinación interinstitucional correspondente.
3. Desenvolver unha rede de recursos de atención temperá.
10. CULTURA, DEPORTE E TEMPO DE LECER
Promover a participación das persoas con discapacidade en actividades culturais, deportivas e recreativas, así como o seu adestramento, formación e recursos en igualdade de condicións que as demais persoas.
1. Optimizar a accesibilidade das persoas con discapacidade ás actividades culturais, deportivas e de tempo de lecer.
2. Fomentar a participación das persoas con discapacidade en actividades culturais, deportivas de ocio e tempo libre normalizadas.
3. Impulsar a práctica deportiva por parte das persoas con discapacidade.
Os datos estatísticos relativos á distribución de obxectivos específicos e de actuacións por cada área quedan
recollidos na táboa 1 e gráfico 1. Este último permite visualizar o peso de cada área no conxunto do plan, en
función do volume de actuacións programadas por área de intervención, ordenadas por orde decrecente do seu
valor porcentual.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
11
Tres son ás áreas de intervención que destacan polo seu peso porcentual no conxunto deste primeiro plan de
acción integral do Goberno galego no ámbito da discapacidade: 1) accesibilidade, 2) formación e emprego e 3)
promoción da autonomía persoal.
Como se verá no capítulo relativo aos resultados da enquisa de avaliación final, son precisamente estas tres
áreas, en diferente orde, as que se identifican como materias de maior prioridade/necesidade tamén no
momento actual e pensando nunha futura estratexia de discapacidade. En consecuencia, cómpre subliñar como
dato positivo que este primeiro plan de acción para as persoas con discapacidade en Galicia dedicou
maior número de medidas xustamente a aqueles ámbitos considerados de prioritaria intervención, tanto
no momento da súa elaboración (2009-2010), como no momento en que se realiza a súa avaliación final
(2014).
TÁBOA 1. PROGRAMACIÓN DO PLAN: N.º DE OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E DE ACTUACIÓNS POR ÁREA. PESO PORCENTUAL
ÁREA N.º
obxectivos específicos
N.º de actuacións
Porcentaxe
1. Protección dos dereitos 3 18 5,9 %
2. Igualdade de xénero e transversalidade 4 28 9,2 %
3. Accesibilidade 4 51 16,7 %
4. Promoción da autonomía persoal 4 34 11,1 %
5. Educación 6 28 9,2 %
6. Formación e emprego 5 47 15,4 %
7. Recursos no ámbito dos servizos sociais 3 30 9,8 %
8. Saúde a atención sociosanitaria 3 22 7,2 %
9. Atención temperá 3 16 5,3 %
10. Cultura, deporte e tempo de lecer 3 31 10,2 %
TOTAIS 38 305 100,0 %
GRÁFICO 1. ÁREAS DE INTERVENCIÓN POR ORDE DECRECENTE DO SEU PESO PORCENTUAL DE ACTUACIÓNS NO
CONXUNTO DO PLAN
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
12
O proceso de definición das medidas que darían consecución a cada obxectivo específico realizouse a partir da
premisa de que as actuacións propostas para un fin común han de ter unha lóxica que as conecta entre si, ben
porque existe entre elas unha relación de continuidade –unhas dependen doutras– ou ben porque buscan o
efecto acumulativo de perseguir o mesmo resultado desde diversos ámbitos e/ou mediante diferentes
instrumentos. Neste sentido, considérase que se conseguiu tal cometido, de xeito que a estrutura do plan está
dotada dunha total coherencia interna, desde o elemento estrutural máis amplo (área de intervención) ata o
máis concreto (actuación).
I.3. Metodoloxía de elaboración: síntese descritiva
O Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013 elaborouse mediante unha
metodoloxía netamente participativa e responde a dous dos principios reitores do dito plan, a “cooperación e
coordinación institucional” e o “diálogo civil”. No proceso de elaboración, contouse, polo tanto, coa participación
dos diferentes axentes implicados no ámbito da discapacidade en Galicia, e colaboraron no deseño e
planificación os diferentes departamentos da Xunta de Galicia con competencia nas materias que integran o
plan, así como as entidades de iniciativa social e entidades locais, representadas polo Cermi-Galicia e pola
Fegamp, respectivamente.
De xeito sucinto, sen entrar a describir polo miúdo o proceso metodolóxico posto en marcha na elaboración do
plan, hai que sinalar que a partir dunha serie de xuntanzas desenvolvidas nunha primeira fase polo grupo de
traballo constituído por persoal técnico da entón Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal e por
persoal técnico das federacións que integran Cermi-Galicia, definíronse as áreas prioritarias de actuación, os
obxectivos xerais e os obxectivos específicos, ademais de determinar a estrutura de contidos e o enfoque e
filosofía do plan que se plasmaron nun documento de traballo que, posteriormente, foi presentado ao Consello
da Xunta de Galicia, co fin de oficializar o compromiso das diferentes consellerías na elaboración e posta en
marcha do plan. A partir de aquí, nunha segunda fase, desenvolvéronse outros grupos de traballo, un por cada
unha das áreas de actuación previamente definidas, constituídos polas persoas designadas por parte dos
distintos departamentos administrativos que, xunto con representantes de Cermi Galicia e da entón Dirección
Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal procederon a definir as actuacións que integrarían o Plan de acción
do Goberno galego para os vindeiros anos.
Máis de 45 reunións de traballo agregando as dúas fases do proceso de planificación, ademais dun período de
alegacións (fíxose público o documento borrador do plan na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar),
47 departamentos, organismos e entidades de iniciativa social implicados, representados por máis de 65
persoas… deron conta dun alto grao de participación e, ao mesmo tempo, da posta en práctica do principio de
transversalidade da discapacidade.
Neste sentido cómpre subliñar que o propio proceso de deseño e elaboración do plan, nos termos en que tivo
lugar, constituíu en si mesmo un forte mecanismo de sensibilización e de concienciación dos diferentes
departamentos da Administración en varios niveis:
Na consideración da “discapacidade” en todos os programas e proxectos que se impulsen desde a
Administración. As valoracións neste sentido son moi positivas aínda que queda moito camiño por
percorrer. Ademais, durante os catros anos de vixencia do plan, esta perspectiva transversal aplicouse
de forma desigual, sufrindo altibaixos que deron lugar a diferente intensidade na súa consideración que
penalizou, dalgún xeito, o seu impulso inicial.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
13
Na consideración da problemática e das especiais necesidades das persoas con discapacidade e das
diferentes tipoloxías destas.
Na urxente necesidade de actuar para que este sector da poboación goce dos dereitos como cidadáns e
cidadás en igualdade de condicións co resto da poboación.
Foi a primeira vez que se conseguiu xuntar a Administración, representación das entidades locais e o
movemento asociativo para consensuar a política do Goberno galego en materia de discapacidade, así como os
axentes sociais representados na Mesa de Diálogo Social (concretamente na mesa 4, naquel momento en
activo).
A través desta metodoloxía tratouse de garantir principios tan importantes como a participación e a cooperación
institucional, así como a abordaxe integral e a transversalidade das medidas ou contidos.
Como resultado de todo este proceso, o Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia
2010-2013 quedou finalmente integrado polas dez áreas de actuación sinaladas na epígrafe anterior: 1)
Protección dos dereitos, 2) Igualdade de xénero e transversalidade, 3) Accesibilidade, 4) Promoción da
autonomía persoal, 5) Educación, 6) Formación e emprego, 7) Recursos no ámbito dos Servizos Sociais, 8)
Saúde a atención sociosanitaria, 9) Atención temperá e 10) Cultura, deporte e tempo de lecer.
A descrición da metodoloxía explícase de forma máis extensa no documento do plan (dispoñible na web
institucional). O obxecto desta epígrafe é describila só a modo de síntese, e destacar as valoracións positivas
recibidas por parte de diferentes organizacións precisamente (durante a súa elaboración e posterior
desenvolvemento) polo seu carácter participativo no proceso mesmo de deseño e elaboración, sobre todo de
participación “real e efectiva” a través de grupos de traballo.
Ademais, é un dos aspectos obxecto de valoración na enquisa realizada aos departamentos e entidades
implicadas (capítulo IV).
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
14
II. Estruturas de seguimento
O elevado número de organismos implicados, para garantir carácter integral e transversal do plan o fixo
necesaria a constitución de dúas estruturas para o seguimento do desenvolvemento do plan durante os seus
catro anos de vixencia:
O Grupo Coordinador de Seguimento e Avaliación do Plan de acción integral para as persoas con
discapacidade de Galicia, 2010-2013 e
A Comisión para o Seguimento e Avaliación do Plan de acción integral para as persoas con
discapacidade de Galicia, 2010-2013.
Esta última regúlase no Decreto 122/2011, do 16 de xuño, polo que se crea a Comisión para o Seguimento e
Avaliación do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013; no seu
articulado faise referencia tamén ao grupo coordinador.
As ditas estruturas tamén se tiveron en conta no proceso avaliativo final. O grupo coordinador traballou nas súas
dúas últimas reunións sobre a metodoloxía que se vai seguir para a avaliación final do plan e, concretamente, na
última, validáronse os contidos da enquisa de avaliación que se trasladaría aos departamentos e organizacións
implicadas. Pola súa parte, os e as integrantes da Comisión Interdepartamental para o Seguimento e Avaliación
do Plan tiveron participación directa realizando a súas valoracións a través do cuestionario de avaliación
deseñado.
1) Constitución do Grupo Coordinador de Seguimento e de Avaliación do Plan de acción integral para as
persoas con discapacidade de Galicia 2010- 2013.
O 25 de xaneiro de 2011 constituíuse este grupo conformado polas seguintes persoas:
- Subdirector xeral de Promoción da Autonomía Persoal (Consellería de Traballo e Benestar).
- Xefe do Servizo de Promoción da Accesibilidade (Consellería de Traballo e Benestar).
- Xefa do Servizo de Equipamentos e Servizos de Persoas con Discapacidade (Consellería de Traballo e
Benestar).
- Subdirectora xeral de Promoción da Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade)
- Presidente de Cermi–GALICIA.
Máis tarde incorporaríase a xefa de servizo da Unidade Administrativa de Igualdade (Secretaría Xeral Técnica da
Consellería de Traballo e Benestar).
A directora xeral da Dependencia e Autonomía Persoal (despois secretaria xeral de Política Social) ocupa a
presidencia deste grupo coordinador, na súa condición de responsable directiva do departamento promotor do
plan.
As funcións asignadas ao grupo foron as seguintes:
- Actuar como impulsor do Plan de acción integral de persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013.
- Elaborar unha programación anual do plan ou caderno de seguimento, en base ao calendario de
medidas previstas.
- Prestarlle apoio técnico á Comisión para o seguimento e avaliación do Plan de acción integral para as
persoas con discapacidade de Galicia.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
15
- Preparar as xuntanzas correspondentes, elaborar a documentación pertinente e recoller e analizar a
información necesaria para o seguimento e avaliación.
- Propoñer a realización de novos indicadores, se procede.
- Elevar propostas de novas actuacións á Comisión para o Seguimento e Avaliación do Plan a instancia
dos organismos implicados.
A previsión de reunións do Grupo Coordinador de Seguimento e Avaliación estaba estipulada nun mínimo dunha
cada trimestre e poderanse realizar todas as que se considerasen necesarias en cada anualidade a xuízo do
propio grupo. Realizáronse un total de 10 xuntanzas do grupo desde a súa constitución, a primeira en xaneiro de
2011 (coincidindo coa data da súa constitución) e a última en maio de 2014.
TÁBOA 2. REUNIIÓNS DO GRUPO COORDINADOR DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN
Convocatoria Data Ano
1.ª reunión grupo 25/xaneiro 2011
2.ª reunión grupo 18/febreiro 2011
3.ª reunión grupo 23/maio 2011
4.ª reunión grupo 14/xullo 2011
5.ª reunión grupo 02/setembro 2011
6.ª reunión grupo 22/decembro 2011
7.ª reunión grupo 16/maio 2012
8.ª reunión grupo 24/maio 2013
9.ª reunión grupo 23/outubro 2013
10.ª reunión grupo 07/maio 2014
Fonte: elaboración propia a partir dos datos anuais de seguimento e actas de reunións
Como se pode observar, no ano 2011 tiveron lugar máis da metade do total de xuntanzas do período: ata seis
convocatorias do Grupo Coordinador, coincidindo co arranque do plan3, nas que se adoptaron decisións sobre a
posta en marcha do novo instrumento de planificación e se deseñaron os instrumentos para o seu seguimento
permanente.
Ese número de xuntanzas pon de manifesto o grande impulso co que se iniciou este plan, que contrasta con
algunha anualidade posterior e evidencia unha relativa redución da participación/papel do grupo coordinador no
proceso de desenvolvemento do plan, así como do seu labor de impulso e coordinación, debido a diversos
motivos, sobre todo de funcionamento interno da Administración, que minoraron a execución do plan e o reforzo
dalgunhas intervencións.
Para cada xuntanza elaborouse a documentación de apoio e de traballo necesaria en función dos contidos de
cada orde do día. Así mesmo, redactáronse actas de todas as reunións realizadas, posteriormente aprobadas e
debidamente asinadas polas persoas asistentes, nas que se dá conta de todos os temas tratados e acordos
adoptados en relación co desenvolvemento do plan de acción e aos seus seguimentos anuais.
Ademais, durante as primeiras anualidades, e mentres estivo en activo a Mesa 4 do Diálogo Social, tamén se
trasladaron as ditas actas aos axentes integrantes da dita mesa, que á súa vez forman parte da outra estrutura
de seguimento creada, que se explica no punto seguinte. Un elemento máis que evidencia o carácter
3 Aínda que o período de vixencia foi 2010-2013, téñase en conta que o plan foi visto polo Consello do Goberno da Xunta de Galicia a
finais de 2010, e 2011 converteuse no ano de inicio para os efectos de seguimento e avaliación do plan.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
16
participativo do plan e a consideración dos axentes sociais para a toma de decisións respecto do seu
seguimento.
2) Creación da Comisión para o Seguimento e Avaliación do Plan de acción integral para as persoas con
discapacidade de Galicia 2010-2013.
No DOG 126 do 1 de xullo de 2011 publicouse o Decreto 122/2011, do 16 de xuño, polo que se crea a Comisión
para o seguimento e avaliación do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-
2013, en resposta ao que se sinala no capítulo 4 do documento do plan, sobre avaliación e seguimento, que
prevía a creación dunha comisión para o seu seguimento e avaliación, que estará integrada por representantes
das consellerías da Xunta de Galicia e entidades públicas participantes no seu deseño e execución, así como
por representantes do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi
Galicia) e dos axentes sociais presentes no diálogo social.
Segundo establece o dito decreto as funcións da Comisión son:
Impulsar o desenvolvemento das actuacións e a consecución dos obxectivos específicos previstos no
plan nos diferentes ámbitos de actuación en que este se vai desenvolver.
Propoñer novas actuacións, así como a reformulación ou reprogramación das previstas no plan nos
casos que proceda.
Aprobar as modificacións no sistema de indicadores previsto no plan asociado ás diferentes actuacións,
por proposta de cada consellería e entidade implicada no seu desenvolvemento.
Facilitar a información relativa ao grao de consecución das actuacións, a través dos indicadores
previstos no plan e asociados ás diferentes actuacións, no ámbito de cada consellería e entidade
implicada no seu desenvolvemento, coa finalidade de elaborar os correspondentes informes de
seguimento e de avaliación.
Dar conta do seguimento e avaliación do plan así como do grao de consecución dos obxectivos
previstos, con base nos informes anuais que se elaboren ao respecto.
Propoñer, se é o caso, a creación de grupos de traballo sobre aqueles asuntos en que, pola súa
complexidade ou especificidade, así se requira, coa composición, funcións e duración que en cada caso
se determine.
E quedou constituída do xeito seguinte:
1. Representantes das consellerías da Xunta de Galicia, entidades públicas instrumentais e universidades que
interveñen na execución das actuacións previstas no plan, coa seguinte composición (segundo recolle o
decreto)4:
Presidencia: a persoa titular da consellería competente no ámbito do benestar.
Vicepresidencia: a persoa titular do órgano de dirección competente no ámbito de atención á
dependencia e promoción da autonomía persoal.
Secretaría: actuará como secretario/a da comisión, con voz pero sen voto, a persoa titular da
subdirección xeral competente en materia de promoción da autonomía persoal.
4 Os departamentos da Xunta de Galicia aparecen co nome das consellerías e departamentos vixentes na data de publicación do decreto;
polo tanto, anteriores á reorganización de consellerías que tiveron lugar en 2012 e en 2013.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
17
Vogais:
a) As persoas que estean a cargo das secretarías xerais técnicas das seguintes consellerías:
o Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
o Consellería de Facenda.
o Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
o Consellería de Economía e Industria.
o Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
o Consellería de Sanidade
o Consellería de Cultura e Turismo.
o Consellería de Traballo e Benestar.
o Consellería do Medio Rural.
o Consellería do Mar.
b) As persoas que estean a cargo das seguintes secretarías xerais:
o Secretaría Xeral de Familia e Benestar.
o Secretaría Xeral para o Deporte.
o Secretaría Xeral de Emigración
o Secretaría Xeral da Igualdade.
o Secretaría Xeral de Medios.
o Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
c) Unha persoa en representación de cada unha das entidades públicas instrumentais seguintes:
o Instituto Galego de Vivenda e Solo.
o Escola Galega de Administración Pública.
o Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades dependentes.
d) Unha persoa en representación de cada unha das tres universidades galegas, que deberán ter,
cando menos, rango de vicerreitor/a.
e) Un máximo de tres persoas en representación do Comité de Entidades Representantes de Persoas
con Discapacidade de Galicia (Cermi Galicia).
f) Ata un máximo de catro persoas en representación das organizacións sindicais integrantes da Mesa
de Diálogo Social e da Confederación de Empresarios de Galicia.
Realizáronse un total de catro convocatorias, a primeira reunión tivo lugar o 19 de setembro de 2011 e a última o
26 de xuño de 2014. Na seguinte táboa recóllese o número de asistentes convocados en cada xuntanza,
ademais das datas nas que tiveron lugar as catro convocatorias.
TÁBOA 3. CONVOCATORIAS ANUAIS DA COMISIÓN PARA O SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN
1.ª xuntanza 2.ª xuntanza 3.ª xuntanza 4.ª xuntanza
Data 19/09/2011 31/01/2013 30/07/2013 16/06/2014
N.º de asistentes
26 25 16 22
Fonte: elaboración propia a partir dos datos anuais de seguimento e actas de reunións
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
18
Cumpriuse coa previsión dunha convocatoria anual, aínda que a segunda se demorou ata o mes de xaneiro do
ano seguinte, coincidindo cun menor impulso e actividade nas estruturas de coordinación e seguimento do plan,
comentado no punto anterior en relación co Grupo Coordinador de Seguimento e Avaliación. Cómpre destacar o
baixo nivel de asistencia da terceira convocatoria (probablemente debido á data na que esta se convocou).
En relación coas estruturas constituídas para o seguimento e avaliación do plan de acción, e en termos de
valoración, sinálanse os seguintes aspectos de interese:
Botouse en falta a realización dun maior número de xuntanzas do Grupo Coordinador durante as
anualidades 2012 e 2013, que foi en detrimento da intensidade do seu papel impulsor/coordinador do
plan.
En relación co anterior, as reunións do Grupo Coordinador serían o escenario idóneo para traballar máis
directamente con determinados departamentos administrativos cara ao impulso de actuacións
programadas no plan, para a súa execución.
A implicación dos departamentos na Comisión para o Seguimento e Avaliación do Plan foi menor da
esperada, como tamén os contidos tratados nas convocatorias seguintes á primeira realizada, que foi,
con diferenza, a de maior nivel de preparación, maior volume de contidos, de elaboración de
documentación interna.
O cambio de persoal nos distintos postos da Administración vinculados directamente á execución do plan
converteuse tamén nunha dificultade en termos de constancia na continuidade e no proceso de
seguimento. Un obstáculo alleo ao plan propiamente dito derivado principalmente do funcionamento
interno da Administración e das organización sociais implicadas.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
19
III. Balance global do plan: 2010-2013
Este terceiro capítulo céntrase en realizar un balance global do plan considerando todas as áreas de
intervención, os obxectivos específicos e as actuación executadas durante o período 2010-2013; é dicir, ata o 31
de decembro de 2013. En resposta a este cometido analízase para cada obxectivo específico e para cada área o
número de actuacións programadas no cuadrienio de vixencia, o número das actuacións executadas e, como
resultado, o nivel de execución acadado en cada obxectivo específico, en cada área e para o total do plan.
Para os cálculos téñense en conta tamén outras actuacións que se denominan “de nova incorporación”, porque
se foron engadindo ao plan durante a súa vixencia unha vez identificadas a través do seguimento que se
realizou de forma continuada e se materializou en informes anuais. Deste xeito, os niveis de execución son o
resultado de considerar as actuacións executadas respecto do total programado para ese obxectivo e área máis
as de nova incorporación.
Cómpre destacar que o balance se realiza de forma conxunta para os catro anos de vixencia; non se está a
analizar cada ano de forma independente, como se procedeu nos informes anuais de seguimento. Isto implica
que se toma en consideración cada actuación do plan e se analiza se se executou nalgunha das anualidades,
de forma que a actuación programada para unha soa anualidade e que se realizou noutra distinta, resultará
como executada; así mesmo resultará como executada unha actuación programada para máis dun exercicio e
que se tivera realizado polo menos nun deles.
Pola contra, resultará como non executada a actuación que non chegase a termo durante o marco temporal do
plan de acción nos termos e co obxectivo co que foi deseñada e programada. Deste xeito, pode ocorrer que
unha medida se recolla nun informe anual de seguimento como medida na que houbo actividade (polo tanto
como executada nesa anualidade, porque se traballou cara á súa realización), e que logo non se conseguira
realizar ou aplicar de forma efectiva antes de finalizar o marco temporal do plan, de maneira que se recolle neste
informe de avaliación como non executada. Este criterio implica que o nivel de execución global do plan sexa
inferior á media conseguida nos seguimentos anuais por non conseguir levar a termo algunhas das actuacións
iniciadas. En todo caso cómpre sinalar que unha parte de ditas actuacións continúan o seu proceso no momento
en que se redacta este informe de avaliación final, pero igualmente se valora como non realizada ao non terse
finalizado antes do 31 de decembro de 2013.
A partir das consideracións anteriores e tendo en conta o conxunto do plan durante o período 2010-2013,
executáronse 259 actuacións dun total de 316 (as 305 programadas, segundo a versión do plan de novembro de
2011, máis 11 de nova incorporación), o que implica un nivel de execución do 81,96 %.
A continuación realízase unha análise pormenorizada por área e obxectivo específico, a partir dos datos
estatísticos de execución e dunha valoración de carácter máis cualitativo, en termos de consecución do
obxectivo específico formulado en cada unha das áreas de intervención.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
20
TÁBOA 4. BALANCE DE EXECUCIÓN DO PLAN 2010-2013 POR OBXECTIVOS ESPECÍFICOS, POR ÁREA E EN TOTAL
N.º actuacións
programadas no período
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non
executadas
Porcentaxe de
execución
1. Protección dos dereitos
1.1. Promover información, formación e asesoramento ás persoas con discapacidade, familiares, profesionais implicados/as e á sociedade en xeral, sobre os dereitos e protección xurídica.
7 0 6 1 85,71 %
1.2. Garantir e promover a accesibilidade das persoas con discapacidade e familiares á xustiza e a unha axeitada protección xurídica.
3 0 2 1 66,67 %
1.3. Desenvolver políticas públicas que garantan, de xeito efectivo, os dereitos das persoas con discapacidade de acordo coa Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade.
8 0 5 3 62,50 %
EXECUCIÓN ÁREA 18 0 13 5 72,22 %
2. Igualdade de xénero e
transversalidade
2.1. Establecer os mecanismos para facer posible a transversalidade de xénero na implantación do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013.
12 0 12 0 100,00 %
2.2. Promover a participación das mulleres con discapacidade nos diferentes ámbitos incidindo na mellora da súa autoestima, na concienciación das familias e da sociedade para evitar a súa sobreprotección e practicar unha socialización igualitaria libre de estereotipos sobre xénero e discapacidade.
6 0 6 0 100,00 %
2.3. Previr e actuar ante calquera tipo de violencia exercida sobre as mulleres con discapacidade.
5 0 3 2 60,00 %
2.4. Promover o dereito ás relacións afectivas das mulleres con discapacidade ao tempo que se garante o seu dereito ao libre desenvolvemento da maternidade.
5 0 4 1 80,00 %
EXECUCIÓN ÁREA 28 0 25 3 89,29 %
3. Accesibilidade
3.1. Mellorar a normativa existente en materia de accesibilidade e proceder ao seu desenvolvemento e control de aplicación.
8 0 5 3 62,50 %
3.2. Sensibilizar, dar e coñecer, formar e asesorar en materia de accesibilidade.
12 0 11 1 91,67 %
3.3. Promover a eliminación das barreiras que limitan o acceso á información e comunicación, aos bens, produtos... en igualdade de condicións que o resto da poboación.
18 2 18 2 90,00 %
3.4. Promover a eliminación de barreiras que limitan o acceso ao contorno físico, medio urbano e transporte das persoas con discapacidade.
13 0 9 4 69,23 %
EXECUCIÓN ÁREA 51 2 43 10 84.31 %
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
21
N.º actuacións
programadas no período
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non
executadas
Porcentaxe de
execución
4. Promoción da autonomía
persoal
4.1. Facilitar o acceso á vivenda das persoas con discapacidade.
7 0 5 2 71,42 %
4.2. Potenciar os recursos que permitan un maior grao de autonomía e de permanencia das persoas no seu contorno habitual.
18 0 16 2 88,88 %
4.3. Informar e concienciar a sociedade galega sobre a importancia da autonomía persoal das persoas con discapacidade.
5 0 5 0 100,00 %
4.4. Promover e desenvolver a asistencia persoal. 4 0 4 0 100,00 %
EXECUCIÓN ÁREA 34 0 30 4 88,24 %
5. Educación
5.1. Revisar, adaptar e garantir a aplicación da normativa existente en materia de educación cara a unha efectiva inclusión escolar das persoas con discapacidade.
5 0 4 1 80,00 %
5.2. Facilitar a coordinación efectiva entre todos os axentes implicados no proceso educativo do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
4 0 4 0 100,00 %
5.3. Formar e capacitar os/as profesionais do sistema educativo para unha atención normalizadora, inclusiva-integradora, do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
5 0 5 0 100,00 %
5.4. Garantirlle un ensino básico ao alumnado con necesidades específicas derivadas de discapacidade e de trastornos graves de conduta, nas mesmas condicións de igualdade que o resto de alumnado.
6 0 6 0 100,00 %
5.5. Procurar unha educación postobrigatoria que prepare para a vida e para a incorporación ao mundo laboral.
4 2 6 0 100,00 %
5.6. Facilitarlles ás persoas adultas con necesidades derivadas de discapacidade e trastornos graves de conduta unha educación permanente de calidade, que responda ás súas necesidades de inclusión na comunidade e facilite a súa vida autónoma.
4 0 4 0 100,00 %
EXECUCIÓN ÁREA 28 2 29 1 96,67 %
6. Formación e emprego
6.1. Favorecer unha formación de calidade adaptada ás necesidades reais de formación das persoas con discapacidade e ao mercado laboral.
17 0 16 1 94,12 %
6.2. Promover as prácticas de carácter non laboral na empresa ordinaria.
3 0 3 0 100,00 %
6.3. Promover o acceso e mellorar a empregabilidade e a adaptación do posto de traballo das persoas con discapacidade no sector público.
10 1 5 6 45,45 %
6.4. Promover o acceso e mellorar a empregabilidade e a adaptación do posto de traballo das persoas con discapacidade no sector privado.
12 2 11 3 78,57 %
6.5. Apoiar o emprego protexido, especialmente desde a Administración pública.
5 1 4 2 66,66 %
EXECUCIÓN ÁREA 47 4 39 12 76,47 %
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
22
N.º actuacións
programadas no período
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non
executadas
Porcentaxe de
execución
7. Recursos no ámbito dos
servizos sociais
7.1. Desenvolver a normativa relativa a intervencións, programas, servizos e prestacións no ámbito da discapacidade.
4 0 2 2 50,00 %
7.2. Deseñar procesos que garanten unha intervención efectiva centrada na persoa e na atención á diversidade.
12 0 10 2 83,33 %
7.3. Ampliar e consolidar a rede de recursos sociais para as persoas con discapacidade.
14 2 16 0 100,00 %
EXECUCIÓN ÁREA 30 2 28 4 87,50 %
8. Saúde e atención
sociosanitaria
8.1. Regular o espazo sociosanitario. 4 0 3 1 75,00 %
8.2. Deseñar procesos que garanten unha efectiva atención sociosanitaria a través da coordinación dos departamentos con competencia en sanidade e servizos sociais.
11 0 11 0 100,00 %
8.3. Garantir a accesibilidade das persoas con discapacidade aos servizos sanitarios desde unha perspectiva de atención integral.
7 1 6 2 75,00 %
EXECUCIÓN ÁREA 22 1 20 3 86,96 %
9. Atención temperá
9.1. Desenvolver unha normativa específica en materia de atención temperá.
3 0 3 0 100,00 %
9.2. Definir accións que garantan unha atención efectiva baseada no modelo de intervención biopsicosocial, a través da coordinación interinstitucional correspondente.
8 0 2 6 25,00 %
9.3. Desenvolver unha rede de recursos de atención temperá.
5 0 5 0 100,00 %
EXECUCIÓN ÁREA 16 0 10 6 62,50 %
10. Cultura, deporte e tempo
de lecer
10.1. Optimizar a accesibilidade das persoas con discapacidade ás actividades culturais, deportivas e de tempo de lecer.
12 0 7 5 58,33 %
10.2. Fomentar a participación das persoas con discapacidade en actividades culturais, deportivas de ocio e tempo libre normalizadas.
10 0 9 1 90,00 %
10.3. Impulsar a práctica deportiva por parte das persoas con discapacidade.
9 0 6 3 66,67 %
EXEC. ÁREA 31 0 22 9 70,97 %
TOTAL 305 11 259 57 81,96 %
Fonte: elaboración propia a partir dos datos anuais de seguimento
III.1. Area 1. Protección dos dereitos
Esta área de intervención, incluída no plan co obxectivo de garantir e promover os dereitos das persoas con
discapacidade, tiña programadas 18 actuacións para o período 2010-2013 das que se executaron 13, e resultou
un nivel de execución do 72,2 %.
Dos tres obxectivos específicos formulados para conseguir o obxectivo xeral de área, o 1.1 (Promover
información, formación e asesoramento ás persoas con discapacidade, familiares, profesionais implicados/as e á
sociedade en xeral, sobre os dereitos e protección xurídica) resultou co maior nivel de execución, cun 85,7 %, e
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
23
o 1.3 (Desenvolver políticas públicas que garantan, de xeito efectivo, os dereitos das persoas con discapacidade
de acordo coa Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade) co menor nivel, 62,5 %.
Cómpre subliñar a diferenza existente no número de actuacións deseñadas para os tres obxectivos específicos,
concretamente en relación ao 1.2, Garantir e promover a accesibilidade das persoas con discapacidade e
familiares á xustiza e a unha axeitada protección xurídica, no que só se incluíron tres actuacións, fronte ás sete e
oito dos obxectivos 1.1. e 1.3, respectivamente.
TÁBOA 5. BALANCE DE EXECUCIÓN ÁREA 1 POR OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E EN TOTAL
ÁREA 1. PROMOCIÓN DOS DEREITOS N.º
actuacións programadas
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non
executadas
Porcentaxe de
execución
1.1. Promover información, formación e asesoramento ás persoas con discapacidade, familiares, profesionais implicados/as e á sociedade en xeral, sobre os dereitos e protección xurídica.
7 0 6 1 85,71 %
1.2. Garantir e promover a accesibilidade das persoas con discapacidade e familiares á xustiza e a unha axeitada protección xurídica.
3 0 2 1 66,67 %
1.3. Desenvolver políticas públicas que garantan, de xeito efectivo, os dereitos das persoas con discapacidade de acordo coa Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade.
8 0 5 3 62,50 %
EXECUCIÓN ÁREA 18 0 13 5 72,22 %
Obxectivo específico 1.1. Promover información, formación e asesoramento ás persoas con discapacidade, familiares, profesionais implicados/as e á sociedade en xeral, sobre os dereitos e protección xurídica
En relación co primeiro obxectivo específico:
Realizáronse seis das sete actuacións programadas e pódese concluír que se logrou avanzar na
promoción de información, formación e asesoramento sobre dereitos e protección xurídica grazas a que
se elaborou un protocolo co Tribunal Superior de Xustiza e demais axentes implicados para o traslado e
ingreso involuntario en centros de servizos sociais (actuación 1.1.1); un protocolo e modelo único de
autorización para o uso de medidas de suxeición e de contención (actuación 1.1.2); unha guía
informativa sobre protección xurídica e discapacidade; accións informativas sobre os dereitos e deberes
das persoas con modificación xudicial da capacidade, das súas persoas titoras, familiares e profesionais
(actuación 1.1.3) e déuselle continuidade ao programa de adopcións especiais (actuación 1.1.5).
A actuación pendente de execución é a 1.1.6, pois non se impartiu formación no marco do Plan anual
da Escola Galega de Administración Pública sobre menores con discapacidade. O departamento
responsable da dita medida sinalou que se lle presentou como proposta á EGAP, pero non foi
aprobada.
En relación co anteriormente exposto, e como suxestión para un futuro plan ou estratexia de
discapacidade, debería trasladarse á EGAP que se lles debe dar prioridade ás propostas de accións
formativas que responden a actuacións de plans de intervención vixentes, por canto se trata de
iniciativas de planificación aprobadas e/ou informadas polo Consello do Goberno da Xunta de Galicia,
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
24
nas que todos os departamentos administrativos deben cooperar para a súa consecución. En definitiva,
se unha proposta formativa responde a unha medida dun plan de acción integral no que están
implicados tanto o departamento que realiza a proposta como o que a valora, todo parece indicar que
se tería que aprobar, dando así consecución a unha medida previamente consensuada e aprobada no
plan.
Obxectivo específico 1.2. Garantir e promover a accesibilidade das persoas con discapacidade e familiares á xustiza e a unha axeitada protección xurídica
No tocante ao segundo obxectivo só había programadas tres actuacións, das que se realizaron dúas:
Prestouse apoio a través da interpretación da linguaxe de signos ás persoas con discapacidade auditiva
nos procedementos xudiciais nos que foron parte procesual (actuación 1.2.2) e levouse a cabo un
proceso de adaptación da Funga a través dun plan de actuación, cara a conseguir un funcionamento
máis áxil e eficaz (actuación 1.2.3).
Pola contra, non se conseguiu elaborar un protocolo de actuación para os xulgados no que se
establecerían mecanismos para evitar situacións de indefensión e que lles garantan ás persoas con
discapacidade un trato en igualdade de condicións (actuación 1.2.1). Esta actuación debía executarse
por parte do movemento asociativo coa colaboración da Dirección Xeral de Xustiza para a difusión do
protocolo nos xulgados.
Obxectivo específico 1.3. Desenvolver políticas públicas que garantan, de xeito efectivo, os dereitos das persoas con discapacidade de acordo coa Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade
En relación co terceiro obxectivo, executáronse cinco das oito actuacións programadas:
Avanzouse na inspección das fundacións tutelares privadas e centros de atención dependentes destas
(actuación 1.3.7); realizáronse actividades de difusión da Convención sobre os dereitos das persoas
con discapacidade (actuación 1.3.4), así como outras accións de sensibilización para reforzar a imaxe
positiva das persoas con discapacidade, libre de estereotipos e a súa contribución á sociedade
(actuación 1.3.6); elaborouse unha guía dirixida a profesionais da comunicación (actuación 1.3.7) e
tamén se incluíron programas en medios audiovisuais para promover condutas e actitudes positivas
cara ás persoas con discapacidade (actuación 1.3.8).
Pero non se dou consecución a estas actuacións:
o Regular o exercicio de potestade sancionadora prevista no título I da Lei 49/2007 do 26 de
decembro que establece o réxime de infraccións e sancións en materia de igualdade de
oportunidades e non discriminación das persoas con discapacidade, na Comunidade Autónoma de
Galicia (1.3.2).
o Poñer en marcha un sistema de arbitraxe para a resolución de queixas e reclamacións en materia
de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade por razón de discapacidade no
ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a constitución dunha xunta arbitral (1.3.3.).
o Elaborar un documento de recomendacións para garantir unha atención axeitada das persoas con
discapacidade que se atopan institucionalizadas por parte do persoal dos respectivos centros
(1.3.5).
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
25
III.1. Area 2. Igualdade de xénero e transversalidade
Para alcanzar o obxectivo da área 2 do plan, garantir a igualdade de oportunidades para as mulleres con
discapacidade cara á súa plena participación na vida social, cultural, económica, política, establecéronse catro
obxectivos específicos e 28 actuacións, das que se executaron 25, resultando un nivel de execución do 89,3 %.
Obsérvase tamén nesta área un desequilibrio en canto ao número de actuacións por obxectivos específicos, xa
que o primeiro deles, dirixido a establecer os mecanismos para facer posible a transversalidade de xénero na
implantación do plan, alberga o 43 % das actuacións de área, quedando o resto de obxectivos cunha distribución
máis equitativa entre eles.
TÁBOA 6. BALANCE DE EXECUCIÓN ÁREA 2 POR OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E EN TOTAL
ÁREA 2. IGUALDADE DE XÉNERO E TRANSVERSALIDADE
N.º actuacións
programadas
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non
executadas
Porcentaxe de
execución
2.1. Establecer os mecanismos para facer posible a transversalidade de xénero na implantación do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013.
12 0 12 0 100,00 %
2.2. Promover a participación das mulleres con discapacidade nos diferentes ámbitos incidindo na mellora da súa autoestima, na concienciación das familias e da sociedade para evitar a súa sobreprotección e practicar unha socialización igualitaria libre de estereotipos sobre xénero e discapacidade.
6 0 6 0 100,00 %
2.3. Previr e actuar ante calquera tipo de violencia exercida sobre as mulleres con discapacidade.
5 0 3 2 60,00 %
2.4. Promover o dereito ás relacións afectivas das mulleres con discapacidade ao tempo que se garante o seu dereito ao libre desenvolvemento da maternidade.
5 0 4 1 80,00 %
EXECUCIÓN ÁREA 28 0 25 3 89,29 %
A porcentaxe de execución é bastante inferior no obxectivo específico 2.3 (60 %); e, aínda que en menor
medida, no obxectivo 2.4. Pola contra, os dous primeiros obxectivos acadan un nivel do 100 %.
Obxectivo específico 2.1. Establecer os mecanismos para facer posible a transversalidade de xénero na implantación do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia
No que respecta ao obxectivo específico 2.1., con execución do total de actuacións, cabe realizar as seguintes
observacións:
Avanzouse na incorporación da perspectiva de xénero nas accións formativas do plan (actuación 2.1.1),
segundo se extrae dos seguimentos anuais realizados; non obstante, sospéitase da calidade coa que
se aplicou esta perspectiva, tendo en conta o descoñecemento aínda existente entre o persoal da
Administración e das organizacións sociais sobre o significado da transversalización do xénero na
formación e as súas implicacións.
Déronse pasos para darlles prioridade ás mulleres con discapacidade nos programas/actuacións
dirixidas ás persoas con discapacidade desenvolvidos no marco deste plan (actuación 2.1.2), pero
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
26
considérase que se conseguiu de maneira aínda moi sutil, sen que se lograse impregnar a execución do
plan desta perspectiva.
Realizouse un estudo sobre discapacidade e xénero utilizando técnicas cualitativas de investigación
social (actuación 2.1.4), no que participaron de forma activa mulleres con discapacidade e, en menor
medida, homes con discapacidade; así mesmo deseñouse un sistema de indicadores de xénero
(actuación 2.1.3). Non obstante, botouse en falta a utilización e aplicación de ambos instrumentos.
Sobre o resto de actuacións executadas, gran parte delas responsabilidade da Unidade de Igualdade da
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, descoñécese en que medida
contribuíron a transversalizar o xénero en materia de discapacidade. En todo caso, hai que destacar en
positivo que, destas medidas, as que estaban programadas para varias anualidades leváronse a cabo
en todas elas, polo que o avance foi progresivo.
Obxectivo específico 2.2. Promover a participación das mulleres con discapacidade nos diferentes ámbitos incidindo na mellora da súa autoestima, na concienciación das familias e da sociedade para evitar a súa sobreprotección e practicar unha socialización igualitaria libre de estereotipos sobre xénero e discapacidade
Seis actuacións definíronse para lle dar consecución a este obxectivo, todas elas con actividade no período de
vixencia do plan, o que se pode considerar un importante avance no empoderamento destas mulleres, xa que:
se facilitou a súa participación en foros e eventos de todo tipo.
se promoveu a creación de redes de mulleres con discapacidade, así como algunha comisión específica
de mulleres no movemento asociativo da discapacidade.
se deseñou unha das campañas do día 8 de marzo na que se consideran de forma especial as mulleres
con discapacidade.
se tiveron en conta as mulleres maiores para o deseño dalgúns dos programas do departamento
autonómico competente en materia de igualdade.
e avanzouse (aínda que lentamente) na incorporación de mulleres nas xuntas directivas das
organizacións de apoio ás persoas con discapacidade.
Non obstante, é necesario reforzar este tipo de medidas, xa que, á vista dos resultados comunicados polos
organismos responsables, dedúcese que foi un avance aínda moi exiguo.
Obxectivo específico 2.3. Previr e actuar ante calquera tipo de violencia exercida sobre as mulleres con discapacidade
Con relación ao obxectivo específico 2.3. quedaron sen execución dúas das cinco actuacións programadas:
a 2.3.2. Instar á elaboración e publicación de estatísticas sobre violencia de xénero en Galicia,
identificando e analizando os casos de violencia exercida contra mulleres que presentan algunha
discapacidade.
a 2.3.5. Adaptar os materiais e protocolos de actuación en materia de violencia de xénero para atender
os casos de mulleres con discapacidade, adecuándoos ás diferentes tipoloxías de discapacidade.
Sobre todo sería de gran prioridade nun futuro plan ou estratexia de discapacidade en Galicia retomar esta
última medida, polo menos no relativo aos protocolos de actuación en activo.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
27
Tivéronse en consideración as mulleres con discapacidade nalgunha das campañas do 25 de novembro
(actuación 2.3.3) e impartiuse formación específica aos colectivos profesionais que atenden a mulleres con
discapacidade vítimas de violencia de xénero (actuación 2.3.4).
A actuación 2.3.1 (Consolidar o apoio a mulleres vítimas de violencia de xénero e/ou procedentes de casas de
acollida na formación profesional, na contratación e no emprendemento, considerando de maneira especial a
quen ten algunha discapacidade) figura como executada, pero non se levou á práctica nos termos esperados, ao
non se rexistrar ningún caso de mulleres con discapacidade que se manifestase como vítima de violencia de
xénero. Neste sentido, cuestiónase a efectividade deste tipo de actuacións nun plan desta natureza se non vai
acompañado dun traballo interno e coordinado dos departamentos implicados.
Obxectivo específico 2.4. Promover o dereito ás relacións afectivas das mulleres con discapacidade ao tempo que se garante o seu dereito ao libre desenvolvemento da maternidade
Por último, no que respecta ao obxectivo específico 2.4,
Déronse pasos para o deseño e aplicación de programas de educación afectivo-sexual, de prevención
de riscos, dereito á maternidade (actuación 2.4.3), para a convocatoria de axudas dirixidas a promover
o desenvolvemento de programas de apoio ás mulleres xestantes e lactantes con especial mención ás
mulleres con discapacidade (actuación 2.4.1), para a sensibilización do persoal sanitario (2.4.3) e deuse
continuidade á puntuación por cada persoa da unidade familiar afectada por discapacidade no baremo
da situación sociofamiliar para adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3, dependentes da
Consellería de Traballo e Benestar (actuación 2.4.5).
Pola contra, quedou sen actividade a actuación 2.4.3 relativa a incluír no plan de formación anual que
se realiza a través da Escola Galega de Administración Pública accións formativas sobre discapacidade
e xénero (aínda que si se realizou formación en liña relacionada con esta temática por parte da S. X. da
Igualdade).
Como tamén se comentou na epígrafe anterior, é necesario un traballo de coordinación interdepartamental que
sirva de impulso para a realización de determinadas actuacións, que non implican un custo económico engadido,
senón que se integrarían en actuacións de carácter ordinario, como é o caso dos plans anuais de formación da
EGAP. O papel do Grupo Coordinador incluía este tipo de tarefas, que probablemente se tería levado a cabo de
non ser pola redución de convocatorias deste grupo durante o exercicio 2012 e tamén en 2013.
III.3. Area 3. Accesibilidade
Esta área de intervención ideada para garantir a accesibilidade das persoas con discapacidade aos contornos,
espazos, bens produtos e servizos en igualdade de condicións co resto da poboación, ocupa o primeiro posto en
número de actuacións programadas. Non obstante, cómpre subliñar o desequilibrio numérico de actuacións
correspondentes a cada obxectivo específico e que, dalgún xeito, pon de manifesto a maior prioridade duns
aspectos sobre outros: o 35 % das actuacións desta área concéntrase no obxectivo 3.3, relativo á eliminación de
barreiras da comunicación, seguido do obxectivo 3.4, sobre barreiras físicas, con case unha cuarta parte das
actuacións.
Resultou cun nivel de execución do 84,3 ao se realizar 43 dun total de 53 actuacións durante os catro anos de
vixencia do plan (51 programadas máis dúas de nova incorporación). O obxectivo específico 3.2 obtivo o maior
nivel de execución, cun 91,7 %, e o obxectivo específico 3.1 o menor nivel, un 62,5 %.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
28
TÁBOA 7. BALANCE DE EXECUCIÓN ÁREA 3 POR OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E EN TOTAL
ÁREA 3. ACCESIBILIDADE N.º
actuacións programadas
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non
executadas
Porcentaxe de
execución
3.1. Mellorar a normativa existente en materia de accesibilidade e proceder ao seu desenvolvemento e control de aplicación.
8 0 5 3 62,50 %
3.2. Sensibilizar, dar e coñecer, formar e asesorar en materia de accesibilidade.
12 0 11 1 91,67 %
3.3. Promover a eliminación das barreiras que limitan o acceso á información e comunicación, aos bens, produtos... en igualdade de condicións que o resto da poboación.
18 2 18 2 90,00 %
3.4. Promover a eliminación de barreiras que limitan o acceso ao contorno físico, medio urbano e transporte das persoas con discapacidade.
13 0 9 4 69,23 %
EXECUCIÓN ÁREA 51 2 43 10 84,31 %
Obxectivo específico 3.1. Mellorar a normativa existente en materia de accesibilidade e proceder ao seu desenvolvemento e control de aplicación.
Este obxectivo veu cumpridas cinco das oito actuacións programadas.
Avanzouse na mellora da normativa existente en materia de discapacidade (Lei 8/1997 e Decreto 35/2000),
traballando na revisión dos contidos da Lei galega de accesibilidade para a súa adaptación á normativa vixente
de nivel xerárquico superior (actuación 3.1.2) e na Lei que regula o transporte público en vehículos turismo (taxis
e vehículos de alugueiro con condutor/a), que inclúa os estándares mínimos de accesibilidade neste transporte
(actuación 3.1.6). O Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de
persoas en vehículos de turismo de Galicia. Ademais, ante a convocatoria de eleccións autonómicas do 21 de
outubro de 2012 remitiuse unha circular informativa a todos os concellos sobre a necesidade de elixir locais
adaptados para as mesas electorais, de xeito que as persoas con algunha discapacidade non visen impedido ou
dificultado o exercicio do seu dereito ao sufraxio (actuación 3.1.5). Modificouse a normativa reguladora do
Consello Galego de Transportes para incluír a participación neste de persoas con discapacidade (actuación
3.1.8).
Pola contra, seguen pendentes de execución:
o estudo da posibilidade de aprobar a norma correspondente para regular o acceso ao voto das persoas
con discapacidade (actuación 3.1.4).
o desenvolvemento da Lei 27/2007, do 23 de outubro (actuación 3.1.3).
e a elaboración e publicación dunha lei que regule o transporte marítimo en augas interiores de Galicia,
que inclúa o establecemento das condicións nas que se poidan establecer obrigas de servizo público no
transporte de persoas por vía marítima, regulando os estándares mínimos de accesibilidade nesta
actividade (actuación 3.1.7)5.
5 No momento en que se redacta este documento de avaliación final infórmase que se está elaborando o anteproxecto da Lei de mobilidade e transportes de Galicia, e se prevé introducir nesta lei xeral en materia de transporte público a regulación do transporte
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
29
Obxectivo específico 3.2. Sensibilizar, dar a coñecer, formar e asesorar en materia de accesibilidade
En canto a este obxectivo específico cómpre sinalar que se executaron case todas as medidas programadas,
aínda que algunhas non coa intensidade esperada. É o caso de actuacións competencia das tres universidades
galegas como promover no medio universitario accións formativas e proxectos de fin de grao en materias
específicas sobre accesibilidade nas áreas de coñecemento que teñan relación co deseño e execución de obras
e deseño de material gráfico ou audiovisual (actuación 3.2.11) ou incluír a aprendizaxe do sistema de linguaxe
de signos española na formación do voluntariado universitario (actuación 3.2.12). O mesmo ocorre coa 3.2.8.
“Establecer instrumentos de colaboración entre a Xunta de Galicia, as entidades representativas de persoas con
discapacidade, as entidades locais e os colexios profesionais para colaborar na formación e sensibilización de
profesionais sobre a accesibilidade universal e o deseño para todas as persoas”, neste caso da Secretaría Xeral
de Política Social.
Pola contra, cabe destacar o compromiso adoptado pola Compañía de Radio Televisión de Galicia en relación
coa formación do seu persoal (actuación 3.2.4) e á procura da participación en igualdade das persoas con
discapacidade nos programas da compañía (actuación 3.2.5), así como a actividade da Comisión Técnica de
Accesibilidade (actuación 3.2.1) e do Servizo de Promoción de Accesibilidade (actuación 3.2.2) ou da Secretaría
Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en canto á difusión na súa web da normativa en materia de
accesibilidade (actuación 3.2.3).
Quedou sen execución a actuación 3.2.6, Formar o persoal dos medios de comunicación social sobre o uso non
discriminatorio da linguaxe en relación ás persoas con discapacidade e xénero, da CRTVG.
Obxectivo específico 3.3. Promover a eliminación das barreiras que limitan o acceso á información e comunicación, aos bens, produtos... en igualdade de condicións que o resto da poboación
No tocante ao obxectivo específico 3.3., con case igual nivel de execución que o obxectivo anterior (90 %), cabe
sinalar que ás 18 actuacións programadas inicialmente se sumaron dúas de nova incorporación (unha en 2012 e
outra en 2013), ambas da CRTVG: a 3.3.19, Dar continuidade á emisión diaria dun informativo en lingua de
signos (cunha media de arredor de 250 programas emitidos anualmente); e a actuación 3.3.20, Proxecto de
ofrecer subtítulos en varios espazos informativos da TVG.
Súmanse a estas actuacións outras levadas a cabo polo mencionado ente autonómico, como a incorporación do
telexornal en lingua de signos á web da CRTVG, onde se actualiza a diario, ou a adquisición de infraestrutura
técnica para ofrecer a subtitulación na TVG...; pola Amtega, como o sistema de vídeo interpretación para
persoas xordas na Administración autonómica (actuación 3.3.17), o programa TIC-TAC (actuación 3.3.1) Galicia,
os programas formativos multimedia nos centros da Rede CeMIT mellorando progresivamente a súa
accesibilidade (actuación 3.3.2) ou a introdución de criterios de valoración que teñan en conta o cumprimento
dos requisitos de accesibilidade nas convocatorias públicas...; e pola Secretaría Xeral de Medios.
Non obstante, respecto deste último departamento, cómpre subliñar que dúas das actuacións que se consideran
como executadas tiveron lugar de forma moi discreta e sutil e non coa intensidade esperada, máis aínda
tratándose de novidades importantes en termos de accesibilidade da comunicación, como son os espazos de
lectura fácil: deixaron de incluírse na web institucional (actuación 3.3.10) e apenas se traballou cos medios de
comunicación (actuación 3.3.11). A ausencia de visitas a eses espazos web fixo que se prescindira deles,
decisión que se debe cuestionar tendo en conta que a accesibilidade na comunicación constitúe unha das
público en augas interiores de Galicia. Xa que logo, non se proseguiu co proxecto dun texto legal específico sobre esta materia en beneficio desta regulación de maior alcance.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
30
liñas prioritarias de actuación neste ámbito6 e unha materia pendente en calquera estratexia futura sobre a
discapacidade en Galicia.
Destacan tamén como logros a adaptación do Teléfono da muller e do centro de xestión de emerxencias 112
para facelos accesibles ás persoas con discapacidade auditiva (actuación 3.4.14 e 3.4.15). Non obstante,
respecto do primeiro débese revisar o seu funcionamento ou a difusión do servizo adaptado, xa que nin en 2012
nin 2013 se rexistrou consulta algunha a través deste servizo, segundo consta nos datos facilitados polo
organismo responsable (si en 2010 e en 2011, nun número reducido).
Quedaron totalmente pendentes de execución dúas actuacións, ambas responsabilidade da Secretaría Xeral
de Política Social:
a actuación 3.3.6., Elaborar un documento–proposta de recomendacións para lle presentar ao Consello
coordinador de publicacións coa finalidade de determinar as medidas para a adaptación progresiva das
publicacións da Xunta de Galicia a braille e lectura fácil.
e a 3.3.16. Divulgar o sistema pictográfico de signos e estender a súa utilización.
Obxectivo específico 3.4. Promover a eliminación de barreiras que limitan o acceso ao contorno físico, medio urbano e transporte das persoas con discapacidade
Por último, o obxectivo específico 3.4 resultou ser o de menor nivel de consecución, non só porque así o
constata o menor grao acadado, senón tamén porque outras actuacións executadas nos anos iniciais se viron
afectadas por cambios no tipo de xestión e por limitacións orzamentarias. Algunhas só se levaron a cabo durante
un exercicio estando programadas para os catro.
Outras actuacións non se conseguiron levar a cabo en ningunha das anualidades:
a actuación 3.4.7. Deseñar un modelo de familia de mobiliario urbano para o transporte público
(marquesiñas e postes de parada) plenamente accesibles.
a 3.4.9. Poñer en marcha un plan de revisión de infraestruturas auxiliares de transportes (marquesiñas,
zonas de acceso...), que incorpore como actuación preferente a consecución de infraestruturas
accesibles para as persoas con discapacidade.
a 3.4.13. Establecer medidas específicas para persoas con discapacidade como parte do plan de
calidade do sistema de transporte público.
e a 3.4.8 (Poñer en marcha actuacións de revisión das infraestruturas “maiores” auxiliares do transporte
para garantir as condicións básicas de accesibilidade), respecto da que se deron pasos importantes
para a súa realización, pero non se conseguiu aplicar de forma efectiva no período de vixencia do plan.
III.4. Area 4. Promoción da autonomía persoal
Programáronse un total de 34 actuacións para promover a autonomía das persoas con discapacidade e asegurar
a súa plena inclusión na vida comunitaria, distribuídas en catro obxectivos operativos, estando o maior número
de actuacións no obxectivo específico 4.2, Potenciar os recursos que permitan un maior grao de autonomía e de
permanencia das persoas no seu contorno habitual. Este obxectivo resultou cun grao de execución do 88,9 %, e
6 O descoñecemento da existencia deses espazos de lectura fácil pode estar na base da explicación desa ausencia de visitas a eses
espazos de lectura fácil.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
31
ocupa unha posición intermedia entre o de menor grao, o 4.1 (cun 71,4 %) e os obxectivos 4.3 e 4.4, ambos os
dous con actividade na totalidade das súas actuacións.
O grao de execución do conxunto de área foi do 88,2 %, ao realizarse 30 das actuacións previstas no período
2010-2013.
TÁBOA 8. BALANCE DE EXECUCIÓN ÁREA 4 POR OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E EN TOTAL
ÁREA 4. PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL
N.º actuacións
programadas
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non
executadas
Porcentaxe de
execución
4.1. Facilitar o acceso á vivenda das persoas con discapacidade.
7 0 5 2 71,42
4.2. Potenciar os recursos que permitan un maior grao de autonomía e de permanencia das persoas no seu contorno habitual.
18 0 16 2 88,88 %
4.3. Informar e concienciar a sociedade galega sobre a importancia da autonomía persoal das persoas con discapacidade.
5 0 5 0 100,00 %
4.4. Promover e desenvolver a asistencia persoal.
4 0 4 0 100,00 %
EXECUCIÓN ÁREA 34 0 30 4 88,24 %
Cómpre sinalar, desde unha perspectiva de deseño do plan, o elevado peso dun dos obxectivos específicos
respecto dos outros en canto número de actuacións programadas: o obxectivo 4.2 recolle case a metade do total
de actuacións da área, concretamente 18, fronte a catro que integran o obxectivo 4.4.
Obxectivo específico 4.1. Facilitar o acceso á vivenda das persoas con discapacidade
Respecto do obxectivo específico 4.1, considéranse executadas cinco das sete actuacións programadas e
quedaron pendentes:
a actuación 4.1.5. Elevar á comisión bilateral constituída polo Ministerio de Vivenda e o Instituto Galego
de Vivenda e Solo a valoración da posibilidade de que as axudas directas para alugueiro sexan
acumulables á renda básica de emancipación.
e actuación 4.1.6. Revisar a porcentaxe fixada para persoas con discapacidade na Lei de accesibilidade
para a promoción de vivendas, de tal xeito que se adapte á demanda real existente en cada concello no
que se poña en marcha un proxecto de promoción de vivendas)7.
Non obstante, as actuacións que se contabilizan como executadas son responsabilidade das universidades e do
Instituto Galego de Vivenda e Solo-IGVS e as intervencións realizadas son claramente mellorables, á vista dos
datos dispoñibles facilitados a través dos seguimentos anuais, sobre todo por parte das universidades.
7 Segundo os informes de seguimento serían seis as executadas, pero en termos de avaliación final non se pode dar como tal por considerar que para iso tería que terse publicado a nova Lei de discapacidade, coa inclusión desa nova porcentaxe, algo que non tivo lugar no espazo temporal do plan. Pola contra, a actuación relativa á Lei de accesibilidade si se deu como executada na área anterior, porque o enunciado da actuación fala de revisión de normativa e propostas para a súa modificación, tarefas que si se realizaron no marco temporal de vixencia deste plan de acción.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
32
Obxectivo específico 4.2. Potenciar os recursos que permitan un maior grao de autonomía e de permanencia das persoas no seu contorno habitual
Potenciar os recursos que permitan un maior grao de autonomía e de permanencia das persoas no seu contorno
habitual correspóndese co obxectivo específico 4.2, para cuxo logro se idearon 18 actuacións das que só unha,
programada para 2013, estivo totalmente sen actividade: a 4.2.7. Incluír os programas de adaptación á vida
diaria (vivendas con apoio) como unha actuación subvencionable con carácter prioritario na liña de axudas
dirixida ás entidades de iniciativa social. Contrariamente ao que se sinala no informe de seguimento 2013,
tampouco se pode dar como executada a actuación 4.2.11, precisamente porque o 31 de decembro de 2013
seguían sen estar operativos os servizos do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi), aínda que se
avanzou na súa tramitación e xestións previas.
En positivo cómpre destacar que se levaron a cabo outras medidas de gran relevancia para a consecución
deste obxectivo, porque se potenciaron recursos que melloraron a autonomía das persoas con discapacidade e
a súa permanencia no contorno habitual: ampliouse o servizo de teleasistencia (actuación 4.2.3), o Servizo
Galego de Transporte Adaptado 065 (actuación 4.2.4), o programa Xantar na Casa (actuación 4.2.5), e o número
de prazas de atención diúrna (actuación 4.2.9); deuse continuidade ao programa de pisos tutelados (actuación
4.2.6), ao programa de acollemento familiar para facilitar a integración da persoa con discapacidade no seo
dunha familia (actuación 4.2.8). Tamén se realizaron cursos en materia afectivosexual (actuación 4.2.12),
impartiuse formación para o persoal dos equipos de valoración da discapacidade (actuación 4.2.13) e
incorporouse un servizo de promoción da autonomía persoal na carteira de servizos8 (actuación 4.2.14).
Non tiveron os resultados esperados ou resposta por parte dos departamentos responsables determinadas
actuacións como a 4.2.16, sobre as axudas á investigación no marco do Plan I+D+I (en parte debido a unha falta
de coordinación e impulso co departamento responsable) ou a actuación 4.2.18., pois deixaron de convocarse
as axudas individuais para as persoas con discapacidade no terceiro ano de vixencia do plan.
Cómpre destacar o logro dunha das novidades que contemplaba o plan para este obxectivo: o deseño dun
sistema de préstamos de axudas técnicas (actuación 4.2.2.). Aínda que a súa posta en marcha tivo lugar en
2014, o deseño e contratación do servizo tivo lugar en 2013, polo tanto dentro do marco temporal do plan de
acción.
Obxectivo específico 4.3. Informar e concienciar a sociedade galega sobre a autonomía persoal das persoas con discapacidade
As cinco actuacións programadas neste obxectivo específico resultaron executadas, pero descoñécese a
calidade coa que se levaron a cabo algunhas delas. Pódese afirmar que se traballou en todas as actuacións
previstas e se contribuíu a concienciar á sociedade galega sobre a importancia da autonomía persoal das
persoas con discapacidade, aínda que non co nivel esperado.
Obxectivo específico 4.4. Promover e desenvolver a asistencia persoal
O obxectivo específico 4.4 valórase como logrado, grazas á execución das catro actuacións programadas que, a
excepción dunha, a 4.4.3, tiveron actividade en máis dunha anualidade:
Déuselle continuidade á prestación para contribuír á cobertura dos gastos derivados da contratación
dun/unha asistente persoal (actuación 4.4.1).
8 Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a
atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
33
Estendeuse a figura do/da asistente persoal ao grao II (actuación 4.4.2).
Realizáronse accións formativas para os/as asistentes persoais (actuación 4.4.3).
E potenciáronse as convocatorias para o recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da
competencia profesional nas cualificacións da familia profesional vinculada coa atención sociosanitaria
a persoas no domicilio (actuación 4.4.4).
III.5. Area 5. Educación
A área 5, Educación, deseñouse co obxectivo xeral de “garantir unha educación infantil, primaria, secundaria e
postobrigatoria de calidade nun marco integrador e normalizador, favorecendo a súa calidade e carácter público”.
Para iso definíronse seis obxectivos específicos e un total de 28 actuacións, que lles debían dar consecución aos
ditos obxectivos. En 2012 sumáronse outras dúas actuacións froito de iniciativas comunicadas pola Universidade
da Coruña e que tiveron continuidade en 2013.
En termos de deseño e distribución de obxectivos e medidas, esta área destaca polo reparto homoxéneo de
actuacións por obxectivo específico e o seu reducido peso.
TÁBOA 9. BALANCE DE EXECUCIÓN ÁREA 5 POR OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E EN TOTAL
ÁREA 5. EDUCACIÓN N.º
actuacións programadas
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non
executadas
Porcentaxe de
execución
5.1. Revisar, adaptar e garantir a aplicación da normativa existente en materia de educación cara a unha efectiva inclusión escolar das persoas con discapacidade.
5 0 4 1 80,00 %
5.2. Facilitar a coordinación efectiva entre todos os axentes implicados no proceso educativo do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
4 0 4 0 100,00 %
5.3. Formar e capacitar os/as profesionais do sistema educativo para unha atención normalizadora, inclusiva-integradora, do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
5 0 5 0 100,00 %
5.4. Garantirlle un ensino básico ao alumnado con necesidades específicas derivadas de discapacidade e de trastornos graves de conduta, nas mesmas condicións de igualdade que o resto de alumnado.
6 0 6 0 100,00 %
5.5. Procurar unha educación postobrigatoria que prepare para a vida e para a incorporación ao mundo laboral.
4 2 6 0 100,00 %
5.6. Facilitarlles ás persoas adultas con necesidades derivadas de discapacidade e trastornos graves de conduta unha educación permanente de calidade, que responda ás súas necesidades de inclusión na comunidade e facilite a súa vida autónoma.
4 0 4 0 100,00 %
EXECUCIÓN ÁREA 28 2 29 1 96,67 %
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
34
Resulta un nivel de execución de área do 96,7 %, xa que só unha actuación quedou pendente de realización,
concretamente no obxectivo específico 5.1. Deste xeito, o resto de obxectivos específicos resultan cunha
execución do total das medidas programadas para a súa consecución, aínda que convén analizar a calidade
e/ou intensidade coa que se levaron a cabo, análise que requiriría dun coñecemento máis profundo da natureza
e contido destas actuacións.
Obxectivo específico 5.1. Revisar, adaptar e garantir a aplicación da normativa existente en materia de educación cara a unha efectiva inclusión escolar das persoas con discapacidade
Comezando precisamente polo mencionado obxectivo leváronse a cabo as seguintes medidas:
Publicación do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do
alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as
ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 21 de
decembro), que se corresponde coa actuación 5.1.1.
Elaboráronse e publicáronse currículos das ensinanzas de formación profesional de forma que se
considerase a accesibilidade universal nestas ensinanzas (actuación 5.1.3).
Publicouse o Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación
profesional do sistema educativo de Galicia (actuación 5.1.4).
Estudouse con carácter interno a situación actual da diversidade na rede de centros educativos para a
identificación de necesidades e planificación de actuacións (actuación 5.1.5).
Pola contra, como se dicía, quedou sen executar unha soa actuación, a 5.1.2 consistente na elaboración e
publicación dunha nova normativa sobre a organización e funcionamento dos centros de educación infantil,
primaria e secundaria.
Obxectivo específico 5.2. Facilitar a coordinación efectiva entre todos os axentes implicados no proceso educativo do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Para alcanzar este obxectivo, de vital importancia e permanente demanda do movemento asociativo,
establecéronse catro medidas, todas elas con actividade no período analizado. Non obstante, con respecto á
actuación 5.2.4. (“Crear un grupo de traballo interuniversitario que se ocupe do deseño, posta en marcha e
seguimento de accións en materia de discapacidade /diversidade /accesibilidade tanto daquelas especificamente
dirixidas ao alumnado con discapacidade e ao propio persoal docente, como as relacionadas coa investigación-
coñecemento neste ámbito”), cómpre dicir que se creou o grupo en 2011, pero non tivo continuidade nas
seguintes anualidades. A falta de efectividade deste instrumento considerado vital para o impulso doutras
actuacións do plan, provocou que estas non acadasen o nivel de consecución esperado, cunha mínima calidade
e intensidade. Constitúe esta unha materia pendente para unha futura estratexia de discapacidade, se se
quere seguir traballando para avanzar na inclusión no ámbito universitario e en coordinación co ensino non
universitario.
Déronse pasos con relación á actuación 5.2.1, xa que se elaborou un escrito por parte do grupo interuniversitario
creado no marco do plan, que lles foi remitido pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa aos centros educativos, concretamente a un total de 253. A resposta dos centros foi
escasa, esta actuación queda con moi pouco contido con relación á previsión, aínda que se complementou co
programa A Ponte entre o Ensino Medio e a Universidade de Santiago de Compostela9.
9 A través do que se presentaron en centros de ensino medio de Galicia (persoal directivo e de orientación) as actuacións da USC para a
normalización da vida dos e das estudantes con necesidades específicas de apoio educativo durante o seu percorrido académico.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
35
Creouse un espazo na web institucional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria10, que
deu consecución á actuación 5.2.2 e establecéronse convenios con entidades que participan na atención ao
alumnado con determinadas discapacidades ou trastornos (actuación 5.2.3).
Obxectivo específico 5.3. Formar e capacitar os/as profesionais do sistema educativo para unha atención normalizadora, inclusiva-integradora, do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Deseñáronse cinco medidas para o período de vixencia do plan neste obxectivo, resultando todas elas
executadas:
Incluíronse durante todos os anos de vixencia do plan contidos relativos á educación para a diversidade
e á educación inclusiva do alumnado nos plans de formación dirixidos á comunidade educativa
profesional (actuación 5.3.1).
Leváronse a cabo actividades formativas que abordaron temáticas relacionadas coa escola inclusiva na
formación en centros, incluída a elaboración de materiais accesibles (actuación 5.3.2).
Considerouse como un criterio máis de valoración nos concursos de méritos de persoal docente a
formación e a capacitación do profesorado sobre inclusión educativa (actuación 5.3.3). A última foi a
Orde do 16 de outubro de 2013, pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario
docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas,
música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional,
mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración
educativa e inspectores de educación (DOG n.º 210, do 4 de novembro).
As universidades traballaron na elaboración de manuais de boas prácticas docentes e de elaboración
de materiais accesibles para contornos inclusivos (actuacións 5.3.4 e 5.3.5).
Obxectivo específico 5.4. Garantirlle un ensino básico ao alumnado con necesidades específicas derivadas de discapacidade e de trastornos graves de conduta, nas mesmas condicións de igualdade que o resto de alumnado
Con respecto ao obxectivo 5.4, resultaron con actividade as seis actuacións programadas para conseguilo:
Realizáronse as adaptacións pertinentes para que o alumnado con discapacidade realizase as probas
de avaliación de diagnóstico (actuación 5.4.1).
Déuselle continuidade á convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, materiais
curriculares e material didáctico e complementario para alumnado dos centros sostidos con fondos
públicos (actuación 5.4.3) e interesa para os efectos deste plan sobre todo o número de axudas
concedidas a alumnado matriculado en educación especial (superando o número de 1.000 en todas as
anualidades). Tamén se continuou coa convocatoria de axudas a centros privados concertados para a
atención a alumnado con necesidades educativas especiais (actuación 5.4.4).
Mantívose durante todo o marco temporal do plan o concerto educativo cos centros específicos de
atención específica de alumnado con necesidades educativas especiais e cos centros ordinarios con
unidades escolares específicas para a atención deste alumnado (actuación 5.4.5).
Continuouse coa convocatoria anual de premios extraordinarios da educación secundaria obrigatoria,
especialmente na modalidade de premio extraordinario ao esforzo e superación persoal. Non obstante,
ao non facilitar o departamento administrativo competente datos sobre o alumnado con discapacidade
10 http://www.edu.xunta.es/web/diversidadeorientacion
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
36
que accede a estes premios, non é posible valorar o impacto neste grupo de alumnado (actuación
5.4.2.).
Resulta así mesmo complicado valorar o impacto da actuación 5.4.6 (Promover que o profesorado sexa
o máis permanente posible nos centros nos que se escolarice alumnado con necesidade específica de
apoio educativo). Aínda que resultou executada en todos os anos de vixencia do plan, descoñécese se
realmente houbo algún avance respecto da situación anterior, á vista dos datos facilitados polo
departamento autonómico competente en materia educativa: a partir de 2011 (en 2010 non se facilitan
datos) sinálase o mesmo número de docentes que permanecen un mínimo de dous anos en centros
nos que hai alumnado con necesidade específica de apoio educativo; cifra que parece coincidir
exactamente co número de centros. En todo caso, á vista dos datos todo apunta a que non é preciso
unha actuación similar nunha futura estratexia.
Obxectivo específico 5.5. Procurar unha educación postobrigatoria que prepare para a vida e para a incorporación ao mundo laboral
No caso deste obxectivo, ás catro actuacións programadas inicialmente no plan sumáronse dúas de nova
incorporación a cargo da Universidade da Coruña. Cómpre sinalar os seguintes logros:
O deseño de ofertas específicas de programas de cualificación profesional inicial (PCPI) para facilitar a
integración social e laboral do alumnado con necesidades educativas especiais (actuación 5.5.1). Non
obstante, non se facilitan en todas as anualidades os datos desagregados por sexo, tan importantes en
actuacións desta natureza.
As universidades continuaron co seu labor para garantir a accesibilidade dos contidos e servizos
ofrecidos, pero descoñécese a súa calidade e intensidade sen que se poida constatar o reforzo do dito
traballo, segundo o que prevía a actuación 5.5.2., debido, sobre todo, á falta de información por parte
das tres universidades galegas.
Algo semellante ocorre coa actuación 5.5.3, en canto que se continuou cos programas de apoio
personalizado ao alumnado con discapacidade nas universidades. Como novidade importante, a
Universidade da Coruña creou unha rede de titores/as que serven de enlace entre a Unidade de
Atención á Diversidade e a facultade e realizan as tarefas de titorización do alumnado con
discapacidade matriculado no seu centro (Rede UDC-U). A partir de datos desta natureza pode intuírse
o reforzo do apoio ao que fai referencia a actuación, pero coa cautela de que non se conta con
informacións similares no resto de universidades galegas.
Continuouse co programa de prácticas laborais para persoas con discapacidade, pero a partir dos datos
dispoñibles non é posible constatar a súa extensión xeneralizada e con unificación de criterios nas tres
universidades (actuación 5.5.4).
Ademais, a Universidade da Coruña levou a cabo formación do seu profesorado para a atención de
persoas con discapacidade, así como a renovación do software para estudantes con dislexia no medio
universitario (actuacións 5.5.5. e 5.5.6., de nova incorporación ao plan en 2012 e 2013).
Obxectivo específico 5.6. Atender as necesidades das persoas adultas para unha educación permanente de calidade que responda ás súas necesidades de inclusión na comunidade e facilite a súa vida autónoma
As medidas deseñadas para conseguir esta meta realizáronse na súa totalidade: adaptáronse os materiais
didácticos e recursos para o logro dos obxectivos educativos (actuación 5.6.1), continuouse co cumprimento de
adaptación das probas libres para obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para
persoas con necesidades educativas especiais (actuación 5.6.2), aínda que se descoñece se este traballo se
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
37
reforzou durante o período de vixencia do plan; tamén se continuou coa autorización para cursar ensinanzas de
persoas adultas ao alumnado menor de 18 anos por necesidades educativas especiais, segundo se recolle na
actuación 5.6.3., aínda que cun reducido número de solicitudes. Tamén se seguiu apoiando a realización de
actividades de alfabetización a persoas con necesidades educativas especiais (actuación 5.6.4), a través da
convocatoria de axudas (agás en 2013).
III.6. Area 6. Formación e emprego
Esta área de intervención do plan é a única que se ideou con dous obxectivos xerais, un centrado nos aspectos
formativos das persoas con discapacidade para a súa axeitada incorporación ao mercado laboral, e outro
centrado na mellora da súa empregabilidade e a calidade do emprego, combatendo activamente a discriminación
destas persoas.
No marco desta área, e para a consecución dos seus obxectivos xerais, deseñáronse 47 actuacións, para o
período 2010-2013, o que a converte na segunda área con maior número de medidas, despois da área 3, de
accesibilidade. As actuacións están distribuídas en cinco obxectivos específicos e dunha forma moi desigual en
termos numéricos, destacando o obxectivo 6.1, no que se inclúe o 36,2 % das actuacións (17 actuacións), fronte
aos obxectivos 6.2, e 6.5 con só tres e cinco actuacións, respectivamente. Isto é moi importante á hora de
valorar os niveis de execución e de consecución de obxectivos.
TÁBOA 10. BALANCE DE EXECUCIÓN ÁREA 6 POR OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E EN TOTAL
ÁREA 6. FORMACIÓN E EMPREGO N.º actuacións programadas
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non
executadas
Porcentaxe de execución
6.1. Favorecer unha formación de calidade adaptada ás necesidades reais de formación das persoas con discapacidade e ao mercado laboral.
17 0 16 1 94,12 %
6.2. Promover as prácticas de carácter non laboral na empresa ordinaria.
3 0 3 0 100,00 %
6.3. Promover o acceso e mellorar a empregabilidade e a adaptación do posto de traballo das persoas con discapacidade no sector público.
10 1 5 6 45,45 %
6.4. Promover o acceso e mellorar a empregabilidade e a adaptación do posto de traballo das persoas con discapacidade no sector privado.
12 2 11 3 78,57 %
6.5. Apoiar o emprego protexido, especialmente desde a Administración pública.
5 1 4 2 66,66 %
EXECUCIÓN ÁREA 47 4 39 12 76,47 %
Destas actuacións, distribuídas en cinco obxectivos específicos, máis catro de nova incorporación, executáronse
38, resultando un nivel de execución do 76,5 %. Dos cinco obxectivos específicos formulados, o 6.2, Promover
as prácticas de carácter non laboral na empresa ordinaria, resultou co maior nivel de execución ao conseguir
actividade no total de actuacións programadas11 e o 6.3 (Promover o acceso e mellorar a empregabilidade e a
11 Este dato, non obstante, é relativamente positivo se se ten en conta que neste obxectivo específico tan só se incluíron tres actuacións, das 47 programadas. En relación con isto, cómpre destacar un peso moi dispar de actuacións entre os cinco obxectivos específicos desta área, que van desde o 6,4 % do obxectivo 6.2 ata o 36 % do obxectivo 6.1.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
38
adaptación do posto de traballo das persoas con discapacidade no sector público) foi o que obtivo menor nivel
de execución da programación realizada, un 45,5 %.
Obxectivo específico 6.1. Favorecer unha formación de calidade adaptada ás necesidades reais de formación das persoas con discapacidade e ao mercado laboral
Para a consecución deste obxectivo deseñáronse 17 actuacións no período 2010-2013, e só unha delas quedou
sen executar, a 6.1.3., Reforzar as vías de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar cara a conseguir unha maior coordinación entre o persoal
técnico de ambas as consellerías e facilitar a orientación cara á súa formación ocupacional ou postobrigatoria e o
acceso ao primeiro emprego ao remate dos estudos regrados. A non realización desta actuación contradí o
espírito deste plan baseado na participación e consenso.
En canto ás actuacións programadas para unha soa anualidade cómpre sinalar os seguintes logros:
a elaboración dunha guía de boas prácticas para formación dirixida a persoas xordas (actuación 6.1.5),
o envío dun escrito ao órgano competente en materia de función pública (por parte do departamento
competente en materia de formación para o emprego) para promover a creación da categoría
profesional de orientador/a laboral na Xunta de Galicia (actuación 6.1.8),
e a publicación do Decreto regulador de autorización de centros, 12 que incluíu a esixencia de
dispoñibilidade dos medios para facilitar a accesibilidade universal para a inscrición ou acreditación no
Rexistro de centros e entidades de formación para o emprego da Consellería de Traballo e Benestar
(actuación 6.1.4).
En relación coa actuación 6.1.7. (Darlle un novo enfoque á figura do/da orientador/a laboral para contar cunha
rede de orientación máis profesionalizada e máis capacitada para atender as necesidades específicas das
persoas con discapacidade), o departamento competente comunicou a publicación da norma reguladora no
exercicio 2011, ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2010, pola que se regulan as axudas para a realización
de actividades de información, orientación e busca de emprego (accións IOBE). Concedéronse axudas a
entidades dedicadas á atención de persoas con discapacidade, que se dan de alta como centros especiais de
orientación e o seu persoal técnico de orientación habilítase cun perfil diferente.
En relación coas actuacións programadas para os catro anos de vixencia, aínda que todas tiveron actividade,
algunhas non se executaron en todos os exercicios (nin coa calidade e resultados esperados), e doutras non se
conta con datos suficientes para ser valoradas debidamente.
En todo caso, no período obxecto de avaliación destacan os seguintes logros:
A continuidade das axudas para a formación de persoas con discapacidade desenvolvidas a través de
convenios coas entidades do movemento asociativo de discapacidade, por parte do departamento
competente en materia de discapacidade (actuación 6.1.1).
Fixáronse as persoas con discapacidade como un dos colectivos prioritarios nas ordes de subvención
do departamento competente en materia de formación para o emprego (actuación 6.1.2) e como
participantes nos programas mixtos de formación e emprego (actuación 6.1.6).
12 Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG n.º 110, do 9 de xuño de 2011).
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
39
Dotouse aos centros propios de formación da Consellería de Traballo e Benestar de equipamento
adaptado ás persoas con discapacidade (actuación 6.1.3, só en 2010).
Levouse a cabo o mantemento evolutivo da aplicación informática de orientación laboral (actuación
6.1.9), aínda que non de forma permanente13.
En reposta á actuación 6.1.10. (Asignar unha contía superior no caso da inserción laboral de persoas
con discapacidade en situación de desemprego na orde de programas integrados para o emprego,
como compensación ao esforzo engadido que supón a inserción) a inserción laboral das persoas con
discapacidade considerouse, en virtude do funcionamento actual do mercado de traballo, a partir do
25 % da xornada. Pero non se conta con datos de persoas con discapacidade inseridas no mercado
laboral (0 en 2012, ausencia de datos en 2013...).
Impulsáronse os programas de teleformación e a distancia nos plans de formación profesional
ocupacional para favorecer as persoas con dificultades para acceder na modalidade presencial
(actuación 6.1.11), pasouse de 100 persoas en 2010 a máis de 400 en 2013.
Continuouse co programa de accións formativas para persoas desempregadas (AFD), de forma que se
axusten á realidade das persoas con discapacidade (actuación 6.1.12); en 2010 formáronse 279
persoas cunha discapacidade e 310 no último ano de vixencia do plan. En relación aos cursos de
formación con compromiso de contratación (actuación 6.1.14), o exercicio con mellores resultados foi o
2012 con 11 persoas formadas e seis contratadas (sen resultados en 2013).
Potenciouse a avaliación e a acreditación da experiencia laboral ou de vías non formais de formación,
como posibles fórmulas de integración no mercado laboral das persoas con discapacidade a través de
convocatorias anuais (a partir de 2011) tanto do departamento competente en materia de educación
como do competente en materia de formación para o emprego (actuación 6.1.15). Non obstante, no é
posible valorar o seu impacto entre as persoas con discapacidade pola ausencia de datos, aspecto
obxecto de mellora importante por parte dos departamentos implicados.
Recolleuse a información específica para as persoas con discapacidade no portal xeral de información e
orientación profesional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, creando un
espazo seu portal; non obstante, as ligazóns varían ano a ano, á vista da información facilitada polo
departamento competente, descoñecendo a efectividade e calidade da información comunicada nos
ditos espazos.
A actuación 6.3.17. (Reforzar a adaptación da formación profesional ao mercado laboral do momento, e
incidir naquelas profesións con máis saídas laborais e que se correspondan con perfís que poidan
desempeñar as persoas con discapacidade, a través da actualización do anexo correspondente en cada
convocatoria anual do programa de accións formativas para persoas desempregadas), aínda que
resulta con actividade en varios anos, descoñécese de que forma e con que criterios se actualizou o
anexo das convocatorias anuais; é dicir, se se tiveron ou non en conta os perfís a desempeñar polas
persoas con discapacidade14.
13 Descoñécese se houbo melloras relacionadas coa derivación de persoas usuarias entre entidades especializadas en atención a determinados colectivos, preferentemente con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais e os demais servizos existentes, agás que en 2013 se realizaron melloras na aplicación de orientación para os efectos de axilizar a derivación de persoas con discapacidade das oficinas de emprego aos centros especiais.
14 En 2013 non se levou a cabo e o departamento administrativo comunicou o seguinte: A estratexia europea para o emprego establece que son áreas formativas prioritarias as dirixidas a anticipar as necesidades de cualificación do novo modelo produtivo e as orientadas ao desenvolvemento dos sectores máis innovadores. En todo caso, considéranse áreas prioritarias as relativas á internacionalización da empresa, o emprendemento, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico dos procesos produtivos.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
40
Obxectivo específico 6.2. Promover as prácticas de carácter non laboral na empresa ordinaria
Como xa se sinalou, este é o obxectivo con menor número de actuacións. Respecto deste cometido, pódese
dicir que se traballou para promover as prácticas laborais, pero non é posible valorar o seu impacto entre as
persoas con discapacidade, basicamente debido á falta de información.
Os datos anuais das actuacións programadas neste obxectivo son dispares. Como dato positivo cómpre
destacar que todos os anos se realizaron prácticas profesionais non laborais por parte das persoas con
discapacidade (o número oscila entre as 60 persoas de 2012 e as 284 de 2013), pero non hai datos que falen da
súa contratación posterior (actuación 6.2.1). Así mesmo, con motivo da actuación 6.2.3, asináronse todos os
anos convenios de colaboración para a realización de módulos de formación en centros de traballo, pero a
ausencia de datos en todas as anualidades impide valorar o impacto nas persoas con discapacidade: só se pode
dicir que en 2011 e 2012 a porcentaxe destas persoas sobre o total do alumnado participante foi de: 0,60 % e 2
%, respectivamente (o resto de anos non se facilitou este dato).
Obxectivo específico 6.3. Promover o acceso e mellorar a empregabilidade e a adaptación do posto de traballo das persoas con discapacidade no sector público
Para a consecución deste obxectivo deseñáronse 10 actuacións, máis unha de nova incorporación en 2012, a
cargo da Dirección Xeral de Emprego e Formación. Das 11 actuacións executáronse cinco, quedando sen
actividade seis delas, concretamente as seguintes:
A actuación 6.3.1. Elaborar e publicar un decreto regulador do acceso, promoción interna e provisión de
postos de traballo de persoas con discapacidade no ámbito da Administración autonómica galega15.
A actuación 6.3.2. Elaborar un catálogo de tipos de postos de traballo, no que se describan as súas
tarefas fundamentais e se estableza o perfil de esixencias e condicións mínimas de cada un tendo en
conta as peculiaridades dos distintos grupos de discapacidade.
A actuación 6.3.3, Establecer unha reserva de postos para persoas con discapacidade psíquica
desenvolvendo un proceso selectivo independente diferenciado e adaptado ás súas especiais
circunstancias (aspecto a contemplar na modificación da Lei de función pública de Galicia). Segundo a
información do órgano directivo competente (enviada con data do 22 de febreiro de 2012), o
anteproxecto de Lei do emprego público de Galicia reserva o 2 % das prazas ofertadas para ser
cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, pero dado que no momento en que se
pecha este plan segue pendente de publicación dita lei, non se pode dar como executada aínda16.
A actuación 6.3.7. Revisar os procedementos en relación coas adaptacións de postos de traballo
implicando os mandos intermedios nos ditos procedementos e establecendo protocolos de actuación.
Aínda que se comunicou con motivo do seguimento anual 2011 a previsión de levar a cabo, no ano
15 Alegan o seguinte con motivo do seguimento 2013. “... o artigo 23 da Lei 17/2012, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2013, mantén a prohibición de incorporación de novo persoal funcionario e laboral fixo −agás limitadas excepcións− que fora introducida no exercicio orzamentario 2012. Consonte co anterior, a oferta de emprego público para a Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2012 (Decreto 262/2012, do 20 de decembro) foi extremadamente reducida e, aínda que ata a data non se publicou a oferta de emprego público para o ano 2013, non é previsible un incremento significativo. Doutra banda, a normativa vixente (disp. adicional 7.ª da Lei da función pública de Galicia) mellora notablemente a lexislación básica estatal de xeito que na comunidade está superado amplamente o obxectivo do 2% de traballadores/as con discapacidade. Finalmente, o avanzado estado de tramitación do anteproxecto de Lei do emprego público de Galicia aconsella esperar á súa aprobación; pois esta norma constituirá o marco de referencia que deberá desenvolver regulamentariamente o decreto regulador. Tendo en conta todo o anterior e a urxencia doutros proxectos da Dirección Xeral da Función Pública, pospúxose a elaboración do decreto.
16 Non obstante, cómpre salientar que a reserva proxectada é efectiva vía lexislación básica estatal. O artigo 11 da Lei 26/2011, do 1 de
agosto, de adaptación normativa á Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade modifica a liña 1 do artigo
59 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
41
2012, a revisión do procedemento de adaptación de postos e condicións de traballo por razóns de
protección da saúde e da maternidade nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde,
descoñécese o seu cumprimento.
A actuación 6.3.6. Deseñar e desenvolver accións formativas dirixidas a mellorar o coñecemento que os
mandos intermedios (do Servizo Galego de Saúde) teñen dos procedementos e dos protocolos que lles
afectan ás persoas con discapacidade e promover a súa sensibilización e orientación nesta materia,
para que lles poidan proporcionar a información e o tratamento adecuado ás persoas con discapacidade
que traballan na súa unidade. Neste caso tamén se comunicou a previsión de elaborar en 2012 unha
pílula formativa que informaría sobre a Orde do 16 de setembro de 2008 pola que se establece o
procedemento para a adaptación de postos e condicións de traballo por razóns de protección da saúde
e da maternidade nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, pero tamén se descoñece a
súa execución.
A 6.3.8, Realizar un estudo da tipoloxía de postos de traballo no Servizo Galego de Saúde e establecer
as súas tarefas fundamentais e as condicións mínimas para o seu desempeño. Aínda que se traballou
nesta liña, déuselles prioridade aos procedementos que se ían elaborar en función das necesidades da
dirección. No momento en que se pecha o plan de acción estase a traballar nos procedementos para a
valoración da capacidade funcional dos e das profesionais no ámbito da selección fixa e temporal, así
como para quen presenten unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida, contemplando
a situación de adaptacións de posto por razóns de saúde, pero non se pode dicir que o estudo ao que
fai referencia a actuación se teña realizado na súa totalidade.
Como logros para a consecución deste obxectivo, cómpre sinalar:
O mantemento da cota do 5 % dos postos de cada lista para persoas con discapacidade recoñecida
igual ou superior ao 33 % para o nomeamento do persoal interino dos corpos xerais ao servizo da
Administración de Xustiza (actuación 6.3.4). A cota cumpriuse todos os anos agás en 2012, pero viuse
compensada en 2013 (7,9 %).
A información específica dirixida ás persoas con discapacidade no Plan de acollida de persoal de nova
incorporación do Servizo Galego de Saúde17 (6.3.5.).
O estudo da posibilidade de incluír nos temarios de acceso aos corpos e escalas das administracións
públicas contidos sobre a problemática das persoas con discapacidade (actuación 6.3.9), e fíxose
efectivo no proceso para ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia A1 (DOG n.º
142, do 26 de xullo de 2011).
As accións formativas para o persoal da Administración que forma parte da contorna organizativa das
persoas con discapacidade ou ten responsabilidade sobre persoas traballadoras con discapacidade
(actuación 6.3.10).
Por último, de nova incorporación en 2012 e 2013, a cargo da Dirección Xeral de Emprego e Formación:
axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito
da colaboración con órganos e organismos das administracións públicas distintas da local.
En conclusión, segundo os datos dispoñibles, constátase un moi baixo nivel de consecución do obxectivo
específico 6.3, o que constitúe unha chamada de atención importante para a Administración competente no
17 Incorporouse no punto 4.3. do procedemento de acollida (Incorporación de profesionais con discapacidade recoñecida) e na intranet, na sección correspondente ao Plan de acollida, dentro da canle de recursos humanos (no apartado relativo á protección dos riscos laborais do persoal especialmente sensible).
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
42
sentido de axilizar os procesos iniciados e mellorar progresivamente o acceso e permanencia de persoas con
discapacidade como persoal ao servizo da Administración autonómica.
Obxectivo específico 6.4. Promover o acceso e mellorar a empregabilidade e a adaptación do posto de traballo das persoas con discapacidade no sector privado
No que respecta a este obxectivo definíronse no plan de acción 12 medidas, máis dúas de nova incorporación,
resultando un total de 14. Destas, 11 leváronse a cabo quedando como non realizadas as tres restantes.
As actuacións de nova incorporación desenvolvéronse en 2012 e 2013 e son as seguintes:
Actuación 6.4.13. Promover a incorporación das persoas con discapacidade ao emprego por conta
propia a través do Programa de promoción do emprego autónomo, a cargo da Dirección Xeral de
Traballo e Economía Social (antes D. X. de Promoción do Emprego) e resultou que 100 persoas con
discapacidade se constituíran como autónomas entre 2012 e 2013.
Actuación 6.4.14 Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de
cooperación no ámbito da colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a prórroga da
subvención para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio. Contratáronse 65 axentes
de emprego/unidades de apoio para atención de persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión
social entre as anualidades 2012 e 2013.
Así mesmo conseguiuse:
Manter o programa de fomento da contratación de persoas con discapacidade, mediante o que se
incentivan as empresas pola contratación de traballadores e traballadoras con discapacidade (actuación
6.4.1), con resultados aceptables e oscilantes durante o período de vixencia do plan (que van desde as
421 persoas con discapacidade contratadas en 2011 ás 212 de 2013), así como o programa de
emprego con apoio a través do que se subvenciona a promotores de proxectos con apoio para financiar
os custos laborais de preparadores/as laborais, do que se beneficiaron unha media anual de 59 persoas
con discapacidade (actuación 6.4.2.)
Formalizáronse tamén contratos para a formación como vía de incorporación ao mercado de traballo
das persoas con discapacidade sen experiencia laboral previa (actuación 6.4.4), aínda que está
actuación se foi transformando de maneira que os datos quedan recollidos na actuación 6.4.1.
Fomentouse a participación das persoas demandantes de emprego nas políticas activas de emprego,
grazas ás orientacións laborais dirixidas a persoas con discapacidade (actuación 6.4.8), das que se
beneficiou un considerable número no marco temporal do plan, e cuxo peso porcentual sobre o total de
persoas beneficiarias aumentou progresivamente, pasou dun 2,4 % en 2011 a un 9,7 % en 2013.
Tivéronse en conta as persoas con discapacidade como colectivo beneficiario en accións informativas
sobre cooperativas (actuación 6.4.3) en todas as anualidades agás en 2013, e tamén se visibilizaron
nas accións de fomento da responsabilidade social empresarial (actuación 6.4.9), aínda que neste caso
non coa intensidade que cabía esperar, nin sequera en todos os anos de vixencia do plan.
Incrementouse o nivel de accesibilidade do portal de emprego da Consellería de Traballo e Benestar
(accesibilidade AAA-WAI 1.0. en 2013) e levouse a cabo un estudo e novo deseño no Portal de
Emprego de cara a mellorar a súa funcionalidade para demandantes, empresariado e orientadores/as
(actuación 6.4.5).
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
43
Asinouse o acordo do Consello do Goberno da Xunta de Galicia, do 8 de abril de 2010, polo que se
determina a inclusión de medidas de fomento de inserción laboral de persoas con discapacidade18 e
outros colectivos nos pregos de cláusulas administrativas particulares dos expedientes de contratación
(actuación 6.4.6). A incorporación de cláusulas neste sentido aumentou progresivamente entre os
departamentos administrativos, pero urxe revisar esta actuación e dar un paso máis nunha futura
estratexia se a finalidade é fomentar a inserción laboral das persoas con discapacidade.
Pola contra, non se levaron a cabo as seguintes actuacións:
6.4.10. Programas de comprobación por parte do Servizo Público de Emprego de Galicia, conforme o
sinalado no Real decreto 364/2005, do 8 de abril, do cumprimento da cota de reserva do 2 % dos
postos de traballo para persoas con discapacidade nas empresas de máis de 50 persoas traballadoras.
6.4.11. Avaliar o Programa de emprego con apoio, dirixido á contratación de persoas con discapacidade
severa por empresas ordinarias.
6.4.12. Establecemento de vías de comunicación entre persoal técnico de servizos sociais e de
formación e colocación, cara á optimización de recursos no ámbito da inserción laboral das persoas con
discapacidade.
É importante sinalar que actuación 6.4.719, aínda que se inclúe entre as actuacións executadas, en realidade
debía estar redefinido desde 2012, xa que o número máximo de contratacións autorizadas por entidade,
segundo a orde de convocatoria, son 15. Este límite máximo poderá exceptuarse no suposto de entidades de
atención a persoas con discapacidade, pero dificilmente se podería chegar á cifra de 50 persoas traballadoras.
Así pois, se en termos cuantitativos o nivel de execución para este obxectivo é dun 78,5 %; en termos de
realización efectiva sería lixeiramente inferior se se exclúe do dito cómputo a actuación 6.4.7.
Obxectivo específico 6.5. Apoiar o emprego protexido, especialmente desde a Administración pública
Das cinco actuacións programadas unha non se levou a cabo, concretamente a 6.5.4, relativa a crear un ficheiro
coordinado entre o Servizo Público de Emprego de Galicia e os centros especiais de emprego.
Ademais, dunha valoración obxectiva conclúese a consideración de non executada da actuación 6.5.3, pois,
aínda que se desprende que tivo algo de actividade segundo o seguimento 2011, ao non avanzar máis cara á
consecución da finalidade da dita actuación (revisar a orde de centros especiais de emprego para analizar a
inclusión de requisitos de esixencia de presentación periódica, por parte dos ditos centros, dun programa de
desenvolvemento sociolaboral das persoas con discapacidade empregadas ou esixencia dun mínimo de
insercións anuais), considerase non realizada esta medida nos termos previstos20.
Pola contra, logrouse continuar todos os anos co programa de apoio á creación, ampliación e mantemento de
centros especiais de emprego (actuación 6.5.1), con arredor de 1.800 persoas con discapacidade beneficiarias
cada ano e co programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de
emprego (actuación 6.5.2). Avanzouse tamén, aínda que moi lentamente, na reserva de entre o 3 % e o 5 % dos
18 O nome oficial do acordo publicouse utilizando o termo “discapacitados”. 19 Promover que nas entidades beneficiarias de axudas para a contratación de 50 ou máis traballadores e traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, ao abeiro das diferentes ordes de convocatoria dos programas de cooperación da Consellería de Traballo e Benestar, cando menos, o 5 % das persoas seleccionadas sexan persoas con discapacidade.
20 No seu lugar, a mellora máis importante introducida no programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego é a de regular nunha soa orde as subvencións do custo salarial do cadro de persoal con discapacidade nun marco temporal plurianual.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
44
contratos da Administración da Xunta de Galicia aos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro
(actuación 6.5.5).
En 2013 incorporouse unha nova actuación, a 6.5.6. Financiamento de centros especiais de emprego, a cargo
de Xesgalicia (Consellería de Economía e Industria)21.
En conclusión, un total de seis actuacións das que catro resultaron executadas e dúas non executadas, o que
implica un grao de execución neste obxectivo do 66,7 %.
III.7. Area 7. Recursos no ámbito dos servizos sociais
Esta área de intervención deseñouse no marco do plan de acción integral coa finalidade de mellorar o conxunto
de intervencións, programas, servizos e prestacións para as persoas con discapacidade e as súas familias.
Definíronse un total de 30 medidas, das que dúas non se chegaron a realizar, pero compénsase coa
incorporación de dúas novas actuacións en 2013 e resultou un grao de execución do 87,5 %.
TÁBOA 11. BALANCE DE EXECUCIÓN ÁREA 7 POR OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E EN TOTAL
ÁREA 7. RECUROS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS
N.º actuacións programadas
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non
executadas
Porcentaxe de execución
7.1. Desenvolver a normativa relativa a intervencións, programas, servizos e prestacións no ámbito da discapacidade.
4 0 2 2 50,00 %
7.2. Deseñar procesos que garanten unha intervención efectiva centrada na persoa e na atención á diversidade.
12 0 10 2 83,33 %
7.3. Ampliar e consolidar a rede de recursos sociais para as persoas con discapacidade.
14 2 16 0 100,00 %
EXECUCIÓN ÁREA 30 2 28 4 87,50 %
Cómpre destacar o peso porcentual de actuacións programadas do obxectivo 7.3, no que se inclúe case a
metade do total de medidas previstas de área (47 % concretamente).
Obxectivo específico 7.1. Desenvolver a normativa relativa a intervencións, programas, servizos e prestacións no ámbito da discapacidade
Para a consecución deste obxectivo incorporáronse no plan de acción catro medidas das que dúas se realizaron
na súa totalidade: procedeuse ao desenvolvemento normativo do Decreto de dependencia, 15/2010, do 4 de
febreiro (actuación 7.1.2), mediante a publicación da orde correspondente22; establecéronse os indicadores de
referencia para a determinación do copagamento nos servizos de promoción da autonomía persoal e a atención
ás persoas en situación de dependencia, así como as tarifas esixibles (actuación 7.1.3).
21 Dentro do cometido de Xesgalicia Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A., que consiste en xestionar fondos de capital risco que outorgan financiamento a pemes para que leven a cabo os seus plans de inversión, o Consello de Administración do 23/12/2013 aprobou que o Emprende FCR, outorgue financiamento a Galega de Economía Social, S.L., grupo empresarial catalogado como centro especial de emprego sen ánimo de lucro.
22 Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
45
Pola contra, non se chegou a aprobar a normativa específica referida a centros, servizos e programas dirixidos
ás persoas con discapacidade, nos termos en que se sinala na actuación 7.1.1. (aínda que en fase de
tramitación, non se finalizou durante o período de vixencia do plan), nin se conseguiu publicar antes do 31 de
decembro de 2013 a actualización da normativa reguladora do procedemento de acceso aos recursos dirixidos
ás persoas con discapacidade (actuación 7.1.4).23
Obxectivo específico 7.2. Deseñar procesos que garanten unha intervención efectiva centrada na persoa e na atención á diversidade
Programáronse 12 medidas das cales se executaron dez. As dúas medidas non executadas son:
a 7.2.2. Mellorar as vías de coordinación entre os equipos con funcións de valoración e intervención
social da Consellería de Traballo e Benestar e os equipos de orientación da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria,
e a 7.2.3. Deseñar e poñer en marcha un sistema informático integrado de referencia no ámbito dos
servizos sociais, que facilite a xestión e a coordinación entre os distintos departamentos administrativos
implicados na atención ás persoas con discapacidade, a cargo da Secretaría Xeral Técnica da
Consellería de Traballo e Benestar.
Avanzouse, non obstante, en todas as materias que se indican a continuación:
Definición dunha carteira de servizos de atención en función das necesidades obxectivas das persoas
con discapacidade (actuación 7.2.1), na que tamén se integrou a actuación 7.2.4, relativa a un catálogo
de prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia para as persoas con
discapacidade que obteñan o grao I, nivel 2.
Elaborouse un modelo único que garante a unificación de criterios á hora de definir os contidos do
Programa de atención individualizada24 e formáronse os traballadores e traballadoras sociais dos
servizos sociais comunitarios (actuación 7.2.5.).
Creáronse cinco grupos de traballo25 para instrumentalizar os criterios de calidade e das condicións que
garantan unha intervención efectiva e especializada, segundo sinalaba a actuación 7.2.6.
Subvencionáronse programas para a mellora da autonomía persoal das persoas con discapacidade
(actuación 7.2.7), nas anualidades 2010 e 2011 (sen convocatoria en 2012 e 2013).
Elaborouse o informe social unificado para a Área de Dependencia, Discapacidade e Promoción da
Autonomía Persoal en resposta á actuación 7.2.8., publicado na Orde do 1 de abril de 2013 pola que
tamén se aprobou a súa utilización na Comunidade Autónoma de Galicia.
Desenvolvéronse os protocolos previstos nos contratos de concerto de prazas que redundaron en
melloras organizativas e na atención á persoa usuaria (actuación 7.2.9), e reducíronse
considerablemente os tempos medios de tramitación dos expedientes de valoración da situación de
dependencia e de tramitación anual dos expedientes de valoración de discapacidades (actuación
7.2.12).
23 Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou
concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal (DOG n.º 91 do 14 de maio de 2014).
24 Dispoñible en http://benestar.xunta.es/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Guias/Guia_asignacion_servizos.pdf
25 Atención de maiores; Atención á discapacidade física, dano e parálise cerebral; Atención á discapacidade intelectual, autismo, alzhéimer e enfermidade mental; Prevención da dependencia, promoción da autonomía persoal, teleasistencia e axuda a domicilio; grupo interno da Consellería de Traballo e Benestar, integrado por representantes da Unidade de Equipamentos e Servizos para Persoas Maiores e con Discapacidades, Inspección e Dependencia.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
46
Levouse a cabo a reorganización e especialización da atención socioeducativa nos centros Santiago
Apóstolo e Terra de Ferrol, que implicou unha mellora cualitativa importante na rede de centros
(actuación 7.2.11).
Identificáronse boas prácticas sobre procesos de intervención no ámbito da discapacidade, pero
botouse en falta en relación con esta medida a coordinación entre o propio movemento asociativo e
entre este e a Administración para determinar os criterios de identificación e prever o seu coñecemento
e transferencia.
En definitiva, acadouse un 83,3 % de nivel de execución neste obxectivo específico.
Obxectivo específico 7.3. Ampliar e consolidar a rede de recursos sociais para as persoas con discapacidade
Por último, cómpre analizar o nivel de consecución do obxectivo específico 7.3., no que se concentra o maior
número de actuacións desta área, case a metade das programadas inicialmente (14 de 30), executadas na súa
totalidade e ás que se suman dúas que se incorporaron ao plan de acción no exercicio 2013:
Actuación 7.3.15. Prestar información, orientación, recepción e derivación de queixas e presuntas
situacións de maltrato dende o teléfono social 900 333 666, a cargo da Secretaría Xeral de Política
Social,
Actuación 7.3.16. Manter un programa de axudas económicas para persoas galegas residentes no
exterior (en situación de dependencia, discapacidade ou invalidez permanente...) e emigrantes
galegos/as retornados/as, da Secretaría Xeral da Emigración.
Ademais, cabe sinalar entre os logros máis destacados,
a posta en marcha de novos centros de atención e unidades especializadas en centros de servizos
sociais autorizados preexistentes (7.3.1), coa creación de 580 novas prazas;
a mellora da libranza vinculada á adquisición do Servizo de axuda no fogar (7.3.4) e conseguiuse unha
maior cobertura do dito programa para as persoas con discapacidade (actuación 7.3.3), que pasaron de
727 en 2010 a 1.181 persoas beneficiarias con discapacidade en 2013 (só SAF de discapacidade, sen
contar o SAF de dependencia);
o incremento do número de prazas do Programa de respiro familiar (7.3.6), aínda que no último ano de
vixencia do plan sufriu un lixeiro descenso, debido a que algunhas prazas se transformaron en prazas
de internado;
continuouse, aínda que con oscilacións constantes durante os catros anos, coas estancias temporais en
centros (actuación 7.3.7);
ampliáronse os recursos tecnolóxicos dirixidos á poboación de persoas con discapacidade (actuación
7.3.9);
estudáronse as necesidades formativas do persoal dos centros/servizos de atención ás persoas con
discapacidade e realizáronse accións formativas en resposta a ditas necesidades (actuacións 7.3.12 e
7.3.13);
cada ano respondeuse, en maior ou menor intensidade, á actuación 7.3.8 (desenvolvemento de
medidas/programas orientados a dar atención ás necesidades en ámbitos da discapacidade con maior
escaseza de recursos);
estableceuse un novo marco normativo que permite, se así se establece no programa individual de
atención, a compatibilidade entre os distintos servizos/prestacións do sistema nunha intensidade parcial
e co obxectivo de proporcionar unha atención integral que se adapte en maior medida á persoa en
situación de dependencia (actuación 7.3.10);
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
47
elaborouse un mapa de recursos de atención residencial, así como de recursos de atención diúrna
(actuación 7.3.11)
e mantívose un espazo web sobre discapacidade con información actualizada na web institucional26 da
Consellería de Traballo e Benestar (actuación 7.3.14).
III.8. Area 8. Saúde e atención sociosanitaria
Co obxectivo xeral de garantir unha prevención, rehabilitación e asistencia sociosanitaria das persoas con
discapacidade en igualdade de condicións que o resto da poboación incluíuse no plan a Área de Saúde e
Atención Sociosanitaria.
Para alcanzar o dito obxectivo de área establecéronse tres obxectivos específicos e 22 actuacións, das que se
executaron 19 máis unha que se incorporou ao plan no seu penúltimo ano de vixencia, resultando un nivel de
execución para esta área do 87 %.
Trátase doutras das áreas nas que se atopa diferenza de peso porcentual de actuacións por obxectivo, pois a
metade das medidas previstas incluíronse no marco do obxectivo 8.2, Deseñar procesos que garanten unha
efectiva atención sociosanitaria a través da coordinación dos departamentos con competencia en sanidade e
servizos sociais
TÁBOA 12. BALANCE DE EXECUCIÓN ÁREA 8 POR OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E EN TOTAL
ÁREA 8. SAÚDE E ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
N.º actuacións programadas
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non executadas
Porcentaxe de execución
8.1. Regular o espazo sociosanitario. 4 0 3 1 75,00 %
8.2. Deseñar procesos que garanten unha efectiva atención sociosanitaria a través da coordinación dos departamentos con competencia en sanidade e servizos sociais.
11 0 11 0 100,00 %
8.3. Garantir a accesibilidade das persoas con discapacidade aos servizos sanitarios desde unha perspectiva de atención integral.
7 1 6 2 75,00 %
EXECUCIÓN ÁREA 22 1 20 3 86,96 %
Obxectivo específico 8.1. Regular o espazo sociosanitario
Contribúese a este obxectivo mantendo o departamento administrativo con competencia específica no ámbito
sociosanitario (actuación 8.1.1), mantendo activa á Comisión Interdepartamental de Coordinación de Atención
Sociosanitaria de Galicia, regulada pola Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (8.1.2) e coa posta en
marcha do Plan de atención integral sociosanitaria aprobada na Comisión Interdepartamental de Coordinación
da Atención Sociosanitaria de Galicia o 19 de marzo de 2013 (publicado na páxina web do Servizo Galego de
Saúde con data de outubro de 2013: http://www.sergas.es/cas/Publicaciones/Docs/SocioSanitario/PDF-2288-
es.pdf). O dito plan prevé a estratificación da poboación subsidiaria de atención sociosanitaria en 5 perfís de
pacientes sociosanitarios nos que se inclúen o perfil de discapacidade física, psíquica e intelectual cos criterios
médicos, funcionais e sociais concretos.
26 http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-de-discapacidade
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
48
Pola contra non se realizou a actuación 8.3.4., relativa á actualización normativa en materia de saúde mental.
En resumo, leváronse a cabo tres das catro actuacións definidas para contribuír a regular o espazo
sociosanitario.
Obxectivo específico 8.2. Deseñar procesos que garanten unha efectiva atención sociosanitaria a través da coordinación dos departamentos con competencia en sanidade e servizos sociais
O alcance deste obxectivo foi posible grazas á posta en marcha das 11 actuacións programadas para o período
2010-2013 e que se resumen en:
Sinatura do convenio de colaboración o 12/09/11 entre o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de
Traballo e Benestar, polo que se establecen liñas de traballo conxuntas de apoio e atención sociosanitaria a
pacientes con trastorno mental de duración prolongada e curso crónico, estabilizados dende o punto de
vista sanitario (actuación 8.2.5).
Elaboración dun protocolo marco para simplificar os procedementos de autorización de servizos sanitarios
en centros públicos de servizos sociais (actuación 8.2.4).
Modificación/ampliación da aplicación IANUS segundo o Decreto 164/13, do 24 de outubro, polo que se
modifica o Decreto 29/2009, do 5 de febreiro, polo que se regula o uso e acceso á historia clínica
electrónica (actuación 8.2.3): permite o acceso e rexistro a persoal médico de centros sociosanitarios
públicos.
Mecanismos para a coordinación dos servizos prestados por Sanidade e Benestar no proceso de atención
e nas accións de rehabilitación das persoas usuarias de ambos os dous sistemas, coa finalidade de
establecer a continuidade necesaria entre estes (actuación 8.2.2).27
Guía xenérica de aplicación a actuacións de restauración colectiva desenvolvidas en centros públicos de
servizos sociais (actuación 8.2.10).
Coordinación dos rexistros de recursos autorizados de servizos sociais e de sanidade no marco da xestión
do sistema da dependencia e promoción da autonomía persoal (8.2.11).
Inclusión de formación específica e transversal en materia de discapacidade nos plans formativos de EGAP
e Fegas, así como posibilidade de que o persoal sanitario dos centros públicos de ámbito sociosanitario
acceda á formación da Fegas e o persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde á formación da EGAP
(actuacións, 8.2.6, 8.2.7 e 8.2.8).
Así mesmo, en 2011 e puxéronse e marcha dous grupos de traballo para elaborar circuítos e procesos dos
diferentes perfís de pacientes crónicos/as e de saúde mental (actuación 8.2.1): grupo de traballo
sociosanitario para a atención do persoas con enfermidade crónica e grupo de traballo para a atención
sociosanitaria en saúde mental e adiccións. Ambos os dous grupos creáronse para traballar nos perfís de
pacientes que forman parte do Plan marco de atención sociosanitaria en Galicia e definiron os criterios dos
perfís de pacientes con necesidades sociosanitarias. E levouse a cabo o mapa de recursos sociosanitarios
de Galicia (actuación 8.2.9).
27 Comité de planificación de atención sociosanitaria de Galicia; Orde de 2013 para programas de incorporación social en vivendas en
pacientes con trastornos aditivos (en colaboración co Servizo de Inclusión e Acción Social da C. de Traballo e Benestar); Programa de atención en saúde mental a recursos sociosanitarios da área de Santiago de Compostela; Proxecto MiAvizor da C. de Traballo e Benestar en colaboración co 061; Orde de 2013 para programas de incorporación social en vivendas en pacientes con trastornos aditivos (en colaboración co Servizo de Inclusión e Acción Social da Consellería de Traballo e Benestar); Modificación do decreto de acceso á historia clínica electrónica que,entre outros.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
49
Obxectivo específico 8.3. Garantir a accesibilidade das persoas con discapacidade aos servizos sanitarios desde unha perspectiva de atención integral
Para a consecución do obxectivo específico 8.3. deseñáronse sete medidas das que se executaron cinco, e
súmase unha de nova incorporación en 2012 e 2013: a tarxeta sanitaria especial para persoas con alzhéimer,
outorgándose un total de 1.377 nos dous anos sinalados.
Ademais, xa se creara a tarxeta sanitaria especial para nenos e nenas con trastornos do espectro autista en
2011 (actuación 8.3.7); mantívose o programa de formación na atención integral bucodental a pacientes con
discapacidade, no marco do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de
Santiago de Compostela sobre a realización de programas de atención odontolóxica (actuación 8.3.6), cunha
atención media anual de arredor de 800 persoas con discapacidade no módulo asistencial II28 (algo máis da
metade homes); mantemento do servizo de farmacia hospitalaria e extensión a residencias de atención a
persoas con discapacidade de máis de 50 persoas, axustándose á lexislación vixente (en 2011 prestouse o
servizo en oito residencias).
Prevíase a realización dun informe de recomendacións para mellorar a accesibilidade (física, de equipamento,
da comunicación e da información) das persoas con discapacidade aos diferentes servizos do sistema sanitario,
(actuación 8.3.1), que non se realizou con este carácter xeral nin por parte de Cermi Galicia, segundo o previsto.
Non obstante, desde Autismo Galicia levouse a cabo unha campaña de sensibilización e información sobre o
tratamento das persoas con trastornos do espectro do autismo nas consultas médicas, principalmente en centros
hospitalarios e, dentro desa campaña, elaborouse un documento informativo do que se difundiron máis de 500
copias; tamén se elaboraron dous informes de recomendacións por parte de Down Galicia (financiados pola
Xunta de Galicia), concretamente o folleto Recomendacións para a primeira noticia e Cartilla individual de
actividades preventivas para persoas con Síndrome de Down (aprobada polo Servizo Galego de Saúde).
Pola contra, non se levaron a cabo as actuacións 8.3.2 (cursos de preparación ao parto e de coidados de
fillos/as, en formatos adecuados, accesibles e comprensibles para as persoas con discapacidade) e 8.3.4
(adaptación das cartillas sanitarias de nenos e nenas con discapacidade por ter indicadores de saúde distintos).
De todo o sinalado anteriormente, conclúese un nivel de execución do 75 % para as actuacións dirixidas a
garantir o acceso ao sistema sanitario das persoas con discapacidade.
III.9. Area 9. Atención temperá
Tendo en conta as necesidades detectadas en materia de atención temperá en Galicia, déuselle prioridade e
incluíuse unha área específica para traballar neste ámbito e avanzar cara a unha universalización da atención
temperá mellorando a súa calidade e capacidade de atención, aínda cando o volume de actuacións posibles era
moi inferior ao do resto de áreas (5,3 % das actuacións do conxunto do plan).
Neste ámbito de intervención programáronse 16 actuacións, e o maior número destas están no obxectivo
específico 9.2, Definir accións que garantan unha atención efectiva baseada no modelo de intervención
biopsicosocial, a través da coordinación interinstitucional correspondente, precisamente o que resultou cun
menor grao de execución, 25 %. Non obstante, a área no seu conxunto acadou un nivel de execución superior,
62,50 %, ao levarse a cabo 10 das 16 medidas programadas.
28 Tamén se asiste a persoas con discapacidade severa no módulo asistencial III. En 2013 asistiuse a 601 pacientes: 318 homes e 193 mulleres, o que incrementa notablemente o número de persoas beneficiarias.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
50
TÁBOA 13. BALANCE DE EXECUCIÓN ÁREA 9 POR OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E EN TOTAL
ÁREA 9. ATENCIÓN TEMPERÁ N.º
actuacións programadas
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non
executadas
Porcentaxe de
execución
9.1. Desenvolver unha normativa específica en materia de atención temperá.
3 0 3 0 100,00 %
9.2. Definir accións que garantan unha atención efectiva baseada no modelo de intervención biopsicosocial, a través da coordinación interinstitucional correspondente.
8 0 2 6 25,00 %
9.3. Desenvolver unha rede de recursos de atención temperá.
5 0 5 0 100,00 %
EXECUCIÓN ÁREA 16 0 10 6 62,50 %
Obxectivo específico 9.1. Desenvolver unha normativa específica en materia de atención temperá
As tres actuacións previstas para a consecución deste primeiro obxectivo realizáronse na súa totalidade, pero
unha delas, a relativa á elaboración do decreto regulador da atención temperá en Galicia,29 sufriu unha demora
considerable que provocou retraso noutras actuación previstas de grande importancia no resto de obxectivos
específicos.
Obxectivo específico 9.2. Definir accións que garantan unha atención efectiva baseada no modelo de intervención biopsicosocial, a través da coordinación interinstitucional correspondente
Con relación a este obxectivo cómpre subliñar que as súas actuacións dependían case na súa totalidade da
aprobación do decreto regulador de atención temperá, polo que aínda que nalgúns casos se realizaron
actividades puntuais30 non foi coa calidade e contidos previstos nin de forma coordinada entre os tres
departamentos implicados, con competencias en materia de sanidade, educación e servizos sociais. En
conclusión, pode afirmarse que este obxectivo non se logrou como así o constata o nivel de execución acadado,
do 25 %.
Tivo lugar unha execución parcial da actuación 9.2.4, en canto que se traballou para planificar a atención integral
para menores de 0-3 anos, en situación de dependencia ou en risco de padecela, e coa entrada en vigor do
Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá, están a
desenvolverse as liñas de actuación establecidas no ámbito estatal. E tamén da actuación 9.2.2 porque se
traballou no procedemento que inclúe criterios de ingreso, reingreso e alta (para bebés que acaban de nacer e
nenos de 0-6 anos), así como na carteira de servizos (área de valoración, terapéutica e sociofamiliar) e criterios
mínimos do informe de alta para derivación a pediatría.
Pola contra non se levaron a cabo seis das actuacións: a 9.2.1 e a 9.2.3, que dependían directamente da
aprobación do decreto regulador antes citado; a 9.2.5. Crear un equipo técnico de asesoramento, coordinación e
seguimento das actuacións relacionadas coa atención temperá unha vez se aprobe o decreto regulador; a 9.2.6.
Deseñar un sistema de soportes común a partir de estándares internacionais para integrar as actuacións dos
distintos departamentos administrativos implicados en atención temperá; a 9.2.7. Deseñar sistemas “interface”
29 Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá. DOG n.º 244, do 23 de decembro de 2013.
30 É o caso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en relación coa actuación 9.2.8, que conta por parte da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, con información dispoñible (sobre aspectos relativos á atención temperá) en varias ligazóns web; ou da actuación 9.2.5 respecto da que o mesmo departamento sinalou a composición dalgúns grupos de traballo (con motivo do seguimento 2011).
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
51
entre o Sistema Integrado Galego de Atención á Dependencia–SIGAD e a aplicación informática do Servizo
Galego de Saúde, IANUS, para integrar os diversos sistemas de información. E a 9.2.8, consistente en informar
coordinadamente á sociedade sobre os recursos destinados á atención temperá existentes en Galicia. Todas
elas condicionadas, en maior ou menor medida, pola necesidade de contar coa nova normativa sobre a materia
na comunidade autónoma.
Obxectivo específico 9.3. Desenvolver unha rede de recursos de atención temperá
Para este obxectivo definíronse cinco medidas, con actividade todas elas, aínda que non coa intensidade
prevista, queda pendente o reforzo da rede de recursos, incluída a implicación das universidades para a
formación en materias específicas relacionadas co desenvolvemento infantil, a prevención de necesidades e a
atención temperá.
Pode afirmarse tamén que este obxectivo non se conseguiu ao non reforzar nin mellorar os recursos xa
existentes; polo que, se cuantitativamente se presenta con execución plena, cualitativamente sitúase entre
os de peores resultados do plan.
En todo caso, e como conclusión final de área, cómpre subliñar que o seu baixo nivel de execución contrasta
co alto grao de novidade das actuacións previstas nesta área, que probablemente ocupe o primeiro posto con
base neste criterio: unha área moi específica, con escaso peso de actuacións no conxunto do plan, pero con
actuacións que implicaban un enorme esforzo para a súa posta en marcha tanto por tratarse de novas accións
como pola necesaria coordinación entre o sistema de benestar, educativo e sanitario.
III.10. Area 10. Cultura, deporte e tempo de lecer
A area 10 incorporouse ao plan co fin de promover a participación das persoas con discapacidade en actividades
culturais, deportivas e recreativas, así como o seu adestramento, formación e recursos en igualdade de
condicións que as demais persoas. Para a súa consecución definíronse tres obxectivos específicos que requirían
a posta en marcha de 31 actuacións distribuídas de forma bastante equitativa entre os tres obxectivos. O
balance global en termos cuantitativos de execución é dun 71 % (exactamente 70,97 %).
TÁBOA 14. BALANCE DE EXECUCIÓN ÁREA 10 POR OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E EN TOTAL
ÁREA 10. CULTURA, DEPORTE E TEMPO DE LECER
N.º actuacións programadas
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non
executadas
Porcentaxe de execución
10.1.Optimizar a accesibilidade das persoas con discapacidade ás actividades culturais, deportivas e de tempo de lecer.
12 0 7 5 58,33 %
10.2.Fomentar a participación das persoas con discapacidade en actividades culturais, deportivas de ocio e tempo libre normalizadas.
10 0 9 1 90,00 %
10.3. Impulsar a práctica deportiva por parte das persoas con discapacidade.
9 0 6 3 66,67 %
EXEC. ÁREA 31 0 22 9 70,97 %
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
52
Obxectivo específico 10.1. Optimizar a accesibilidade das persoas con discapacidade ás actividades culturais, deportivas e de tempo de lecer
Para este obxectivo definíronse 12 actuacións, das que se executaron un total de sete:
Publicouse unha guía de aloxamentos turísticos accesibles da que se editaron en 2010 1.300
exemplares, ademais da súa difusión a través da web de Turgalicia (actuación 10.1.1). En 2012
actualizouse e procedeuse novamente á súa difusión.
Avanzouse paulatinamente na incorporación de criterios de accesibilidade nas ordes de axudas tanto
para obras e instalacións coma para as actividades culturais e de tempo de lecer (actuación 10.1.4).
Informouse a axentes culturais, deportivos e de lecer para facilitar o acceso das persoas con
discapacidade ás actividades culturais, deportivas e/ou recreativas (actuación 10.1.5), aínda que se
deron os primeiros pasos xa no final do marco temporal do plan.
Incluíuse un módulo básico de deporte adaptado nos cursos de formación de profesionais técnicos do
deporte (10.1.8).
Publicouse o Decreto 85/2012, do 16 de febreiro, polo que se modifica o decreto 138/2008, do 22 de
maio, polo que se regula a sinalización turística de Galicia e se aproba o manual de sinalización turística
de Galicia (actuacións 10.1.9 e 1.1.10, segundo as cales debían de realizarse observando os principios
de accesibilidade universal e deseño para todas as persoas31).
Subvencionáronse en todas as anualidades proxectos de accesibilidade en establecementos turísticos
(actuación 10.1.12).
Pola contra, quedaron sen executar cinco actuacións:
a 10.1.2 (de avaliación das necesidades de adaptación das instalacións destinadas a actividades
culturais, deportivas e de tempo libre titularidade da Xunta de Galicia para proceder á eliminación das
barreiras arquitectónicas e da comunicación);
a 10.1.3 (Elaborar un documento de recomendacións para que os departamentos administrativos
competentes incorporen criterios de cumprimento de accesibilidade nas convocatorias de axudas
dirixidas á actividades culturais, deportivas e de tempo de lecer, así como a priorización ou atención
especial a persoas con discapacidade nos programas que proceda);
a 10.1.7 (Incluír nas probas de aptitude de guía de turismo contidos en materia de discapacidade, en
termos de accesibilidade, características e necesidades das persoas con discapacidade, en función da
tipoloxía desta);
a 10.1.9 (Premio a proposta de solucións para a mellora da accesibilidade en turismo);
a 10.1.6 (Modificar o Decreto 50/2000, que actualiza e refunde a normativa en materia de xuventude, de
maneira que se recollan nos programas dos cursos de monitor e monitora de tempo libre e de director e
directora de tempo libre contidos específicos relativos ás necesidades educativas no eido do tempo libre
das persoas con discapacidade). Presentouse como executada nunha das anualidades pola
comunicación de datos sobre cursos de formación con contidos sobre as necesidades de tempo libre
das persoas con discapacidade, pero non se levou a cabo a modificación normativa á que fai referencia
31 Formaría parte doutro nivel de estudo/análise, valorar se en realidade responde aos ditos principios.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
53
e non se modificou o programa dos cursos de monitor e monitora de tempo libre e de director e
directora de tempo libre para incluír contidos sobre discapacidade.
Obxectivo específico 10.2. Fomentar a participación das persoas con discapacidade en actividades culturais, deportivas de ocio e tempo libre normalizadas
No que respecta ao obxectivo específico 10.2 programáronse 10 medidas das que se levaron a cabo nove,
grazas ás que se logrou:
Continuar con proxectos de turismo accesible, de espazos libres de barreiras e obstáculos abertos a
todas as persoas (actuación 10.2.1). Aínda que só se programou para 2010, resulta de interese coñecer
a situación deste tipo de intervencións no momento actual e de cara a unha futura estratexia, pois en
2013 informouse de novos proxectos en resposta a esta mesma actuación do plan.
Continuar e ampliar os convenios da Consellería de Traballo e Benestar coas entidades de iniciativa
social do ámbito da discapacidade para actuacións deportivas e de tempo de lecer (actuación 10.2.2),
así como o apoio por outras vías á organización e desenvolvemento de programas e actividades
culturais e recreativas que promovan a participación activa das persoas con discapacidade (actuación
10.2.8).
Manter as prazas para persoas con discapacidade nos programas de campamentos de verán e de
turismo social, coa novidade importante en 2013 de que as persoas con discapacidade entraron pola
vía ordinaria nas prazas de campamentos convocadas pola Dirección Xeral de Xuventude e
Voluntariado (actuación 10.2.3).
A cesión das instalacións propias da Consellería de Traballo e Benestar (albergues xuvenís,
campamentos e residencias) fóra da tempada estival para a súa ocupación por parte das entidades de
iniciativa social do ámbito da discapacidade (10.2.9), de forma que todos os anos estanse a beneficiar
deste servizo varias entidades.
Formación en técnicos especialistas en vela adaptada (Proxecto Europeo NEA 2), como parte da
actuación 10.2.10, a cargo da Consellería de Medio Rural e do Mar. Na parte que corresponde ás
universidades, esta actuación tivo moi baixo nivel de actividade durante os tres anos nos que estivo
programada; ademais, a ausencia de datos dificulta a súa valoración obxectiva.
O meso ocorre coas actuacións 10.2.6 (Permitir, de maneira progresiva, o acceso gratuíto do/a acompañante da
persoa con discapacidade, que precise do dito apoio, ás instalacións e actividades culturais, deportivas e de
tempo de lecer) e 10.2.7 (Incluír aspectos sobre accesibilidade/ discapacidade na programación cultural),
porque, aínda que se consideran como executadas, a súa calidade e intensidade é moi mellorable con base nos
datos dispoñibles.
Pola contra, non se executou a actuación 10.2.5, relativa á cota de participación dun 7 % para persoas con
discapacidade nas actividades culturais, deportivas e de tempo de lecer, das entidades públicas ou das
entidades privadas subvencionadas con fondos públicos.
Obxectivo específico 10.3. Impulsar a práctica deportiva por parte das persoas con discapacidade
Por último, definíronse nove actuacións para lograr este obxectivo específico, das que se conseguiu realizar seis,
resultando un nivel de execución do 66,7 %.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
54
Elaborouse e púxose en marcha o Plan para o fomento da actividade física, con medidas de inclusión
para as persoas con discapacidade e no que se contempla a discapacidade como materia transversal
(actuación 10.3.1). Inclúe ata 17 medidas específicas para as persoas con discapacidade.
Traballouse para xerar unha rede de actores profesionais para o desenvolvemento do Plan para o
fomento da actividade física, na que forman parte entidades do ámbito da discapacidade, como a
Asociación Aixiña, Fademga Feaps Galicia etc. (actuación 10.3.2).
Traballouse, aínda que non coa intensidade esperada, na inclusión de deportistas con discapacidade en
federacións unideportivas e outorgáronse bolsas a deportistas de alto nivel con discapacidade (10.3.3);
tamén se avanzou na consideración de criterios de accesibilidade/participación para as persoas con
discapacidade nas convocatorias de axudas en materia de equipamentos deportivos a concellos,
federacións e clubs deportivos (10.3.6) e moi pouco (ou polo menos non se dispón de datos que
manifesten o contrario) no apoio económico ás entidades sen ánimo de lucro para a realización de
actividades de promoción da actividade física saudable (10.3.7).
Desenvolvéronse nos centros educativos programas deportivos sen barreiras (actuación 10.3.9)
incluídos no Plan proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Xogade,
Máis e mellor actividade física, Proxecto deportivo de centro).
Non obstante, quedaron con nula execución as seguintes medidas: a 10.3.4 (Poñer en marcha o Observatorio
Galego da Actividade física, considerando a perspectiva da discapacidade e xénero), a 10.3.5 (Incluír na
campaña de comunicación, información e sensibilización sobre a práctica deportiva contidos sobre os beneficios
desta para as persoas con discapacidade) e a 10.3.8 (Incluír na formación dos axentes que interveñen
directamente coa poboación escolar no programa Xogade contidos específicos sobre as circunstancias especiais
dos nenos e das nenas con algunha discapacidade).
III.11. Resumo do balance do plan
Na táboa seguinte recóllense os datos de niveis de execución comentados anteriormente, pero neste caso de
forma máis sintética ao presentarse só por cada área de intervención e para o conxunto do plan (fila “total”).
Pola súa parte, o gráfico que lle segue permite unha rápida visualización dos niveis de realización en termos
puramente estatísticos, a partir da análise que se vén de realizar ao longo deste capítulo.
Desde unha perspectiva numérica, a consecución de todos os obxectivos do plan resulta cunha porcentaxe
global de execución do 82 % (exactamente 81,96 %). Esta porcentaxe varía entre o 62,5 % da área 9, Atención
temperá, e o 96,7 % da área 5, Educación. Catro das áreas quedan por debaixo do 80 % de execución: a área 6,
Formación e Emprego (76,5 %); a área 1, Protección dos dereitos (72,2 %); a área 10, Cultura, Deporte e Tempo
de Lecer (71 %) e a área 9, Atención Temperá (62,5 %).
Non obstante, é moi importante interpretar o resumo de datos estatísticos que se presenta a partir da casuística
descrita nas epígrafes anteriores para cada área de intervención. A partir destas extráese a idea de que
“execución” non equivale en todos os casos a unha execución plena e de calidade, como cabía esperar.
TÁBOA 15. BALANCE DE EXECUCIÓN DO PLAN 2010-2013 POR OBXECTIVOS OPERATIVOS, POR ÁREA E EN TOTAL
N.º actuacións
programadas no período
N.º novas incorporacións
N.º total executadas
N.º total non executadas
Porcentaxe de execución
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
55
1. Protección dos dereitos 18 0 13 5 72,22 %
2. Igualdade de xénero e transversalidade
28 0 25 3 89,29 %
3. Accesibilidade 51 2 43 10 84,31 %
4. Promoción da autonomía persoal
34 0 30 4 88,24 %
5. Educación 28 2 29 1 96,67 %
6. Formación e emprego 47 4 39 12 76,47 %
7. Recursos no ámbito dos servizos sociais
30 2 28 4 87,50 %
8. Saúde e atención sociosanitaria
22 1 20 3 86,96 %
9. Atención temperá 16 0 10 6 62,50 %
10. Cultura, deporte e tempo de lecer
31 0 22 9 70,97 %
TOTAL 305 11 259 57 81,96 %
GRÁFICO 2. BALANCE DE EXECUCIÓN DO PLAN 2010-2013 EN TOTAL E POR ÁREA, EN ORDE DECRECENTE DO SEU VALOR
PORCENTUAL
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
56
GRÁFICO 3. NIVEL EXECUCIÓN/NON EXECUCIÓN DO PLAN
Ademais, hai un desequilibrio entre áreas en canto ao número de accións novas e de posta en marcha no
marco do propio plan: mentres unhas áreas contemplaron desde o seu inicio un maior número de novas accións
para a súa aplicación no ámbito galego durante o período 2010-2013, outras apenas presentaban cambios. Así,
con base nos datos dispoñibles, a área que acada o maior nivel de consecución é a número 5, Educación (cun
96,7 %), e a área de Atención Temperá a que acada o menor nivel (62,5 %), pero se se realiza unha valoración
con relación ao peso proporcional de novas actuacións, é esta última a que acada maior nivel, debido ao maior
esforzo e inversión que supón a posta en marcha de novas actuacións. A área de Educación seguiu unha liña de
continuidade e, no seu caso, de mellora de accións que xa estaban en marcha, polo que o grao de novidade foi
moi inferior, aínda que tamén se incluíron no plan algunhas actuacións de nova aplicación.
Doutra banda, cómpre subliñar a necesidade de mellora da calidade e constancia dunha parte importante das
actuacións que se consideraron como executadas durante o período de vixencia do plan e que nunha valoración
exclusivamente cualitativa acadarían peores resultados. Por exemplo, unha actuación que, estando programada
para as catro anualidades, se levase a cabo nunha soa.
Os departamentos autonómicos competentes en materia de cultura e en materia de investigación,
desenvolvemento e innovación, así como as universidades, son un exemplo (habería máis) de departamentos
que deberían reforzar a súa intervención, ben porque non levaron a cabo determinadas accións asignadas e
programadas, ou ben porque non dispoñen dos rexistros ou mecanismos axeitados para dar conta delas con
carácter anual e con base nos indicadores de seguimento do plan.
Por último, cómpre destacar o diferente nivel de concreción entre as actuacións do plan, pero sobre todo, o
diferente nivel de esforzo e de recursos necesarios para a posta en marcha e desenvolvemento das distintas
actuacións e que se deberán ter en conta á hora de valorar as actuacións executadas e non executadas.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
57
IV. Resultados da enquisa de avaliación
Neste capítulo analízanse os resultados obtidos da enquisa realizada ás partes implicadas no desenvolvemento
do plan, por consideralas elementos informantes de primeiro nivel. A enquisa estivo dirixida tanto aos
departamentos administrativos implicados como ao movemento asociativo do ámbito da discapacidade en
Galicia (incluíndo as todas as federacións que integran Cermi–Galicia) e outros axentes. Deste xeito, as persoas
con discapacidade, a través das súas persoas representantes nas diferentes entidades, participaron tanto
valoración do plan como na realización de propostas de acción que poderían formar parte dunha futura
estratexia para este grupo de poboación.
Para iso deseñouse un cuestionario (ver anexo 2) no que, ademais dun apartado para a “autoavaliación” de cada
departamento/organismo/entidade, inclúese un bloque para a valoración do nivel de incidencia do plan nos
diferentes obxectivos xerais/áreas de intervención do plan, as fortalezas e debilidades; unha valoración do papel
do departamento impulsor e coordinador do plan, e un último bloque de proxección de futuro, no que se
pretendía recoller posibles actuacións que cada departamento/entidade podería asumir nunha eventual futura
estratexia de discapacidade.
O cuestionario deseñouse para poder ser “autocuberto” en formato dixital e remitido por correo electrónico.
O número de cuestionarios enviados foi de 48 e responderon 4432, o que implica un nivel de resposta do 91,7 %.
Non obstante, o grao de cobertura interna do cuestionario ─das distintas cuestións que o integran─ foi moi baixo
no caso dalgúns departamentos. Nalgún caso, debido a cambios da persoa de contacto designada para o
seguimento e execución do plan, dando lugar a un relativo descoñecemento da marcha deste, e noutros debido
ao reducido número de medidas designadas no marco do plan o que lles dificultaba ter unha visión máis global.
IV.1. Bloque xeral: incidencia, fortalezas, debilidades do plan de acción e labor do departamento impulsor
INCIDENCIA NA CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS XERAIS DE ÁREA DE INTERVENCIÓN
A primeira das cuestións formuladas no cuestionario de avaliación tiña por obxecto obter unha valoración da
incidencia do Plan de acción integral respecto dos distintos obxectivos de área que o integran en relación ás
persoas con discapacidade.
Para iso, empregouse unha escala de valoración de 1 a 5 puntos, na que o “1” significa a peor valoración e o “5”
a máis positiva.
A este respecto, a análise dos datos revela opinións máis ben discretas en canto á incidencia do plan nos
distintos obxectivos. Se ben ningún deles presenta unha valoración negativa (por baixo dos 3 puntos), a
puntuación máis elevada sitúase no 3,70, correspondendo ao obxectivo de “Garantía e promoción dos dereitos
das persoas con discapacidade”. Séguenlle, xa con 3,3 puntos de valoración media, o obxectivo de “promover a
autonomía persoal e asegurar a súa plena inclusión na vida comunitaria”, o da Igualdade de xénero e o relativo á
Formación. Con 3,2 sitúanse a Accesibilidade, a mellora dos recursos no ámbito dos servizos sociais e a
garantía dunha educación de calidade nun marco integrador e normalizador, valorándose a repercusión máis
modesta do plan no eido das accións relacionadas coa atención temperá, a saúde e atención sociosanitaria e co
obxectivo da mellora da empregabilidade e calidade no emprego, con 3,1 puntos.
32
O anexo 3 recolle a relación de departamentos/organizacións que responderon a enquisa.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
58
GRÁFICO 4. INCIDENCIA DO PLAN DE ACCIÓN NA CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS DE ÁREA EN RELACIÓN ÁS PERSOAS
CON DISCAPACIDADE. PUNTUACIÓN MEDIA (VALORACIÓN ESCALA DO 1 AO 5)
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final.
Se se realiza unha análise comparativa destes resultados segundo a procedencia das valoracións, isto é, entre
as respostas procedentes dos departamentos da Xunta de Galicia implicados e entre as expresadas polas
entidades colaboradoras ou participantes, a primeira tendencia a salientar é que as opinións da Administración
son tendencialmente33 máis positivas que as das organizacións. Así, se entre os departamentos a puntuación
media máis elevada acada os 3,9 puntos, entre as entidades o valor máis elevado sitúase nun discreto 3.
Pero ademais, as diferenzas son relevantes no balance que se fai da incidencia do plan nos distintos obxectivos
de área, posto que, coa excepción do obxectivo no que globalmente se aprecia un impacto máis positivo ─a
promoción e garantía dos dereitos das persoas con discapacidade─, non se pode falar de converxencia de
opinións en canto á repercusión do plan noutros ámbitos de actuación. Así, mentres que nos departamentos
autonómicos destacan, a continuación, a incidencia positiva na promoción da autonomía persoal, a igualdade de
xénero e a formación das persoas con discapacidade (3,5 puntos), por parte das persoas responsables nas
entidades colaboradoras/participantes apréciase unha incidencia semellante aínda que discreta en materia de
dereitos, promoción da participación no deporte, cultura e lecer e en saúde a atención sociosanitaria (3,0
puntos).
Contrariamente, a incidencia máis modesta para o persoal dos departamentos autonómicos tivo lugar en materia
de saúde e atención sociosanitaria (3,2 puntos), mentres que as persoas responsables de entidades
colaboradoras/participantes apuntan a unha mediocre repercusión no obxectivo en materia de educación (2,6)
─expresada, sobre todo, desde as organizacións do ámbito da discapacidade intelectual e auditiva─.
33
É importante subliñar o matiz de “tendencia” debido ao reducido número de cuestionarios, polo que calquera dato comparativo entre Administración e entidades ao longo deste capítulo de análise de resultados debe ser interpretado coa debida “cautela”. En caso de querer profundar precisaríase dun maior número de enquisas e/ou dun complemento a través dalgunha técnica cualititativa.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
59
GRÁFICO 4.BIS. INCIDENCIA DO PLAN DE ACCIÓN NA CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS DE ÁREA CON RELACIÓN ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. PUNTUACIÓN MEDIA (VALORACIÓN ESCALA DO 1 AO 5).
COMPARATIVA DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA–ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA
ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final.
Se se transforma a análise da puntuación media outorgada a partir da escala numérica descrita, noutra análise
das porcentaxes das valoracións realizadas nunha gradación desde o “1”, que indicaría unha incidencia “moi
mala” ata o “5” que significaría “moi boa”, tal e como reflicte o gráfico 5, compróbase que un 67,8 % das persoas
consultadas consideran que a incidencia do plan de acción en materia de garantía e promoción dos dereitos foi
“boa” ou “moi boa”, á que segue a que tivo lugar no ámbito da promoción da autonomía persoal, que resultou
“boa” para o 51,4 %. No polo oposto, a porcentaxe de valoracións negativas non alcanza en ningún caso o 26 %,
e corresponden sobre todo á repercusión das intervencións no eido dos servizos sociais (foi “mala” para o 25,7
%), á universalización e mellora da Atención temperá, “mala” para o 24,7 %, e da Educación (23,5 %, agregando
as respostas “mala” e “moi mala”)34.
GRÁFICO 5. INCIDENCIA DO PLAN DE ACCIÓN NA CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS DE ÁREA EN RELACIÓN ÁS PERSOAS
CON DISCAPACIDADE. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL
34 Non é estraño que resulten estas tres áreas con valoracións menos positivas, tendo en conta a esixencia sempre permanente de máis
recursos en servizos sociais e educación por parte do movemento asociativo e a demora na publicación da normativa de atención temperá en Galicia que impediu avanzar noutras actuacións programadas no plan.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
60
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final.
Reproducindo a tendencia comentada anteriormente para a análise da puntuación media da escala, a valoración
dos e das informantes dos departamentos da Administración autonómica son tamén máis positivas, en termos
porcentuais, que as expresadas desde as entidades colaboradoras, tal e como se fai evidente no gráfico 5 BIS.
A evidente diferenza de opinións, ou percepción da incidencia do plan nas distintas áreas, entre o persoal ao
servizo da Administración pública e as persoas do movemento asociativo e outras organizacións, veñen a
constatar a súa necesaria participación no deseño de estratexia de intervención; participación que foi efectiva
durante todo o proceso de elaboración do plan de acción, tamén na súa execución e seguimento, e convén que
así siga sendo en futuras estratexias ou plans de intervención. O coñecemento das necesidades deste grupo de
poboación e da súa vivencia diaria ten no movemento asociativo a súa mellor canle de comunicación para que
se teña en conta no deseño de políticas públicas.
GRÁFICO 5.BIS. INCIDENCIA DO PLAN DE ACCIÓN NA CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS DE ÁREA CON RELACIÓN ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL
COMPARATIVA DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA–ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
61
ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
62
ÁREAS PRIORITARIAS DE INTERVENCIÓN
A segunda cuestión que recolle o bloque xeral da enquisa pretendía coñecer as áreas que, en opinión dos
departamentos e entidades participantes, teñen maior importancia ou son campos prioritarios de actuación
segundo as necesidades actualmente percibidas. Tratábase dunha pregunta de resposta múltiple, pois se
solicitaba que se escollesen un total de tres.
No gráfico n.º 6 destácanse as referencias ás áreas de promoción da autonomía persoal e de formación e
emprego (55,8 % e 53,5 %, respectivamente) como ámbitos prioritarios de intervención. Xa por baixo do 50 %
das mencións, sitúase en terceiro lugar a accesibilidade (39,5 %).
GRÁFICO 6. ÁREAS DO PLAN DE MAIOR PRIORIDADE/IMPORTANCIA/NECESIDADE. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final.
A desagregación destes datos segundo a procedencia das respostas volve evidenciar contrastes notables.
Mentres que nos departamentos autonómicos se reproduce a tendencia comentada para os datos globais ─no
que respecta ás tres áreas consideradas como máis importantes─, para as persoas responsables das
organizacións as áreas prioritarias de intervención son, con idéntico peso: a promoción da autonomía persoal, a
existencia de recursos no ámbito dos servizos sociais e a protección dos dereitos, sen que, neste sentido, se
observen tendencias salientables segundo o tipo de discapacidade. Estas dúas últimas áreas son, pola contra,
das menos relevantes para a intervención nos departamentos da Administración, tal e como pode comprobarse
no gráfico n.º 6 BIS.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
63
GRÁFICO 6.BIS. ÁREAS DO PLAN DE MAIOR PRIORIDADE/IMPORTANCIA/NECESIDADE. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL.
COMPARATIVA DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA–ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA
ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
FORTALEZAS DO PLAN DE ACCIÓN
A enquisa de avaliación final pretendía tamén coñecer o que se poden denominar fortalezas ou “puntos fortes”
do plan que se desenvolveu nestes últimos anos, valoración que se situaría en tres planos diferenciados:
Durante a súa elaboración.
No seu seguimento.
E en termos de impacto ou resultados.
Os resultados obtidos ao respecto poñen de manifesto, para o conxunto de participantes na enquisa, que:
En canto á elaboración do plan, as persoas consultadas destacan principalmente que se desenvolvese
unha metodoloxía participativa (68,3 %) e que este instrumento de intervención se estruturase en dez
áreas de actuación (58,5 %).
Respecto do seguimento salientan unha vez máis o carácter participativo do plan ─dos axentes
sociais─ e a realización de informes de seguimento anuais (53,7 % en ambos os casos).
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
64
Á hora de sinalar as fortalezas en termos de impacto ou resultados o aspecto máis salientado é o
compromiso adoptado que representa este plan (60 %).
GRÁFICO 7. FORTALEZAS DO PLAN DE ACCIÓN. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
Un 20,5 % corresponden ao sinalamento “doutras fortalezas”, recollidas na súa literalidade a continuación.
Trátase de aspectos positivos ou puntos fortes do plan de acción de carácter xenérico ou relacionados co seu
impacto. Así, por exemplo, as respostas 8 e 11 destacan o plan como instrumento de planificación no ámbito da
discapacidade, mentres que as respostas 2 e 6 poñen o énfase na súa capacidade para visibilizar as accións
realizadas.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
65
Outras fortalezas
1. Diferenzas respecto a plans anteriores (resposta Administración)35
2. Facer visibles as actuacións realizadas (movemento asociativo_Cogami)
3. A xeración de debate sobre a transversalidade. (movemento asociativo_Cogami)
4. A sistematización e recollida de información do que viñan facendo outras consellerías (aínda que non teñan clara
a incidencia na poboación con discapacidade) (movemento asociativo_Fademga)
5. A implicación teórica de todas as áreas da Administración pública (educación, formación e emprego,
universidades etc.) (movemento asociativo_FAXPG)
6. Visibilizar o que se fai por parte de todos os axentes implicados. (movemento asociativo_Fegadace)
7. A orientación do plan á participación das persoas con discapacidade na sociedade. (Administración)
8. A posibilidade de contar cun instrumento para a planificación integral neste eido. (Administración)
9. As sinerxías acadadas entre os distintos departamentos da Administración. (Administración)
10. A incorporación da igualdade de xénero (Administración)
11. Bo instrumento de deseño e planificación integral para prever e actuar sobre as necesidades actuais, en políticas
sociais. (Administración)
12. Un avance no compromiso de mellora no traballo interinstitucional e de servizos. (Administración)
13. A capacidade de reunir nun só plan a diversos sectores que doutra forma non comparten experiencias nin
resultados. Esta canle de comunicación é unha base moi importante sobre a que crear un tecido de comunicación
entre servizos e administracións fundamental. (Administración-Universidade)
A observación destes datos desagregados en función dos dous tipos de fontes de información (Administración e
entidades) ofrece diferenzas nos tres ámbitos analizados (aínda que movéndose basicamente entre as principais
fortalezas descritas anteriormente para o conxunto da mostra)36:
Se na elaboración do plan o persoal da Administración destaca sobre todo a metodoloxía participativa, a
principal fortaleza para as persoas responsables das entidades foi o consenso logrado.
En canto ao seguimento, os departamentos destacan principalmente a elaboración de informes anuais e
a existencia de estruturas específicas para levalo a cabo, mentres que desde as entidades volve
facerse máis fincapé no carácter participativo deste instrumento (sen deixar de nomear tamén a
importancia dos seguimentos anuais).
Xa en termos de resultados, a fortaleza máis destacada desde os departamentos é o compromiso
adoptado, mentres que para as organizacións é, unha vez máis, a participación do terceiro sector.
35 Enténdese que se refire ás diferenzas cualitativas respecto doutros instrumentos de planificación anteriores, que se consideran
fortalezas (e mesmo respecto dos plans de discapacidade anteriores que nunca se chegaron a aprobar e poñer en marcha).
36 Téñase cen conta que nos datos desagregados só se pode falar de tendencias, dada a reducida mostra de persoas que representan as organizacións sociais
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
66
GRÁFICO 7.BIS. FORTALEZAS DO PLAN DE ACCIÓN. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL
COMPARATIVA DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA–ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA
ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final.
DEBILIDADES DO PLAN DE ACCIÓN
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
67
No sentido inverso, a enquisa de avaliación tiña tamén por finalidade identificar as debilidades do Plan de acción
integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013.
Segundo a información recadada as principais debilidades deste instrumento son, en opinión do conxunto de
persoas que responderon ao cuestionario, as seguintes:
En canto á súa elaboración destácanse como puntos débiles e con idéntico peso porcentual o nivel de
consenso acadado37 entre o movemento asociativo e os departamentos administrativos implicados e a
fundamentación teórica e analítica do plan (34,8 %).
No nivel do seguimento do plan, a calidade e cantidade dos datos facilitados polos departamentos e
entidades para os seguimentos anuais considérase a principal debilidade (50 %), á que segue o sistema
de indicadores elaborado (44,1 %).
Xa en termos de impacto e resultados as respostas están máis dispersas, destacándose como puntos
máis febles a relevancia institucional e estratéxica e o impacto sobre as persoas destinatarias (ambas
cun 29,5%), seguidas pola coordinación entre departamentos e entidades (25 %).
Un 22,7 % de respostas refírense a “outras debilidades”, que se recollen na súa literalidade no seguinte cadro e
que fan referencia a aspectos diversos, como o sistema de indicadores ─que non miden o impacto nas persoas
con discapacidade, ou que non se unificaron criterios de recollida de información e indicadores, ou que carece
de perspectiva lonxitudinal que permita efectuar comparativas de resultados─ (respostas 1, 4 e 6); a falta de
orzamento propio consolidado para o plan etc.
Outras debilidades
1. Imposibilidade de poder medir o impacto das actuacións na poboación con discapacidade. (movemento
asociativo-Fademga)
2. Ao xeneralizarse toda a discapacidade atopámonos con temas como por exemplo, que se ben se fala do espírito
do tema é que os “planeamentos” na accesibilidade non se centren só na eliminación de barreiras físicas, e ao
longo de todo o desenvolvemento do plan as acción se centran nestas. (movemento asociativo-Fademga)
3. Non ter orzamento propio consolidado para o plan. (movemento asociativo-Fegadace)
4. Non unificar criterios de recollida de información e indicadores. (movemento asociativo-Fegadace)
5. Limitar a participación dos grupos de traballo ao deseño do plan e non estendela ao control da execución do
mesmo, restrinxindo as posibilidades de analizar as causas dos incumprimentos e as formas de melloralos.
(Administración-Funga)
6. Necesidade de integrar a perspectiva lonxitudinal nas accións de seguimento, que achegue a evolución dos
resultados ao longo dos anos, posibilitando efectuar comparativas (Administración)
7. Debe continuarse coa progresiva promoción da igualdade (Administración)
8. Interese en contar con protocolos oficiais de coordinación das actuacións interprofesionais. (Administración)
9. Debe haber máis participación de persoas con discapacidade, non é posible elaborar un plan sen coñecer moito
máis a opinión dos que van a recibir as melloras (Administración)38.
GRÁFICO 8. ASPECTOS ONDE SE ATOPAN AS DEBILIDADES DO PLAN DE ACCIÓN. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL
37 Mencionado polas persoas que responderon en nome das entidades e organizacións sociais como fortaleza, é dicir, só por un dos tipos de fontes consultadas.
38 Con relación a esta “debilidade” sinalada desde un departamento participante no plan, cómpre indicar que na primeira fase de
elaboración do plan, a selección de áreas de intervención e definición de obxectivos operativos realizouse a partir dun grupo de traballo conformado polo movemento asociativo e unha representación do organismo impulsor do plan. Unha vez que se contou coa estrutura matriz, configuráronse 10 grupos de traballo temáticos e en todos eles participou tamén o movemento asociativo. Este é o que representa as persoas con discapacidade.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
68
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
Unha vez máis a comparativa segundo a procedencia da información ofrece un balance non coincidente en
termos de sinalamento de debilidades do plan de acción:
No plano da elaboración, a Administración alude como “puntos febles” principalmente ao consenso
logrado e á fundamentación teórica e analítica, este último aspecto tamén destacado desde as
entidades xunto co que, ao seu xuízo, foi un instrumento que abordaba un número excesivo de áreas,
obxectivos e actuacións.
En canto ao seguimento, a calidade e cantidade dos datos e o sistema de indicadores construído son
aspectos febles para os departamentos mentres que para as entidades, a calidade e cantidade dos
datos destácase significativamente, igual que os instrumentos deseñados para a recollida anual de
información.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
69
GRÁFICO 8.BIS. ASPECTOS ONDE SE ATOPAN AS DEBILIDADES DO PLAN DE ACCIÓN. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL
COMPARATIVA DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA–ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA
ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
70
Por último, en termos de impacto o plan adoece de relevancia institucional e estratéxica ─aspecto que
non obstante foi un dos máis destacados como fortaleza─ e tivo un escaso impacto sobre os e as
profesionais, segundo destacan sobre outras respostas desde os departamentos; mentres que o
persoal das entidades fai fincapé na “febleza” do impacto que tivo sobre as persoas destinatarias e na
coordinación entre departamentos e entidades, sen que, doutra banda, se observe unha liña de
valoración común segundo o tipo de discapacidade que abordan no seu traballo as organizacións
consultadas.
VALORACIÓN DO LABOR DO DEPARTAMENTO IMPULSOR
Noutra orde de cousas, a enquisa de avaliación final revela unha positiva valoración do labor desenvolvido polo
departamento impulsor e coordinador do plan, xa que preto do 86 % o xulga en termos satisfactorios,
predominando as opinións que o cualifican como “bo” (65,1 %). Para un 14 % foi, porén, “regular”.
A satisfacción co labor desenvolvido polo departamento impulsor é maior en termos globais nos departamentos
da Administración autonómica que entre as entidades, se ben as opinións máis positivas ─“moi bo”─ presentan
un peso semellante, tal e como se pode comprobar no gráfico 9BIS.
GRÁFICO 9. VALORACIÓN DO LABOR DO DEPARTAMENTO IMPULSOR E COORDINADOR DO PLAN. DISTRIBUCIÓN
PORCENTUAL
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
GRÁFICO 9.BIS. VALORACIÓN DO LABOR DO DEPARTAMENTO IMPULSOR E COORDINADOR DO PLAN. DISTRIBUCIÓN
PORCENTUAL.
COMPARATIVA DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA–ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
71
Segundo a información recadada mediante pregunta de resposta aberta, as suxestións de mellora do labor de
impulso e coordinación do Plan de acción integral avaliado apuntan principalmente na liña de mellorar a
coordinación: un 35,7 % das respostas inciden na necesidade de reforzar a coordinación interdepartamental
(presencial e virtual), mentres que un 21,4 % suxire que debería coordinarse a recollida da información e o seu
tratamento e transmisión. Noutro 21,4 % dos casos as respostas fan alusión á conveniencia de revisar o sistema
de indicadores. Xa cun 14,3 % se sitúan as referencias á necesidade dunha dotación orzamentaria específica e
por áreas, e á priorización de áreas/obxectivos e reforzo do seguimento.
GRÁFICO 10. ASPECTOS DE MELLORA NO LABOR DE IMPULSO E COORDINACIÓN DO PLAN. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
Un 42,9 % das respostas suxiren melloras específicas que non puideron agruparse noutras categorías. Así,
desde departamentos/organismos da Administración autonómica demándase información sobre os resultados da
avaliación ─desde a EGAP─ e a definición clara e precisa das actuacións de cada departamento –Subdirección
Xeral de Autorización e Inspección dos Servizos Sociais–. Desde as entidades colaboradoras/participantes
(integrantes de Cermi Galicia) cren que se pode mellorar no impulso e coordinación do plan a través de:
Dispoñer de datos reais de persoas beneficiarias. (Cogami)
Maior flexibilidade e adaptación en función de circunstancias e orzamentos. (Cogami)
A definición de resultados esperados. (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia)
A coherencia interna de todo o deseño do plan. (Fegadace)
Por outro lado, o máis salientable da comparativa dos aspectos mencionados por departamentos e entidades é
que a coordinación interdepartamental é unha demanda exclusiva da propia Administración, mentres que a
coordinación da recollida da información e o seu tratamento e transmisión é suxerida unicamente desde as
organizacións, desde onde parten, ademais, máis suxestións de mellora específicas, que se veñen de comentar
─en “outros”─.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
72
GRÁFICO 10.BIS. ASPECTOS DE MELLORA NO LABOR DE IMPULSO E COORDINACIÓN DO PLAN. DISTRIBUCIÓN
PORCENTUAL
COMPARATIVA DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA–ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA
ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
IV.2. Bloque de autoavaliación do departamento/entidade participante
A enquisa de avaliación final incluía un segundo bloque de preguntas integrado por catro cuestións destinadas a
obter información relevante en termos de autoavaliación do papel ou labor desenvolvido polo propio
departamento ou entidade participante durante a execución do Plan de acción integral para as persoas con
discapacidade de Galicia 2010-2013.
VALORACIÓN DE ASPECTOS RELACIONADOS CO PAPEL DO DEPARTAMENTO/ENTIDADE E DIFICULTADES ATOPADAS
En primeiro lugar solicitábase unha valoración de distintos aspectos relacionados co papel realizado polo propio
ente a través dunha escala de 1 a 5 puntos, na que o “1” corresponde á peor valoración e o “5” á máis positiva.
Os datos globais obtidos a este respecto mostran que, sen que se poida falar dun balance netamente
satisfactorio, as opinións son tendencialmente positivas, de xeito que todos os aspectos presentan puntuacións
medias que oscilan entre os 3 e os 4 puntos.
O “compromiso coa execución das actuacións programadas” é a dimensión mellor valorada, con 3,9 puntos, á
que segue a consideración da perspectiva transversal da discapacidade e a preparación e implicación do persoal
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
73
responsable das actuacións do plan (3,7 en ambos os casos). O balance máis discreto ten que ver co grao de
compromiso coa posta en marcha de novas actuacións e co cumprimento de prazos (ambos con 3,4 puntos).
GRÁFICO 11. VALORACIÓN DO PAPEL DO DEPARTAMENTO/ENTIDADE. PUNTUACIÓN MEDIA (ESCALA DO 1 AO 5)
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
GRÁFICO 11.BIS. VALORACIÓN DO PAPEL DO DEPARTAMENTO/ENTIDADE. PUNTUACIÓN MEDIA (ESCALA DO 1 AO 5)
COMPARATIVA DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA–ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA
ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
74
Se se realiza a mesma análise, neste caso a partir das porcentaxes das respostas acadadas ao longo da escala
antes descrita, os datos globais evidencian que preto de dous terzos dos entes consultados valoran como “bo”
ou “moi bo” o seu grao de compromiso coa execución do plan e o seu labor en canto á consideración da
perspectiva transversal da discapacidade. Son tamén maioritariamente positivas as opinións respecto do seu
traballo na preparación e implicación do persoal responsable e na calidade dos datos facilitados para o
seguimento anual (61,5 % e 59 %, respectivamente).
GRÁFICO 12. VALORACIÓN DO PAPEL DO DEPARTAMENTO/ENTIDADE. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
Deixando a un lado os datos para o total da mostra sometida a consulta, dunha análise comparativa segundo a
natureza dos entes participantes (gráficos 11 BIS e 12 BIS), o máis salientable que achega a dita comparativa é
que as organizacións colaboradoras fan unha autoavaliación máis modesta do seu labor no desenvolvemento do
plan da que fan os departamentos administrativos. De feito, as entidades fan claramente autocrítica cando se
trata de xulgar o seu papel no que atinxe ao seu grao de participación no plan e na calidade dos datos facilitados
para o seu seguimento (2,8 puntos en ambos os casos). Analizando as porcentaxes de resposta compróbase en
todo caso que os primeiros se mostran especialmente satisfeitos co compromiso acadado coa execución das
actuacións (o 77,5 % cre que foi “bo” ou “moi bo”), mentres que as organizacións destacan sobre todo o seu
papel na consideración da perspectiva transversal da discapacidade (o 87,5 % xúlgao en termos positivos).
Por outro lado, non se observan comportamentos salientables segundo a tipoloxía das organizacións que
integran Cermi Galicia.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
75
GRÁFICO 12.BIS. VALORACIÓN DO PAPEL DO DEPARTAMENTO/ENTIDADE. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL
COMPARATIVA DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA–ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA
ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
Outra das preguntas incluídas nesta enquisa pretendía identificar as principais dificultades ás que
departamentos e entidades implicados no plan tiveron que facer fronte no seu desenvolvemento.
Entre elas destácanse claramente dúas: as limitacións orzamentarias, cun 64,1 % de mencións, e as dificultades
para a recollida de datos derivadas das diferenzas entre os datos solicitados e o sistema de rexistro de cada
departamento ou entidade (48,7 % de referencias).
Nos datos desagregados, eses dous aspectos figuran tamén entre os máis mencionados polos departamentos
autonómicos, mentres que por parte das entidades as limitacións orzamentarias destácanse aínda con máis
énfase, tendo tamén dificultades ─e en semellante medida─ non só para adaptar o seu sistema de rexistro aos
datos requiridos polo plan, senón para o cumprimento de prazos.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
76
GRÁFICO 13. PRINCIPAIS DIFICULTADES DO DEPARTAMENTO/ENTIDADE PARA A EXECUCIÓN DO PLAN. DISTRIBUCIÓN
PORCENTUAL
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
A análise destes resultados segundo a tipoloxía de discapacidade que abordan as distintas federacións non
mostra unha tendencia definida, pero pode apuntarse que nos extremos das valoracións se sitúan as a entidade
que representa as asociacións especializadas na atención dos trastornos do espectro autista ─con dificultades
en todos os ámbitos, agás na necesidade de implicación permanente─, e a que representa a entidades que
traballan con diversos tipos de discapacidade (Cogami) que, pola contra, non identifican ningún tipo de
dificultade á hora de executar o plan.
GRÁFICO 13.BIS. PRINCIPAIS DIFICULTADES DO DEPARTAMENTO/ENTIDADE PARA A EXECUCIÓN DO PLAN. DISTRIBUCIÓN
PORCENTUAL
COMPARATIVA DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA–ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
77
ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
Á hora de sinalar de que maneira pode mellorar o labor dos departamentos e entidades implicados no
desenvolvemento do plan39, non debe sorprender que as actuacións relacionadas co rexistro dos datos, a súa
adaptación e seguimento da calidade constitúan o principal aspecto mencionado e representan o 38,1 % das
respostas. Xa cun peso igual de alusións sitúanse a continuación as respostas relacionadas co tempo de
dedicación e a mellora da coordinación interna e o cumprimento de prazos; a dotación orzamentaria e de
recursos máis estables; e a formación e implicación do persoal ─aspecto este último que non transcendía cando
se trataba de sinalar as dificultades─ (23,8 %).
Pero ademais, outro 33,3 % de respostas non puideron agregarse segundo a súa temática. En todos os casos
xorden de departamentos ou entes administrativos:
Relacionados coa contratación e a creación de postos de traballo para persoas con discapacidade
(Cesga e Secretaría Xeral de Emigración).
Sobre a concienciación da importancia do plan e a implicación pola integración das persoas con
discapacidade (Unidade Administrativa de Igualdade da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Traballo e Benestar e Amtega).
A necesidade de seguir traballando pola accesibilidade de contidos (CRTVG); favorecer a produción de
máis traballos de investigación (USC) e a mellora da coordinación interadministrativa en aspectos
concretos da lexislación en materia de accesibilidade na planificación urbanística, entre este
departamento e o de Benestar (Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo).
A comparativa nos resultados desta pregunta aberta permite comprobar que as referencias á mellora no
rexistro da información/adaptación e seguimento da calidade e o tempo de dedicación/coordinación interna e
cumprimento de prazos son exclusivamente mencionadas desde entes administrativos, mentres que as
organizacións fan fincapé na dotación de recursos e sobre todo na formación e implicación do persoal e
outros aspectos.
39
Trátase novamente dunha pregunta de resposta aberta, polo que para a súa análise procedeuse á codificación das respostas tras unha agrupación
segundo o contido de tales respostas.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
78
GRÁFICO 14. ASPECTOS DE MELLORA DO LABOR DO DEPARTAMENTO/ENTIDADE PARA A EXECUCIÓN DO PLAN.
DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
AVANCES DESTACADOS EN MATERIA DE DISCAPACIDADE
En canto aos avances máis salientables en materia de discapacidade dentro da actividade do departamento ou
entidade ao longo dos últimos catro anos, e a partir dunha análise do contido da información facilitada en
resposta aberta, cabe destacar os seguintes:
O incremento de recursos dedicados (económicos, humanos…) (13,2 %). Os departamentos e
entidades participantes recoñecen que incrementaron os recursos dispoñibles: maior financiamento,
maior dotación de persoal e aumento de número de persoas atendidas nos seus respectivos ámbitos de
actuación.
A mellora ou progreso en materia de accesibilidade foi outro dos logros máis salientados (13,2 %),
por exemplo a través de:
- A supresión de barreiras arquitectónicas (por exemplo, no campus universitario).
- A mellora da accesibilidade a diferentes departamentos da Administración autonómica a través
de ampliación dun sistema de videointerpretación.
- A implantación do Plan de acceso de persoas con discapacidade auditiva ao número de
Atención de Emerxencias 112.
- A inclusión entre os criterios de valoración, nas convocatorias de axudas da Dirección Xeral de
Comercio, dunha puntuación para aqueles proxectos que contribúan á eliminación de barreiras
arquitectónicas.
A consideración das persoas con discapacidade como poboación prioritaria de actuación no seu
ámbito competencial foi outro dos principais avances destacados (9,4 %). Por exemplo, nas axudas á
creación de emprego, a priorización daquelas destinadas á integración laboral das persoas con
discapacidade; no ámbito de actuación do Instituto da Xuventude de Galicia a non limitación de prazas
para as persoas con discapacidade na convocatoria de campamentos da Dirección Xeral de Xuventude
e Voluntariado.
A introdución ou consideración da perspectiva de xénero, obxectivo transversal do plan avaliado,
foi outros dos aspectos máis salientables (7,6 %) para algúns departamentos e entidades. Por exemplo,
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
79
desde Down Galicia destácase este avance, tendo facilitado a incorporación das mulleres ás
actividades e aumentando a súa presenza nas xuntas directivas.
Xa cun peso semellante (5,7 %) destacáronse como logros:
- A maior sensibilización social cara á discapacidade.
- A incorporación da perspectiva da discapacidade ao seu ámbito de actuación
competencial.
- O incremento de accións formativas.
- O avance no desenvolvemento normativo (por exemplo, o decreto regulador en materia de
atención temperá).
En canto á mellora da inserción laboral das persoas con discapacidade (3,8 %), cómpre destacar o dato
facilitado desde a Dirección Xeral da Función Pública relativo ás porcentaxes de empregabilidade das
persoas con discapacidade no sector público, superando a cota do 2 % (datos do 5 de novembro de
2013): funcionariado de carreira: 4,24 %; funcionariado interino: 2,93 %; persoal laboral fixo: 4,52 %;
persoal laboral temporal: 2,54 %.
En “outras” respostas inclúense outros tipo de logros, como por exemplo, o aumento da participación do
voluntariado, conseguir a elaboración dun plan de acción como o que se está a avaliar; a mellora no
trato a familiares…
GRÁFICO 15. AVANCES LOGRADOS OU ASPECTOS MÁIS SALIENTABLES DA ACTIVIDADE DO DEPARTAMENTO/ENTIDADE EN
RELACIÓN COA DISCAPACIDADE NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
80
Desde a perspectiva da procedencia das respostas pódese dicir que as entidades participantes/colaboradoras
destacan en menor medida que a Administración logros ou avances ao longo deste período ─unha excepción
neste sentido é Down Galicia─, polo que non se pode extraer ningún tipo de tendencia segundo o tipo de
discapacidade.
IV.3. Bloque de proxección de futuro
Un terceiro e último bloque da enquisa de avaliación final pretendía recadar información do conxunto de
participantes en canto ao que serían liñas ou obxectivos de actuación prioritarios para as persoas con
discapacidade dentro do ámbito competencial do propio departamento ou entidade, atendendo a diferentes
dimensións ou ámbitos vitais.
Recolléronse un total de 225 propostas distribuídas nos distintos ámbitos vitais sometidos a consideración;
destas 121 proceden dos departamentos administrativos implicados e as 104 restantes correspóndense con
achegas das organizacións (entidades do movemento asociativo e UXT Galicia). As cifras sinaladas poñen de
manifesto que, proporcionalmente, as organizacións realizaron maior número de propostas, tendo en conta que
constitúen unha quinta parte das enquisas recibidas.
GRÁFICO 16. ÁMBITOS VITAIS SEGUNDO PESO DOS ASPECTOS QUE SE VAN ABORDAR DE MANEIRA PRIORITARIA NO
CAMPO COMPETENCIAL DO DEPARTAMENTO/ENTIDADE. PESO PORCENTUAL
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
81
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final.
O gráfico n.º 1640 ilustra o peso dos distintos ámbitos considerados segundo o número de liñas ou obxectivos de
actuación suxeridos en cada ámbito, ordenados de maior a menor. Entre os máis destacados hai que mencionar
as suxestións realizadas en materia de inserción laboral e creación de emprego no sector privado, que ocupan
un primeiro posto cun 12,4 % do total de propostas, seguida, a bastante distancia, pola promoción da autonomía
persoal e a prevención da dependencia, cun 7,1 %, e a educación non universitaria, cun 6,7 %. Cun peso igual
(6,2 %) sitúase a información e a sensibilización, a inserción laboral e a creación de emprego no sector público,
formación para o emprego, atención sociosanitaria e mobilidade e o resto de ámbitos considerados porcentaxes
presentan máis reducidas, inferiores ao 6 %.
GRÁFICO 16.BIS. ÁMBITOS VITAIS SEGUNDO PESO DOS ASPECTOS QUE SE VAN ABORDAR DE MANEIRA PRIORITARIA NO
CAMPO COMPETENCIAL DO DEPARTAMENTO/ENTIDADE. PESO PORCENTUAL. COMPARATIVA DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA–ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA
40 No anexo 5 preséntanse os mesmos gráficos desta epígrafe despois de reagrupar algúns dos ámbitos, pasando dos 21 propostos na
enquisa a 12 categorías/ámbitos e a correspondente redistribución porcentual das propostas recollidas.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
82
ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
A achegas relativas á inserción laboral e creación de emprego no sector privado constitúen o ámbito que
concentra maior peso de propostas, tanto entre as realizadas desde organismos e departamentos
administrativos como por parte de entidades implicadas, se ben no resto de dimensións obsérvase unha
diferente distribución:
no caso da Administración destácanse a continuación, con idéntico peso, as propostas relacionadas coa
educación non universitaria e coa mobilidade (8,3 %), así como as relativas ao acceso a actividades
deportivas, culturais e de lecer e a promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia, en
ambos os casos cun 7,4 % das propostas realizadas.
por parte das organizacións a distribución é diferente, ocupando a Inserción laboral e creación de emprego
no sector público e a formación para o emprego o segundo e terceiro lugar, ambos co mesmo peso
porcentual (8,6 %), seguidos, cun 6,7 %, das propostas de actuación en materia de información e
sensibilización, atención sanitaria e sociosanitaria e a promoción da autonomía persoal e prevención da
dependencia.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
83
LIÑAS DE ACCIÓN E OBXECTIVOS PRIORITARIOS SINALADOS NA ENQUISA
Tendo en conta a distinta natureza dos entes participantes na cobertura da enquisa, o que loxicamente
determina unha orientación diferente das actuacións suxeridas, optouse por realizar unha análise de contidos,
isto é, das liñas ou obxectivos propostos para cada ámbito ou dimensión, considerando os matices diferenciais
de boa parte das propostas formuladas. Cómpre advertir, ademais, que os comentarios recadados oscilan no
seu nivel de concreción, é dicir, nalgún caso constitúen unha referencia moi xenérica, mentres que noutras
ocasións se trata de medidas moi concretas.
Seguindo a secuencia de resultados comentados por porcentaxe de mencións en cada un dos ámbitos
considerados, cómpre salientar as seguintes propostas de actuación:
Inserción laboral e creación de emprego no sector privado
Neste ámbito, algunhas das liñas ou obxectivos prioritarios de acción oriéntanse no sentido de:
Seguir fomentando a inclusión laboral e o emprego das persoas con discapacidade.
Dar continuidade a programas de fomento do emprego como:
- O Programa de emprego con apoio, no que se subvenciona a contratación de preparadores/as
laborais para levar a cabo accións de apoio ás persoas con discapacidade severa.
- O Programa de promoción do emprego autónomo.
- O Programa de fomento da contratación de persoas con discapacidade na empresa ordinaria.
- O Programa de apoio á creación, ampliación e mantemento de centros especiais de emprego.
Outras propostas recollidas ─entre aquelas máis concretas ou definidas─ foron:
Potenciar axencias de colocación especializadas. (Cogami)
Visibilizar a través de accións de fomento da responsabilidade social empresarial a capacidade das
persoas con discapacidade, concienciando e informando para a súa contratación. (Federación de
Autismo de Galicia).
A reserva de entre o 3 % e o 5 % dos contratos da Administración para os centros especiais de
emprego.
Fixar nas ordes de subvencións como criterios prioritarios de valoración o fomento da inserción laboral
das persoas con discapacidade.
Desenvolver tecnoloxía social aplicada a este ámbito a través de mecenas dixitais.
Incorporación de discapacidades emerxentes (Feafes).
Incluír a figura do/a profesional intérprete da lingua de signos nos programas de emprego con apoio.
(Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).
Promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia
Neste ámbito de actuación recadáronse referencias variadas na liña de, por exemplo:
Desenvolver o sistema de prevención da dependencia (Feafes).
Desenvolver os servizos comúns da carteira de servizos. (Federación de Autismo de Galicia).
Desenvolver a carteira de servizos para as persoas con autonomía.
Incrementar a formación e información en materia de discapacidade.
Implantar novas tecnoloxías que melloren os sistemas de acceso ao servizo de emerxencia.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
84
Formación accesible a través da rede CeMIT, e poñer en marcha unha plataforma de Tele-ensino de
cursos dirixidos ás persoas con discapacidade.
Así mesmo, recolléronse propostas máis xenéricas como non frear o desenvolvemento da normativa sobre
dependencia a través de trabas orzamentarias e normativas ─posto que isto afecta notablemente ás persoas en
situación de dependencia e ás súas familias─; a redución da institucionalización e o aumento da participación
comunitaria ─estas dúas últimas desde Cogami─.
Educación non universitaria
As propostas recadadas son de diversa índole.
Dunha banda, as relacionadas co aumento ou mellora da dotación de recursos:
- Aumento dos apoios. (Cogami)
- Mellora dos axustes dos recursos materiais e humanos na atención do alumnado con necesidades
educativas especiais.
- Concerto educativo con centros específicos de educación especial.
- Dotación dun maior número de recursos, tanto materiais como humanos, tendentes a cumprir a lei
27/200741 e, en concreto, o articulado da dita lei referido ao ámbito da educación. (Federación de
Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).
Outras máis concretas, relacionadas coa mellora dos recursos e da atención nas ensinanzas
postobrigatorias:
- Mellorar o axuste das medidas extraordinarias de atención específica ao alumnado con necesidades
derivadas de discapacidade que cursa os niveis de ensinanza postobrigatoria.
- Facilitar o acceso e atención ao alumnado con n.e.e. derivadas de discapacidade, escolarizado en
centros de ensinanza ordinarios, para cursar estudos postobrigatorios, en todos os niveis non
universitarios, de bacharelato, formación profesional, formación continua, educación de persoas
adultas.
No ámbito das novas tecnoloxías:
- Formación continua en alfabetización dixital CeMIT.
- Poñer a disposición do plan unha plataforma de Tele-ensino (e-Learning), para aloxamento de
cursos ou contidos dirixidos ás persoas con discapacidade.
Outras accións que se consideran prioritarias son: mellorar a coordinación dos servizos de apoio ao alumnado
cos demais servizos, especialmente os sociais e sanitarios; promover e garantir o acceso a esta educación para
menores con discapacidade en situación de protección e entre persoas tuteladas pola Administración; o
recoñecemento de competencias que as persoas con discapacidade intelectual teñen adquiridas a través do
correspondente título (Fademga) ou o fomento das metodoloxías de traballo bilingües para que a lingua de
signos estea presente nas escolas. (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).
41
Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación
oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordo-cegas.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
85
Información e sensibilización
Entre as liñas de actuación que se consideran prioritarias figuran:
Apoiar o desenvolvemento de accións específicas e especializadas de información e sensibilización
realizadas por organizacións de persoas afectadas por algunha discapacidade. (Federación de Autismo
de Galicia).
Manter campañas de socialización da imaxe da discapacidade e as súas entidades. (Cogami)
Continuar sensibilizando desde os medios públicos.
Información, formación e sensibilización a profesionais do ámbito xurídico, sanitario, educativo e de
servizos sociais. (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).
Sensibilización do persoal ao servizo da Administración pública a través de accións formativas e
divulgativas.
Inserción laboral e creación de emprego no sector público
Como propostas máis concretas, que vaian máis alá de reivindicar o fomento do emprego das persoas con
discapacidade no sector público, figuran:
Cumprimento das cotas de reserva para este grupo de poboación. (Federación de Autismo de Galicia).
Adaptación das probas de acceso para a discapacidade intelectual e aplicar a cota de reserva do 2 %
para estas persoas. (Fademga)
Elaboración do decreto regulador e do catálogo de postos nos que se estableza o perfil de esixencias e
condicións mínimas para o acceso ao emprego das persoas con discapacidade intelectual.
Formación para o emprego
Neste eido propóñense obxectivos relacionados coa formación orientada á mellorar a empregabilidade das
persoas con discapacidade, por exemplo:
Favorecer a formación na busca activa de emprego que teña en conta os intereses e capacidades da
persoas e os procesos necesarios para conseguilo. (Federación de Autismo de Galicia).
Favorecer unha formación de calidade adaptada ás necesidades reais das persoas con discapacidade
e ao mercado laboral. (Federación de Autismo de Galicia).
Máis concretamente recadáronse referencias a:
Programas mixtos de formación e emprego.
Dar preferencia ás persoas con discapacidade no acceso ás accións de formación promovidas pola
Administración pública.
Realizar prácticas de carácter non laboral na empresa ordinaria a través de convenios con asociacións
que traballan no ámbito da discapacidade.
Facilitar formación adaptada aos diferentes tipos de discapacidade desde a Rede CeMIT.
Atención sanitaria e sociosanitaria
Da análise das distintas achegas realizadas neste ámbito pode extraerse que a coordinación dos
distintos servizos sociosanitarios sería a principal liña de acción a considerar. Formulada con carácter
xeral por parte dalgunhas persoas informantes, pero nalgún caso de xeito máis concreto:
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
86
- Mellora da coordinación na atención sanitaria a pacientes institucionalizados/as.
- Creación de protocolos de actuación que permitan un acceso urxente a este tipo de recursos e
adaptado tanto ao perfil das persoas usuarias da Funga como ás características da propia
fundación.
En canto á dotación/xestión dos recursos suxeriuse concretamente:
- Que se recollan novamente no catálogo de medicamentos certos medicamentos para persoas con
discapacidade con problemas de saúde crónicos. (Fademga).
- Fomentar os servizos para os/as menores con discapacidade en situación de protección.
E outras medidas máis concretas como a abordaxe de trastornos da conduta en persoas con discapacidade
intelectual ou a promoción da transferencia de coñecemento sobre a discapacidade e as características
fenotípicas de cada tipoloxía, no sector sanitario e sociosanitario, contando co apoio das entidades do sector
específico que garanta servizos de calidade e atención efectivamente especializada (proposto desde a
Federación de Autismo de Galicia).
Mobilidade
En materia de mobilidade, algunhas propostas son moi concretas (medidas), e relaciónanse con accións
asociadas aos servizos de transportes:
Adaptación dos transportes públicos. (Cogami)
Continuar coa execución do plan de modernización dos servizos públicos de transporte.
Aumento de eurotaxis. (Cogami)
Maior intensidade do 065. (Cogami)
Outras suxestións sitúanse na liña da mellora da accesibilidade asociada á supresión de barreiras físicas:
A mellora da accesibilidade nas instalacións.
Fixar como criterio de valoración nas ordes de convocatoria de subvencións a inclusión de medidas
para a supresión de barreiras arquitectónicas e de accesibilidade.
Tamén se suxeriron actuacións no eido da concienciación, ou da formación de profesionais en materia de
accesibilidade para o persoal ao servizo das administracións públicas.
Atención temperá
Entre as propostas recadadas figuran:
As relacionadas coa mellora da coordinación: entre os departamentos competente en materia de
educación, sanidade e servizos sociais.
As asociadas á discapacidade auditiva (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia):
- Incorporar o perfil de especialista na linguaxe de signos nos equipos de atención temperá.
- A abordaxe desta discapacidade desde unha perspectiva que incida máis na educación e na
comunicación e que non sexa exclusivamente rehabilitadora.
- Programa de logopedia con persoal especializado en nenos e nenas con esta discapacidade.
Outras, como:
O desenvolvemento de centros de referencia de atención temperá. (Cogami)
O fomento de servizos para menores con discapacidade en situación de protección.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
87
Formación ofertada desde a EGAP para o coidado do alumnado con necesidades derivadas de distintos
tipos de discapacidades.
Acceso ás actividades deportivas, culturais e outras actividades de lecer
Varias das accións propostas neste eido teñen que ver coa mellora da accesibilidade:
Ampliar a accesibilidade dos contidos.
Primar a eliminación de barreiras arquitectónicas e comunicativas en todas as actuacións do ámbito
cultural.
Fomentar o acceso a servizos públicos deste ámbito mediante medidas reais e efectivas de
accesibilidade física, sensorial e cognitiva. (Federación de Autismo de Galicia).
Outras liñas de actuación suxeridas foron:
A promoción de actividades de participación masiva con carácter inclusivo.
O fomento para os e as menores con discapacidade que se atopan en situación de protección.
Atención á dependencia
Neste ámbito de actuación apuntáronse liñas de actuación e medidas de diversa índole:
Por exemplo, no plano dos recursos, desde a demanda de maior financiamento e aumento da oferta de
servizos en xeral para a promoción da autonomía e a atención temperá en persoas en situación de
dependencia, ata o incremento de recursos concretos como a asistencia persoal durante as actividades
lectivas ou a mellora dos servizos relacionados co respiro familiar e persoal (esta última desde Cogami).
Outras propostas concretas foron:
Axilizar o estudo das situacións sociais das persoas tuteladas para, no caso de ser preciso, axilizar
tamén a tramitación das solicitudes de dependencia.
Formación específica sobre dependencia no marco das actividades formativas da EGAP (o sistema de
dependencia, procedemento, valoracións, servizos e prestacións, normativa...)
Implantación de sistemas de calidade nos servizos.
Incorporación á dependencia das discapacidades emerxentes.
Posta a dispor do plan dunha plataforma de Tele-ensino (e-Learning), para aloxamento de cursos ou
contidos dirixidos a este colectivo de cidadáns.
Tecnoloxía social aplicada.
Voluntariado
A meirande parte das liñas de acción suxeridas neste ámbito sitúanse no plano da promoción do voluntariado;
por citar algún campo concreto para o seu fomento: nos centros de ensinanza postobrigatoria para sensibilizar e
concienciar e, no seu caso, colaborar no apoio ao alumnado con necesidades educativas especiais derivadas da
discapacidade; así como entre as propias persoas con discapacidade.
Outras suxestións foron:
Desenvolver os programas de voluntariado en actividades físicas e deportivas.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
88
Desenvolver programas de voluntariado dirixidos ás persoas tuteladas polas fundacións tutelares.
Potenciar o voluntariado como complemento das actuacións profesionais e como medida de apoio para
as entidades con menos recursos. (Cogami)
Axudas para as entidades.
Apoios de carácter dixital.
Protección xurídico-legal
Nesta área recolléronse as seguintes suxestións:
Relacionadas coa garantía dos dereitos das persoas con discapacidade:
- Adaptación e garantía dos dereitos contemplados na Convención dos dereitos das persoas con
discapacidade, de Nacións Unidas. (Cogami e ONCE, entre outros).
- Aplicación dos acordos establecidos aos expedientes de contratación.
- Garantía dos dereitos das persoas menores de seis anos como titulares do dereito ás prestacións do
sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia. (Federación de Autismo de Galicia).
Relacionadas coa formación e a información:
- Aumento do número de actividades informativas sobre os dereitos e recursos xurídico-legais das
persoas con discapacidade.
- Promoción de accións formativas por parte da EGAP que lle permita ao persoal ao servizo da
Administración pública afondar nas normas de referencia, dereitos das persoas con discapacidade,
marco legal, avances normativos, plans, marco de acción...
De desenvolvemento no eido xudicial:
- Constitución de rede de xuristas especializados. (Fademga).
- Continuidade do apoio necesario para garantir unha información accesible (por exemplo, intérprete
da linguaxe de signos) ás persoas con discapacidade nos procesos xudiciais nos que sexan parte
procesual.
Colaboración e diálogo co terceiro sector
As propostas neste ámbito resúmense en seguir garantindo a participación do terceiro sector, a colaboración e o
diálogo social coas entidades.
De maneira máis concreta, solicítase o establecemento de protocolos de colaboración (Cogami), a realización de
convenios ou a coordinación entre mecenas dixitais e entidades para o desenvolvemento de tecnoloxía social.
Innovación, investigación e desenvolvemento
As propostas recadadas sitúanse na liña de fomentar ou potenciar proxectos de innovación e liñas de
investigación para mellorar as condicións de vida e a saúde das persoas con discapacidade.
De xeito máis concreto tamén se considera prioritario:
A promoción de protocolos de actuación para a investigación e a transferencia de coñecemento sobre
as distintas discapacidade. (Federación de Autismo de Galicia).
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
89
A participación en proxectos de I+D+i mediante a presentación de propostas en convocatorias abertas.
O desenvolvemento da tecnoloxía social mediante a coordinación de mecenas dixitais e terceiro sector.
Potenciar que máis persoas con discapacidade cheguen a cursar programas de doutoramento e
investigación.
Protección contra a violencia e os abusos
Considérase prioritario neste ámbito:
Informar e sensibilizar e visibilizar a problemática da violencia e os abusos (Fademga).
E máis en concreto proponse desenvolver actividades formativas en materia de discapacidade e
violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións públicas.
E outras accións como as que seguen:
Desenvolvemento dun protocolo de activación en caso de detección. (Cogami).
Avanzar na detección e actuación. (ONCE)
Axilizar o estudo das situacións sociais e persoais das persoas tuteladas pola Funga, así como realizar
os controis e seguimentos destas situacións de xeito continuo.
Corresponsabilidade social e cooperación institucional
Os comentarios recollidos neste eido sitúanse na liña de seguir promovendo a colaboración e o traballo en
equipo coas entidades, asociacións e outras organización relacionadas coa atención a diversidade, e establecer
canles de comunicación directa e permanentes co departamento responsable do plan para o desenvolvemento
de actuacións comúns.
Educación universitaria
Neste ámbito considéranse liñas prioritarias de acción:
O acceso e a atención ao alumnado con necesidades específicas derivadas da discapacidade.
Mellora da coordinación de apoio coas tres universidades da comunidade autónoma.
Fomento desta formación entre as persoas tuteladas.
Inclusión en todos os graos (ou ciclos) materias específicas sobre discapacidade. (Fademga)
Acción no exterior
As actuacións que se suxiren para as persoas con discapacidade que residen fóra do país son:
O desenvolvemento de programas específicos. (Feafes GALICIA)
O incremento da atención sociosanitaria.
A realización de actividades de información destinadas aos galegos e galegas no exterior na que se lles
presenten os recursos existentes, entre eles a existencia e características da Funga.
Por último, indicar que no ámbito da vivenda se suxeriu o desenvolvemento dun plan de vivenda para as persoas
con discapacidade e a mellora da accesibilidade.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
90
Xa para rematar, a enquisa de avaliación final do plan incluía unha pregunta de carácter aberto para identificar o
que serían, para os distintos entes participantes, os obxectivos ou criterios que se van integrar de forma
ineludible nunha futura estratexia/plan de acción no ámbito da discapacidade en Galicia. Para iso
solicitábase a identificación previa da necesidade ou carencia detectada e a continuación a formulación da/s
proposta/s para a súa abordaxe.
A partir da análise destas propostas confeccionouse o seguinte gráfico, resultante da agregación temática e de
contidos realizada.
GRÁFICO 17. OBXECTIVOS PRIORITARIOS A INCLUÍR NA NOVA ESTRATEXIA GALEGA DA DISCAPACIDADE. DISTRIBUCIÓN
PORCENTUAL
Fonte: elaboración propia a partir dos datos obtidos da enquisa de avaliación final
Á vista das suxestións formuladas, que oscilan de novo entre unha concreción elevada ─ao nivel da medida─ e
a expresión dunha demanda xeral, pode comprobarse que os obxectivos ou criterios prioritarios que hai que ter
en conta no deseño de actuacións dunha futura estratexia para a discapacidade en Galicia, deben orientarse á:
Mellora ou incremento da coordinación e a cooperación interdepartamental, interinstitucional e
co terceiro sector. A falta de coordinación en xeral, entre departamentos ou coas entidades do terceiro
sector xustificarían este obxectivo ou liña de actuación. Así, por exemplo, de xeito concreto apuntouse
a:
- A abordaxe conxunta na elaboración e desenvolvemento das actuacións que requiren a
participación do sistema sanitario, educativo e dos servizos sociais.
- A falta de traballo en equipo interdepartamental xustificaría que se solicite a creación de comisións
ou grupos de traballo técnico para a realización conxunta de liñas de axudas, subvencións…
- Abrir a participación a todos os sectores, entidades ou institucións que poidan estar interesados,
procurando a maior implicación posible e o traballo en equipo.
A mellora e a garantía da accesibilidade universal. Neste sentido, as carencias relaciónanse coa
existencia de barreiras en sentido amplo: para a mobilidade e no eido da comunicación. A mellora dos
accesos aos edificios públicos, facer cidades accesibles, garantir a accesibilidade universal ou
desenvolver tecnoloxía social accesible foron algunhas das propostas realizadas.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
91
A carencia de recursos económicos e humanos, xustifica a demanda de maior dotación orzamentaria,
nalgúns casos formulada de maneira inespecífica ─para a atención ou apoios ás persoas con
discapacidade─, e noutros aludindo a campos concretos de acción, como por exemplo no eido do
ensino dotar con apoios específicos os nenos e nenas con discapacidade ou a creación de aulas
específicas.
Xa con menor peso porcentual, propuxéronse actuacións que implicarían a realización de análises e
investigacións sobre a situación da discapacidade: por exemplo, un estudo económico co obxecto
de racionalizar o investimento; a depuración do censo de persoas con discapacidade…
En canto ao fomento do emprego, ademais da demanda xeneralizada, propúxose como medida
concreta o financiamento da contratación de persoas con discapacidade para cumprir coas porcentaxes
establecidas.
Formación a profesionais do sector, a familias e ao profesorado universitario foron outras das
propostas recollidas.
Inclúese na categoría “Outras” unha miscelánea de suxestións como a axilización de trámites ou a
posta en marcha dun novo modelo de carteira de servizos a través da xestión de entidades privadas.
A comparativa entre entidades e Administración pon de manifesto unha tendencia na que os departamentos
administrativos porían a énfase na análise, tratamento de información e investigación sobre a situación da
discapacidade, seguida do fortalecemento das medidas de acceso ao emprego e maior dotación de recursos
(estas últimas co mesmo peso porcentual); e para as entidades o primeiro posto é para a coordinación e
cooperación interdepartamental e co terceiro sector, seguida da garantía da accesibilidade universal e, de novo,
unha maior dotación de recursos.
Atendendo á diferente tipoloxía de discapacidades coas que traballan as entidades integrantes de Cermi-Galicia
non se detecta unha valoración compartida en canto aos obxectivos prioritarios que hai que incluír nunha
eventual nova estratexia galega da discapacidade. Non obstante, hai que indicar que neste sentido se
manifestaron só o movemento asociativo que traballa con discapacidades de diverso tipo (Cogami)
─demandando accións en materia de fomento do emprego─; a representante de asociacións de discapacidade
auditiva ─que fai fincapé nas actuacións relacionadas coa mellora na accesibilidade sobre todo con relación ás
barreiras da comunicación; a relacionada coas enfermidades mentais ─con propostas centradas na mellora do
tratamento de datos e na incorporación de discapacidades emerxentes─; e organización representante de
Síndrome de Down, con propostas de diversa índole, relacionadas co tratamento de datos ou a axilización da
valoración da dependencia.
Como peche deste informe de resultados correspondente á avaliación final do plan, hai que indicar que se
recolleron oito comentarios finais ─a meirande parte procedentes das federacións integrantes de Cermi-Galicia─;
algúns de carácter positivo felicitan o desenvolvemento deste instrumento e solicitan tanto a continuidade das
accións como do carácter participativo que o caracterizou, outras pola contra teñen un cariz crítico. Todas estas
observacións reprodúcense a continuación na súa literalidade:
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
92
“Parécenos moi importante dar continuidade a este plan, cun novo plan estratéxico que desenvolva as liñas da
Estratexia europea para o ano 2020, e afiancen o cumprimento das liñas xa fixadas no plan antigo.” (Federación de
Autismo de Galicia)
“As persoas con discapacidade (como todos) teñen como obxectivo acadar o maior grao de desenvolvemento
persoal, a procura da felicidade en función das súas preferencias, da súa forma de ser. Non se trata de protexer a
xente para que teña un maior grao de confort (no sentido máis amplo) senón de poñer os apoios para gozar das
mesmas oportunidades de ser a persoa que quere ser, non a que se lle impoña de xeito preestablecido pola familia,
as administracións ou unha sociedade non deseñada para todos”. (Cogami)
“Pouco serio e estrito ao ser un plan sen orzamento, consideramos que non pode ter o rango de plan e quedaríase
nunha mera declaración de intencións. Cínguese a organizar e catalogar o que a maior parte dos organismos
implicados xa viñan facendo, e en moitos casos as súas achegas son de forma moi xeral e noutros que xa tiñan que
facer por imperativo legal citan orzamentos globais que non permiten medir o impacto real do plan no colectivo da
discapacidade. Como resumo, cremos que é moi optimista a valoración que se desprende dos informes de
seguimento, que fan os responsables do PAIDG, indicando porcentaxes de execución, moi altas, aínda que a maior
parte das accións teñen algún grao de execución, son moitas das que non se dispón de datos ou a súa execución é
moi pobre.” (Fademga Feaps Galicia)
“Consideramos totalmente necesaria unha segunda edición do plan integral pero agora moito máis centrado na
solución a necesidades concretas e no deseño de programas específicos desagregados polos distintos tipos de
discapacidade e cunha implicación moito maior de todas as administracións publicas con competencias. Tamén
consideramos necesaria unha discriminación positiva cara ás discapacidades emerxentes; enfermidade mental,
dano cerebral... No global temos unha boa valoración con respecto ao plan integral.” (Feafes Galicia)
“Se ben se menciona no apartado de propostas que a accesibilidade é un elemento transversal, é necesario
comentar que a dita accesibilidade require duns recursos que moitas veces, por falta de coñecemento e
planificación previa, acaban quedando no esquecemento. Por este motivo, a FAXPG desexa facer mención, como
mínimo a aspectos de accesibilidade que se deben de ter en conta en relación con todas as áreas de intervención:
dispoñer de servizos de intérpretes de lingua de signos para persoas xordas ou acceso a elas en todos os ámbitos
de actuación. Emprego de subtítulos, códigos QR e signoguías naquelas áreas que este recurso se considere
válido”. (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia)
“UXT Galicia aínda que si estivo presente nas fases iniciais do plan, botou en falta que posteriormente non houbese
maior consulta, que se restrinxiron aos informes anuais de execución. Para vindeiros plans demandamos un maior
nivel de participación, tanto na fase inicial como no seu desenvolvemento”. (UXT Galicia)
“Parabéns por levar a cabo este plan, é un paso importante e unha liña na que hai que seguir camiñando.” (UDC)
“Aproveito para felicitar o equipo de elaboración e seguimento porque creo que foi un exemplo de plan participativo.
O seguinte plan debería seguir garantindo ese nivel de implicación e gustaríame que no plan de inclusión dixital de
Galicia un dos retos da innovación social fose a integración.” (Amtega)
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
93
V. Conclusións
V.1. Aspectos de carácter xeral: elaboración e seguimento
O Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013 foi o primeiro plan
do Goberno da Xunta de Galicia para este grupo de poboación froito do consenso co movemento
asociativo e os axentes sociais. Elaborouse utilizando unha metodoloxía netamente participativa desde
o mesmo inicio do proceso, coa realización de grupos de traballo nos que se lles deu voz ás persoas
con discapacidade a través das federacións de asociacións que integraban naquel momento o Cermi
Galicia.
As estruturas de seguimento creadas adoptaron tamén o mesmo carácter participativo do plan: o
Grupo Coordinador de Seguimento e de Avaliación e a Comisión para o Seguimento e Avaliación do
Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013. A constitución das
ditas estruturas valórase en termos moi positivos como mecanismo efectivo para manter o carácter
integral, transversal e participativo do plan.
Non obstante, cómpre sinalar algúns aspectos de mellora como a realización dun maior número de
xuntanzas do grupo coordinador, para manter a intensidade do seu papel como impulsor/coordinador do
plan, a súa utilización como escenario para traballar máis directamente con determinados
departamentos administrativos para o impulso das actuacións programadas, así como unha maior
implicación dos departamentos na Comisión para o seguimento e avaliación do plan.
O carácter participativo tanto no seu deseño como no seu seguimento e a colaboración
interdepartamental son elementos que caracterizan este plan de acción de forma especial e así o
constatan tamén as opinións vertidas na enquisa de avaliación final.
Este plan de acción deseñouse a partir da consideración de que as persoas con discapacidade
constitúen un grupo heteroxéneo por definición e presenta unhas necesidades comúns para conseguir o
seu pleno desenvolvemento persoal, e tendo en conta as necesidades detectadas máis evidentes, así
como as demandas do tecido asociativo que representa ás persoas con discapacidade en Galicia. Con
base niso, definíronse dez áreas de prioritaria intervención e 38 obxectivos específicos aos que se
debería dar consecución a través dun total de 305 medidas durante o seu cuadrienio de vixencia.
A súa estrutura (áreas de intervención ─obxectivos específicos─ actuacións) facilitou o seu manexo,
comprensión e seguimento dotándoo dunha coherencia interna necesaria para que as actuacións
propostas para un fin común teñan unha lóxica que as conecte entre si cara a conseguir os obxectivos
específicos de área, que definen os compromisos de cambio que se adoptan no desenvolvemento do
plan en coherencia coas prioridades e co obxectivo xeral.
Como suxestión para un futuro plan ou estratexia de discapacidade, debería trasladarse sobre todo
aos departamentos cuxas competencias ou actuacións afectan directamente ao resto da Administración
xeral da comunidade autónoma e sector público autonómico (por exemplo, a Escola Galega de
Administración pública), que nas súas intervencións ordinarias se lles dea prioridade ás
propostas/medidas que responden a actuacións de plans de intervención vixentes (no caso da EGAP,
propostas de accións formativas), por canto se trata de iniciativas de planificación aprobadas e/ou
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
94
informadas polo Consello do Goberno da Xunta de Galicia, nas que todos os departamentos
administrativos deben cooperar para a súa consecución.
V.2. Aspectos relativos aos resultados: balance global do plan
En termos de niveis de execución do conxunto do plan, cómpre realizar as seguintes observacións:
Tendo en conta os criterios explicados na introdución do capítulo III, executáronse 258 actuacións dun
total de 316 (305 programadas máis 11 de nova incorporación), o que implica un nivel de execución
do 82 % (exactamente un 81,96 %). A área que acadou maior grao de execución é a de educación e a
que menos a de atención temperá. Catro das áreas quedan por debaixo do 80 % de execución: a área
6, formación e emprego (76,5 %); a área 1, protección dos dereitos (72,2 %); a área 10, cultura, deporte
e tempo de lecer (71 %) e a área 9, atención temperá (62,5 %). As seis restantes superan o dito nivel: a
área 3, accesibilidade (84,3 %), a área 8, saúde e atención sociosanitaria (87 %), a área 7, recursos no
ámbito dos servizos sociais (87,5 %), a área 4, promoción da autonomía persoal, a área 2, igualdade de
xénero e transversalidade (89,3 %) e a área de educación xa sinalada.
Non obstante, débese ter en conta que existe un desequilibrio importante entre áreas en canto ao
número de accións novas e de posta en marcha no marco do plan. Por exemplo, e con base nos
datos dispoñibles, a área que acada o maior nivel de consecución é a número 5, educación (cun 96,7
%) e a área de atención temperá a que acada o menor nivel (62,5 %), pero cando se realiza unha
valoración a partir do peso proporcional de novas actuacións en cada unha delas, é esta última a que
acada un nivel máis elevado, debido ao maior esforzo e investimento que supón a posta en marcha de
actuacións ata o momento inexistentes. A área de educación seguiu basicamente na liña de manter e,
no seu caso, mellorar accións que xa estaban en marcha, e aínda que tamén se formularon para o plan
actuacións de nova aplicación o grao de novidade foi inferior.
Doutra banda, cómpre subliñar a necesidade de mellora da calidade e constancia nunha parte das
actuacións que se consideraron como executadas durante o período de vixencia do plan e que nunha
valoración exclusivamente cualitativa acadarían peores resultados. Por exemplo, unha actuación que
estando programada para as catro anualidades, se levase a cabo nunha soa.
Así mesmo, ademais dun diferente nivel de concreción entre algunhas actuacións do plan, obsérvanse
niveis de esforzo e de recursos necesarios moi dispares para a posta en marcha e desenvolvemento
das actuacións, aspecto que se debe ter en conta nunha valoración das actuacións executadas e non
executadas de cada departamento.
Os departamentos autonómicos competentes en materia de cultura e en materia de investigación,
desenvolvemento e innovación, así como as universidades, son un exemplo (habería máis) de
departamentos que deberían reforzar a súa intervención, ben porque non levaron a cabo determinadas
accións asignadas e programadas, ou ben porque non dispoñen dos rexistros ou mecanismos axeitados
para dar conta delas con carácter anual e con base nos indicadores de seguimento do plan.
Dunha análise dos resultados por cada área de actuación, recollida no capítulo III deste informe, cómpre
subliñar o seguinte.
1. PROTECCIÓN DOS DEREITOS
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
95
Creouse esta área co obxectivo de garantir e promover os dereitos das persoas con discapacidade.
Conseguiuse avanzar cara á meta sinalada ao executar 13 das 18 actuacións para o período 2010-
2013 e resultou un nivel de execución do 72,2 %.
O dito nivel descende ata o 62,5 % para o obxectivo 1.3 (desenvolver políticas públicas que garantan,
de xeito efectivo, os dereitos das persoas con discapacidade de acordo coa Convención sobre os
dereitos das persoas con discapacidade), que resulta ser o de maior número de actuacións pendentes,
sobre as que será preciso realizar unha reflexión para valorar a súa importancia cara a unha futura
estratexia xunto coa actuación 1.2.1, tamén pendente de realización, relativa a un protocolo de
actuación para os xulgados no que se establecerían mecanismos para evitar situacións de indefensión
e que lles garantan ás persoas con discapacidade un trato en igualdade de condicións.
2. AREA DE IGUALDADE DE XÉNERO E TRANSVERSALIDADE
Garantir a igualdade de oportunidades para as mulleres con discapacidade cara á súa plena
participación na vida social, cultural, económica, política xustificou a introdución desta área do plan, nun
momento en que era preciso visibilizar actuacións específicas sobre igualdade de xénero e
discapacidade, aínda cando se debería contemplar de forma transversal.
Acadouse un nivel de execución alto en termos numéricos (89,3 %), pero precisaríase dunha análise
dalgunhas actuacións consideradas como executadas, sobre todo en relación co obxectivo 2.1,
establecer os mecanismos para facer posible a transversalidade de xénero na implantación do plan de
acción, e o obxectivo 2.2., promover a participación das mulleres con discapacidade nos diferentes
ámbitos incidindo na mellora da súa autoestima, na concienciación das familias e da sociedade para
evitar a súa sobreprotección e practicar unha socialización igualitaria libre de estereotipos sobre xénero
e discapacidade, que resultaron cun 100 % de execución. Cara a un estudo de situación é importante
coñecer se realmente se incorporou perspectiva de xénero nas accións formativas ou en que medida as
actuacións da Unidade de Igualdade da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar
contribuíron a transversalizar o xénero en materia de discapacidade, e se sería necesario redefinir
actuacións neste sentido.
Destaca o menor nivel de execución do obxectivo 2.3 centrado na violencia exercida sobre as mulleres
con discapacidade, ao realizarse tres das cinco actuacións programadas. Pero, ademais, outra das
actuacións non acadou os resultados esperados, a 2.3.1 (Consolidar o apoio a mulleres vítimas de
violencia de xénero e/ou procedentes de casas de acollida na formación profesional, na contratación e
no emprendemento, considerando de maneira especial a quen ten algunha discapacidade), ao non se
rexistrar ningún caso de mulleres con discapacidade que se manifestase como vítima de violencia de
xénero. Neste sentido, é preciso valorar a efectividade deste tipo de actuacións se non vai acompañado
dun traballo interno e coordinado dos departamentos implicados, de cara a futuras estratexias.
En definitiva, a igualdade de xénero deberá ter un tratamento distinto no propio deseño e, sobre todo,
na execución dunha futura estratexia de discapacidade en Galicia para reforzar a aplicación do principio
de igualdade entre mulleres e homes nas actuacións. Así mesmo, precísase dun traballo de
coordinación interdepartamental que sirva de impulso para a realización de determinadas actuacións,
que non implican un custo económico engadido, senón que se integrarían en actuacións de carácter
ordinario, respondendo así tamén ao principio de transversalidade.
3. ACCESIBILIDADE
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
96
Esta área creouse para garantir a accesibilidade das persoas con discapacidade aos contornos,
espazos, bens, produtos e servizos en igualdade de condición co resto da poboación e resultou cun
nivel de execución do 84,3 % ao terse realizado 43 dun total de 53 actuacións (51 programadas
durante os catros anos de vixencia do plan máis dúas de nova incorporación durante o período).
Neste caso, o maior número de actuacións pendentes correspóndese coas programadas para a
eliminación de barreiras que limitan o acceso ao contorno físico, medio urbano e transporte das persoas
con discapacidade (obxectivo 3.4) e as programadas para mellorar a normativa existente en materia de
accesibilidade e proceder ao seu desenvolvemento e control de aplicación (obxectivo 3.1).
De cara a unha futura planificación estratéxica este ámbito de intervención segue a ser de especial
prioridade (como tamén se constata a través da enquisa realizada) tanto no desenvolvemento normativo
como no reforzamento de actuacións para eliminación das barreiras da comunicación e tamén físicas,
especialmente de transporte público.
4. PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL.
Promover a autonomía para as persoas con discapacidade e asegurar a súa plena inclusión na vida
comunitaria é o obxectivo que guiou o deseño desta área, e resultou cun grao de execución do 88,2 %,
ao realizarse 30 das 34 actuacións previstas no período 2010-2013. O obxectivo perseguido neste
ámbito de intervención segue a ser clave en calquera plan futuro dirixido a este grupo de poboación,
como así se constata tamén na enquisa realizada aos organismos implicados no plan concluído.
A intervención dirixida a facilitar o acceso á vivenda resultou ser a máis frouxa en canto actuacións
executadas, e convén revisar a necesidade de retomar aquelas que quedaron pendentes de realización
pero tamén o enfoque/necesidade do resto de actuacións. Pola contra, traballouse de forma
considerable en relación obxectivo 4.2 (recursos que permitan un maior grao de autonomía e de
permanencia das persoas no seu contorno habitual), entre outras razóns por ser onde se concentrou a
maioría das actuacións desta área. Deberase seguir traballando e reforzando recursos no ámbito dos
servizos sociais como tamén opinan as persoas consultadas na enquisa de avaliación final.
No tocante ás intervencións realizadas para informar e concienciar a sociedade galega sobre a
importancia da autonomía persoal das persoas con discapacidade (obxectivo 4.3) cómpre sinalar que
deberían someterse a unha análise máis profunda e, no seu caso, dotalas dun enfoque diferente e/ou
proceder cun seguimento máis esixente. A razón disto débese a que unha parte das accións non se
levaron a cabo nos termos previstos no grupo de traballo que deseñou esta área de intervención. Pola
contra, pódese dar por logrado o obxectivo de promover a asistencia persoal, a través das actuacións
previstas para o período.
5. EDUCACIÓN
A área 5 definiuse co obxectivo de garantir unha educación infantil, primaria, secundaria e
postobrigatoria de calidade nun marco integrador e normalizador e favorecer a súa calidade e carácter
público. É a que conta co maior número de obxectivos específicos (un total de seis), pero ocupa o
sétimo posto segundo o número de actuacións previstas.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
97
En termos numéricos acada o maior nivel de execución (96,7 %), pero sería preciso unha análise
conxunta entre o departamento competente en materia educativa (incluído o ámbito universitario), o
departamento impulsor do plan e, se procede, cunha representación das persoas con discapacidade
para valorar a calidade e/ou intensidade coa que se levaron a cabo. Constitúe un asunto tamén que hai
que tratar, a necesidade de contar cos datos dos indicadores previstos no plan ou a revisión destes,
sobre todo porque a dimensión educativa segue a ser unha das de maior insatisfacción ao valorar o
impacto do plan neste ámbito.
6. FORMACIÓN E EMPREGO
Formar as persoas con discapacidade para a súa axeitada incorporación ao mercado laboral e mellorar
a empregabilidade e a calidade do emprego das persoas con discapacidade, combatendo activamente
a súa discriminación son os obxectivos xerais que guiaron esta área, a segunda en peso de actuacións
programadas (un total de 47, as que se sumaron outras catro de nova incorporación), pero a sétima en
canto nivel de execución (74,5 %), ao quedar sen executar 13 das actuacións, a metade delas en
relación co acceso e mellora da empregabilidade e a adaptación do posto de traballo das persoas con
discapacidade no sector público. Este dato leva a afirmar a necesidade de reconsiderar este ámbito
nunha futura estratexia, logo da análise e valoración das actuacións previstas e dos motivos de non
execución, máis aínda tendo en conta que segue a ser dos de maior prioridade para unha futura
estratexia de discapacidade en opinión das persoas consultadas a través da enquisa.
As actuacións relacionadas coa formación (obxectivo 6.1, o de maior volume de actuacións) acadaron
un alto nivel de execución, pero é necesario revisar algunhas das medidas, como a 6.1.17. (Reforzar a
adaptación da formación profesional ao mercado laboral do momento, e incidir naquelas profesións con
máis saídas laborais e que se correspondan con perfís que poidan desempeñar as persoas con
discapacidade, a través da actualización do anexo correspondente en cada convocatoria anual do
programa de accións formativas para persoas desempregadas), así como analizar os motivos da
ausencia de datos, que impide valorar o impacto sobre as persoas con discapacidade como é o caso da
acreditación da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, como posibles fórmulas de
integración no mercado laboral das persoas con discapacidade a través de convocatorias anuais
(actuación 6.1.15).
Resulta evidente a necesaria continuidade de actuacións vinculadas á inclusión laboral das persoas con
discapacidade, e neste sentido algunha das actuacións do plan que finalizou deberían retomarse para a
súa redefinición e avanzar de forma efectiva na mellora da empregabilidade; é o caso das actuacións:
o 6.4.6: a incorporación de cláusulas nos pregos de cláusulas administrativas particulares dos
expedientes de contratación aumentou progresivamente entre os departamentos
administrativos, pero non tivo os efectos esperados ao non producirse situacións de empate
que posibilitasen optar por empresas nas que traballan persoas con discapacidade, polo que
urxe revisar esta actuación e dar un paso máis nunha futura estratexia se a finalidade é
fomentar efectivamente a inserción laboral das persoas con discapacidade;
o 6.5.5: é preciso reforzar entre os departamentos os contratos da Administración da Xunta de
Galicia cos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro;
o e doutras relacionados co apoio ao emprego protexido.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
98
7. RECURSOS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS
Mellorouse sen dúbida o conxunto de intervencións, programas, servizos e prestacións para as persoas
con discapacidade e as súas familias nos catro anos de vixencia do plan, e así o constata o 87,5 % de
execución da área 7, porcentaxe que a sitúa no cuarto lugar: 28 actuacións realizadas dun total de 32
(30 programadas máis dúas novas incorporadas en 2013), feito que denota o interese e constancia no
proceso de mellora dos recursos neste ámbito.
É preciso continuar co desenvolvemento normativo pendente, así como analizar polo miúdo que
actuacións deberían continuar e cales non, e sobre todo fixar criterios comúns de recollida e
interpretación de datos por parte do departamento competente na materia máis aínda cando se trata
dunha das áreas de maior prioridade, en opinión das organizacións sociais.
8. SAÚDE E ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
Das áreas con menor número de actuacións (a terceira despois de atención temperá e protección dos
dereitos), a área 8 incluíuse no plan coa finalidade de garantir unha prevención, rehabilitación e
asistencia sociosanitaria das persoas con discapacidade en igualdade de condicións que o resto da
poboación, con tres obxectivos específicos, a metade das actuacións previstas sitúase no obxectivo 8.2,
deseñar procesos que garanten unha efectiva atención sociosanitaria a través da coordinación dos
departamentos con competencia en sanidade e servizos sociais, todas elas executadas.
En relación con este ámbito de actuación cómpre analizar que tipo de medidas deberían retomarse
nunha eventual estratexia e/ou como redefinir algunhas delas, tendo en conta a súa prioridade e o nivel
de recursos necesarios. É o caso de dúas das actuacións non executadas do obxectivo 8.3 sobre
accesibilidade das persoas con discapacidade aos servizos sanitarios desde unha perspectiva de
atención integral: cursos de preparación ao parto e de coidados de fillos/as, en formatos adecuados,
accesibles e comprensibles para as persoas con discapacidade e adaptación das cartillas sanitarias de
nenos e nenas con discapacidade por ter indicadores de saúde distintos.
9. ATENCIÓN TEMPERÁ
Universalizar a atención temperá, mellorando a súa calidade e capacidade de atención presentouse no
plan como unha dos obxectivos máis importantes, dada a urxencia de actuar na dita materia. Neste
sentido hai que valorar en positivo a súa consideración como área independente no plan e o carácter de
novidade da meirande parte das actuacións.
Non obstante, non se acadaron as cotas de execución esperadas (a área que acadou menor nivel de
execución ademais de ser a que contiña menor número de actuacións previstas), pola dificultade de
aprobar a normativa en materia de atención temperá, que guiaría gran parte do resto de actuacións, e
que se publicou no final do período de vixencia. En consecuencia, cómpre ter en conta actuacións
vinculadas a este ámbito nunha nova estratexia de discapacidade en Galicia (novas ou redefinición das
pendentes) sen que iso implique unha liña, área ou eixe específico, toda vez que parte dos obxectivos
non se conseguiron acadar, como o desenvolvemento dunha rede de recursos de atención temperá
(obxectivo 9.3).
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
99
10. CULTURA, DEPORTE E TEMPO DE LECER
Promover a participación das persoas con discapacidade en actividades culturais, deportivas e
recreativas, así como o seu adestramento, formación e recursos en igualdade de condicións que as
demais persoas guiou o deseño da área 10. Para a súa consecución definíronse tres obxectivos
específicos que requirían a posta en marcha de 31 actuacións distribuídas de forma mais ou menos
equitativa entre os tres obxectivos. O balance global en termos cuantitativos de execución é dun
66,7 %, resulta ser a segunda área con menor nivel de execución. Optimizar a accesibilidade das
persoas con discapacidade ás actividades culturais, deportivas e de tempo de lecer (obxectivo 10.1) foi
o que obtivo peores resultados con cinco actuacións de 12 con nula execución (58,3 %).
Ademais, á vista dos resultados e da información facilitada polos distintos departamentos, non se
conseguiu a implicación esperada respecto doutras actuacións consideradas vitais por parte do
movemento asociativo. É o caso das actuacións 10.2.6 (Permitir, de maneira progresiva, o acceso
gratuíto do/da acompañante da persoa con discapacidade, que precise do dito apoio, ás instalacións e
actividades culturais, deportivas e de tempo de lecer), 10.2.7 (Incluír aspectos sobre
accesibilidade/discapacidade na programación cultural), ou a 10.2.5, relativa á cota de participación dun
7 % para persoas con discapacidade nas actividades culturais, deportivas e de tempo de lecer, das
entidades públicas ou das entidades privadas subvencionadas con fondos públicos.
Sendo unha das áreas con peores resultados, nas que se botou en falta un reforzo da coordinación cos
departamentos implicados para impulsar as accións programadas (en especial cos departamentos
autonómicos competentes en materia de cultura e deporte), tamén é certo que esta área se sitúa entre
as de menor prioridade/necesidade na enquisa realizada para a avaliación final do plan.
V.3. Aspectos derivados da enquisa de avaliación
Da lectura dos datos da enquisa de avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con
discapacidade de Galicia 2010-2013 poden extraerse unha serie de conclusións, que a modo de síntese de
resultados se expoñen a continuación:
En primeiro lugar, e polo que respecta ao balance global do plan en termos de incidencia segundo
obxectivos de área, o impacto máis positivo apréciase en materia de garantía e promoción dos
dereitos das persoas con discapacidade, tal e como se desprende dos resultados globais da enquisa,
valorado en termos satisfactorios polo 67,8 % das persoas informantes (e cunha media de 3,7 puntos
sobre un máximo de 5, seguido da promoción da autonomía persoal, cunha puntuación de 3,3). No polo
oposto, as valoracións máis modestas relaciónanse coa incidencia discreta do plan no ámbito da
atención temperá, a saúde e a atención sociosanitaria, así como na mellora de empregabilidade e
calidade no emprego ─3,1 puntos─.
Cómpre salientar xa neste punto que, pese a que polo reducido tamaño da mostra da enquisa ─en
especial da submostra de entidades participantes (integradas en Cermi-Galicia)─ só cabe falar de
tendencias na análise dos resultados desagregados segundo a procedencia das valoracións:
departamentos da Administración autonómica e entidades e organizacións sociais colaboradoras, en
termos xerais a avaliación revela opinións máis positivas entre as persoas informantes ao servizo da
Administración pública que entre o movemento asociativo. Pero ademais desta tendencia xeneralizada
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
100
ao longo da enquisa, tamén cabe sinalar a diferenza de opinións e percepcións en boa parte das
cuestións formuladas. Neste caso, por exemplo, ademais dun maior grao de crítica entre as entidades á
hora de xulgar o impacto do plan, a maior insatisfacción exprésana cando se trata de valorar a
consecución de obxectivos no ámbito da educación, sendo tamén visible no ámbito dos servizos sociais
e, aínda que non tanto, en saúde e atención sociosanitaria.
Doutra banda, desde o punto de vista das necesidades percibidas, a enquisa revela que na actualidade
a promoción da autonomía persoal e a formación e o emprego constitúen os ámbitos prioritarios de
intervención de entre os contemplados no plan, con algo máis dun 50 % de mencións, seguidos da
accesibilidade, cun 39,5 %. Non obstante, as entidades participantes matizan este resultado global
antepoñendo a intervención en materia de recursos no ámbito dos servizos sociais e de protección dos
dereitos, á necesidade de actuar no eido da formación e o emprego.
O carácter participativo do plan de acción obxecto de avaliación é un dos principais elementos que hai
que salientar, posto que á hora de identificar as principais fortalezas deste instrumento, a metodoloxía
participativa empregada no proceso de elaboración, mencionada por preto de 7 de cada 10, así como a
participación dos axentes sociais na fase de seguimento, son os aspectos máis destacados polos
departamentos e entidades participantes. Xa en termos de impacto, o principal punto forte mencionado
é o que este plan representou en termos de compromiso adoptado (60 %). E cando se trata de sinalar
as súas debilidades, o que constitúe unha fortaleza para entidades e organizacións sociais, o nivel de
consenso entre departamentos e movemento asociativo, resulta globalmente identificado como unha
flebleza do proceso de elaboración, xunto coa fundamentación teórica e analítica. A metade das
persoas informantes consideran que no proceso de seguimento un aspecto a mellorar é a calidade e
cantidade dos datos, seguido pola sistema de indicadores elaborado. E xa en canto ao impacto, con
maior dispersión nas respostas as principais debilidades do plan foron a súa relevancia institucional e
estratéxica e a repercusión sobre as persoas destinatarias.
O labor realizado polo departamento impulsor e coordinador do plan de acción resulta valorado
en termos satisfactorios, xa que agregadamente un 86 % o cualifica como “bo” ou “moi bo”, opinións
que na tónica habitual da enquisa son, como tendencia, máis favorables entre o persoal ao servizo da
Administración. En todo caso, a xuízo das persoas informantes o labor deste departamento podería
mellorar principalmente mediante o reforzo da coordinación interdepartamental (35,7 %, mencionado
exclusivamente desde os departamentos autonómicos), á que segue a demanda de maior coordinación
na recollida, tratamento e transmisión da información (sinalada unicamente desde o movemento
asociativo), e percíbese, en idéntica proporción, a necesidade de revisar o sistema de indicadores
(21,4 %).
Xa en termos de autoavaliación da actuación dos departamentos e entidades colaboradoras na
execución do plan de acción, cabe destacar, en primeiro lugar a positiva valoración que, en conxunto,
realizan do seu papel. Cun maior nivel de autocrítica por parte do movemento asociativo, sobre todo
cando se trata de valorar o seu grao de participación e a calidade dos datos facilitados para o
seguimento anual, en termos de resultados globais os distintos aspectos xulgados presentan
puntuacións que oscilan entre os 3 e os 4 puntos de media, destacando principalmente o “compromiso
coa execución das actuacións programadas”, a “consideración da perspectiva transversal da
discapacidade” e “a preparación e implicación do persoal responsable das actuacións do plan”. No polo
oposto, a valoración global máis discreta é a que se fai sobre o cumprimento de prazos.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
101
Doutra banda, as limitacións orzamentarias ─principalmente destacadas desde o movemento
asociativo─ e as dificultades para a recollida de datos derivadas das diferenzas entre os datos
solicitados e o sistema de rexistro de cada departamento ou entidade, son os principais obstáculos
aos que tanto as organizacións sociais como os departamentos tiveron que facer fronte no
desenvolvemento do plan. Por iso, non resulta sorprendente que á hora de sinalar os aspectos
susceptibles de mellora pola súa parte se destaquen sobre todo as actuacións relacionadas co rexistro
dos datos, a súa adaptación e seguimento da calidade.
Como último elemento desta autoavaliación, resta indicar que no marco da actividade que desenvolven
os departamentos e entidades participantes e durante o período de execución do plan, os avances
máis destacados en materia de discapacidade42 foron o incremento de recursos dedicados
─económicos, humanos…─ e as melloras producidas no eido da accesibilidade, seguidas pola
consideración das persoas con discapacidade como grupo prioritario de actuación no seu ámbito
competencial e a consideración da perspectiva de xénero.
Xa en perspectiva de futuro, en termos de obxectivos de actuación prioritarios dentro do campo
competencial do propio departamento ou entidade, os ámbitos vitais que concentraron un maior
peso de referencias en canto a liñas ou obxectivos de actuación foron:
- En primeiro lugar, a inserción laboral e a creación de emprego no sector privado, que reúne un
12,4 % do total de propostas43, aglutina suxestións e demandas con distinto grao de concreción: de
tipo xenérico, como seguir fomentando a inclusión laboral das persoas con discapacidade, e máis
concretas como a continuidade dunha serie de programas de fomento do emprego en vigor, a
potenciación de axencias de colocación especializadas, ou a reserva de entre o 3 % e o 5 % dos
contratos da Administración para os centros especiais de emprego.
- A máis distancia, cun 7,1 % de propostas, referíronse obxectivos de actuación prioritarios no eido
da promoción da autonomía persoal e a prevención da dependencia, como por exemplo:
desenvolver o sistema de prevención da dependencia, a carteira de servizos para as persoas con
autonomía, ou incrementar a formación e información en materia de discapacidade.
- O terceiro ámbito vital con maior peso de propostas foi o da educación non universitaria (6,7 %):
algunhas relacionadas coa necesidade dunha maior dotación de recursos, como a mellora dos
axustes dos recursos materiais e humanos na atención do alumnado con necesidades educativas
especiais ou a demanda do concerto educativo con centros específicos de educación especial; e
outras máis concretas, relacionadas coa mellora dos recursos e da atención nas ensinanzas
posbrigatorias ou as asociadas aos avances no ámbito das novas tecnoloxías.
E se estas foron as liñas de actuación prioritarias para o futuro no ámbito da actividade dos
departamentos e entidades participantes, á hora de identificar os criterios ou obxectivos que se van
integrar de xeito ineludible nunha futura estratexia/plan de acción no ámbito da discapacidade
en Galicia, destacáronse principalmente tres ─e con idéntico peso─:
42 Análise estatística realizada a partir da información obtida en pregunta de resposta aberta. 43 Recolléronse un total de 225 propostas distribuídas nos distintos ámbitos vitais sometidos a consideración, e nas que as organizacións
do ámbito da discapacidade tiveron un peso importante.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
102
- A mellora ou incremento da coordinación e a cooperación interdepartamental, interinstitucional e co
terceiro sector, por exemplo, mediante a abordaxe conxunta na elaboración e desenvolvemento
das actuacións que requiren a participación do sistema sanitario, educativo e dos servizos sociais e
o fomento do traballo en equipo abrindo a participación a todos os sectores ou axentes sociais.
- A mellora e a garantía da accesibilidade universal mediante a supresión de todo tipo de barreiras
(no eido da mobilidade e tamén no da comunicación).
- Maior dotación orzamentaria, perante a carencia de recursos económicos e humanos, nalgúns
casos formulada de maneira inespecífica e noutros aludindo a campos concretos de acción, como
por exemplo a dotación no ensino de apoios específicos para nenos e nenas con discapacidade ou
a creación de aulas específicas.
V.4. Aspectos máis salientables a ter en conta nunha futura estratexia
Dos resultados ata aquí sintetizados despréndense unha serie de evidencias que hai que ter en conta,
principalmente no horizonte de elaboración dun futuro instrumento de planificación das accións a
desenvolver no ámbito da discapacidade en Galicia:
En primeiro lugar, no plano da metodoloxía de traballo, sobre todo no que atinxe ás fases de
seguimento e avaliación do plan, parece imprescindible mellorar e revisar os procesos de recollida e
rexistro de datos, así como o sistema de indicadores. As dificultades para a recollida de información
derivadas das diferenzas entre os datos solicitados para o seguimento da execución e os sistemas de
rexistro propios de entidades e departamentos, figura entre os principais obstáculos aos que tiveron que
facer fronte nestes catro anos, polo que non sorprende que nesta enquisa se sitúe entre os primeiros
aspectos que deben mellorar tanto os propios entes administrativos e o movemento asociativo como o
departamento impulsor e coordinador do plan.
Doutra banda, en termos de contido ou obxectivos de abordaxe ineludible por parte dun futuro
instrumento de intervención no ámbito da discapacidade, as accións en materia de formación, a mellora
da empregabilidade e a calidade do emprego deben ocupar un lugar central. Por un lado porque á hora
de facer un balance do plan de acción finalizado parece que o impacto neste terreo foi máis ben
modesto; por outro, porque á vista das necesidades percibidas identificouse como un ámbito prioritario
de intervención; e finalmente, porque entre os obxectivos de actuación primordial dentro do campo
competencial de departamentos e entidades, a inserción laboral e a creación de emprego no sector
privado concentra unha parte significativa das propostas formuladas.
A maior dotación de recursos representa outra demanda fundamental que hai que considerar. Se ben
é certo que entre os avances descritos se destaca o aumento dos recursos (económicos, humanos…)
destinados á discapacidade no marco da actividade de todos os entes consultados, desde o
movemento asociativo esta é unha petición latente ─a través doutros datos─ pero tamén expresa,
sobre todo tendo en conta o discreto balance do impacto do plan actual no terreo da atención temperá e
a atención sociosanitaria, as carencias ou necesidades de mellora percibidas no eido dos servizos
sociais e da educación, e na percepción da necesidade de intervención prioritaria no ámbito da
promoción da autonomía persoal.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
103
Finalmente, como se indicou, a coordinación e a cooperación interdepartamental, interinstitucional
e co terceiro sector é un dos retos ineludibles dunha futura estratexia ou plan de acción no eido da
discapacidade. Neste sentido, a coordinación e a cooperación non deberían circunscribirse á execución
das distintas accións planificadas, senón que debería continuar partindo dunha metodoloxía de traballo
participativa. De feito, a concepción participativa do plan obxecto de avaliación é amplamente
destacada como unha das súas principais fortalezas, e non só na fase de elaboración, senón tamén no
seu seguimento. Ademais, hai que ter en conta que as diferentes percepcións e valoracións do persoal
dos departamentos da Administración e as das persoas informantes das entidades sociais que se
evidenciaron na enquisa, veñen reforzar esa necesaria implicación do terceiro sector e outras
institucións e organizacións no deseño da estratexia de intervención, de maneira que queden
contempladas todas as perspectivas, ademais de poder contar así con información de primeira man
sobre as necesidades das persoas con discapacidade.
En definitiva, nunha hipotética estratexia ou planificación en materia de discapacidade na Comunidade
Autónoma de Galicia, á vista das dinámicas producidas con motivo do primeiro plan, resulta xa inevitable a
adopción de procesos participativos e de abordaxe integral, así como de permanente seguimento e
impulso do instrumento que se deseñe.
Así mesmo, faise necesaria unha reflexión arredor de tres puntos fundamentais:
A estrutura da nova estratexia, que pasaría pola determinación dos elementos estruturais que a
configuren e, como parte disto, do nivel de concreción das medidas/actuacións/accións propostas.
Resulta relevante tamén decidir sobre a consideración de liñas/ámbitos específicos e liñas/ámbitos de
transversais, se fose o caso.
Os ámbitos, temáticas ou áreas estratéxicas sobre as que actuar.
A vixencia ou temporización da estratexia, fundamental para determinar o nivel de alcance e de
concreción do instrumento de planificación.
En canto ao segundo punto, as áreas ou ámbitos nos que se deberá intervir prioritariamente, cómpre ter en
conta os resultados do plan finalizado, as opinións das persoas consultadas con respecto a cales das áreas do
dito plan seguirían sendo no momento actual de prioritaria intervención, así como as propostas de futuro
realizadas a través da enquisa con base nos ámbitos vitais propostos44. A partir de aí evidéncianse unha serie de
ámbitos que resultan prioritarios, quedando outras materias nun segundo nivel pero non menos importantes á
vista do balance do anterior plan.
No seguinte esquema sinálanse os ditos ámbitos ou áreas e pódese concluír que presentan un alto grao de
coincidencia coas liñas contempladas en estratexias ou plans de ámbitos de superior nivel, como é o caso das
estratexias en materia de discapacidade da Unión Europea e do estado español45.
En relación co anterior, cómpre subliñar que a “participación” nos termos en que se contempla nas ditas
estratexias (ámbito 2 na estratexia europea e ámbito 5 na estratexia española) coincidiría co enfoque
participativo de deseño, posta en marcha e seguimento do plan anterior e que se sinala como básico nun futuro
instrumento de planificación. Así mesmo, algunha liña de traballo como “nova economía da discapacidade” non
constituiría en principio unha prioridade para Galicia.
44 Ver no anexo 5 os gráficos resultantes da agregación dos ámbitos consultados, nos que se pasou de 21 a 12, e atópanse ordenados
polo seu peso porcentual segundo o número de propostas recollidas en cada un na enquisa de avaliación final. 45
Tamén con algunhas comunidades autónomas, aínda que non se profunda neste caso, dado o diferente enfoque de abordaxe que
presentan, pero tamén pola ausencia de plans estratéxicos vixentes sobre a materia nunha parte das comunidades.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
104
A Estratexia europea sobre discapacidade 2010-2020: un compromiso renovado para una
Europa sen barreiras, contempla os seguintes ámbitos de actuación:
1. Accesibilidade
2. Participación
3. Igualdade
4. Emprego
5. Educación e formación
6. Protección social
7. Sanidade
8. Acción exterior
Pola súa parte, a Estratexia española sobre discapacidade, 2012-2020 contempla un total de 10
ámbitos de actuación:
1. Accesibilidade
2. Emprego
3. Educación e formación
4. Pobreza e exclusión social,
5. Participación real e efectiva
6. Igualdade e colectivos vulnerables
7. Sanidade
8. Acción exterior
9. Nova economía da discapacidade
10. Información
ÁREAS DE PRIORITARIA INTERVENCIÓN- PLAN ANTERIOR
Promoción da autonomía persoal
Formación e emprego
Accesibilidade
Saúde e atencion sociosanitaria
Educación
ÁMBITOS CON MAIOR Nº DE PROPOSTAS DE FUTURO- ENQUISA
Emprego e formación
Accesibilidade/
mobilidade
Corresponsabilidade social, cooperación institucional e co
terceiro sector
Educación
Promoción da autonomia persoal e prevención da dependencia
OUTRAS ÁREAS/ÁMBITOS DE NECESARIA ATENCIÓN:
Información e sensibilización
Atención temperá
Igualdade-protección xurídico-legal
OUTRAS MATERIAS QUE PRECISAN REFLEXIÓN:
Investigación e innovación
Igualdade de xénero
Servizos sociais
Anexos
Anexo 1. Relación de departamentos/organizacións participantes no
desenvolvemento do plan
DEPARTAMENTOS/ORGANISMOS
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Secretaría Xeral de Cultura
Secretaría Xeral Técnica
Universidade da Coruña
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Axencia Galega de Innovación
Dirección Xeral de Comercio
Secretaría Xeral Técnica
CONSELLERÍA DE FACENDA
Dirección Xeral de Función Pública
Secretaría Xeral Técnica
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Dirección Xeral de Mobilidade
Instituto Galego de Vivenda e Solo–IGVS
Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
Secretaría Xeral Técnica
CONSELLERÍA DE SANIDADE-SERGAS
Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Sanidade Pública
Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria–Fegas
Secretaría Xeral Técnica
Xerencia do Servizo Galego de Saúde
DEPARTAMENTOS/ORGANISMOS
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Dirección Xeral de Emprego e Formación
Dirección Xeral de Familia e Inclusión
Dirección Xeral de Traballo e Economía Social
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas–Funga
Secretaría Xeral de Política Social
Secretaría Xeral Técnica
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
Secretaría Xeral Técnica
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia-Amtega
Axencia Turismo de Galicia
Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG)
Secretaría Xeral da Emigración
Secretaría Xeral de Medios
Secretaría Xeral para o Deporte
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E
XUSTIZA
Axencia Galega de Emerxencias–Axega
Dirección Xeral de Administración Local
Dirección Xeral de Xustiza
Escola Galega de Administración Pública–EGAP
Secretaría Xeral da Igualdade
Secretaría Xeral Técnica
CERMI GALICIA
Comisións Obreiras-CCOO Galicia UXT-Galica
Confederación de empresarios de Galicia-CEG
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
106
Anexo 2. Modelo de enquisa de avaliación
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
107
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
108
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
109
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
110
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
111
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
112
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
113
Anexo 3. Relación de departamentos/organizacións participantes na enquisa de
avaliación final
ORGANISMO/ENTIDADE PERSOA RESPONSABLE DA COBERTURA DO
CUESTIONARIO
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos José Carlos Carid Fernández
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Manuel Costa Carneiro
Secretaría Xeral de Cultura Víctor Rey Grande
Universidade da Coruña Sonia Seijas Ramos
Universidade de Santiago de Compostela Javier Agrafojo Fernández
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Axencia Galega de Innovación Cristina Blanco Aragón
Dirección Xeral de Comercio Marta López Quintás
Secretaría Xeral Técnica Javier García Tobío
CONSELLERÍA DE FACENDA
Dirección Xeral de Función Pública María Luisa Cardesín Díaz
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Dirección Xeral de Mobilidade Antón García Río
Instituto Galego de Vivenda e Solo–IGVS María José Paniagua Mateos
Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
Lucía Liñares Yáñez
CONSELLERÍA DE SANIDADE
Dirección de Asistencia Sanitaria José Manuel Fernández García
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Dirección Xeral de Emprego e Formación M.ª Jesús Budiño Rodríguez
Dirección Xeral de Familia e Inclusión D. X. de Familia e Inclusión
Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Jorge Barros de la Peña
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado María Begoña Mosteiro Blanco
Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas–Funga
Francisco J. Brea Santiago
Secretaría Xeral de Política Social
M.ª Carmen Calviño Rodríguez
Carmen Orgeira Naya
Modesto Rouco Vilar
Secretaría Xeral Técnica María Elisa Fernández Pampillón
Patricia Olveira Timiraos
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
114
ORGANISMOS/ENTIDADES PERSOA RESPONSABLE DA SÚA COBERTURA
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
Secretaría Xeral Técnica Carlos Gómez Martínez
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia- Amtega
Felicitas Rodríguez González
Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) Fernando R. Ojea
Secretaría Xeral da Emigración Beatriz Seoane Ares
Secretaría Xeral de Medios M.ª Pilar García Vázquez
Secretaría Xeral para o Deporte Laura Mosquera Escudero
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Axencia Galega de Emerxencias–Axega José Ángel Someso Anguita
Dirección Xeral de Administración Local Ana Otero Ferreiro
Dirección Xeral de Xustiza Adelaida Vega Hernández
Escola Galega de Administración Pública–EGAP Manuel Eduardo Martínez Oubiña
Secretaría Xeral da Igualdade Ramón Quiroga Limia
Secretaría Xeral Técnica Secretaría Xeral Técnica
CERMI GALICIA
FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA Teresa García Barcala
COGAMI Ignacio Rodríguez Sáez
DOWN GALICIA Sonia Caldas Novás
FADEMGA FEAPS GALICIA Antonio Fuentetaja Cervelo
FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA
M.ª de los Ángeles Pose Vilas
FEAFES GALICIA Antonio Hernández Fernández
FEGADACE Enrique Castro
ONCE GALICIA ONCE GALICIA
AXENTES SOCIAIS
UXT Galicia José Manuel Rodríguez Portela
Departamentos sen resposta:
Universidade de Vigo
Axencia Turismo de Galicia
Comisión Obreiras
Confederación de Empresarios
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
115
Anexo 4. Propostas de futuro: respostas literais
Neste anexo recóllense as respostas literais á pregunta 3.1. do cuestionario de avaliación final, que refiren as
propostas de futuro realizadas tanto por parte dos departamentos administrativos como do resto de
organizacións que responderon á enquisa. Preséntanse distribuídas polos ámbitos vitais na mesma orde que
adoptan no cuestionario. Respéctase a redacción coa que se comunicaron na enquisa pero levouse a cabo unha
revisión da lingua galega e da linguaxe sexista.
PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA
1. A paralización da normativa en materia de dependencia está prexudicando de forma notable ás persoas
dependentes e ás súas familias. Polo que é precisa a implantación do sistema sen freos orzamentarios
e normativos.
2. A proxección de futuro segue os mesmos indicadores que ata agora.
3. Desenvolvemento do sistema de prevención da dependencia.
4. Desenvolvemento dos servizos contemplados como comúns na carteira de servizos.
5. Desenvolver a carteira de servizos para as persoas con autonomía.
6. Estudos e investigación e dotación técnica e orzamentaria para a área de prevención.
7. Formación accesible na rede CeMIT.
8. Impulsar o pleno desenvolvemento da lei.
9. Incrementar a formación e información sobre esta materia.
10. Mellora nos sistemas de acceso ao servizo de emerxencia mediante a implantación de novas
tecnoloxías.
11. Posta a dispor do plan dunha plataforma de Tele-ensino (e-Learning), para aloxamento de cursos ou
contidos dirixidos a este colectivo de cidadáns e cidadás
12. Posta en marcha da carteira de servizos sociais para as persoas con discapacidade.
13. Darlles prioridade aos proxectos que supoñan a eliminación de barreiras urbanísticas existentes nos
programas dirixidos á mellora de contornas urbanas.
14. Realización de programas específicos para mozos/as con discapacidade.
15. Reducir a institucionalización e aumentar a participación comunitaria.
16. Trátase dunha liña de actuación á que queremos darlle moito peso de xeito inmediato.
ATENCIÓN Á DEPENDENCIA
1. Implantación de sistemas de calidade nos servizos.
2. Asistencia persoal durante as actividades lectivas.
3. Axilizar o estudo que facemos das situacións sociais das persoas tuteladas. Axilizar tamén a tramitación
das solicitudes de dependencia, como consecuencia do anterior e no caso de ser preciso.
4. Formación específica sobre dependencia no marco das actividades formativas da EGAP (o sistema de
dependencia, procedemento, valoracións, servizos e prestacións, normativa...).
5. Implantación de sistemas de calidade nos servizos.
6. Incorporación á dependencia das discapacidades emerxentes.
7. Incrementar a actual oferta de servizos orientados á promoción da autonomía e atención temperá,
dentro do ámbito das persoas dependentes.
8. Maior financiamento á dependencia.
9. Mellora da intensidade dos servizos e actuacións de respiro familiar e persoal.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
116
10. Posta a dispor do plan dunha plataforma de Tele-ensino (e-Learning), para aloxamento de cursos ou
contidos dirixidos a este colectivo de cidadáns e cidadás.
11. Tecnoloxía social aplicada.
PROTECCIÓN XURÍDICO-LEGAL
1. Adaptación da convención.
2. Adaptar e garantir a convención da ONU.
3. Aplicar os acordos nos expedientes de contratación.
4. Aumentar o número de actividades informativas sobre os dereitos e recursos xurídico-legais das
persoas con discapacidade.
5. Constitución de rede de xuristas especializados.
6. Continuar prestando o apoio necesario para garantir unha información accesible (por exemplo,
intérprete da linguaxe de signos) ás persoas con discapacidade nos procesos xudiciais nos que sexan
parte procesual.
7. Desenvolvemento de programas específicos.
8. Garantir os dereitos das persoas menores de seis anos titulares do dereito ás prestacións do sistema
para autonomía persoal e atención á dependencia.
9. Promoción de accións formativas por parte da EGAP que lle permita ao persoal ao servizo da
Administración pública afondar nas normas de referencia, dereitos das persoas con discapacidade,
marco legal, avances normativos, plans, marco de acción...
PROTECCIÓN CONTRA A VIOLENCIA E OS ABUSOS
1. Protocolo de activación en caso de detección.
2. Informar, formar e asesorar visibilizar a problemática.
3. Desenvolvemento de programas específicos.
4. Avanzar na detención e actuación.
5. Axilizar o estudo das situacións sociais e persoais das persoas tuteladas pola Funga.
6. Realizar os controis e seguimentos destas situacións de xeito continuo.
7. Actividades formativas en materia de discapacidade e violencia de xénero, para o persoal ao servizo
das administracións públicas.
MOBILIDADE
1. A proxección a futuro segue os mesmos indicadores que ata agora nas políticas de normativa de
habitabilidade (vivenda interior).
2. Adaptación dos transportes públicos.
3. Aumento eurotaxis.
4. Maior intensidade no 065.
5. Adaptación/mellora da accesibilidade nas instalacións.
6. Concienciación, prevención.
7. Continuar coa execución do plan de modernización dos servizos públicos de transporte.
8. A medio prazo, a integración do conxunto de servizos de transporte público.
9. Fixar como criterio de valoración nas ordes de convocatoria de subvencións a inclusión de medidas
para a supresión de barreiras arquitectónicas e de accesibilidade.
10. Formación en materia de accesibilidade, para o persoal ao servizo das administracións públicas.
11. Impulsar que o alumnado con discapacidade participe nos programas de mobilidade.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
117
12. Promoción dos servizos de transporte para persoas con mobilidade reducida que facilite a súa
participación plena na sociedade e garanta a igualdade de oportunidades.
13. Tecnoloxía social adaptada.
14. Visibilizar os problemas de accesibilidade, e as barreiras cognitivas.
ATENCIÓN SANITARIA E SOCIOSANITARIA
1. A coordinación entre ambas as áreas resulta imprescindible para unha mellora dos servizos e a
optimización dos recursos existentes.
2. Abordaxe de trastornos condutuais en persoas con discapacidade intelectual.
3. Coordinación efectiva servizos.
4. Financiamento compartido dos servizos.
5. Colaboración co terceiro sector.
6. Creación de protocolos de actuación que permitan un acceso a este tipo de recursos urxente e
adaptado tanto ao perfil dos/as usuarios/as da Funga como ás características da propia fundación.
7. Fomento dos servizos para os e as menores de protección con discapacidade.
8. Integración do sistema sanitario con servizos sociais.
9. Loitar contra a diminución de recursos, e entre estes, os orzamentos ás familias e eliminación de
centros asistenciais para as persoas con discapacidade.
10. Loitar por implantación da tarxeta AA en colectivos que a precisen.
11. Solicitar que se recollan novamente no catálogo certos medicamentos necesarios para persoas con
discapacidade con problemas de saúde crónicos.
12. Mellorar a coordinación con sanidade.
13. Mellorar a coordinación na atención sanitaria de pacientes institucionalizados.
14. Promover a transferencia de coñecemento sobre a discapacidade e as características fenotípicas de
cada tipoloxía, no sector sanitario e sociosanitario, contando co apoio das entidades do sector
específico que garanta servizos de calidade e atención efectivamente especializada.
ATENCIÓN TEMPERÁ
1. Ademais do incluído punto de protección xurídico-legal, cumprimento do prazo máximo de 20 días para
resolución do PIA correlativo ao perfecto cumprimento do prazo máximo de 20 días para resolución do
grao ou nivel de dependencia (Orden do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do decreto
15/2010).
2. Considerar a prevención, detección e atención temperá a todo o alumnado; dando preferencia na
atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas á discapacidade.
3. Consolidación de rede galega de atención temperá.
4. Fomento dos servizos para os e as menores de protección con discapacidade.
5. Formación, ofertada pola EGAP, para o coidado do alumnado con necesidades derivadas de diversos
tipos de discapacidade.
6. Incorporar o perfil do especialista de LSE nos equipos de atención temperá (dotación de máis recursos
e especialmente dun maior número de profesionais especializados/as nas diferentes discapacidades.
7. No caso de rapaces/zas xordos/as, abordaxe desde unha perspectiva que incida máis na comunicación
e na educación e non exclusivamente rehabilitadora.
8. Programas de logopedia especializados en rapaces/zas xordos/as.
9. Mellorar a coordinación con sanidade e educación.
10. Mellorar a coordinación cos servizos sociais e educativos.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
118
11. Participar naquelas accións que permitan mellorar a calidade da atención ao colectivo de persoas con
discapacidade, sobre todo en casos de emerxencia.
12. Promover programas de apoio a familias tipo "pai a pai".
13. Rede de centros de referencia en atención temperá.
EDUCACIÓN NON UNIVERSITARIA
1. Aumento dos apoios, adaptacións curriculares etc.
2. Concerto educativo con centros específicos de educación especial.
3. Dentro dos principios de inclusión educativa establecidos pola LOE-LOMCE, desenvolver o Decreto
229/2011, especialmente no que se refire ao alumnado con necesidades educativas especiais.
4. Mellorar a coordinación dos servizos de apoio ao alumnado de ensinanzas non universitarias cos
demais servizos das administracións, especialmente os sociais e sanitarios.
5. Mellorar o axuste das medidas extraordinarias de atención específica ao alumnado con necesidades
derivadas de discapacidade, que cursa os niveis de ensinanza postobrigatoria.
6. Facilitar o acceso e atención ao alumnado con n.e.e. derivadas de discapacidade, escolarizado en
centros de ensinanza ordinarios, para cursar estudos postobrigatorios, en todos os niveis non
universitarios, de bacharelato, formación profesional, formación continua, educación de persoas
adultas.
7. Mellorar o axuste dos recursos materiais e humanos na atención do alumnado con necesidades
educativas especiais
8. Continuar coa promoción de accións de información e sensibilización para o profesorado, comunidade
educativa e sociedade en xeral sobre a inclusión educativa, detección de necesidades e diversidade de
necesidades derivadas de capacidades e intereses.
9. Desenvolvemento de programas específicos.
10. Fomentar metodoloxías de traballo bilingües nas que a lingua de signos estea presente nas escolas;
dotación dun maior número de recursos, tanto materiais como humanos, tendentes a cumprir a Lei
27/2007 e, en concreto, o articulado da dita lei referido ao ámbito da educación.
11. Fomento dos servizos para os e as menores de protección con discapacidade.
12. Formación continua en alfabetización dixital CeMIT.
13. Posta a dispor do plan dunha plataforma de Tele-ensino (e-Learning), para aloxamento de cursos ou
contidos dirixidos a este colectivo de cidadáns e cidadás.
14. Promover este tipo de educación entre as persoas tuteladas.
15. Recoñecemento das competencias que as persoas con discapacidade intelectual teñan adquiridas, con
título correspondente.
EDUCACIÓN UNIVERSITARIA
1. Facilitar o acceso e atención ao alumnado con necesidades derivadas de discapacidade para cursar
estudos universitarios.
2. Incluír en todos os graos ─ciclos formativos─ etc. materias especificas sobre discapacidade.
3. Mellorar a accesibilidade aos contidos de formación nas titulacións universitarias.
4. Mellorar na coordinación de apoios coas tres universidades.
5. Promover este tipo de educación entre as persoas tuteladas.
FORMACIÓN PARA O EMPREGO
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
119
1. Adaptación específica para os distintos colectivos que o precisen da formación para o emprego e
discriminación positiva cara á igualdade no acceso ao emprego e formación.
2. Cursos específicos para persoas con discapacidade.
3. Favorecer unha formación de calidade adaptada ás necesidades reais de formación das persoas con
discapacidade e ao mercado laboral.
4. Favorecer unha formación na busca activa de emprego dende a identificación dos seus propios
intereses e capacidades e os procesos necesarios para conseguilo.
5. Prácticas de carácter non laboral na empresa ordinaria: cursos AFD.
6. Actividades formativas a través de convenios coas entidades do movemento asociativo de
discapacidade.
7. Programas mixtos de formación e emprego.
8. Formación desde CeMIT adaptada ao tipo de discapacidade.
9. Incrementar o número de programas específicos destinados ao colectivo.
10. Potenciar e diversificar programas.
11. Preferencia no acceso a accións formativas promovidas pola Administración pública.
12. Promover este tipo de formación entre as persoas tuteladas.
13. Sensibilización e formación en materia de formación para o emprego.
14. A igualdade de oportunidades está presente en toda a formación impartida pola UXT.
INSERCIÓN LABORAL, CREACIÓN DE EMPREGO: SECTOR PÚBLICO
1. Promover o acceso e mellorar a empregabilidade
2. Adaptación do posto de traballo das persoas con discapacidade no sector público.
3. Apoio ao emprego protexido, centros especiais de emprego.
4. Establecer vías de comunicación entre persoal técnico de servizos sociais e de formación e colocación,
cara á optimización de recursos no ámbito da inserción.
5. Cumprir as cotas de reserva.
6. Aplicar a normativa existente.
7. Adaptación das probas de acceso para a discapacidade intelectual e aplicar a cota de reserva dun 2 %
para persoas con discapacidade intelectual.
8. Campañas de publicidade para fomentar a participación en procesos selectivos.
9. Incorporación das discapacidades emerxentes.
10. A través da súa valoración nos procedementos administrativos de contratación.
11. O compromiso do sector público é fundamental na creación de emprego para as persoas con
discapacidade, UXT reivindica no sector público o fomento de emprego das persoas con discapacidade.
12. Impulsar accións positivas nos plans de igualdade.
13. Tecnoloxía social adaptada.
14. Acceso ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual: elaboración do decreto
regulador e catálogo de postos no que se estableza o perfil de esixencias e condicións mínimas.
INSERCIÓN LABORAL, CREACIÓN DE EMPREGO: SECTOR PRIVADO
1. Fomentar a inclusión laboral e o emprego das persoas con discapacidade.
2. Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade.
3. Programa de emprego con apoio.
4. Potenciar os contratos para a formación como vía de incorporación ao mercado de traballo.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
120
5. Visibilizar a través de accións de fomento da responsabilidade social empresarial a capacidade das
persoas con discapacidade, concienciando sobre a súa contratación, información sobre axudas técnicas
e persoais.
6. Vixilancia da aplicación cota 2 %.
7. Cláusulas sociais.
8. Reserva de contratos públicos a centros especiais de emprego de iniciativa social.
9. Mantemento de incentivos para a contratación.
10. Potenciar axencias de colocación especializadas.
11. Melloras significativas en todo o referente ao emprego con apoio.
12. Formulación de novos modelos de emprego.
13. Apostar e mellorar o servizo de información, orientación e prospección de emprego específico para
persoas con discapacidade intelectual.
14. Incluír a figura profesional do intérprete de lingua de signos nos programas de emprego con apoio.
15. Incorporación das discapacidades emerxentes.
16. Contratación CEE ou EIL.
17. A través da súa valoración nos procedementos administrativos de contratación.
18. Fixar como un dos colectivos prioritarios en todas as ordes de subvencións as persoas con
discapacidade.
19. Promover a incorporación das persoas con discapacidade ao emprego por conta propia a través do
Programa de promoción do emprego autónomo.
20. Darlle continuidade ao Programa de fomento da contratación de persoas con discapacidade na
empresa ordinaria mediante o que se incentiva ás empresas pola contratación de traballadores e
traballadoras con discapacidade coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración no sistema
ordinario de traballo.
21. Darlle continuidade ao Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de
persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, a través do que se subvenciona ás
entidades promotoras de proxectos con apoio para financiar os custos laborais e de Seguridade Social
dos/as preparadores/as laborais que se contraten para levar a cabo accións de apoio ás persoas con
discapacidade severa con maiores dificultades de inserción laboral en empresas do mercado ordinario
de traballo.
22. Darlle continuidade ao programa de apoio á creación, ampliación e mantemento de centros especiais
de emprego.
23. Darlle continuidade ao programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional dos
centros especiais de emprego.
24. Reservar entre o 3 % e o 5 % dos contratos da Administración da Xunta de Galicia aos centros
especiais de emprego.
25. A través da negociación colectiva UXT promove a integración das persoas con discapacidade.
26. Impulsar accións positivas nos plans de igualdade.
27. Tecnoloxía social en colaboración con mecenas dixitais.
28. Fixar como criterio de valoración nas ordes de convocatoria de subvencións a inclusión de medidas de
fomento de inserción laboral de persoas con discapacidade.
VIVENDA
1. Accesibilidade universal, todas as vivendas teñen que ser susceptibles de ser utilizadas por persoas
con mobilidade reducida.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
121
2. Dotación de recursos ─vivendas─ para execución de programas específicos.
3. Plan de vivenda para as persoas con discapacidade.
4. A proxección a futuro segue os mesmos indicadores que ata agora.
ACCESO ÁS ACTIVIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS E OUTRAS ACTIVIDADES DE LECER
1. Implementar a participación efectiva en todos os programas.
2. Fomentar e propiciar o acceso de todas as persoas a servizos públicos mediante a aplicación de
medidas reais e efectivas de accesibilidade física, sensorial e cognitiva.
3. En todas as actuacións ten que estar presente o factor discapacidade.
4. Desenvolvemento de programas específicos.
5. Coa preparación de actividades a través de monitores e monitoras
6. Primar a eliminación de barreiras arquitectónicas e comunicativas en todas as actuación do ámbito
cultural.
7. Promoción da inclusión das persoas con discapacidade en todas as actividades deste tipo a través dun
deseño universal que garanta a súa participación.
8. Promover este tipo de actividades entre as persoas tuteladas.
9. Fomento dos servizos para os e as menores de protección con discapacidade.
10. Ampliar a accesibilidade dos contidos.
11. Mellorar a accesibilidade nas actividades culturais e deportivas dos clubs universitarios e da área de
deportes da UDC.
12. Promoción de actividades de participación masiva con carácter inclusivo.
TURISMO
1. Igual anterior.
2. Desenvolvemento de programas específicos.
3. Promover este tipo de actividades entre as persoas tuteladas.
VOLUNTARIADO
1. Axudas para entidades de acción social.
2. Potenciar o voluntariado como complemento das actuacións profesionais.
3. Desenvolvemento programas específicos.
4. Executar programas de voluntariado dos que poidan ser beneficiarios as persoas tuteladas.
5. Promoción do voluntariado, como unha medida de apoio para aquelas entidades con menos recursos
6. Fomentar o voluntariado desde os centros de ensinanza onde se cursan estudos postobrigatorios, co
obxecto de sensibilizar na atención a necesidades persoais e sociais, e, si é o caso, para colaborar no
apoio ao alumnado con n.e.e. derivadas de discapacidade.
7. Implicar ás propias persoas con discapacidade como voluntarias.
8. Apoios dixitais.
9. Desenvolvemento de programas de voluntariado en actividades físicas e deportivas para
persoas/colectivos con discapacidade.
INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN
1. Apoiar o desenvolvemento de accións específicas e especializadas de información e sensibilización
realizadas polos colectivos de persoas afectadas por algunha discapacidade.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
122
2. Colaborar e contribuír cos servizos prestados polas entidades do terceiro sector altamente
especializadas.
3. Manter campañas de socialización da imaxe da discapacidade e as súas entidades.
4. Fomentar as campañas de sensibilización nas administracións públicas.
5. Información e formación a profesionais do ámbito xurídico, sanitario, educativo, de servizos sociais.
6. Desenvolvemento de programas específicos.
7. Campañas de divulgación.
8. Realización de actividades de formación e información sobre a capacidade das persoas e a Funga.
9. Aínda falta moito por facer nesta materia, especialmente nos prexuízos existentes no mercado laboral.
10. Desenvolvemento de accións formativas e divulgativas por parte da EGAP, que contribúan a unha
maior sensibilización dos empregados públicos.
11. Promover ou colaborar máis en materia de sensibilización referida ao ámbito da discapacidade.
12. Continuar sensibilizando desde os medios públicos.
13. A través dos cursos de formación
14. e das circulares remitidas aos concellos.
INNOVACIÓN, INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO
1. Participación en proxectos de I+D+i, mediante a presentación de propostas en convocatorias abertas.
2. Promover por medio de protocolos de actuación, investigación a transferencia de coñecemento sobre
as distintas discapacidades.
3. Desenvolvemento de programas específicos.
4. Potenciación de proxectos de innovación destinados a mellorar as condicións de vida das persoas con
discapacidade.
5. Potenciar que máis persoas con discapacidade cheguen a programas de doutoramento e investigación.
6. Tecnoloxía social coordinando mecenas dixitais e terceiro sector.
7. Fomento de liñas de investigación sobre actividade física e relevancia na saúde das persoas con
discapacidade.
COLABORACIÓN E DIÁLOGO CO TERCEIRO SECTOR
1. Básico. Xa se está traballando nesta liña.
2. Garantir a participación activa do terceiro sector como eixe vertebrador de servizos e coñecemento
especializado e específico e motor económico xerador de emprego.
3. Fundamental establecer protocolos de colaboración para que as entidades se teñan en conta.
4. Potenciar e diversificar programas.
5. O terceiro sector debe ser o eixe do diálogo social e a colaboración entre as entidades deste.
6. Promoción de reunións e realización de convenios de colaboración co terceiro sector.
7. Tecnoloxía social coordinando mecenas dixitais e terceiro sector.
ACCIÓN NO EXTERIOR (GALEGOS E GALEGAS CON DISCAPACIDADE NO EXTERIOR)
1. Desenvolvemento de programas específicos.
2. Incremento da atención sociosanitaria.
3. Realización de actividades de información destinadas aos galegos e galegas no exterior nas que se lles
presenten os recursos existentes, entre eles a existencia e características da Funga.
CORRESPONSABILIDADE SOCIAL E COOPERACIÓN INSTITUCIONAL
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
123
1. A discapacidade non é consecuencia dunha situación individual senón da súa relación co medio. É a
sociedade a que xera a situación, polo tanto limitar as súas consecuencias é responsabilidade de todos.
2. Potenciar e diversificar programas.
3. Promoción do traballo en equipo entre os distintos sectores e institucións e de convenios de
colaboración para tratar os temas transversais.
4. Continuar promovendo a colaboración con entidades, asociacións e outras organizacións relacionadas
coa atención á diversidade.
5. Comunicación directa e permanente para o desenvolvemento de accións comúns co departamento
responsable do plan.
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
124
Anexo 5. Propostas de futuro: resumo estatístico
Os gráficos que se presentan a continuación son o resultado de someter a unha reagrupación de categorías os
21 ámbitos propostos na enquisa de avaliación final para a realización de propostas de futuro (gráficos 16 e 16
BIS do informe, pregunta 3.1 do cuestionario). As 12 categorías de ámbitos están ordenadas por orde
decrecente do seu valor porcentual; este vén dado polo número de propostas de futuro realizadas en cada
ámbito. Ao igual que se procedeu no capítulo IV deste documento, preséntase un gráfico para o conxunto de
respostas, outro coas respostas dos departamentos administrativos e outro coas das organizacións e entidades.
ÁMBITOS SEGUNDO O PESO PORCENTUAL DOS ASPECTOS A ABORDAR DE MANEIRA PRIORITARIA NO CAMPO
COMPETENCIAL DO DEPARTAMENTO/ENTIDADE: AGREGACIÓN E REDISTRIBUCIÓN. ORDE DECRECENTE DO SEU VALOR
PORCENTUAL
RESPOSTAS DO CONXUNTO
RESPOSTAS DEPARTAMENTOS ADMINISTRACIÓN
Avaliación final do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013–Informe de resultados
125
RESPOSTAS ENTIDADES COLABORADORAS/PARTICIPANTES
Ámbitos agregados e equivalencias:
- Emprego e formación: a. Inserción laboral, creación de emprego: sector privado b. Inserción laboral, creación de emprego: sector público c. Formación para o emprego
- Educación: d. Educación non universitaria e. Educación universitaria
- Mobilidade/accesibilidade: f. Mobilidade g. Acceso a actividades deportivas,cultura e outras de lecer h. Vivenda i. Turismo
- Corresponsabilidade social, cooperación institucional e co terceiro sector j. Voluntariado k. Corresponsabilidade social e cooperación institucional l. Colaboración e diálogo co terceiro sector.
As propostas realizadas no apartado de Acción exterior distribuíronse nos diferentes ámbitos en función da súa temática
(información e sensibilización, atención sanitaria e sociosantiaria e corresponsabilidade social e cooperación).