Infantia

13
Infantia Introdución O período comprendido entre o nacemento e os 7 anos de idade recibía en Roma o nome de Infantia. Infans era aquel que non falaba (in-fari) ou que era incapaz de construír un discurso lóxico e ben estruturado. A partir dos 7 anos, entrábase na Pueritia. En Roma, como en practicamente tódalas culturas e civilizacións, existía un coidadoso ritual ao redor do nacemento e os primeiros anos de vida. O recén nado representaba o membro máis débil da unidade familiar e como tal debía ser obxecto de coidados e mimos. É por isto que, como iremos vendo, había todo un séquito de divindades protexendo ao bebé en todas as facetas e aspectos da súa vida. A isto súmase o feito de que as primeiras semanas de vida eran cruciais para a súa supervivencia, dada a elevada taxa de mortalidade durante ese período, aínda que este non era o único obstáculo que un recén nado debía salvar. Ese coidado que rodeaba o mundo da infancia obsérvase xa no mito «construído» ao redor da súa procedencia. Na nosa cultura, os nenos veñen de París ou os trae a cegoña, para os romanos procedían do bosque sacro de Xuno , concretamente de Xuno Lucina , protectora do parto e, xunto a Hércules , da infancia. As copas das árbores sacras estaban repletas de niños con nenos para que as mulleres que alí acudisen puidesen elixir o seu. Neste bosque erixiríase, no ano 375 a.C., un templo en honra de Xuno Lucina . O natalis da súa construción celebrábase o día 1 de marzo coa festividade das Matronalia . Por disposición de Servio Tulio , neste templo depositábase unha moeda por cada recén nado. Cóntanolo Ovidio , Fasti II, 428 e ss: Houbo unha época en que, por un aciago destino, as esposas non daban aos seus maridos máis que estraños testemuños da súa fecundidade. «De que me serve raptar ás sabinas -exclama Rómulo (pois isto sucedía durante o seu reinado)- se a ultraxe que cometín non nos proporcionou novos homes, senón que trouxo a guerra? Houbese sido máis proveitoso non traer mulleres» Ao pé do Esquilino, e desde tempos remotos respectado pola machada, había un bosque sacro baixo a advocación da gran Xuno. Nada máis chegar a este lugar, esposas e maridos a un tempo axeonlláronse en actitude de súplica. Cando, de súpeto, as copas das árbores, axitadas, comezaron a estremecerse, e a deusa, a través do seu bosque sacro, deixou oír estas estrañas palabras: «Que o sagrado macho cabrío -dixo- penetre ás matronas itálicas» A multitude, aterrorizada, quedou atónita polo dubidoso significado daquelas palabras. Estaba presente un augur (o seu nome, logo de tanto tempo caeu no esquecemento) que había pouco que chegara exiliado de terra etrusca. Este sacrificou un macho cabrío. Por orde súa, as mozas ofreceron as súas costas para ser golpeadas coas correas cortadas da pel da vítima sacrificada. Na súa décima revolución, a lúa renovaba os cornos do seu crecente cando, de súpeto, o marido vese convertido en pai e a esposa, en nai. ¡Grazas a Lucina! Tal nome conferiuche o bosque sacro; ou quizá recibas tal cualificativo, porque ti, deusa, es a orixe da luz. Ampara, benévola Lucina, rógocho, ás mulleres encintas, e extrae suavemente do seu seo o froito xa maduro. 1

description

Documento sobre a infancia na sociedade romana. Este traballo está basado integramente nas entradas publicadas no blog Hortus Hesperidum por Salut Ferrís, Lluïsa Merino e Amparo Moreno. Adaptado e traducido ao galego por Álvaro P. Vilariño. As imaxes proceden na súa meirande parte da Galería de Chiron en Flickr

Transcript of Infantia

Page 1: Infantia

InfantiaIntroduciónO período comprendido entre o nacemento e os 7 anos de idade recibía en Roma o nome de Infantia. Infans era aquel que non falaba (in-fari) ou que era incapaz de construír un discurso lóxico e ben estruturado. A partir dos 7 anos, entrábase na Pueritia.En Roma, como en practicamente tódalas culturas e civilizacións, existía un coidadoso ritual ao redor do nacemento e os primeiros anos de vida. O recén nado representaba o membro máis débil da unidade familiar e como tal debía ser obxecto de coidados e mimos. É por isto que, como iremos vendo, había todo un séquito de divindades protexendo ao bebé en todas as facetas e aspectos da súa vida. A isto súmase o feito de que as primeiras semanas de vida eran cruciais para a súa supervivencia, dada a elevada taxa de mortalidade durante ese período, aínda que este non era o único obstáculo que un recén nado debía salvar.Ese coidado que rodeaba o mundo da infancia obsérvase xa no mito «construído» ao redor da súa procedencia. Na nosa cultura, os nenos veñen de París ou os trae a cegoña, para os romanos procedían do bosque sacro de Xuno, concretamente de Xuno Lucina, protectora do parto e, xunto a Hércules, da infancia. As copas das árbores sacras estaban repletas de niños con nenos para que as mulleres que alí acudisen puidesen elixir o seu. Neste bosque erixiríase, no ano 375 a.C., un templo en honra de Xuno Lucina. O natalis da súa construción celebrábase o día 1 de marzo coa festividade das Matronalia. Por disposición de Servio Tulio, neste templo depositábase unha moeda por cada recén nado.Cóntanolo Ovidio, Fasti II, 428 e ss:

Houbo unha época en que, por un aciago destino, as esposas non daban aos seus maridos máis que estraños testemuños da súa fecundidade. «De que me serve raptar ás sabinas -exclama Rómulo (pois isto sucedía durante o seu reinado)- se a ultraxe que cometín non nos proporcionou novos homes, senón que trouxo a guerra? Houbese sido máis proveitoso non traer mulleres»Ao pé do Esquilino, e desde tempos remotos respectado pola machada, había un bosque sacro baixo a advocación da gran Xuno. Nada máis chegar a este lugar, esposas e maridos a un tempo axeonlláronse en actitude de súplica. Cando, de súpeto, as copas das árbores, axitadas, comezaron a estremecerse, e a deusa, a través do seu bosque sacro, deixou oír estas estrañas palabras: «Que o sagrado macho cabrío -dixo- penetre ás matronas itálicas»A multitude, aterrorizada, quedou atónita polo dubidoso significado daquelas palabras. Estaba presente un augur (o seu nome, logo de tanto tempo caeu no esquecemento) que había pouco que chegara exiliado de terra etrusca. Este sacrificou un macho cabrío. Por orde súa, as mozas ofreceron as súas costas para ser golpeadas coas correas cortadas da pel da vítima sacrificada. Na súa décima revolución, a lúa renovaba os cornos do seu crecente cando, de súpeto, o marido vese convertido en pai e a esposa, en nai. ¡Grazas a Lucina! Tal nome conferiuche o bosque sacro; ou quizá recibas tal cualificativo, porque ti, deusa, es a orixe da luz. Ampara, benévola Lucina, rógocho, ás mulleres encintas, e extrae suavemente do seu seo o froito xa maduro.

1

Page 2: Infantia

Comentabamos máis arriba que o bebé debía superar varios obstáculos antes de ser un membro máis da comunidade. De feito, poderían diferenciarse tres fases:

Nacemento: con gran risco da súa vida e da da súa nai, o neno deixa o mundo invisible que supón o ventre materno e entra no mundo dos vivos.Aceptación: trátase da aceptación, ou non, por parte do paterfamilias, logo do cal recibirá, por fin, as primeiras curas e coidados.Entrada na comunidade: coa celebración do Dies Lustricus, o recén nado entrará a formar parte da comunidade como membro de pleno dereito.

NacementoOs nenos nacían na casa. A nai era asistida polo resto das mulleres da casa, polas veciñas ou por unha comadroa, ao mesmo tempo que se invocaba á deusa Xuno Lucina para que facilitase o alumeamento. Sabemos que se utilizaba unha cadeira obstétrica, propiedade da comadroa, na que a futura nai sentaba completamente espida e cos cabelos soltos, evitando así que calquera nó imposibilitase un bo nacemento.

Sobre isto Ovidio, Fasti III, 258, di:Se algunha se atopa encinta, que levante as súas pregarias logo de soltarse o cabelo, para que Xuno Lucina lle solte tamén docemente o froito das súas entranas.

Segundo M.A. Marcos Casquero, trátase dun principio de maxia simpática. Sendo Xuno Lucina a protectora dos partos, o seu ritual esixe que as mulleres, especialmente as embarazadas, non leven nada que estea atado. Iso redundará nun parto fácil, no que o recén nado se desatará sen dificultade da súa nai, á que está atado polo cordón umbilical.

Detalle dun sarcófago de militar romano. s. II d.C. Roma. Museo nacional das Termas de Diocleciano. Imaxe DivesGallaecia.

2

Page 3: Infantia

O bebé recibía o nome de PUPUS ata que, no Dies Lustricus, se lle impuña o nome oficial. O recén nado era entón examinado pola comadroa:

Observaba o sexo, que era anunciado aos presentes por medio de signos.Cortaba o cordón umbilical. Os médicos antigos recomendaban un coitelo ben afiado, pero as comadroas preferían non utilizar ningún instrumento metálico por considerar que podía provocarse a morte involuntaria e violenta do neno. Así, utilizaban outros medios: un anaco de vidro ou de cerámica, unha cana ou unha cortiza de pan duro. Finalmente, o cordón umbilical atábase cun anaco de fío de lá.Colocaba ao neno no chan para observar se era un bebé san: con que forza choraba ao entrar en contacto co chan frío, se presentaba anomalías físicas, se flexionaba ben as extremidades, se tiña todos os dedos...Se o recén nado tiña vigor e forza física, era preparado para ser presentado ao paterfamilias.

Dies togae virilisO símbolo do abandono da nenez constituíao a adquisición da toga virilis por parte dos mozos. Aínda que a toma da toga viril podía darse noutras datas, o día establecido no calendario para esta cerimonia era o 17 de marzo, nas Liberalia, festas en honra do deus Liber identificado con Dioniso. Ovidio cóntanolo en Fasti III:

Réstame descubrir o motivo polo que o día da túa festa, resplandecente Baco, entrégaselles aos nenos a toga viril. Débese seica a que ti te mostras sempre como neno e mozo á vez, estando a túa idade a medio camiño entre ambas? Ou porque, ao ser ti mesmo pai, os pais confían as súas prendas máis queridas, os seus propios fillos, ao teu coidado e divino desvelo? Ou quizais por chamarte Líber tómase ese día a toga cualificada de «libre» na túa honra e empréndese o camiño dunha vida máis «libre»? Ou tal vez porque nos tempos nos que os nosos antepasados cultivaban os campos cun afán maior que o actual, en que o senador labraba a herdade paterna, en que o cónsul abandonaba o curvo arado para tomar as fasces, e non era unha deshonra ter calos nas mans, a xente aldeá soía acudir a Roma aos xogos (honra esta que entón se rendía aos deuses, non a gustos particulares: o deus descubridor da viña vía celebrarse no día da súa festa uns xogos que hoxe día comparte coa deusa portadora do facho), e en consecuencia parece oportuno que fose este día e non outro o que se impuxese a toga para que o recentemente investido se vise acompañado por esta numerosa concorrencia de persoas?

Idade adecuadaNon había unha idade fixa para tomar a toga viril, dependía en primeiro lugar da vontade do pater. Así vemos en Cicerón Att, 9, 17,1

Ciceroni meo togam puram cum dare Arpini vellemNo mesmo sentido, en Suetonio, Vida de Claudio, 43, lemos que o emperador Claudio quería adiantar a toma da toga viril de Británico, aínda que este era moi novo aínda, xa que a súa estatura o permitía, e facerlle vestir antes de tempo a toga viril, exclamando que o pobo romano tería por fin un verdadeiro César.Normalmente oscilaba entre os 14 e os 16 anos dado que estaba vencellado á puberdade e á capacidade de ter fillos, vémolo en Festo:

3

Neno con toga. Imaxe Sebastià Giralt.

Page 4: Infantia

Pubes puer, qui iam generare potest. Is incipit esse annis quatuordecim; femina viripotens duodecim. (Púber é o neno que xa pode ter fillos. Comeza aos 14 anos, as mozas aos doce.)

Era necesario en primeiro lugar demostrar a puberdade do raparigo a través da inspectio corporis, é dicir o exame físico para constatar a existencia dos signos externos propios da madurez, habitus corporis. Normalmente a inspectio corporis realizábase na intimidade do fogar e moitas veces por casualidade, por exemplo San Agostiño en Confesións 2,3:

Logo, pois, que no devandito ano décimo sexto da miña idade comecei a estar en casa cos meus pais, (...) unha vez que, estando eu no baño, me viu o meu pai cos sinais da puberdade, como alegrándose xa coa esperanza de ter netos, foillo contar á miña nai moi alegre e gozoso.

Sabemos que a solemnitas togae purae constaba de cerimonias privadas e públicas (Tertuliano en De Idololatria,16,1)

Circa officia uero priuatarum et communium sollemnitatum, ut togae purae, ut sponsalium. (Pero en canto ás cerimonias das solemnidades privadas e sociais, como as da toga branca, de esponsales, de voda ...)

Cerimonia privadaA primeira parte celebrábase no interior da casa do mozo e consistía no abandono dos insignia pueritiae, é dicir a toga praetexta e a bulla, que evidenciaban a infancia do neno.O costume de que os nenos levasen a toga praetexta propia dos maxistrados e a bulla dos triunfadores explícanola Macrobio, Saturnalia, 1, 7-11:

Tulo Hostilio, o terceiro rei dos romanos, tras vencer aos etruscos, introduciu en Roma a cadeira curul, os lictores e a toga bordada, que eran símbolos dos max is t rados e t ruscos . Pero naquela época os nenos non utilizaban a toga praetexta, posto que esta era, como os outros elementos que acabo de citar, un atributo honorífico. Pero máis tarde Tarquinio Prisco, fillo do exiliado corintio Demarato, que algúns c o n t a n q u e e r a c h a m a d o Lucumón, terceiro rei logo de Tulo Hostilio e quinto logo de Rómulo, celebrou un triunfo entre os sabinos. Nesa guerra, o seu fillo, que tiña por entón catorce anos, matou coas súas propias mans a un inimigo e por iso o seu pai loubouno publicamente ante unha asemblea e outorgoulle unha bulla de ouro e unha toga praetexta, honrando coas recompensas propias da idade adulta e do exercicio dos cargos públicos a un neno que dera probas de valor superiores ás propias da súa idade. Pois, en realidade, a praetexta era o signo dos maxistrados, do mesmo xeito que a bulla era dos vencedores, que a levaban ante si durante o triunfo encerrando dentro dela os remedios que estimaban máis eficaces contra o mal de ollo. De aquí tomouse o costume de que os nenos nobres usasen a toga praetexta e a bulla como presaxio e desexo de que conseguisen un valor semellante ao daquel que obtivo tales recompensas a tan tenra idade.

4

Bulla e toga fronte ao Lararium. Imaxe Hortus Hesperidum

Page 5: Infantia

Neste primeiro momento o mozo entregaba a toga praetexta e a bulla aos Lares. Persio 5, 30: Tan pronto como a púrpura que me custodiaba se apartou da miña timidez, e entregada aos cinguidos Lares colgou a miña bulla...

Despois vestíase coa túnica recta de cor branca coa que se deitaba esa noite. Isto mesmo ocorría no caso das mozas, que a noite previa ao matrimonio, durmían coa túnica recta. Festo dinos:

364 L: Regillis tunicis, albis, et reticulis luteis, utrisque rectis textis susum versum a stantibus. Pridie nuptiarum diem virgines indutae cubitum ibant ominis causa, ut etiam in togis dandis observari solet. (A véspera das vodas, as virxes deitábanse vestidas con túnicas brancas rectas e unha redeciña de cor azafrán, tecidos de arriba cara abaixo polos artesáns de pé, para evitar a mala sorte, como se tiña o costume de facer cando se daba a toga viril).

A túnica recta segundo lemos en Plinio Nat. Historia, 8, tivo a súa orixe na época da monarquía xa que foi Tanaquil, a esposa de Tarquinio o Vello, a primeira que a teceu.

Ea prima texuit rectam tunicam, quales cum toga pura tironi induuntur novaeque nuptae. (Tanaquil foi a primeira que teceu unha túnica recta coa que se vestían as noivas e os mozos con toga pura).

O mesmo que a toga pura, a túnica recta da noiva estaba tecida pola vella usanza, en sentido vertical e era de cor branca o que se debe ao valor simbólico desta cor, a pureza ritual.Cerimonia públicaÁ mañá seguinte, ben cedo no caso dos máis humildes, comezaba a deductio in forum. A hora na que se iniciaba esta deductio variaba segundo a condición social, así nos di Cicerón Pro Murena, 69:

qua in civitate rogati infimorum hominum filios prope de nocte ex ultima saepe urbe deductum venire soleamus... (na cidade onde ás veces acompañamos case de noite a homes de ínfima posición...)

5

Foro romano visto dende o Tabularium. Imaxe DivesGallaecia.

Page 6: Infantia

Ata podía suceder a media noite como no caso de Claudio, que ademais foi levado en lectica.Suetonio Claudio 2,2,: et togae virilis die circa mediam noctem sine sollemni officio lectica in Capitolium latus est.

O mozo, que levaba a toga viril ía acompañado de familia e amigos ata o Capitolio, atravesando o foro. Alí era inscrito na lista dos cidadáns e recibía oficialmente os tria nomina, pasando a formar parte da comunidade de cidadáns. Segundo o Epitome de praenominibus de Auctor incertus:

Pueris non prius quam togam virilem sumerent, puellis non ante quam nuberent praenomina imponi moris fuisse Q. Scaevola auctor est. (Quinto Scévola afirma que o costume era impor o praenomen aos mozos cando tomaban a toga viril, e ás mozas cando casaban).

En canto ao feito de ser inscrito no tabularium como cidadán chegounos un documento sorprendente procedente de Exipto, pois foi interpretado como un certificado de ter tomado a toga pura datado no 110, copia do orixinal que estaría no foro de Augusto en Roma.

Extracto do álbum da (adquisiciones de) pura toga; Resultado: [No consulado de Servio Escipión] Salvidieno Orfito e Lucio Peduceo [Pristinus, - - -] no ano [13?] do emperador César [Nerva Traxano Augusto] Xermánico Dacico [- - -] en Alexandría en Exipto, unha copia foi feita e verificada dun rexistro (novo) no Foro de Augusto, [no que estaba escrito que o que está escrito debaixo (?)];[- - -] Iulianus, fillo de Marco, da tribo Pollia [certifica do seu fillo - - -] que asumiu a [toga] Pura [- - -]

Posteriormente o mozo depositaba unha moeda no templo da deusa Iuventas, chamada dea novorum togatorum (Tertuliano, Ad nat, 2.11) e facía un sacrificio ante o altar da deusa, ou ante a imaxe do deus Liber, que se atopaba no Capitolio. A razón da entrega da moeda dánola Dionisio de Halicarnaso 4, 15, 5

Como Lucio Pisón escribe no libro primeiro dos seus Annales, querendo saber o número dos habitantes da cidade, e de todos os que nacían e morrían, e chegaban á idade de madurez, (Servio Tulio) estableceu as moedas que debían pagar os pais por cada un - no tesouro de Ilithia (chamada polos romanos Xuno Lucina) polos que nacían, no da Venus da Arboreda (chamado por eles Libitina) por aqueles que morrían, e no tesouro de Iuventas polos que chegaban á idade adulta. Por medio destas moedas sábese cada ano, o número de todos os habitantes e cantos deles estaban en idade militar.

Era una día de gran ledicia para todos, así nolo recorda Séneca nas súas Epístolas a Lucilio. 4, 2:Recordas, sen dúbida, que gozo tan grande experimentaches cando, deixada a praetexta, recibiches a toga viril e fuches conducido ao foro; espera alcanzar un maior cando renuncies ao espírito infantil e a filosofía te conte no número dos adultos.

Para terminar a cerimonia celebrábase un banquete para os amigos e familiares e, se pertencía a unha familia acomodada, podía darse ata un congiarium á plebe. Isto adoitaba ocorrer cando se trataba da familia imperial, aínda que hai máis exemplos. Así Apuleio dinos que a súa muller Pudentilla pagara 50.000 sestercios ao pobo con motivo da toma viril do seu fillo Pudente (Apologia 87)Tamén Plinio o Novo (Ep. 10. 116) coméntanos a preocupación de Traxano respecto deste xeneralizado costume social de realizar custosas festas para celebrar a toma da toga, a voda, etc.

Qui virilem togam sumunt vel nuptias faciunt vel ineunt magistratum vel opus publicum dedicant, solent totam bulen atque etiam e plebe non exiguum numerum vocare binosque denarios vel singulos dare. (Calquera que asume a toga virilis ou celebra unha voda ou toma posesión dunha maxistratura ou dedica unha obra pública, adoita invitar a toda a bulé e ademais a un número non pequeno da poboación e dar a cada persoa un ou dous denarios).

6

Page 7: Infantia

O mozo portador da toga viril era chamado agora vesticeps, adquire a capacidade xurídica de contraer matrimonio, se era suis iuris saía da tutela impuberum e era capaz de administrar o seu patrimonio, pero se era filius familias, seguía estando baixo a autoridade do pai cos dereitos e deberes de cidadán: dereito de voto, de exercer magistraturas, de emprender accións xudiciais, de acceder ao senado e formar parte do exército.Desde este momento dedicaba un ano á aprendizaxe dos asuntos públicos (tirocinium fori) baixo a tutela do propio pai ou dalgún familiar ou amigo da familia entendido en cuestións políticas e xudiciais. Cicerón conta que o seu pai confiouno a Q. Mucio Escévola Augur, xenro de Lelio, un dos sobrevivientes da gran xeración dos Gracos. Laelius de Amicitia, I

Eu pola miña banda, fora levado polo meu pai xunto a Scévola, tomada a toga viril, de tal xeito que, ata onde onde puidese e se me permitise, non me separase daquel ancián.

Cicerón tratou de aproveitar todas as oportunidades para instruírse seguindo a súa escola:fierique studebam eius prudentia doctior (afanábame en chegar a ser máis docto coa súa prudencia)

Iniciouse no dereito baixo a súa dirección, asistindo ás consultas daquel xurisconsulto. Tamén o propio Cicerón fixo o mesmo cos seus amigos como: Celio, Pansa, Hircio, Dolabela...Ao ano, aínda que a súa formación política non terminara (polo que o mozo nobre continuaba seguindo os pasos a un home político de éxito, ao seu propio pai ou, con máis frecuencia, a un gran protector), comezaba a súa formación militar (tirocinium militiae) como paso previo á súa incorporación á carreira política, o cursus honorum.

7

Busto de Cicerón. Roma, Museos Capitolinos. Imaxe DivesGallaecia.

Page 8: Infantia

Depositio barbaeA depositio barbae e a toma da toga virilis simbolizaban o paso da puberdade á mocidade. Nalgunha ocasión sucedían o mesmo día, por exemplo no caso de Calígula (Suetonio, Calígula X)

Aos vinte e un anos chamouno Tiberio a Capri e nun só día fíxolle vestir a toga e cortar a barba, sen outorgarlle, con todo, ningunha das distincións con que sinalou a entrada dos seus irmáns na vida pública.

Pero non era sempre así. Neste epigrama de Marcial, III, VIN, menciónase unicamente a depositio barbae

Xa che amence o día terceiro logo dos idus de maio, Marcelino, en que debes celebrar unha dobre festa familiar: o aniversario do nacemento do teu pai, e o día en que te afeitaches por primeira vez. Aínda que lle deu o gran don dunha vida feliz, nunca este día estivo máis xeneroso co teu pai.

O costume grego de consagrar as primicias da barba (lanugo) ou o cabelo a unha deidade chegou a Roma no século I, e é Xuvenal en Sátiras III, 186 quen nolo documenta

ille metit barbam, crinem hic deponit amati (un córtase a barba, o outro fai cortar a cabeleira a un favorito)

Tamén Censorino en De Die natali I, 10 dinos que algúns para agradecer a súa boa saúde consagraban os seus cabelos a algún deus.

quidam etiam prol cetera corporis bona valetudine crinem deo sacrum pascebantAtopamos en Marcial, epigramas (Epigramas liber IX, XVI e XVII) que narran a ofrenda dos cabelos cortados a algunha divindade.

XVI. Este espello, conselleiro do seu hermosura, e estes suaves cabelos depositounos como sacros presentes para o deus de Pérgamo1 aquel neno máis grato ao seu dono en todo o palacio, o que co seu nome sinala a época da primavera2. Ditosa a terra que conta con tal presente! Non preferiría ter nin a cabeleira de Ganímedes.XVII. Venerable neto de Latona3, que con herbas medicinais desarmas aos nobelos e aos rápidos fusos das Parcas, esta cabeleira eloxiada polo seu señor, en cumprimento da súa promesa, envíacha desde a cidade do Lacio aquel neno compatriota teu4 e á cabeleira que che consagra engadiu o disco resplandecente5 a cuxo arbitrio estivo a bo resgardo o seu rostro afortunado. Ti consérvalle o seu encanto xuvenil, non sexa que estea máis fermoso coa melena longa que recortada.

En época do Imperio é moi notable a importancia da depositio barbae. O acto de afeitarse a barba por primeira vez tiña carácter de cerimonia relixiosa, na que o barbeiro, tonsor, cortaba cunhas tesoiras, forfex, a primeira barba que posteriormente se ofrecía aos deuses gardada nun cofreciño.Frecuentemente a consagración aos deuses facíase aos deuses Lares, como nos documenta o liberto Trimalción, que ten gardado o seu peluxe nun píxide de ouro exposto entre as estatuas de prata dos seus Lares e unha figura de Venus en mármore no larario doméstico.

8

1 Ao deus Esculapio os mozos dedicaban o corte dos seus cabelos infantís ao entrar na virilidade.

2 Eárino

3 Refírese ao deus Esculapio, fillo de Apolo, fillo de Latona.

4 Eárino procedía de Pérgamo.

5 O espello.

Page 9: Infantia

Pero tamén podía facerse a outra divindade elixida segundo a predilección do dedicante. Así, Nerón gardou o seu peluxe nun píxide de ouro que confiou a Xúpiter Capitolino (Suetonio, Nerón 12.3)Nos xogos xímnicos que deu no campo de Marte, e no transcurso dos preparativos do sacrificio, fíxose cortar a primeira barba encerrándoa nun cofreciño de ouro adornado con pedrería, e consagrouna ao Capitolio.Para GAGÉ, G., «Classes dʼâge, rites et vètement de passage dans lʼancien Latium», Cahiers Internationaux de Sociologie, XXIV, 1958., en época arcaica as deusas Fortuna Barbata e Fortuna Virilis posiblemente sacralizaron respectivamente o paso dos raparigos pola puberdade e a súa integración no grupo dos adultos. Ambas deusas marcaban os dous pasos decisivos da existencia do mozo romano.

Fortuna Virilis en época arcaica quizais recibiu a consagración da toga praetexta (que o raparigo deixaba ao tomar a toga viril), e ademais vixiaba sobre a puberdade do mozo romano.A Fortuna Barbata se ofrendaría a primeira barba, que se cortaba solemnemente.

Posteriormente, en época clásica estas homenaxes dedicábanas os mozos romanos a Iuventas, divindade feminina protectora dos iuvenes.Son poucas as mencións que podemos atopar da deusa Fortuna Barbata, son Tertuliano e San Agostiño quen a mencionan:

Tertuliano Ad nationes 2, 11 [11]Est et Iuuenta nouorum togatorum, uirorum iam Fortuna barbata. (Iuventas é a deusa dos novos togados e Fortuna barbata dos que xa son homes)San Agostiño Civitate dei, 4, 11Dea Iuuentas, quae post praetextam excipiat iuuenalis aetatis exordia, (...) et Fortuna barbata, quae adultos barba induat. (A deusa Iuventas vixía o principio da mocidade logo da praetexta, (...) e Fortuna Barbata que outorga a barba aos adultos)

A celebración deste evento facíana todos os mozos, non só os cidadáns senón tamén os escravos favoritos do dono da casa.Así en Petronio, Satiricón 73 lemos:

Amigos -dixo entón Trimalción- hoxe celebra a súa primeira barba un dos meus escravos...

Os máis pobres contentábanse con deixalo nalgún cofreciño de vidro ou doutro material menos precioso, pero o gardasen onde o gardasen tanto ricos como pobres festexaban esta data solemne segundo os seus medios cunha gran festa á que se invitaba a todos os amigos.Tras a depositio barbae, seguíase levando unha barbiña, barbula, ata os corenta anos, momento en que xa comezaban a afeitarse por completo, para evitar a presenza das canas o que evidenciaba a súa madurez.Levar barba logo desta idade era sinal dunha gran aflición, ocasionada polo loito, por unha condena, pola necesidade de defenderse dunha acusación pública ou por unha gran desgraza.

9

Page 10: Infantia

Nun principio en Roma os homes levaban barba. É a partir do século III a. C. cando chegan a Roma procedentes de Sicilia os primeiros barbeiros, tonsores. Foi Cornelio Escipión o Africano quen impuxo a moda do afeitado diario, ata o século II, cando o emperador Hadrián, debido aos problemas de pel, deixou a barba, conseguindo volver ao antigo costume.

Finalmente co emperador Constantino regresa o hábito do afeitado diario nos homes.

10

Emperador Hadrián. Imaxe de Ana Ovando.

Emperador Constantino. Museos Capitolinos. Imaxe DivesGallaecia.

Cornelio Escipión o AfricanoImaxe wikipedia

Page 11: Infantia

Tollere infantemComo xa apuntamos na primeira parte, un recén nado en Roma había pasar unha serie de obstáculos antes de ser considerado un membro de pleno dereito na familia e na comunidade. Logo de nacer e de ser examinado coidadosamente pola comadroa, o bebé era presentado ao paterfamilias, porque en último termo era el quen decidía se o recén nado ía, ou non, a quedar no seo da súa familia: o pai debía aceptalo como fillo lexítimo.Para levar a cabo este ritual, o infans era colocado aos pés do pai, quen, se o recoñecía, levantábao do chan (se se trataba dun home) ou mandaba que lle desen de mamar (se se trataba dunha muller). Só logo deste trámite, o neno recibía, por fin, os seus primeiros coidados. É neste momento cando empeza a actuar todo ese séquito de divindades, do que falabamos no artigo anterior, que ten como función protexer ao recén nado en cada unha das súas etapas. No ritual da aceptación é a deusa Levana a que está presente, protexéndoo durante ese momento tan crítico.Hai autores, con todo, que poñen en cuestión a existencia deste ritual, aducindo a falta de probas filológicas ou iconográficas (vid. O neno na Galia Romana, G. Coulon). Tal vez a razón desta falta se deba, precisamente, á mesma concepción de ser pai que tiña un romano, dado que en Roma non había obrigación para cos fillos: o pai non tiña un fillo, acollíao ou non, simplemente.Que ocorría, con todo, se o neno nacera con algunha malformación e, en consecuencia, non era presentado ao pai? Segundo Séneca, en De Ira I, XV, 2, o neno era eliminado mergullándoo en auga:Portentosos fetus extinguimus, liberos quoque, si debiles monstrosique editi sunt, mergimus; nec ira sed ratio est a sanis inutilia secernere. (Destruímos os fetos monstruosos, tamén aos nosos fillos, se nacen enfermos ou malformados, afogámolos; pero non é a ira, senón a razón, a que separa aos inútiles dos elementos sans)Tamén podía ocorrer que o bebé, aínda sendo san, non fose aceptado. Nese caso, era abandonado e exposto na Columna Lactaria, situada diante do templo da Pietas. Este templo, do que Plinio nos conta a orixe, estaba onde despois se erixiu o teatro de Marcelo. Unha zona moi concorrida, de camiño ao foro, que cumpría, así, co seu labor: os nenos expostos na columna eran vistos por moita xente, de maneira que podían ser recollidos por parellas que non puidesen ter descendencia, para crialos como fillos, pero tamén podían ser recollidos para destinalos á escravitude ou á prostitución. No peor dos casos, simplemente podían morrer de frío ou inanición.

Pietatis exempla infinita quidem toto orbe extitere, sed Romae unum, cui comparari cuncta non possint. humilis in plebe et ideo ignobilis puerpera, supplicii causa carcere inclusa matre cum impetrasset aditum, a ianitore semper excussa ante, ne quid inferret cibi, deprehensa est uberibus suis alens eam. quo miraculo matris salus donata pietati est, ambaeque perpetuis alimentis, et locus ille quidem consecratus deae, C. Quinctio M'. Acilio cos. templo Pietatis extructo in illius carceris sede, ubi nunc Marcelli theatrum est. Plinio, Nat. Hist., VII, 121Atopamos por todas partes exemplos infinitos de piedade, pero Roma ofrece un co que ningún outro pode ser comparado: unha muller do pobo, cuxa escura condición roubounos o nome, acababa de dar a luz cando a súa nai foi recluída nunha prisión para sufrir alí o suplicio do fame. Conseguiu ir vela, pero, vixiada sempre polo carcereiro para que non lle levase alimento algún, foi sorprendida aleitando á súa nai. Por este feito admirable outorgaron o perdón á nai pola piedade da filla, outorgáronlles ás dúas alimentos para sempre e o lugar onde ocorreu a escena foi consagrado á deusa Piedade, á que, baixo o consulado de C. Quinto e de Manio Acilio (ano de Roma 604), erixíuselle un templo sobre o emprazamento da prisión. É onde está hoxe o teatro de Marcelo.

11

Page 12: Infantia

En ocasións, xunto aos nenos, depositaban amuletos e insignias que indicaban o seu nacemento libre, coa intención de poder recoñecer ao fillo logo dos anos. Plauto, en Rudens, cóntanos como a moza Phalaestra é recoñecida polo seu pai ao ver que tiña estes amuletos: unha espada de ouro co nome do pai, un machada de ouro co nome da nai, unha fouce de prata, unha porquiña, dúas mans unidas e unha bóla de ouro.

Evidentemente, o feito de ser recoñecido implicaba non só un futuro certo, senón tamén a pertenza a un clan, é dicir, a lexitimidade, e unha educación.

12

Mosaico con máscaras teatrais. Museos Capitolinos. Imaxe mharrsch

Este traballo está basado integramente nas entradas publicadas no blog Hortus Hesperidum por Salut Ferrís, Lluïsa Merino e Amparo Moreno. Adaptado e traducido ao galego por Álvaro P. Vilariño.As imaxes proceden na súa meirande parte da Galería de Chiron en Flickr

Page 13: Infantia

Cuestións sobre o texto:1. Enumera as divindades citadas ao longo de todo o texto, e fálame dos atributos e funcións de

cada unha. Non uses máis dunha liña ou dúas para describilas.Exemplo. Xuno: (grego Hera) Irmá e esposa de Xúpiter. Deusa do matrimonio, protectora dos partos. Diadema e pavón.

2. Agora é o turno dos homes de letras citados e que serven de fontes ao texto. Enuméraos e nunha liña describe a cada un. Sinala o xénero ou xéneros literarios nos que se enmarcan.

Exemplo. Ovidio: Poeta latino (43 a.C.-17 d.C.). Obras: Metamorfoses, Ars Amandi. Xéneros: poesía lírica, didáctica, épica.

3. Por último, citaremos aos romanos e romanas ilustres que aparecen nestas liñas (reis, emperadores, xenerais famosos, etc.)

Exemplo: Rómulo: lendario primer rei de Roma. Século VIII a.C. 4. Lexicon. Explica brevemente os seguintes termos latinos: Augur, paterfamilias, pupus,

fasces, sella curul, lictores, bulla, lectica, tria nomina, cursus honorum, tirocinum fori, tirocinium militiae, ianugo, vesticeps, tonsor, barbula, forfex, dies lustricus, congiarium, columna lactaria,

Exemplo: Infans: o que non fala (in-fari). 5. Que lugares públicos de Roma son citados no texto? Descríbeos brevemente." Exemplo: Forum romanum: O centro neurálxico da cidade. Albergaba edificios como " Basílicas, Templos, a Curia, os Rostra (tribuna de oradores), columnas votivas, etc.

Investiga.6. A que cres que foi debido que o emperador Claudio celebrase a cerimonia pública de noite?7. Que home de ciencia romano aparece citado no texto? O seu nome deu orixe a un fenómeno

natural. Cal é?8. Que diferencia había ente a toga virilis e a toga praetexta? Quen vestían estes dous tipos de

togas?9. Que significado ten o termo grego anagnórise? Como o relacionarías co texto anterior?10. Plantexa as semellanzas e diferencias que observas na infancia dun neno romano e na túa

propia. Que cambiou? Que se mantén?

13