IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO€¦ · TIC 2º BAC 3 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández Rúa...
Transcript of IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO€¦ · TIC 2º BAC 3 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández Rúa...
TIC 2º BAC 1 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
1. ÍNDICE
1. ÍNDICE ................................................................................................................ 1
2. INTRODUCIÓN ................................................................................................... 2
3. CONTEXTUALIZACIÓN DO CENTRO................................................................ 3
4. MARCO NORMATIVO ......................................................................................... 5
5. OBXECTIVOS XERAIS DE BACHARELATO...................................................... 6
6. SECUENCIACIÓN POR TEMAS ......................................................................... 8
7. INCORPORACIÓN DE APRENDIZAXES ANO ANTERIOR POLO COVID-19 ... 9
8. ESCENARIO NON PRESENCIAL ...................................................................... 9
9. CONTIDOS / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE
APRENDIZAXE AVALIABLES ................................................................................. 10
9.1. Programación .......................................................................................... 10 9.2. Publicación e difusión de contidos .......................................................... 12 9.3. Seguridade .............................................................................................. 14
10. GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN DOS ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (INDICADORES DE LOGRO) ........................................................ 16
10.1. Programación .......................................................................................... 16
10.2. Publicación e difusión de contidos .......................................................... 17 10.3. Seguridade .............................................................................................. 18
11. GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA......... 18 12. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ........................................................... 19 13. PLAN LECTOR ............................................................................................ 20
14. ATENCIÓN A DIVERSIDADE ........................ ¡Error! Marcador no definido. 15. RÚBRICAS ALUMNOS ............................................................................... 21
15.1. Rúbrica sobre exercicios ......................................................................... 21
15.2. Rúbrica traballos propostos ..................................................................... 21 15.3. Rúbrica sobre exames ............................................................................ 22
15.4. Rúbrica sobre prácticas ........................................................................... 23
TIC 2º BAC 2 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
2. INTRODUCIÓN
A sociedade e polo tanto a educación está en continuo cambio. Estes cambios téñense
producido de unha forma regular ao longo da historia (da tradición oral a escrita, a
imprenta…). Estes cambios duraban decenios ou séculos.
Non fai máis de trinta anos, antes da aparición de Internet, o acceso a información era moi
limitado e lento. Coa aparición dos ordenadores, de Internet e a mellora nas
telecomunicacións a información e sinxela e rápida de obter, inda que as veces pouco fiable e
difícil de interpretar.
A escola non pode ser allea a esta revolución. A competencia dixital debe ser un imperativo a
tódolos alumnos. O manexo do ordenador, o uso da información, o seu tratamento e a
manipulación e publicación de contidos debe ser elementos básicos na formación de un
alumno.
A materia Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) prepara ao alumnado para
desenvolverse neste contexto. A informática é un elemento vivo (cada día aparecen novas
tecnoloxías que deixan obsoletas as xa existentes), polo que se debe proporcionar ao alumno
a capacidade de avaliar si estas ferramentas son útiles e a capacidade de evolucionar con elas.
Moi importante tamén e que os alumnos adquiran a destreza suficiente para o uso da
administración electrónica, é dicir, a capacidade para relacionarse de forma segura con todo
tipo de administracións (estado, universidades, bancos, …).
Por último, pero non menos importante, a materia debe orientar ao alumno nun plan de auto-
protección que lle permita o uso medianamente seguro de estes tipos de tecnoloxía.
Outro impedimento, é a capacidade das familias para o acceso a elementos hardware e o
acceso a Internet, que fai imposible unha certa coherencia entre o explicado e o seu uso.
TIC 2º BAC 3 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
3. CONTEXTUALIZACIÓN DO CENTRO
O IES Celanova Celso Emilio Ferreiro situado na vila de Celanova, recolle ao alumnado
de toda a comarca(concellos de A Merca, Cartelle, Celanova, A Bola, Ramirás, Gomesende e
Quintela de Leirado).
A comarca ten unha grande taxa de envellecemento e poucas oportunidades para os xoves,
o que se traduce nunha alta emigración. No derradeiro curso houbo un incremento do
alumnado emigrante procedente de Venezuela.
O nivel socioeconómico da comarca podemos consideralo medio-baixo, habendo unha
clara distinción entre os alumnos de Celanova e o resto da comarca.
O instituto está situado nunha parte do Mosteiro beneditino de San Salvador, sendo un
monumento nacional dende o ano 1931. Esta parte denomínase claustro do poleiro e é de
orixe neoclásico.
No curso actual o IES ten:
3 cursos de 1º da ESO
2 cursos de 1º da ESO
3 cursos de 2º da ESO
2 cursos de 3º da ESO
2 cursos de 4º da ESO
3 curso de 1º de BAC
2 cursos de 2º de BAC
1 curso de 1º FP Básica de Servizos Administrativos.
1 curso de 2º FP Básica de Servizos Administrativos
EOI Inglés nivel básico e intermedio.
No curso actual o departamento de tecnoloxía está composto por:
Celso Fernández Lorenzo (titular e xefe de departamento)
Julio Vázquez Alonso (interino de Tecnoloxía)
A previsión de carga horaria deste curso deste departamento:
2º ESO : 9 horas de tecnoloxía (3 grupos)
3º ESO : 4 horas de tecnoloxía (2 grupos)
4º ESO : 3 horas de TIC(1 grupo)
1º BAC: 2 horas de TIC(1 grupo)
1º BAC: 3 horas de Tecnoloxía Industrial(1 grupo)
1º BAC : 1 hora de Deseño I(1 grupo)
2º BAC: 3 horas de TIC(1 grupo)
2º BAC: 3 horas de Tecnoloxía Industrial(1 grupo)
1º BAC : 2 horas de Deseño II (1 grupo)
TIC 2º BAC 4 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
O departamento de Tecnoloxía dispón da seguintes aulas:
o Aula taller para 2º e 3º da ESO
o Aula de Tecnoloxía Industrial
o Aula TIC compartida con outros departamentos.
TIC 2º BAC 5 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
4. MARCO NORMATIVO
Esta programación baséase no seguinte marco normativo:
Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE)
Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade
educativa(LOMCE)
Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación
secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre
configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de
educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa
oferta.
Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico
2015-2016 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do
bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia
Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións entre as
competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a
educación secundaria obrigatoria e o bacharelato.
TIC 2º BAC 6 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
5. OBXECTIVOS XERAIS DE BACHARELATO
a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha
conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do
Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a
corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a
sustentabilidade.
b) Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma
responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e
resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.
c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres,
analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en
particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non
discriminación das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social,
con atención especial ás persoas con discapacidade.
d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para
eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
e) Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua
castelá.
f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.
g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da
comunicación.
h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus an-
tecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de xeito
solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.
i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as
habilidades básicas propias da modalidade elixida.
l) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos
métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da
tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o
respecto cara ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con especial
referencia ao territorio galego.
TIC 2º BAC 7 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
m) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade,
iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.
n) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como
fontes de formación e enriquecemento cultural.
ñ) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e
social, e impulsar condutas e hábitos saudables.
o) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.
p) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e
contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.
TIC 2º BAC 8 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
6. SECUENCIACIÓN POR TEMAS
Tema 1 : Programación
secuencial
Introdución a Python Linguaxes de programación Orixe e carácterísticas de Phyton. Descarga e instalación. Uso de Anaconda Uso do Shell. IDLE de python Programa “Hello world”
Programación secuencial Saída por pantalla(Comando print). Fluxo de un programa. Variables Tipos básicos : str, int, float, bool. Operadores aritméticos básicos. Operadores relacionales e binarios. Entrada estándar.
Estruturas de control de fluxo
If..then…else While
For Estruturas de datos
Tuplas Listas e rangos. Cadeas de caracteres. Conxuntos
Diccionarios. Funcións
Definición. Parámetros de entrada e saída. Chamada a función. Funcións dentro de funcións.
Variables libres, locais e globais. Bibliotecas de funcións(Módulos)
Ficheiros
Lectura e escritura. Trballo con arquivos de texto e binarios
Gráficos
Módulo turtle ou mapplotlib
Librarías
Librarías estándar de Python Creación de librarias
Tema 2 :
Programación orientada a obxectos
Clases Atributos e métodos Obxectos. Instancias.
Herencia e derivación.
TIC 2º BAC 9 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
Tema 3 : Programación Visual
GUI. O Canvas. Botóns e outros elementos gráficos. Captura de eventos
Tema4 : Introdución a HTML
Linguaxes etiquetados.Orixe e característias de HTML. Etiquetas básicas: Html, Head,Title e Body. Elementos de texto.Imaxes Bloques Uso de hiperenlaces. Elementos Gráficos: Forms, buttons, TextAreas, labels,.. Captura de eventos. Envío de contido. Elementos semánticos. Controis de video e son.
Introdución a CSS.
Tema 5: Publicación de
contidos
Aloxamento web: modalidades.Dominios Blogs. Publicación web.Uso de http e ftp.
Outras formas de publicación.
Tema 6: Seguridade
Amenzadas básicas. Elementos de seguridade. Prevención activa e pasiva.
Navegación segura.
7. INCORPORACIÓN DE APRENDIZAXES ANO ANTERIOR POLO COVID-19
Reforzarase ao inicio o uso dos diagramas de fluxo.
8. ESCENARIO NON PRESENCIAL
Inda que se nos di que programemos coa previsión de un escenario non presencial, resulta
difícil facelo sen saber que medios imos ter a nosa disposición, tanto de hardware como de
software.
Todo o material vai a estar colgado da aula virtual do Ies Celso Emilio Ferreiro.
TIC 2º BAC 10 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
9. CONTIDOS / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES
9.1. Programación
Bloque 1. Programación
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
d
g
i
l
B1.1. Estruturas de almacenamento de datos. Tipos de datos. Variables, vectores e matrices. Listas, pilas e colas. Estruturas.
B1.1. Describir as estruturas de almacenamento e analizar as características de cada una.
TIC2B1.1.1. Explica as estruturas de almacenamento para diferentes aplicacións tendo en conta as súas características.
CD
CMCCT
CCL
b
d
g
i
l
B1.2. Diagramas de fluxo: elementos e símbolos, e o seu significado.
B1.3. Deseño de algoritmos con diagramas de fluxo utilizando ferramentas informáticas.
B1.2. Coñecer e comprender a sintaxe e a semántica das construcións dunha linguaxe de programación
TIC2B1.2.1. Elabora diagramas de fluxo de mediana complexidade usando elementos gráficos e relacionándoos entre si para dar resposta a problemas concretos.
CD
CMCCT
CAA
CSIEE
b
d
g
i
B1.4. Transformación de diagramas de fluxo en pseudocódigo ou en código fonte.
B1.5. Programación modular: módulos, procedementos e funcións
B1.3. Realizar programas de aplicación nunha linguaxe de programación determinada e aplicalos á solución de problemas reais.
TIC2B1.3.1. Elabora programas de mediana complexidade definindo o fluxograma correspondente e escribindo o código correspondente.
CD
CMCCT
CAA
CSIEE
TIC2B1.3.2. Descompón problemas de certa complexidade en problemas máis pequenos susceptibles de seren programados como partes separadas.
CD
CMCCT
CAA
CSIEE
TIC 2º BAC 11 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
Bloque 1. Programación
b
d
g
i
B1.6. Deseño e realización de probas: tipos de probas e casos de proba. Depuración.
B1.7. Optimización e documentación. Análise de código e refactorización. Repositorios de código e control de versións.
B1.4. Depurar programas informáticos, optimizándoos para a súa aplicación.
IC2B1.4.1. Obtén o resultado de seguir un programa escrito nun código determinado, partindo de determinadas condicións.
CD
CMCCT
CAA
CSIEE
TIC2B1.4.2. Optimiza o código dun programa dado aplicando procedementos de depuración.
CD
CMCCT
CAA
CSIEE
b
d
g
i
l
B1.8. Uso básico dun contorno de desenvolvemento: edición de programas e xeración de executables.
B1.5. Utilizar contornos de programación para deseñar programas que resolvan problemas concretos
TIC2B1.5.1. Elabora programas de mediana complexidade utilizandocontornos de programación.
CD
CMCCT
CAA
CSIEE
Comunicación lingüística (CCL) : Neste bloque pídese que o alumno escriba con corrección respectando normas ortográficas e gramaticais e se exprese con fluidez, articulando un discurso coherente
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT) : Variables, operadores, ecuacións …. Deseño de software.
Competencia dixital (CD) : Entornos de programación .
Aprender a aprender (CAA) : Internet como parte indispensable do coñecemento.
Competencias sociais e cívicas (CSC) :Non procesde
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE) : O emprendemento no deseño de software..
Conciencia e expresións culturais (CEC) :Non procede.
RECURSOS Apuntes, presentacións e vídeos subministrados polo profesor.Ordenador
TEMPORALIZACIÓN Prevese un total de 60 sesións
TIC 2º BAC 12 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
9.2. Publicación e difusión de contidos
Bloque 2. Publicación e difusión de contidos
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
a
b
d
e
f
g
i
l
m
p
B2.1. Linguaxes de marcaxe para a creación de documentos web.
B2.2. Accesibilidade e usabilidade en internet
B2.1. Utilizar e describir as características das ferramentas relacionadas coa web social, identificando as funcións e as posibilidades que ofrecen as plataformas de traballo colaborativo.
TIC2B2.1.1. Deseña páxinas web e blogs con ferramentas específicas analizando as características fundamentais relacionadas coa súa accesibilidade e a súa usabilidade, tendo en conta a función á que está destinada
CD
CMCCT
CCL
CCA
CSIEE
CSC
CCEC
a
b
d
e
f
g
l
m
p
B2.3. Ferramentas de xestión de contidos da web 2.0.
B2.2. Elaborar e publicar contidos na web que integren información textual, gráfica e multimedia, tendo en conta a quen van dirixidos e os obxectivos.
TIC2B2.2.1. Elabora traballos utilizando as posibilidades de colaboración que permiten as tecnoloxías baseadas na web 2.0.
CD
CMCCT
CCL
CCA
CSIEE
CSC
CCEC
TIC 2º BAC 13 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
a
b
d
g
I
l
m
B2.4. Características da web 2.0. B2.3. Analizar e utilizar as posibilidades que nos ofrecen as tecnoloxías baseadas na web 2.0 e sucesivos desenvolvementos, aplicándoas ao desenvolvemento de traballos colaborativos.
TIC2B2.3.1. Explica as características relevantes da web 2.0 e os principios en que esta se basea.
CD
CMCCT
CCL
CSC
CCEC
Comunicación lingüística (CCL) : Neste bloque pídese que o alumno escriba con corrección respectando normas ortográficas e gramaticais e se exprese con fluidez, articulando un discurso coherente
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT) : Variables, operadores, ecuacións …. Deseño de software.
Competencia dixital (CD) : Entornos de programación .
Aprender a aprender (CAA) : Internet como parte indispensable do coñecemento.
Competencias sociais e cívicas (CSC) :Non procesde
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE) : O emprendemento no deseño de software.
Conciencia e expresións culturais (CEC) :Non procede.
RECURSOS Apuntes, presentacións e vídeos subministrados polo profesor. Ordenador r.
TEMPORALIZACIÓN Prevese un total de 33 sesións
TIC 2º BAC 14 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
9.3. Seguridade
Bloque 3. Seguridade
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
a
b
d
g
i
l
B3.1. Medidas físicas e lóxicas de seguridade en redes: devasas, copias de seguridade, sistemas de control de acceso, monitorización de sistemas e análise de logs.
B3.1. Adoptar as condutas de seguridade activa e pasiva que posibiliten a protección dos datos e do propio individuo nas súas interaccións en internet e na xestión de recursos e aplicacións locais.
TIC2B3.1.1. Elabora un esquema de bloques cos elementos de protección física fronte a ataques externos para unha pequena rede, considerando tanto os elementos de hardware de protección como as ferramentas de software que permiten protexer a información.
CD
CMCCT
CCL
CAA
CSIEE
CSC
CCEC
a
b
d
g
i
l
B3.2. Seguridade lóxica. Tipos de ameaza e técnicas de vixilancia dos sistemas: protección contra virus e respaldo de información.
B3.3. Seguridade física: protección física das redes.
B3.4. Tipos de código malicioso e usos: virus, troianos, portas traseiras e publicitario.
B3.3. Analizar a importancia da protección da información na sociedade do coñecemento, valorando as repercusións de tipo económico, social ou persoal.
TIC2B3.2.1. Selecciona elementos de protección de software para internetrelacionándoos cos posibles ataques.
CD
CMCCT
CAA
CSIEE
TIC2B3.2.2. Elabora un esquema de bloques cos elementos de protección física fronte a ataques externos para unha pequena rede, considerando os elementos de hardware de protección
CD
CMCCT
CAA
CSIEE
TIC2B3.3.3. Clasifica o código malicioso pola súa capacidade de propagación e describe as características de cada un, indicando sobre que elementos actúan.
CD
CMCCT
CCL
CSC
TIC 2º BAC 15 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
Comunicación lingüística (CCL) : Neste bloque pídese que o alumno escriba con corrección respectando normas ortográficas e gramaticais e se exprese con fluidez, articulando un discurso coherente
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT) : Non o sei.
Competencia dixital (CD) : Protección de equipos e dataos
Aprender a aprender (CAA) : Internet como parte indispensable do coñecemento.
Competencias sociais e cívicas (CSC) :Protección de datos e da intimidade.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE) : O emprendemento no deseño de software de proteccióm.
Conciencia e expresións culturais (CEC) :Non procede.
RECURSOS Apuntes, presentacións e vídeos subministrados polo profesor.
TEMPORALIZACIÓN Prevese un total de 18 sesións
TIC 2º BAC 16 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
10. GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN DOS ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (INDICADORES DE LOGRO)
10.1. Programación CRITERIO DE AVALIACIÓN
ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE
INDICADOR DE
LOGRO – NIVEL 1
INDICADOR DE
LOGRO – NIVEL 2
INDICADOR DE
LOGRO – NIVEL 3
INDICADOR DE
LOGRO – NIVEL 4
TIC2B1.1.1. Explica as estruturas de almacenamento para diferentes aplicacións tendo en conta as súas características.
Coñece as estruturas básicas,
pero comete moitos erros
traballando con elas.
Coñece os tipos básicos en
Python e sabe operar con
eles
Sabe traballar con listas,
diccionarios, rangos e tuplas
Usa con soltura os elementos da
linguaxe. Sabe ademáis traballar con
clases.
TIC2B1.2.1. Elabora diagramas de fluxo de mediana complexidade usando elementos gráficos e relacionándoos entre si para dar resposta a problemas concretos.
Coñece os elementos de un
diagrama de fluxo, pero non os
sabe usar.
Dado un diagrama e capaz de
prever a saída, dadas unhas
entradas.
É capaz de realizar diagramas,
para resolver algoritmos sinxelos
Realiza diagramas para resolver
algoritmos complexos.
TIC2B1.4.1. Obtén o resultado de seguir un programa escrito nun código determinado, partindo de determinadas condicións.
Coñece os comandos , pero non
é capaz de obter o resultado.
Sigue o código, pero o
resultado non é o correcto, xa
que interprétao mal.
Sigue o código, e chega ao
resultado incorrecto, por erros de
cálculo.
Sigue o código, e chega ao resultado
correcto
TIC2B1.4.2. Optimiza o código dun programa dado aplicando procedementos de depuración.
Intenta optimizalo, pero non é
capzaz.
As propostas de optimización
non funcionan.
A optimización do código non é
salientable.
A optimización do código é salientable,
aumentando o rendemento/velocidade.
TIC2B1.3.1. Elabora programas de mediana complexidade definindo o fluxograma correspondente e escribindo o código correspondente.
Elabora o fluxograma e o
programa, pero ningún dos dous
está ben.
Elabora o fluxograma e o
programa. O fluxograma está
ben pero o programa non..
O programa non está de todo
correcto, con pequenos erros
sinxelamente subsanables..
O programa funciona correctamente e
está ben optimizado.
TIC2B1.3.2. Descompón problemas de certa complexidade en problemas máis pequenos susceptibles de seren programados como partes separadas.
Non usa con soltura funcións,
sendo o seu código complicado e
difícil de seguir.
Usa funcións, pero non as
define de tal xeito que os
programas sexan máis
lexibles e sinxelos de seguir.
Usa con soltura funcións, facendo
os programas lexibles e sinxelos
de seguir
Usa con soltura funcións e clases,
creando métodos que simplifican os
progrmas e permiten a reutilización de
código.
TIC2B1.5.1. Elabora programas de mediana complexidade utilizando contornos de programación.
É capaz de elaborar código, pero
os programas non funcionan.
Elabora código, pero os
programas teñen pequenos
erros
Elabora código, e este funciona,
pero o código non está
optimizado.
Elabora código, que fai que o
programa funcione. Ademáis o código
está optimizado.
TIC 2º BAC 17 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
10.2. Publicación e difusión de contidos
CRITERIO DE AVALIACIÓN
ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE
INDICADOR DE
LOGRO – NIVEL 1
INDICADOR DE
LOGRO – NIVEL 2
INDICADOR DE
LOGRO – NIVEL 3
INDICADOR DE
LOGRO – NIVEL 4
TIC2B2.1.1. Deseña páxinas web e blogs con ferramentas específicas analizando as características fundamentais relacionadas coa súa accesibilidade e a súa usabilidade, tendo en conta a función á que está destinada
Coñece os elementos básicos,
pero non entende o seu uso.
Deseña páxinas webs o blogs de
forma rudimentaria.
Crea blogs e páxinas webs, ben
estruturados .
Deseña páxinas webs e crea blog
atractivos usando elementos
avanzados.
TIC2B2.2.1. Elabora traballos utilizando as posibilidades de colaboración que permiten as tecnoloxías baseadas na web 2.0.
Non usa os elementos, inda que
coñece cales son e a súa función.
Introduce elementos básicos
colaborativos nos seus traballos
Introduce elementos avanzados
colaborativos nos seus traballos
É capaz de crear elementos
colaborativos e polos a disposición
para o seu uso.
TIC2B2.3.1. Explica as características relevantes da web 2.0 e os principios en que esta se basea.
Coñece algunha carácterística,
pero non cal é a súa función.
Coñece e dabe aplicar
carácterísticas de uso común.
Coñece a funcións avanzadas. Coñece características técnicas
avanzadas e a sú función
TIC 2º BAC 18 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
10.3. Seguridade
CRITERIO DE AVALIACIÓN
ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE
INDICADOR DE
LOGRO – NIVEL 1
INDICADOR DE
LOGRO – NIVEL 2
INDICADOR DE
LOGRO – NIVEL 3
INDICADOR DE
LOGRO – NIVEL 4
TIC2B3.1.1. Elabora un esquema de bloques cos elementos de protección física fronte a ataques externos para unha pequena rede, considerando tanto os elementos de hardware de protección como as ferramentas de software que permiten protexer a información.
Coñece algún dos elementos de
protección físicos e de
softwarepero non sabe a súa
función
Coñece os elementos de
protección de software e cal é a
súa función.
Coñece e sabe usar e ou
programar os elementos físicos e
de software básicos.
É capaz de crear unha protección
física e de software adecuada
escollendo e programando os
equipos
TIC2B3.2.1. Selecciona elementos de protección de software para internetrelacionándoos cos posibles ataques.
Coñece algún dos elementos de
protección físicos e de
softwarepero non sabe a súa
función
Coñece os elementos de
protección de software e cal é a
súa función.
Coñece e sabe usar e ou
programar os elementos físicos e
de software básicos.
É capaz de crear unha protección
física e de software adecuada
escollendo e programando os
equipos
TIC2B3.3.3. Clasifica o código malicioso pola súa capacidade de propagación e describe as características de cada un, indicando sobre que elementos actúan.
Coñece o que é un virus e o dano
que pode producir nun ordenador
Coñece algúns dos virus máis
comúns e o potencial dano que
poden facer no computador.
Coñece a maioria dos virús e o
potencial dano que poden causar
no ordenador
Coñece formas de código malicioso
avanzado e o potencial dano que
poden causar no ordenador
11. GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA
O grao mínimo para a superación da materia será o indicador de logro nivel 2 en cada un dos estándares de aprendizaxe.
TIC 2º BAC 19 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
[email protected] Ies Celanova Celso Emilio Ferreiro
12. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Avaliación 1. Unha avaliación considérase aprobada cunha nota igual o
superior a 5.A nota vai ser a media aritmética da dos exames
e/ou traballos, a actitude e o traballo na aula debidamente
ponderados.
2. Para realizar a media aritmética dos exames/traballos na
avaliación é necesario ter un mínimo de 2,5 puntos en calquera
exame/traballo realizado.
3. No caso de ter unha nota menor de 2,5 e que a nota da
avaliación sexa 5 ou superior, o alumno deberá realizar unha
proba /traballo de recuperación. Se a nota deste proba/traballo
fose menor de 2, a nota da avaliación considerase de 4.
Nº de exames e prácticas por avaliación
Haberá como mínimo un exame ou práctica por trimestre, inda que se
poden realizar exames ou prácticas por tema ou temas, que liberaran do
exame final de trimestre sempre que a nota sexa superior a 5.
Exame de recuperacións
SI
Valoración normas de expresión CCP
SI
Nota (%)
Exame/Prácticas/ Traballos
80
Actividades na aula 20
NOTA FINAL XUÑO
1. Unha avaliación considerarase aprobada cunha nota igual o
superior a cinco.
2. En Xuño e en Setembro os alumnos que teñan algunha
avaliación ou avaliacións suspensas, deberan realizar un exame
de ditas avaliacións, ou a realización das prácticas que non
superaran os obxectivos mínimos.
3. A nota final de Xuño ou Setembro será a media aritmética das
notas das avaliacións, sempre que esta non sexa menor de 2.5
4. A nota das avaliacións gárdase ata a convocatoria de
Setembro(incluída).
5. É obrigatorio para obter unha nota superior a 5 en setembro, a
entrega dos traballos non realizados durante as avaliacións
ordinarias.
ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN
As actividades de recuperación serán as prácticas non realizadas
ou que non superaran os obxectivos mínimos.
AVALIACIÓN LECTORA Non se terán en conta na avaliación as lecturas recomendadas. Os
traballos de investigación teranse en conta como notas adicionais.
TIC 2º BAC 20 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
[email protected] Ies Celanova Celso Emilio Ferreiro
13. PLAN LECTOR
TEMPORALIZACIÓN
Dedicarase un tempo a lectura semanal, cunha duración que dependerá dos contidos que se traten nese momento,. Intentarase dedicar entre dúas e tres horas mensuais a lectura(especificamente).
CARACTER DAS LECTURAS
As lecturas coas que se traballará serán de tipo xornalístico, libros divulgativos e sobre todo textos na Internet. Recomendarase aos alumnos manuais do software empregado. En todos os niveis traballarase a lectura, como mínimo, do seguinte xeito: lendo enunciados de problemas propostos, lecturas de follas de proceso...
ITINERARIOS LECTORES
TÍTULO AUTOR UBICACIÓN
NA BIBLIOTECA Python 3 : Los fundamentos del
lenguaje Sébastien CHAZALLET
Python and Tkinter Programming (2000)
John E. Grayson
Thinkpython Allen Downey
TIC 2º BAC 21 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
14. RÚBRICAS ALUMNOS
14.1. Rúbrica sobre exercicios
EXCELENTE AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO
NÚMERO
DE EXERCICIOS
RESOLTOS
Realiza o 90 % dos exercicios que se propoñen.
Realiza entre o 80 % e o 70 % dos exercicios que se propoñen.
Realiza entre o 70 % e o 60 % dos exercicios que se propoñen.
. Realiza entre o 60 % e o 50 % dos exercicios que se propoñen
Realiza menos do 50 % dos exercicios que se propoñen
PROCEDEMENTO
E RESULTADOS
DOS EXERCICIOS
RESOLTOS
Desenvolve o procedemento, detállao, preséntao organizadamente e obtén o resultado correcto
Desenvolve o procedemento, detállao, preséntao pouco organizado e obtén o resultado correcto
Desenvolve o procedemento, detállao, non o organiza e obtén o resultado correcto.
Desenvolve o procedemento e obtén o resultado correcto.
Non desenvolve o procedemento e non obtén o resultado correcto
.
14.2. Rúbrica traballos propostos
EXCELENTE AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO
CLARIDADE E
PRECISIÓN
O traballo cubre o 90% dos obxectivos propostos.
O traballo cubre entre o 90 % e o 80 % dos exercicios que se propoñen.
O traballo cubre entre 80 % e o 70 % dos exercicios que se propoñen.
O traballo cubre entre o 70 % e o 50 % dos exercicios que se propoñen
Realiza menos do 50 % dos exercicios que se propoñen
PRESENTACIÓN
Todas as respostas están presentadas con limpeza e pulcritude.
Case todas as respostas están presentadas con limpeza e pulcritude.
A maioría das respostas están presentadas con limpeza e pulcritude.
Poucas respostas están presentadas con limpeza e pulcritude
A maioría das respostas non están presentadas con limpeza e pulcritude.
GRAMÁTICA
E ORTOGRAFÍA
Non hai erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación e o texto lese con fluidez
Case non hai erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación e o texto lese con fluidez.
Existen dous erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación, e o texto ten algunha dificultade para entenderse.
Existen tres erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación, e o texto enténdese con dificultade.
Existen máis de tres erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación, e o texto non se entende.
.
TIC 2º BAC 22 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
14.3. Rúbrica sobre exames
.
EXCELENTE AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO
PRECISIÓN NAS
RESPOSTAS
Todas as respostas desenvolven o tema con claridade, precisión e concisión
Case todas as respostas desenvolven o tema con claridade, precisión e concisión.
A maioría das respostas desenvolven o tema con claridade, precisión e concisión
Poucas respostas desenvolven o tema con claridade, precisión e concisión.
A maioría das respostas non desenvolven o tema con claridade, precisión e concisión.
PRESENTACIÓN
Todas as respostas están presentadas con limpeza e pulcritude.
Case todas as respostas están presentadas con limpeza e pulcritude.
A maioría das respostas están presentadas con limpeza e pulcritude.
Poucas respostas están presentadas con limpeza e pulcritude
A maioría das respostas non están presentadas con limpeza e pulcritude.
NÚMERO
DE PREGUNTAS
RESPONDIDAS
Todas as preguntas están respondidas
Respondeu polo menos o 80 % das preguntas.
Respondeu polo menos o 60 % das preguntas.
Respondeu polo menos o 50 % das preguntas
Respondeu unha porcentaxe menor do 50 % das preguntas
GRAMÁTICA
E ORTOGRAFÍA
Non hai erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación e o texto lese con fluidez
Case non hai erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación e o texto lese con fluidez.
Existen dous erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación, e o texto ten algunha dificultade para entenderse.
Existen tres erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación, e o texto enténdese con dificultade.
Existen máis de tres erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación, e o texto non se entende.
TIC 2º BAC 23 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
14.4. Rúbrica sobre prácticas
EXCELENTE AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO
GRAO DE
REALIZACIÓN
O alumno completou ao menos o 90% da práctica de forma satisfactoria.
O alumno completou entre o 80 e o 70% das prácticas de forma satisfactoria.
O alumno completou entre o 70 e o 60% das prácticas de forma satisfactoria.
O alumno completou entre o 60 e o 50% das prácticas de forma satisfactoria.
O alumno completou menos do 50% das prácticas de forma satisfactoria.
TEMPO DE
REALIZACIÓN
O alumno completou a práctica ao menos no tempo establecido.
O alumno completou a práctica con un adío menor ao 5%.
O alumno completou a práctica con un adío menor ao 10%.
O alumno completou a práctica con un adío menor ao 20%.
O alumno completou a práctica con un adío maior ao 20%.
TRABALLO EN
GRUPO
Traballou sen dificultade, realizando a súa tarefa, e axudando aos compañeiros a rematar as súas.
Traballou sen dificultade, realizando a súa tarefa.
Traballou con algunha dificultade, recibindo algo de axuda dos seus compañeiros.
Non deu rematado o seu traballo, adiando a entrega do traballo en grupo de xeito significativo.
Non quixo traballar en grupo, cargado o seu traballo sobre os demais compañeiros.
TIC 2º BAC 24 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
15. MECANISMO DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA
PROGRAMACIÓN
O mecanismo vai a ser a reflexión do profesor/es sobre como se teñen desenvolvido as
clases durante o curso pasado. As principais preguntas que se deben facer na reflexión son:
1. Foi adecuada a metodoloxía que se empregou?
2. Foi adecuada a temporalización?
3. As actividades programadas necesitan revisión?
4. O sistema de avaliación reflicte fielmente os coñecementos adquiridos polos
alumnos?
16. MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE.
Estarase en contacto co departamento de orientación do centro , por si algún alumno
necesitara adaptación:
1. Nos materiais subministrados polo profesor.
2. Nos compoñentes hardware usados.
TIC 2º BAC 25 / 25 IES DE CELANOVA Celso Fernández
Rúa Fernández Losada s/n 32800 Celanova Telf: 988 431 565 Fax: 988 431 460
IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO
O Xefe de departamento: O Profesor:
Asdo : Celso Fernández Lorenzo Asdo : Celso Fernández Lorenzo