BIENVENIDOS. http://youtu.be/BOFMRWUloIc http://youtu.be/INU_v_93d1A.
Document
-
Upload
asociacion-de-actores-e-actrices -
Category
Documents
-
view
224 -
download
0
description
Transcript of Document
![Page 1: Document](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022081805/568bd59c1a28ab2034991325/html5/thumbnails/1.jpg)
ACTORES PROFESIONAIS DA ESCENA GALEGA XUNTARÁNSE NUN SINGULAR OBRADOIRO DE INTERPRETACIÓN DIANTE DA CÁMARA ‐ A Asociación de Actores e Actrices de Galicia organiza co patrocinio da Fundación AISGE unha convivencia formativa nun pazo de Cospeito ao que se achegarán destacados profesionais do mundo do cine Santiago,3‐xullo‐09.‐ Catorce actores e actrices profesionais galegos xuntaranse nun “Obradoiro de interpretación diante da cámara” para afondar nos seus coñecementos e aptitudes. A iniciativa, organizada pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) co patrocinio de Fundación AISGE, ten a singularidade de facerse en réxime pechado nunha convivencia que terá lugar entre o 6 e o 10 de xullo na Casa do Pacio, en Cospeito (Lugo). O obxectivo desta actividade formativa é, por unha banda, o de ofrecer claves específicas a actores e actrices acostumados á escea teatral e que queren ampliar horizontes no seu oficio cara a interpretación cinematográfica, pero tamén ofrecerá aos participantes a oportunidade de profundizar nos seus coñecementos e poñelos ao día grazas á aportación dun profesorado experto en diversas materias. As xornadas de traballo serán de oito horas se ben a convivencia o resto do día tamén contribuirá a darlle forma aos obxetivos que persegueo obradoiro. Polas mañás centraranse no traballo práctico e a recreación das condicións dunha rodaxe e nas tardes haberá sesións de análise fílmica tanto de películas completas secuencias como de secuencias maxistrais. Haberá tempo tamén para os encontros con profesionais do mundo do cine, que compartirán experiencias e refexións cos participantes no obradoiro. Así, entre outros, achegaránse ata Cospeito a actriz Marta Fernández Muro, os directores de cine e televisión Jorge Coira e Eva Lesmes ou a dramaturga Macarena Pombo. Os profesores deste obradoiro son Eva Lesmes e Javier Gancedo da escola Central de Cine. Ambos teñen unha ampla formación e unha longa experiencia profesional tanto na televisión como no cinema. Eva Lesmes formouse na dirección de actores con William Layton, José Carlos Plaza e John Strasberg, e é directora de de títulos coma “Pon un hombre en tu vida” ou “El Palo” na gran pantalla, e “El Comisario” e “Maitena, Estados Alterados” para TV. Foi gañadora do premio Pilar Miró da ATV ó mellor guión (2000). Pola súa parte, Javier Gancedo é guionista e script editor e desenvolveu numerosos guións de cinema e televisión. Foi gañador do Premio Pilar Miró da ATV ao mellor guión (2001), guionista na serie “Córta‐T”, da longametraxe “Pradolongo” e da tv movie “La noche del escorpión”, entre outros. Na actualidade dirixe o equipo de guionistas da serie “Estados Alterados, Maitena”, da que é coautor xunto con Eva Lesmes.
![Page 2: Document](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022081805/568bd59c1a28ab2034991325/html5/thumbnails/2.jpg)
Reseña currícular dos invitados máis salientables ao curso ‐Marta Fernández Muro: Actriz de extensa carreira tanto no teatro, onde traballou ás ordes de Robert Lepage e Adolfo Marsillach, como no cine, onde traballou con Pedro Almodóvar, Fernando Colomo, Mario Camus, Luis García Berlanga e Alex de la Iglesia. En televisión participou en series coma “Farmacia de guardia”, “Cuéntame”, “Periodistas” ou “Amar en tiempos revueltos”, entre outras. Macarena Pombo Dramaturga e directora de escena. Participou en series de televisión como “Hermanos y detectives”, “Maitena, estados alterados” e “Amar en tiempos revueltos” e en longametraxes coma “Todo sobre mi madre” e “Hable con ella” de Pedro Almodóvar, e “El laberinto del fauno” e “El espinazo del diablo” de Benicio del Toro, entre outras. Jorge Coira: Como director asinou series de ficción como “Mareas Vivas”, “Terra de Miranda”, “As Leis de Celavella”,”R.I.S.”,” Padre Casares” ou “El Comisario” e longametraxes como “Entre Bateas”, “O Anoda Carracha” e “18 comidas” (actualmente en proceso de montaxe). Máis información: Miriam Alonso (629 14 07 39) – Juan Luis Rodríguez Cudeiro (639 60 23 20) Ipequeña Comunicación (Gabinete de Prensa da Asociación de Actores e Actrices de Galicia)