Hortipintura
-
Upload
no-campo-da-feira -
Category
Education
-
view
95 -
download
3
Transcript of Hortipintura
![Page 1: Hortipintura](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022073102/55c9876fbb61eb366e8b46d8/html5/thumbnails/1.jpg)
“HORTIPINTURA”
Obradoiro de pintura
Data : 1 de xuño de 2013 (sábado)
Lugar: Museo-Fortaleza San Paio de Narla (Rede Museística Provincial)
Horario: 12 horas- 13.30 h
Idades: 3 a 16 anos
Prazas: 20 prazas por rigoroso orde de entrega de solicitude
Dinamizador: Modesto Fernández (Profesor de E. Plástica do CPI Dr. L. Suárez)
OBXECTIVOS:
Con este obradoiro pretendemos incentivar a creatividade artística e a liberdade inventiva aplicando
procedementos pictóricos na creación dunha nova hortaliza ou froita, á que ademais se lle deberá dar un
nome.
Cuns mínimos coñecementos de bioloxía e da arte da pintura idearán novos seres seguindo as pautas do
crecemento da natureza vexetal.
Neste proceso traballaranse as nocións da imitación e imaxinación, e así ser capaz de diferencialas, pero
tamén apreciar as posibilidades que ofrecen para complementarse no desenvolvemento da creación
artística.
Perséguese buscar unha relación positiva entre mímese e invención como camiños que se
complementan para abrir múltiples posibilidades de creación, dándolle relevancia ao proceso aberto e
valor á sorpresa.
METODOLOXÍA:
Pódense destacar catro fases.
-Visita da exposición e breve explicación por parte do autor sobre a obra: xénero, procedemento,
técnica, intencións, etc.
-Proxección de estruturas xeométricas que rexen formas orgánicas da natureza.
-O alumn@ elixirá un papel cunha mancha, que por algunha razón esperte o seu interese, para a
continuación intervila con técnica seca ou húmida e crear un novo vexetal a partir desta.
-Darlle un nome á obra feita, mediante os diversos recursos que nos ofrece a lingua: asociacións, nomes
compostos, metáforas, xogos de palabras, etc