Introducción a La Historia Monetaria de Galicia. F. Cebreiro Ares. PDF
Historia de ares
-
Upload
yolanda-castro -
Category
Documents
-
view
327 -
download
0
Transcript of Historia de ares
Ares está situado no "seo dos ártabros", pobo de raza
celta que a ocupou e do que quedaron moitos vestixios,
así como doutros pobos que nela se estableceron ou por
ela pasaron, polo cal se atopan no concello varios castros.
Existen tamén restos de una casa romana e de unha
fábrica de salgadura á altura do Seixo. Ademais disque o
antigo camiño empedrado, que viña desde Pontedeume
por Redes e seguía a Mugardos, era unha vía romana.
Descoñécese a etimoloxía de Ares, aínda que puidese ser
fenicia, xa que Ara Solis era unha cidade deste pobo en
Fisterra. O historiador ferrolán Bieito Vicetto afirma ser
grega e que en Montefaro, monte que acocha a vila ós
pés da súa ladeira , había un templo adicado ó Sol. Hai
uns anos, nunhas escavacións realizadas en terreos do ex
convento de terciarios de Montefaro ,apareceu unha
pedra cun disco solar, que puidese corroborar o afirmado
polo citado escritor. Dita pedra áchase exposta no xardín
museo do citado convento.
Típica distribución dunha casa romana
Mosteiro de Santa Catalina
No mesmo monte hai un lugar chamado
"Pena bailadora" que sen dúbida alude ó
monumento megalítico celta.
Ares era o nome que os gregos daban ó seu
deus da guerra, Marte. Sen embargo, o
historiador Verea e Aguilar e tamén García
de la Riega inclínanse pola ascendencia céltica
xa que AR ou ARU é de raíz céltica e significa
Deus, e con este nome e derivados fundaron
numerosas vilas na zona que ocuparon: Ares,
Areosa, Arosa, ..... que dan fe do afirmado.
Ares, Deus grego da guerra
Ares ten como escudo de armas un castelo que, sen dúbida, fai referencia ás
numerosas fortificacións que gorecían o seu territorio: S. Martiño de Padilla e Segaño
na ría de Ferrol; Sta. Mariña, S. Fernando, Raso e os que defendían a entrada do seu
porto na ría de Ares. Tamén puidise facer alusión á torre que campa no escudo dos
Andrade, poderosa familia que, xunto co Cabildo de Santiago, exercía o señorío no
territorio. A Vila era pertenza do Cabildo da Igrexa de Santiago que nomeaba nela
os Xustizas e demais cargos públicos ós que logo esixía conta da xestión cada catro
anos nos "Xuizos de Residencia". Modernamente se lle engadiron ó escudo dúas cocas
sobre as ameas, paxaro que abunda na ría, según se pode ver no novo edifico
consistorial.
Escudo de Ares Antigas ruinas do castelo de Ares
De momento descoñécense razas anteriores á celta.
Deste pobo quedou na toponimia local abundante léxico:
Ixobre en San Vicente de Caamouco, parroquia do
Concello; Castro e Mallobre en Ares; Castro, Cruz dos
Castros na parroquia de Cervás e sobre todos eles
Lubre, o lugar sagrado para este pobo celta. Polo citado
vese que abundan os "castros" aínda que ningún
conserva un bo estado debido á desapiadada e
sistemática destrucción a que foron sometidos en busca
de imaxinativos tesouros".
Plano do castro de Ares
Os romanos tamén deixaron constancia do
seu paso como o lembra a ponte da
"Ciscada" , ponte que está sobre a vía que
conducía de Ares a Pontumio (Pontedeume).
Tamén a toponimía nos indica esta presencia:
Coitelada, Agarrios, Outeiro, Torre, Vigo,
Porto, Lago....
Ponte da Ciscada
Tamén deixaron pegadas nesta terra os suevos : Aten é un lugar
da parroquia de Cervás, que en xermano significa padre. Por mor
dun preito entre o arcebispo Xelmírez e o bispo de Mondoñedo D.
Gonzalo, sobre xurisdicción en Bezoucos, arceprestádego que
comprende Ares, na avinza (ou acordo) a que deu lugar asina
como testemuña o párroco de Cervás, Almóndiz, no século XII, de
indubidable ascendencia sueva.
Suevos
Dos árabes pouco cabe citar xa que aquí non permaneceron e só o facían nas "razias". Os
historiadores fálannos dunha batalla en Pontomio con D. Fraguela e tamén en tempos de
Afonso II o Casto que librou outras dúas contra os árabes nesta comarca. Aínda hoxe
subsiste na vila unha praza co nome de "Alfolí", de orixe árabe.
Mención especial merece a colonia xudea que existiu na
Baixa Idade Media en Ares. Chegaron a Ares fuxindo da
persecución dos Reis Católicos e establecéronse no século
XV no barrio de O Porto, á beira do mar, para traballar
no comercio do sal; a importancia desta colonia era tan
grande que incluso tiña a súa propia sinagoga, da cal se
conserva unha parte da estrela de David que hoxe serve
de lintel nunha casa. O marqués de Lozoya e D. Ramón
Menéndez Pidal citan este dato.
No arquivo municipal atópanse nomes de personaxes
xudeus que interviron activamente na política e cultura
da vila. Achamos o nome de D. Manuel de Castro e
Almeida, xudeus procedentes de Portugal e que
levaban en arrendo as salinas aquí existentes. Figuran
tamén os apelidos Coello, Calamar, Flores, Coronel e
Ferro, este último de Betanzos onde eran banqueiros.
No 1.673 D. Manuel de Castro leva en arrendamento
o sal en 5.000 ducados por Ares e 3.000 pola de
Pontedeume.
Almacén dunha fábrica de salazón
en Ares
Desde mediados do século XVIII chegaron a Ares
os "Fomentadores" cataláns que introduciron
procedementos novos para a conservación do
peixe, o que contribuíu a dar un novo impulso á
economía do municipio, pero esta actividade foi
perdendo importancia ó mesmo tempo que o
concello perdía poboación que, buscando mellores
condicións, dirixíase a Ferrol, Cuba e outros
destinos.
Antiga fábrica de Salazón Descargando sal
Durante os séculos XVIII e XIX menciónanse en diversos
escritos os viñedos de Ares. Entón a familia Curbeira,
por 2 ferrados de viña, xa pagaba ó Cabido de
Santiago, en 1756, unha galiña por foro. Co imposto
sobre o viño foron establecidas as dotacións para a
implantación das Escolas Públicas no ano 1.844. A
calidade destes viños era superior á dos de Betanzos,
pero actualmente no hai colleita xa que, a mediados
do século XIX a filoxera destruíu os viñedos da rexión e
as viñas non foron renovadas.
Os ingleses tamén apeteceron estas terras, como sucede no ano 1.719 en que
desembarcaron no areal de Chanteiro, parroquia de S. Pedro de Cervás, nun intento
de caer despois sobre Vigo. No ano 1.804 e por mor do cerco de Ferrol ,a escuadra
inglesa enseñórase desta ría chegando a acarear os seus buques no areal do Raso.
Viñedos
Barcos ingleses Chanteiro
Os franceses estiveron dúas veces na Vila, no ano 1.808 e 1.823 do que hai
abundante testemuño no arquivo municipal.
A Casa dos Andrade, como queda dito, exercía o seu señorío no municipio e percibía
a renda de froitos chamada "Pan de Chanteiro" que se recollía en Lubre, parroquia
matriz da Vila. O máis poderoso nomeado desta familia, Fernán Pérez de Andrade
o "Bo", edificou na parroquia de S.Pedro de Cervás, lugar de Chanteiro, a ermida
de Nosa Sra. Da Mercé e en Montefaro o mosteiro de terciarios de Santa Catarina.
Para sustento da Comunidade lles concedeu a vila de Mugardos e portádego da
ponte de Pontedeume, onde había un hospital para peregrinos e unha capela , lugar
en que debía dicir Misa a Comunidade no seu honor.
Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade Ermida da Nosa Sra da Mercé
A Ensiñanza tivo importancia en Ares onde había un importante núcleo de fidalgos que
enviaban os seus fillos á Universidade . Así atopamos que en 1.646 Alonso de Leiro
paga 25 ducados pola estancia de un curso na Universidade de Santiago do seu fillo
Xoán. O primeiro Mestre de primeiras letras de que temos noticia é Alonso de Chanteiro
en 1.675 que percibía 500 reais ó ano.
Modernamente e a principios do século os emigrantes da Vila na illa de Cuba fundaron
a "ALIANZA ARESÁ DE INSTRUCCION" (1904), Institución decana en Galicia para a
Educación. Ares viviu unha época na que o retorno dos emigrantes que fixeran fortuna
en América, empezaron a edificar na súa localidade natal novas casas-as coñecidas
casas de indianos- para amosar os logros obtidos no estranxeiro. Ademais construíron
colexios e centros culturais de gran importancia arquitéctonica e cultural, que daban
acceso ós seus concidadáns a un mellor futuro que o que os obrigou a eles ó exilio.
Pais da Alianza Aresá Alianza Aresá de instrución
Según o censo de comezos do século XX, Ares constaba dunha vila, un lugar, 47
aldeas e grupos menores que reunían 4.488 habitantes de feito e de dereito 5.333.
En 1909, a poboación agrupábase en 1758 edificios.
Cando se creou o moderno escudo municipal se desbotaron as armas dos Andrade e
dos cabidos eclesiásticos que señoraron sobre Ares, para sustituílas por un castelo,
que alude á defensa das praias a finais do século XVIII. Tamén aparecen no escudo
uns corvos mariños sobre as súas ameas.
EVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA
ANO HABITANTES
1900 4209
1910 4537
1920 4488
1930 4850
1940 5671
1950 4724
1960 5033
1970 5042
1981 4529
1991 4447
2001 5003
2004 5265
2005 5301
2006 5405
2007 5598
2013 5801
ARES- Evolución do nº de habitantes
Cronoloxía
38 a.c. Aparece constatada a presencia de Xulio Bruto dirixíndose por mar cara a Betanzos.
Siglo V d.c.
Invasión sueva, constatándose cara a mediados do século IX a presencia de suevos nas costas aresás.
884 Chegada da primeira expedición de viquingos ás costas aresás; despois dun ano, o rei Ramiro I, O Monxe, fíxoos reembarcar quemando ós dinamarqueses 70 naves.
997 Os aresáns volven a alarmarse debido á presencia de Almanzor en Pontedeume, despois do saqueo de Santiago, aínda que non se decidiron a vadear a ría.
1134 O arcebispo Xelmírez, de acordo co Cabido compostelán e previo consentimento de Afonso VII, concedeu ó conde Fernando Pérez de Traba a vila de Lubre. A finais do mesmo ano, foi de novo recuperada polo arcebispo.
Mediados del s.XIV
Comeza para Ares un dos períodos de maior axitación. Enrique II, vencedor de Pedro O Cruel, colmou de honores ó seu valedor: Fernán Pérez de Andrade, cedéndolle as terras que se divisaban desde a Torre de Noguerosa ata os cumes do Cabo Prior. Foi señor absoluto da comarca.
1404 Unha peste de cólera azouta a cidade de Ferrol. Nace o voto dos ferroláns á Virxe de Chanteiro.
1690 Desembarca xunto ó castelo da Palma a princesa Mariana de Neoburgo, para casar con Carlos II, sendo acompañada pola xustiza e o pobo de Ares ata Pontedeume. En agradecemento se lle concedeu unha cédula real (marzo 1691) pola que se eximía de levas e requisas ás xentes do mar de Ares.
1750 Comezaron a chegar os cataláns coñecidos como "Fomentadores" que introduciron novas técnicas para a conservación do peixe.
1757 Comeza a construcción dun castelo na punta meridional da enseada co obxectivo de defender a ría.
1804 A escuadra naval inglesa, despois de fracasar en Doniños, fondeou ameazante na enseada de Ares.
1805 Os ingleses levantaron o bloqueo e en Ferrol estableceuse unha factoría de máquinas de vapor. Moitos dos técnicos ingleses que alí traballaban fixan a súa residencia en Ares.
1809 Desmantelamento do castelo edificado en 1757 na punta meridional da enseada.
1859-1860 Constrúese o malecón con parte do diñeiro recibido pola indemnización estatal trala guerra de Marrocos.
1904 Os emigrantes da Vila na illa de Cuba fundaron a "ALIANZA ARESANA DE INSTRUCCION", institución decana en Galicia para a educación.
Inaugúrase a Casa Consistorial en 1962 e se habilita como Consistorio o 1 de Outubro de 1963. 1962-1963
Os emigrados de Caamouco que se atopaban na Habana fundan en 1911 a denominada "Agrupación Instructiva de Redes y Caamouco". O proxecto inicial culminará no ano 1914 coa construción do edificio escolar no lugar da Tenencia, adicado hoxe en día a actividades culturais.
1933 Un incendio destrúe os retablos da Ermida de Chanteiro durante a noite do 28 ó 29 de xuño.
1911
O 9 de decembro de 1958, constitúese o Clube de Remo de Ares na Confraría de Pescadores, encabezando a directiva D. Francisco López (Pancho).
1958