Guía de Primeiros Pasos en feirón

9

Transcript of Guía de Primeiros Pasos en feirón

1.- Comproba que tes todo o material:

O dispositivo feirón, funcionando, co soporte, tablet e visera.

Tarxetas QR para que teus clientes se poidan rexistrar.

Un display cos flyers explicando feirón.

Unha pegatina para teu escaparate, para que todos saiban que tes feirón.

2.- Dáte de alta como usuario e fai clic

O proceso é moi sinxelo. Se fas clic no dispositivo feirón sobre o botón “Eu tamén queroser de feirón” e segues as instrucións, en poucos minutos terás a túa propia tarxeta.

Os consumidores de feirón que pasen a tarxeta pola cámara da tablet (a 10 cm) ,conseguirán unha papeleta coa que entrarán no sorteo mensual de 500€ e outra para unsalario de 1000€ ao mes por un ano.

3.- Crea a túa primeira campaña

A primeira campaña debe ser sinxela. Por exemplo, “Participa no sorteo de un X só porvir”.

Podes crear a promoción que desexes accedendo a web de feirón (www.feiron.com)usando o usuario e contraseña que facilitamos despois da instalación.

Podes chamarnos ó 986 441 723, contactar con nós a través de [email protected] ou ler oManual de Usuario* para explorar máis sobre feirón.

Nota *

No Manual de Usuario que enviamos ao teu correo electrónico atoparás máisinformación:

• COMO TE AXUDA FEIRÓN A COMPETIR MELLOR

• CREA A TÚA CANLE

• AS CAMPAÑAS

• AS TÚAS FERRAMENTAS PARA OPERAR EN FEIRÓN

• …

4.- Etiqueta aos teus clientes

Unha vez tes instalado o dispositivo, debes rexistrar a tódolos clientes que visiten o teu

negocio feirón. Desta forma quedarán na base de datos e así cando queiras poderás

informalos do que desexes.

5.- Solucións ás incidencias máis frecuentes

•O tablet non acendeSoltar o cable de alimentación, esperar 10 segundos, enchufalo de novo e apretar o botón de acendido unssegundos ata que acenda.

• A cámara non capta os códigosMover a carátula do dispositivo feirón que cubre o tablet por si algún movemento provocou que o buraco da cámaranon esté xusto aliñado

Noutros casos, chamar o teléfono de soporte 902 905 902

6.- Usa as ferramentas que creamos para ti

Repasa o Manual de Usuario.

Un equipo de soporte que che axuda a sacar o máximo partido a feirón e a solucionar calquera

incidencia (902 905 902).

Visita o noso blog (blog.feiron.com) onde atoparás ideas frescas para promocionar o teu

negocio.

Síguenos no Facebook e Twitter para estar ó día do que facemos.

Recorda, que feirón é unha axuda para potenciar a túa creatividade no teunegocio. Aproveita o máximo esta ferramenta construindo relaciónspoderosas cos teus clientes a través das campañas.

BENVIDO A FEIRÓN