GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia...

22
GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso 2017-2018 Nome da Profesora: Mª de la Luz Pintos Peñaranda Centro: Facultade de Filosofía Universidade de Santiago de Compostela

Transcript of GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia...

Page 1: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

GUÍA DOCENTE

DA MATERIA

FILOSOFIA DA HISTORIA

Curso 2017-2018

Nome da Profesora:

Mª de la Luz Pintos Peñaranda

Centro:

Facultade de Filosofía

Universidade de Santiago de Compostela

Page 2: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

1. Datos descritivos da materia:

DATOS BÁSICOS

NOME DA MATERIA E CÓDIGO: Filosofía da historia

CÓDIGO: G5031422 TIPO DE MATERIA: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 CICLO E CURSO: 4º curso do Grao en Filosofía Nº DE CRÉDITOS ECTS: 6.00 Horas ECTS:

Horas presenciais: 51.00 Clases expositivas: 24.00 Clase interactiva: 24.00 Horas de Titorías: 3.00 Horas non presenciais: 99.00 Horas de traballo total do/da estudante: 150.00

SEMESTRE: Primeiro Semestre HORARIO: Martes: 9,30 a 10,30 h / Xoves: 11,30 a 12,30 h. / Venres: 9,30 a 11,30 h.) 2. PRERREQUISITOS: Non hai. 3. PROFESORA: Profesora: Mª Luz Pintos Peñaranda Departamento: Filosofía e Antropoloxía Área: Filosofía Lingua na que se imparte a materia: lingua galega 4. TITORÍAS: Días e horario: Lugar: Despacho nº 217 da Facultade de Filosofía.

Page 3: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

2. Sentido da materia no perfil da titulación: 1. Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía:

Ética Filosofía política Antropoloxía

Lóxica e Retórica

Filosofía da Linguaxe e

Filosofía da mente

Filosofía da ciencia

Antropoloxía filosófica, 2. Papel da materia no bloque e no conxunto do Plano de Estudios: A ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA, a FILOSOFIA DA HISTORIA e a FILOSOFÍA DAS RELIXIÓNS detéñense na análise do sentido: (a) que é ser “humano”, en que consiste a súa esencia, cales son as posibilidades e, en consecuencia con elas, a responsabilidade que conleva ser un ser humano tanto polo que toca ao planeta onde vivimos como a todos os seres vivos, conxéneres e non conxéneres, que con nós conviven nesta planeta; en definitiva, trátase de analizar cal é o sentido que ten ou

Filosofía da historia

Historia e correntes actuais da Filosofía

Metafísica e Teoría do coñecemento

Antropo loxía filosófica

Filosofía das relixións

Filosofía da historia e Filosofía das relixións

Estética

Page 4: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

pode ter unha vida humana; (b) en consonancia co que é o ser humano e coas súas potencialidades e responsabilidade está a cuestión do sentido da historia, é decir, do sentido que á humanidade lle dou ao rumbo da historia ata agora e do sentido que podería ou debería darlle en adiante; (c) certos posicionamentos sobre o sentido da vida humana e da historia proceden de crenzas relixiosas, cuestión que pode ser plantexada en termos inversos: nas culturas nas que as crenzas relixiosas forman un elemento importante, estas crenzas proporcionan aos seus membros unha idea sobre si mesmos e sobre a súa actuación na historia. De modo que estas tres materias teñen un vínculo entre si. 3. Interese da materia para a futura profesión.

O exercicio profesional da persoa titulada en Filosofía, sexa no ámeto da investigación ou da docencia ou ben desenvolvendo actividades en campos relacionados cos medios de comunicación e co mundo da cultura (ensaista, asesor, xestor de institucións e proxectos culturais, etc.), requerirá sempre saber facer unha análise reflexiva e crítica de ideas, actitudes, comportamentos e situacións. Para isto, será sempre imprescindible ter unha ben fundamentada noción do ser humano e do mundo histórico humano, xa que sen esta noción as análise reflexivas e críticas específicas non poderían levarse a cabo co rigor e profundidade esixidos. A principal función desta materia é analizar a irrupción do nihilismo da nosa época fronte á tradicional crenza no progreso da historia, sendo esta unha cuestión central que debe estar presente en toda reflexión crítica actual sobre o presente. A análise do nihilismo terá como fondo: a) o contraste entre a actual perda de sentido da cultura occidental e a crenza no progreso ligada a esta cultura a través da concepción xudeucristiana-medieval-moderna; b) o contraste entre unha concepción da historia "moderna" e unha concepción da historia "postmoderna". A concretización desta análise en filósofos de distintas épocas do pensamento occidental aportará aos estudantes do Grao: a) una perspectiva sobre filósofos principais, tomados aquí como portavoces de distintos posicionamentos ante a crenza de avance e progreso na historia, que completará a recibida dende as outras materias b) unha perspectiva panorámica das escolas do pensamento e dos seus respectivos membros dentro da historia pensamento occidental, sentando así o baseamento para poder diferenciar o enfoque moderno de enfoque postmoderno polo que toca a historia, c) unha comprobación de que todos os filósofos da tradición filosófica de Europa continental reflexionaron sobre a súa historia actual na que lles tocou vivir e, amosaron así, o compromiso crítico-valorativo que conleva a reflexión filosófica,

Page 5: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

d) unha reflexión sobre o nivel ontolóxico-antropolóxico da historia por parte de todos filósofos da tradición filosófica de Europa continental segundo o enfoque propio da súa época e/ou escola, e) un favorecer o compromiso coa búsqueda dunha idea de suxeto diferente á actual, dun modelo de trato para cos todos os demais suxeitos tamén distinto ao actual –un trato máis humano e solidario- e sempre coma un proxecto a realizar na nosa historia presente e futura, para o que se precisará un proceso de educación en novas actitudes e valores.

3. Obxectivos e competencias da materia: Obxectivos e competencias relacionadas cos novos coñecementos e habilidades a adquirir na materia: Obxectivos xerais: -Saber analizar, argumentar e comunicar en relación as diferentes nocións do ser humano o do seu mundo histórico que de feito se dan como fondo de toda ideoloxía, de toda situación, de toda actuación e de todo debate, tanto no pasado como na actualidade. -Proporcionar unha formación sólida en canto ás diferentes concepcións sobre o papel que xoga ou pode xogar o suxeito humano no progreso moral da historia. -Localización e desmontaxe da crenza prexuiciosa do progreso e favorecer, así, unha nova visión crítica por parte do/da estudante favorecedora dun posicionamento mellor fundamentado sobre a historia e sobre o noso papel e responsabilidade (ou non responsabilidade) nela. -Xenerar no estudante un sentido de curiosidade, de análise reflexiva crítica e de compromiso ético que lle permita poder afrontar, de forma fundada e rigorosa, os problemas e situacións actuais que o soliciten, unha vez asumido que todo filósofo da nosa tradición continental fixo a súa propia análise valorativa e reflexionou comprometidamente sobre a situación económico-socio-político-cultural do seu tempo propio. Obxectivos concretos: Comprensión do concepto de “Filosofía da historia” e das vías de investigación e reflexión que lle son propias en canto Filosofía da historia-realidade, e diferenciación desta materia da “Historiografía” e da “Teoría da Historia”.

Page 6: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

Comprensión panorámica e histórica dos distintos posicionamentos dos filósofos mediante o seu contraste, buscando ver semellanzas e diferencias entre eles en canto á súa reflexión ontolóxico-antropolóxica, crítico-valorativa e ideal sobre a historia-realidade. Comprensión panorámica da historia por parte dos filósofos continentais centrada nos eixos Progreso-Nihilismo e Modernidade-Neomodernidade-Postmodernidade, e comparación e conexión crítica e valorativa entre uns autores e outros en relación a estos dous eixos que servirán de guía no desenvolvimento desta materia. Comprensión da relación directa que sempre existe entre a filosofía do ser humano e á filosofía da historia, e concretización desta relación en cada un dos autores deste Programa. Comprensión de escritos selecionados de todos os filósofos que forman parte do programa desta materia co gallo de poder comprobar de que modo cada un dos filósofos móvese nas tres vías de reflexión sobre a historia propias dunha Filosofía da historia e, asimesmo, de poder achegarse ao tipo de conceptualización técnica da que estes filósofos fan uso na súa reflexión. Redacción de escritos nos que se recolla a postura dos autores, salientando a sua crenza ou non crenza na mellora da historia humana e usando, para explicar isto, a conceptualización dos autores. Competencias: Comprensión de cada autor e de cada aspecto do Temario "dentro" das vías de reflexión propias dunha Filosofía da historia. Distinción desta materia das outras materias de denominación semellante, ata conseguir diferenciar ben “que é” e “que no é” Filosofía da historia. Comprensión dos diferentes autores, observados na súa postura propia en canto ao Progreso-Nihilismo, Modernidade-Postmodernidade. Comparación e conexión crítica e valorativa entre uns autores e outros en relación aos eixos que nos servirán de guía. Lectura comprensiva das fontes. Exposición persoal escrita, do pensamento dos autores tomados directamente dende as súas fontes. Redacción dos exercicios con todo o rigor conceptual e formal propio dun traballo académico.

Page 7: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

Redacción dun exercicio final que sirva de expresión dos coñecimentos e madurez persoais acadados mediante o estudo desta materia e que sirva, á súa vez, para probar a competencia á hora de estructurar e dar forma a un traballo académico riguroso. 4. Contidos:

4.1. Descritores da materia no Plano de Estudos 1) Incentivar o coñecimiento e lectura dalguns autores de textos fonte que teñen sido ou son chave na reflexión filosófica sobre a historia en relación aos tres eixos sobre os que se fará xirar esta materia: (a) Progreso-Nihilismo, (b) Modernidade-Postmodernidade, (c) Pensamento feble-Racionalidade forte. 2) Comprender cales son as vías de reflexión posibles dentro da “Filosofía da historia”. 3) Pasar a practicar, de feito, polo menos unha destas vías, (a) despois de haber comprendido, fronte áactual confusión desta materia con outras materias de denominación semellante, “que é” e “que non é” Filosofía da historia e (b) como medio idóneo para irse facendo cun certo criterio valorativo, ben fundado, sobre o actual rumbo que leva a nosa historia.

4.2. Estructura dos bloques de contidos Como pode apreciarse no esquema gráfico, a distribución dos Bloques e das Unidades de contido internas a cada Bloque están distribuídas dacordo con esta división:

Bloque I → Unidade temática I → Temas 1 e 2. Bloque II → Unidade temática I → Temas 3 e 4. → Unidade temática II → Temas 5, 6 e 7.

Bloque III → Unidade temática I → Temas 8, 9 e 10. Bloque IV → Unidade temática I → Temas 11 e 12.

→ Unidade temática II → Temas 13. O Bloque I é básico para comprender o Bloque II. Só sobre o baseamento dos Bloques I e II pode ser comprendido na súa pecualiaridade o Bloque III. O Bloque IV complementa aos anteriores e só pode comprenderse apoiándose neles. 4.3. Bloques e unidades de contido

BLOQUE TEMÁTICO I:

Page 8: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

1. Sentido do bloque: CONCEPTO DE "FILOSOFÍA DA HISTORIA". Este Bloque inicial está formado por unha Unidade temática e comprende os Temas 1 e 2 que son de carácter introductorio ao concepto, historia e problemática desta disciplina e do seu nome en relación a outras disciplinas que pola súa denominación aparentemente semellan ter que ver entre si. 2. Obxectivos: Antes de iniciar o programa parece necesario entender de que se trata cando facemos “Filosofía da historia” e que tipo de investigación e de reflexión podemos achar nos autores que dan corpo a esta materia. 3. Desglose por Temas: Unidade temática I: Concepto de Filosofía da historia Tema 1. Que é e que non é "Filosofía da historia"? Tema 2. As tres vías de investigación propias da Filosofía da historia. 4. Materiais ou referencias A. Lecturas obrigatorias 1. Documentos didácticos redactado pola profesora nos que se aporta un esquema

comentado dos Temas A e B. 2. Mª Luz Pintos, “Sobre la utilidad de la Filosofía para la Historia. Propuesta de

distinción y de confluencia”, en Carlos Barros (ed.), Historia a debate, Vedra/A Coruña, Historia a Debate, 2000, Tomo III, pp. 209-223.

3. Material de prensa (noticias e artigos de opinión), en soporte informático e en

soporte papel, sobre o estado do mundo no presente actual. 4. Método de traballo 1. Exposición esquemática por parte da profesora do significado da expresión

“Filosofía da historia” que da título a esta materia, co obxectivo de clarexar o galimatías actual entre (a) Historia como Historiografía ou ciencia historiográfrica, (b) Teoría da Historia ou ciencia historiográfica e (c) Filosofía da historia-realidade.

2. Lectura persoal do material didáctico por parte de cada estudante.

Page 9: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

3. Inmersión en noticias de prensa e artigos de opinión de prensa para calibrar a situación actual do noso mundo. Debate crítico na aula.

Só cumprido este obxectivo os/as estudantes estarán preparados/as para adentrarse nos seguintes Bloques temáticos que abrangue o programa desta materia. BLOQUE TEMÁTICO II: 1. Sentido do Bloque: A TRADICIONAL IDEA SOBRE A HISTORIA E A CRENZA NO PROGRESO. O presente Bloque comprende dúas Unidades temáticas: Unidade temática I: Temas 3 e 4; Unidade temática II: Temas 5, 6 e 7. Os dous primeiros Temas preparan para os seguintes tres Temas. 2. Obxectivos: A tradicional idea occidental sobre a historia que ten orixe no xudaísmo, pasou ao cristianismo medieval, continuou na Idade Moderna e aínda en correntes de pensamento do período contemporáneo. Mais esta idea ven precedida por outra moi diferente, a da filosofía grega. Neste bloque, pártese do contraste entre os dous posicionamentos, facéndoo ver, para despois concretizar o pensamento tradicional sobre a historia, cunha forte crenza no progreso, en figuras que aquí están seleccionadas non só por elas mesmas senón por seres, en moitos casos, portavoces dun modo de pensar epocal. 3. Desglose por Temas: Unidade temática I: Pensamento grego sobre a historia versus o pensamento cristianomedieval e moderno de crenza no progreso na historia. Tema 3. Pensamento grego e Pensamento medieval (Agostiño de Hipona). Tema 4. Pensamento moderno (Kant, Vico, Herder). Unidade temática II: Pensamento contemporáneo sobre a historia en liña coa tradicional crenza no progreso. Tema 5. Materialismo positivista: Saint-Simon e Comte. Tema 6. Idealismo: Hegel. Tema 7. Esquerda hegeliana: Feuerbach; Materialismo marxista: Marx. 4. Materiais ou referencias A. Lecturas obrigatorias

Page 10: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

1. Documentos didácticos dos todos os Temas deste Bloque redactados pola profesora.

2. Tema 3: Páxinas seleccionadas de Agostiño de Hipona, A cidade de Deus. Tema 4: Os seguintes textos de Emmanuel Kant: -“Ideas para una historia universal en clave cosmopolita” -Cara a paz perpetua. -“¿Qué es la Ilustración”. -“Recensiones sobre la obra de Herder Ideas para una filosofía de la historia de la humanidad”. -“Probable inicio de la historia humana”. -“El fin de todas las cosas”. -“Replanteamiento sobre la cuestión de si el género humano se halla en continuo progreso hacia lo mejor”. -Antropoloxía práctica (terceiro capítulo). Tema 5: Páxinas seleccionadas dos seguintes textos de Comte: -Curso de filosofía positiva. -Discurso sobre o espíritu positivo. - Sistema de política positiva ou Tratado de socioloxía instituíndo a relixión da

Humanidade. - Catecismo positivista. Tema 6: Páxinas seleccionadas dos seguintes textos de Hegel: -Lecciones de Filosofía da historia. -Enciclopedia das ciencias filosóficas. -Introducción á Historia da Filosofía. -Filosofía do Dereito. Tema 7: Páxinas seleccionadas do seguinte texto de Engels: -Ludwig Feuerbach e o fin da filosofía clásica alemana. Fragmentos seleccionados dos seguintes textos de Feuerbach: -Tesis provisionales para la reforma de la Filosofía. -Principios da filosofía do futuro. -Teogonía. -O eudemonismo. Páxinas seleccionadas dos seguintes textos de Marx ou de Marx/Engels: -Tesis sobre Feuerbach. -A ideología alemana. - O método na economía política. -Manuscritos de economía e filosofía. -Manifiesto do Partido Comunista.

Page 11: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

-Traballo asalariado e capital. -Contribución á crítica da economía política. -Crítica da Filosofía do estado de Hegel. B. Lecturas complementarias BENAVIDES LUCAS, Manuel, Filosofía de la historia, Madrid, Síntesis, 1994. BURY, John, La idea del progreso, Madrid, Alianza, 1971. GARCIA GÓMEZ-HERAS, José Mª, Historia y razón, Madrid, Alambra, 1986. GARCÍA VENTURINI, José Luis, Filosofía de la historia, Madrid, Gredos, 1972. LÖWITH, Karl, De Hegel a Nietzsche. La quiebra revolucionaria del pensamiento en el siglo XIX, Buenos Aires, Katz, 2008. NISBET, Robert, Historia de la idea de progreso, Barcelona, Gedisa, 1980. SCHNÄEDELBACH, Herbert, La filosofía de la historia después de Hegel. El problema del historicismo, Buenos Aires, Alfa, 1980. SUÁREZ, Luis, Grandes interpretaciones de la historia, Barcelona, N.T., 1978 Tema 3: CANTERA MONTENEGRO, Santiago, “San Agustín y la presencia del mal en la historia”, Espíritu. Cuadernos del Instituto Filosófico de Balmesiana, 144 (2012) 225-246. DUJOVNE, Leon, La Filosofía de la historia en la Antigüedad y en la Edad Media, Buenos Aires, Galatea-Nueva Visión, 1958. FERRATER MORA, José, Cuatro visiones de la historia universal: San Agustín, Vico, Voltaire, Hegel, Madrid, Alianza, 2006. GARCÍA GÓMEZ-HERAS, José Mª, Historia y razón, Madrid, Mezquita, 1985. Ver pp. 4-

13 LLEDÓ, Emilio, Lenguaje e Historia, Barcelona, Ariel, 1978. Ver cap. IX, 2. LÖWITH, Karl, El sentido de la historia. Implicaciones teológicas de la filosofía de la historia, Madrid, Aguilar, 1972. Ver cap. IX. NISBET, Robert A., Historia de la idea de progreso, Barcelona, Gedisa, 1980. Ver I Parte, capítulos. 2 e 3 THYSSEN, Johannes, Historia de la Filosofía de la historia, Buenos Aires, Espasa- Calpe, 1954.Ver cap. II,1. VARA MARTÍN, Julián, “La unidad del género humano en La ciudad de Dios”, Espíritu. Cuadernos del Instituto Filosófico de Balmesiana, 144 (2012) 247-275. Tema 4: BEADE, Ileana P., “Libertad y naturaleza en la filosofia kantiana de la historia”, Daimon. Revista Internacional de Filosofía 54 (2011) 25-44. GIL, Joaquín, “Aproximación antropológica a la filosofía de la historia en Kant”, Fórum de Recerca 12 (2006/2007). PRIETO LÓPEZ, Leopoldo, “La filosofía de la historia de Kant”, Estudios filosóficos, vol. 61, 178 (2012) 439-476. RODRIGUEZ, Mariano, “Kant y la idea de progreso”, Revista de Filosofía [Madrid], vol. 6, 10 (1993) 395-411.

Page 12: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

RODRIGUEZ ARAMAYO, Roberto, Kant. La utopía moral como emancipación del azar, Madrid, Edaf, 2001. RODRIGUEZ ARAMAYO, Roberto, “Estudio Preliminar. El ‘utopismo ucrónico’ de la reflexión kantiana sobre la historia”, en Ideas para una historia universal en clave cosmopolita y otros escritos de Filosofía de la historia, Madrid, Tecnos, 1987, pp.

IX-XXXIX. RODRIGUEZ ARAMAYO, Roberto, Kant. La utopía moral como emancipación del azar, Madrid, Edaf, 2001. RODRIGUEZ ARAMAYO, Roberto, “La simbiosis entre ética y Filosofía de la historia, o el rostro pánico de la moral kantiana”, Isegoría (1991) 20-36. VÁZQUEZ, René / MATEOS, José Antonio, “La concepción moderna del progreso en Kant: en torno a la posibilidad de una filosofía de la historia”, Revista Observaciones Filosóficas 17 (2013/2014). Tema 5: CHACÓN FUENTES, Pedro, A. Comte. Filosofía e ideología en el positivismo, en José Manuel Bermudo Ávila (ed.), Los filósofos y sus filosofías, Barcelona, Vicens Vives, 1983, vol. 3. MARTÍN SERRANO, Manuel, Comte, el padre negado, Madrid, Akal, 1976. Tema 6: ÁLVAREZ GÓMEZ, Mariano, “Kant y Hegel sobre el plan oculto de la naturaleza y de la historia”, en Mª Carmen Paredes / Mariano Álvarez (eds.), La controversia de Hegel con Kant, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 2004, pp. 85- 98. ÁLVAREZ GÓMEZ, Mariano, “El hombre como medio y como fin en la historia”, en ibidem, pp. 13-32. ÁLVAREZ GÓMEZ, Mariano, “Idea y acción. La Historia como teodicea en Hegel”, Cuadernos salmantinos de filosofía 11 (1984) 205-230. ANGEHRN, Emil, “Razón en la Historia? Sobre el problema de la Filosofía de la Historia en Hegel”, en Gabriel Amengual Coll (ed.), Estudios sobre la “Filosofía del Derecho” de Hegel, Madrid, Centro de Estudios Constitucionales, 1989. Ver pp. 349-375. BAUER, Christoph J.,“La dialéctica de la igualdad. Sobre la relación entre antropología y filosofía de la historia en Hegel”, Contrastes, vol. 15, 2 (2010) 39-64. CHATELET, François, Hegel según Hegel, Barcelona, Laia, 1972. Ver pp. 165-257. CORTÉS DEL MORAL, Hegel y la ontología de la historia, México, Universidad Nacional Autónoma de México, 1980. D’HONDT, J., Hegel, filósofo de la historia viviente, Buenos Aires, Amorrortu, 1971. ESTRADA DÍAZ, Juan A., “Teodicea y sentido de la historia”, Pensamiento, vol. 52, 204

(1996) 361-382. FERRATER MORA, José, Cuatro visiones de la historia universal: San Agustín, Vico, Voltaire, Hegel, Madrid, Alianza, 2006. FLOREZ MIGUEL, Cirilo, Génesis de la razón histórica, Universidad de Salamanca, 1983.

Ver Cap. IV.

Page 13: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

FLOREZ FLOREZ, Ramiro, La dialéctica de la historia en Hegel, Madrid, Gredos, 1983. FLOREZ MIGUEL, Cirilo, Génesis de la razón histórica, Univ. de Salamanca, 1983. Ver

Cap. IV. GARCIA VENTURINI, José Luis, Filosofia de la historia, Madrid, Gredos, 1972. Ver I Parte, Caps.VII-VIII. HYPPOLITE, Jean, Introducción a la Filosofía de la historia de Hegel, Buenos Aires, Calden, 1968. LÖWITH, Karl, De Hegel a Nietzsche, Buenos Aires, 1968. MARCUSE, Herbert, Razón y revolución. Hegel y el surgimiento de la teoría social, Madrid, Alianza, 2003. NISBET, Robert A., Historia de la idea de progreso, Barcelona, Gedisa, 1980. Ver II parte:

Cap. 7. ORTEGA MUÑOZ, Fernando, El sentido de la historia en Hegel, Málaga, Universidad de

Málaga, 1979. ORTEGA Y GASSET, José, "En el centenario de Hegel", en Kant, Hegel, Scheler, Madrid, Alianza. PEREZ, Berta M., “Hegel y el fin de la historia”, Revista de Filosofía [Madrid], vol. 28, 2 (2003) 325-352. SUAREZ, Luis, Las grandes interpretaciones de la historia, Barcelona, N.T., 1978. Ver

Cap. 7. WALHS, William H., Introducción a la Filosofía de la historia, México, Siglo XXI, 1968. Ver Cap. VII. Tema 7: ARENDT, Hannah, Karl Marx y la tradición del pensamiento político occidental, Madrid, Encuentro, 2007. FROMM, Eric, Marx y su concepto del hombre, México, F.C.E., 1973. GADEA, Walter Federico, “Historia, poder y emancipación. Carlos Marx”, Astrolabio. Revista iternacional de filosofía 11 (2011) 164-176. GONZALEZ GARCIA, Moisés, “Progreso e historia en Vico y Marx”, Cuadernos sobre Vico 11/12 (1999/2000) 129-147. GURVITCH, Georges, Dialéctica y sociología, Madrid, Alianza, 1971.

KINNEN, Eduardo, El humanismo social de Marx, Santiago de Chile, Andrés Bello, 1969. HARNECKER, Marta, Los conceptos elementales del materialismo histórico, México, Siglo

XXI, 200565. HELLER, Agnes, “Marx y la Modernidad”, Sistema. Revista de ciencias sociales, 54/55 (1983) 3-16. LEFEBVRE, Henry, El materialismo dialéctico, Buenos Aires, La Pléyade, 1974. MARCUSE, Herbert, Marxismo soviético, Madrid, Alianza, 1974.

Page 14: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

PINTOS PEÑARANDA, Mª Luz, "Aproximación a la teoría marxiana desde el pensamiento fenomenológico-existencial de M. Merleau-Ponty, I", Anales del Seminario de Metafísica 26 (1992) 167-184. PINTOS PEÑARANDA, Mª Luz, "Aproximación a la teoría marxiana desde el pensamiento fenomenológico-existencial de M. Merleau-Ponty, II", Anales del Seminario de Metafísica (Madrid) número Extra (1992) 235-252. PINTOS PEÑARANDA, Mª Luz, "De lo visible a lo invisible. Hacia una nueva forma de enfocar la realidad", Agora. Papeles de Filosofía, vol. 5 (1985) 101-112. RUBIO CARRACEDO, José / VICO MONTEOLIVA, Mercedes, “Hombre nuevo, sociedad sin clases y Estado justo en Marx”, Sistema. Revista de ciencias sociales 54/55 (1983) 147-168. TARCUS, Horacio, “¿Es el marxismo una filosofía de la historia? Marx, la teoría del progreso y la ‘cuestión rusa’”, Andamios, vol. 4, 8 (2008) 7-32. 4. Método de traballo 1. Exposición inicial introductoria, por parte da profesora, de cada un dos Temas, con apoiatura en diverso material didáctico en soporte papel e electrónico, con esquemas e comentarios complementarios co gallo de enriquecer a exposición introductoria da aula e promover a curiosidade do/da estudante cara o enfoque dos autores tratados e da problemática que vai ir xurdindo con cada enfoque e o debate. 2. Lectura directa, persoal, dos textos fonte do Tema 3 e entrega dun comentario nunha data acordada de antemán. 3. Unha vez rematada a exposición introductoria, cómpre facer lectura directa, persoal, dun dos textos fonte do Tema 4, seleccionado libremente entre todos eles, e entrega por escrito dunha síntese del. 4. Exposición oral persoal, para o grupo, das liñas xerais do texto fonte do tema 4 seleccionado. 5. A medida que se remate a exposición introductoria na aula, cómpre facer lectura directa, persoal, das páxinas seleccionadas dos textos fonte dos Temas 5, 6 e 7, e entregar un comentario por escrito nunha data acordada de antemán. BLOQUE TEMÁTICO III: 1. Sentido do Bloque: PENSAMENTO CONTEMPORÁNEO SOBRE

A HISTORIA: CRISE E RUPTURA DA CRENZA NO PROGRESO

Page 15: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

Este Bloque III está formado por unha soa Unidades temática que comprende tres Temas (Tema 8, 9 e 10), de notoria relación entre si xa que os tres están referidos a autores cuxo pensamento vitalista supón un enfoque novedoso: descrenza sobre o cambeo e o progreso na historia. 2. Obxectivos: Unha vez feita a inmersión na reflexión sobre o sentido da historia

e sobre a crenza no progreso que acompaña a todos os filósofos que están seleccionados no programa desta materia como representantes da Idade Media, da Idade Moderna e dun enfoque continuísta que aínda podemos achar no século XIX da Idade Contemporánea, o paso que sigue é un adentramento en pensadores que rachan con este enfoque secular tan no corazón da tradición de Occidente.

Unidade temática I: Tema 8. Schopenhauer: a “vontade de poder” e a imposibilidade de cambio e mellora. Tema 9. Nietzsche: a “vontade de poder” e o “eterno retorno do mesmo” na historia. Tema 10. Freud: a inevitabilidade do malestar na cultura. 4. Método de traballo 1. Exposición inicial introductoria, por parte da profesora, de cada un dos Temas, con apoiatura en diverso material didáctico en soporte papel e electrónico, con esquemas e comentarios complementarios co gallo de enriquecer a exposición introductoria da aula e promover a curiosidade do/da estudante cara o enfoque dos autores tratados e da nova problemática que vai ir xurdindo con cada autor. 2. Unha vez rematada a exposición introductoria, cómpre facer lectura directa, persoal, das páxinas seleccionadas dos textos fonte do Temas 8 e entregar o correspondente comentario escrito nunha data acordada de antemán. 3. A lectura da selección dunhas páxinas dos textos fonte pertenecentes ao Tema 9 será opcional e, en todo caso, non sserá necesario entregar un comentario por escrito. 4. Os textos fonte pertenecentes ao Tema 10 son prácticamente todos os do autor e sen selección de páxinas para que, deste xeito, o/a estudante poda libremente escoller as lecturas que considere máis axeitadas. 4. Materiais ou referencias A. Lecturas obrigatorias Tema 8. Páxinas seleccionadas dos seguintes textos de Schopenhauer: - “Dolores do mundo”.

Page 16: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

- “O amor”. - “O egoísmo”. - Os designios do destiño. - O mundo como vontade e representación. - Sobre a dor do mundo, o suicidio e a vontade de vivir. - “La muerte”. -Sobre la voluntad en la naturaleza. -Sobre a Filosofía de Universidade. Tema 9.Textos de Nietzsche: - A filosofía na época tráxica dos gregos. -A vontade de poder -Alén do ben e do mal. -Así falou Zaratustra, -Ecce homo. -O crepúsculos dos ídolos. -Sobre o porvir das nosas escolas. -Xenealoxía da moral. -Consideración intempestiva 1. David Strauss -Consideración intempestiva 2. De la utilidad y los inconvenientes de la Historia para la vida. -Consideración intempestiva 3. Schopenhauer como educador. -Consideración intempestiva 4. Richard Wagner en Bayreuth. Tema 10. Páxinas seleccionadas principalmente dos seguintes textos de Freud: -O malestar na cultura. -Psicoloxía das masas e análise do Eu. -O porvir dunha ilusión. -O Eu e o Iso. B. Lecturas complementarias Tema 8: NÁJERA PÉREZ, Elena, “Una difícil reconciliación: Hegel, Schopenhauer y Nietzsche a propósito de la historia”, en Andrés Alonso Martos / Edgar Maraguat (eds.), ¿Librarse de Hegel? Una irritante presencia en el pensamiento contemporáneo, Valencia, Diputación Provincial de Valencia, 2007, pp. 29-48. PICLIN, Michel, Schopenhauer o lo trágico de la voluntad, Madrid, EDAF, 1975. SUANCES MARCOS, Manuel, “El problema del dolor en la filosofía de Schopenhauer”, en Moisés González García (ed.), Filosofía y dolor, Madrid, Tecnos, 2006. RUIZ CALLEJÓN, Encarnación, “La ‘tercera navegación’ en Schopenhauer: el carácter adquirido y el arte de vivir”, Daymon. Revista de filosofía 31 (2004) 23-42.

Page 17: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

Tema 9: ACCORINTI, Stella, “El combate contra el nihilismo”, Perspectivas nietzscheanas 1

(1992) 7-16. ÁVILA CRESPO, Remedios, “De la muerte de Dios al superhombre. El sufrimiento y la risa en el ‘Zaratustra’ ”, Estudios Nietzsche 1 (2001) 13-31 CRAGNOLINI, Mónica, “Pensar, expresar y obrar después del nihilismo”, Perspectivas nietzscheanas 1 (1992) 17-34. DELEUZE, Guilles, Nietzsche y la filosofía, Barcelona, Anagrama, 1971. DELEUZE, Guilles, Diferencia y repetición, Buenos Aires, Amorrortu, 2002,. KLOSSOWSKI, Pierre, Nietzsche y el círculo vicioso, Madrid, Arena Libros, 2004. FINK, Eugen, La filosofía de Nietzsche, Madrid, Alianza Universidad, 1976. PINTOS PEÑARANDA, Mª Luz, "De lo visible a lo invisible. Hacia una nueva forma de enfocar la realidad", Agora. Papeles de Filosofía, vol. 5 (1985) 101-112. PINTOS PEÑARANDA, Mª Luz, “En contra de nuestro tiempo. Nietzsche y su inicial ruptura con la Modernidad”, en X. L. Barreiro Barreiro (ed.), Ilustración e Modernidade. Os avatares da Razón, Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 2001, pp. 239-275. URRESTI, Marcelo, “Consideraciones acerca del eterno retorno”, Perspectivas nietzscheanas 1 (1992)81-94. Tema 10: ALDEA MUÑOZ, S., Eros y cultura en Freud, Madrid, Universidad Complutense de

Madrid. AXELOS, K., “Freud, analista del hombre”, en AA.VV., La nueva imagen del hombre, Buenos Aires, Rodolfo Alonso. BRAUNSTEIN, N. (ed.), A medio siglo de “El malestar en la cultura” de Sigmund Freud, Madrid, Siglo XXI. CASTRO, Uxío, “Freud. Actualidade da súa ética”, Grial, vol. 28, 105 (1990) 17-22. CRISTINO GARRIDO, J., Freud: psicogénesis de la conciencia moral, Madrid, Facultad de Filosofía y Letras. DAHMER, H., Libido y sociedad y sociedad. Estudios sobre Freud y la izquierda freudiana, Madrid, Siglo XXI. DIAZ MURUGARREN, J., “La ética instintiva de la religión”, Estudios filosóficos, vol. XXIX (1982) 427-454. FERRO BAYONA, Jesús, El individuo en la cultura y la historia: ensayos de filosofía y psicoanálisis, Colombia, Uninorte, 2005. GOMEZ SANCHEZ, C., Freud, crítico de la Ilustración: ensayos sobre psicoanálisis, religión y ética, Barcelona, Crítica. GONZÁLEZ GARCÍA, Moisés, (ed.), Filosofía y dolor, Madrid, tecnos, 2006. Ver cap.

“Aspectos del malestar social en Freud”. KALIVODA, R., “Marx y Freud”, Cuadernos Anagrama, nº 23. MARCOS, Jesús M.,“La concepción freudiana de la historia”, Estudios filosóficos 155

(2005) 5-31 MARCUSE, Herbert, Eros y civilización, Barcelona, Península.

Page 18: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

MARCUSE, Ludwig, Sigmund Freud: su visión del hombre, Madrid, Alianza Editorial. MORENO, M. S., “Nota crítica sobre la interpretación freudiana de la religión”, Stromata, vol. XXXIV (1978) 77-102. POMBO SANCHEZ, Manuel, El legado de Sigmund Freud: una relectura de la Ilustración, Buenos Aires, Lugar Editorial, 2009. RICOEUR, P., Freud, una interpretación de la cultura, Madrid, Siglo XXI (Segunda Parte,

Cap. III, § 3 y Tercera parte, Cap. II, § 3) ROZITCHNER, L., Freud y los límites del individualismo burgués, Madrid, Siglo XXI. SCHELLEMBERG, J. A., Los fundadores de la psicología social. Freud, Mead, Lewin, Skinner, Madrid, Alianza. SCHNEIDER, M., Neurosis y lucha de clases. Crítica materialista del psicoanálisis para constituirlo en fuerza liberadora, Madrid, Siglo XXI. UREÑA, E. M., La teoría de la sociedad de Freud: represión y liberación, Madrid,

Tecnos. BLOQUE TEMÁTICO IV: 1. Sentido do Bloque: CLAVES DO PENSAMENTO CONTEMPORÁNEO NEOMODERNO E POSTMODERNO SOBRE A HISTORIA O obxectivo deste Bloque temático é dar unha visión en perspectiva, esquemática, en forma de claves, sobre a filosofía da historia “neomoderna” e “postmoderna”, unha vez que nos adentramos no século XX. Unidade temática I: Pensamento neomoderno sobre a historia. Tema 11. Neomodernidade. A fenomenoloxía ante a crise. Husserl, Gurwitsch: enfermidade da cultura e nihilismo do noso tempo. Tema 12. Neomodernidade. A Escola de Frankfurt como Teoría Crítica: Horkheimer, Benjamin, Marcuse. Unidade temática II: Pensamento postmoderno sobre a historia. Tema 13. Postmodernidade. Trazos xerais do pensamento "postmoderno" francés sobre a historia. Foucault. 4. Materiais ou referencias Material didáctico diverso que será entregado na aula, elaborado pola docente, en soporte papel.

Page 19: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

A. Lecturas obrigatorias Dado que ao chegar a este Bloque apenas haberá tempo para profundizar nestas escolas e autores con lecturas directas, o material de traballo será ofrecido pola profesora e terá forma esquemática. A intención é dar as claves e, tamén, unha referencia aos escritos máis representativos destes autores, con posibilidade de ofrecer un listado de estudos bibliográficos a quen o solicite.

5. Resumo da metodoloxía da ensinanza: -Exposicións introductorias a cargo da profesora. -Traballo interactivo na aula, con esquemas e diverso material didáctico, ademais de lectura de textos dos autores. -Lectura directa persoal das fontes e redacción dun número determinado de comentarios. -Redacción dun traballo final, persoal, crítico e de rigor académico. -Axuda continúa por parte da profesora, con carácter práctico e moi persoalizado, para mellorar os aspectos de carácter formal e de rigor académico dos exercicios escritos. A materia desenvólvese en tres horas semanais, nas que se conxugan exposición maxistral e traballo interactivo á vez. Na Aula, cada unidade temática iniciarase sempre cunha introducción expositiva por parte da profesora na que se darán as claves para adentrarse en cada escola e/ou autor dende a perspectiva da Filosofía da historia con apoiatura, na aula, de esquemas e documentos didácticos. As exposicións poderán resultar enriquecidas coas intervencións dos alumnos e alumnas que queran facer comentarios sobre algún aspecto relacionado co tema da exposición. Unha vez rematada a introducción a cada Unidade temática e a cada un dos temas que comprende, cada estudante fará traballo persoal de lectura directa das fontes sinaladas como de lectura obrigatoria e, finalmente, redactará un comentario, no que terá que combinar explicación con referencia ás fontes do autor. Este comentario terá unha data de entrega. Pedirase este comentario nos Temas 3-4-5-6-7-8. O traballo final farase tomando como baseamento todos os exercicios que se foron facendo e entregando no seu día, aínda que para integralos no conxunto sexa posible que requiran unha redacción diferente. Neste traballo final entran tamén os Temas 1, 9 e 10. O Tema 9 é fundamental e requerirá unha atención especial. Os temas pertenecentes ao Bloque IV non levan consigo lectura de fontes de carácter obrigatorio e será opcional incluilos ou non, ao nivel que sexa, no Traballo final. O carácter peculiar deste Exercicio Final consiste en que cada alumno ou alumna centrará nun autor tentando identificarse con el e falar dacordo ás súas ideas e terminoloxía técnica para, dende el, presentar a súa postura sobre a historia poñéndoa

Page 20: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

en contraste coa dos outros autores e facendo que debatan entre si. Será decisión persoal a forma literaria baixo a que se compoña este Exercicio, sempre que se respete o rigor académico de referir continuamente ás fontes dos autores para validar as afirmacións verquidas no Exercicio.

Os exercicios dos Temas 3-4-5-6-7-8 serán enviados á profesora electrónicamente por mor de que ela poda introducir neles todos os comentarios e cambios que precise de carácter formal. O obxectivo é que ao chegar o momento da redacción do Traballo final, o alumno ou alumna domine de todo en todo a composición formal que se require nun traballo académico e teña seguridadenesta composición.

5.1. Tempo de estudo e traballo persoal

O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que

ten é de 150 horas:

· Horas presenciais semanais: 3 horas (docencia expositiva e interactiva).

Aproximadamente, 45 horas no conxunto do semestre.

· Horas non presenciais semanais, recomendadas para o traballo con

textos: 2 horas. Aproximadamente, 30 horas no semestre.

· Horas de estudo semanais (para alén das non presenciais): 5 horas semanais. Aproximadamente, 75 horas no semestre.

6. Indicacións sobre a avaliación dos procesos e resultados de aprendizaxe: Avaliación continua e Traballo final: (1) Avalación de cada exercicio escrito por cada un dos Temas 3-4-5-6-7-8, redactado

en casa como froito da lectura das fontes e estudos bibliográficos que se precise, e entregado no día pactado de antemán.

(2) Traballo final, escrito, onde se recollan, contrastados, os diversos enfoques dos

autores do temario partindo dun autor elexido para dende el enfocar este contraste. (3) Asistencia regular presencial ás clases expositivas.

Page 21: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

A cualificación final será o resultado de sumar (1) + (2), nunha proporción de 50% cada parte. Para superar a materia, en calquera convocatoria, será imprescindible sumar (1) e (2). En ningún caso a materia poderá ser superada presentando só (1) ou (2). As asistencias a clase (3) e a entrega de cada exercicio parcial no día sinalado entrarán na cualificación final redondeándoa cara arriba ou cara abaixo. No caso de que ou ben exercicios entregados ou ben o traballo final presenten indicios de que non son da autoría de quen os asina, a profesora chamará ao despacho ao alumno ou a alumna e, en presencia dela e doutro docente da área de Filosofía que actuará como observador, plantexará preguntas, formuladas en base ao contido deses documentos, que o alumno ou a alumna terá que saber respostar oralmente, e polo miudo, por mor de poder verificar que, efectivamente, a redacción deses documentos é da autoría de quen os asinou. No caso de que esta verificación sexa fallida, a materia non será superada. As competencias especificadas na sección 3 serán avaliadas, de forma continuada, mediante todos estes distintos tipod de actividades e exercicios escritos.

6.1 Atribución de carga ECTS: Plan de traballo do alumnado

Actividades Horas

presenciais Horas traballo autónomo

Total

Clases expositivas

24 24 48

Actividades de aula Individuais ou grupais

5 36 41

Elaboración de traballos individualis ou grupais

17 36 53

Titorizacións

3 3 6

Total

51 99 150

Recomendacións de cara a avaliación:

Page 22: GUÍA DOCENTE DA MATERIA FILOSOFIA DA HISTORIA Curso … · Bloque formativo: Inserción da materia dentro da panorámica dos Módulos do Grao en Filosofía: Ética Filosofía política

Dado que a materia non será avaliada tan só polo exercicio final e que este precisa de todo un traballo continuado e gradual por anterior, recoméndase a asistencia regular ás clases presenciais, de carácter introductorio, ir facendo a lectura dos textos e a entrega do exercicio escrito de cada autor tamén nas datas sinaladas, e, en definitiva, ir madurando a materia paseniñamente para facer máis doada a redacción do exercicio final.