Guía de Refworks · 2018-11-08 · b. Crear citas rápidas cunha selección de referencias ou as...
Transcript of Guía de Refworks · 2018-11-08 · b. Crear citas rápidas cunha selección de referencias ou as...
REFWORKS
SUMARIO 1. Introducción
2. Crear unha conta e acceder. Presentación da interfaz
3. Importar referencias que temos noutro xestor bibliográfico
4. Incorporar novas referencias en Refworks
a. Crear rexistro manualmente
b. Subir documentos directamente do noso ordenador.
c. Utilizando ferramenta “save to refworks” (captura directa)
d. Exportar directamente dende as fontes de información bibliográficas
e. Buscando en bases de datos e catálogos dende Refworks
5. Carpetas
a. Crear carpetas, sub-carpetas e organizar nelas as referencias
b. Compartir (usuarixs UDC acceso total a documentos, outras institucións
depende de recursos contratados)
c. Buscar duplicados
6. Bibliografía e citas
a. Crear unha bibliografía rápida
b. Crear citas rápidas
c. Introducir citas e bibliografía cando se está redactando un traballo
(sincronización con Word e Google docs).
7. Edición global
8. Configuración da conta (Axustes)
Introdución
Para xestionar as referencias bibliográficas que obtemos dende bases de datos,
catálogos, buscadores académicos ou páxinas webs, temos os chamados “Xestores
bibliográficos”. Hai numerosas opcións e son todos similares: Refworks, Endnote,
Mendeley, Zotero... Case todos contan con versións gratuítas e outras máis completas
de pago. Normalmente permiten a migración das referencias entre eles. Estos xestores
nos permitirán crear a nosa propia base de datos, engadir documentos, crear notas,
compartir carpetas, crear bibliografías e citar ao tempo que traballamos.
A UDC ten contratado Refworks, un dos máis completos e dos máis utilizados. Traballa
en entorno web e unha vez que temos as nosas claves podémolo utilizar dende calquera
ordenador, conectado ou non á rede da universidade. A nova versión é moi amigable e
intuitiva, incorpora opcións de xestor de documentos, unha ferramenta de descoberta
(Summom), utilización de etiquetas, melloras para importar dende web...
1. Crear unha conta e acceder. Presentación da interfaz
Para crear unha conta debemos entrar na url refworks.proquest.com, dende un
ordenador conectado á rede da UDC e utilizando o correo institucional.
2. Importar referencias doutro xestor bibliográfico.
a. Podemos importar directamente as que temos en Refwoks legacy (vello),
que pasarán coas súas carpetas.
b. Dende Mendeley
c. Dende arquivos RIS, BibTeX e PubMed.
d. Para importar dende Endnote: o mellor é exportar dende Endnote a un
arquivo RIS e dende Refworks importar escoller Endnote nas opcións.
3. Como introducir referencias novas?
a. Crear un novo rexistro.
i. Summon. Ferramenta de descuberta que nos permite completar
referencias unha vez introducido, p.e. o título. Tamén a
poderemos utilizar despois para modificar datos de referencias xa
engadidas por outras canles.
ii. Podemos engadir campos personalizados
iii. Permite achegar documentos de moitos formatos, tantos como
queiramos.
b. Subir documentos directamente do noso ordenador. PDF. Editalos e
completar. Engadir notas, marcar texto. Que a referencia estea máis ou
menos completa vai depender dos metadatos que teña o documento ou de
como se creara (p.e. se é a partir de imaxes non recoñecerá os
caracteres). A referencia poderase completar con Summon. Utilizando a
opción de ler podemos marcar ou engadir notas no propio documento.
i. Arrastrar directamente dende o noso ordenador
ii. Cargar
c. Utilizando “save to refworks”. Ferramenta que arrastraremos á nosa
barra de marcadores do navegador. Importante comprobar que temos
activada a barra de marcadores. Con esta ferramenta poderemos exportar
directamente a refworks rexistros dende case todas as bases de datos,
catálogos, webs de prensa, blogs ben feitos, etc.
d. Exportándoas directamente dende as fontes de información bibliográficas
utilizando a opción de exportación que ten a propia fonte (Eric, Sport
discus, Dialnet, WOS, Scopus). Moitas veces xa aparece a opción de
exportar a Refworks.
e. No caso de non ter esta opción poderemos exportar as referencias a un
arquivo con formato BibTeX ou RIS e despois importar este arquivo
dende Refworks (p.e. dende bases de datos do CSIC).
f. Buscando en bases de datos e catálogos dende Refworks e gardando as
referencias: catálogo da UDC, p.e.
SAVE TO
REFWOR
KS
EXPORTACIÓN
DIRECTA
EXPORTACIÓ
N ARQUIVO
Z39.50
Buscar
desde
Refwor
ks
CATÁLOGO
txt
WORLDCAT desordenad
a
Individual
BibTex / RIS
Debemos
modificalas
individual
BibTex
individual
individual
IndividualBibT
ex /RIS logued
individual
RIS logued
txt individual
logued
Individual
BibTex / RIS
Individual
BibTex /RIS
Listaxe rex
marcados
Eric, PsyInfo
Logued:sincronizac
ión
LION individual
RIS
Medline, Sport
Discus
BibTex / RIS
Medline
Refworks / RIS
BibTex / RIS
BibTex / RIS
BibTex
PRENSA
BLOGS
Sempre que teñan ben
metadatos
REVISTAS
OJS (individual)
Entrada,
non
referencias
*En Google Scholar debemos ir previamente a configuración e escoller opción de
exportar a Refworks:
4. Xestionar Carpetas.
Podemos organizar a información en distintas carpetas e sub-carpetas, que
poderemos compartir con outrxs usuarixs outorgándolles os permisos que
desexemos. No caso que pertenzan á UDC poderán acceder tamén aos textos
completos que se enlazaron dende a fonte de exportación, pero se son doutra
institución é posible que non teñan os mesmos recursos contratados.
Refworks non dá opción tamén de facer procuras entre todos os rexistros que temos
gardados e buscar duplicados. Haberá sempre unha carpeta de última importación.
Podemos eliminar referencias cando queiramos. OLLO!, se utilizamos a opción de
eliminar, dende a vista que aparece na pantalla principal, borraremos a referencia da
base de datos. Se queremos limpar a pantalla principal usaremos opción “eliminar
último importado”
5. Bibliografía e citas
a. Crear unha bibliografía rápida cunha selección de referencias ou as
dunha carpeta.
b. Crear citas rápidas cunha selección de referencias ou as dunha carpeta.
Imos escollendo cada unha e vendo a cita e despois crea a bibliografía
final.
c. Introducir citas e bibliografía cando se está redactando un traballo
i. Word instalar complemento que hai en ferramentas de
Refworks, o Write in cite. MAC con word 2016 instalar
“Refworks citation manager”, indo a Office Store, se son versións
anteriores pode ser writte in cite. OLLO! A versión do word debe
ser a oficial, se é pirata dá problemas.
ii. Google docs instalar o plugin dende Refworks ferramentas.
Abrir o documento con google docs. Xa aparece unha lapela con
Proquest Refworks.
6. Edición global
Podemos engadir un texto a un campo en todos os rexistros a o mesmo tempo, ou
substituír algo en todos, eliminar...
7. Configuración da conta (Axustes):
a. Ver o almacenamento dispoñible (teño ata 20 MB de documentos?)
Referencias e carpetas non ocupan espazo.
b. Cambiar la contrasinal
c. Cambiar opción para que non pregunte a que refworks quero exportar
d. Desactivada opción de sincronizar con Dropbox
e. Eliminar la conta
AXUDAS
http://www.proquest.com/go/upgrade-refworks
http://www.proquest.com/go/webinars-refworks están tamén os q fan en castelán.
proquest.libguides.com/spanish
http://proquest.libguides.com/spanish/nuevorefworks
canle youtube https://www.youtube.com/user/ProQuestRefWorks/videos