GLÍCIDOS - bioloxiaanxelfole.files.wordpress.com · orgánicas que responden á fórmula xeral Cn...
Transcript of GLÍCIDOS - bioloxiaanxelfole.files.wordpress.com · orgánicas que responden á fórmula xeral Cn...
GLÍCIDOS
Os hidratos de carbono ou glícidos son biomoléculas
orgánicas que responden á fórmula xeral Cn (H2O)n.
Reciben tamén o nome de HIDRATOS DE
CARBONO, xa que o osíxeno e o hidróxeno están na
mesma proporción que na auga.
Constitúen o 1-2 % da masa celular.
Principalmente desempeñan función enerxética.
Clasifícanse atendendo ao tamaño da molécula e á
súa solubilidade (canto máis grande é a molécula,
máis insoluble é).
CLASIFICACIÓN DOS GLÍCIDOS
MONOSACÁRIDOS (1)
DISACÁRIDOS (2)
OLIGOSACÁRIDOS (3-10)
POLISACÁRIDOS (+ 10)
MONOSACÁRIDOS
Son os glícidos máis sinxelos, non se poden hidrolizar.
Son solubles en auga, doces, cristalinos e brancos.
Entre os monosacáridos máis importantes destacan: glicosa, galactosa, frutosa, ribosa e desoxirribosa.
CRITERIOS DE CLASIFICACIÓN:
Segundo o GRUPO funcional:
Aldosas (Función aldehido)
Cetosas (Función Cetona)
Segundo o Nº de átomos de Carbono:
Triosas: 3 átomos de Carbono.
Tetrosas: 4 átomos de Carbono.
PENTOSAS: 5 átomos de Carbono: Ribosa e
Desoxirribosa.
HEXOSAS: 6 átomos de Carbono: Glicosa.
GLICOSAA glicosa está na froita e
tamén no noso sangue. A
frutosa é o azucre da froita, a
galactosa o do leite.
A glicosa é a principal molécula enerxética das células.
Proxección de FISHER
Proxección de
HAWORTH
Fórmula empírica
Modelo molecular
DISACÁRIDOS
Formados pola unión de dous monosacáridos
mediante un
enlace O-glicosídico.
Os disacáridos máis importantes son: lactosa,
sacarosa, maltosa.
FORMACIÓN DO ENLACE O-GLICOSÍDICO.
condensación
hidrólise
O enlace o-glicosídico establécese cando reaccionan os hidroxilos de dous monosacáridos. Ten lugar unha reacción de condensación
con formación dunha molécula de auga.
MaltosaÉ o azucre de malta. Grao xerminado
de cebada que se utiliza naelaboración da cervexa. Posúe dúasmoléculas de glicosa unidas por enlaceglicosídico.
MALTOSA = GLICOSA + GLICOSA
SACAROSA = GLICOSA + FRUTOSA
SacarosaÉ o azucre de mesa. Formado por
glicosa e frutosa unidas por enlace
glicosídico.
LACTOSA = GLICOSA + GALACTOSA
Lactosa
É o azucre do leite dos mamíferos.
Está formada pola unión de
galactosa e glicosa.
POLISACÁRIDOSEstán formados pola unión de moitos monosacáridos, de 11 a centos
de miles. Peso molecular elevado. Non teñen sabor doce.
Clasifícanse en 2 grupos:
DE RESERVA (enlaces facilmente hidrolizables):
amidón (en plantas)
glicóxeno (en animais)
ESTRUTURAIS (enlaces difíciles de hidrolizar):
celulosa
pectina
quitina
Amidón, glicóxeno e celulosa están formados pola unión
de moitas moléculas de glicosa. Diferéncianse no tipo de
enlace e na estrutura que forman as cadeas.
Constitúen a fibra vexetal.
GALACTOSEMIA. A GALACTOSEMIA É UN
TRASTORNO HEREDITARIO QUE
CONSISTE NA FALTA DA ENZIMA
CAPAZ DE METABOLIZAR A
GALACTOSA.
DETECCIÓN PRECOZ