Galicia Sindical dixital n.º 17 (marzo de 2011) · responde as principais cuestións sobre a...

8

Transcript of Galicia Sindical dixital n.º 17 (marzo de 2011) · responde as principais cuestións sobre a...

Page 1: Galicia Sindical dixital n.º 17 (marzo de 2011) · responde as principais cuestións sobre a reforma das pensións. De esquerda a dereita, Rafael sánchez-Fernández, Xosé Manuel
Page 2: Galicia Sindical dixital n.º 17 (marzo de 2011) · responde as principais cuestións sobre a reforma das pensións. De esquerda a dereita, Rafael sánchez-Fernández, Xosé Manuel

GALICIA SINDICAL N.º 17 - Marzo 2011

2

www.galicia.ccoo.es

«Emprego estable e con dereitos» é

o lema da iniciativa lexislativa popular

(ILP) que CCOO e UGT impulsamos no

ámbito estatal. O obxectivo, reverter

os aspectos máis lesivos da reforma

laboral.

Esta iniciativa presentámola en Gali-

cia o pasado 30 de marzo. Ábrese

agora un prazo de nove meses para

recollermos as 500.000 sinaturas ne-

cesarias para que o texto da ILP sexa

debatido e votado no Congreso. Esta

considerable cantidade é unha mostra

do importantísima que é a túa partici-

pación.

A iniciativa lexislativa popular de

CCOO e UGT é un texto articulado de

lei co que, ademais, lle demostramos

ao Goberno que nós si temos alterna-

tivas ao recorte de dereitos.

Nos meses transcorridos desde a

aprobación da reforma laboral, puide-

mos constatar que se cumpriron os no-

sos prognósticos. Isto é, que a reforma

non está a cumprir nin o primeiro dos

obxectivos polo que foi aprobada no

Congreso. Polo tanto, non só non con-

tribuíu á recuperación económica, se-

nón que está a provocar nos últimos

meses un brutal incremento dos des-

pedimentos, da redución da contrata-

ción indefinida e da substitución desta

pola temporal.

A ILP que impulsamos propón refor-

mas normativas dirixidas a combater

a segmentación e a precariedade do

mercado de traballo —favorecendo o

Xosé Manuel sánchez aguión

acceso e a permanencia a través de

empregos estables e de calidade—, re-

cuperar a causalidade do despedi-

mento e con garantías —sobre todo no

caso do despedimento obxectivo—, fa-

vorecer o emprego da mocidade e per-

soas en paro, obrigar a que as medidas

de flexibilidade interna das empresas

se negocien cos sindicatos, reformar

os elementos da negociación colectiva

conculcados pola reforma laboral e

avanzar cara á progresiva substitución

do actual modelo produtivo, xusto a

principal causa pola cal a crise econó-

mica é especialmente intensa no noso

país.

O Sindicato Nacional de CCOO fixo

pública hoxe unha resolución —dis-

poñible na web da organización—

na que reclama para o país un «sis-

tema ferroviario de calidade» e «pla-

nificado», baseado nas necesidades

actuais. Esixe o cumprimento íntegro

do Pacto do Obradoiro e que tanto as

licitacións como a execución dos pro-

xectos se axusten ás previsións orza-

mentarias para garantir o cumpri-

mento dos prazos. O sindicato tamén

insta o Goberno central para que re-

mate os estudos do AVE Vigo-Porto,

«de vital importancia» para o desen-

volvemento da eurorrexión.

CCOO lembra que as infraestruturas

de transporte contribúen á articulación

do territorio e ao seu desenvolve-

mento, e considera que o actual con-

texto económico «non pode ser es-

cusa» para que non se rematen os

eixes radiais que comunican os dife-

rentes puntos da península.

COMISIÓNS, EN DEFENSA DOTRANSPORTE FERROVIARIO

EMPREGO ESTABLE E CON DEREITOSn CARTA DO SECRETARIO XERAL

Page 3: Galicia Sindical dixital n.º 17 (marzo de 2011) · responde as principais cuestións sobre a reforma das pensións. De esquerda a dereita, Rafael sánchez-Fernández, Xosé Manuel

GALICIA SINDICALN.º 17 - Marzo 2011

3

www.galicia.ccoo.es

Acordo para garantir asfábricas no SalnésCCOO acolle con agrado o principio

de acordo ao que se chegou o pasado

día 29 de marzo e que garante o fu-

turo das plantas do grupo conserveiro

Alfageme na comarca do Salnés, que

retomará a actividade a mediados do

vindeiro mes de maio. O sindicato va-

lora como moi positivo o número de

postos de traballo que se van recupe-

rar e que se faga mediante contratos

indefinidos.

O acordo, avalado pola Xunta de Ga-

licia, queda condicionado a un acordo

laboral. Segundo CCOO, non haberá

ningún problema para chegar a ese

pacto «sempre que se cumpran os seus

principios reitores», que pasan por

manter o salario de convenio, conser-

var a antigüidade no posto, manter a

mesma categoría profesional e que se

trate de postos indefinidos.

O grupo cántabro Consorcio vai ad-

quirir as plantas que tiña Alfageme en

Vilaxoán e Ribadumia, ademais de re-

colocar o persoal da factoría do Grove.

Estas pasarán a operar baixo a deno-

minación Conservas Consorcio Ga-

llego. O compromiso de Consorcio é

crear 150 postos de traballo de aquí a

decembro e un cento máis en catro

anos, en total preto de 250, todos eles

con preferencia para o persoal que viña

prestando servizos no grupo conser-

veiro. O grupo tamén se compromete

a non vender en, como mínimo, cinco

anos as plantas e a manter a actividade

polo menos unha década.

CCOO estivo desde o primeiro mo-

mento á fronte das mobilizacións do

persoal e mediando coas institucións

para procurar unha solución á proble-

mática do grupo, chegando á conclu-

sión de que a «única posibilidade de

futuro» era un cambio de propietarios.

Así, Comisións defendeu ir a unha li-

quidación que non fose de activos, se-

nón só para xerar ingresos e resarcir

acredores, e adxudicarlle as plantas

produtivas e as marcas a un grupo sol-

vente do sector que puidese recolocar

o maior número posible de persoas.

n Futuro da conserveira ALFAGEME

CCOO apoia

o persoal

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo de-

nuncia a pretensión da Xunta de precintar

os estudios de Televigo, que comezou a

emitir en 1994, xustificándose en que ca-

rece de licenza para emitir en TDT e que

está a ocupar o espazo das concesionarias

destas licenzas, espazo que foi concedido

polo anterior goberno do PP a grandes gru-

pos de telecomunicación en prexuízo das

televisións locais.

CCOO critica a actuación do Goberno ga-

lego e amosou o seu apoio ao persoal, co

que se concentrou a mediados de marzo

fronte ás instalacións da Xunta en Vigo.

Polo emprego e omodelo social europeo

Preto de trescentas persoas, convocadas por ccoo e ugT, concentráronse o 24 de marzo fronte áDelegación do goberno na coruña para rexeitaren a orientación das políticas económicas e sociais

europeas dende o comezo da crise, e especialmente as decisións en materia de gobernanza europea.

n TELEVIGO

Page 4: Galicia Sindical dixital n.º 17 (marzo de 2011) · responde as principais cuestións sobre a reforma das pensións. De esquerda a dereita, Rafael sánchez-Fernández, Xosé Manuel

GALICIA SINDICAL N.º 17 - Marzo 2011

4

www.galicia.ccoo.es

Máis de dúas mil persoasmobilizáronse con CCOONa manifestación do 10 de Marzo,

Día da Clase Obreira Galega, máis de

dúas mil persoas acudiron ao chama-

mento do Sindicato Nacional de Co-

misións Obreiras e manifestáronse po-

las rúas de Ferrol en defensa do

emprego e a garantía das pensións. A

mobilización foi o acto central dunha

xornada cuxa celebración comezou

pola mañá coa tradicional ofrenda flo-

ral perante o monumento Dez do Mar-

zal, que homenaxea os sindicalistas

Amador Rey e Daniel Niebla, asasina-

dos pola policía franquista o 10 de

marzo de 1972.

Ao remate da manifestación, o se-

cretario xeral de CCOO en Galicia,

Xosé Manuel Sánchez Aguión, lembrou

as máis de 250.000 galegas e galegos

que están actualmente no paro, e re-

clamou un cambio produtivo para xe-

rar emprego. Así, criticou a reforma

laboral, que se demostrou «inútil», e

criticou a «obsesión pola austeridade»

das diferentes administracións, porque

«se centran só en reducir o gasto, e

non en incrementar os ingresos».

Sánchez Aguión tamén reclamou

unha reforma fiscal e financeira. A pri-

meira, asentada na progresividade e

na equidade, «na que pague máis

quen máis ten», aumentando así os

recursos dispoñibles para o Estado. E

unha reforma financeira «que asegure

recursos ás administracións públicas,

penalice a especulación e favoreza o

fluxo de crédito ás empresas».

O secretario xeral do Sindicato Na-

cional de CCOO defendeu tamén os

servizos públicos de calidade e opú-

xose ás iniciativas privatizadoras, que,

amais de inxustificadas, «deterioran a

calidade da prestación e ao cabo lle

resultan máis caras á cidadanía».

Canto ás pensións, Sánchez Aguión

defendeu o pacto ao que se chegou

no ámbito estatal, «exemplo do triunfo

do noso modelo de acción sindical»

porque logrou garantir a viabilidade

do sistema público de repartición,

amais de reforzar a solidariedade en

todos os aspectos.

Máis de dúas mil persoas secundaron o chamamento do sindicato nacional de ccooe participaron na manifestación, acto central do Día da clase obreira galega

n Manifestación do Día da Clase Obreira Galega

Pancarta de cabeceira da manifestación, co lema«garantir as pensións, defender o emprego»

instantánea da tradicional ofrenda floral diantedo monumento Dez do Marzal

Page 5: Galicia Sindical dixital n.º 17 (marzo de 2011) · responde as principais cuestións sobre a reforma das pensións. De esquerda a dereita, Rafael sánchez-Fernández, Xosé Manuel

O pasado día 12 entregáronse os Pre-

mios 10 de Marzo, que anualmente ou-

torgan a fundación do mesmo nome e

o sindicato Nacional de CCOO. Este

ano a entrega dos galardóns tivo lugar

na Coruña.

Os premiados foron o xornalista An-

tón Luaces, que se caracterizou pola

paixón con que tratou temas vincula-

dos ao sector do mar; o avogado, coo-

perante e docente Rafael Sánchez-Fer-

nández; Loli Montero —á que non lle

foi posible asistir á entrega—, actual-

mente na sanidade pero protagonista

destacada nas loitas do sector téxtil

dos setenta; José Mato, responsable da

agrupación local de Pensionistas e Xu-

bilados de Pontevedra, que sufriu en

carne propia a represión e o exilio; e

Antonio Gutiérrez, ex-secretario xeral

da Confederación Sindical de CCOO, á

fronte da cal sucedeu ao histórico Mar-

celino Camacho.

GALICIA SINDICALN.º 17 - Marzo 2011

www.galicia.ccoo.es

5

PREMIOS10 DEMARZO

As pensións medias continuarán asubir en Galicia e en España

As pensións medias continuarán a su-

bir en Galicia e en España. Así de tallante

foi Carlos Bravo, secretario de Seguri-

dade Social da Confederación Sindical

de CCOO. O responsable estatal na ma-

teria participou o pasado 17 de marzo

nunha xornada sobre a reforma do sis-

tema público de pensións organizada

polo Sindicato Nacional de CCOO.

Bravo tamén explicou que o pacto

ao que se chegou acaba coa «discrimi-

nación histórica» do réxime especial

agrario, polo que máis de 800.000 per-

soas en todo o Estado pasarán ao ré-

xime xeral a partir do 1 de xaneiro de

2012. O mesmo acontecerá dentro de

pouco tempo coas empregadas de fo-

gar, preto dun millón. O responsable

estatal de CCOO en cuestións de Pen-

sións e Seguridade Social referiuse tamén

a logros como os recoñecementos de pe-

ríodos de cotización para pais e nais por

nacemento ou adopción, e ás mozas e

mozos por contratos formativos.

A reforma, en seis minutos

Na canle en Youtube do Sindicato Na-

cional (http://youtube.com/snccoo)

pódese consultar un vídeo de seis mi-

nutos de duración no que Carlos Bravo

responde as principais cuestións sobre

a reforma das pensións.

De esquerda a dereita, Rafael sánchez-Fernández, Xosé Manuel sánchez aguión (secretario xeraldo s. n. de ccoo), José Mato, Demetrio Vázquez (secretario xeral da u. c. da coruña de ccoo),

antonio gutiérrez, ignacio Fernández Toxo (secretario xeral da c. s. de ccoo) e antón luaces

De esquerda a dereita, carlos Bravo (secretario estatal de seguridade social), Xosé Manuelsánchez aguión (secretario xeral de ccoo) e adela Poisa (secretaria de seguridade socia)

Page 6: Galicia Sindical dixital n.º 17 (marzo de 2011) · responde as principais cuestións sobre a reforma das pensións. De esquerda a dereita, Rafael sánchez-Fernández, Xosé Manuel
Page 7: Galicia Sindical dixital n.º 17 (marzo de 2011) · responde as principais cuestións sobre a reforma das pensións. De esquerda a dereita, Rafael sánchez-Fernández, Xosé Manuel
Page 8: Galicia Sindical dixital n.º 17 (marzo de 2011) · responde as principais cuestións sobre a reforma das pensións. De esquerda a dereita, Rafael sánchez-Fernández, Xosé Manuel

Número 17 - mArzo 2011 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

A agrupación comarcal de Pensio-

nistas e Xubilados de CCOO de Ferrol

organizou o pasado día 24 unha nova

charla dentro do ciclo ‘Envellecemento

Activo e Saudable’. Nesta ocasión, a

temática versou sobre a lei de depen-

dencia.

CONTINÚA EN FERROL O CICLO

‘ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE’

Como relatora interveu María Jesús

García Raposo, axente de emprego do

Sindicato Nacional de CCOO. Presen-

tou e moderou Mario Rico, responsa-

ble de Política Social da Federación de

Pensionistas e Xubilados de CCOO de

Galicia.

a agrupación de Pensionistas e Xubilados de ccoo de Ferrol organiza este ciclo

n Eleccións sindicais. CCOOgañou as eleccións sindicaisen Adolfo Domínguez e naConsellaría de Cultura eTurismo. En ambos os douscasos logrou case a metadedo total de delegados edelegadas en xogo.

n Folga de ambulancias. OSector do Transporte de CCOO,de acordo con outras orga-nizacións, convocou folga dasambulancias para o 27 de abrildebido á negativa da Xunta anegociar as repercusións da Leido transporte sanitario de Galicia.

n Desconvocada a folga enAENA. A maioría do persoal deAENA aprobou o preacordo,negociado por CCOO e outrasorganizacións, polo que sedesconvocaron as diferentesxornadas de folga previstas nosaeroportos españois.

OUTRAS NOTICIAS QUE PODES LER EN WWW.GALICIA.CCOO.ES

CCOO segue insistindo en que o prin-

cipal problema de Galicia é o crece-

mento constante do paro, que durante

febreiro ascendeu en 2.448 persoas

máis en Galicia, situándose case en

250.000.

O sindicato reclámalles aos Executi-

vos estatal e autonómico outras políti-

cas «para frear a sangría da destrución

de emprego» e contribuír á súa crea-

ción. Para CCOO, «urxe» reformar o sis-

tema financeiro para que o crédito che-

gue ás empresas e ás familias, e a

política fiscal para xerar maiores ingre-

sos para investimentos públicos que

reactiven a actividade económica.

Canto á Xunta, pídelle botar man da

súa capacidade de endebedamento. Por

último, e un mes máis, Comisións de-

nuncia que a reforma laboral non serviu

para crear emprego e só se traduce en

precariedade e perda de dereitos.

CCOO RECLAMA OUTRASPOLÍTICAS PARA

COMBATER O PARO