Galicia Sindical - ccoo.gal · miúdo do téxtil, que estivo en folga o pasado 1 de xullo. Case o...
Transcript of Galicia Sindical - ccoo.gal · miúdo do téxtil, que estivo en folga o pasado 1 de xullo. Case o...
Máis de 10.000 persoas percorreron o
pasado 30 de xuño as rúas de Santiago
de Compostela para amosaren o seu re-
Galicia SindicalNÚMERO 10 - AGOSTO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
. . . .
Máis de 10.000 persoas dixeron'non' á reforma laboral e aosrecortes sociaisn Convocadas por CCOO e UGT, percorreron as rúas de Santiago de Compostela o pasado 30 de xuño
D I X I T A L
www.galicia.ccoo.es
A manifestación convocárona de maneira unitaria Comisións Obreiras e UGT como paso previo á folga xeral
Desde a Federación de Comercio,
Hostalaría e Turismo de CCOO, cualifi-
caron de «rotundo éxito, especial-
mente na cidade de Vigo», a resposta
que deu o persoal do comercio polo
miúdo do téxtil, que estivo en folga o
pasado 1 de xullo. Case o 70% do sec-
tor secundou a convocatoria. / Páx. 7
FOLGA DO COMERCIO POLO MIÚDO DO TÉXTIL
xeitamento á reforma laboral e os recor-
tes sociais impostos e os que se pretenda
aplicar no futuro. Ao finalizar a marcha,
os secretarios xerais dos dous sindi-
catos apelaron a secundar a folga xeral
do vindeiro 29 de setembro./ Páxs. 4 e 5
GALICIA SINDICAL N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena)
2
www.galicia.ccoo.es
a prol do sector público como garantía
de dereitos.
Comisións Obreiras denuncia que a
«folla de ruta» da Consellaría de Tra-
ballo e Benestar pasa por privatizar to-
dos os servizos non asistenciais de-
CCOO denunciou recentemente que
os últimos gobernos autonómicos de-
rivaron «perigosamente» a súa xestión
cara a políticas privatizadoras dos ser-
vizos públicos. «Fóronas aplicando
pouco a pouco, pero sen pausa, che-
gando nos momentos actuais a vermos
actuacións canto menos preocupan-
tes», explican desde o sindicato.
CCOO leva xa anos a denunciar esa
«deriva», e para corrixir a situación
propúxolle á actual Xunta que nego-
ciase cos sindicatos e partidos políticos
un Pacto pola Defensa dos Servizos Pú-
blicos. Porén, non houbo resposta.
O sindicato sempre defendeu a ne-
cesidade duns servizos públicos sufi-
cientes, de calidade e de xestión pú-
blica directa para dar resposta ás
distintas necesidades que ten a cida-
danía galega, facendo un aposta clara
«Privatización masiva» dos servizosnon asistenciais por parte de Traballon Poderían verse afectados 1.228 traballadores e traballadoras
O pasado día 25 de xuño, o Pleno
da Deputación de Lugo aprobou a
apertura do Consorcio Provincial de
Emerxencias. Entrará en funciona-
mento a partir do 1 de xaneiro de
2011, e os cinco parques previstos
terán xestión privada. Para CCOO,
«confírmase que a Deputación se
prega ás esixencias da Consellaría
da Presidencia» e cambia o modelo
de xestión directa para privatizar
«definitivamente» o servizo.
A DEPUTACIÓN DE LUGOPRIVATIZA AS EMERXENCIAS
pendentes deste departamento, dei-
xando en mans privadas a xestión dos
centros sociais, complexos da xuven-
tude e outros. Esta «brutal, inconcibi-
ble, innecesaria e errática decisión»
afectaría a 1.228 postos de traballo.
Representantes de CCOO nunha conferencia de prensa para denunciar a situación
CCOO esíxelle á Xunta unpacto polos servizospúblicos
CCOO denuncia que a Lei de orde-
nación e funcionamento da Adminis-
tración xeral e do sector público de
Galicia (LOFAXGA) constitúe o instru-
mento legal co que a Xunta pretende
«intensificar a privatización dos servi-
zos públicos», mantendo a administra-
ción paralela fóra do control parlamen-
tario. Por isto, como condición previa
á aprobación da referida lei, CCOO
esixe a negociación dun pacto en de-
fensa dos servizos públicos. Segundo
CCOO, o pacto ten un dobre obxectivo.
Por un lado, acadar unha Administra-
ción autonómica «máis profesional, ac-
tiva e eficaz», e polo outro «garantir
no acceso a calquera posto de traballo
os criterios de igualdade, mérito, ca-
pacidade e libre concorrencia, con pro-
cesos de selección».
GALICIA SINDICALN.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena)
3
www.galicia.ccoo.es
En canto ás universidades, a Xunta
continúa sen definir un plan de finan-
ciamento que permita a implantación
con garantías do Espazo Europeo de
Educación Superior.
A Federación do Ensino de Comi-
sións Obreiras de Galicia dálle un «ro-
tundo suspenso» á Consellaría de Edu-
cación. Na avaliación do curso
2009-2010, CCOO denuncia que este
finalizou da mesma maneira que co-
mezou, «con pouca negociación e
moita imposición».
Para CCOO-Ensino, o «afán» da Xunta
do PP de se desmarcar das políticas
do anterior goberno galego levou a
Consellaría de Educación a entrar
nunha «carreira desenfreada» por pu-
blicar normativas sen unha negocia-
ción real cos axentes sociais, princi-
palmente co obxectivo de reducir o
gasto en educación, «o que pode che-
gar a provocar unha deterioración do
servizo público».
A Federación do Ensino de CCOO ex-
plicou que o curso comezou «cunha
serie de medidas desafortunadas»,
como unha nova normativa para as es-
colas oficiais de idiomas que empeo-
rou o funcionamento dos centros e as
condicións de traballo do persoal, a fin
da gratuidade universal dos libros de
texto e os recortes na formación do
profesorado. A pesar de insistir en que
cumpría recortar gastos, a Consellaría
modificou outra decisión do goberno
anterior e renovou os concertos edu-
cativos cos centros que escolarizan ne-
nos e nenas por separado, o que re-
presenta un custo de dezaoito millóns
de euros en catro anos.
Porén, si houbo recortes para as tra-
balladoras e traballadores do ensino
privado, que viron minguados os seus
dereitos laborais pola non aplicación
dos acordos asinados.
CCOO dálle un «rotundo suspenso»á Consellaría de Educaciónn O curso acabou como empezou, «con pouca negociación e moita imposición»
Decreto do plurilingüismo
Con ironía, desde CCOO-Ensino si-
nalan entre os «logros» da Consellaría
o de «crear tensión» na sociedade ga-
lega e na comunidade educativa co
chamado «decreto do plurilingüismo».
O texto, rexeitado por toda a comuni-
dade educativa, vai supor no vindeiro
curso un «custo engadido» ás familias,
xa que os libros de materia vixentes
polo sistema de empréstitos hai que
cambialos.
Formación profesional
Para CCOO-Ensino, a formación
profesional é «un tema de máxima
importancia», especialmente no ac-
tual contexto de crise. Para o sindi-
cato, trátase dun «instrumento fun-
damental» para o cambio de modelo
produtivo do país. Porén, produciuse
«un recorte importante na oferta de
módulos formativos para o vindeiro
curso», fundamentalmente nas pro-
vincias de Lugo e Ourense.
Machús Fernández, secretaria xeral da Federación do Ensino de CCOO
Outro conflito relevante neste
curso veu dado polo recorte no ser-
vizo de comedores escolares, que vai
supor o peche de oito comedores no
rural e a supresión de trinta e nove
postos de traballo do persoal de co-
ciña. Para CCOO, detrás destas me-
didas hai un «plan de privatización
dos servizos públicos».
No marco dunha campaña do sin-
dicato para garantir a prestación pú-
blica do servizo, CCOO entregoulle
ao Valedor do Pobo un milleiro de
sinaturas solicitando a mediación da
institución.
PIDEN A MEDIACIÓN DOVALEDOR POLOS COMEDORES
GALICIA SINDICAL N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena)
4
www.galicia.ccoo.es
Máis de 10.000 persoas percorre-
ron o pasado 30 de xuño as rúas
de Santiago de Compostela para lle
diciren ao Goberno central que
«Así, non». Deste modo, rexeitaron
rotundamente a reforma laboral e
os recortes sociais impostos.
A manifestación saíu da Alameda
compostelá, percorreu varias rúas
do ensanche de Santiago de Com-
postela e rematou na Praza das Pra-
terías, onde interviñeron os secre-
tarios xerais de UGT-Galicia, José
Antonio Gómez, e do Sindicato Na-
cional de CCOO, Xosé Manuel Sán-
chez Aguión.
Cara á folga xeral
Esta manifestación foi o primeiro
paso cara á folga xeral que terá lu-
gar o día 29 de setembro. É o dis-
paro de saída para un conxunto de
mobilizacións e asembleas nos cen-
tros de traballo con vistas a esta
folga que lle vai dar un 'non' ro-
tundo á reforma laboral e aos re-
cortes sociais impostos polo Go-
berno central.
Os secretarios xerais de CCOO e
UGT criticaron duramente unha re-
forma que non servirá para crear
emprego; que non reducirá a dua-
lidade do mercado laboral e au-
mentará a temporalidade; que fa-
cilita e abarata o despedimento;
reforza o poder empresarial para
modificar unilateralmente as con-
dicións de traballo; debilita a ne-
gociación colectiva, e privatiza a
xestión do desemprego, ampliando
o campo de actuación das empre-
sas de traballo temporal aos secto-
res de risco e ao emprego público.
Galicia prepárase para a folga xeraln Máis de 10.000 persoas déronlle un 'non' rotundo á reforma laboral e aos recortessociais na manifestación do día 30 de xuño en Santiago de Compostela
Á fronte da manifestación estiveron os secretarios xerais de CCOO e UGT
por parte da fiscalía competente».
CCOO considera que o expresado
pola Consellaría é «de enorme gravi-
dade», e non deixa de ser unha «cons-
GALICIA SINDICAL N.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena)
6
www.galicia.ccoo.es
Comisións Obreiras denuncia o des-
leixo de funcións por parte da Conse-
llaría do Medio Rural. Así o fai saber a
organización sindical após considerar
as manifestacións publicadas polo de-
partamento autonómico na web insti-
tucional sobre a investigación dos in-
cendios forestais, nas que se chega a
afirmar que «non existen brigadas».
Para CCOO, cando desde Medio Rural
falan da inexistencia de brigadas, «ob-
vian e relegan o excepcional traballo
realizado por todos os compoñentes
destas unidades» e, «o que é máis
grave», incorren nunha «presunta res-
ponsabilidade penal», pois abandona
«de xeito intencionado» a persecución
duns delitos públicos, «o que a todas
luces debería ser investigado de oficio
CCOO denuncia o desleixo defuncións de Medio Ruraln O sindicato lémbralle á Xunta que si existen brigadas de investigación de incendios
CCOO reclama a participación sin-
dical para as negociacións sobre
unha hipotética macrorrexión que
abranga as actuais eurorrexións Ga-
licia-Norte de Portugal e Beiras-Cas-
tela e León. Así llo fixo saber o sin-
dicato ao conselleiro da Presidencia,
Alfonso Rueda, e ao director xeral
de Relacións Exteriores e coa UE, Je-
sús Gamallo. O vindeiro día 7 de xu-
llo haberá unha reunión no Porto
(Portugal) para avanzar no proceso e
tratar as achegas realizadas polos
sindicatos.
PARTICIPACIÓN SINDICALPARA A MACRORREXIÓN
tatación de actitudes e prácticas ata o
de agora camufladas baixo formas
pouco disimuladas». A organización
sindical non descarta que poidan exis-
tir «responsabilidades de tipo penal»,
xa que se está a «omitir a obriga da
persecución dos delitos», neste caso
os incendios forestais.
O sindicato lembra que nos últimos
oito anos se promoveu a creación duns
grupos de investigación de incendios
formados por dous axentes en cada
distrito, en total dezanove brigadas en
toda Galicia. Os axentes están faculta-
dos para realizaren as investigacións
relacionadas cos delitos ambientais,
contando polo tanto a Xunta de Galicia
con 550 axentes propios para investi-
gar os incendios.
Alejandro Rodríguez Pazos, voceirode CCOO no colectivo de axentes
forestais e medioambientais
Milleiros de persoas defendena sanidade pública en Burela
A Plataforma Sanitaria da Mariña, da que CCOO forma parte, logroucongregar o pasado 26 de xuño milleiros de persoas en Burela nunha
multitudinaria manifestación en defensa da sanidade pública, do Hospital daCosta e do mantemento dos servizos sanitarios na comarca
GALICIA SINDICALN.º 10 - Agosto 2010 (1.ª quincena)
7
www.galicia.ccoo.es
Asinamento
«inminente» do
convenio en Urbaser
O Comité de Urbaser anuncia o «inminente» asinamento do
convenio colectivo da empresa, o que permitirá que o persoal
comece a cobrar os atrasos e que definitivamente chegue a
«paz social» á concesionaria do servizo de recollida do lixo en
Santiago de Compostela.
O anuncio produciuse moi poucos días despois de que a re-
presentación legal das traballadoras e traballadores de Urbaser
denunciara non ter noticias da empresa para o asinamento,
ao tempo que esta «si tivo dilixencia á hora de descontar do
salario as percepcións correspondentes aos días de folga».
Desde o Comité de Empresa, presidido por CCOO, felicítanse
pola boa noticia e prevén que o asinamento sexa a comezos
deste mes de xullo.
Polas substitucións
en Caixanova
Delegados e delegadas de CCOO, CSICA, CIG e UGT concentráronse o día29 de xuño diante da sede principal de Caixanova, en Vigo, para reclamar
substitucións para o persoal con baixas ou de vacaciónse así evitar a deterioración do servizo
A Federación do Comercio, Hosta-
laría e Turismo de CCOO cualifica
de «éxito» o seguimento da folga
convocada o pasado 1 de xullo no
sector do comercio polo miúdo de
téxtil na provincia de Pontevedra.
Comisións avalía, polo tanto, de
maneira «moi positiva» o segui-
mento dunha folga que convocou
xunto con UGT e CIG.
Rosa Pérez, secretaria de Acción
Sindical da FECOHT-CCOO, fala de
«rotundo éxito, especialmente na ci-
dade de Vigo», onde ata o 70% do
persoal se sumou á convocatoria.
Durante todo o día, piquetes infor-
Gran participación na folga docomercio polo miúdo do téxtiln Ata o 70% na comarca de Vigo, segundo FECOHT-CCOO
Numerosos locais luciron aviso de «pechado por folga»
mativos percorreron as tendas expli-
cando os motivos da mobilización
tanto ao persoal como ás persoas
que se achegaban ás tendas. As ne-
gociacións do convenio colectivo le-
van dezaoito meses de atraso, e por
parte da patronal non se ve «vontade
clara de acadar acordos» en temas
salariais, quendas, nin horarios de
traballo.
NÚMERO 10 - AGOSTO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
www.galicia.ccoo.es
Se queres coñecernos, consulta cal é o local de CCOOmáis próximo... ou visita www.galicia.ccoo.es
O persoal do Centro de Asistencia e
Educación Especial (CAEE) Santiago
Apóstol, da Coruña, concentrouse o
pasado 1 de xullo diante do Complexo
Administrativo de San Cateano, sede
principal da Xunta de Galicia.
O motivo deste acto reivindicativo
foi a defensa do CAEE Santiago Após-
tolo como servizo público. Este centro
leva aberto máis de trinta anos, foi
pioneiro e referente no campo da edu-
cación especial en Galicia e conta por
persoal altamente cualificado.
O persoal do centro desprazouse da
Coruña ata a capital de Galicia para
reclamar solucións á difícil situación
do centro. O comité provincial coruñés
da Consellaría de Traballo, presidido
por CCOO, ten denunciado en reitera-
das ocasións a «incapacidade» do Go-
beron galego para xestionar un centro
cuxas instalacións están notablemente
deterioradas. Ademais, hai meses
anunciouse que se recortarían as peti-
cións de entrada de usuarios/as, «de-
cisión contraditoria coa lista de espera,
de máis de cincocentas persoas».
O persoal do Santiago Apóstolo leva assúas reivindicacións ata a Xunta
CCOO volve gañar naDeputación da Coruña
Por segunda vez consecutiva, a Sec-
ción Sindical de CCOO na Deputación
da Coruña gañou as eleccións sindi-
cais á Xunta de Persoal nunhas elec-
cións que contaron con máis do
61,5% de participación.
O candidato de CCOO á presidencia
da Xunta de Persoal, Juan González,
subliñou que a vitoria electoral,
cunha diferenza superior ao 22% so-
bre a segunda forza sindical, demos-
tra «o triunfo da nosa liña sindical,
baseada no traballo a coherencia e a
honradez».
Juan González agradeceu aos tra-
balladores e traballadoras da De-
putación a súa participación no pro-
ceso electoral, en especial a aqueles
que votaron a CCOO, pois «soube-
ron discernir a diferenza entre dis-
crepancias sindicais, normais entre
forzas que teñen distintos criterios
ideolóxicos e concepto de clase, e
os constantes ataques contra a
nosa Sección Sindical por parte de
quen pretendía dividir, desilusionar
e socavar a posible unidade sindi-
cal, na egoísta procura de acadar
réditos electorais».
Incremento de máis do 22%
Por outra banda, o coordinador co-
marcal do Sector da Administración
Local (SAL) de CCOO e delegado sin-
dical na Deputación, César Santiso,
afirmou que o conxunto de traballa-
dores e traballadoras da institución
provincial outorgaron a súa confianza
a Comisións, que con 123 votos in-
crementou en máis do 22% os resul-
tados dos anteriores comicios.